14
Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís Que é ASAFA: dossier explicativo (Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia número 2014/018124) Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

Asociación Sociocultural - exherbon.org · Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís ... En colaboración coa Fundación Convento de Herbón. 2. Edición do libro

Embed Size (px)

Citation preview

Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís

Que é ASAFA: dossier explicativo

(Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia número 2014/018124)

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

2

Contido:

Antecedentes

A asociación ASAFA

Actividades desplegadas

O voceiro da páxina web

Seccións e áreas de traballo

1. Música

2. Memoria

3. Padroado

4. Formación

Orzamentos

Bibliografía básica

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

3

Antecedentes

O convento franciscano de Herbón (https://www.youtube.com/watch?v=lKutrplqYQk&t=4s)

garda sete séculos de historia e arte pois foi fundado en 1396. Pero foi tamén o gran

centro franciscano de formación. De feito, foi colexio de misións (1701-1835),

Seminario Menor Diocesano tras a exclaustración (1865-1884) e Seminario Franciscano

(1891-1994).

Ademais da súa dedicación á vida de retiro "na máis ríxida observancia", o seu

principal labor foi o de centro de formación de futuros frades franciscanos.

Tan só desde 1950 ata o seu peche en 1994, polas aulas do colexio de Santo Antonio de

Herbón pasaron polo menos 1.500 alumnos, de acordo coas listaxes (parciais)

publicadas na páxina web dos exalumnos, e case un cento de profesores, todos eles

frades franciscanos, na súa maioría con formación especializada nas materias que

impartían (materias dos antigos Bacharelatos elemental e superior, 3+2 anos).

Non é de estrañar, pois, que as relacións dos exalumnos co Convento de Herbón

consolidáranse sobre todo tras 15 Encontros Anuais consecutivos (a maioría en

Herbón), numerosas reunións parciais, a posta en marcha en Internet dunha páxina

monográfica dos exalumnos (www.exherbon.org) coas súas redes sociais, a habilitación

dun grupo específico na rede social Facebook, a reactivación da Asociación

Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA) e, con motivo do ano

franciscano 2014, a promoción de varias iniciativas conmemorativas, entre elas un

encontro de corais, a exposición itinerante de beléns "De Asís a Compostela" ou a

edición dun libro rememorando como era o seminario nos anos 50, "El Tiempo de la

Memoria", do exalumno J. Ramón Rey García.

Estas actividades continuaron no 2016, nesta ocasión coa edición do libro "Herbón na

lembranza", do exalumno José Luis Rivas Guisado, e tamén coa actividade formativa

"Escola de Verán Herbón 2016" sobre como artellar un plan de comunicación en

Internet / aprendizaxe web.

Existen, pois, unhas relacións fluídas entre o movemento dos exalumnos (nucleado

arredor da asociación ASAFA) e os franciscanos, singularmente coa comunidade de

Herbón, á que se presta axuda e colaboración sempre que así se require.

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

4

A asociación ASAFA

O 14 de xaneiro do 2014 quedou inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de

Galicia co número 2014/018124 a Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco

de Asís (ASAFA), con sede e enderezo no Convento de Santo Antonio, rúa Rego da

Manga, número 55, Herbón, 15915-Padrón (A Coruña). É unha continuidade

(actualizada) da "Asociación Amigos de San Francisco de Asís", legalizada en 1993

(http://www.exherbon.org/estatutos.html).

A anovada asociación inicialmente estaba rexida por unha xunta directiva provisional

que presidía Roxelio González Escaleira, quen estaba acompañado por Ricardo Seguín

(vicepresidente), Xoán David Martínez (secretario), Xoán M. Carpintero (tesoureiro), e

os vogais Xoán Donoso Valdivieso, Henrique R. Lista, Baldomero García Boto e Xoán

Ramón Martínez Vecino.

Unha das finalidades da Asociación era asumir, entre outros, todos os gastos posibles na

preparación dos Encontros Anuais, fixado no 2017 para o 5 de agosto en Herbón,

ademais de outras actividades máis socioculturais que se desenvolvan, mentres que a

cota de asociado quedou fixada inicialmente en 10 euros ao ano pagadeiros na conta da

Asociación no Banco Popular/Pastor número 0238 8202 08 0601072578.

A nova (actual) Xunta Directiva elixida na súa primeira asemblea xeral celebrada en

Herbón o 13 de xuño do 2014 quedou conformada do seguinte xeito: Presidente:

Ricardo Seguín (Ourense); Vicepresidente: Luis Cristobo (Santiago); Secretario: Xoán

David Martínez (Tui); Tesoureiro: Xoán M. Carpintero (Muros); Vogais: Orde

Franciscana: Enrique Roberto Lista (Betanzos); Castela: Juan Donoso Valdivieso

(Valladolid); Galicia: Xoán M. Vecino (Padrón).

O día 13 de xuño do 2016 celebrouse a festa-romaría de Santo Antonio, que incluíu

misa solemne, procesión, aperitivos no claustro e posterior xantar de irmandade no

refectorio dos alumnos.

Unha vez terminado o xantar (sobre as 17 horas), celebrouse unha nova Asemblea Xeral

Ordinaria da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA). A

orde do día foi a seguinte:

1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede;

2. Informes das actuacións realizadas e das proxectadas (presidente): pros e contras da

participación na Fundación Convento de Herbón;

3. Debate e votación do ingreso de ASAFA no Padroado da Fundación;

4. Informe do estado de contas (tesoureiro);

5. Rogos e preguntas.

O principal acordo acadado foi a participación directa da asociación ASAFA no

Padroado da Fundación Convento de Herbón. A asociación está representada no

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

5

Padroado polos exalumnos e socios de ASAFA Ánxel Rañón Pimentel (curso de 1968),

Xoán Ramón Martínez Vecino (curso de 1975) e a socia Ana María Ramos Ferreirós.

Actividades desplegadas por ASAFA

Nesta mesma Asemblea Xeral tamén se deu conta das principais actividades

desenvolvidas pola asociación ASAFA, entre elas:

1. Encontro Anual de Exalumnos 2014 en Santiago, ao que concorreron 300 persoas.

2. Instalación do retábulo conmemorativo feito adrede pola pintora Raquel Clemente na

igrexa de San Francisco de Santiago.

3. Edición do libro "El Tiempo de la Memoria", do exalumno J. Ramón Rey García, que

narra a súa estancia e vivencias con compañeiros, profesores e frades entre 1955-1960.

4. Encontro de Corais "Música Conventual Franciscana", na que participaron catro

agrupacións na igrexa de San Francisco de Santiago. Co patrocinio da Secretaría Xeral

de Turismo da Xunta de Galicia.

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

6

5. Exposición itinerante de beléns "De Asís a Compostela", que percorreu as localidades

de Sarria, Portomarín, Ourense e Santiago a finais de 2014 e comezos do 2015. Co

patrocinio da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

Asimesmo, tamén se acordan os principais proxectos a levar adiante no 2016, que

nomeadamente son:

1. Posta en marcha da "Escola de Verán Herbón 2016" sobre como artellar un plan de

comunicación en Internet / aprendizaxe web, un curso de 20 horas lectivas ao que

asistiron dez alumnos. En colaboración coa Fundación Convento de Herbón.

2. Edición do libro "Herbón na Lembranza", do exalumno José Luis Rivas Guisado,

que recupera a memoria histórica do seminario franciscano nunha época clave, 1947-

1951, os anos da fame.

3. Homenaxe a frei Hipólito Barriguín, arquiveiro da Provincia Franciscana de Santiago

e último morador do convento de Castroverde de Campos (Zamora), cun encontro neste

pobo ao que asistiron máis dun cento de persoas, e a edición dun vídeo conmemorativo

(https://www.youtube.com/watch?v=P7t5N72n0vU).

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

7

O voceiro da páxina web e redes

A promoción e divulgación de todas as actividades que desenvolve a asociación

ASAFA faise a través dunha páxina web propia (www.exherbon.org), que contabiliza un

mínimo de 500 visitantes únicos ao día (máis de 15.000 ao mes).

Unha páxina que, aínda que moi sectorial, está aparellada coas redes sociais Facebook,

Twitter, Youtube e Flikr, co fin de espallar mellor as novas que se publican na web.

Nesta páxina web pode atoparse cumprida información e testemuñas gráficas de todas e

cada unha das actividades desplegadas pola asociación.

Seccións e áreas de traballo

Para o seu mellor desenvolvemento práctico a asociación sociocultural ASAFA ten

artelladas na actualidade (2017) catro seccións ou áreas temáticas que constitúen outros

tantos eixes de interese.

Estas seccións son as de Música, Memoria, Padroado e Formación.

1. Música

A sección de Música aparece artellada a través da Schola Cantorum Herbonensis,

integrada por exalumnos, unha Schola que ten como referente fundamental ao Padre

Manuel Feijoo, quen foi profesor en Herbón na década dos 50 e posteriormente creador,

director e compositor do afamado orfeón santiagués "Terra Nosa".

Alumnos seus e hoxe mestres son, entre outros, Alfredo Vega, Anxo Viro, Manolo

Rico, Domingos Barreiro e Xosé Luis Reza, que recibiron unha homenaxe de

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

8

recoñecemento en 2015 no decurso do XIV Encontro Anual, e que hoxe son os

principais titores e animadores desta sección. Algunhas actividades desenvolvidas:

2. Memoria

A colección "Scriptorium, os papeis de Herbón" está destinada a rescatar a memoria

histórica dos máis de 3.000 alumnos que tivo o colexio seráfico de Herbón durante o

século XX. Pero non só a memoria histórica senón tamén unha educación sentimental.

Esta recuperación faise coa publicación de libros. O coordenador desta área é o

xornalista Luis Cristobo, tamén responsable da páxina web e redes. Algúns exemplos:

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

9

3. Padroado

A socia Ana María Ramos Ferreirós e os exalumnos Ánxel Rañón Pimentel (curso de

1968) e Xoán Ramón Martínez Vecino (curso de 1975) son os representantes da

Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís (ASAFA) no Padroado da

Fundación Convento de Herbón, segundo se acordou na asemblea xeral ordinaria de

xuño 2016.

Nesta asemblea decidiuse maioritariamente participar con voz e voto nos futuros

proxectos que atinxan a este complexo franciscano, para o que se barallan xa a creación

dun museo, a habilitación dun salón de actos (xa feito) e a posta en marcha dun albergue

xuvenil da pastoral franciscana.

Por parte dos exalumnos proponse habilitar unha página web con dominio propio

(www.franciscanosherbon.org) destinada a divulgar a historia do convento, a súa

realidade actual, eventos e actividades.

E, por outra banda, contémplase a creación dun museo estable que sirva para explicar os

sete séculos de historia, na que se encontran os 100 años dos exalumnos.

Constituiría, ademais, unha excelente introducción a unha visita guiada ás instalacións

do convento.

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

10

4. Formación

Do día 12 ao 16 de xullo 2016 celebrouse en Herbón o curso de aprendizaxe web

“Internet, Blogs, Páxinas, Redes Sociais e Plan Social Media” (20 horas presenciais),

unha actividade da Escola de Verán 2016 dirixida expresamente aos exalumnos.

Queres adquirir competencias dixitais que te axuden no teu desenvolvemento persoal e

profesional? Esperámoste! Xa está aberto o prazo de inscripcións, e non precisas máis

coñecementos ca os de ser un usuario normal da informática e de internet.

O curso celebrouse na Sala dos Arcos do Convento de Santo Antonio de Herbón que,

coa participación de dez alumnos, retoma as súas actividades con esta Escola de Verán,

á que seguirán outras iniciativas en anos vindeiros. Coordena esta área o profesor e

xurista Armando Isorna Santiago.

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

11

Orzamentos

O presuposto anual da asociación ASAFA sitúase arredor dos 3.000,00 euros en

concepto de cotas ordinarias dos socios (300 asociados), epígrafe ao que hai que engadir

donacións, subvencións e voluntariado para actividades moi concretas.

Con cargo a este presuposto ordinario a asociación dotouse dunha completa equipa de

son e un aparello de TV plana, elementos básicos dos que se serve tanto para unha

correcta celebración de reunións como para desenvolver actividades formativas e de

divulgación.

Todos estes elementos encóntranse físicamente na sede do convento de Santo Antonio

(onde se desenvolven habitualmente as actividades e reunións), mentres que a xestión

ordinaria da asociación faise de maneira telemática por parte da xunta directiva.

O número da T.I.F. da asociación ASAFA é: G70404157.

A conta encóntrase no Banco Popular/Pastor número 0238 8202 08 0601072578.

O coordenador da área económica e loxística é o tesoureiro da asociación, Juan Manuel

Carpintero Rama. (Na foto, Tarxeta de Identificación Fiscal).

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

12

Bibliografía básica

-Herosa, fray Antonio de. Memorial de las cosas notables de este colegio de Herbón. Editorial El Eco

Franciscano, Santiago 2013 (+2 tomos de anexos). (611 páxs. tomo 1).

-Blanco, Ramón. El colegio de misioneros de Herbón a través de los siglos. Lugo, 1925.

-Álvaro López, Milagros. El convento de San Antonio de Herbón. Tesina de licenciatura, Santiago 1979.

-Calvo Moralejo, Gaspar. Lección y recuerdo de un centenario. El colegio seminario de Herbón (1891-

1991). Herbón, 1991.

-Soto, fray José Luis. Convento de Herbón. En "Gran Enciclopedia Gallega", t. 17 (1974), págs. 83-87.

-Carbajo Núñez, fray Martín. El convento de Herbón: Seis siglos de historia y arte. Herbón, 1994 (45

págs.)

-Rey García, J. R. El Tiempo de la Memoria. Exherbon.org, Herbón, 2014.

-Rivas Guisado, J. L. Herbón na lembranza. Exherbon.org, Herbón, 2016.

-Páxina web de ASAFA e exalumnos: http://www.exherbon.org/

-Vídeo panorámico: https://www.youtube.com/watch?v=lKutrplqYQk&t=4s

-Visita virtual en 3D: https://goo.gl/KqnsOG

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

13

ASAFA dossier

Convento de Santo Antonio │ Rego da Manga 55, Herbón │15915-Padrón (A Coruña, España) │ Tel. 981 811 779│ www.exherbon.org

14

Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís

(Dossier 2017)