14
AS MOZAS DO DOCUMENTO Tarefa 3. Documentar un traballo audiovisual

AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

  • Upload
    lenga

  • View
    216

  • Download
    3

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Tarefa 3. Documentar un traballo audiovisual

Page 2: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

Punto de partida da actividade a desenvolver: Documental El juego de la muerte, emitido o 18 de setembro de 2013 no espazo La Noche Temática (La 2). http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-noche-tematica/noche-tematica-juego-muerte-comienzo/2022254/

Obxectivos da práctica:Análise dos contidos:Concretar os asuntos que se abordan no documental No documental trátase o poder da televisión dun xeito novidoso e radical. Partindo da existencia de programas cada vez máis extremos que son aceptados por concursantes e polo público.

Así, o asunto sobre o que vai versar todo o documental será un experimento levado a cabo en Francia no ano 2009, que pretendía estudar o poder e obediencia dos individuos ó xogo televisivo. Selecciónanse 80 candidatos para que realicen preguntas de asociación memorística a un terceiro que non poden ver, pero si oír (que resulta ser un actor, aínda que eles non o saiban). Baixo a atenta mirada dunha recoñecida presentadora (autoridade televisiva), deben ir administrando shocks eléctricos ao concursante (na realidade actor) se non responde correctamente. Os shocks son cada vez máis intensos ata chegar a extremos nos que o concursante pide a gritos que deteñan o xogo, e ao chegar ás descargas eléctricas máis elevadas, non se escoita xa nada. Porén o 81% dos concursante chegaron ata o final do xogo, pese a expresar durante o transcurso do mesmo a súa desconformidade, só porque llo pedía a autoridade televisiva.

Un dos temas recorrentes que se abordan no documental é o experimento de Milgram. Trátase dunha investigación realizada nos anos 60 e que trataba de medir o poder da autoridade sobre un individuo. Tras ese experimento constatouse que os individuos son capaces de cometer verdadeiras atrocidades se son ordenadas por un poder que consideran lexítimo. Este experimento é un tema recorrente no documental, pois é utilizado como base do novo experimento que se leva a cabo.

Tamén se trata o tema dos valores que posúe cada individuo, e como a súa incompatibilidade cos que lle eran esixidos pola autoridade (shock eléctrico) orixinaban estrés e culpabilidade, pero na meirande parte dos casos, non xeraban desobediencia.

Abórdase ademais, o asunto da diferenza entre sistema moral e legal, que poden ser compatibles ou incompatibles

Outro tema que se trata con bastante frecuencia é a situación na que se atopan os suxeitos ante a autoridade: a soidade, a confusión polo novo entorno televisivo… Son factores que o fan máis propenso a acatar a autoridade que consideran lexítima.

Por último queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores individuais e a situación na que se

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 3: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

atopan. A risa, as trampas, ou a negación son elementos repetitivos entre os distintos suxeitos.

Identificar as fontes –ordenadas alfabeticamente- que aparecen no documental (persoais, informes, estudos, investigacións, etcétera), cunha breve referencia a cada unha das fontes identificadas: quen son, que representan, posturas defendidas, que explican no documental, empresas que falan ou das que se fala, informes que se mencionan ou outro tipo de textos aos que se pode aludir.

FONTES DO EXPERIMENTO

Experimento Milgram: é un experimento que permitiu nos anos 60 medir o poder que a autoridade exerce sobre un individuo. Como resultado, o 62% dos examinados déronlle a razón a Milgram: se a autoridade, na opinión da persoa, é lexítima, o individuo pode chegar a cometer atrocidades.MILGRAM, Stanley (investigador) psicólogo da Universidade de Yale (EEUU) que levou a cabo o experimento Milgram sobre a obediencia á autoridade no ano 1963.

INVESTIGADORES DO EXPERIMENTOBEAUVOIS, Jean-Léon (investigador), profesor de psicoloxía social. No documental, explícanos a incidencia do falado no despacho de produción do candidato, así como o que provocan no mesmo as exhortacións que exerce o presentador do programa no examinador.COURBET, Didier (investigador), director de investigacións no Instituto de Investigacións Científicas de Ciencias da Información e da Comunicación.JEANNERET, Yves (investigador), profesor de ciencias da comunicación na Universidade de Aviñón.OBERLÉ, Dominique (investigadora), profesora de psicoloxía social na Universidade Paris X. No documental, dá as primeiras explicacións sobre o estado axéntico que sofre o examinador durante a proba.

PROFESORES E INVESTIGADORESCODOU, Olivier (profesor e investigador), da Universidade de Nice Sophia Antípolis.INTARTAGLIA, Julien (profesor e investigador), Alta Escola de Xestión de Friburgo (Suiza).TONELLI, Amandine (profesora e investigadora), Instituto de Ciencias da Comunicación, dos medios e xornalismo de Xénova e do Instituto de Investigacións de Ciencias da Información e da Comunicación de Aix-Marsella.VAIDIS, David (profesor e investigador), Universidade de Orleans.

OUTRAS FONTESLOISEAU, Christine (documentalista).MAILLARD, Elodie (infografía).NICK, Cristophe (escritor e produtor).

ARQUIVOOBEDIENCE, película do ano 1968, de Stanley Milgram, renovado por Alexandra Milgram no 1993 e distribuído por Penn State Media Sales.Getty Images

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 4: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

DERREN BROWN PLAYS RUSSIAN ROULETTE LIVE, de Objective Productions, compañía de All3Media. Channel 4. Screenocean.ANATOMY FOR BEGINNERS, de Firefly. Channel 4. Screenocean.TIANANMEN SQUARE, da BBC motion gallery. CNN image source.

Conclusión sobre o tratamento da información, das opinións vertidas, dos interlocutores, así como unha valoración argumentada dos membros do equipo sobre a/s mensaxe/s que se difunden no devandito documentalConclusión sobre o tratamento da información: O documental fai reflexionar sobre o poder que ten a televisión na masa de audiencia. Para iso, empregan o experimento de Michigan adaptado á actualidade, demostrando así que en xeral o ser humano é obediente e sométese á autoridade. Documentan ao espectador cun tema serio de maneira entretida e lixeira.

Conclusión dos interlocutores : Durante o filme existe un narrador que vai conducindo a información e entrelazando as partes. É ese narrador o que nos explica e fai as conclusións.

Por outra parte, están os científicos que organizan o experimento. Son eles os que explican o comportamento dos candidatos e resolven por que ese resultado. A clave está na obediencia que acata o ser humano e o seu sometemento ao que este considera unha autoridade lexítima.

Conclusión das opinións: os propios candidatos opinan durante todas as fases do experimento. Primeiro, antes de saber que pasaba, logo, mentres se levaba a cabo o reality show e por último, cando sabían a verdade. Tendo en conta que un 81% do candidatos continuou ata o final, moitos deles responderon que “ non crían que a persoa da cadeira sufrira”( negación da evidencia), “que a televisión non permitiría que se lle fixera dano” (confianza na autoridade) ou que eles“ fixeran trampas para intentar axudar o seu compañeiro” (forma de evadir a autoridade lixeiramente). Algúns deles aseguraron que seguiron adiante porque era o que se esperaba deles.

Conclusión das valoracións dos membros da investigación: o experimento intenta probar ata que punto o candidato acata unhas ordes que son inxustas. Ningún dos científicos se esperaba que o 81% chegara ao final, pero sendo este o resultado, non queda outra que aceptar a realidade. Para eles, a explicación está na obediencia. Convivir implica acatar leis e regras que hai que obedecer. Estamos sometidos a normas dende que nacemos, primeiro polos nosos pais e despois por autoridades oficiais. Os castigos ensínannos que non debemos desafiar a autoridade. O preocupante é, que clase de lexitimidade pode ter un plató de televisión para non ser capaces de parar o xogo?

O mecanismo da obediencia comeza no mesmo momento no que o candidato decide aceptar participar no reality show. A medida que van movendo a palanca, van entrando nunha “ escalada de compromiso”. Ao estar sos, convértense en seres máis obedientes por non ter un apoio que lles faga sentir confianza.

Entre os candidatos, algúns silencian os seus valores e continúan, os menos, defenden o que cren correcto e rexeitan o “teño que”.

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 5: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

A desobediencia é un acto individual que radica na capacidade das persoas de actuar en común. Fai posible a resistencia colectiva.

Saber dicir que non, non é algo improvisado. É unha actitude que se adquire tras a experiencia, por unha educación, unha transmisión.

A televisión convértese nunha autoridade no momento en que pasamos moitas horas diante dela e tomámola como referente, así unha crecente masa de individuos televisados foron fabricados co mesmo molde e están controlados na súas formas de pensar, actitudes...

É curioso como cando a autoridade se vai da escena, só ca presión do público o 75% desobedeceron.

Isto demostra a teoría da autoridade.

Antecedentes do experimento

EXPERIMENTO DE ASCH

Reuniuse a un grupo de 7 individuos (aprox) nunha aula. O experimentador lles presenta algunhas liñas que difiren en lonxitude, e lles explica que o seu labor consiste en sinalar cales delas coinciden en tamaño con outra liña patrón Entón, o experimentador coloca nunha pizarra un cartón cunhas cantas liñas verticais e outro cartón cunha soa raia, a liña patrón.

Ó emitir o seu xuízo, cada suxeito menciona ó numero da liña de comparación (estaban numeradas) que xulga igual á estándar, e así con varias mostras de cartóns con novas liñas patrón e de comparación. As discriminacións son sinxelas principio cada individuo emite monotonamente o mesmo xuízo, pero repentinamente esta harmonía rompese no terceiro ensaio. Mentres que a maioría dos suxeitos designan a liña do medio como igual á estándar, un membro illado, sentado ó extremo da sala, protesta que a primeira liña es la correcta. A medida que avanza el experimento este incidente se repite varias veces. Este membro illado, con frecuencia mostra inquietude, observa as liñas dende ángulos diferentes e móstrase mais activo, incomódase.

O que sucede é que : a maioría dos suxeitos operan co experimentador emitindo en certas oportunidades, xuízos erróneos. Todas as respostas da maioría eran unánimes. Solicitábaselle ó suxeito que comezaba a ocupar ó centro da escena que indicara quen, o seu parecer, estaba no certo.

Resultados cuantitativos: Atopámonos, fronte a cantidade de experiencias realizadas con diferentes suxeitos, con que dous terzos das respostas eran correctas e independentes da tendencia maioritaria, o terzo restante estaba constituído por errores idénticos ós da maioría.

Conclusión: O resultado indica que o suxeito actúa pola presión do grupoNo seu experimento, Asch comproba que dous terzos das persoas responden o mesmo que

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 6: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

a maioría, e só un terzo cambia de opinión fronte á presión do grupo. O 100 % dos individuos senten igualmente a presión da maioría. As respostas son unha cuestión de personalidade, as respostas dependen destas personalidades.

EXPERIMENTO DA CÁRCERE DE STANDFORD

No experimento queríase ver cómo reaccionaban os participantes nunha presunta prisión. Zimbardo quería saber se persoas que eran “boas” podían seguir séndoo nun entorno de maldade, e cómo os roles que unha persoa debe cumplir inflúen no seu comportamento.

Estableceuse un simulacro de prisión na Universidade de Standford. Seleccionáronse a 24 estudantes para cumplir o rol de prisioneiros e guardias. Foron elixidos entre 70 voluntarios que non tiñan antecedentes penais nin problemas psicolóxicos. Por quince dólares ó día, o experimento duraría entre unha e dúas semanas. As celdas da prisión eran pequenas, e nelas, durmían 3 prisioneiros. Os guardas tiñan habitacións individuais, había unha única sala de confinamento e un pequeno patio.

Elixiuse a gardas e prisioneiros ó azar: os prisioneiros permanecían alí todo o día, mentres que os gardas traballaban en tres turnos de oito horas, poidendo voltar as súas casas tras a xornada. Para ver o seu comportamento empregáronse cámaras e micrófonos escondidos. Ós prisioneiros vestíuselles con uniformes, quitáronselles os obxectos persoais e identificóuselles cun número. Os gardas tiñan prohibído todo tipo de violencia.

Aínda que o experimento ía durar dúas semanas, só durou 6 días debido ó que lles estaba sucedendo ós participantes: os gardas comenzaban a comportarse de forma abusiva, mentres que os prisioneros sentían estrés e ansiedade.

A interacción entre ambos foi a seguinte: insultos, órdenes sádicas,e tareas deshumanizantes por parte dos gardas mentres que os prisioneros comenzaban a ser pasivos e a estar deprimidos. Co paso dos días, os prisioneros buscaban agradar ós gardas cada vez máis.

Cinco dos prisioneiros deixaron antes o experimento, xa que sufrían ansiedade e choraban todo el tiempo. Moi poucos tivieron a fortaleza de seguir comportándose normalmente. O propio Zimbardo, que actuaba como director da cárcere, perdeu o norte e non tivo en conta os comportamentos abusivos que se estaban a dar ata que foi avisado delo. O psicólogo chegou á conclusión de que as situacións que pasa unha persoa poden marcar profundamente o seu comportamento.

ESTILOS DE LIDERAZGO:

Explica a maneira na que é condicionado o comportamento dos individuos según o estilo de liderazgo co que se lles dirixa. Formáronse tres grupos de nenos de entre 8 e 10 anos que se reunían despois de clase para realizar traballos manuais. A cada grupo se lle asignou un monitor previamente adoctrinado para desempeñar un estilo de liderazgo:

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 7: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

Grupo 1- Liderazgo autocrático: establecía o que se debía facer de modo obligatorio e sen lugar a debate.Grupo 2 - Liderazgo liberal: os nenos desarrollaban o seu traballo de maneira libre e creativa.Grupo 3 - Liderazgo demócrata: establecíase un debate sobre as tarefas.

O grupo 1 mostrou conductas agresivas e competitivas chegando a descalificar o traballo dos compañeiros. Alcanzaron os obxetivos.

O grupo 2 non alcanzou os obxetivos e mostrou un comportamento de pasotismo.

Por último o grupo 3, alcanzou os memos obxetivos que o grupo 1, pero diferenciándose na actitude dos alumnos, que foi de cooperación e compañerismo.

Experimentos similares.

Existe obediencia cando un individuo modifica o seu comportamento a fin de someterse ás ordes directas dunha autoridade lexítima. Dende o punto de vista social, hai certos exemplos históricos de obediencia como as sistemáticas atrocidades cometidas polos nazis.

Pero incluso na actualidade se deron algúns exemplos similares que demostran ata que punto os seres humanos somos obedientes, como é o caso da serie de chamadas que se realizaron en Estados Unidos facéndose pasar por un policía para conseguir obediencia. Nunha ocasión, a raíz dunha destas falsas chamadas, unha empregada de McDonalds de dezaoito anos foi obrigada a espirse, foi revisada mentres permanecía espida e incluso a obrigaron a realizar actos sexuais.

No cárcere de Standford realizouse un experimento cuxas preocupacións éticas se adoitan comparar co experimento de Milgram. Este estudo foi subvencionado pola Armada dos Estados Unidos, que buscaba unha explicación aos conflitos no seu sistema de prisións e no do Corpo de Marines dos Estados Unidos. Zimbardo e o seu equipo intentaron probar a hipótese de que os gardas de prisións e os convictos se auto seleccionaban, a partir dunha certa disposición que explicaría os abusos cometidos frecuentemente nos cárceres.

Os participantes foron recrutados por medio de anuncio nos diarios e a oferta dunha paga de 15 dólares diarios. Finalmente seleccionáronse 24 xoves que se dividiron aleatoriamente en dúas metades: “os prisioneiros” e “os gardas”.

A prisión instalouse nun baixo do departamento de psicoloxía de Standford, que fora acondicionado como cárcere ficticia. Un investigador asistente sería o “alcaide” e Zimbardo o “supervivente”.

Os gardas recibiron porras, uniformes e gafas espello para impedir o contacto visual e os prisioneiros debían vestir só batas de muselina (sen roupa interior) e sandalias con tacóns de goma para adoptar “posturas corporais non familiares” e así contribuír á desorientación.

Os participantes que lles tocara desempeñar o papel de prisioneiros foron “imputados” sen previo aviso por roubo a man armada e arrestados por policías reais do departamento de Palo Alto, que cooperaron nesta parte do experimento. Os prisioneiros pasaron un procedemento de detención pola policía e incluso foron inspeccionados espidos na prisión

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 8: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

ficticia.

O experimento descontrolouse rapidamente: os prisioneiros sufriron e aceptaron un tratamento sádico e humillante a mans dos gardas e ao final, moitos mostraban graves trastornos emocionais. A medida que o experimento evolucionaba, moitos dos gardas incrementaron o seu sadismo, particularmente pola noite, cando pensaban que as cámaras estaban apagadas. Moitos dos gardas enfadáronse cando o experimento foi cancelado.

Díxose que o resultado do experimento demostra a impresionabilidade e a obediencia da xente cando se proporciona unha ideoloxía lexitimadora e o apoio institucional. Tamén foi empregado para ilustras o poder autoridade como no caso do experimento de Milgram.

Elaboración dun texto (informe ou artigo) con todos os datos recollidos, cunha boa organización dos contidos, que sexa útil e manexable, e cunhas conclusións sobre o asunto. Máximo de páxinas, 10.O documental "El juego de la muerte", resulta ser unha investigación moi visual e ben presentada, de tal xeito que o procedemento da investigación, ademais de resolver as hipóteses e plantexamentos iniciais dos científicos que traballan nela, resulta do máis ameno para o público.

A investigación radica no sometemento de 80 candidatos aleatorios a un concurso televisivo ficticio, cunhas regras moi particulares e que permitirán os científicos participantes estudar os niveis de sometemento e obediencia do ser humano. Os concursantes convértense nos examinadores dun terceiro (que resulta ser un actor) e que permanece encerrado nunha cápsula, non podendo ser visto pero si oído. O concurso trata de asociación memorística, ensinándoselle ó concursante (actor) que permanece na cápsula un conxunto de palabras que debe memorizar e relacionar. O examinador irá facéndolle preguntas, e no momento no que o concursante falle deberalle administrar unha descarga eléctrica que irá subindo de intensidade con cada resposta incorrecta, chegando a extremos nos que o concursante (recordemos que é un actor) gritará de dor e suplicará a súa saída. E incluso, nas descargas finais deixará de ser oído. Porén ante a presión de atoparse sos nun entorno novo e descoñecido, a presión do público, e sobre todo da autoridade televisiva (a presentadora), o 81% chegaron o final do xogo, sendo incapaces de plantarse e deixalo.

Tras a súa visualización partéxanse no espectador unha serie de dúbidas e preguntas que nos fan reflexionar que tiveramos feito nós de vernos no caso de calquera dos participantes da La zona extrema. Tiveramos parado o xogo? Rebelariámonos contra a autoridade? A priori a resposta parecía clara. As condicións do xogo son inhumanas, e contraditorias co que nos pensamos e cremos. Mais, tras ver os resultados da investigación, sorprendentes ata para os científicos responsables desta investigación, non o podemos ter tan claro: e é que se o 81% dos participantes continuaron ata o final o xogo, pensando que inflixían doses de dor cada vez maiores a outro ser humano, como podemos estar seguras de que nós non o fariamos?

As nosas dúbidas increméntanse cando cotexamos estes datos con experimentos realizados con anterioridade e que parecen dar a razón o feito de que realmente, o ser humano cumpre ordes atroces, cando proceden dunha autoridade que considera lexítima. Son

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 9: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

moitos os exemplos: chamadas policiais falsas, que facían ó seu interlocutor realizar dende cacheos a obrigar a realizar actos sexuais. Todo porque consideraba que quen mandaba realizar iso tiña un motivo que escapaba da súa comprensión, e que iría en prol del mesmo ou dun ben común (falamos por tanto de confianza da autoridade)

Outro exemplo disto foi o experimento levado a cabo no cárcere de Stanford onde se dividiu ós 24 suxeitos participantes entre "gardas" e "reclusos" e, ó cabo do tempo os "gardas" remataron por comportarse como tales, con comportamentos sádicos contra os "presos".

O experimento de Milgram, que serviu de base para o realizado en El juego de la muerte, non axuda tampouco a disipar as nosas dúbidas sobre o que tiveramos feito si estiveramos no lugar dos concursantes de La zona Extrema. Milgram, querendo constatar os graos de obediencia e sometemento dos seres humanos, realizou un experimento no que tamén existían un examinador “mestre” e un “alumno” que en realidade era un actor. O “mestre” ía aplicando descargas eléctricas cada vez maiores ó “alumno”, ó que o “mestre non podía ver pero si ouvir. Pese as queixas cada vez máis elevadas do alumno, e a afirmación de que padecía do corazón, os “mestres”, alentados polo investigador, procedían a aumentar a intensidade da descarga con cada resposta errónea. Aínda que todos consideraron a posibilidade de abandonar durante o experimento, 6 de cada 10 examinadores continuaron ata a aplicar a descarga máxima.

Os precedentes eran xa inquietantes, pero incluso a comparativa co experimento de MIlgram nos fai ver que no experimento do 2009 o nivel de obediencia incluso se incrementou con respecto ao realizado case 50 anos antes. Se xa sabiamos que o poder da televisión é dos medios era grande, agora anoxásenos inconmensurable. Por que é tan difícil rebelarse, incluso cando sabemos que non teremos consecuencia ningunha sobre a nosa persoa? Como poden exercer tanta presión un público e unha presentadora recoñecida? E sobre todo, ata onde chegariamos se tiveramos sido concursantes de La zona Extrema?

Creación dun mapa conceptual coas ideas e sucesos máis significativos do asunto.

Bibliografía

AS MOZAS DO DOCUMENTO

Page 10: AS MOZAS DO DOCUMENTO Web viewOutro tema que se trata con ... queremos resaltar o asunto das actitudes que toman os individuos ó experimentar a incompatibilidade entre os seus valores

CNN Expansión. «Mc Donald´s pagará 6.1 mdd a ex empleada», CNN Expansión (México DF) 6 outubro 2007

<http://www.cnnexpansion.com/actualidad/2007/10/6/mcdonalds-pagara-6-1-mdd-a-ex-empleada> [Consulta: 7 outubro 2015]

Cordero,Javier.” El experimento Milgram (II)”. Queaprendemoshoy.com. <http://queaprendemoshoy.com/el-experimento-milgram-ii-resultados-y-conclusiones/ > [Consulta: 7 outubro 2015].

Garrido,Manuel Jose.” El experimento Milgram”. Psicodelia.org.<http://psicopedia.org/718/los-peligros-de-la-obediencia-el-experimento-milgram/ > [Consulta: 7 outubro 2015].

Lacort, Javier.” El experimento de Milgram: ¿Hasta dónde hubieses llegado tú?”. Hipertextual, 7 de abril de 2015.< http://hipertextual.com/2015/04/experimento-de-milgram> [Consulta: 7 outubro 2015].

Muñoz,Ana.” La obediencia a la autoridad: Los experimentos de Milgram”. Solidaridad.net , 28 novembro de 2003. <http://www.solidaridad.net/solidaridadnet/noticia/862/la-obediencia-a-la-autoridad-los-experimentos-de-milgram > [Consulta: 7 outubro 2015].

Pino, Fernando.”El experimento de Milgram: la maldad en los humanos”. Batanga.

< http://www.batanga.com/curiosidades/3580/el-experimento-de-milgram-la-maldad-en-los-humanos > [Consulta: 7 outubro 2015].

Wikipedia. “Experimento de la cárcel de Stanford”.Wikipedia, la enciclopedia libre, 2015 <https://es.wikipedia.org/wiki/Experimento_de_la_c%C3%A1rcel_de_Stanford>

[Consulta: 7 outubro 2015]

—“Experimento de Milgram”.Wikipedia, la enciclopedia libre, 2015<https://es.wikipedia.org/wiki/Experimento_de_Milgram#Ejemplos_de_la_vida_real>[Consulta: 7 outubro 2015]

Vázquez, Lucía. “ El experimento de la cárcel de Standford”. Batanga. < http://www.batanga.com/curiosidades/4692/el-experimento-de-la-carcel-de-stanford> [Consulta: 24 outubro de 2015].

AS MOZAS DO DOCUMENTO