18
I BOLETÍN DO EDL (Decembro 2011) DIRECCIÓN DO BLOGUE DO EDL http://silledaasferreiras.blogspot.com/ EDICIÓN: Equipo de Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro

As_ferreiras_Boletín1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Primeiro boletín As Ferreiras do Equipo de Normalización do IES Pintor Colmeiro de Silleda

Citation preview

Page 1: As_ferreiras_Boletín1

I BOLETÍN DO EDL (Decembro 2011)

DIRECCIÓN DO BLOGUE DO EDL

http://silledaasferreiras.blogspot.com/

EDICIÓN: Equipo de Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro

Page 2: As_ferreiras_Boletín1

1.- Presentación do EDL do IES Pintor Colmeiro

2.- Difusión do EDL

3.- Participación na III Asemblea da CGENDL

4.- Conferencias1ª.- II Día da Ciencia en Galego 2ª.- Xosé Lueiro Lemos: TEATRO E LINGUA: INTERDEPENDENCIA E RETOS

5.- Traballos do alumnado1º.- Biografía de María Wonenburger2º.- Presentacións sobre mulleres relevantes na disciplina científico-matemática3º.- Samaín no Pintor Colmeiro4º.- A discriminación da muller e a violencia machista

6.- Concurso de debuxo

1.- Presentación do EDL do IES Pintor Colmeiro

O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Pintor Colmeiro do curso 2011-12 está constituído polos seguintes membros da comunidade educativa:

Profesorado:

Rosa María Andrade Expósito (Dpto. de Orientación); Cibrán Manuel Arxibai Queiruga (Dpto. de Matemáticas); Susana Calvo Peña (Dpto. de Xeografía e Historia); Dolores Camba Castro (Dpto. de Xeografía e Historia); Xesús Cociña Souto (Dpto. de Lingua Galega); Lidia Fernández Pastoriza (Lingua Galega); María Fe Fernández Penelo (Dpto. de Lingua Galega); Xoán Carlos García Porral (Profesor de Relixión Católica; Coordinador); Helena González Lois (Ciclo de Comercio); Elena Horta Caridad (Dpto. de Inglés); Bernardo José Insua Sanmartín (Dpto. de Educación Plástica e Visual); Ánxela María Mariño Varela (Pedagoxía Terapéutica); Mónica Mato Bustelo (Dpto. de Francés); Norma Rodríguez (Lingua Castelá); Raquel Rodríguez Blanco (Dpto. de Inglés); Xosé Manuel Rodríguez González (Dpto. de Tecnoloxía)Ana María Rodríguez López (Ciclo de Comercio); Susana Rodríguez Rodríguez (Lingua Galega); e Diego Rojo Garrido (Dpto. de Actividades Físico-Deportivas).

Alumnado:

1º ESO:Celtia Ansemil Mariña, Juan Ares Pérez, Kevin David Benítez, Carmen Blanco Cuiña, Mariña Castro Fontao, Silvia Escuredo Ramos, Carla Filloy Cangas, Rebeca María García Fernández, María Eugenia Gil Pallares, María Ángeles González Riol, Marta Rivas Gestal e Rosalía Rodríguez García.

Page 3: As_ferreiras_Boletín1

3º ESO:Ana Rivas Gestal, Andrés Seoane Pena, Sonia Troitiño Loureiro e David Varela Salgado.

4º ESO:María Florencia Agión, Alberto Domínguez Sánchez, Paula Gamallo Carballude, Claudia García González, Ánxela Llinares Taboada e Adrián Villar García.

1º BAC:Laura Fernández Suárez, Raquel Ferradás Otero, Laura Gómez Vales, Beatriz González Fernández e Sara Villar Aira.

2º BAC:Pedro Gil Pallares e Xesús Iglesias Miguélez.

Persoal non docente: Isabel Blanco Costoya (conserxería)

Os xoves (no segundo recreo de 12:30 a 12:50) soe celebrarse unha reunión co alumnado e co profesorado participante no EDL para supervisaren o desenvolvemento das actividades programadas.

2.- Difusión do EDL

1º.- O taboleiro

Xesús Iglesias Miguélez, alumno de 2º de BAC, faise cargo do mantemento e adecuación do taboleiro do EDL. A información que se lle pase sobre cursos, actividades e outro tipo de informacións referentes ao uso e difusión do galego vaina poñendo en dito taboleiro para que tanto alumnado coma profesorado e persoal non docente estea ao tanto das actividades programadas.

Page 4: As_ferreiras_Boletín1

2º.- O blogue

O xoves 13 de outubro o profesor Cibrán Arxibai presentou nos dous recreos matutinos o blogue que deseñou para o EDL. Á súa presentación asistiron os profesores e profesoras que forman parte do EDL neste curso 2011-12. A dirección do blogue é a seguinte:

http://silledaasferreiras.blogspot.com/

3.- Participación na III Asemblea da CGENDL (5 de novembro de 2011)

A esta asemblea asistiu o profesor Cibrán Arxibai. Nela renovouse a directiva por unanimidade. Ana Castro (profesora de galego que estivo neste centro o curso 2010-11) é agora a vicesecretaria. Hai aproximadamente 420 equipos adscritos á CGENDL e hai outros 420 colaboradores.

Presentaron varios aspectos da web da CGENDL:

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php

Para ser membro da CGENDL basta con inscribirse nesa web. É gratuíto. Isto permite ter acceso a toda unha serie de recursos que foron recompilando e ordenando durante estes anos (materiais para celebracións, lexislación, música, sociedade,….). Insistiron moito en formar consellos zonais (organizarse os equipos de varios centros para poder realizar actividades en común, facer de altofalante das que se fagan, ter un apoio próximo, axudas…).

A CGENDL estará presente no Culturgal a principios de decembro.

Programáronse as seguintes actividades:

- Reedición do díptico: Que é un equipo?- Edición dun libro conmemorativo dos 20 anos de existencia dos ENDL.- Edición dun tarxetón deses 20 anos para as familias.

Page 5: As_ferreiras_Boletín1

- Edición dunha revista para o profesorado.- Organización dunha xornada de formación para os primeiros meses do ano vindeiro.- Organización da semana das curtas.- Edición dun calendario sobre Valentín Paz Andrade.

- A CGENDL vai conceder un premio, chamado Leixaprén, dentro do ámbito da normalización lingüística.

Lanzouse a mensaxe de aproveitar que o Día das Letras cadra co Día da InternetProgramouse un concurso de cancións entre o alumnado e a edición de politóns.

4.- Conferencias

1ª.- II Día da Ciencia en Galego (4 de Novembro de 2011)

O pasado dia 4 de novembro celebreouse o Día da Ciencia en Galego. Reivindicábase o dereito a gozarmos da ciencia na nosa lingua. O acto central do día foi a videoconferencia coa que o profesor Ángel Carracedo nos mantivo fronte á pizarra dixital. Velaquí un par de fotos da xornada, nas que se observa como os alumnos de 1º de bacharelato fican atentos ao que foi unha excelente lección do director do Instituto de Medicina Legal.

Esta videoconferencia foi seguida en toda Galicia por 6000 estudantes, que se conectaron desde 100 centros de secundaria. Ángel Carracedo falounos desde Natal, no Brasil. Foi presentado polo profesor Román Landín desde o CPI de Soutomaior. A actividade foi organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, quen tamén foi a responsable doutra videoconferencia impartida ese mesmo día e dirixida ao

alumnado de primaria. Neste caso participaron 65 centros cun total de 4300 alumnos. A suma é ben fácil de facer: o resultado desta actividade mobilizou a máis de 10.000 estudantes na mañá do venres 4 de novembro. Os medios de comunicación ocultaron o evento.

Page 6: As_ferreiras_Boletín1

2ª.- Xosé Lueiro Lemos: TEATRO E LINGUA: INTERDEPENDENCIA E RETOS (10 de Novembro de 2011)

Dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato, Xosé Lueiro, profesor e director de teatro estradense, realizou unha pequena síntese sobre a importancia do teatro na normalización e dinamización da lingua galega nas últimas catro décadas. Rematar falando sobre a importancia que o seu musical Robin Hood tivo e ten na normalización do uso do galego nun ámbito tan pouco traballado como pode ser un musical para nenos feito en galego.

Charla de Xosé Lueiro ao alumnado de 2º de Bacharelato

A súa charla seguiu os seguintes apartados:

1. PANORÁMICA HISTÓRICAo 1.1 Distinción entre o feito escénico e o feito dramatúrxico

Page 7: As_ferreiras_Boletín1

o 1.2 A lingua: dimensión ideolóxica e dimensión literaria ou expresiva

o 1.3 O teatro como factor de construción nacional

o 1.4 Consideración literaria

1.4.1 Rexurdimento

1.4.2 Irmandades da Fala e Xeración Nós

1.4.3 Xeración de 1925

1.4.4 Teatro na posguerra

1.4.5 Nova dramaturxia galega

o 1.5- Importancia do teatro independente. Profesionalización e mecenado institucional

2. OUTROS RETOS: NORMALIZACIÓN DE TEMAS E DE XÉNEROS

Unha vez substanciada a batalla identitaria entre lingua e teatro, a actividade teatral debe afrontar obxectivos non menos importantes para refrendar de forma plena a súa modernización. A diversificación xenérica e temática será o seguinte paso a dar por parte de creadores e compañías.

3. ROBIN HOOD: A GALEGUIZACIÓN DUN MITO

Dentro deste proceso de normalización xenérica e temática inscríbese o fenómeno ROBIN HOOD, primeiro musical infantil de gran formato representado en lingua galega. A galeguización do mito británico por PRODUCIÓNS ACONTRABUTACA quedou recollida no documental titulado “ROBIN HOOD. LEMBRANZAS DUN MUSICAL”, filmado pola produtora audiovisual Producciones Trípode. A través da súa proxección, iremos testemuñando as claves que configuraron a súa adaptación aos nosos referentes culturais e o anecdotario lingüístico que propiciou a súa montaxe e posterior escenificación en castelán.

Pedro Gil Pallares, alumno de 2º de bacharelato, realizoulle unha entrevista. Podes vela no noso blogue (http://silledaasferreiras.blogspot.com/)

Page 8: As_ferreiras_Boletín1

5.- Traballos do alumnado

Tanto o traballo sobre María Wonenburger como as presentacións feitas en PowerPoint por alumnos e alumnas do centro sobre mulleres que despuntaron na disciplina das matemáticas podes consultalos no blogue do EDL.

1º.- Biografía de María Wonenburger

Laura Fernández Suárez (1º Bach. A)Beatriz González Fernández (1º Bach. A)

Este ano dedicóuselle o Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) a María Wonenburger, matemática da Coruña. Naceu en Montrove (Oleiros) en 1927 dentro dunha familia culta e ben situada. A pesar da época en que vivía, animárona a estudar e sempre quixo ser matemática. No ano 1944 rematou os estudos de bacharelato cuns bos resultados académicos; de seguido, polos momentos difíciles que se vivían, tivo que esperar un ano para ir á universidade, feito que aproveitou para estudar inglés. Despois foise para Madrid estudar a carreira de Matemáticas. Na universidade, unha vez máis, destacou polos seus resultados académicos e polo seu compañeirismo. Naqueles tempos sendo muller non era fácil vivir desa carreira, pero a súa paixón polas matemáticas levouna a estudala, planeando estudar no futuro outra da que poder vivir. Licenciouse en 1950.

Page 9: As_ferreiras_Boletín1

A partir de aquí ata 1953 realiza estudos de doutorado. Logrou conseguir unha bolsa para ir ao extranxeiro permitíndolle continuar os seus estudos Universidade de Yale nos Estados Unidos, doutorándose no ano 1957. Regresa a Madrid onde traballa tres anos nun instituto de matemáticas, complicándoselle as cousas xa que a súa tese non é válida e ten que realizar outra. Grazas a outra bolsa vai dous anos ao Canadá, concretamente a Toronto, onde é a única muller na universidade cun posto de profesora de Matemáticas. Robert Moody, hoxe gran alxebrista, naquela época elixiuna para que dirixise a súa tese. En 1967 volve aos Estados Unidos para traballar en dúas universidades.

A súa investigación centrouse na teoría de grupos  (estuda estas estruturas alxebraicas) e álxebra de Lie, o que contribuíu ao desenvolvemento de ambas disciplinas. Publicou moitos artigos en revistas internacionais e dirixiu importantes teses.

En 1983 volve a España debido á enfermidade que padecía súa nai e xa nunca máis volveu impartir clase.

Nos últimos anos recibiu premios polas súas investigacións:- En 2007:

o Mulleres Ciencia e Arteo Socia de honra da Real Sociedade Matemática Españolao Créase o premio “María Wonenburger” en recoñecemento a mulleres

matemáticas científicas

-     En 2010: Doutora honoris causa pola Universidade da Coruña.

-     En 2011: Monolito no Paseo das Ciencias do Parque de Santa Margarida.

 Velaquí a interesante vida dunha gran muller que loitou contra a súa época pola súa paixón.

Page 10: As_ferreiras_Boletín1

2º.- Presentacións sobre mulleres relevantes na disciplina científico-matemática

Ada Lovelace é unha das figuras máis importantes na historia da computación. Brais Gutiérrez Rodríguez (3º A) achegounos á súa figura mediante esta presentación.

Presentación de Sophie Germain, matemática do XIX que, debido á discriminación das mulleres, tivo que superar enormes dificultades para poder estudar e ver recoñecido o seu traballo. O PowerPoint foi obra de Sonia Troitiño Loureiro (3ºA).

Emmy Noether sufriu sempre cun sorriso todas as dificultades que lle supoñía ser muller a principios do século XX. Mesmo para poder impartir clase tivo que aceptar non recibir remuneración ningunha. Velaquí unha sisuda presentación sobre esta figura feita por Alejandro Tarrío (3ºA).

Presentación de Andrés Seoane Pena (3ºA) sobre María Wonenburger, a matemática homenaxeada na II edición do Día da Ciencia en Galego.

Page 11: As_ferreiras_Boletín1

Presentación de Denise Varela Cornado (3º A) sobre a matemática María Wonenburger Planells. Ben certo é que é unha visión persoal.

Presentación sobre María Wonenburger por Andrea Meijomín Fidalgo (3ºA) con motivo da reivindicación do dereito a gozar da ciencia en galego.

Presentación sobre María Gaetana Agnesi por Carlos Mato Rodríguez (3ºA) con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego

3º.- Samaín no Pintor Colmeiro

Andrés Seoane (3º ESO – A)Sonia Troitiño (3º ESO – A)

O pasado 3 de novembro celebrouse no Colmeiro o Samaín, unha tradición galega que tamén se celebra nos Estados Unidos.

O noso Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de Outubro comezaba o ano novo celta, remataba o verán e entraba o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesaban a porta que separa o mundo dos vivos do dos mortos. Durante este período non se podía saír da casa, pois as ánimas volvían visitar as súas familias para quentarse a carón do lume e comer alimentos. Nesas horas podíase tocar, palpar e ata pasar ao mundo dos mortos.

Page 12: As_ferreiras_Boletín1

Nesta última edición da nosa particular celebración participaron quince rapaces de diferentes cursos e houbo distintas e orixinais cabazas nas que se vía un gran traballo e esforzo dos participantes. O xurado, composto por profesores/as, entre eles Christa (a nosa nova e simpática profesora de conversa en inglés), tívoo moi difícil para elixir as cabazas gañadoras. Os premios eran os seguintes:

-A cabaza máis traballada

-A cabaza máis orixinal

Tras un debate entre os compoñentes do xurado, dada a calidade dos traballos presentados, os gañadores foron Andrés Seoane Pena e Sonia Troitiño Loureiro, ambos perteñecentes ao grupo de 3ºA.

Christa tivo a amabilidade de contestarnos dun xeito simpático (coma sempre) e divertido a unhas preguntas:

-Gústache o Samaín?Si, gústame moito, pero non o coñezo moi ben.

-Gustouche o Samaín celebrado no Instituto?Si, pero había moi poucas cousas. Eu prefería que houbera concurso de disfraces e xogos de Samaín.

-Que foi o que máis che gustou?Que houbera nenos que participasen e fixesen cabazas tan orixinais.

-Samaín ou Halloween?Creo que Halloween, porque hai máis actividades como pedir TRUCO OU TRATO!

-Como se celebra esta festividade nas escolas holandesas?Non se celebra nin nas escolas nin nas rúas, por iso non o coñezo ben.

-Gustouche ser xurado?

Page 13: As_ferreiras_Boletín1

Si, sentinme moi especial. É unha responsabilidade moi grande. É moi difícil a decisión porque todas estaban moi ben feitas

-Que opinas sobre os agasallos que se deron?Creo que estiveron ben, pero a diferenza dos agasallos entre os que gañaron e dos que só participaron foi moi pequena.

-Que ideas tes para o próximo Samaín ?Disfrazarse, facer xogos e comer comidas típicas destas datas e, se é posible, ter ese día festivo para poder facer todo isto.

4º.- A discriminación da muller e a violencia machista

Paula Gamallo (4º ESO - A)

Verdadeiramente todos estamos en parte concienciados do feito de que no noso país, como no resto do mundo, sucedan a miúdo casos de violencia de xénero. Os medios de comunicación, como por exemplo o telexornal, mostran día a día un novo exemplo de violencia machista no cal que a muller, polo xeral, é asasinada dunha maneira ou doutra.

 En certo modo, a información atópase a disposición da sociedade. Co paso do tempo avánzase e todos imos coñecendo máis sobre este tema, pero eu quero preguntar:

TOMAMOS VERDADEIRAMENTE EN SERIO TODOS ESTES FEITOS DE DISCRIMINACIÓN CARA A MULLER OU SIMPLEMENTE SENTIMOS CERTA PENA POLAS VÍTIMAS, EVADÍNDONOS COA IDEA DE QUE NON ACONTEZA AO NOSO ARREDOR? 

O primeiro que debemos ter claro é que, a violencia de xénero non só engloba os golpes, insultos, etc., senón que este concepto vai moito máis alá. Na sociedade na que vivimos, a pesar de todos os adiantos que existen, a discriminación cara a muller segue sendo un feito e existe en cada mínimo detalle das nosas vidas: nos medios de comunicación (anuncios, programación sexista...); na educación infantil, que é onde aparecen os primeiros  indicios cara á desigualdade, debido á educación impartida polas familias na que o rol da muller é sempre diferente ao do home, os xoguetes son cualificados para a nena ou para o neno, a influencia dos amigos e de como se comportan os demais, etc., na ocupación de postos de traballo, está demostrado que o home exerce sempre cargos moito máis importantes e mellor remunerados que a muller a pesar de seren máis as mulleres que hai nas universidades... Todos estes exemplos aos que a maior parte da sociedade non dá a suficiente importancia ofrécennos a resposta á pregunta formulada anteriormente.

Todos deberiamos concienciarnos de que aínda nos queda moito por avanzar para acadar a igualdade plena entre homes e mulleres e que, na medida do posible, teríamos que contribuír á inserción absoluta da muller na sociedade e intentar abolir por completo todo indicio de discriminación cara a ela. A axuda está nas túas mans: ti decides. 

Page 14: As_ferreiras_Boletín1

6.- Concurso de debuxo

Neste primeiro trimestre celebramos un concurso de debuxo coordinado polos profesores de Educación Plástica Bernardo Insua e Manuel Pena, coa finalidade de elaborar un logo e un lema para o Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto. Os gañadores foron Cristina Cabaleiro Otero (3º ESO) no deseño do cartel (portada do boletín) e Carla Filloy Cangas (1º ESO) na elaboración dun logotipo (contraportada do boletín).