Upload
others
View
3
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA
MEMORIA 2018
R/ CONCHEIROS 33, 1º 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.aeiga.org
[email protected] TLF/ FAX: 881 95 74 52-981 58 05 06
1
Índice:
1. A nosa entidade …………...…..……………………………..2
2. O noso traballo no ano 2018…………...…………………….4
Proxecto Galego de Empresas de Inserción Laboral…...5
Proxecto en materia de Emprego “OPTIMO”………….8
Programa IN-FORMATE……………………….….……9
V Proxecto Muller en igualdade………………...……...11
Actividades REDE EUSUMO…………………….…….13
Xornadas e Exposicións…………………………………20
Outras actividades………………...……………..………24
3. Financiamento……………………...……………………… 27
4. Agradecementos……………………………...……………. 28
2
1. A NOSA ENTIDADE:
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) constituíuse en 2007,
e dende esa data, está a traballar activamente na defensa dos intereses das Empresas de
Inserción e dos seus traballadores así como na promoción das Empresas de Inserción
laboral e a inserción laboral dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Os seus fins estatutarios, entre eles:
Promover, apoiar e fomentar o desenvolvemento das Empresas de Inserción,
potenciar as agrupacións territoriais de calquera ámbito e coordinarse coas xa
existentes e as que puidesen xurdir sexa no ámbito da Comunidade Galega, do
Estado Español ou da Unión Europea.
Facilitar contribuír e promover a inserción social e laboral a través das Empresas
de Inserción e tamén a través da economía social e/ou solidaria, de aqueles
colectivos social e laboralmente excluídos do mercado laboral ordinario.
A defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de exclusión social e
calquera outros de similar natureza.
Fomentar e dar soporte aos esforzos das administracións públicas e entidades e
iniciativa social para difundir a figura das empresas de inserción como
ferramenta de loita contra a exclusión social e de promoción da inserción socio-
laboral.
Por outra banda, cabe salientar, que a figura das Empresas de Inserción vai
medrando ano a ano. Durante o 2017 traballouse de forma conxunta na creación dunha
nova empresa de Inserción, Conservas Anaco EIL, e no ano 2018 incorporouse como
entidade socia.
Para rematar, destacamos o traballo realizado para dar forma ao FORO POLA
ECONOMIA SOCIAL GALEGA, presentado en marzo de 2018 e desenvolvendo gran
número de actividades ao longo deste ano (actividades subvencionadas no marco da
Rede Eusumo).
3
COMPOSTELA INSERTA, EIL
PROPERDIS, EIL
Entidades socias 2018
EIL CORMO INTEGRAL
ARROUPA, EIL
CONSERVAS ANACO, EIL
FEITO PONTEVEDRA, EIL
4
2. O NOSO TRABALLO NO ANO 2018:
A Asociación de Empresas de inserción de Galicia (AEIGA) neste ano 2018, continuou
con algúns proxectos que xa levaba a cabo en anos anteriores, continuando así, a súa
labor, e complementando as actividades a realizar.
A súa actividade pode quedar enmarcada dentro de varios bloques principais:
Liñas de traballo de AEIGA
Proxecto Galego de Empresas de Inserción
Proxecto en materia de Emprego “OPTIMO”
Programa IN-FORMATE
V Proxecto Muller en igualdade
Actividades REDE EUSUMO
Xornadas e Exposicións
Outras actividades
Este ano, no mes de novembro vimos ampliado noso espazo coa incorporación do novo
espazo de traballo no Centro de Empendemento da Cidade da Cultura en Santiago de
Compostela.
AEIGA no centro de traballo no CEM – CIDADE DA CULTURA
5
O proxecto Galego de Empresas de Inserción, é un proxecto que nace para
difundir as Empresas de Inserción Laboral, e onde englobamos, entre outras, as nosas
actividades de asesoramento diario.
No marco do proxecto Galego de Empresas de inserción podemos distinguir
actividades de difusión das EIL:
XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:
FORMACIÓN PROFESIONAL:
AEIGA impartiu catro Xornadas Informativas de Inserción Laboral en diferentes
centros de Formación Profesional entre os meses de xaneiro a xuño do 2018,
actividade subvencionada pola Consellería de Política Social (Dirección Xeral
de Inclusión Social). No seguinte período subvencionable 2018-2020
realizáronse dous Xornadas informativas os días 7 e 28 de novembro.
Difusión e publicidade
PROXECTO GALEGO DE E.I.L.
6
Diferentes xornadas informativas sobre EIL nos diferentes centros de FP.
UNIVERSIDADE:
Realizáronse dúas Xornadas Informativas sobre Empresas de Inserción La-
boral na Universidade de Santiago de Compostela, os días 21 de febreiro de
2018 e 11 de abril de 2018, actividade subvencionada pola Consellería de
Política Social (Dirección Xeral de Inclusión Social). No seguinte período
subvencionable 2018-2020 realizáronse dous Xornadas informativas os na
Centro Formación Profesional Persoas informadas Horas
IES AS FONTIÑAS 27 2 horas
IES MACIAS O NAMORADO 25 2 horas
CIFP COMPOSTELA 25 2 horas
IES Nº 1 DE ORDES 56 2 horas
CIFP COMPOSTELA (novembro) 65 4 horas
TOTAL 198 TOTAL 12 horas
7
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Universidade de
Santiago de Compostela), o día mércores 21 de novembro en horario de
18:00 a 20:hs e xoves 22 de novembro en horario de 11:00 a 13:00 hs. Nas
clases do Profesor Eduardo Curto Rodríguez.
Diferentes xornadas informativas sobre EIL na USC
Facultades da USC Persoas informadas Horas
ESCOLA UNIVERSITARIA
DE TRABALLO SOCIAL
20 2 horas
FACULTADE DE
RELACIÓNS LABORAIS
80 2 horas
FACULTADE DE CIENCIAS
ECONOMICAS
51 4 horas
TOTAL 151 TOTAL 8 horas
Programa:
Bloque I: A Empresa de Inserción Laboral.
Bloque II: O Traballador en Inserción.
Bloque III: Promoción das Empresas de Inserción.
Bloque IV: Presentación das Empresas de Inserción da zona de referencia
Compostela Inserta EIL e restantes empresas de inserción que forman parte de
AEIGA.
8
Durante o ano 2018, como reforzo á fase final do itinerario de inserción dos
traballadores das empresas de inserción laboral desenvolveuse o proxecto “ÓPTIMO”.
OBXECTIVO DO PROXECTO.
O obxectivo do proxecto en materia de emprego “ÓPTIMO” consistiu en actuar
como un reforzo final ao proceso de inserción, dentro dun proceso integral de interven-
ción social. A través deste proxecto planificáronse sucesivas e distintas accións necesa-
rias co fin de garantir posibilidades de inserción no mercado laboral ordinario ao persoal
beneficiario.
METODOLOXÍA.
O ámbito temporal de desenvolvemento do proxecto abarcou dende o 1 de xaneiro
ata o 31 de decembro do 2018. O proxecto desenvolveuse como un plan con fases dife-
renciadas, nas que se foron realizando accións de cara ao tránsito dos traballadores das
EIL ao mercado laboral normalizado.
ACTUACIÓNS
INFORMACIÓN E
SELECCIÓN DO PERSOAL
BENEFICIADO
ORIENTACIÓN, FORMACIÓN
E ASESORAMENTO SOBRE
TÉCNICAS E FERRAMENTAS DE
BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
E RELACIÓN LABORAL
PRÁCTICAS PROFESIONAIS
MEDIACIÓN
EMPRESARIAL,
INFORMACIÓN E
SENSIBILIZACIÓN DO
SECTOR EMPRESARIAL
O lugar destinado para o desenvolvemento do Proxecto en materia de emprego
“OPTIMO” foi a sede de Aeiga coa colaboración de dúas entidades socias:
Compostela Inserta EIL (Santiago de Compostela)
Cormo Integral (Vigo)
PROXECTO EN MATERIA DE EMPREGO “ÓPTIMO”
9
Presentación Proxecto sede Cormo
A Asociación de Empresas de inserción de Galicia (AEIGA) continuando co traballo
realizado en anos anteriores, no seu traballo con persoas en situación ou risco de exclusión
social dentro da súa programación PROGRAMA IN-FORMATE, continúa coas actuacións
subvencionadas.
A actividade Inmersión lingüística e coidados do menor levouse a cabo no mes de abril,
do 2 ata o 9, en horario de mañá. A actividade formativa abrangueu 6 días, con 5 horas de
formación o primeiro día de formación, e 4 horas os cinco seguintes. Actividade subvencionada
pola Conselleria de Política Social (Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e
inclusión social 2017-2018).
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E COIDADOS DO MENOR 2017-2018.
Persoas participantes
5
FORMACIÓN PROGRAMA IN-FORMATE
10
Persoas participantes Horas
13 25 horas
Programa:
Etapas evolutivas
Coidados durante o embarazo
Coidados do recen nacido
Alimentación do menor
Hixiene dental
Enfermidades máis frecuentes e calendario de vacinas
Actuación ante accidentes (queimaduras, atragoamento, …)
Visita ao centro de saúde
Establecemento de rutinas e normas
Asertividade e resolución de conflitos cos fillos
No colexio dos fillas e fillos
Xogos e xoguetes adecuados
Fomento de habilidades sociais
11
Inmersión lingüística e coidado do menor (Lalín).
A Asociación de Empresas de inserción de Galicia continuando no seu traballo de
inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, e coa
intención da mellora da formación das mesmas, continúa o seu traballo de formación
deste colectivo, dende o punto de vista de posibles persoas traballadoras das Empresas
de Inserción. Dentro desta liña ten lugar o proxecto Muller en igualdade, do 24 a 28 de
setembro, cun total de 25 horas, financiado pola Concellería de Igualdade,
Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela.
Persoas participantes Horas
10 25 horas
V PROXECTO MULLER EN IGUALDADE
12
Momentos da formación e difusión
Contido:
1.Alfabetización dixital.
Que é un ordenador e como funciona.
Navegar por internet.
O e-mail.
A busca de información en internet.
Técnicas de busca de emprego.
Portais de emprego e bolsas de traballo.
2.Igualdade de Oportunidades no ámbito do emprego.
Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes.
Análise do mercado laboral español dende a perspectiva de
xénero.
O traballo por conta propia das mulleres en España.
Mercado laboral e situacións de vulnerabilidade social.
Políticas e estratexias para o cambio estrutural.
13
Ao longo do ano 2018, e dentro da REDE EUSUMO, AEIGA desenvolveu e participou
activamente nas seguintes actividades (algunhas de forma individual e outras en
colaboración con AESGAL, CEGASAL, AGACA e ESPAZO COOP):
Formación “O empredemento e as Empresas de Inserción Laboral”.
Presentación FORO POLA ECONOMIA SOCIAL DE GALEGA
Xornadas “Nova lei de contratos do sector público”.
Manual divulgación economía social de Galicia.
Planeamento foro pola economía social galega.
Economía social meetings.
O EMPRENDEMENTO E AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:
A Rede EUSUMO é unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar
para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do
espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á
creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de
actuación
Durante o 2014 a entidade incorporouse na rede EUSUMO, e no 2018 foi
concedida una subvención para levar a cabo o curso “O emprendemento e as Empresas de
Inserción Laboral”. A realización do curso formativo, cunha duración total de 25 horas,
deu comezo o luns 4 de xuño, rematando o luns 11 de xuño de 2018, cun horario de 09:30
a 13:30h os días 4, 5, 6, 7 e 8 e de 09:00 a 14:00h o día 11 de xuño.
O lugar designado para desenvolver a actividade foi o Centro Sociocultural O
Ensanche (R/ Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo).
Nº homes Nº de mulleres Total participantes
4 7 11
ACTIVIDADES REDE EUSUMO:
14
Formación “Emprendemento e
as Empresas de Inserción
Laboral”
PROGRAMA:
Parte I
I. ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL
-A idea de empresa, o emprendemento, o plan de empresa
-Formas xurídicas de empresa e trámites.
-O Réxime Especial de Traballadores Autónomos
-Aspectos básicos da fiscalidade na empresa.
-Documentación básica na empresa.
-Estrutura organizativa e xestión de RRHH.
II. MARKETING E COMERCIALIZACIÓN
-Mercado: clientes, competencia e provedores.
-Ferramentas básicas da mercadotecnia.
-Habilidades para o trato ao cliente.
III. ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRO.
-Financiamento (tipos).
-Plan económico e viabilidade económico financeira .
-Subvencións e axudas (características, trámites e tipos).
Parte II
Bloque I A EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL
-Concepto de empresa de inserción laboral.
-Entidades promotoras de empresas de inserción laboral..
-Procedemento de constitución e cualificación.
-Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción
laboral.
-Elaboración do proxecto de empresa de inserción.
-Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de
inserción laboral.
Bloque II O TRABALLADOR EN INSERCIÓN
-Características da persoa traballadora susceptible de ser
contratada en inserción.
-Factores de exclusión social.
-Características da contratación. O contrato en inserción.
15
PRESENTACIÓN FORO POLA ECONOMIA SOCIAL DE GALEGA
O Foro pola Economía Social Galega, presentouse o 13 de marzo de 2018 en Santiago de
Compostela, coa participación do Conselleiro de Economía, Emrpego e Industria Francisco
Conde. A Asociación de empresas de inserción de Galicia (AEIGA), a Asociación empresarial
de sociedades laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación galega de cooperativas
agroalimentarias (AGACA), a Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego
sen ánimo de lucro (CEGASAL) e a Unión de cooperativas de Galicia ESPAZOCOOP son as
cinco entidades que sumaron forzas para constituír esta nova plataforma que reúne baixo un
mesmo paraugas as empresas que optan por un modelo económico sustentable no que as persoas
están no centro da toma das decisións e cuxo motor principal é xerar e distribuír riqueza para a
sociedade.
O Foro Pola Economía Social Galega non só representará os intereses da economía social
perante os diferentes axentes políticos, económicos e sociais; senón que traballará a prol do
desenvolvemento das entidades que conforman a economía social da nosa comunicade mediante
a intercooperación e o acceso a procesos de contratación pública porque malia a importancia e
arraigo que ten no noso territorio, a economía social segue a ser bastante descoñecida para a
sociedade en xeral e, en particular, para os axentes sociais, políticos, económicos e da
comunicación.
Presentación do FORO POLA ECONOMIA SOCIAL GALEGA
16
XORNADA SOBRE A NOVA LEI DE CONTRATOS DO SECTOR
A Xornada sobre a nova Lei de Contratos do Sector Público celebrouse o 4 de xuño de
2018, presentada como una actividade conxunta organizada a través do Foro pola Economía
Social Galega xunto con outras entidades da economía social. Co obxecto de analizar o novo
esceario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de
novembro, de Contratos do Sector Público; facilitar ás entidades da economía social o seu
acceso á adxudicación de contratos públicos e ofrecer ao persoal técnico implicado na
contratación pública as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación
con cláusulas sociais e reservas de contratos.
Programa:
9:00 – 9:30. Recepción dos participantes
9:30 – 10:00. Inauguración.
- Celso Gándara. Presidente de EspazoCoop e do Foro pola Economía Social Galega
- José Antonio Vázquez Freire. Presidente de CEGASAL
- Miguel Fernández Blanco. Presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA)
- Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos do
Concello de Santiago de Compostela
-
10:00 – 10:45. Relatorio sobre novedades en materia de contratación pública responsable na nova Lei de Contratos do Sector
Público e as oportunidades que se lle poden presentar ás empresas de Economía Social.
- Relatora: Andrea Garrido Juncal, profesora contratada doutora de Dereito Administrativo da USC
Salón de graos. Presenta Miguel Fernández Blanco
10:45 – 11:45. Relatorio sobre cómo a Administración Pública está a aplicar e impulsar as cláusulas sociais na contratación pública.
Relatores:
- Patricia Iglesias Rey, Letrada da Xunta de Galicia - Xefa de Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario - Asesoría Xurídi-
ca Xeral
- Manuel Cutrín Domínguez, Director da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo.
Salón de graos. Presenta José Antonio Vázquez Freire
11:45 – 12:15. Pausa
12:15 – 13:45. Obradoiros prácticos
- Aula 1: Dirixido a empresas de economía social, Acceso, análise, requisitos, preparación e presentación da documenta-
ción. Juan Carlos Romar Villar, Fusco Consulting, asesor en contratación pública.
- Aula 2: Dirixido a persoal técnico das Administracións Públicas: Problemas e solución na redacción de contratos con
cláusulas sociais. Casos prácticos. Manuel Cutrin Dominguez.
13:45. Peche da xornada
- Celso Gándara. Presidente de EspazoCoop e do Foro pola Economía Social Galega
- Maria Emilia Vázquez Rozas. Decana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
- Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.
17
Diferentes relatorios da xornada
Persoas
participantes 65
Ponentes 4
HORAS 5
18
MANUAL DIVULGACIÓN ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA. e
Esta actividade realizarase en dúas anualidades 2018-2019. Para o
desenvolmenento da primeira parte (ata setembro de 2018) as tarefas consistiron en
mesas de traballo coas secretarías técnicas das diferentes entidades para dar forma ao
Manual. Finalmente acordouse a edición dun manual en formato papel de
aproximadamente 70 páxinas que poda ser empregado como material de difusión,
complementario dos materiais audiovisuais.
Ao longo do 2018 traballouse nas seguintes actividades:
Borrador da introdución
Esquema planillo de edición do Manual
Distribución dos contidos e paxinación
Esquema de contidos
Esquema de contido Preguntas/entrevistas
PLANEAMENTO FORO POLA ECONOMÍA SOCIAL GALEGA.
E Foro pola Economía social Galega aspira a ser a entidade de referencia no ámbito
da Economía Social en Galicia. A posta en marcha e consolidación do Plan Estratéxico
pasa por establecer obxectivos e estratexias claras, definidas e cuantificables que
permitan desenvolver accións concretas para o bo fin do mesmo. O traballo
desenvolvido en 2018 centrouse en diversas reunións de traballo e da síntese da
principal documentación estratéxica das propias entidades participantes, así como das
entidades representativas estatais e dos documentos que forman parte da Estratexia
Española e Galega para o fomento da Economía Social .
ECONOMÍA SOCIAL MEETINGS
A longo do 2018 realizáronse diferentes encontro Meetings coa colaboración e
participación das entidades de economía social e seus asociados. O programa de
Meeting deseñouse como sesións de curta duración, para permitir o desenvolvemento da
actividade propia o resto da xornada (duración: 2 horas). Co obxecto de intercambiar
coñecementos e experiencias, dinamizar procesos de intercooperación ea consolidación
e desenvolvemento de boas prácticas das entidades.
19
20/04/18 Sede de AGACA: Presentación dos equipos técnicos. Intercambio de
necesidades, experiencias e proxectos.
01/06/18 Hotel Porta do Camiño: Presentación das Asembleas conxuntas e in-
tercambio de experiencias
20/09/18 Pontevedra: Presentación das entidades con motivo do PONT UP.
Diferentes Meetings realizados no 2018
20
PARTICIPACIÓN NA COMISIÓN DE SEGUIMENTO SOBRE A
RESERVA DE CONTRATOS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO
E A EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:
AEIGA participa na comisión de traballo dende maio de 2011 como representante
das Empresas de Inserción Social. Dita comisión, segundo o artigo 35 punto 7 da Lei
15/2010 do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, debe estar
constituída por un representante da Xunta de Galicia, un representante da patronal
maioritaria dos Centros Especiais de Emprego de Galicia e outro das Empresas de
Inserción Social. Os Obxectivos son vixiar o cumprimento da cláusula de Reserva de
contratos nas diferentes Consellerías e organismos da Xunta de Galicia. Esta
recomendación constitúe un paso moi importante dado pola Administración
Autonómica. Dentro de este apartado destacamos o traballo de Aeiga de presentación
da entidade en diversas Consellerías da Xunta de Galicia para o recordatorio da obriga
do cumprimento da reserva de contratos que establece a lei.
O 6 de xuño de 2017, retomouse a actividade da comisión cunha xuntanza na Sala
de xuntas da Consellaría de Economía Emprego e Industria.
TALENTIA 2018: ENCONTRO DO TALENTO E O EMPREGO
Os días 13 e 14 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela,
tivo lugar o maior encontro do Talento e Emprego.
Talentia 2018 foi un espazo aberto para o encontro, a reflexión e o diálogo no
ámbito laboral. As Empresas de Inserción de Galicia estiveron presentes cun posto
informativo, tamén foi posible recoller mais de 200 currículos con perfís diversos para
facilitar as empresas asociadas.
OUTRAS ACTIVIDADES:
21
Stand informativo sobre Empresas de Inserción Laboral
IV XORNADA DE EMPREGO DE RIBADUMIA
O venres 23 de novembro de 2018, no Anfiteatro do Auditorio Municipal de
Ribadumia, AEIGA participou cunha exposición na IV Xornada de Emprego de
Ribadumia.
Unhas xornadas que tratan de achegar tanto as ofertas de emprego ós veciños e
veciñas do municipio e da contorna, como formación e pautas para mellorar a busca de
emprego e que os resultados sexan óptimos.
Presentación das Xornadas
22
PACTO POLO EMPREGO DA CIDADE DA CORUÑA
O Pacto Local polo Emprego ten como obxectivo promover a cooperación dos axentes
locais -administración local, axentes sociais e económicos e outras entidades- no deseño
e coordinación de accións en favor do emprego. Preténdese así mobilizar todos os
recursos dispoñibles na cidade, para conseguir unha maior coordinación das medidas a
favor do emprego.
No ano 2017 AEIGA incorporase ao Pacto Polo Emprego da Cidade da Coruña.
Durante o ano 2018 participouse activamente nas xuntanzas e mesas de traballo para
desenvolver e por en marcha as accións do Plan Municipal de emprego,
Emprendemento e Economía Social.
Xuntanza do 12 de xaneiro no Centro Municipal Dos Rosales (A Coruña).
I ENCONTRO UNIVERSIDADE ECONOMÍA SOCIAL
O Foro UES (Eniversidade/Economía Social) pretende sentar as bases dunha colaboración
estable entre a academia e a Economía social de Galicia. Ditas xornadas constitúense como un
primeiro paso de cara á configuración dun proceso particpativo de posta en común de
experiencias, inquedanzas e perspectivas por parte dos membros da comunidade universitaria
e das entidades que forman parte da Economía social en Galicia, unidas polo interese común
do puloo a este sector.
Participación de AEIGA na mesa de debate sobre Necesidades das Entidades de Economía
Social, moderada por Alba Paz Boubeta, Subdirectora Xeral de Economía Social.
23
I Encontro Universidade Economía Social
CULTURGAL 2018- PONTEVEDRA
AEIGA estivo presente este ano 2018 no Culturgal os días 30 de novembro, 1 e 2 de
decembro nun expositor común da Economía social Galega, no Pazo da Cultura de
Pontevedra.
Para facilitar a presenza da economía social neste evento, a Secretaría Xeral de
Emprego, a través da Subdirección de Economía Social, puxo a disposición unha caseta
conxunta.
Caseta conxunta da Economía Social Galega
24
ASESORAMENTO
O asesoramento efectúase e realízase a través de diversos medios: consultarías
presenciais, vía telefónica, no noso enderezo electrónico (on line) ou incluso a través da
nosa páxina web, que tratamos de solventar coa maior brevidade posible.
Neste punto, temos que destacar que o asesoramento dos nosos técnicos non vai
dirixido única e exclusivamente ás empresas xa constituídas senón, que posuímos
persoal especializado para o asesoramento daquelas entidades susceptibles de ser
promotoras das Empresas de Inserción, así como de todo empresario que se achegue a
nós con interese en dita materia.
A súa finalidade, é dar o mellor asesoramento ás dúbidas ou consultas que se
poidan ter das Empresas de Inserción, xa que no Estudo de Necesidades Formativas
realizado por AEIGA no ano 2011 detectouse unha carencia de coñecemento ou
carencia de formación, incluso por parte do persoal técnico do 24% en materia de
intervención con persoas en risco ou exclusión social (constitución, procedemento para
a contratación de persoas en situación de risco ou exclusión social, proporcionándolles
itinerarios de inserción laboral,…,etc).
Abarcamos tamén asesoramento a novos emprendedores interesados no
establecemento dunha Empresa de Inserción proporcionándolles, en todo momento
atención personalizada na nosa oficina de traballo ou por medios informáticos,
orientación no plan de Empresa, axudas que se poden solicitar para a súa constitución,
requisitos para poder ser unha Empresa de Inserción, etc.
Tamén son beneficiarios deste servizo técnico aquelas persoas que foron
declaradas en situación ou risco de exclusión social ou que cumpran os requisitos para
selo e que se acheguen a nós para solicitar, por un lado, información do que é unha
empresa de inserción, do seu funcionamento, e por outro lado, incluso ás veces traballo
nas Empresas de Inserción Galegas, acudindo a nós coma ponte para entrar a traballar
nas Empresas de Inserción.
AEIGA conta dende varios anos cun Axente de Emprego e cun Axente de
colocación, a súa labor é, entre outras o asesoramento en materia de emprendemento de
Empresas de inserción. Todas aquelas persoas que teñan interese en recibir información-
formación, consultas específicas sobre empresas de inserción, e principalmente sobre a
súa constitución… acudan á nosa entidade ou poden realizar todo tipo de consultas a
través dos diversos medios de contacto (vía electrónica, teléfono,..etc).
OUTRAS ACTIVIDADES:
25
Asesorase dende as diversas formas xurídicas a adoptar, cuestións de marketing,
de contratación de persoal, cuestións económicas e financieiras… analizando a idea de
proxecto que se nos achega e garantindo a través do seu análise a viabilidade para a súa
posta en marcha.
Cabe ademais salientar, que o traballo coas Empresas de Inserción non remata
aquí, senón que dende AEIGA realizase un seguimento durante o primeiro ano de
constitución axudando en todo o que se poda durante este primeiro ano, a aquelas
entidades promotoras que finalmente decidisen a posta en marcha da Empresa de
inserción.
SEGUIMENTO:
O seguimento ás Empresas de inserción socias de AEIGA levase a cabo a
través de visitas a cada unha das empresas de inserción laboral para levar un maior
control e coordinación de cada unha delas.
A persoa que traballa en inserción na Eil ou posible traballadora ten que
dispoñer da maior formación posible para competir por un posto de traballo no mercado
laboral que poida considerarse en condicións de igualdade co resto das persoas
desempregadas e, por iso, consideramos de gran relevancia o seguimento, asesoramento
e información, entre outros, aos técnicos das EIL para unha maior eficacia no seu
traballo e mellor consecución do seu fin (inserción da persoa traballadora en inserción
na EIL no mercado ordinario de traballo, rompendo a consideración que teñen estas
persoas de “núcleo duro” do paro).
Para un maior seguimento e control das EIL de Galicia, por este motivo,
consideramos necesaria esta labor, xa que contamos co persoal mais experto nesta
materia.
INFORMACIÓN:
AEIGA proporciona información sobre as Empresas de Inserción empregando
todos os medios de difusión, información e comunicación posibles.
Dispón de unha páxina web coa que tamén se axuda. (www.aeiga.org). A páxina
atopase totalmente actualizada e a súa actualización é diaria. Ademais AEIGA emprega
mais medios de información e difusión, tanto a nivel de reparto de publicidade,
utilización de diversas páxinas web, xornadas formativas para dar a coñecer as empresas
de inserción e colaboracións varias para o cumprimento dos seus fins.
26
ACTIVIDADE COMERCIAL:
Nun mercado tan competitivo como o actual, onde a calidade e o prezo dos
produtos/servizos adoitan estar bastante igualados, xurde a esixencia de nos diferenciar
do resto das empresas convencionais resaltando o carácter social das empresas de
inserción laboral que nos integran.
É mester para AEIGA, incorporar dentro da asociación un axente comercial xa
que é precisamente neste punto onde ten cabida a figura do axente comercial, entendido
este como o profesional cuxa labor vai encamiñado á sensibilización, promoción e
difusión dos nosos obxectivos a través das seguintes accións:
ESTABLECEMENTO DE CONTACTOS con entidades públicas e privadas
que permitan establecer relacións profesionais nun curto prazo.
INFORMACIÓN, PROMOCIÓN E PRESENTACIÓN ás entidades
contactadas, do concepto de empresa de inserción e a súas connotacións
sociais, das empresas de inserción laboral existentes na actualidade dentro da
Comunidade Autónoma de Galicia, do sector empresarial ao que se dedican e
das actividades profesionais que estas desenvolven dentro do mercado.
REALIZACIÓN DUNHA PRIMEIRA NEGOCIACIÓN coas entidades
orientada á formalización de contratos, analizando necesidades existentes e
expondo solucións axeitadas de maneira previa.
INFORMACION SOBRE CONTRATOSRESERVADOS E CLÁUSULAS
SOCIAIS, moitas veces encontramos descoñecemento desta forma de
contratación.
27
3. FINANCIACIÓN:
OBXETO
IMPORTE
COTAS
SOCIOS
FINANCIAMENTO PROPIO
Actividades e mantemento
1.200 €
AXUDAS E
SUBVENCIÓNS
CONSELLERÍA DE
ECONOMÍA,
EMPREGO E
INDUSTRIA
Subvencións para o fomento do
emprego a través dos programas de
cooperación no ámbito de
colaboración coas entidades sen ánimo
de lucro para contratar axentes de
emprego e unidades de apoio
(2017/2018).
Persoal técnico (Axente de
Emprego)
26.998,49 €
Subvencións para o fomento do
emprego a través dos programas de
cooperación no ámbito de
colaboración coas entidades sen ánimo
de lucro (2017/2018).
Persoal técnico (Desempregado)
17.415 €
Subvencións para sufragar os gastos
de funcionamento das entidades
asociativas de cooperativas, sociedades
laborais, centros especiais de emprego
e empresas de inserción.
Gastos de funcionamento 24.288,16 €
Subvencións ás entidades
colaboradoras da Rede Eusumo para
realizar actividades de promoción e
impulso do cooperativismo e da
economía social, e se convocan para os
anos (2018/ 2019).
O Emprendemento e as EIL Actividades conxuntas FORO POLA ECONOMIA SOCIAL GALEGA
3.000 €
3449,39 €
CONSELLERÍA DE
POLITICA SOCIAL
Subvencións a entidades de iniciativa
social para a promoción de actuacións
de servizos sociais comunitarios e
inclusión social (2017-2018).
Xornadas informativas sobre EIL (Universidades e FP).
Inmersión Lingüística e coidados do menor
1.250 €
609,25 €
Subvencións a entidades de iniciativa
social para a promoción de actuacións
de servizos sociais comunitarios e
inclusión social (2018-2020).
Xornadas informativas sobre EIL
(Universidades e FP).
500 €
CONCELLO DE
SANTIAGO DE
COMPOSTELA
Programa Muller en Igualdade 1.500 €
DOAZÓN FUNDACIÓN JOSE OTERO – CARMELA MARTINEZ Axuda 2018 1.250 €
28
4. AGRADECEMENTOS E COLABORACIÓNS:
29