13
Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 1 de 13 ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL “MARIÑAS - BETANZOS” http://www.marinasbetanzos.org ; [email protected]; Tlfno. 981 669 541 ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS DO LUNS 11 DE ABRIL DE 2016, EN CONVOCATORIA ÚNICA ÁS 19:00 HORAS, NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE ABEGONDO. ORDE DO DÍA: 1. APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR Acta Xunta Directiva 29/02/2016 2. RESULTADOS PLAN ACCIÓN LIMA PARA AS RESERVAS DE BIOSFERA (2016-2025) 3. PROPOSTA DE ACTIVIDADES 2016 4. CONVOCATORIA PROGRAMA LEADER (2014-2020) 4.1. ALTAS E BAIXAS DE ASOCIADOS E MOFICACIÓN DE MESAS SECTORIAIS 4.2. CONDICIONANTES IMPOSTOS POLO PROGRAMA LEADER 2014-2020 4.3. PROPOSTA DE MODIFICACIÓN ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN E PROPOSTA DE MODIFICACIÓNS XUNTA DIRECTIVA PARA SER APROBADA POLA ASEMBLEA XERAL. 4.4. CONVOCATORIA E FIXACIÓN DATA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS PARA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS. 4.5. CONVOCATORIA E FIXACIÓN DATA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS RATIFICACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA E INFORMAR SOBRE SEGUIMENTO DA CANDIDATURA LEADER. 5. OUTRAS ACTIVIDADES E PROXECTOS: 5.1. ACTOS DA CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 21 DE MARZO DE 2016. 5.2. ACTOS III ANIVERSARIO RESERVA DE BIOSFERA A CELEBRAR EN SADA. 5.3. LANZAMENTO DA ESCOLA DE NATURALISTAS RESERVA DE BIOSFERA. 5.4. PROGRAMA “XUVENTUDE NA BIOSFERA”: LIÑAS DE TRABALLO. 5.5. MARCA DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO 6. SUXESTIÓNS E PREGUNTAS Asistentes: o D.Antonio Buyo Mosquera, en representación da Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo (Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e Comarca). o Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, en representación da Mesa de Asociacións e colectivos de Mulleres. (Amfar Cambre). o D. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Cultural “Cultura Aberta de Carral”). o D. Elia Pérez Taboada, en representación da Mesa Sectorial Asociacións e colectivos medioambientais ou actividades na natureza (Grupo Naturalista Habitat). o D. José Soto Martínez, en representación da Mesa do sector de turismo e hostalería (Asociación de Turismo Sostible de A Coruña).

ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 1 de 13

ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURAL

“MARIÑAS - BETANZOS”

http://www.marinasbetanzos.org ; [email protected]; Tlfno. 981 669 541

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN MARIÑAS – BETANZOS DO

LUNS 11 DE ABRIL DE 2016, EN CONVOCATORIA ÚNICA ÁS 19:00 HORAS, NO SALÓN DE

PLENOS DO CONCELLO DE ABEGONDO.

ORDE DO DÍA:

1. APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR

Acta Xunta Directiva 29/02/2016

2. RESULTADOS PLAN ACCIÓN LIMA PARA AS RESERVAS DE BIOSFERA (2016-2025)

3. PROPOSTA DE ACTIVIDADES 2016

4. CONVOCATORIA PROGRAMA LEADER (2014-2020)

4.1. ALTAS E BAIXAS DE ASOCIADOS E MOFICACIÓN DE MESAS SECTORIAIS

4.2. CONDICIONANTES IMPOSTOS POLO PROGRAMA LEADER 2014-2020

4.3. PROPOSTA DE MODIFICACIÓN ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN E PROPOSTA DE

MODIFICACIÓNS XUNTA DIRECTIVA PARA SER APROBADA POLA ASEMBLEA XERAL.

4.4. CONVOCATORIA E FIXACIÓN DATA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA

ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS PARA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS.

4.5. CONVOCATORIA E FIXACIÓN DATA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA

ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS RATIFICACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA E

INFORMAR SOBRE SEGUIMENTO DA CANDIDATURA LEADER.

5. OUTRAS ACTIVIDADES E PROXECTOS:

5.1. ACTOS DA CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 21 DE MARZO DE 2016.

5.2. ACTOS III ANIVERSARIO RESERVA DE BIOSFERA A CELEBRAR EN SADA.

5.3. LANZAMENTO DA ESCOLA DE NATURALISTAS RESERVA DE BIOSFERA.

5.4. PROGRAMA “XUVENTUDE NA BIOSFERA”: LIÑAS DE TRABALLO.

5.5. MARCA DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO

MANDEO

6. SUXESTIÓNS E PREGUNTAS

Asistentes:

o D.Antonio Buyo Mosquera, en representación da Mesa do sector agrario, gandeiro e cooperativo

(Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e Comarca).

o Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez, en representación da Mesa de Asociacións e colectivos de

Mulleres. (Amfar – Cambre).

o D. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro, en representación da Mesa sectorial de asociacións deportivas,

recreativas, de veciños, culturais, Anpas (Asociación Cultural “Cultura Aberta de Carral”).

o D. Elia Pérez Taboada, en representación da Mesa Sectorial Asociacións e colectivos medioambientais

ou actividades na natureza (Grupo Naturalista Habitat).

o D. José Soto Martínez, en representación da Mesa do sector de turismo e hostalería (Asociación de

Turismo Sostible de A Coruña).

Page 2: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 2 de 13

o Dna. Aida Pérez Barredo, en representación da mesa sectorial Asociacións de empresarios

multisectoriais (Asociación de Empresarios de Culleredo) e Tesoureira da Asociación.

o D. Juan Manuel Neira Fernández, en representación da Mesa do sector institucional (Sociedade Galega

de Historia Natural).

o D. Carlos Vales Vázquez en representación da Mesa do sector institucional (Centro de Extensión

Universitaria e Divulgación Ambiental Galicia –CEIDA-).

o D. José Antonio Santiso Miramontes, Alcalde do Concello de Abegondo en representación da Mesa

sectorial das Administracións Locais. Presidente da Asociación.

o D. Antonio Vázquez Lorenzo, Concelleiro de Urbanismo do Concello de Betanzos en representación da

Mesa sectorial das Administracións Locais.

o D. Francisco Quintela Requeijo, Alcalde do Concello de Coirós en representación da Mesa sectorial

das Administracións Locais.

o D. Juan Carlos Iglesias Lovelle, Concelleiro de Promoción Económica e emprego do Concello de

Culleredo, en representación da mesa sectorial das Administracións Locais.

o D. Antonio Deibe Sanmartin, Alcalde do Concello de Irixoa en representación da Mesa sectorial das

Administracións Locais

o D. Rodrigo López Piquín, Concelleiro de Obras Públicas do Concello de Oleiros, en representación da

mesa sectorial das Administracións Locais.

o D. Andrés Taboada Marante, 1º Tenente de Alcalde do Concello de Oza Cesuras, en representación da

mesa sectorial das Administracións Locais.

o D. Cesar Longo Queijo, Alcalde do Concello de Paderne, en representación da mesa sectorial das

Administracións Locais. Vicepresidente da Asociación.

o D. Xosé Lois Suárez Becerra, Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do

Concello de Sada, en representación da mesa sectorial das Administracións Locais.

o D. Eulogio López Río, en representación da Mesa de colectivos de interese social, discapacidade e

ONG´s (ASPACE).

o D. José Francisco Castro Vilariño, asesor externo da Asociación Mariñas – Betanzos.

o D. Jorge M. Blanco Ballón. Xerente Asociación Mariñas – Betanzos.

o D. Miguel Fernández Pardo. Técnico Asociación Mariñas Betanzos

o D. Manuel Giménez Solla. Técnico Asociación Mariñas Betanzos

o D. Diego López Pedreira. Técnico Consorcio As Mariñas

o Dna. Isabel Eiriz Naveira. Auxiliar Administrativo Asociación Mariñas Betanzos

--------------------------------

Page 3: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 3 de 13

A XUNTA DESENVOLVEUSE CO SEGUINTE RESULTADO:

1. APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.

Apróbase a Acta da reunión de Xunta directiva do 29 de febreiro de 2016.

2. RESULTADOS PLAN ACIÓN LIMA PARA AS RESERVAS DE BIOSFERA (2016-2025)

Entre o 14 e o 17 de marzo de 2016 celebrouse en Lima (Perú) o 4º Congreso Mundial de Reservas

de Biosfera “Unha nova visión para o Decenio 2016-2025 – Reservas de Biosfera da Unesco para o

Desenvolvemento Sostible”.

Este Congreso foi organizado polo Programa “El Hombre y la Biosfera” (MAB) de la UNESCO e

contaba co apoio do Ministerio de Ambiente do Perú (MINAM) e o seu Servizo Nacional de Áreas

Protexidas polo Estado (SERNANP).

O Congreso abordou diferentes temáticas relacionadas cos obxectivos de Desenvolvemento Sostible

e da Axenda de Desenvolvemento Post 2015, así como a elaboración do novo Plan de Acción de

Lima para os anos 2016-2025 para a Rede Mundial de Reservas de Biosfera así como a Declaración

de Lima relativa ao Programa “Home e Biosfera” da UNESCO e da súa Rede Mundial de Reservas

de Biosfera (xúntanse como Anexo II e III).

O Presidente toma a palabra, onde explica aos asistentes os resultados e novidades ao respecto deste

Congreso Mundial de Reservas de Biosfera, facendo unha mención a que o 25% do territorio galego é

Reserva de Biosfera, e que isto debería terse en conta por parte de todos os organismos á hora de apoiar ás

Reservas de Biosfera.

Está previsto realizar un Congreso Internacional de Reservas de Biosfera a finais do mes de maio no que se

pretende convidar a D. Sergio Guevara Sada, Presidente Consejo Internacional do MAB. Plántexase a

proposta e aprobase.

Carlos Vales, Director Xerente do CEIDA traslada aos asistentes os avances que se teñen feito na creación

da Rede Galega de Reservas de Biosfera.

Informa tamén, que se está a traballar na idea de crear unha Rede de Biodiversidade Atlántica (Portugal,

Galicia, Cantabria, Castela-León, Pais Vasco e Asturias) e que a Deputación Provincial de A Coruña asumiu

o compromiso de financiar unas xornadas implicando a todas as comunidades autónomas antes mencionadas.

A proposta era facer un Seminario Internacional no CEIDA para dar a coñecer os resultados do IV Congreso

de Lima e oportunidades nas Reservas de Biosfera.

Page 4: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 4 de 13

3. PROPOSTA DE ACTIVIDADES 2016

Enviouse a todos os membros de Xunta Directiva a proposta de Actividades para 2016.

AA.. XXEESSTTIIÓÓNN,, CCOOMMUUNNIICCAACCIIÓÓNN EE CCOOOOPPEERRAACCIIÓÓNN

AA..11.. OOSS ÓÓRRGGAANNOOSS DDEE XXEESSTTIIÓÓNN DDAA RREESSEERRVVAA EE FFIINNAANNCCIIAAMMEENNTTOO DDOO PPLLAANN DDEE XXEESSTTIIÓÓNN

A.1.1. Reunións Órganos de Xestión: Consello de Dirección, Comité de Participación e Comité Científico.

A.1.2. Deseño de Fundación como ente xestor.

A.1.3. Modificación estatutos Asociación Mariñas-Betanzos e mesas sectoriais.

A.1.4. Deseño Plan de viabilidade económica da Reserva de Biosfera.

A.1.5. Candidatura proxectos do Plan de Xestión a entidades (Fundación Biodiversidad, Obra Social, IRPF,

etc.)

A.1.6. Tramitación da Declaración de Utilidade Pública.

AA..22.. PPRROOGGRRAAMMAA DDEE CCOOMMUUNNIICCAACCIIÓÓNN DDAA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA..

A.2.1. Deseño do programa de comunicación. Sinalización vías de entrada (Fase II) e aplicación da

identidade corporativa nos materiais da Reserva.

A.2.2. Elaboración Boletín divulgativo sobre actualidade ligado á Reserva.

A.2.3. Actualización do espazo web da Reserva da Biosfera e reforzamento das redes sociais.

AA..33.. CCOOOOPPEERRAACCIIÓÓNN CCOONN OOUUTTRROOSS TTEERRRRIITTOORRIIOOSS EE AAXXEENNTTEESS..

A.3.1. Dinamización da Rede Galega de Reservas de Biosfera.

A.3.2. Participación en proxectos da Rede Española de Reservas de Biosfera:

Programa Seguimento Fenolóxico nas 6 Reservas de Biosfera de Galicia.

Grupo de Traballo de Economía Social na Rede Española de Reservas de Biosfera.

Proxecto receitas das Biosfera.

A.3.3. Candidatura programas europeos (Interreg, LIFE, ERASMUS+, etc.)

A.3.4. Participación no IV Congreso Mundial de Reservas de Biosfera.

AA..44.. CCOOOOPPEERRAACCIIÓÓNN CCOONN OOUUTTRROOSS AAXXEENNTTEESS DDAA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA..

A.4.1. Xornadas de Custodia do Territorio (colaboración coa Fundación Fragas do Mandeo).

A.4.2. Celebración do III Aniversario da Reserva de Biosfera (en colaboración Concello de Sada).

BB.. EENNTTOORRNNOO SSOOCCIIOOEECCOONNÓÓMMIICCOO,, EEMMPPRREEGGOO EE CCAAMMBBIIOO CCLLIIMMÁÁTTIICCOO..

BB..11.. FFOOMMEENNTTOO DDOO EEMMPPRREEGGOO EE OO EEMMPPRREENNDDEEMMEENNTTOO SSOOSSTTIIBBLLEE..

B.1.1. Desenvolvemento do Programa Integrado para o Emprego “BIO-EMPENDE 2015-2016”

B.1.2. Accións conxuntas de apoio á formación orientada ao emprego.

B.1.3. Acompañamento a emprendedores e apoio técnico.

B.1.4. Fomento do cooperativismo (participación na Rede Eusumo).

B.1.5. Colaboración co Concello de Abegondo “Emprendemento escolar: Galiña Piñeira”

BB..22.. DDEESSEEÑÑOO DDUUNN PPRROOGGRRAAMMAA DDEE RREESSPPOONNSSAABBIILLIIDDAADDEE SSOOCCIIAALL EEMMPPRREESSAARRIIAALL..

B.2.1. En colaboración co Master da Universidade de A Coruña (Deseño propostas para programa RSE

asociado á RB)

BB..33.. PPRROOGGRRAAMMAA LLEEAADDEERR ((22001144--22002200))..

B.3.1. Elaboración de candidatura (diagnose e propostas de actuación). Posta en marcha.

B.3.2. Deseño de liñas de cooperación e formación dentro do programa.

Page 5: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 5 de 13

BB..44.. EESSTTAABBLLEECCEEMMEENNTTOO DDEE CCOOLLAABBOORRAACCIIÓÓNN CCOONN OOUUTTRROOSS OORRGGAANNIISSMMOOSS EE RREESSEERRVVAASS PPAARRAA

AA DDIIVVUULLGGAACCIIÓÓNN EE CCOOOOPPEERRAACCIIÓÓNN NNAA AADDAAPPTTAACCIIÓÓNN//MMIITTIIGGAACCIIÓÓNN AAOO CCAAMMBBIIOO CCLLIIMMÁÁTTIICCOO..

B.4.1.Presentación proxecto convocatoria IRPF pola Asociación “Territorios Comprometidos coa Loita

Contra o Cambio Climático”.

BB..55.. DDEESSEEÑÑOO NNOOVVOO PPRROOGGRRAAMMAA EEMMPPRREENNDDEEMMEENNTTOO RRUURRAALL EE AAPPOOIIOO AAOO EEMMPPRREENNDDEEMMEENNTTOO..

BB..66.. PPLLAANN XXUUVVEENNIILL NNAA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA.. DDEESSEEÑÑOO DDEE AACCTTUUAACCIIÓÓNNSS..

CC.. SSOOSSTTIIBBIILLIIDDAADDEE DDOO MMEEDDIIOO RRUURRAALL EE DDOO MMAARRIIÑÑOO,, PPRROODDUUCCIIÓÓNNSS EE SSEERRVVIIZZOOSS..

CC..11.. FFOOMMEENNTTOO DDAA AAGGRRIICCUULLTTUURRAA DDEE PPRROOXXIIMMIIDDAADDEE EE DDAA CCOOMMEERRCCIIAALLIIZZAACCIIÓÓNN AA TTRRAAVVÉÉSS

DDOOSS CCIIRRCCUUIITTOOSS CCUURRTTOOSS.. AACCOONNSSEELLLLAAMMEENNTTOO..

C.1.1. Desenvolvemento do Plan Alimentario da Reserva de Biosfera “MCeTM” coas accións previstas no

proxecto.

Deseño de menús ecolóxicos para centros escolares.

Fomento da produción ecolóxica e o seu consumo.

CC..22.. LLAANNZZAAMMEENNTTOO DDAA MMAARRCCAA DDEE CCAALLIIDDAADDEE LLIIGGAADDAA ÁÁ RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA..

C.2.1. Apoio á industria agroalimentaria e actuacións de mellora na imaxe comercial dos produtos

agroalimentarios.

C.2.2. Lanzamento da Marca de calidade en varios produtos agroalimentarios. Busqueda de apoio na

Deputación de A Coruña.

CC..33.. AAPPOOIIOO ÁÁ DDIINNAAMMIIZZAACCIIÓÓNN EE AA IINNNNOOVVAACCIIÓÓNN NNOO SSEECCTTOORR AAGGRROOFFOORREESSTTAALL..

C.3.1. Diseño de proxectos baixo a figura dos Grupos Operativos de Apoio á Innovación.

C.3.2. Colaboración coas Comunidades de Montes para o fomento de novos aproveitamentos.

C.3.3. Mellora da xestión forestal no territorio e apoio ás agrupacións de propietarios.

CC..44.. RREEFFOORRZZAARR OO TTUURRIISSMMOO SSOOSSTTIIBBLLEE NNAA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA..

C.4.1. Elaboración do proxecto para adhesión ao Club de Produto Turístico “Reservas de Biosfera”.

Presentación proposta á Deputación de A Coruña.

C.4.2. Distribución material turístico promocional.

C.4.3. Colaboración coa Escola de Turismo de A Coruña (actividades e prácticas do alumnado).

DD.. CCIIEENNCCIIAA EE DDEESSEENNVVOOLLVVEEMMEENNTTOO DDEE CCAAPPAACCIIDDAADDEESS..

DD..11.. MMEELLLLOORRAARR OO CCOOÑÑEECCEEMMEENNTTOO SSOOBBRREE AA BBIIOODDIIVVEERRSSIIDDAADDEE NNAA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA.. D.1.1. Posta en marcha Escola de Naturalistas na RB D.1.2. Especie do Ano na Reserva de Biosfera (colaboración co Grupo Naturalista Hábitat). D.1.3. Programa de Seguimento fenolóxico.

DD..22.. RREEFFOORRZZAARR AASS CCAAPPAACCIIDDAADDEESS LLOOCCAAIISS D.2.1. Reunións e xornadas con Técnicos Municipais de Medio Ambiente, Turismo e Desenvolvemento Local (Comité Técnico).

DD..33.. EELLAABBOORRAACCIIÓÓNN EE SSEEGGUUIIMMEENNTTOO DDEE IINNDDIICCAADDOORREESS D.3.1. Elaboración de Indicadores sobre consecución obxectivos do Plan de xestión da Reserva de Biosfera MCeTM, baseados no Plan de Acción de Lima (2016-2025).

Page 6: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 6 de 13

DD..44.. MMEELLLLOORRAARR AA IINNVVEESSTTIIGGAACCIIÓÓNN EE OO CCOOÑÑEECCEEMMEENNTTOO SSOOBBRREE AA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA.. D.4.1. Elaboración dun catálogo sobre as investigacións/estudos realizados sobre os distintos recursos da Reserva de Biosfera (en colaboración co Comité Científico).

EE.. CCOONNSSEERRVVAACCIIÓÓNN DDOOSS RREECCUURRSSOOSS NNAATTUURRAAIISS EE PPAATTRRIIMMOONNIIAAIISS..

EE..11.. AACCCCIIÓÓNNSS PPAARRAA AA MMEELLLLOORRAA AAMMBBIIEENNTTAALL DDAA RREESSEERRVVAA DDEE BBIIOOSSFFEERRAA.. E.1.1. Identificación “Bolsa” proxectos ligados á conservación, mellora ambiental e cultural (RSE)

EE..22.. PPRROOGGRRAAMMAA DDEE EEDDUUCCAACCIIÓÓNN AAMMBBIIEENNTTAALL EE AACCTTIIVVIIDDAADDEE CCUULLTTUURRAALL.. E.2.1. Difusión do Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación. E.2.2. Divulgación da Reserva de Biosfera e os seus recursos nos centros escolares. E.2.3. Deseño de materiais para tematizar “Rede de Centros de Interpretación da Reserva” (en colaboración cos Concellos). E.2.4. Fomento das accións de voluntariado ambiental e no eido cultural. E.2.5. Actuacións de mellora e promoción dos Camiños a Compostela. E.2.6. Definición liñas a seguir na posta en valor Campamento Romano de Ciadella.

EE..33.. AAPPOOIIOO AAOOSS CCOONNCCEELLLLOOSS NNAA FFOORRMMUULLAACCIIÓÓNN DDEE EESSPPAAZZOOSS NNAATTUURRAAIISS DDEE IINNTTEERREESSEE LLOOCCAALL.. E.3.1. Apoio aos concellos na declaración de ENIL. E.3.2. Desenvolvemento de iniciativas para o intercambio de experiencias entre Concellos.

A Xunta Directiva acorda estas actividades para o ano 2016 e que sexan levadas á próxima Asemblea Xeral

para a súa aprobación.

Tamén acorda que se presente a solicitude “Plan de Accións Sociais Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

e Terras do Mandeo” dentro da convocatoria de Fundación Bancaria “La Caixa” Acción Social no ámbito

rural 2016, da que remata o prazo para presentar telemáticamente o día 20 de abril. Autorizase á Presidencia

e a Secretaria a realizar as xestións oportunas de tramitación da mesma.

CONVOCATORIA PROGRAMA LEADER (2014-2020)

4.1. ALTAS E BAIXAS DE ASOCIADOS E MOFICACIÓN DE MESAS SECTORIAIS.

Comunícase a baixa das seguintes entidades (segundo o artigo 8 dos Estatutos):

SOCIO ENTIDADE CONCELLO

016 ASOCIACIÓN XUVENTUDE E NATUREZA ABEGONDO

017 ASOCIACIÓN EMPRESAS DE SERVIZOS FORESTAIS DE GALICIA

(SERFOGA) AMES

019 ASOCIACIÓN TERRA DAS MARIÑAS ABEGONDO

037 FUNDACIÓN COMARCAL DE BETANZOS BETANZOS

038 ASOCIACIÓN GALEGA FORMACIÓN ENTORNO MULLER

SOLIDARIDADE (AGAFAMES) BETANZOS

051 ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE BORRIFÁNS CESURAS

071 ASOCIACIÓN BAXOI MIÑO

100 ASOCIACIÓN CULTURAL E DE MEDIO AMBIENTE ALBOIO BETANZOS

102 HORTA DO ATLÁNTICO, S. COOP. GALEGA CULLEREDO

A Xunta Directiva queda informada da baixa destas entidades como socias do GDR Mariñas – Betanzos,

quedando emprazando o Equipo Técnico que no caso de ser necesario será comunicada a cada unha delas

formalmente, por ter sido disoltas ou por non ter funcionamento na actualidade. No libro de rexistro de

Page 7: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 7 de 13

socios figurarán como baixas dende o día 11 de abril de 2016. Se informará na próxima Asemblea Xeral de

Socios destas baixas.

SOLICITUDE ADHESIÓN SOCIO NO GDR MARIÑAS BETANZOS.

Ten solicitado a súa inclusión como socio a Asociación GALP Golfo Ártabro Sur.

O día 11 de abril o Grupo Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, solicitou a súa adhesión como socio

no GDR Mariñas Betanzos. O GALP ten como obxecto social colaborar na gobernanza da zona,

participando activamente na contrución de capacidades organizativas da zona pesqueira e servindo de núcleo

de converxencia e representación das persoas particulares, entidades e axentes socioeconómicos con interese

no desenvolvemento integral e equilibrado da zona. O ámbito de actuación corresponde aos municipios de

Arteixo, Bergondo, Cambre, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

A Xunta Directiva aproba a adhesión de socio desta entidade, adherindose á mesa sectorial de “Pesca,

marisqueo, acuicultura e desenvolvemento do litoral”.

4.2. CONDICIONANTES IMPOSTOS POLO PROGRAMA LEADER 2014-2020.

O día 2 de marzo de 2016 ten saído publicado no DOG a “Resolución do 11 de febrero de 2016 pola que se

publica o Acordo do 10 de febrero de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de

estratexías de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento

rural como entidades colaboradoras na xestión da medida LEADER GALICIA e para a concesión da axuda

preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do

PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección”, que se pode ver no

seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160302/AnuncioO90-230216-0001_gl.pdf

O PRAZO PARA PRESENTAR A ESTRATEXIA EN AGADER REMATA O 2 DE XULLO DE 2016.

- Territorio elixible na medida Leader (GDR 23): ABEGONDO, ARANGA, ARTEIXO, BERGONDO,

BETANZOS, CAMBRE, CARRAL, COIRÓS, CULLEREDO, CURTIS, IRIXOA, OLEIROS, OZA-

CESURAS, PADERNE E SADA. Quedan excluidas as entidades que superen os 6.000 habitantes, segundo

esta resolución: Arteixo (Arteixo); Betanzos (Betanzos); Perillo (Oleiros) e Sada (Sada).

O Concello de Miño estaría no GDR 24 Costa Norte e o de Sobrado con Ulla-Tambre-Mandeo, ao superar os

150.000 habitantes se estiveran na Asociación Mariñas-Betanzos.

- Número de membros da Xunta Directiva e da representación: Fíxase nas bases de Agader un número

máximo de 21 membros na Xunta Directiva da Asociación, dos que polo menos un deberá representar cada

un dos colectivos cuxa presenza é obrigatoria na Xunta Directiva ou órgano decisorio similar sempre que

sexan socios do GDR e desexen formar parte dela.

As entidades que soliciten a súa incorporación ao GDR 23 terán que acreditar como mínimo, un ano de

actividade no ámbito territorial do GDR . Nin as autoridades públicas nin ningún grupo de interese concreto

representarán máis do 49% dos dereitos de voto na toma de decisións.

Sobre o conflicto de intereses: Coa finalidade de evitar conflitos de intereses entre os membros dos órganos

de avaliación e decisión do GDR (Xunta Directiva da Asociación) e as persoas beneficiarias de axuda a

través do LEADER, estableceranse controis, que deben ser recollidos nos estatutos das entidades GDR.

As estratexias terán entre 3 e 5 millóns de Euros.

NOVIDADES AO RESPECTO DOS PROXECTOS QUE SE PODERÁN SELECCIONAR:

Page 8: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 8 de 13

Natureza:

Produtivos (mínimo 65% dos fondos asignados). Principalmente dirixidos a pequenas empresas.

Non produtivos (máximo do 35%)

Proxectos seleccionables dentro da Estratexia local:

a) Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Pequenos investimentos

(máximo de 30.000 euros).

b) Investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais.

c) A creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non

agrarias.

d) A creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural, así como as

actividades recreativas e culturais, e as súas correspondentes infraestruturas.

e) Os investimentos para o uso público en infraestruturas recreativas, información turística e infraestruturas

de turismo a pequena escala.

f) O mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das

paisaxes rurais e das zonas de alto valor natural, en particular as integrantes da Rede Natura 2000.

g) Investimentos en explotacións agrarias referidos á mellora da eficiencia enerxética das explotacións e

emprego de enerxías renovables (redución de custos dun mínimo do 40%).

Proxectos non seleccionables dentro da Estratexia local:

Como regla xeral, os proxectos encadrables no sector da produción agraria primaria, agás se son

complementarios á actividade principal non agraria da unidade familiar (<30.000 euros).

Investimentos no sector das enerxías renovables para venda á rede, nin a adquisición de maquinaria

para a realización de servizos agrarios e/ou forestais.

Importes máximos de axuda:

Proxectos produtivos: Axuda máxima 200.000€ / Porcentaxe máxima de axuda do 50%

Proxectos non produtivos: Axuda máxima 200.000€ / Porcentaxe máxima de axuda do 90%

4.3. PROPOSTA DE MODIFICACIÓN ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN E PROPOSTA DE

MODIFICACIÓNS XUNTA DIRECTIVA PARA SER APROBADA POLA ASEMBLEA XERAL.

O Xerente informa aos asistentes que o borrador de Estatutos foi envíado xunto coa convocatoria a todos os

membros da Xunta Directiva.

A continuación toma a palabra, para comunicar que se incorpora un Título novo (Título VIII. Normas de

funcionamento ao respecto do Programa LEADER), onde se propoñen novos Fins e Actividades acordes coa

Reserva de Biosfera e outros cambios menores; propoñendo modificacións das Mesas sectoriais para

adaptarse ao número máximo de membros que fixa Agader.

CAMBIOS PROPOSTOS

Artigo 3. Incorporación dunha nova sede de traballo no Concello de Miño.

Artigo 5. Fins e actividades. Incorporación novos puntos.

Artigo 16. Xunta Directiva. Funcións. Incorporación apartado I) selección de proxectos LEADER.

Artigo 22. Mesas sectoriais. Se adaptan as mesas sectoriais e os representantes de Xunta Directiva, ao

esixido nas bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local: 21 membros.

A XUNTA DIRECTIVA ACORDA QUE ESTA PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E

DE XUNTA DIRECTIVA ADAPTADA A 21 MEMBROS, SEXA LEVADA Á ASEMBLEA XERAL

Page 9: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 9 de 13

PARA SÚA APROBACIÓN E POSTERIORMENTE COMUNICAR AO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS

(terían que estar oficialmente estos cambios antes de entregar a Candidatura Leader).

4.4.CONVOCATORIA E FIXACIÓN DATA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA

ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS PARA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS.

A Xunta Directiva acorda celebrar a asemblea xeral o día 9 de maio de 2015 ás 19 horas en convocatoria

única coa seguinte orde do día:

1. Proposta e aprobación da modificación dos estatutos sociais para adaptarse aos requerimentos da

Medida Leader Galicia (2014-2020).

4.5.CONVOCATORIA E FIXACIÓN DATA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA

ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS RATIFICACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA E

INFORMAR SOBRE SEGUIMENTO DA CANDIDATURA LEADER.

A Xunta Directiva acorda como data para celebrar a asemblea xeral o día 9 de maio de 2015 ás 19:30 horas

en convocatoria única coa seguinte orde do día:

1. Aprobación se procede da composición da nova xunta directiva.

2. Informe sobre a elaboración da Candidatura Leader (2014-2020).

Tamén acorda que se celebre ás 18 horas unha Xunta directiva con anterioridade a esta Asemblea, co

obxecto de que elixan os cargos electos de Presidente, Vicepresidente, Tesoureiro e Secretaría, para ser

levados a Asemblea Xeral.

ANTES DE FINAIS DO MES DE XUÑO, ACÓRDASE CELEBRAR A ASEMBLEA XERAL ANUAL, PARA APROBAR AS CONTAS DO ANO 2015, O ORZAMENTO E ACTIVIDADES 2016, ASÍ COMO A PROPOSTA DE CANDIDATURA LEADER. AS MESAS SECTORIAS REUNIRÁNSE NAS VINDEIRAS SEMANAS, PARA ELEXIR REPRESENTANTES ASÍ COMO AVANZAR NO DESEÑO DA ESTRATEXIA (DIAGNOSE E PROPOSTAS DE ACTUACIÓN). CALENDARIO

ABRIL

Mércores 20 de abril ás 17.30 horas MESA DO SECTOR INSTITUCIONAL (Sede do GDR Mariñas Betanzos

en Abegondo)

Xoves 21 de abril ás 18.30 horas MESA DE ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS MEDIOAMBIENTAIS E

MOZOS (Sede do CEIDA, Castelo de Santa Cruz, Liáns en Oleiros)

Venres 22 de abril ás 17.30 horas MESA DE ASOCIACIÓNS DE MULLERES (Local Social de A Barcala no

Concello de Cambre)

Martes 26 de abril ás 17.30 horas MESA DE ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIADO MULTISECTORIAL,

ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS E ARTESANÍA (Sede da Asociación de Empresarios de Culleredo no

Concello de Culleredo)

Martes 26 de abril ás 19 horas MESA DO SECTOR DO TURISMO E HOSTALERÍA (Sede da Asociación de

Empresarios de Culleredo no Concello de Culleredo)

Page 10: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 10 de 13

MAIO

Luns 2 de maio ás 10 horas MESA DAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS E SECTOR PÚBLICO (Salón de

Plenos do Concello de Abegondo)

Luns 2 de maio ás 17.30 horas MESA DE COLECTIVOS DE ACCIÓN SOCIAL, DISCAPACIDADE E

ONG´S (Salón de Plenos do Concello de Sada - Antiga Axundatía de Mariña).

Luns 2 de maio ás 19.30 horas MESA DA PESCA, MARISQUEO, ACUICULTURA E

DESENVOLVEMENTO DO LITORAL (Salón de Plenos do Concello de Sada - Antiga Axundatía de

Mariña).

Martes 3 de maio ás 17.30 horas MESA DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS,

RECREATIVAS, DE VECIÑOS, ANPAS (Casa do Concello de Paderne).

Xoves 5 maio ás 17.30 horas MESA DO SECTOR AGRARIO, GANDEIRO, FORESTAL E DA MADEIRA

(Salón de Plenos do Concello de Oza Cesuras).

En relación ao número de representantes por mesa sectorial, toma a palabra o representante da Asociación

Cultural “Cultura Aberta de Carral” para mostrar a súa disconformidade con número de representantes

asignados a súa mesa sectorial (2 representantes), xa que considera que son a mesa máis numerosa e que non

se debería de baixar o número de representantes.

A CONTINUACIÓN ASUME A PRESIDENCIA DA REUNIÓN O VICEPRESIDENTE POR TER QUE

AUSENTARSE O PRESIDENTE.

5.1. OUTRAS ACTIVIDADES E PROXECTOS:

5.1. ACTOS DA CELEBRACIÓN DÍA DA ÁRBORE 21 DE MARZO DE 2016.

Toma a palabra para explicar o Xerente que o pasado 21 de marzo de 2016 conmemorouse o Día da Árbore

e o Día Internacional dos Bosques. A Reserva de Biosfera en colaboración cos 17 concellos que forman

parte deste territorio recoñecido pola UNESCO, celebraron simbolicamente este acontecemento, fomentando

a educación ambiental e actividades que incidan na sensibilización medioambiental e o respecto pola

natureza.

No pasado mes de marzo, “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” coordinou e distribuiu entre os seus

Concellos máis de medio milleiro de árbores autóctonas, cedidas pola Consellería de Medio Ambiente e

Ordenación do Territorio.

Para a celebración deste Día, promoveuse a participación e implicación nestas actividades dos centros

escolares do territorio, co obxectivo de sensibilizar ós máis novos e contribuir ó fomento dunha cultura

ambiental máis respectuosa co medio natural.

Toma a palabra Carlos Vales para facer unha proposta á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do

Mandeo, que lle gustaría que as actividades ambientais que se realicen dende a Reserva poderíanse

comunicar aos técnicos ambientais do CEIDA, xa que se poderían incorporar melloras ambientais e

aportacións para facer a actividade máis sensible medioambientalmente.

Page 11: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 11 de 13

5.2. ACTOS III ANIVERSARIO RESERVA DE BIOSFERA A CELEBRAR EN SADA.

Para este ano 2016, os actos celebraranse no Concello de Sada, a petición do seu representante na Xunta

Directiva da Asociación Mariñas- Betanzos, celebrada o 14 de decembro de 2015.

A continuación, resúmense unha serie de propostas para desenvolver na semana do 23 ao 29 de maio de

2016, con motivo do III Aniversario do recoñecemento pola UNESCO deste territorio como Reserva

Mundial da Biosfera.

ACTUACIÓNS

OBSERVACIÓNS

1.- Programa de Visitas Escolares “Coñece a Reserva

de Biosfera”

Dirixido a alumnos de Educación Secundaria.

A desenvolver nos Centros Escolares do Concello de

Sada, na semana do 23 ao 27 de maio.

2.- Plantación simbólica de árbores autóctonas

En colaboración con escolares e asociacións. Dirixido a

alumnos de infantil e primaria.

3.- Ciclo de Cine “Butaca Verde”

A desenvolver en centros culturais do Concello, en

colaboración co CEIDA.

4.- Exposición da Reserva de Biosfera “Mariñas

Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Difundir os valores da Reserva de Biosfera. Público en

xeral.

5.- “Concurso de Vídeos” coa temática medioambiental

e o desenvolvemento sostible.

Dirixido ao público xeral, que faga fincapé na

sensibilización medioambiental da cidadanía e que sexa

un exemplo de divulgación ambiental.

Os vídeos non excederán dos 3 minutos.

6.- Exposición e exaltación de produtos da Reserva de

Biosfera.

Acto central a celebrar os días 28 e 29 de maio, co

obxectivo de que participen aqueles produtores e

emprendedores susceptibles de incorporarse na Marca de

Calidade da Reserva de Biosfera.

7.- Cata comentada de produtos da Reserva.

Degustación de produtos locais.

A desenvolver durante os dous días da Exposición de

produtos.

8.- Andaina da Biosfera.

“A Ritmo de Marcha Nórdica”

En colaboración con asociacións do territorio. O

principal obxectivo é promover hábitos de vida saudables

entre a poboación.

9.- Visitas temáticas polo Concello

A desenvolver durante a fin de semana da Exaltación de

produtos da Reserva. En colaboración coa Oficina de

Turismo do Concello de Sada.

10.- Acto final de entrega de premios da Maratón

Ornitolóxica da Reserva de Biosfera.

A celebrar o 28 de maio, en colaboración co Grupo

Naturalista Hábitat.

O Concelleiro de Medio Ambiente de Sada, informa aos asistentes que esta programación está aberta

propostas novas, agradecendo á Xunta Directiva que o Concello de Sada teña a honra de centrar os actos de

aniversario da Reserva de Biosfera.

A este respecto Carlos Vales, propón unha reunión entre o Concello de Sada, O CEIDA e a Reserva de

Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, para planificar as actuacións e ver posibles melloras a

todos os actos programados.

5.3. LANZAMENTO DA ESCOLA DE NATURALISTAS RESERVA DE BIOSFERA.

Actividade única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos

elementos que compoñen a biodiversidade Galega, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.

Nela, ao longo dos diferentes bloques temáticos do curso, afondarase de xeito teórico e práctico nas

diferentes áreas e técnicas do naturalismo: botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, anelamento científico,

entomoloxía, herpetoloxía, odonatoloxía e fotografía da natureza; consolidando deste xeito un programa que

abrangue todos os aspectos necesarios para unha completa formación no eido ambiental.

Page 12: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 12 de 13

As actividades virán dirixidas por biólogos e expertos naturalistas, con ampla experiencia na divulgación e

formación ambiental.

Cada bloque temático será desenvolvido nunha xornada, en horario de mañá (clases maxistrais) e tarde

(saídas de campo), a razón dun bloque de contidos mensual, que combinará:

- Teoría: clases maxistrais de 1,5h, que serán levadas a cabo na Aula da Natureza de Crendes (Abegondo).

As charlas virán acompañadas por presentacións informáticas e material divulgativo para a súa optimización.

- Práctica: saídas de campo de 4 horas de duración estimada, visitando distintos espazos presentes na

Reserva de Biosfera, para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos e a mostraxe e catalogación in

situ da diversidade biolóxica presente na contorna natural.

Seleccionaranse un máximo 25 candidatos de entre todas as solicitudes achegadas, que conformarán a que

será a 1ª promoción de Escola de Naturalista na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do

Mandeo”. Habilitaranse diferentes medios de comunicación cos integrantes da Escola, co gaio de optimizar a

asistencia e participación, fomentando en todo momento o respecto polo medio natural nas saídas de campo e

o uso do transporte compartido.

Todas as actividades levadas a cabo contarán cos debidos permisos e autorizacións para o manexo de fauna e

flora, que serán solicitados á autoridade competente para a súa concesión. Así mesmo, minimizaranse os

riscos en todas as actividades e será solicitado un seguro de responsabilidade civil, para a cobertura médica

dos diferentes integrantes da Escola durante a realización das actividades.

Ao longo do desenvolvemento dos bloques temáticos tomarase rexistro da riqueza natural, facendo

inventario de especies dos diferentes enclaves visitados co gaio da súa publicación en comunicacións

científicas, de ser relevante, ou da súa utilización para o apoio de futuras declaracións de Espazos Naturais

de Interese Local no contorno da Reserva de Biosfera. Así mesmo, iranse publicando noticias referidas aos

resultados obtidos en medios dixitais, que poderán ser consultadas polo público interesado.

Rematado o curso, os asistentes recibirán un certificado acreditativo de asistencia e aproveitamento, no que

se reflictirán o número total de horas lectivas de formación, logotipos e firmas das entidades vinculadas na

xestión do curso, así coma outros datos pertinentes.

Dito certificado fortalecerá os Currriculums vitae dos asistentes, de cara futuras oportunidades laborais.

Colabora a Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta

de Galicia.

A representante do Grupo Naturalista Habitat informando aos asistentes que o prazo estará aberto ata o

venres 15 de abril, e que esta actividade consta de oito xornadas.

5.4. PROGRAMA “PLAN XUVENIL DA RESERVA DE BIOSFERA”: LIÑAS DE TRABALLO.

Obxectivos do Programa:

1.- Integrar nun mesmo Plan, diferentes Convocatorias que fomentan a educación non formal en distintos

campos, a innovación, o liderazgo da mocidade na elaboración de proxectos, así como o voluntariado e

formación na UE.

2.- Difundir os valores da Reserva e fomentar a educación e sensibilización medioambiental.

3.- Fomentar a colaboración entre axentes, establecendo un programa de actividades conxunto e coordinado,

que contribúa á consecución do Plan de Xestión da Reserva de Biosfera MCeTM.

4.- Promover a participación pública e o liderazgo da mocidade na elaboración de Programas xuvenís no

ámbito da Reserva de Biosfera.

Neste Plan Xuvenil da Reserva de Biosfera, inclúense diferentes Convocatorias de cara a mellorar a

conexión entre a mocidade e a figura da Reserva de Biosfera. As Programas que se inclúen neste Programa

son os seguintes: Iniciativa Xove 2016: “Proxecto Biosfera Xove”. - Voluntariado Xuvenil da Xunta de

Galicia. - Programa de mobilidade transnacional xuvenil “Galeuropa”. - Erasmus +. -

Voluntariado europeo.

Page 13: ASOCIACIÓN DESENVOLVEMENTO RURALmarinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/11/Acta-XD... · 2018-10-16 · luns 11 de abril de 2016, en convocatoria Única Ás 19:00 horas, no salÓn

Acta da reunión ordinaria da Xunta directiva do 11 de abril de 2016 Páxina 13 de 13

5.5. MARCA DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

a) Rexistro da marca: na actualidade os trámites para o rexistro da marca e logotipo ante a Oficina

Española de Patentes e Marcas (OEPM) están rematados. Ao longo deste mes de abril agárdase

recibir a notificación oficial definitiva do rexistro válido para 10 anos.

b) Adhesión de empresas: as primeiras empresas ás que se visitará para propor a súa adhesión á marca

serán as correspondentes cos pregos de condicións elaborados ata o momento (hortícolas, froita,

lácteos, marmeladas e viño).

Nos vindeiros días procederase á adhesión das primeiras empresas interesadas:

Frutas Geixade, S.C. (Abegondo); produción e envasado de amorodo e kiwi.

Orballo, S.L.L. (Paderne); produción e envasado de plantas aromáticas, especias e

infusións.

Da terra do país, S.L. (Miño); produción e envasado de pataca e cebola.

A curto prazo procederase a convidar á adhesión ás 6 adegas integradas na Indicación Xeográfica

Protexida Viño da Terra de Betanzos.

c) Custes da adhesión á marca: para a posta en marcha da marca cómpre implementar unha serie de

actuacións que teñen a súa repercusión económica. Entre estes gastos atópanse os custes de persoal

(trámites, asesoramento e formación, xestión, visitas e inspeccións a empresas, etc.), entrega de

etiquetas ás empresas, promoción e publicidade ou participación en eventos, etc.

Cando menos nos 2 primeiros anos de funcionamento da marca proponse que as empresas adheridas

non teñan que facer fronte a ningún tipo de custe, sendo asumidos pola Reserva de Biosfera.

d) Adaptación da imaxe da marca ao etiquetado: xa se teñen solicitado orzamentos a empresas

especializadas do sector para a impresión de etiquetas adhesivas. Nun primeiro momento prevense

dous tipo de etiquetas:

Etiqueta ovalada en tamaño 2.1x1.8 cm. con destino a kiwis, hortalizas de certo porte

(tomate, cabaciña,…) e envases de pequeno formato.

Etiqueta circular de diámetro 2.5 cm. para o resto dos produtos incluídas as botellas de viño.

En función dos orzamentos recibidos definiranse os acabados finais das etiquetas (cores, materiais ou

acabados).

6. SUXESTIÓNS E PREGUNTAS

6.1. A representante do Grupo Naturalista Habitat quere propoñer aos asistentes un medio para que

información fluyera entre todos os membros da Xunta Directiva.

6.2. SOLICITUDE ADHESIÓN SOCIO NO GDR MARIÑAS BETANZOS.

O día 11 de abril a Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL), solicitou a súa adhesión como socio

no GDR Mariñas Betanzos. O GALP ten como fins principais da Asociación: Promover o coñecemento das

técnicas de produción de froita e a mellora das mesmas, así como a súa adaptación ao ámbito xeográfico

galego; asesorar na posta en marcha de novas plantacións; promover programas de defensa fitosanitaria dos

cultivos de froita, orientados á redución do uso de praguicidas, empregando técnicas de control e

empregando a normativa de agricultura ecolóxica.

A Xunta Directiva aproba a adhesión de socio desta entidade, adherindose á mesa sectorial de “Sector

agrario, gandeiro, forestal e da madeira”.

Non se producen máis intervencións dándose por rematada a reunión ás 21.00 horas.

En Abegondo, a 11 de abril de 2016

A Secretaria Vº e prace O Presidente

Asdo.: Dna. Catalina Rodríguez Rodríguez Asdo.: D. José A. Santiso Miramontes