13
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016 OUTUBRO / NOVEMBRO / DECEMBRO 2016 Luns Martes Mércores Xoves Venres Sab Dom 24 outubro -Circular anunciando sorteo Xunta Electoral e explicando o proceso. 25 outubro -Sorteo público de integrantes da Xunta Electoral. 26 outubro -Envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral 27 outubro 28 outubro 29 30 31 outubro NON LECTIVO 1 novembro FESTIVO 2 novembro 3 novembro -Const. Xunta Electoral. -Aprob calend actuacións -Publicación censos -Escritos concello e ANPA. 4 novembro -Publicación das convocatorias. -Circular explicando o calendario de eleccións. -Empeza prazo presentación candidaturas e reclamacións censos. 5 6 7 novembro 8 novembro 9 novembro -Convocatoria 2ª reunión Xunta Electoral. -Convocatoria de claustro informativo 10 novembro 11 novembro -Remata prazo presentación candidaturas. 12 13 14 novembro -2ª Reunion X. Electoral: proclamación candidaturas, aprobación censos, papeletas, sorteo mesa electoral. -Claustro informativo 15 novembro -Comezo campañas electorais. -Circular informativa ás familias. -Envío de convocatoria de Claustro, -Ciitacións para a constitución das mesas electorais. -Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral. 16 novembro 17 novembro 18 novembro 19 20 21 novembro -Convocatoria 3ª reunión Xunta Electoral. 22 novembro 23 novembro 24 novembro 25 novembro -Circular lembrando votación. 26 27 28 novembro VOTACIÓN (*) -Pais e Claustro extraordinario 29 novembro VOTACIÓN (*) -Pais e Claustro extraordinario 30 novembro -3ª Reunión X. Electoral Proclamación candidatos. -Traslado documentación ao Xefe Territorial (Anexo I) 1 decembro -Convocar constitución Consello Escolar 2 decembro 3 4 5 decembro -Constitución Consello Escolar -Traslado documentación ao Xefe Territorial (Anexo II) 6 decembro FESTIVO 7 decembro 8 decembro FESTIVO 9 decembro 10 11 (*)Elixir un dos días, non ambos. Podería ser outro día sempre que se respecten os prazos establecidos. ASOCIACIÓN DE EQUIPOS DIRECTIVOS DA PROVINCIA DA CORUÑA A Senra, 33 (Cruz do Sar) 15165 Bergondo - A Coruña Web: http://aedacoruna.org Correo electrónico: [email protected] Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - CIF: G70088562

Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016 OUTUBRO / NOVEMBRO / DECEMBRO 2016 Luns Martes Mércores Xoves Venres Sab Dom

24 outubro -Circular anunciando sorteo Xunta Electoral e explicando o proceso.

25 outubro -Sorteo público de integrantes da Xunta Electoral.

26 outubro -Envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

27 outubro

28 outubro

29 30

31 outubro NON LECTIVO

1 novembro FESTIVO

2 novembro

3 novembro -Const. Xunta Electoral. -Aprob calend actuacións -Publicación censos -Escritos concello e ANPA.

4 novembro -Publicación das convocatorias. -Circular explicando o calendario de eleccións. -Empeza prazo presentación candidaturas e reclamacións censos.

5 6

7 novembro 8 novembro

9 novembro -Convocatoria 2ª reunión Xunta Electoral. -Convocatoria de claustro informativo

10 novembro

11 novembro -Remata prazo presentación candidaturas.

12 13

14 novembro -2ª Reunion X. Electoral: proclamación candidaturas, aprobación censos, papeletas, sorteo mesa electoral. -Claustro informativo

15 novembro -Comezo campañas electorais. -Circular informativa ás familias. -Envío de convocatoria de Claustro, -Ciitacións para a constitución das mesas electorais. -Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral.

16 novembro 17 novembro

18 novembro

19 20

21 novembro -Convocatoria 3ª reunión Xunta Electoral.

22 novembro

23 novembro

24 novembro

25 novembro -Circular lembrando votación.

26 27

28 novembro VOTACIÓN (*) -Pais e Claustro extraordinario

29 novembro VOTACIÓN (*) -Pais e Claustro extraordinario

30 novembro -3ª Reunión X. Electoral Proclamación candidatos. -Traslado documentación ao Xefe Territorial (Anexo I)

1 decembro -Convocar constitución Consello Escolar

2 decembro 3 4

5 decembro -Constitución Consello Escolar -Traslado documentación ao Xefe Territorial (Anexo II)

6 decembro FESTIVO

7 decembro 8 decembro FESTIVO

9 decembro 10 11

(*)Elixir un dos días, non ambos. Podería ser outro día sempre que se respecten os prazos establecidos.

ASOCIACIÓN DE EQUIPOS DIRECTIVOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

A Senra, 33 (Cruz do Sar) 15165 Bergondo - A Coruña

Web: http://aedacoruna.org Correo electrónico: [email protected]

Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - CIF: G70088562

Page 2: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

ELECCIÓNS A CONSELLOS ESCOLARES 2016

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral deCentros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (D.O.G. 04.10.16). -A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e 8 de novembro de 2016. -As eleccións celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016.

DATA ACTUACIÓNS luns 24 outubro

-Publicación no taboleiro de anuncios do Centro e envío de circular anunciando o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996, DOG do 09 de agosto).

martes 25 outubro -Sorteo público, ás ---- horas, para a designación dos integrantes da Xunta Electoral.

mércores 26 outubro -Envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral (Data de constitución: 3 de novembro)

xoves 3 novembro

-Primeira reunión da Xunta Electoral -Acto de constitución. -Aprobación do calendario de actuacións. -Publicación dos censos -Escrito ao Concello solicitando a designación do seu representante (Artigo 33 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 09 de agosto). -Escrito á ANPA solicitando a designación do seu representante (Orde do 22 de xullo de 1997, capítulo VII 3.2)

venres 4 novembro

-Publicación e envío das distintas convocatorias (profesores, país e persoal e administración e servizos). -Circular explicativa do calendario de eleccións. -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais) e das posibles reclamacións ao censo.

mércores 9 novembro

-Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral. -Envío de convocatoria de Claustro informativo (Artigo 35 do Decreto 92/1988).

venres 11 novembro -Remata o prazo de presentación de candidaturas.

luns 14 novembro

-Segunda reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación de candidaturas. Aprobación definitiva de censos electorais. Aprobación de modelo de papeletas, sobres...Sorteo público de designación dos membros das mesas electorais). -Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas. Relación de candidaturas. Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario).

martes 15 novembro

-Comezo das campañas electorais. -Envío de circular informativa aos pais do alumnado. -Envío de convocatoria de Claustro extraordinario. -Envío de citacións para a constitución das mesas electorais. -Envío de convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral.

venres 25 novembro -Envío circular lembrando ós pais a votación para a renovación do Consello.

luns 28 novembro ou martes 29 novembro

-Votación -Pais / nais / titores -Profesorado: Claustro extraordinario.

mércores 30 novembro

-Terceira reunión da Xunta Electoral: -Proclamación de candidatos electos. -Traslado á Xefatura Territorial das actas correspondentes e Anexo I.

xoves 1 decembro

-Convocatoria para a constitución do Consello Escolar (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril: “Convocar antes de 10 días”. Son días hábiles, non se computan domingos nin festivos, polo que a constitución do Consello podería trasladarse incluso a despois dos festivos de decembro).

luns 5 decembro

-Constitución do Consello Escolar -Designación dos membros da Comisión Económica. -Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres (Art. 126.2 da LOE). -Constitución da Comisión de Convivencia Escolar. (Art. 6º do Decreto 8/2015, do 30 de xuño).

-Traslado da documentación á Xefatura Territorial (Anexo II).

ASOCIACIÓN DE EQUIPOS DIRECTIVOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

A Senra, 33 (Cruz do Sar) 15165 Bergondo - A Coruña

Web: http://aedacoruna.org Correo electrónico: [email protected]

Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - CIF: G70088562

Page 3: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45663

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

No punto 6 do artigo 126 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educa-tiva, establécese que lles corresponde ás administracións educativas determinar o número total de membros do Consello Escolar e regular o proceso de elección. Ao abeiro do esta-blecido na disposición transitoria décimo primeira da LOE, dado que o dito artigo remite a ulteriores disposicións regulamentarias que aínda non foron ditadas, son de aplicación as normas dese rango que viñan sendo na data de entrada en vigor da LOE, sempre que non se opoñan ao disposto nela.

Pola súa parte, o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de go-berno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, e os decretos 324/1996, do 26 de xullo; 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro, establecen as condicións de celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes.

A Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, establece o procedemento de integración no Consello Escolar do profesorado, do alumnado e dos pais e nais do alumnado do primeiro ciclo da educación secundaria obriga-toria que curse estudos nun centro de primaria, e determina a composición dos consellos escolares dos institutos de educación secundaria con menos de oito unidades.

A Orde do 28 de agosto de 1996 pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados, establece que o dito procedemento se realizará de acordo co regulamentado nesa orde e que, nos aspectos non previstos nela, haberá que aterse ao establecido para os centros públicos no Decreto 92/1988, do 28 de abril, modificado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo.

CV

E-D

OG

: mjjd

yjx1

-0qi

1-pk

j7-z

m79

-po7

avcx

jjp21

Page 4: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45664

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Por corresponderlle no curso 2016/17 a renovación dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos, estas direccións xerais, en uso da autorización que figura na disposición derradeira primeira do Decreto 92/1988, do 28 de abril,

RESOLVEN:

Artigo 1

O obxecto desta disposición é fixar as datas para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar dos centros docentes sostidos con fondos públicos, así como ditar instrucións para o seu desenvolvemento.

Artigo 2

1. As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2016, ambos os dous incluídos. Non obstante, co fin de fomentar a participación de todos os sectores implicados, é desexable que, dentro das posibilidades de cada centro, a Xunta Electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes, de acordo co procedemento establecido.

2. A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 2 e 8 de no-vembro de 2016, ambos os dous incluídos.

3. De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da Xunta Electoral concretar o calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.

Artigo 3

Os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2015/16 levarán a cabo a primeira renovación do Consello Escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co ca-lendario xeral previsto no artigo 2 desta resolución.

CV

E-D

OG

: mjjd

yjx1

-0qi

1-pk

j7-z

m79

-po7

avcx

jjp21

Page 5: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45665

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 4

Para determinar os membros do Consello Escolar que deben ser renovados, terase en conta o establecido nos correspondentes decretos polos que se implantan os regulamen-tos orgánicos.

Artigo 5

1. As eleccións para a primeira constitución do Consello Escolar nos centros que inicia-ron o seu funcionamento no curso 2016/17 realizaranse entre os días 26 de outubro e 3 de novembro de 2016, ambos os dous incluídos. Non obstante, co fin de fomentar a participa-ción de todos os sectores implicados, é desexable que, dentro das posibilidades de cada centro, a Xunta Electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes:

a) Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria, de acordo coa Orde desta consellería do 21 de outubro de 1996.

b) Para os centros públicos integrados, no artigo 11 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro.

c) Para os centros públicos de ensino non universitario de características singulares, de educación especial e de educación de adultos, na Orde desta consellería do 29 de outubro de 1996, corrección de erros no DOG do 15 de novembro.

d) Para os centros privados concertados, na Orde desta consellería do 28 de agosto de 1996.

e) Para os restantes centros terase en conta o establecido nos correspondentes regu-lamentos orgánicos.

2. Nos centros a que se refire o punto anterior, a Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, constituirase entre os días 5 e 11 de outubro de 2016, ambos os dous incluídos.

Artigo 6

Os centros modificarán en cada renovación parcial o número de membros do Consello Escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.

CV

E-D

OG

: mjjd

yjx1

-0qi

1-pk

j7-z

m79

-po7

avcx

jjp21

Page 6: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45666

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Artigo 7

Aos membros integrantes da Xunta Electoral, das mesas electorais e aos electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Non obstante, o día ou os días en que teñan lugar as eleccións de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa non poderán ser declarados non lectivos.

Artigo 8

1. A acta do escrutinio da votación de cada mesa electoral, á cal se refire o artigo 50 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, na súa redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, farase segundo o modelo que se publica como anexo I a esta resolución.

2. De conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a Dirección do centro, como Presidencia da Xunta Electoral, unha vez proclamados os can-didatos e candidatas elixidos, dará traslado das copias das actas de cada mesa electoral ao xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Logo da constitución do Consello Escolar, a que se refire o artigo 52 do Decre-to 92/1988, do 28 de abril, a Dirección do centro remitirá ao xefe ou xefa territorial, antes do 20 de decembro de 2016, o informe de seguimento que se publica como anexo II a esta resolución.

Artigo 9

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez Director xeral de Centros

e Recursos Humanos

Manuel Corredoira López Director xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa

CV

E-D

OG

: mjjd

yjx1

-0qi

1-pk

j7-z

m79

-po7

avcx

jjp21

Page 7: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45667

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO I

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CERTIFICACIÓN DO ESCRUTINIO

CV

E-D

OG

: mjjd

yjx1

-0qi

1-pk

j7-z

m79

-po7

avcx

jjp21

Page 8: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

DO

G N

úm. 189

Martes, 4 de outubro de 2016

Páx. 45668

ISS

N1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww

.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO II

CVE-DOG: mjjdyjx1-0qi1-pkj7-zm79-po7avcxjjp21

Page 9: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno doscentros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).Corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril(DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996).

De conformidade coas competencias que en materia de educación ten atribuídas a nosaComunidade Autónoma en virtude do establecido no artigo 31 do Estatuto deAutonomía o presente Decreto desenvolve o preceptuado no título terceiro da LeiOrgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.O procedemento electoral para a designación dos órganos unipersoais e colexiados doscentros educativos, así como as competencias dos primeiros e a composición e funciónsdo Consello Escolar e do Claustro de profesores estaba regulada polo Decreto 107/1986,do 10 de abril. A experiencia acadada durante o período de vixencia e as múltiplescuestións que houbo que resolver na aplicación desa normativa, aconsellan proceder áadaptación e modificación do Decreto 107/86 co fin de conseguir unha lexislación máiscompleta e eficaz no eido da administración educativa.Tendo en canta que as modificación que se efectúan afectan a numerosos artigos doDecreto 107/1986, e que resulta máis operativo que esta materia estea regulada nunhasoa disposición legal, procédese á derrogación do Decreto antes citado, tendo asícarácter unitario a nova normativa que agora se dita.Na súa virtude, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro,reguladora da Xunta e do seuPresidente, e a proposta do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logode deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de abrilde mil novecentos oitenta e oito.

DISPOÑO:(Segundo o establecido na disposición derrogatoria do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que seaproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto), quedanderrogados os artigos desde o 1 ó 28, ámbolos dous incluídos, deste Decreto).

Procedemento de elecciónArtigo 29.- (Artigo redactado conforme ao Decreto 279/1990, do 27 de abril; DOG do 17 de maio).O procedemento de elección dos membros do Consello Escolar dos centros públicosdesenvolverase no primeiro trimestre do curso académico que corresponda, e dentro doperíodo lectivo. A data de celebración das eleccións será fixada, con un mes deantelación, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.O proceso de elección do director e a designación do equipo directivo deberá quedarcerrado na última semana de xuño do curso académico que corresponda.Artigo 30.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do

9 de agosto)."A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do ConselloEscolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datasque fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que esteará integradapolo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titorlegal, un representante do persoal de administración e servicios, e, de se-lo caso, unalumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteopúblico no que se preverá a designación de membros suplentes."Artigo 31.- Serán competencias da citada xunta:

Page 10: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nomeapelidos dos electores.b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presenteRegulamento.c) Ordena-lo proceso electoral.d) Admitir e proclamar candidaturas.e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á DelegaciónProvincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Artigo 32.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"1. Son electores e elixibles tódolos membros da comunidade escolar, pero cadamembro soamente poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.2. 0 prazo de admisión de candidatos non será inferior a sete días.3.Pechado o prazo de admisión de candidatos, a xunta electoral fará publica aproclamación de candidatos.4. Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous díasseguintes. A xunta electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisiónpoderá interpoñerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegadoprovincial da Consellería de Educación e O. Universitaria."Artigo 33.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"Na primeira constitución, e sempre que se produza unha renovación parcial, a xuntaelectoral solicitará do concello no que estea situado o centro, a designación dunrepresentante para formar parte do Consello Escolar."

Elección dos representantes do profesoradoArtigo 34.- Os representantes do profesorado no Consello Escolar do centro seránelixidos polo Claustro de entre os membros do mesmo que fosen prodamados polaxunta electoral.O voto será directo, secreto e non delegable.Artigo 35.- 0 director do centro procederá a convoca-lo Claustro, para dar lectura ásnormas deste Regulamento no relativo ó procedemento de elección dos representantesdos profesores no Consello Escolar, así como á relación de candidatos proclamadoscomo tales pola xunta electoral. Nesta sesión fixarase a data de celebración do Claustro,de carácter extraordinario, que terá como único punto da orde do día a elección derepresentantes dos profesores no Consello Escolar.Artigo 36.- Nesa sesión do Claustro extraordinario constituirase unha mesa electoralintegrada polo director do centro, que actuará como presidente, os profesores de maior emenor idade, actuando este último de secretario.Artigo 37.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"Cada profesor ou profesora fará constar na súa papeleta un máximo dun, dous, tres,catro ou cinco nomes da lista de candidatos segundo corresponda a renovación demenos de tres, tres, catro, cinco ou mais de cinco profesores respectivamente. Seránelixidos os profesores e profesoras con maior número de votos. Se na primeira votaciónnon resultase elixido o número de profesores e profesoras que corresponda, procederase

Page 11: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

a realizar no mesmo acto sucesivas votacións ata alcanza-lo dito numero, sen prexuízodo disposto no artigo 53."

Elección dos representantes dos paisArtigo 38.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou osrepresentantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillosescolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido correspóndelle ó pai e a nai, ou,se é o caso, ós titores legais."Artigo 39.- A elección producirase ente os candidatos admitidos e proclamados comotales pola xunta electoral. Para este efecto constituirase unha mesa electoral integradapolo director do centro, que actuará como presidente, e catro pais ou titores legais,designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos, actuandocomo secretario o de menor idade. A Xunta deberá preve-lo nomeamento de suplentes,designados tamén por sorteo.A mesa electoral encargarase de presidi-la votación, conserva-la orde, velar pola purezado sufraxio e realiza-lo escrutinio.Artigo 40.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dosalumnos matriculados no centro, propostos por cada unha das asociacións de pais dealumnos existentes no mesmo ou avalados para iso pola sinatura de 10 electores.Artigo 41.- O censo electoral deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro con10 días, alomenos de anticipación á data fixada para o acto electoral, para acomprobación e posible reclamación por parte de pais e titores legais dos alumnos.Artigo 42.- (Redactado conforme ó establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que deberá acreditala súapersonalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade oucalquera outro documento acreditativo, fará constar na súa papeleta un, dous ou tresnomes da lista de candidatos e candidatas, segundo corresponda elixir menos de tres,tres ou mais de tres, respectivamente."

Elección dos representantes dos alumnosArtigo 43.- (Redactado conforme ó establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"1. Tódolos alumnos e alumnas de educación secundaria matriculados no centro sonelectores e todos poderán ser elixidos membros do Consello Escolar, coas atribuciónque lles corresponden ós seus membros; non obstante, os alumnos e alumnas doprimeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria non poderán participar na elecciónnin no cesamento do director ou directora.2. Os alumnos e alumnas de educación primaria poderán participar no Consello Escolarnos termos que se estableza no correspondente Regulamento orgánico de escolas deeducación infantil e dos colexios de educación primaria."Artigo 44.- A mesa electoral estará integrada polo director do centro, que actuará comopresidente, e dous alumnos designados por sorteo, actuando como secretario o alumnode menor idade.A Xunta electoral deberá preve-lo nomeamento de suplentes, designados tamén porsorteo.

Page 12: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

Artigo 45.- (Redactado conforme ó establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector fará constar na súa papeletaun, dous ou tres nomes da lista de candidatos segundo corresponda elixir menos de tres,tres ou mais de tres, respectivamente."Artigo 46.- Poderán actuar como supervisores da votación os alumnos que sexanpropostos por cada unha das asociacións de alumnos existentes no centro ou avaladospola sinatura de dez electores.

Elección dos representantes do Persoal de administración e serviciosArtigo 47.- 0 representante do persoal de administración e servicios será elixido, candocorresponda polo persoal que realiza no centro funcións desta natureza, sempre queestea vinculado a mesmo por relación xurídica, administrativa ou laboral, tendo todo opersoal que reúna os requisitos indicados a condición de elector ou elixible, debendo, entodo caso presenta-la oportuna candidatura perante a xunta electoral.Artigo 48.- Para a elección do citado representante constituirase unha mesa electoralintegrada polo director, que actuará como presidente, o secretario do centro e o membrodo citado persoal de maior idade.Artigo 49.- 0 voto será directo, secreto e non delegable, facendo constar na papeleta onome da persoa á que se Ile outorga a representación.Nos centros docentes nos que exista un só membro correspondente a este sector quedaráautomaticamente integrado no Consello Escolar.

Finalización do procedementoArtigo 50.- (Redactado conforme ó establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do9 de agosto).

"Cada mesa electoral, unha vez finalizada a votación correspondente, procedera óescrutinio dos votos, que será público. Logo de efectuado, redactarase unha acta, queasinarán tódolos membros da mesa, na que se farán consta-los representantes elixidos,co numero de votos alcanzado por cada un e os nomes de tódolos non elixidos, conespecificación dos votos obtidos en cada caso, para efectos de posibles substituciónsfuturas dos candidatos proclamados.Os empates que se puidesen producir en numero de votos dirimiranse en favor dos queposúan maior antigüidade no centro e, en caso de igualdade, a elección dirimirase porsorteo.Darase traslado das actas a xunta electoral do centro."Artigo 51.- Unha vez recibidas as actas, a xunta electoral do centro procederá áproclamación dos candidatos elixidos, dando traslado da copia das mesmas ó DelegadoProvincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince díasreclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e OrdenaciónUniversitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.Constitución do conselloescolar do centroArtigo 52.- 0 Consello Escolar constituirase, logo da convocatoria dos seus membrospolo director do centro, dentro dos 10 días seguintes á proclamación dos candidatoselectos.Artigo 53.- A falta de representantes dalgún dos sectores da comunidade escolar, porcausas imputables a eles, non invalidará a constitución do Consello Escolar.

Page 13: Asociación inscrita co número: 2007/010180(AC) - Web oficial do … · 2016-10-24 · -Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores . ... Art. 6º do Decreto

Artigo 54.- (Derrogado segundo o establecido na disposición derrogatoria do Decreto 324/1996, do 26de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, DOG do 9

de agosto).Artigo 55.- (Redactado segundo o establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9de agosto).

"1. Os membros electivos do Consello Escolar do centro renovaranse por metades deforma alternativa cada dous anos.2.As baixas de conselleiros que se produzan antes da expiración do prazo para ocupa-lapraza para a que foron elixidos por deixar de reuni-los requisitos necesarios parapertencer ó Consello Escolar ou por calquera outra circunstancia, producirán unhavacante que será cuberta polos candidatos seguintes de acordo co numero de votosobtidos. Para estes efectos utilizarase a lista da última renovación parcialindependentemente de que a vacante que se vai cubrir corresponda a unha renovaciónparcial anterior. No caso de que non houbese candidatos para cubri-la vacante, quedaríasen cubrir ata a próxima renovación do Consello Escolar.3. As vacantes que non fosen cubertas dotaranse mediante elección na seguinterenovación parcial. As vacantes que se produzan a partir do mes de setembro anterior acalquera renovación parcial cubrirase na dita renovación e non por substitución.4. No caso de que nunha renovación parcial haxa vacantes que pertenzan a renovaciónparcial anterior, os postos da renovación actual cubriranse cos candidatos mais votadose as vacantes, cos seguintes en numero de votos. Estas últimas renovaranse na seguinteelección parcial."

Artigos 56-61 e Disposicións adicionais (Derrogados segundo o establecido na disposiciónderrogatoria do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos

institutos de educación secundaria. DOG do 9 de agosto)

Disposicións transitoriasPrimeira.- Mentres non se aproben os cadros de persoal dos centros de EducaciónPreescolar e Educación Xeral Básica, a adscrición do profesorado ós distintos ciclos eáreas será competencia do director do centro, tendo en conta criterios de especialidade,titulación, antigüidade e continuidade no ciclo ou departamento.Segunda.- Aos órganos unipersoais nomeados ó abeiro do establecido no Decreto107/86, do 10 de abril, non lles será de aplicación o previsto no artigo 19° e) do presenteDecreto, podendo continuar no desempeño dos seus cargos ata o termo dos tres anospara os que foron nomeados.

Disposición derrogatoriaQueda derrogado o Decreto 107/86, do 10 de abril, polo que se regulan os órganos degoberno dos centros públicos de ensino non universitario e tódalas disposicións de igualou inferior categoría que se opoñan ó establecido no mesmo.

Disposicións derradeirasPrimeira.- Autorízase á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria paradictar tódalas disposicións que sexan precisas para o desenvolvemento e execución dodisposto neste Decreto.Segunda.- Este Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no DiarioOficial de Galicia.Santiago de Compostela, vinteoito de abril de mil novecentos oitenta e oito.Fernando Ignacio González Laxe. Presidente