91
Salvador Cidrás, ARCO 2002 CONSELLO DA CULTURA GALEGA NA REDE cultura galega.org ATRAPADE O MENSAXEIRO por Xosé Manuel Lens

ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Salvador Cidrás, ARCO 2002

CONSELLO DACULTURA GALEGAN A R E D E

culturagalega.org

ATRAPADEO MENSAXEIROpor Xosé Manuel Lens

Page 2: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Xosé Manuel Lens (Compostela, 1972) é licenciado en Historia da Arte.Crítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos LibrosNovos, tamén foi Redactor xefe da revista Arte y parte e desde o ano2002 publica semanalmente comentarios de exposicións na súa sección"Atrapade o mensaxeiro" do portal de internet Culturagalega.org. É secre-tario da Asociación Galega de Críticos de Arte e na actualidade traballana Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega.

USC USC
Foto: Roberto Ribao
Page 3: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

ATRAPADEO MENSAXEIROpor Xosé Manuel Lens

publicado por culturagalega.orgpara o Consello da Cultura Galega

http://www.culturagalega.org/colaboracion.php?id=1

COLECCIÓN LIBROS NA REDE. N.1

Page 4: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Liberade o mensaxeiropor Marta PérezCorpos en movementoUn medio non é a mensaxe (quedou vello MacLuhan) como isto non é un prólogo (tan vixente Magritte). Émáis ben unha medición de temperatura, o uso dun termómetro: nun soporte frío, a pantalla coas súasteimas de malicia artificial transmite unha mensaxe eminentemente quente.

Mensaxes que fervenDenunciaba Susan Sontag hai xa unha chea de anos que nesta era da máxima reproductividade técnicaas condicións de vida atordoan as capacidades sensoriais. Agroman así lecturas desapaixonadas sobre apaixón mesma. Aparece a interpretación como resposta, o intentar reproducir, explicar o-que-che-quere-dicir o artista, as posicións da ollada cenital, que xulga e presupón, que ilustra dende arriba, transcribindoa mensaxe para ignorantes. Acontece, sen embargo, de cando en vez, non moitas, que unha electricidade percorre a espiña e precisasrozar sen presa os lombos dos libros dos andeis, premer o botón prohibido dunha alarma (xusto debaixoda caveira ameazante), abrazar un mármore sen pulir coas mans como burís, as unllas executoras,rabuñar un óleo, esgazar un anaco de madeira, nadar e beber no mercurio dos móbiles de Calder (36ºC).Será o privilexio dos iletrados achegarse á arte dende o corpo, de xeito que escoe o sangue que formadeltas nas veas. Pero non sempre o sangue burbulla preto dos obxectos desexados (porque é desexo, denovo Sontag) e precisamos dun mensaxeiro que nos conduza polas salas inmensas da sensación.

A voz / as vocesO mensaxeiro solicita que o apreixemos, porque el tamén cre no corpo. Actúa coma canle entre nós e asimaxes pero cada palabra di máis, está escrita como se as novas tecnoloxías permitisen impresionar o vivi-do sobre a pantalla. Recibimos a pegada dunha mensaxe non bidimensional, na que a electricidade que asoporta tamén é contido. O mensaxeiro ten unha voz en escalas que recrea unha linguaxe única. A proximidade das súas palabrasafástannos dos trípticos estrañamente historicistas e rotundos. Provee un contexto, unha localización parao viaxeiro (lugar e hora de saída) e comeza o periplo do heroe pola autoestrada galega (ese universo) conserpes, caracois ou tartarugas (os animais nos soños son a angustia, a viaxe non ten porque ser fácil).Animais lentos que permiten o vagar na ollada.O mensaxeiro invita á viaxe tamén. Convertiranos en Paco Martínez Soria polas rúas de Madrid ou enflanêurs no lousado de cidades pequenas. É imposible substraerse do seu entusiasmo, do lust (non atopotermo máis concreto no galego, buscade no diccionario) pola paisaxe, dentro e fóra do museo, escenarioque cuestiona, que mide coas mans na esperanza de que naza o seu contrario: a antinstitución, oantimuseo.Por veces, pide que pouses a túa ollada sobre as cousas e insire a túa voz entre o que non podes tocar,o sagrado, establecendo unha democracia do gusto impensable nos medios canónicos. Micro e amplifi-cador para os teus ollos.

Obxectos adoradosHermes, o dos pés alados, non dá puntada sen fío, que diría Homero. Tampouco este mensaxeiro dosdeuses deixa escapar nada que percibir co corpo. Dos telderetes da arte, tal e como desacraliza o seumercado, pouco hai quen fuxa, por máis que a súa tendencia é o aquí e agora, os anxos máis novos. Oúnico non estrictamente "contemporáneo", así etiquetable e como etiqueta, son Piranesi e Reboredo, fotó-grafo de aldea. Pero nesta escolla tamén existe a transgresión da súa viaxe ata obxectos perfectamentesituables en salóns de tapetes de ganchillo e recordatorios de alpaca. Ó lado do altar, a foto dos avós e o"debuxiño" de Roma. Porque o mensaxeiro zigzaguea no seu voo entre a fast food de coca-cola e vespa e a nouvelle cuisine deBeckett e Friedrich. Do máis camp a unha delicadeza corte imperio.

Fin de viaxeO percorrido polas 55 probas do heroe remata, pero non así a súa viaxe. Decidimos liberar o mensaxeiroa cambio da nosa alma. Non o perderemos de vista, sen embargo: iremos en caravana detrás do seucoche como o perseguidor de Humbert Humbert na procura da beleza imposible de Lolita.

Page 5: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Antón Lamazares evidénciase como un dos pintores máis interesantes dopanorama galego actual, desprende unha ollada irónica que se refresca encada unha das súas exposicións, nesta da galería santiaguesa SCQ, presentaas súas últimas obras, baixo o rotundo epígrafe "O libro dos Jueces".

Lamazares presenta un percorrido pola pintura, comezando a finais dos setenta, pero, sobre todo e para sem-pre, identificado co movemento e sentimento "Atlántica". Unha vocación artística que opta polo carácterexpresionista, de trazos que perfilan figuras e personaxes que existen desde a burla, desde o sarcasmo e omaldizer.

A pintura da expresiónA súa é unha aposta pola pintura da expresión, pero, á diferencia doutros compañeiros de xeración queapostan desde a figuración, Lamazares faino desde un achegamento ó territorio galego, ó espacio exterior,diseccionando a humidade, o choro da paisaxe, os berros da chuvia e o silencio da terra labrada. PorqueAntón existe sempre gracias ó lugar, nunha ollada atlántica da que non só non foxe senón que acepta desdeo "plein air" dun expresionismo voraz. Así, fai retratos como paisaxes, e vicerversa, captura leiras comoglosas do noso ordenamento minifundista, como pequenos poemas, de pluralidade de texturas e cores, cam-pos e caracteres da súa Deza natal.A paisaxe do íntimoO actual prende como unha novidade de propostas, continuando cunha linguaxe de naturezas preñadas deverdes como berros de expresión, negros como noites e azuis como brétemas, vermellos como linguas. Porqueagora o interese segue a recaer na paisaxe, pero naquela do fragmento, non nas leiras minifundistas, senón nosepisodios das paisaxes aéreas, das liñas de horizontes, de árbores esbozados e desfigurados nun aire lixeiro,como de primavera. Esta mostra, titulada "Os libros dos Jueces" -en clara referencia a unha das partes máissignificativas da Biblia- presenta máis que referencias relixiosas directas, esbozos literarios, que se describen ennovas obras onde a paisaxe semella máis un sentimento que unha realidade. Lamazares consegue facer latexaro natural, desde unha ollada do interior, centrifugando o exterior, representado por escenas de superfices ver-mellas como pedras baixo o sol, cando a matanza do porco desprende a sangue, purificadora e devota, e caena terra, unindo principio e fin, home e terra.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

18 de xuño de 2002

Cando murmuraa paisaxe

Page 6: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Vicente Blanco, fornada da facultade pontevedresa, amosa unha miradalimpa, como síntese, nas súas últimas obras, que agora se presentan nagalería ourensá Marisa Marimón, ata o próximo 31 de xullo.

Vicente Blanco preséntase, dentro da xeración de artistas nacidos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra,como unha das propostas máis interesantes, como as de Manuel Vázquez ou Álvaro Negro, que puidemosseguir ó longo detes anos en numerosas colectivas. A súa aposta é pola pintura e a fotografía como tenteo,para rematar traballando en continua vinculación coa linguaxe da videoarte.

Luces de artificioVicente Blanco pensa sempre en imaxes, en referentes que o trasladen a códigos informativos. Unha necesi-dade de informar que se delata nunha linguaxe limpa, pulcra, de acabados que queren rozar o sublime. Un díarecollín unha carta, remite San Sebastián, dentro unha fotografía, algo comezaba a cambiar. Alí, hai catro anos,comezou o meu interese pola obra de Vicente Blanco, a súa implicación nas linguaxes do natural pero cunharevisión distinta, con luces de artificio; así foi aquela mostra na galería Sargadelos de Santiago.Mostrou naturezas realizadas como artificios, maquetas de árbores, neve e montañas cartón, luces no chan epinturas moi diferentes, pintadas sobre metacrilato; obras abstractas con referencias abstractas, signos queflotan en espacios azuis ou negros. Os resultados eran moi esmerados, de acabados exquisitos.

Algún día pararei de pensar nisto, pero hoxe nonA liña do inxenio nunca se pecha. Estas novas propostas caracterízanse por debuxos relacionados coa bandadeseñada; nada mudou, segue referíndose a unha ollada precisa, coidada. Os debuxos preséntanse como imax-es conxeladas dos seus traballos en vídeos, un dos medios ós que chegan -aínda que sigan pensando como pin-tores- os artistas novos. Un procedemento que non perde ningunha forza, porque ofrécese como unha sortede resumos, mesmo como artificios. A fonte destas obras son os traballos en vídeo, o coñecido "O máis xovee radiante piloto" e o novo "Oh, oh, oh, yeah!"; a tendencia narrativa desde a ficción. Os protagonistas dosseus traballos son personaxes espontáneos que actúan en escenarios anodinos, nunha narración por intres min-imalista, coa repetición de planos, transformando o relato en ilusión rítmica, lúdica, tamén inquedante. Nenoschorando na tapicería do coche, a súa faciana reflectíndose no retrovisor, os pelo movéndose co vento, out-ros agardando a puntuación en escenarios de, videoxogos, coches ou polideportivos onde se fusiona a riquezadescritiva, achegándonos, na sinxeleza de liñas e cores, ós debuxos das bandas deseñadas. Pero, sobre todo,achéganos a unha escena familiar, próxima, de simulacros coñecidos.

Pechemos a lectura cunha ollada no futuro a súa obra seguirá o camiño aberto por Salvador Cidrás noCGAC e logo no Espacio Uno do Museo Reina Sofía de Madrid. "Oh, oh, oh, yeah!"

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

25 de xuño de 2002

Miradas desde aficción

Page 7: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A escultura clásica, forxada en ferro, nun home tranquilo, afable, MartínChirino. Unha selección das súas esculturas pódense ver durante todo o mesde agosto no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña.

Ó longo da escultura do século vinte, e sobre todo despois da hecatombe que supuxo a Guerra Mundial, aarte viuse encamiñada a posicionarse, acollendo dúas direccións, resistir desde a orde ou delictir desde adenuncia, o sencontrol e a ironía, o absurdo. A escultura, como a arquitectura ou a literatura, é testemuña desdepercorrido de supervivencia e rescate; todas aquelas propostas que agromaran nas vangardas de principio deséculo eran agora reformuladas, postas en cuestión. O apéndice púxoo Henry Moore, e o comezo da novaescultura británica, en Estados Unidos facíase realidade despois do expresionismo abstracto coa forza eenerxía dos minimalistas, en España este panorama internacional vivíase desde lonxe, menos, paradoxica-mente, nas imaxes da arte abstracta, a mesma que vivíu un reforzamento en Chillida e Tàpies. Entre os respon-sables dese facerse crer, de reintentar a vangarda, está o grupo "El Paso", dentro da súa variedade de poéticas,sobresae un escultor da forza, Martín Chirino.

Liñas de forzaA súa obra é unha aposta pola tensión. Unha tensión que se evidencia na dialéctica do material, da técnica,pero sobre todo, da narratividade simbólica que desprende. Martín Chirino recupera, dalle a man, ós outrosmestres da forxa, do ferro como aposta do perenne, do intemporal, desde Gargallo ata Richard Serra. O seufoi un camiño pola liña, unha conquista do espacio, que levaba a unha conquista do baleiro, do contexto; osseus iniciais traballos dentro do grupo "El Paso" existían desde a levidade, o fráxil, porque a súa non é unhaobra que exista na firmeza da tectónica, senón que se converte en etérea, volátil, por intres fráxil, literaria polasreferencias a formas biolóxicas e naturais. A vocación descúbrese como unha das categorías que asentan a súatraxectoria, se ó principio a referencia era ó vento, nunha espiral, pronto as forza do natural estiranse buscan-do horizontes e chans, liñas de paisaxe ou acentos de materia nos retratos. Porque sempre existe unha necesi-dade de pervivir. Siluetas delicadas que abrazan retratos, que desprenden unha sensación de deconstrucción,como palabras de poemas ou sudarios voando.

Martín Chirino, aprendiz de Vulcano, aperta a levidade dun Calder e pecha baleiros, aire e atmósferas, con-segue reter as miradas na materia, pulida, negra como o acibeche

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

2 de xullo de 2002

O sorriso dovento

Page 8: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Cando a arte galega comezou a crer, a escultura ofreceu o seu apoio desdea potencias do material e a vivacidade do conceptual; vinte potencias que reforzanesa realidade conforman a mostra "Galicia escultura" que se presentadurante o verán no remodelado Centro Torrente Ballester de Ferrol.

A escultura galega do século XX presenta unha variedade de filosofías. Se a proposta inicial dos artistas deprincipios do século presentaban loitas entre tradición e vangarda, a dialéctica continuou ó longo do século,sendo a batalla final nos límites da dictadura e nas décadas dos setenta e oitenta. Esta esposición reflexa a arteplástica que xorde nesa época, nun intre no que comezou a agromar un espíritu diferente e, sobre todo, come-zou a facerse crer. Un camiño paralelo ás realidades nacionais e internacionais, que retratan os valores do vol-ume, a importancia de texturas ou a interrelación co espacio, mesmo na aposta do conceptual. O pretextodesta análise chámase "Galicia escultura".

Liñas cruzadasAs vinte liñas que describen esta mostra trazan vinte xeitos de construir; diferentes artistas que configuranunha realidade plural, unha primeira xeración que debuxa agora unha aposta pola abstracción, monumental nocaso de Silverio Rivas, prolongada nas iconas petreas e menhires de Manolo Paz ou nas obras mestizas -rurale deseño- de Ignacio Basallo, para desembocar na escultura figurativa, agora híbrida, de heroes e paisanos deFrancisco Leiro ou no surrealismo de soños, lendas e maxia de Paco Pestana. Todo vai mudando, nada quedapreso. A escultura mira tamén ás lecturas do conceptual, dende o obxecto atopado de Jorge Barbi -nunhas var-illas de acacia- ou desde o obxecto natural reciclado de Fernando Casás, como poéticas da memoria. A mostraextende tentáculos ás outras obras, que fluctúan entre a cerámica organicista de Xavier Toubes, a abstracciónde Jesús Valmaseda ou Rosalía Pazo Maside, a fráxilidade de Suso Basterechea, a mirada do íntimo, sutil de María Xosé Díaz, as presencias eternas de Caxigueiro e as evocación naturais de Manuel Patinha. Liñas que continúan nunha fusión de volumes que existen e afírmanse no espacio.

O debate do fráxilO espectador asiste desde o cuestionamento do plástico ás novas miradas do conceptual, recollendo a alon-gada sombra de Duchamp. Nomes que seguen abrindo portas na década dos noventa, continuando, en moitoscasos, as ideas expostas nos oitenta; Pamen Pereira afirma desde a mística dun mundo en voz baixa, XoanAnleo desde a relación entre alta e baixa cultura nun círculo de tellas polo chan. O trazo histórico repta desdemediados dos noventa entre os licenciados na facultade pontevedresa e aqueles que acadan instrucción napráctica, no obradoiro ou taller, son dúas das moitas vertentes expostas: Carlos Rial expón obras de fusión,onde se valora o volume, o sintético, mentras que a xeración aberta por Salvador Cidrás presenta o dinámicoe a hibridación; a interacción co espacio na obra de Cidrás explórase logo na linguaxe arquitectónica en MónicaAlonso como maquetas terapéuticas ou, nun itsmo final á arte total, na obra de Arturo Fuentes.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

9 de xullo de 2002

A escultura galegana balanza

Page 9: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A Bienal de Arte de Pontevedra chega coa súa XXVIII edición, descubrindoas creacións dos artistas nórdicos e amosando leves pero significativas pro-postas de artistas peninsulares.

A Bienal de Arte de Pontevedra ven acollendo nos últimos anos unha progresión en ascenso cara a unha inno-vación da arte contemporánea; unha orientación que transcorre paralela ás filosofías descritas polas diversasrealidades culturais galegas. Os anos oitenta presentábanse como unha necesidade de descubrimento, decomezar a coñecer. Deste xeito, a Bienal apostou por mostras de tipo internacionais, presentando obras dosartistas que retrataban a moda, como foron os neoexpresionistas alemáns. O diálogo chegou despois, nosnoventa, que foron, por sorte, como unha catarse de novidades institucionais e creativas, seguindo a Bienal osmesmos pasos de optimismo, visible especialmente nas últimas edicións e afirmado na actual.

O alento do local A Bienal de Pontevedra segue os pasos, desde Galicia, doutros certames tan coñecidos como a Bienal deVenecia, de Lyon, a recente celebrada en Valencia ou mesmo, noutra dirección tanxencial, a Documenta deKassel ou a Manifesta de Francfurt. Todas teñen unha mesma filosofía, unha selección de artistas nacionais einternacionais baixo un mesmo núcleo temático e, sobre todo, baixo o control dun comisario que asenta esasrealidades. O caso galego presenta estas premisas ó pé da letra, a elección de artistas e discursos que partendunha ollada internacional e reflexionan en máis ou menos intensidade desde e ante a realidade próxima, a súa xeografía e, por último, presentan unha organización forte, dirixida da man de José Carlos Valle e comisariada, nas últimas dúas edicións, por María de Corral, actual directora do Centro Cultural Caixa Forum de Barcelona.

O debate espacialA presente edición, titulada "Narrando espacios, tiempos, historias..." segue dándolle a man ó compoñenteinternacional, case de xeito categórico, ó apostar pola arte dos países nórdicos. Continúa, así mesmo, retratan-do a arte contemporánea peninsular, con poucos pero significativos exemplos de artistas nacionais, galegos eportugueses. As dúas pautas que o espectador debe coñecer antes de asistir é a importancia dos novos mediostecnolóxicos da arte actual, coa case exclusión dos soportes tradicionais, apostando pola videoarte e afotografía. Outra das apostas máis arriscadas e firmes desta edición é que cada un dos artistas representan axeración de creadores que están a traballar na actualidade. Este grupo de 33 artistas moi novos está entre osmáis interesantes do panorama artístico. No caso galego acértase na elección de Salvador Cidrás, VicenteBlanco e Manuel Vázquez; no nacional con Esther Partegás, o grupo El Perro ou Juan Carlos Jarillo e, noámbito portugués, sobresaen, como as pezas máis interesantes da mostra, as obras de João Tabarra e FilipaCésar. A sorpresa tamén veu da proposta nórdica con obras tan notables como as presentadas por Lene Berg,Jonas Dahlberg ou Olafur Eliasson.

Cando a arte amosa obras interesantes agrupadas baixo mensaxes coherentes e sinceras, a reflexión resultaclara e positiva, ollando ó futuro, pechando portas ó localismo; convertendo Pontevedra nun dos referentesestivais do actual.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

16 de xullo de 2002

A bienal doasentamento

Page 10: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A escultura contemporánea actual nútrese dos máis diferentes ingredientes,soprenden descubrir aquela que dixire unha linguaxe conceptual, poética, amesma que agora presenta o CGAC coa mostra de Richard Tuttle. Estaexposición serve como pretexto para prolongar as mensaxes, saltar fron-teiras e atrapar ó mensaxeiro que volve do Porto, de admirar as mostras deNan Goldin e Cristina Iglesias.

Nos últimos cinco anos esta cidade portuguesa, a segunda do país, recolleu as sementes que foi investindo ólongo da década dos noventa, agasallos e aplausos; unha aposta pola innovación cultural, a creación deinfraestructuras, que confluiron o ano pasado na celebración da Capitalidade Europea 2001. Unha realidadecultural motivada pola existencia de artistas moi interesantes e pola creación de estructuras creativas -como asgalerías da rúa Miguel Bombarda- ou institucións tan destacables como recentemente remodelado CentroPortugués da Fotografía ou, como primeira liña da vangarda, o Museo de Arte Contemporánea de Serralves,do coñecido Álvaro Siza. O contexto está marcado, o pretexto da visita -prolongar a mostra presentada noCGAC de Richard Tuttle- é aproveitar para emocionarse con dúas excepcionais exposicións: Nan Goldin eCristina Iglesias.

Cando non queremos respirarEstas dúas mostras descobren dous xeitos de entender a actividade dun centro de arte actual, a presencia noámbito próximo, neste caso no peninsular con Cristina Iglesias, e cunha ollada no internacional, coa propos-ta de Nan Goldin; o museo como un barómetro do contemporáneo. Nan Goldin retrata o inmediato, a súacámara fotográfica actúa agora como un amigo fiel que se achega, murmurando, lambendo o corpo, agoracomo unha man que fustriga, que roza lastimando e despeitea; as súas instantáneas -entre o mellor que se podever hoxe en día en Europa- son retratos dunha sociedade, a súa e a nosa, fala e debuxa do que coñecemos, asenrazón, o amor, a identidade sexual, a existencia. Badaladas a carón dos beizos, ollos maquillados.

Flores nas túas paredesCristina Iglesias é unha das artistas españolas actuais máis interesantes que, como Juan Muñoz, recentementefalecido, ou Eulalia Valldosera, precisan triunfar fóra para ser aplaudidos na terra. A súa opción existe desdeo natural, unha síntese da realidade. A diferencia de Nan Goldin, a súa escultura nace do real e convive narecreación, no contacto co visitante. Esta exposición fai un percorrido pola súa linguaxe arquitectónica, espa-cial, a mesma que se intúe nas obras que recrean tellados e muros ou aquela que xoga cómplice coas paredes,para rematar espíndose nas fermosas habitacións de celosías musulmanas; aire e cor. Sorprende ser testemuñade exposicións tan boas, achegarse a paredes preñadas de flores e talos, á sinxeleza dun teito de alfombras e,sobre todo, admirar a cativa voz de seda que se despremde dunha parede de formigón, como un coitelo ver-mello, as loitas mitolóxicas da beleza.

Porto segue a sorprender. O pretexto para visitalo agocha unha nova exclamación: sentarse na escultura deteatros, máscaras e troula de Juan Muñoz nas inmediacións da Torre dos Clérigos.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

23 de xullo de 2002

Flores comocoitelos vermellos

Page 11: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Dentro da longa viaxe que traza a escultura universal, Auguste Rodin per-mite asomarnos ó balcón da arte que mudaba facianas a finais do XIX, amesma que agora podemos admirar na mostra que a Universidade deSantiago de Compostela presenta en dúas sedes, a Igrexa da Compañía e oColexio de Fonseca.

Auguste Rodin foi un dos máis importantes escultores que exemplifica o paso do século XIX ó século XX,perfila e sintetiza a profunda liña que marcaba o sentimento romanticista, a forza realista, a maxia modernista,a luz impresionista e as posibilidades da opción expresionista.

Escolma de paixónsRodin ensina a nova escultura, pecha portas ó sentimentalismo e vaidade anterior e descobre un novo xeito demodelar, de esculpir sombras e luces. Nesta mesma liña é xusto comparalo a outro xenial autor, MedardoRosso, que, como se demostrou na mostra presentada hai uns anos no CGAC, iguala e mesmo supera, nosxogos lumínicos impresionistas, ó mestre francés. Pero Rodin persiste sendo un maxistral modelador dohumanismo, na sutileza da súa factura, na delicadeza de augas, tensións, corpos e materias. O mesmo quesoubo traducir en bronce ó Ovidio das Metamorfoses, ilustrar o ebrio mundo de Dante no seu Inferno eentender, envolvendo tramas ambíguas ó redor das Flores do Mal de Baudelaire. Unhas fontes que non bar-roquizan o resultado, senón que esquivan calquera literatura, rexurdindo nunha nova orde, chegando a serclásica, da escultura.

O drama da carneDeténdonos na mostra, non descobre nada novo, pero si adoza os nosos ollos de historiador da arte, volven-do ó presente e provocando renovadas admiracións. O ton pedagóxico que presenta a exposición amosadebuxos e fotografías que permiten contextualizar as obras no estudio do autor, as mesmas que agorapodemos ver no noso mesmo espacio, cen anos despois. Volvemos a rodear, antes coa mente, esculturas devulto redondo, iconas da historia universal, a fermosa Eva, o hermético Pensador, o altivo Balzac, os difer-entes estadios dos Burgueses de Calais e as Portas do Inferno, presentadas nas dúas maquetas que lle foranencargadas ó propio escultor no 1880. Coñecido o contido, serán máis interesantes aquelas esculturas que dia-loguen co espacio. Rodin retrata un mundo coñecido, homes e mulleres que sobrevoan a nosa memoria, enx-uízan a historia e fan chiscadeiras á mitoloxía, nunhas obras que se deixan atrapar por luces e sombras, despro-porcións, sensualidades e latexos carnais.

O percorrido está deseñado para que o espectador avance por entre bosquexos, esbozos, probas e obras defin-itivas, que o ritmo sexa o trazado pola propia evolución creativa. Ó final, no altar da Igrexa da Compañía, ogran Bico fai repousar as tensión de mans, pernas e ollos, unha caricia que aperta a liña helicoidal e rabuña aspaixóns dun tempo nunca esquecido.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

30 de xullo de 2002

Amosar a carne,nin tan sequera

Page 12: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A exposición que nos presenta a Fundación Caixa Galicia, na súa sala demostras da Coruña, do pintor Cándido Fernández Mazas constitúe un tribu-to non só ó artista ourensán, senón que tamén é unha homenaxe a todos osintelectuais que atoparon o 18 de xullo de 1936 o fin á súa carreira profe-sional.

O caso que nos ocupa é o dun pintor nacido na cidade das Burgas en 1902, nunha familia conservadora queemigrara á capital desde o pobo de Castro Caldelas. Aínda que se criara neste ambiente, os pasos píctóricos deFernández Mazas sempre tenderon cara ás vangardas artísticas do momento, unhas pegadas que estánilustradas en cada unha das obras e material documental e gráfico que agora se presentan nesta mostra.Así mesmo, esta retrospectiva fainos pensar na perda inmensa que supuxo a Guerra Civil e a dictadura fran-quista para a xa de por sí débil cultura galega do primeiro tercio do século XX. Lembremos que ata a décadade 1950 non volvemos a constatar un empuxe destacado na creación galega coa fundación da editorial Galaxia.Pero as esperanzas e vidas estragadas pola intolerancia cívico-militar xa foron irrecuperables.En Ourense, Cándido Fernández Mazas conecta cos grupos intelectuais da cidade, a xeración NÓS, así comocon Vicente Risco ou Ramón Otero Pedrayo. Realiza unha primeira viaxe a París en 1925 becado polaDeputación Provincial de Ourense, algo que se repitirá en 1927. Será nestas estadías na capital francesa ondetomará contacto coa avanzadilla da cultura europea do momento como Tristán Tzara ou Erik Satíe; nunprimeiro intre máis interesado pola literatura que pola pintura, retomándoa durante os anos trinta.

Ollada polifacéticaFérnandez Mazas constitúe unha desas personaxes imprescindibles á hora de estudiar a cultura dun pobo.Intelectual polifacético, ó tempo que colaboraba con caricaturas nas publicacións máis importantes da épocacomo a viguesa "Vida Gallega", tamén escribía, saíndo á luz en 1930 o seu primeiro libro, "Santa Margorí".Xa en Madrid, nos primeiros anos da república, asiste ás tertulias do Ateneo, e ás charlas que Valle Inclán ofrecía na capital de España. Precisamente o escritor pobrense sentirá especial atracción polo ourensán, asío corroboran as colaboracións literarias que realizaba en "La República" ou en "La Zarpa".

Artista de ollos distintosA súa obra artística resposta á época na que foi concebida, as décadas de 1920 e 1930. Era un mestre da liña,emulando ós caricaturistas do momento, nuns anos en que esta linguaxe artística estaba en plena efervescen-cia. As súas viñetas son dunha calidade plástica exquisita, con figuras silueteadas, curvas e de tonalidades uni-formes. Entre todas as súas obras, destacar os precisos debuxos matissianos, os carteis que realizou para oteatro das "Misiones Pedagógicas" e a obra "Venta ó campo", óleo pintado en 1925 durante as súa primeiravisita a París.Co trunfo dos franquistas na Guerra Civil sométeselle a un xuízo do que sae con vida gracias oscontactos da súa familia. Trasládase a vivir a Castro Caldelas, onde morreu en 1942. Aínda que a súa sorte foimellor cá de Francisco Miguel ou Luis Huici. Os galegos tivemos que agardar medio século para coñecer aeste artista, relegado ó esquecemento polo poder que saíra victorioso o primeiro de abril de 1939; esta mostraexemplar serve de homenaxe á súa obra, ó seu tempo e á arte galega do século XX.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

13 de agosto de 2002

Soños dun vangardista

Page 13: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O Edificio Sarmiento, unha das partes anexas do Museo de Pontevedra, acolle durante todo este mes de agosto a exposición Novos Valores 2002. Máis que coñecer novas figuras, algo que está por ver, o recente certame permite coñecer as novas vías polas que se encauza a arte galega deste novo milenio.

A arte galega, nacional ou internacional non pode existir sen as diferentes plataformas de promoción edifusión; estes eixes creativos focalízanse perfectamente nos diversos certames ou premios de arte xove, aque-les que escollen entre unha realidade variada, realizando unha escolma e ofrecendo o máis representativo, quenon quere dicir que sexa o mellor, senón unha das moitas opcións. Certames de artistas máis novos tan coñe-cidos, a nivel nacional, como o L'oreal, Injuve ou Marcelino Botín, que se suman ós galegos de Unión Fenosa,Cambre, Isaac Díaz Pardo, Deputación de Ourense,Auditorio de Galicia e o presente Novos Valores.

Tecer novas redesO certame deste ano sobresae por amosar a dialéctica da arte actual, pero sobre todo por facer unha selec-ción entre as sensibilidades contemporáneas; o espello parecer ser unha perfecta metáfora, motivo iconográ-fico de moitos dos artistas e simil do reflexo da arte, en contínua viceversa. Tamén funcionan como referentestemáticos os círculos concéntricos, que actúan como forzas creativas que se enfrontan e fusionan. Neste intreé onde atopamos a maioría dos artistas, xogando entre diferentes disciplinas, autores que comezan na pinturae rematan na fotografía, e ó contrario, outros o fan desde a escultura. Pero sobresae o camiño adoptado pormoitos que empregan a videoarte despois de experimentar na pintura, na escultura, mesmo na fotografía; esteeixe híbrido parece ser a dirección obrigatoria do actual.

Esta edición, como outras, preséntase como un corte transversal da árbore da creatividade galega: preténdeserealizar un corte, conxelar unha sección, non diseccionar, senón ofrecer pluralidades.

Flashes do realAmósanse as novas tendencias saídas da revolución tecnolóxica pero o retrato, como reflexión da identidade,segue a manter a súa importancia iconográfica. O video poténciase nas obras de Diego Vázquez, Ana Isabel,Patricia Dopico e o equipo formado por Estela Vaquero, María Queiruga e Edita Rodríguez; será a fotografíaa que realiza unha ponte entre movimento, retrato do íntimo e os procesos pictóricos: Patricia Dopico, JorgeBlanco, María Moreno ou María Teresa Rigueira. O concepto plástico enmarca as obras de Samuel Castro,Cristina González, Isaac Cordal -unhas das mellores obras da mostra-, Jose Ángel Zabala, Jorge Varela,Rosendo Cid Menor, Nuria Garrido e Carlos Gómez. O artista volve á historia da arte, a obra de DiegoSantomé faino desde a crítica. Mentras, a pintura segue con forza como outro eixe do contemporáneo,Francisco Seoane Díaz desde o debuxo, Fruela Alonso desde a abstracción e Francisco Javier Ben, MercedesCabada, Santiago Del Río, María Peña e Brais Rodríguez desde a nova figuración. A linguaxe complexa, híbri-da, asina o epílogo deste percorrido, como ilustra a obra de Monserrat Frieiro.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

19 de agosto de 2002

Pequenos anacosdo real

Page 14: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Cada cinco anos a cidade alemaña de Kassel acolle a Documenta, un doscertames máis carismáticos da arte mundial. A presente edición, pola quepaseamos o pasado agosto, amosa a arte do chamado terceiro mundo anal-izándoa desde dúas direccións xustapostas: a ollada dos seus protagonistase o relato dos occidentais.

Ata o próximo 15 de setembro estase a tempo de visitar un dos proxectos máis importantes do mundo da artecontemporánea: a Documenta 11 de Kassel. Localizada no norte do país, ponlle tíl á liña marcada polas local-idades de Heildeberg, Karlsrue e Franckfurt, preto de Colonia e da emblemática Berlín. Deste xeito, a excep-cional visita a Kassel, convértese nunha magnífica excusa para coñecer outras cidades, castelos e catedrais góti-cas; destacables son os espacios expositivos de Karlsrue, a Manifesta e a excelente exposición de MatthewBarney no Ludwig Museo de Colonia.

Documentos doutro mundoA Documenta de Kassel é un deses proxectos, como a Bienal de Venecia, o certame de Münster ou, noutronivel comercial, a feira de Basilea, que se presentan como indispensables para coñecer o pulso da arte actual,inexcusables para un crítico de arte, un historiador, un artista, un xestor cultural, un director de museo oudemais fauna artística. Nacida no 1955, nunha época histórica moi carismática en Alemaña, a Documentaofrecía un gran piar para comezar a afianzar a delicada situación social e cultural postbélica. Celebrada cadacinco anos, esta cualidade otórgalle un importante papel de síntese e compendio da arte mundial, tomándolleen cada edición o pulso á creación, presentando e innovando novas formas e, sobre todo, novos xeitos de entender a cultura actual. Trátase de ensinar, cada cinco anos, unha determinada visión estética; unha misión non categórica que é encargada á un comisario, que nesta edición recae no nixeriano asentado en Nova York Okwui Enwezor.

A temática desta edición foi amosar e narrar o outro mundo, o mundo non occidental, desde dúas vertentes:cos ollos entregados do terceiro mundo e cos ollos líricos do primeiro. A intención non foi contrapoñer, sim-plemente facer dialogar xeitos de ver e reflexionar. O resultado foi un crisol de autores, máis de cen, que ensi-nan os seus relatos personais, fálannos e describen as súas situacións políticas, sociais, culturais ou económi-cas propias, falan en primeira persona, en obras con nomes e apelidos. Un contido práctico, moi directo, quenon evita nin esquiva o poético. Por intres o comentario deriva en críticas directas ós problemas sociais,económicas e políticas xurdidos da nosa sociedade poscolonial; serán relatos de inmigración, racismo, éxodo,interculturalidade ou territorio.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

4 de setembro de 2002

Os relatos provi-sionais da arte

Page 15: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Cartas desde lonxeDespois de horas de autoestrada unha parada no hotel. Aquela tarde de agosto a cidade descubríase tranquila,pouco masificada, liberada das presións turísticas. Nun plano da Documenta localizamos os cinco espaciosexpositivos establecidos por diferentes lugares do texido urbano: o Museum Fridericinum, a Documenta-Halle, o palacio do Orangerie-Karlsaue, o Kulturbahnhof e, alonxado do centro, o Binding-Brauerei. O paseodiscurre agora entre rúas amplas, agora collendo buses ou barcos, despois coñecendo as esculturas públicasque foron quedando das edicións anteriores: a pala de Oldenburg, o remate clásico de Thomas Schütte ou o texto de Jenny Holzer.

Convén destacar que a recente edición presenta unha escasa presencia dos denominados soportes tradicionais,pouca pero exquisita pintura, non así de fotografía -que segue con moita forza- e excasas instalacións, disci-plinas que deixan o verdadeiro protagonismo á linguaxe estrela desta Documenta: as proxeccións audiovisuais.

Sobresaen autores moi coñecidos xunto a outro case anónimos; arte político na obra de Alfredo Jarr, SantuMofokeng, a impecable videoproxección de Shirin Neshat, así como impresionante a instalación de MonaHatoum, artista israelí que exporá no CGAC o próximo outubro. A explanada espida do Friedrichsplatz ofreceun banco de herba onde tirarse, berber auga e tomar notas. No Kulturbahnhof, situado na estación de ferro-carril, destaca a obra de Bernd und Hilla Becher, Isa Genzken e Constant. Á saída da estación un bus lévamosá Documenta-Halle, un edificio de 1992 construido polos arquitectos Jochen Jourdan e Bernhard Müller, e quetraza unha sinuosa curva apertando a ladeira. O interior amosa a verdadeira forza da videoarte: o cineastacatalán Pere Portabella e o Colectivo Cine Ojo. A cuarta das escalas, xa na beira do río no Orangerie, asomaa obra do colectivo Simparch.

A última das escalas desta visita remata río abaixo; agardamos nun peirao polo barco que nos levará entre anti-gas fábricas de ladrillos vermellos e descendendo por esclusas, ata o Binding-Brauerei. Aquí localizamos aspropostas máis interesantes, Louise Bourgeois, Annette Messager, Allan Sekula ou Artur Barrio, xunto ásobras sorprendentes de Tania Bruguera, Fabian Marcaccio ou Gabriel Orozco.

Lonxe ou preto, a arte na intersección dun mundo poscolonial, ébrio, escatolóxico, lírico ou racional; todosegún polo cristal que miremos.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 16: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A ética xeográfica

"Oito relatos nórdicos", a mostra que ata mediados de mes acolle o CGAC,narra a variada e plural natureza desas latitudes. Agora percorrémola relen-do a súa filosofía espacial e o seu sorprendente carácter internacional.

Dentro da arte contemporánea unha das reflexións máis candentes son aquelas que se centran na análise doespacio, do chamado territorio. Os problemas da globalización -teríamos moito que falar- ofrecen un panora-ma xeográfico, social e cultural que se presenta cada vez máis recoñecido, resultando todo como moi visto,moi etiquetado. Este exemplo de democratización e contaminación xeográfica positiva pódese ver na mostraque presenta o CGAC: "Oito relatos nórdicos". Lonxe de pretender ser categórico, esta exposición resultouser unha das mellores deste verán, por esta razón é xusto presentala agora, neste comezo de outono.

Isobaras terrestresO pretexto desta exposición nace desde a presentación da arte máis nova dos países nórdicos, desenvólvesenos parámetros e propostas propias da arte internacional, e remata nunha sorte de novidade como modelo deboa exposición. Esta orientación lembrará á presente Bienal de Pontevedra que tamén reflexiona sobre a con-temporaneidade cun elevado contido de artistas procedentes desas latitudes. Pero a mostra do CGAC, quecomezou como complemento á irmá maior de Pontevedra, situouse nunha posición máis elevada, pola cali-dade das súa obras, e, sobre todo por presentar unha ollada máis plural, desde perspectivas que non se deteñenno local e despregan as vontades estéticas noutras xeografías, como isobaras dunha fronte fría que percorrenpaíses sen aduanas nin fronteiras.

Ler en beizos alleosEsta perspectiva global que sintetiza a mostra estoupa por intres nunha dirección interior, encamiñando ó vis-itante entre reflexións particulares, olladas exteriores, diarios de papel, puzzles de vivencias que recollemoscomo nosas e inquedanzas dun artista que rescata o pasado para asentar a súa identidade, mentres outrosobservan desde a distancia unha natureza fría, minimalista de sombras e preñada de suxestións. Todo comoun mecano de paixóns, soidades e interpretacións dun territorio extremo. As disciplinas artísticas tamén secollen das mans sen prexuízos: grandes fotografías, proxeccións e videoarte fan esquecer por completo á irmápintura, aínda que sabemos que segue presente nas abundantes obras paisaxísticas. Oito relatos, oito lapisescribindo sobre un papel. Sen visitar cada un dos seus fogares, traspasar as súas portas, a impresión xeral é adun grupo homoxéneo, onde resulta xusto destacar as propostas de Esko Männikkö e Eija-Liisa Ahtila.

A arte actual tenche estas cousas, presenta unha realidade moi local e, case sen pretendelo, explota -como nunaleteo de volvoreta- noutras xeografías. Mentres, nós, acollémola como un relato próximo, cotián.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

12 de setembro de 2002

Page 17: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O diario da navalla

O ciclo Miradas Virxes do Centro Torrente Ballester volve sorprender. Amostra do fotógrafo mozo Fran Herbello, que poderemos ver ata mediadosde outubro, disecciona a realidade da beleza e do paso do tempo como men-saxes de "vanitas".

Existe unha delgada liña entre a vida e a morte, case todos sabemos isto. Unha das disciplinas que mellor sabedescribir e narrar esta fraxilidade, xunto coa poesía, é a fotografía, a forza e fugacidade dun intre. A liña vólvesegrosa como un río encorado. O tránsito require de moito esforzo e, sen saber por qué, non queremos chegarou simplemente non queremos deixar de mirar atrás; se algo ata, algo tamén desata. Fran Herbello, o mesmoque Joel Peter Witkin, ensina os camiños, as siluetas das operacións, recréase neste intre de tempo, cando a liñasemella crebar, anoarse ou queimarse.

Desde a fotografíaA fotografía en Galicia, sempre entendida como realidade plástica no espacio, formula dúas direccións: a expe-riencia externa, o retrato ou a paisaxe e, despois, a experiencia interna. Manuel Vilariño prolonga o horizonteda fotografía entregada, mentres vestixios de pasado volven coas voces de Ramón Caamaño ou VirxilioVieitez, mentres Vari Caramés dispón da opción pictórica, o mesmo que Mar Caldas, Ana Fernández ou Rubén. Ramos Balsa. Fran Herbello recolle sen sementar; volve a un terreo coñecido, o corpo como experiencia creativa. Oscilando entre a performance e a formalización obxectual, esta dialéctica temporal fai posible a aparición dassúas obras coñecidas, as mesmas que publicou na colección "Do Trinque" no Centro de Estudios Fotográficos, baixo o nome "A imaxe e semellanza". Estas fotografías diseccionaban a liña entre dous polos, dúas realidades, resultando obras enigmáticas, que prolongaban a mensaxe lonxe do terrenal, porque sen pretender ser escatolóxicas volvíanse surrealistas.

A pel da máscaraO coñecido Terceiro Espacio do Centro Torrente Ballester do Ferrol foi un reto para este artista; a súa proposta resultou ser unha das mellores entre as presentadas. O tema fala do tempo, da memoria, enriquecendo a mensaxeherdada; formula diferentes relatos arredor da existencia, de poñerlle máscaras ó paso do tempo. Deste xeito,as tres primeiras salas funcionan como breves prólogos dunha novela, murmurios contando segredos debeleza, secadores que fan flotar revistas de moda e monitores que amosan máis confidencias de beleza. Oprimeiro punto está claro, presentar en instalacións o xeito racional de maquillar o paso do tempo. O núcleoxeral é a sala central, onde recolle fotografías de series anteriores xunto a outras actuais, amosando os seuscoñecidos repertorios de diseccións e manipulacións sobre a pel, amputacións metafísicas, que apertan máisesta mensaxe surreal no linde do lírico. A realidade volve ó terrenal nunha póla de árbore da que colgan mazásnas que se reflicten facianas; un novo elemento pecha este mecano de vida e morte: o elemento da "vanitas",a representación do paso do tempo, como iconas claras do existencialismo. As mazás irán podrecendo, ensur-rándose, o mesmo que a pel na vellez, o mesmo que secan os ríos, mentres a liña se estira ata esmorecer.

Coma unha navalla afiada, un misterio percorre a mostra, dándolle palmadas ó espectador no lombo, para quenon quede durmido detrás do biombo. O tempo non se detén con ninguén.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

17 de setembro de 2002

Page 18: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Lonxe ou preto, a Galicia de mediados do século pasado só tiña unhafaciana. Ramón Caamaño e Jean Dieuzaide así o demostran nas dúas salasque ofrecen as súas respectivas visións do real, o Pazo de Fonseca e a Igrexada Compañía en Santiago. Relatan unha terra en primeira persona, namesma que respiran, dixándonos os seus fascinates retratos e paisaxes.

Dous xeitos de chamarlle á Galicia do século pasado. Aquela que se agochaba na longa noite de pedra, latex-aba baixo sotanas de crego, saias de luto e facianas feitas de terra. Os dous pretextos vístense de fotógrafos,Ramón Caamaño faino desde a certeza de sentirse dentro do teatro rural, o mesmo que recolleu en marabil-losas instantáneas, mentres Jean Dieuzaide amosa a faciana máis documentalista que se achega á mesmaGalicia estancada nos cincuenta, nunha terra atraínte polos seus compoñentes perdidos, quizais máxicos, comounha nova xeografía que descubrir. Unha mesma terra e dous xeitos de narrala, complementarios, reais e posi-bles.

Mentres camiñas, algo vai quedandoJean Dieuzaide visitou Galicia na década dos cincuenta para realizar unha reportaxe fotográfica. A súa foi unhaollada de visitante, descubrimento, admiración e, o máis importante, de respecto. Lonxe de tópicos, a súa pro-posta na serie "La Galice", retrata unha terra de realidades. A súa camára persegue o que resulta cotiá, agoradistinto, fusila o inmediato nunha tarefa de observador, non de xuíz. Esta vontade integradora queda reflicti -do nas súas fotografías de retratos, nas paisaxes, nos detalles, nos retrincos. Detense nas feiras, nunha mañácalquera de sábado, persegue mulleres en grupos, acolle con dozura o sorriso do paisano e mira o gando amar-rado preto do cruceiro. Coñece a nosa realidade, sabe de que van as cousas; como o pintor Paul Klee buscan-do luz no norte africano Jean Dieuzaide aperta a humidade, a choiva, nas pedras, nos muros de pel verde. Asúa formación faino deterse nos contrastes dunha paisaxe que fala en palabras maiores, nos mosterios, caste-los ou igrexas como vestixios ilustres dun pasado fronte a un presente decadente, escuro. Se primeiro está oespacio, a paisaxe, o que queda é o compoñente humano, as mans, chaquetas e paraugas de xente agochada ennubes de nácar. A impresión final desta viaxe humanista foi a mesma que aquela película que dicía: o homeque subíu un outeiro e baixou unha montaña.

Muletas nos ollosXoguemos coa ficción. Mentres, nunha desas romarías, o noso francés descobre a un fotógrafo do rural,podería chamarse Ramón Caamaño, facendo retratos das xentes que queren perpetuar a súa historia persoal,conxelar ese intre para poder existir. Calquera de nós coñece a alguén que se fixera unha fotografía o día dafeira, retratos sentados, de pé, o carón da nosa irmá ou apoiados nunha cadeira, sobre o fondo dunha imaxi-naria e destinxida paisaxe romántica. Caamaño existía como parte dese fascinante teatro de vánitas do nosorural, como muleta para facer realidade o soño da existencia, nunha vontade de supervivencia, de seguircamiñando na vida. Caamaño ensina unha realidade desde dentro, como partícipe tramollista ou remeiro deCaronte, decora mulleres, homes e nenos en iconografías recoñecidas, en retratos dunha visceralidade enco-rada, olladas de fronte, baixo roupas amidonadas e salitre nos cóbados. O símil queda claro, Caamaño dialogacon August Sander, ennobrecendo ó noso fotógrafo da Costa da Morte. Cando un descobre as súas obras algonovo latexa no corazón, pulsiona o noso pasado, sorprendendo pola súa modernidade plástica e compositiva,tan escasa na actualidade.

A fotografía disecciona a realidade, conseguindo que o tempo quede preso nun papel, como preso na memo-ria. Cruel como un berro mudo, diría Roberto Ribao, os ollos falan e as mans choran. Imaxes dun tempo tanlonxano como próximo, un tempo que non sabemos esquecer.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

25 de setembro de 2002

A fotografía terra

Page 19: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A obra de Xosé Carlos Barros comeza alterando a nosa visita e rematanunha perfecta simbiose entre espacio, arte e memoria. A galería SCQ deSantiago recolle as súas últimas esculturas, diálogos desde o residual, dexestos e pinceladas que reteñen ó visitante.

Nunha recente conversación cuns amigos sobre arte, saquei a conclusión de que, por riba de teorías ou mesmotendencias, cada quen entende a arte como quere. O importante está nese fráxil detalle, querer entendela,da igual cómo. Este mesmo feito de percepción é o que defende o escultor Xosé Carlos Barros, nunha olladalimpa, independente, desde a periferia da arte galega, nunha continua relación de amor-odio co panoramaartístico. Unha necesidade de manterse illado, á marxe, que lle imprime unha inquietante sensación deatracción-repulsión. Esto, que podería ir na súa contra, vólvese de costas e engalana a súa traxectoria, reper-cutindo nunha obra que se presenta -dilatada en escalas de varios anos- vitalista, entregada pero agochada.

Apertas amargasA traxectoria de Carlos Barros fluctúa entre a necesidade de existir e a de transgredir. Dous compoñentes que,segundo poderemos ver, van e veñen nos seus vinte anos de producción. Dúas ideas que se materializan enformas que evidencian a construcción fronte ó deconstructivo, a percepción positiva e a aparente decadenciaformal. Asentar e facer forte a escultura desde os mecanismos da propia construcción, onde destaca a inmedi-ata referencia visual, táctil, a percepción. As súas obras, que puidemos ver hai tempo na galería Trinta ou nocertame de bolseiros de Unión Fenosa, derivan dunha vontade constructiva cara a unha realidade poética, deliteratura, semellando que o artista despois de coñecer e asentar o seu espacio -ou antiespacio- se atope cómo-do despregando a súa narración. Sen medo, unha coherencia que se reflicte nas súas obras. Recordamos assúas obras de marcos, que ofrecían outra mirada cuestionadora da arte, con elementos do real que apega exustapón nunha sorte de colaxes, de formas que existen tamén no azar, na silueta que resulta dunha tira degoma ó deixala caer. Algo segue quedando no presente, se cadra de xeito máis elaborado, poñendo máis tempona composición. Obras acumuladas de enerxía, que existen nunha pureza compositiva impecable e desenvól-vense en referencias poéticas, simbólicas, como iconas de memoria.

Mirarse caer na redeCada mostra de Xosé Carlos Barros existe na dúbida. A proposta que respira na galería SCQ de Santiago man-tense nun diálogo co espacio, na íntima relación das obras presentadas, moitas de recente execución, xunto aoutras anteriores. A liña que aperta as esculturas ofrecen unha precisa lectura da súa linguaxe: o contraste entretectónica e poesía, baleiro e tensión, natural e artificio. Cada obra existe e dialoga primeiro en si mesma, defronte ó espectador, pero en continua confrontación co elemento atopado, agora coa parede onde retén a súaexistencia en eventual gravidade, logo co visitante do que esixe unha detida observación, unha repousadaanálise.Serán sinais ou xestos no espacio que fan chiscadeiras ás vangardas históricas do constructivismo, peroque Xosé Carlos relanza nunha viaxe polas texturas, a memoria, o pasado, resultando caixas que nacen no tec-tónico e fluctúan na deconstrucción, na propia evidencia do vestixio.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

30 de setembro de 2002

Coller cravoscoas mans

Page 20: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O resto dun cadro sen lenzo, o envés da creación e a superficie emocionada onde florecen, como sementestolas, bolígrafos queimados e afiados fiúnchos de madeira, tentáculos que traspasan o cristal para respirar nonoso presente ou os azulexos brancos facéndose sitio na evolución. Restos de materiais industriais, madeiras,presentadas como seccións anatómicas, como corpos en formol, conxelados na atemporalidade. Obras queclarean como pinturas, unidas á parede, logo continúan a súa aventura espacial con elementos do cotián, plás-ticos, pero rematan sobrevivindo de novo nunha linguaxe pictórica, de telúricas evocadoras, por intres sen-suais, atraentes.

O vestixio como memoria conxelada. O resto como retrinco do tempo nun Xosé Carlos Barros que viaxa apé, sen dúbida, en moitas direccións. Próxima estación: Esperanza.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 21: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Medir o medocoñecido

Nacer no medo. Caer no desexo e tamén na repulsión. Mona Hatoum, unhadas mellores artistas do momento que ven de participar na recente XIDocumenta de Kassel, presenta no CGAC unha extensa e importante selec-ción dos seus traballos, os mesmos que dominan nun museo branco, ondesen sangrar nin berrar todos nos sentimos partícipes do seu teatro vital. Eseguimos querendo volver, como sucede coa obra de Nan Goldin naSerralves.

Cando sentimos medo, algo, non sabemos que, recolle as nosas poucas defensas -como ás- e caemos nun letar-go de supervivencia. Mona Hatoum encora ese intre no que, de xeito case irracional, sentimos unha carenciade afecto, de humanidade, de vida. A súa é unha aposta pola arte de acción, pola arte de suxestións entregadase aloxadas en formas que desprenden sensualidade plástica e visual, sensualidade táctil. Lonxe de quedar inde-ciso o visitante explorará cada unha das obras presentadas, formas que se desparraman polas salas do CGAC,que requiren e suplican a nosa atención; e berran sen boca e miran sen ollos.

Os moitos lados da dorDespois de admirar as monstruosas pezas do vestíbulo, a primeira das salas recíbenos cun ola escrito nunfelpudo de agullas pintadas de níquel, a benvida da premonición; o quimérico inquilino. O felpudo como pról-ogo informativo, escatolóxico, do que atoparemos de seguido: ameaza fronte á atracción, o afastado e o próx-imo; caricias e labazadas. Texturas que evocan para logo expulsar. Mona Hatoum quere alterar desde a mira-da, recolle naturezas que existen na nosa realidade, alterando a súa escala e mostrando obxectos que se inchande metal nos espacios brancos de Siza. Peles negras de nacar que recobren as superficies de grandes molin-iños de café, grandes reladores, tamén grandes gaiolas de paxaros, balancíns como guillotinas e perigososberces. A escala, mesmo surrealista, esperta o noso lado máis reflexivo, expectante. Percorrer as súas enormespezas, como utensilios dun Gulliver preguiceiro que vai esquecendo as súas pertenzas, predice dor, conxelamedos universais, falan de identidade, de repulsión, facendo reflexionar sobre o corpo, físico e mental. Perotamén a escala afecta a outras pezas, unha escala temporal, mesmo literaria: fotografías que reflicten unha real-idade alterada, con chiscadeiras do cotián e aqueles obxectos que perseguen olladas máis narrativas, inclusosurrealistas: dúas cadeiras que se emparentan ensinando o Evidente, outra cadeira cun triángulo de vello púbi-co e colares ou mantóns trenzados de pelo natural. Como di a nosa amiga Anxos: atracción e repulsión.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

9 de outubro de 2002

Page 22: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Feridas chorando en silencioOllamos o chamado Dobre Espacio desde o primeiro piso, rodeado dos novos fragmentos de eternidade deManuel Vilariño. Volve aparecer o desexo de achegarse e o medo de sentir dor, caer e erguerse como unhacontinua loita vital. Porque son moitos os lados cara onde mirar, poucos os que dan contestacións directas. Oconsello: percorrer cada unha das pezas -aquelas sobrenaturais e aquelas como colaxes oníricos- e deixarsedocumentar polas fotografías. O estilo vólvese cor de dúbida, cor de coitelo hixiénico, limpo, preparado paraseccionar, violentar a vida. Follas de recambio de trituradoras, como mostrarios de torturas, bodegóns de uten-silios domésticos electrificados ós que podemos chegar coa mirada, pero nunca coas mans. Un estrañamentoque produce desesperación, e estamos a falar de delicadeza, e seguimos falando de mesura, poesía feminina.Mona Hatoum invita a experimentar un cambio de roles, sentirse paxaro dentro de gaiolas ou alimento caníbal.A premonición da ameaza, correr baixo mensaxes como avións prateados.

Obras que seguen en silencio, localizadas no mundo aséptico do museo, como bocas a punto de abrirse, bom-bas de explotar ou caricias sobre un frío aceiro. A inquietante atracción daquelo que nos fai sufrir, e non falodo amor, senón do desexo.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 23: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A pintura silenciosa

Camiño da abstracción deixando restos de memoria. Alberto Datas ensina asúa obra máis íntima na galería Marisa Marimón de Ourense, ata o 6 denovembro. Debuxos sobre papel, delicados, fráxiles.

Achegarse a Ourense, desde o norte, é unha longa e desalentadora peregrinaxe. Chegar relaxado, unhaquimera. Pero esa tarde a chuvia quedaba atrás, a cidade brillaba. Unha visita polas novas rúas peonís, de lonxea Catedral e sentarse nun banco. O cansanzo esgótase nun café con leite. Porque Ourense segue tendo moitasescusas para achegarse, unha delas, as exposicións que amosa a galería Marisa Marimón; o pretexto desta visita,a principios de outubro, son os debuxos de Alberto Datas.

Paisaxes como pinturas da almaRepresentante da pintura entregada, da expresión, a mesma que se agrupou na filosofía atlántica, vive e tra-balla -como Antón Patiño ou Menchu Lamas- en Madrid. Ó mesmo ca aqueles, cada achega á súa terra sír-venos para seguir coñecendo a súa obra, sendo memorables as presencias no CGAC, na galería que hoxe rec-olle a súa nova proposta e na sala de Caixa Nova en Vigo. A pintura, segundo Alberto Datas, fluctúa entre aentrega, a esgazadura e a mesura, a delicada silueta do real. Unha pintura que, percorrendo unha topografía,sobe en intensidade, sen perder en narración, ó tempo que alcanza cotas elevadas de abstracción. Unhaabstracción que seguimos entendendo como próxima, sen a dispersión de grandes planos de cor nin a perdade literatura, como pequenos vestixios e pinceladas de memoria, de lembranzas sintetizadas en bocas, caras eollos. Porque sempre queda un lugar para o vivido, sempre queda un oco para a novela, para a escritura. Porintres o relato require murmurios, quedando espacio para o diario íntimo, próximo, para os debuxos, a pintu-ra en pequena escala.

A voz do íntimoPactemos co visitante, pensemos nunha paisaxe cotiá que se escoite en voz baixa, en pequenas entregas. Asíentende a obra Alberto Datas. Porque a presente exposición ofrece a súa obra máis doméstica: os debuxos delápiz e pintura sobre papel, obras breves e lenes. Estas obras desprenden unha inmediata sensación de levi-dade narrativa, pontes, apuntamentos ou esbozos de obras maiores, ou simples pinceladas na soedade do estu-dio, atrapando pensamentos. Obras, en fin, lixeiras como unha impresión, fráxiles como unha improvisación.E pensamos nas abstraccións líricas de Kandinsky. Os debuxos de Alberto Datas queren atraer: caras sorrindo,ensinando os dentes, as mans, azarosas composicións de cor e liñas flotando, azuis, vermellos, verdes, laranxase moito baleiro, aire onde respirar. Datas achégase ós autores do expresionismo abstracto, os mesmos queensinaban as feridas como un Gorky relaxado, pero sobre toda achégase a aquelas abstraccións da batalla deLepanto que Cy Twombly, un dos mellores pintores do momento, presentaba na última Bienal de Venecia.

A pintura de Datas segue a loitar entre narración e abstracción, querer e poder. Os debuxos ensinan o bo desteintento, os medos e logros, pero o máis importante: presenta un pintor dialogante, inxénuo como un neno,listo como un raposo. Benvido ó mundo, pequeno Datas.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

16 de outubro de 2002

Page 24: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Auga entre os dedos

Despois das pinturas de Penck, mestre do neoexpresionismo alemán, aFundación Laxeiro de Vigo entrega unha mostra invividual de GuillermoAymerich. Ata mediados de decembro poderemos descubrir unha obra aber-ta, en continua dispersión, presentada nas vintedúas series que lanzanesta suxestiva "Aproximación á auga".

Cada unha das salas que forman a segunda planta da Casa das Artes de Vigo, moi estructuradas, como sedunha vivenda se tratase, énchense de auga. A mostra descobre un artista que pensa nos espacios como pro-longacións da experiencia. Guillermo Aymerich, artista galego das terras do Deza establecido en Valencia, real-iza unha das súas máis importantes mostras individuais, comisariada polo incombustible Antón Castro. Un per-corrido pausado pola obra dos seus últimos anos, máis de cen pezas repartidas entre pinturas, debuxos,fotografías e instalacións. Autor prolífico, o seu achegamento expositivo nace e sobrevive nun íntimo contac-to co elemento líquido, coa auga, como tema e soporte de vitalidade, de optimismo.

Contaminacións acuosasGuillermo Aymerich pertence a unha xeración de artistas que entenderon e, liberan, a linguaxe artística; senmedo, o seu traballo dos últimos anos oscila entre unha vontade documentalista, analítica, incluso de "voyeur",cun continuo e obsesivo goce nos procedementos pictóricos. Interrelaciona disciplinas, sempre desde un senti-do bidimensional, entre fotografía e pintura, composicións de referencias pop, nun desvelado achegamento ápaisaxe sen patria, de faros flotando nas augas, das variadas caras da natureza desde un coche en movemento,fugaces, retendo pingas de chuvia como pencas de luz. E mentres, disloca reactivando a natureza, non ó xeitodun Long ou dun Barbi, máis como un Cidrás que realiza artificios, como incorporacións persoais nun terri-torio suxestivo. O ollo do camaleón, en todas as direccións.

Auga e verdadeA presente mostra realiza un "traveling" -de marisqueiro, sobre o chan enlamado, ou de paracaidista, domi-nando- reptando entre as máis de vinte series presentadas. Narracións de complicidade. Moitas son as obrasque requiren tempo de visita, de atención por parte do visitante; o tempo vaise apoiando nos ombreiros comoun compañeiro amigo. Unhas pezas resultan máis narrativas ca outras, porque cada unha delas cóntanos unhahistoria, unha experiencia do autor, pequena ou grande. Pero antes de deternos de xeito individual resultainteresante observar cada unha das paredes laceradas de obras, dispostas como se dunha melodía se tratase,como un mosaico de pinceladas: pequenas fotografías do mar desde o seu estudio.

Queda claro. O tema, asubiado no título da mostra "Aproximación á auga", exclama unha sorte de obras quexiran, respiran e se adaptan a esta temática, a esta relación de iconografías. Porque o que Aymerich realiza éunha recreación da auga como parte da paisaxe, poñéndolle tiles ou títulos; e sempre queda un lugar -cadaespectador descubrirá o interruptor- para o humor, para a visión inxenua. Cúpulas escamadas que son sereasdo mar, flores que prenden nun lombo preñado de pencas, debuxos e recortes sobre cacto, pinturas de mon-tañas en etiquetas de auga mineral, valados sobre camas de sabas brancas, pequenos muros -de novo, artificiosdo natural- sobre libros amontoados e, finalmente, moitas visións sobre o mar, exquisitas pinturas de barcos,peiraos, de noite e día.

A mirada de Aymerich embázase de pintura. Esta interesante mostra ensina un home atento, de factura orix-inal, que percorre a natureza cos ollos do impresionista, mesmo dun Monet de Giverny, quizais máis acelera-do, nun pinzamento pop de luces, montañas, pencas e sorrisos de complicidade.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

23 de outubro de 2002

Page 25: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Dous poemas, dúas paisaxes; Antón Patiño reflicte, desde a opción daexpresión, a loita da pintura como feito e acción do real. Recolle na galeríaVGO de Vigo a súa última obra, a mesma que destila pautas da súa traxec-toria, ollando o pasado, limpa, preñada de suxestións e iconografías.

Entendamos cada unha das obras, por un lado, como exemplos actuais do seu traballo e, por outro, como dic-cionarios de imaxes recoñecibles da súa traxectoria. Dúas orientacións que perfilan a súa obra, que reven -pouco a pouco- todo o aprendido e producido. Pinturas que almacenan mentres outras destilan, evaden, exper-imentan. Un Antón Patiño con áreas de investigación, áreas de compilación e áreas de repouso; lugares dohome.

A lingua da pinturaAfeitos ás súas positivas presencias expositivas -na galería SCQ, na desaparecida Estación Marítima da Coruñae no Dobre Espacio do CGAC- a presente mostra da galería VGO debuxa un mostrario dos últimos dousanos. Este período reafirma o asentamento dunha das carreiras artísticas máis estables do momento, ilustran-do un percorrido, agora de spring agora de maratón do seu enfrontamento coa pintura. As pinturas presen-tadas interpretan un Antón Patiño máis categórico; en termos bibliográficos, un pintor de caracterespalimpsestos. Pinturas que existen mentres respiran, condensan, invocan. O seu é unha continua reflexiónsobre a pintura, un caso excepional no panorama cultural galego, ilustrando a súa traxectoria con formulaciónsde carácter teórico; piar e argumento do lado creativo. A súa pintura recrea o expresivo, en fortes e carismáti-cas pinceladas, porque todo pasa por diante dos ollos, todo vai quedando no pasado e debe quedar para ofuturo. Unha vontade narrativa que Patiño presenta como un informador efectivo. Mentres o lenzo, ó xeitodunha pizarra, soporta a súa semente, como unha esponxa absorvendo suxestións, apuntamentos que van eveñen. Serán relatos que ensinan desde o código a lectura fragmentada, que sintetiza e asina, fuxindo do bar-roco, do decorativo. A natureza, outras veces, preséntase como paisaxes.

Memoria do lugarO espacio da galería, dividido en dúas estancias, -maior na entrada, a xeito de gran vestíbulo, e menor nofondo - estructura as dúas direccións da mostra: media ducia de grandes lenzos que dispersan, existen no lat-ifundio, mentres, na segunda, recollemos obras de trazados menores, de traxectorias descritivas, mesmo frag-mentarias. Un espacio que acolle, así mesmo, obras xirando en dous eixos, aquelas que continúan temática esimbólicamente prendidas do pasado e aqueloutras que saltan sen rede, ensaios do posible. Pinturas queseguen mantendo unha linguaxe clara, de fondos monocromos sobre os que dispón flashes de realidade,iconografías do pasado, como vestixios dun naufraxio, como "desolacións" de quimeras. E volvemos mer-gullarnos en augas azul metal, en desertos arxilosos, paisaxes verdes como mazás, verdes como humidades. Enon falo de paisaxes, senón de datos referenciais, de evocacións, de paisaxes da memoria, do interior. A paisaxeculta, reflexiva. Entre tanto, ríos de pintura branca van reptando pola terra, marcando ringleiras de lectura, quecativan no vertical, que quedan illados en labirintos de redes. No fondo da galería, veladuras dunha paisaxefugaz, prendéndose na parede, fragmentos de mar, de visións submariñas.

Volveremos sobre o camiñado, recollendo ánforas ou volvendo en bicicletas. Porque sempre queda tempo paraa pintura, a mesma que lembra, mar, terra ou aire, e para os mitos; cando a pintura florece apacible, silenciosa.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

29 de outubro de 2002

Paisaxes da memoria

Page 26: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Diante do biombo os personaxes actúan dentro dun guión establecido.Diego Santomé trasviste os actores, e con iso a mensaxe, diseccionando aarte como disciplina e o museo como institución dentro dun teatro devaidades. A galería Bacelos de Vigo traduce no espacio as súas ideas críti-cas e ácidas. Unha mostra que se presenta de plena actualidade informativafronte á inauguración, o próximo día 15, do MARCO.

Diego Santomé, redactor do real, coñece moi ben o seu papel na estructura creativa. Toda a súa produccióndescribe esta preocupación por integrarse, por localizarse neste mundo de vaidades. A mostra na galeríaBacelos de Vigo ofrece a súa ollada crítica, dinamitando con relatos irónicos os diferentes axentes creativos: omuseo, a arte como mercancía e as variopintas relacións e diálogos entre arte e vida. Palancas ácidas dunhamostra moi interesante, quizais unha das mellores que puidemos ver este ano en Galicia.

O museo da nosa vidaA traxectoria de Diego Santomé, igual que o percorrido da mostra, traza unha liña angulosa sobre a historiada arte, os problemas de autoría, o apropiacionismo ou a pesada lousa da historia da arte; a cuestión será comodixerila ou como achegarse. Diego Santomé ofrece as pautas ou andamios desta achega; o discurso de naturezaconceptual nunha declaración de intencións como cartas sobre a mesa desde unha linguaxe irónica que seadecúa a unha exposición diferente: a burla como solución. Por iso, todo o que nos amosa destila inxenio ecomplicidade co visitante. As dúas salas da galería describen moitos saltos cara adiante, moitas suxestións vitaisdun artista activamente comprometido. Primeiro, unha impresionante peza marca un agudo eixe horizontal,presentando a maqueta dun museo imaxinario situado á altura dos nosos ollos, onde se retiraron as paredes ea nosa mirada penetra, como nunha casa de monecas, como un Gulliver curioso. O repertorio tamén describemoitas tipoloxías arquitectónicas e diversidade de solucións museográficas, descubrindo, como nenos, erecoñecendo obras da arte galega máis recente; serán pezas que integran, como veremos, a colección dunhafundación tamén imaxinaria. Completan esta primeira sala tres novas pistas deste xogo artístico, da arte comomarketing: nun panel onde se nos presenta a devandita Fundación Diego Santomé, fotografías como frag-mentos (postais-recordatorios) das salas do museo e, finalmente, lapis negros co logotipo da fundación comosouvenirs da mostra. Todo un desenvolvemento dos factores económicos do artístico, satélites formais, comoclaves museolóxicas dunha ollada crítica.

Diego Santomé ten claro que o museo presenta unha cultura -unha sociedade- reconstruída, preséntase comoun organismo que recolle, recompila, disecciona e altera os feitos culturais; esponxa do real, mesmo colectorque almacena ficcións. A dialéctica entre a manifestación artística e calquera institución sempre se resolveu nundebate de difícil traducción, de moitas diferencias e incompatibilidades, pero, por outra banda, cunha com-plementaria afectividade e necesidade recíproca.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

5 de novembro de 2002

Vestidos diantedo biombo

Page 27: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Coa chegada das vangardas a ruptura entre arte e museo chegou ó seu culmen, pasando a institución porépocas de desertos e oasis, mentres fluían manifestacións artísticas desde a negación expositiva, lonxe deimposicións museísticas; unha situación onde o museo sempre foi a remolque dos acontecementos, cun nivelde reacción sempre lento ou pouco efectivo, como a maioría das institucións públicas en relación á arte con-temporánea. A situación, case medio século despois desta ruptura, localízase nunha conciliación oficial e unhademanda creativa de espacios flexibles, pero sempre queda como algo moi necesario e, paradoxalmente, cues-tionable.

Nun mundo silenciosoA potencia volumétrica da primeira sala, falando como un guía, transfórmase en cinema mudo na segunda.Outra escena, outra dirección que ataca, directamente, á base da institución artística, no intre no que comezaa conversa: as relacións da sociedade coa arte. O emprego da imaxe do propio artista concentra os esforzosnunha vertente persoal, autobiográfica, sentímonos cómodos observando o seu relato. Verticalízase a men-saxe. Unha relación de imaxes do artista en diferentes posicións, onde brilla aquela que se mostra de xeonlloscastigado co peso da historia da arte, materializado en dous grandes tomos enciclopédicos sobre as mans; unhasíntese narrativa de toda a exposición. Destaca, así mesmo, a peza proxectada que presenta un relatorio demensaxes, en diálogos silenciosos de bocadiños con letras, onde se contan anécdotas ou chistes nos que todosnos sentimos identificados. Unha obra de referencias dadá, por intres absurda e sempre cuestionadora ás raícesda arte. E seguimos a falar dun artista implicado, da comunicación entre as diferentes disciplinas, nunha men-saxe clara fuxindo da banda sonora, do decorativo, no mundo limpo, hixiénico, de Buster Keaton.

Unha exposición que consegue facer partícipe ó espectador, que sae, coñecedor do seu papel como intérpretedo creativo, como elo deste drama. Todo, para ben ou para mal. Próxima a inauguración do Museo de ArteContemporánea de Vigo -a poucas rúas desta galería- a mostra preséntase como elegantemente oportuna,espindo os problemas e tamén virtudes desta institución que, lonxe ou preto da sociedade, sempre é deman-dada e necesaria na construcción do contemporáneo. Diego Santomé instala andamios nos nosos ollos, ensi-na a ver, disloca o establecido, pasando as follas dun mundo, o da arte, moi complicado. Porque moitas vecesarte e vida van da man, outras foxen como esperanzas caídas, sendo, ás veces, moi difícil de dixerir. ¿Verdadecompañeiro?

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 28: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Algo queda claro, algo está a cambiar na arte galega. No recentemente inau-gurado II Premio Auditorio de Galicia queda un sorriso de optimismo novento; mudas de pel ou de órganos que conforman, aínda, un panoramaenlamado, pero versátil. Precisamos zancos, prismáticos ou apalpar naescuridade, en fin, recoñecer facianas novas e ollalas, como andoriñas voan-do.

Na nosa terra licéncianse cada ano arredor de cincuenta novos artistas, que se mergullan nun mar poboadocos licenciados de promocións anteriores e demais actores plásticos de diversas xeracións. Un panorama fér-til, dinámico, onde non escasean as boas propostas e onde, falando claro, fallan os mecanismos de difusión,de canalización. Porque esta carencia é moi preocupante, a non existencia de salas alternativas que lles ofrezanun espacio ás novas xeracións -digamos, a todas, pero máis desacougantes son as que están a comezar- salva-do soamente por honrosas excepcións. Problemáticos son, así mesmo, os mecanismos de desaugamento rápi-do, sen claridade nin seriedade; estoume a referir a exposicións ou proxectos de limitada calidade.

Os artistas novos galegos agardan, cos cartafoles cheos, a que unha galería, un crítico ou comisario, directorde museo ou xestor político, recolla as súas inquedanzas e as volva realidade, ou simplemente, que as fagapúblicas.

Canles de soñosNese apartado de canalización dos esforzos están a presentar unha solución, digamos práctica, os chamadoscertames de arte. Unha variedade de premios, mostras e demais plataformas que florecen e desaparecen nanosa xeografía. Son de sinalar,como xa comentaramos noutra ocasión, a Mostra Unión Fenosa, o Novos Valores de Pontevedra, o Premiode pintura Concello de Cambre ou o Isaac Díaz Pardo. A correcta difusión, incluso a calidade, oofrécese na presencia dun bo xurado, e non só na selección, exclusión ou aceptación, senón na vontade de apostar, de abrir gabias na enlamada realidade creativa galega; isto conségueo o II Premio Auditorio de Galicia.

Atrapar andoriñasA selección produce o mesmo paradoxo do creativo. Presencia de pouca pintura, con media ducia escasa deobras, onde sobresae a premiada Irene González, Xaquín Carpintero ou José Ángel Zabala. Exemplos desupervivencia, en fin, rupturas. Porque algo desvirtuou na chegada ós visitantes: Suso Fandiño -premiado cunaccésit- presenta un minimalismo cargado de ironía, unha caixa negra, a bidimensionalidade a xuízo. Mentres,afondando na corda frouxa, a fotografía resiste o envite brutal da videoarte: o apropiacionismo de RobertoRibao -o ollo lámpada, roto, nun mundo de caídas- dialogando co collage urbano de Marc Quintana e a lin-guaxe máis internacional de Simón Pacheco

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

12 de novembro de 2002

A faciana prácticado creativo

Page 29: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

As evocacións de paisaxes, de realidades íntimas, como xoieiros e olladas de xénero, deixan un oco ó referentehumano, que se presenta en primeiros planos, para, finalmente, a videoarte asomarse con enerxía renovadora,símil da efervescencia actual. A videoarte, timidamente representada noutros certames galegos, amosan as pan-tallas como pálpebras e mans abertas neste Premio do Auditorio: as propostas de Félix Fernández, LorenaGómez -primeiro premio- ou Carlos Tejo. O audiovisual como exemplo de que algo, que o saiban todos, estáa reformar a vivenda contemporánea.

O espectador esvara entre liñas-meandros e itinerarios rápidos, pezas que respiran para outras abafar, mesmodespistar, dislocar a mensaxe. O grande Ícaro da entrada presaxia unha literatura, unha mensaxe cargada,mesmo barroca. E así é, moitas das obras expostas derivan nunha dirección documentalista, narrativa, outrasdeixan lugar para o baleiro, para o descanso visual; quedar cunha obra excelente de Carlos Rial -símil doperenne- e a delicada pintura, insisto, de Irene González, como retrincos de reconstruccións, como tentandoasentar a situación dos xéneros clásicos no panorama galego, en clara ascensión.

As mesmas enerxías renovadoras que proxectos como Miradas Virxes de Ferrol ou Procesalia da USC amosande xeito individual, quedan presas, como risco colectivo e retrato do plural, neste II Premio Auditorio deGalicia. Bolboretas atrapadas soamente ata finais de mes; asistide, quedarán emocións nos ollos, logo sóbaleiro.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 30: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Construímos habitacións de soños, lugares onde recrear as ideas, as viven-cias, as nosas virtudes e defectos, en resumo, espacios para recrear a arte. Onovo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) esconchou logo deanos de embarazo cunha vocación dual, reflexiva e informativa. Os seusmotores de propulsión son as dúas exposicións: "Atlántica, 1980-1986" e"Cardinales". Luces e sombras dunha institución, o museo, que se ofrecesempre en pleno cuestionamento, e seguimos a pensar en solucións.

Cun proxecto de rehabilitación do equipo de arquitectos Quijada, Fraga e Portolés, o MARCO rescata do pasa-do o cárcere municipal, recupera un espacio para o debate, un lugar para as artes, propulsando liberdade ondeexistía dor; certamente, metáforas dunha realidade positiva. A tipoloxía arquitectónica resposta a unha dis-tribución panóptica, cunha delicada rotonda central e tres galerías que xeran os respectivos patios cubertos,tres salas que resultan ilusionantes, moi significativas. O último dos chanzos desta plataforma, a dirección, estánas mans de Carlota Álvarez Basso; explica as súas liñas programáticas en dous focos públicos, dúas mostrasde caracteres e solucións diferentes. Mentres, por outra banda, apóstase polo temporal fronte á conservación;un eixe máis relacionado co centro que co museo, pero que demostra a esixencia do actual. Afastada queda aproblemática da súa colección; desbotada a do Quiñones de León, apóstase por unha nova colección, algo queseguiremos moi de preto. Dúas plantas enteiras para proxectos temporais, o financiamento establecido e docemeses anuais despois da resaca da inauguración. Porque logo da festa vén o día a día, o longo cotián, como asilusións repousadas no día de voda.

Agrupar, recrear emociónsDúas direccións nun espacio carismático. A proposta que se instala na planta baixa do museo introduce o ele-mento internacional, a mostra "Cardinales"; ilustra a vocación extraterritorial que asentaba Vicente Todolí,actual director da Tate Modern: "cos pés na terra e os ollos no mundo". A mostra presenta unha selección depezas dos últimos anos, nunha pluralidade de linguaxes e soportes que dirixen a mirada á propia arquitectura,explorando as relacións do home co espacio, derivando en reflexións sobre a propia identidade, a existencia.Así Eulalia Valdossera inventa unha habitación de soños, Esko Männikkö retrata a vida nos lindes da natureza,Tony Oursler fala da opresión, mentres Rui Chafes ensina máscaras da existencia; discusións relacionadas coaarquitectura, Monserrat Soto recreando perspectivas, Gregor Schneider a memoria e Muntadas en choscadascríticas sobre o espacio panóptico, que etiqueta o edificio que nos acolle. O discurso de dobres percorridosexemplifícase, de xeito paradoxal, nas dúas obras de Jorge Barbi: a recollida selectiva de materiais como senti-mento de apropiación, de rexistrar e asentar a nosa presencia terrea, e o desprendemento, como liberación, naobra "No me retengas". Sentimentos contradictorios e constructivos que se poden aplicar ó propio museo.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

19 de novembro de 2002

Habitaciónsde soños

Page 31: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Desde o balcón do presenteSe a primeira das plantas recolle os pulsos do actual, como flashes no aire, a segunda aposta pola análise cospés na terra, rabuñando na nosa historia para presentar a proposta "Atlántica 1980-1986". Esta mostradescribe de xeito claro a liña programática de reflexión do museo sobre a arte galega contemporánea.

Unha volta de rosca a unha época moi coñecida, longamente citada, criticada, respectada e, sen embargo, ref-erencial. O relatorio de críticas destas últimas xornadas centróuse na selección de obras, e en que certos artistasnon están debidamente representados. Atlántica foron tres exposicións en diversos lugares; tres impulsos eagrupamentos colectivos de intencións moi activos, que lanzaron nomes que tiveron un magnífico madurar.Antón Castro, comisario e piar argumental e teórico desa xeración, recolle unha selección de vintecinco artis-tas; en resumo, a ocasión de volver rememorar aqueles anos, aquelas obras, descubrir pezas pouco coñecidasxunto a outras referencias da arte galega.

O trazado retrospectivo desta mostra dilata o artístico, desborda as propias marxes do museo, contactando cosocial nunha exposición que se ofrece nunha sala exterior. Unha proposta que dá unha aperta ós cidadáns deVigo, cos diferentes axentes e actores que naquela época dos oitenta pensaron dun xeito diferente, recitandomoitas voces utópicas.

A proposta está sobre a mesa do presente, todos teremos moito que dicir, falar do número de obras escolli-das ou o diálogo entre elas; seguiremos atrapando o latexo do museo nos vindeiros roteiros, primeiros pasosdo meniño. Temos ata marzo do 2003 para seguir atrapando parapeventos.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 32: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Tempo de agasallos nas vitrinas de Preciados. Madrid ensina as armas sec-retas, limpa a faciana castiza, xuntándose con aquelas forzas e axentes clási-cos, os mesmos que a converteron unha cidade referencial na arte actual.Dous días e un bono de metrobus nun itinerario polas mostras de galerías emuseos, illas de ilusión.

Todos debemos viaxar a Madrid, polo menos unha vez no ano. En febreiro con motivo da feira Arco, reen-contrándose con amigos e apalpando novas ideas, no verán asistindo a unha cidade baleira, libre, ou nestasdatas -por exemplo- non para mercar agasallos, senón para recoller propostas anovadoras das numerosasexposicións que se ofertan en múltiples espacios. Guía del Ocio, Gran Vía, Chueca e Castellana, teatros demusicais que todos bailamos. Un aviso ó paseante, facer unha preselección de número e calidade, sobre todopara non morrer estasiado ou relembrar propostas moi próximas.

Gula GulaA idea, alimentarse antes de volver. Consulto o folleto que edita "Arte Madrid" onde se recolle unha relaciónde galerías cun utilísimo plano. Metro Colón; na rúa Orfila visito pesimista a Malborough con obrasneoiorquinas de Manolo Valdés e emociónome coas novas pinturas de Hernández Pijuan na galería SoledadLorenzo; poucas cousas son tan delicadas e minimalistas, mesmo agarimosas ante os ollos. Facendo camiñoparo en Fúcares, Marta Cervera, Antonio Machón -coa brutalidade dun último Barjola-, Galería 57 e nas nat-urais e fráxiles recreacións de Adolf Schlosser en Elvira González. O tempo corre máis ca min, Juana deAizpuru, Javier López ou María Martín apertan os meus pés cansos. Plataformas do mellor que podemosatopar no panorama nacional.

Sempre queda tempo para un café no Círculo de Belas Artes e reencontrarme co Palacios máis soberano. Noprimeiro andar atopo a aposta pola arte nova de "Dieciocho", coas obras de rapaces novos, moitas previsibles,ilustrativas de que estamos a vivir no mesmo mundo e vendo as mesmas cousas. Lecer. Paseando polo Retirovisito a mostra de Carmen Calvo no Palacio de Velázquez, unha fada que recita versos de dor sobre vidros decores. Mentres, en fronte, o Exilio abre os ollos da memoria, baixo os teitos lenes do Palacio de Cristal. Asparellas bailan na tempada de outono do Thyssen: Sonia e Robert Delaunay amosan unha natureza dixeridapolo cubismo, de cores dispersivos, órficos, mentres a parella de feito Rubéns-Tiziano reflíctense nos espellosda vaidade. Sempre ambiguo, o Reina Sofía reafírmase ensinando tres xeitos diferentes de rabuñar o actual:Jean Nouvel, a Black Mountain College e Ignasi Aballí. Nos lindeiros do museo, Daniel Canogar depura assúas instalacións lumínicas na galería Helga de Alvear mentres Javier Pérez alonga e confunde imaxinativo enSalvador Díez, sen dúbida, unha das máis recomendables.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

3 de decembro de 2002

As armas secretasdunha cidade

Page 33: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Auga para o camiñoAtocha, o Rafael Moneo camuflado. Na Ronda de Valencia un novo centro, La Casa Encendida, que dependede Caja Madrid. Unha aposta polo provisional, a exposición "Entre líneas" e a faceta didáctica de íntimo con-tacto co artista novo, en talleres e aulas de traballo abertos a disciplinas alternativas. Subo á súa terraza, leo ofolleto e sorpréndome dunha proposta solidaria: o traballo de artistas sobre unha nena imaxinaria: AnitaLacirema. De novo Julio Cortazar abrindo ventás, a fantasía ó poder.

Ideas e propostas que -a nivel individual, rabuñando e filtrando- podemos atopar en galerías galegas comoSCQ, Trinta, Ad Hoc, Bacelos ou Marisa Marimón, o ciclo Miradas Virxes, a Barrié ou o CGAC, e pouco máis.Pero ningún proxecto conxunto, global. Madrid segue funcionando como pastillas de Prozac que inxectandoses de ilusións. Mentres, do lado experimental, a pintura está a repoñer forzas, a fotografía segue firmecomo a abandeirada deste comezo de milenio, resisten as referencias naturais, volve o compoñente humano,mentres o elemento dixital agora actúa de pel agora de soporte expandido no espacio virtual.

Nos petos, as armas secretas dunha cidade que, de xeito irremediable, sempre resulta atraente, mentres nós,recollemos auga para a viaxe de volta.

Mediodía do domingo, tambores negros na Porta do Sol

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 34: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O pretexto queda prendido na actualidade, unha marea negra inunda asnosas costas. A miña participación ante esta realidade sitúase instalando unespacio para a lembranza; pero non unha nostalxia decadente, plañideira,senón aquela que prende mecha no futuro, reconstruíndo e esixindo respon-sabilidades. Reconstruir un lugar para que non se esqueza, revivindo osintres de relación da arte coa paisaxe, en concreto, coa natureza do litoralgalego.

A mirada do historiador. Esa é tamén a nosa misión; porque como se preguntaba a amiga Rosa ¿onde estános mares de Manuel Antonio, Carlos Casares ou Baricco? eu insisto, ¿onde están os mares de Avendaño, deCorredoira ou Casás? Tomo como muleta o libro de Rafael Argullol "La atracción del abismo" e fago unhahomenaxe á pintura de paisaxe, do mar, á arte que ollou e retratou as nosas costas.

Reter o brillo da herbaAs vinculacións entre arte e natureza sempre se rexeron polas regras e pautas da reproducción. Converternatureza en representación, imitar e realizar unha recreación, unha ficción. Desde a Prehistoria o home ten-tou reproducir o movemento dun cervo correndo, aproveitando os vultos das rochas. Grecia e Roma apos-taron pola beleza, establecendo os canons que durante o medievo se popularizaron en híbridos de tonsnacionais; logo volveu a mitoloxía humanista do Renacemento, exaltada no Barroco e dórica noNeoclasicismo. Pero a paisaxe, como xénero independente, non agromou ata o Romanticismo, onde se rex-istrou a súa independencia como modalidade e temática pictórica. Cambiaba o xeito de achegarse a ela, sendocada vez máis íntima e potente. O Impresionismo amosou a inmediatez, as catedrais de Monet e as sombrasde Sisley, rozaduras de cores na paisaxe; logo, Cezanne fixo da súa Montaña da Victoria un exercicio matemáti-co. Cambia a mirada, o formato e as intencións. Esta semente brotou no século XX principalmente desde aexpresión, arrancar a nosa ollada desde o interior. Aceptábase a temática da paisaxe como un dos moitos com-poñenentes de ruptura lingüística, de vangarda; as feras do Fauvismo, o factor tempo do Cubismo e a paisaxelírica, mental, musical de Kandinsky. A ruptura, esbozada co nacemento da abstracción, aséntase coa paradig-mática "Broodway Boogie Woogie" de Mondrián. A modernidade, despois da monstrosidade das guerrasmundiais, deixou lugar para a experiencia, para restaurar a memoria, xurdiron as manifestación de ruptura,liberdade, e a paisaxe acolleu de novo unha importancia vital, sobre todo da man do Land art: intervir nanatureza.

Lagarteiras de ollos azuisA arte galega sempre mirou a súa paisaxe, a súa topografía como reflexo da vontade persoal, íntima. Semprecoherente da súa procedencia, da súa orixe. O litoral, como lindeiro de texturas, de variadas naturezas, recolleuos pasos de artistas que absorberon o seu azul, pousaron os pés nas súas praias e os pinceis ó sol. ComoBardén e Tosar na terraza do barco a Cangas.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

10 de decembro de 2002

As moitas coresda mar galega

Page 35: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Esta admiración cara á paisaxe comezou a facerse patente, sobre todo, da man do pintor romántico XenaroPérez Villamil, percorrendo vilas rexistrando o seu contido exótico, mítico. O mesmo valor viaxeiro, pero máisinterior, vivencial, como de vontade documental estaba nas fotografías de Inge Morad ou Ruth MatildeAnderson. Preto da pintura naturalista, rexionalista, están Serafín Avendaño, Ovidio Murguía ou Parada Justel;a postura vangardista en Maside, Seoane, Colmeiro, Souto, Torres ou Castelao, entre outros. E quedan as imax-es de fondos de mar dun fermoso Lugrís. Diferentes e viscerais son as de José Suárez, Ramón Caamaño nasúa Costa da Morte ou Virxilio Vieitez. Hoxe sobrevive esa ollada xornalística en Xurxo Lobato, na súa"Galicia, sitio distinto", e nos innumerables fotoxornalistas que desde a ventanilla retratan a paisaxe do nosolitoral. Quedan moitos, dos que seguirei a falar, pero existe un artista anónimo que todos gardamos dentro rec-ollendo cunchas nas praias, facendo castelos, soterrando os nosos corpos na area, sacando fotos cos brillosnas rochas; tempos de verán. Porque o mar é atraínte, inúndanos, absórbenos de grandeza, nai e morte, leirasde berberechos, pero tamén lene e fráxil, como a memoria. Vexo o home, como aquel monxe fronte ó mar nocadro de Friedrich, asolado, inundado pola súa magnitude, pero chorando.

Moitas cores do marSeguimos o itinerario, longo, peregrino, deste achegamento da arte á paisaxe litoral galega. Existe a ollada pic-tórica; Antón Patiño representa a pintura de expresión, condensando unha paisaxe colosal, quedando cadrosde evocacións e tamén de mareas negras, na súa fantástica serie de finais dos oitenta, onde unha enorme man-cha negra cubría parte da tea fronte a un barco; iconas de destrucción ou mesmo de desolación. CorreaCorredoira rexistra as cores da costa, verdes e amarelos en teas e soportes naturais. Baixeras destila abstrac-cións de azuis de ceo e mar.

Desde a escultura, formas no espacio, resulta complicado reproducir a paisaxe; a solución está en destilar ana-cos, como personaxes ou reflexos da mar, da vivencia litoral. Moitas esculturas públicas dispóñense en incon-tables paseos marítimos da nosa costa, como exemplos do bo e do malo da nosa realidade escultórica. Na pro-posta de amoblamento urbanístico "El jardín de Hécules" do paseo marítimo da Coruña sálvanse poucasobras, a Rosa dos ventos de Correa Corredora e os Menhires espetados na terra de Manolo Paz, como ventásabertas a un aire que os aperta. En Vigo a Porta do Atlántico de Silverio Rivas homenaxea un horizontetransoceánico ou, o Sereno de Francisco, sintetiza o elemento marítimo nun ser mitolóxico, brillante; de Leiroson tamén a grande batea que presentou na recente mostra no CGAC e o retrato do pirata do barco "Burlanegra", a mesma etiqueta dunha plataforma que hoxe percorre Galicia acadando solucións e esixindo respon-sabilidades. Carlos Rial, nas súas últimas obras, reflicte a súa experiencia mariñeira, a memoria, en barcas pre-sas de feira, e nos flotadores de cousas queridas; tamén Guillermo Aymerich olla desde a súa ventá os barcospola ría de Vigo. Carlos Tejo retratou os faros de balizas, Andrés Pinal percorren praias cargando unha caixae Vari Caramés atrapou un mergullador. Todos, facianas dun mesmo horizonte líquido.

Existe a ollada espacial, da topografía cultural; o César Portela do faro de Punta Nariga, do Cemiterio deFisterra, do Acuarium de Vilagarcía de Arousa e, co grande Aldo Rossi, do Museo do Mar de Galicia.Combarro ou a Praia das Catedrais. Queda tamén a ollada reflexiva, de acción, de sentirse dentro da paisaxe.Fernando Casás representa a destrucción da natureza, a deforestación no Amazonas, en obras que existendesde a propia supervivencia, a denuncia e a reconstrucción. Árbores queimadas e pegadas do paso do tempo.O grande Jorge Barbi recolle anacos de mar nas costas da súa Guarda natal, percorrendo rochas e praias,facendo do caminar litoral un manifesto artístico.

Flotando no marOs corpos flotando no mar, náufragos dun destino cruel; romántica postal para unha realidade máis dura. Áderiva, o que flota no mar. Sen rumbo, paisaxes da matanza, unha mancha negra que pecha os ollos, destrúeo azul da nosa arte galega. Porque en todos está o mar, o litoral, como lembranza, ancorado nos tubos de azulcobalto, libre nas referencias literarias, nas camiñadas no serán, mesmo nos ollos pardos dunha mullercampesina de Colmeiro.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 36: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

As últimas obras de Menchu Lamas, que ata mediados de xaneiro recolle agalería SCQ de Santiago, destilan a maxia dunha grande artista. Pinturas deexpresión onde a literatura dos anos oitenta queda nunha presencia icónica,como pegadas dun pasado de siluetas antropomórficas, como etiquetas, enestructuras xeométricas. O poder da liña, da narración, nas facianas líricasdunha pintura con moitas capas de cores libres.

A literatura perdida Menchu Lamas representa a pintura de expresión terreal. A pintora que podemos ver na actualidade sintetizaun itinerario de continua experimentación da propia pintura, como piar da vida. O camiñar comeza no espíri-to salvaxe dos oitenta, vinculada ás enérxicas fustas do neoexpresionismo asinado por Atlántica, comopodemos ver na mostra colectiva que se amosa no MARCO de Vigo. A referencia literaria, mesmo mitolóxi-ca, impresa en seres deformes, grandes cabezas, longos brazos e monstruosas masas animadas, dispostas nunespacio límite, acomodábanse nunha tea explosionada de cores primarios. Composicións primitivas, que ólongo da década dos oitenta e, principalmente, nos noventa foise acentuando en expresividade, revendo afaciana lírica, abstracta, afirmando o compoñente lineal e de planos de cores, nunhas obras máis sintéticas,máis reflexivas e paisaxísticas. No itinerario pérdese o corpo con maiúsculas, que nunca deixa de aparecer, peroreforzase a compoñente icónica, o mosaico, desencadeando nunha habitación de paredes enlamadas, liñas deandamiaxe, formas xeométricas e retrincos de corpos como metáforas do pasado. A súa última obra, comotamén se evidencia noutros artistas, asenta o lado expresionista e traza pontes coa abstracción, sempre exalta-da.

A pegada, berce da pinturaA paisaxe que Menchu Lamas destila nestas últimas obras é a calma do descanso, mesmo da tranquilidade e aenaltecida forza do guerreiro dionisíaco. Composicións equilibradas, coidadas, onde o peso recae a partesiguais na faciana narrativa e no lado máis subxectivo, o que marca a propia pintura. Quedan iconas, restos dunpasado, como pegadas da vida; símbolos codificados do seu universo persoal, acompañados de grandes man-chas de cor, campos de cores sen fin. Así, unha das pinceladas máis imaxinativas das súas obras son as com-posicións de campos expandidos, abertos con liñas como andamios, estructuras arquitectónicas que atan olenzo nunha carreira dispersa ou no fragmento do detalle; outras son liñas que marcan un terreo dunha páxi-na sen escribir ou no horizontes da memoria. A silueta adquire relevancia, nos propios motivos iconográficos,mentres a cor flúe na superficie acendida, en vermellos de sangue, amarelos e azuis de zinc. Sorprende grata-mente a dirección equilibrada de moitos dos cadros, sobre todo os de grande formato, onde as palabras nonse multiplican nin aumentan, senón que se enriquecen, exaltan. A moitos artistas quédanlle ben as tallas XL,como Richard Long ou Barnett Newman. Atopamos unha pintora próxima á paisaxe, con cadros de círculosde adoquíns, como calzadas romanas, camiños na terra ou acoutamentos de leiras. Tamén a paisaxe mental, aque repousa, nas medias lúas que arrolan un home durmido, como un exvoto codificado.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

17 de decembro de 2002

As tallas XLda pintura

Page 37: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A mesma mensaxe acentuada en Alberto Datas na loita entre abstracción e figuración, exemplifícase en Menchu Lamascomo unha disidencia entre cor e liña, superficie e fondo; dúas forzas que se afirman en cadros alternos, ó longo da exposi-ción. Pinturas dun trazado anguloso ou xeométrico, aparentemente hermético, pero que recollen un panorama de bercesabertos a anatomías evocadoras.

A portada dun recente catálogo presentaba unha fotografía coa pintora tombada diante dun dos seus cadros, durmida,como dentro dunha ficción. Porque Menchu Lamas, como Ana Mendieta ou Pamen Pereira, recolle os soños, en pegadasde mans, corpos, mesmo planos de cor, das moitas verdades sobre o mantel, transparente, da vida.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 38: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O poder da pintura nunha parede branca. A Galería Trinta de Santiago rec-olle ata finais de mes unha fascinante selección dos últimos traballos deBerta Cáccamo, pintora da abstracción que percorre o panorama galego coatranquilidade da experiencia e o sorriso dos comezos; pinturas e debuxos,imaxinación e camiños.

O mensaxeiro colgaba as mans dos petos, amarrando os únicos aforros destinados ás compras dun Nadaldemasiado decadente e de ledicia insostible. Quizais sexa a chuvia pero o poder dunha pintura, detrás decristais mollados, atrapou o camiñante naquela tarde, almacenando o tempo de ocio, as mans seguían nospetos, os ollos presos.

Néboas amarelasA Galería Trinta buscou unha expansión fóra das pedras do casco histórico da cidade, gañando en espacio eambición, nun novo local na rúa Virxe da Cerca cunha rehabilitación do arquitecto Pablo Tomé. A primeiradas dúas plantas, pola que accedemos, está a nivel da rúa; neste pequeno cadrado, furado por unha escada detravesas de ferrocarril, atopamos a xoia do reinado de Berta Cáccamo, a pintura que retivo a mirada dopaseante anónimo. Unha pintura que asina a súa actual poética, que deriva cara a unha maior depuración doscontidos, como un relato de versos que perden formas e se dilúen en vontades máis acuosas. A mostra pre-senta, deste xeito, un comezo enérxico cun delicado territorio de pintura en construcción, unha nova revisiónda súa propia traxectoria. Un repertorio de obras -debuxos e pinturas- acompaña como soldados á raíña,actuando de mapa ou mosaico das moitas facianas da pintura de Berta Cáccamo, semellando que a pintora nonquixese que o visitante se perdese. Estas dezaseis pequenas pezas -verdes, amarelas ou rosáceas- debuxanxeitos de abstracción: camiños, superposicións, interseccións, iconas, formas xeométricas, veladuras e labirin-tos. A pureza despréndese como unha das máis agarimosas etiquetas desta pintura, desta refinada estructura.O camiño desvíase no atmosférico; despois de caminar polo chan, na terra, de percorrer itinerarios sinuosos,a marea mergulla os terreos, derivando nunha lectura etérea, dispersa.

Camiños de caracolO percorrido continúa na planta baixa da galería, entre as mans as pautas esbozadas pero firmes dunha pin-tura moi persoal. O espacio alongado refórzase na propia estructura da mostra, con dous grandes lenzos nofondo e privilexiando a parede da esquerda, onde se dispoñen os cadros máis fascinantes da mostra. A lecciónaprendida na primeira das escalas, falando de estructuras e atmosferas, verase prolongada nesta sala cun epíl-ogo máis enriquecedor. Dúas serán as vontades da mostra: a pintura de percorridos e a pintura de paisaxe. Asprimeiras, aquelas dunha única tonalidade, azuis, vermellas ou brancas, que reptan pola tea, acollendo os vér-tices da tea, os seus lados, apertando as marxes. Curvas e contracurvas que conforman composicións saturadasde cor, pinturas "horror vacui", cheas pero leves, sempre delicadas. Obras como camiños de caracois, camiñosaéreos de sucos ou sendeiros dun informalismo depurado, e logo pequenas pegadas erosionadas, transitadasou lavadas. O paso do tempo, a pintura acumulativa. A segunda será a faciana da paisaxe, que queda en obrasonde prevalece a néboa, onde a cor esquiva lindes e se estira a compoñente de suxestión, do imaxinado. Asúltimas obras deste ano serán pezas onde domina a cor dispersa, a erosión e as delicadas transparencias; col-oniza a marea, o ceo de nubes de chuvia e as manchas degradadas.

Paos de cor azul, doces siluetas dunha leira como un mundo; escribir con liñas azuis, acumulativas, dunhapoesía que Berta Cáccamo converte en pintura de vida. O camiño do caracol pérdese na paisaxe, estiramos opescozo e a xirafa da arte galega ensina unha pintura de néboas, imaxinativa, como un salto sen rede. Pero,como sabemos, a pintura tarda en secar, mentres, o caracol seguirá reptando.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Os pasos do caracol 7 de xaneiro de 2003

Page 39: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Dentro das diversas propostas colectivas a actualidade descubre unhaexposición certamente destacable, exemplar: a mostra dos bolseiros deUnión Fenosa no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña. Mónica Alonso, Mar Caldas e Manuel Vázquez serán os responsables de imaxinativas instalacións que falan de ficción, recreación e narratividade. Exemplos de arriscadas e desveladoras tendencias da arte galega actual.

Dentro das estructuras culturais que latexan en Galicia o concepto museolóxico latexa como unha continuadúbida e cuestionamento da súa existencia, funcionamento e futuro. Unha loita entre o valor de conservacióne exposición que, nos museos, se prolonga ó longo das últimas décadas. O proceso lóxico prendeu na creaciónde infraestructuras de carácter máis dinámico, máis conectadas coa arte máis nova, na creación de espacios quedefenden unha vontade temporal: os chamados centros de arte contemporánea ou os espacios de cultura. Odiálogo existe en Galicia nunha pluralidade de estructuras que sobreviven desde o financiamento público ouprivado. Será neste último onde sobresae o exemplo, certamente significativo, do Museo de ArteContemporánea Unión Fenosa (MACUF) na Coruña.

O péndulo da arteO MACUF localízase no polígono industrial da Grela, un espacio residual e periférico do centro histórico dacidade que, desde 1997 e baixo a dirección de Luís Caruncho, ofrece unha liña programática situada na vontadeexpositiva de carácter temporal en fusión coa labor de mecenado e conservación. A primeira das áreas respos-ta á reflexión sobre os diferentes movementos contemporáneos, mediante mostras individuais ou colectivas,onde sobresaen aquelas dedicadas á arte mais nova, activadas de xeito principal pola "Mostra de Arte Unión Fenosa" e nos diferentes proxectos que derivan das bolsas destinadas a artistas que o museo convoca de forma bianual. Ó longo dos últimos anos gozaron destas axudas no estranxeiro algúns dos mellores artistas galegos, Manolo Paz, Aymerich, PamenPereira, Carlos Rial, Xoan Anleo ou Antonio Murado. A mostra actual presenta os traballos dos artistas novos: Mónica Alonso, Mar Caldas e Manuel Vázquez; os tres desvelan diferentes procesos de creatividade no presente cultural peninsular.

Tres luces como tres solesFicción, artificio e reconstrucción serán as mensaxes estéticas que levan os artistas no lombo. A principal dascaracterísticas repousa na importancia da formación de cada un deles noutro centro, onde complementan ouinvestigan sobre os seus procesos creativos persoais. Convén destacar como cada un dos artistas viaxa levan-do nas maletas unha traxectoria aínda virxe pero certamente estable, que contrapón á realidade encontrada.Pero o que atopamos non son recordos das estancias, senón os productos, resultados e materiais desa estancia.Todo conleva unha apropiación de experiencias e coñecementos que fan mudar, ás veces por completo, omodo de proceder dun artista ou reafirman a súa poética persoal.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

14 de xaneiro de 2003

O factor provisional da arte

Page 40: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Mar Caldas (Vigo, 1964) ofrece fotografías de realidades inquietantes nunha instalación realizada con luz estro-boscópica intermitente que altera a nosa visión e nos fragmentos de primeirísimos planos cinematográficoscon dous ollos na obra "Péndulo". Manuel Vázquez (Santiago de Compostela, 1969) saíu sendo pintor evolveu sendo tamén pintor, o único que alterou foi o proceso técnico desenvolvido na Central Saint MartinsCollege of Art de Londres. As súas pinturas berraban sons, luces e flashes de ficcións, que transforma agoraen fotografías e vídeos presentando un plein air de movementos paisaxísticos. Mónica Alonso (A Fonsagrada,Lugo, 1970), unha das artistas máis interesantes do momento, que actualmente expón no proxecto"Doméstico" en Madrid, ofrece unha impactante proposta espacial chamada "Puntos de dor". O seu xeito detraballar engloba unha visión interdisciplinar, obras que dominan toda a estancia, colonizando con cores,maquetas e obxectos que falan dunha vontade vital, experimental, demostrativa.

Cada unha das propostas expostas reflicte a inquedanza do contemporáneo, as dúbidas e desexos ofrecendomáquinas funcionais, terapéuticas; reflectindo, tamén, a faciana poética e dispersiva do real. Traballos que saendas canles habituais, rompendo as filosofías museísticas, arriscando, innovando lugares para o posible, lugaresprovisionais.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 41: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Cada unha das pezas de Ignacio Basallo relata unha delicada conciliaciónentre a tradición e a linguaxe contemporánea. A mostra aloxada noCGAC ata o mes de marzo, comezando a súa tempada expositiva, ensina assúas últimas creacións, os temas e procesos técnicos nos que leva a trabal-lar nos últimos anos.

A brancura de Siza acolle unha colonización pacífica de lecturas de artesán. O noso Basallo aposta polo diálogo, pola inter-locución de linguaxes, materiais diversos e técnicas derivadas da madeira; tamén desafía ó espacio que recolle as súas pezas,como elemento activo da composición. Un percorrido de traballos que comezaba na década dos oitenta e que se perfilounos noventa como unha das apostas máis interesante da plástica galega. As obras agora presentadas, todas dos últimosdous anos, retratan un Basallo actual, que condensa unha ollada documental. A exposición esperta unha delicada sensaciónde levidade, a inxenuidade compositiva dos contos de nenos, dos contos populares.

O visitante debe continua-lo percorrido amarrado a dúas claves nas que o escultor insiste ó longo de toda a mostra: o "pro-cedemento constructivo" e a lectura retrospectiva do traballo na madeira, limpando e depurando as pegadas do pasado. Aproposta describe, deste xeito, unha melodía cun baixo continuo claro e perpetuo, que se prolonga -dilata ou mingua-segundo se interrelacione coas diferentes salas e espacios. Obxectos que descansan en chans de madeira ou de mármore,pezas que flotan mentres outras tensionan os muros, as esquinas e os teitos. A mostra comeza cunha verdadeira declaraciónde intencións, a peza que presenta no vestíbulo: unha liña vertical que colga dun teito de nove metros de altura, formadapor diferentes pezas que se articulan ó xeito da perna dunha marioneta e que descansan no chan.

Escultura ut procesoSerá na sala principal da planta baixa do museo onde atopamos o Basallo máis previsible, pero non por iso menos intere-sante, con esculturas que detectan pegadas ou reminiscencias de obras anteriores, de pezas de metamorfoses e dilatacións.Pezas que crecen en altitude e tamén en levidade, sen perder un gramiño de rotundidade e de forma perenne. O logrodesta ambigüiedade material, compositiva, está no proceso, no que el define como "procedemento constructivo". Consisteen compoñe-las pezas con anacos de táboas finas e longas, que o escultor vai pegando ó redor dunha estructura circulare que xeran unhas pezas cilíndricas ou cónicas, ó xeito dos toneis de madeira. As pezas sortéanse polo chan, puntas de iceberg, que conforman un itinerario cara ó fondo da sala cunha escultura-hamaca, como unha liña de posta de sol.

Pequenas pezas, realizadas ó xeito de esbozos ou prototipos, son almacenadas nunha vitrina e actúan de prólogo retro-spectivo das pezas expostas no Dobre Espacio, que se presenta máis baleiro e disperso ca nunca, mesmo musical.Columnas infinitas, escadas de corda, escadas surrealistas e cilindros de madeira nun espacio branco que parece verse sor-prendido polo murmurio das formas, o mesmo relato que pronunciaba a peza presentada, meses atrás, por Juan NavarroBaldeweg. Porque Basallo pensa e cuestiona no presente, as mans remexen no pasado e un pé, sempre, no futuro.

Pequenas pezas, realizadas ó xeito de esbozos ou prototipos, son almacenadas nunha vitrina e actúan de prólogo retro-spectivo das pezas expostas no Dobre Espacio, que se presenta máis baleiro e disperso ca nunca, mesmo musical.Columnas infinitas, escadas de corda, escadas surrealistas e cilindros de madeira nun espacio branco que parece verse sor-prendido polo murmurio das formas, o mesmo relato que pronunciaba a peza presentada, meses atrás, por Juan NavarroBaldeweg. Porque Basallo pensa e cuestiona no presente, as mans remexen no pasado e un pé, sempre, no futuro.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

21 de xaneiro de 2003

As vocesda madeira

Page 42: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A obra de Carlos Rial descobre xeitos de achegarse ó íntimo; toda a súa pro-ducción preséntase como un continuo desvelo cara o interior, pezas de frag-mentos, vestixios e metáforas que actúan de autorretratos. Na presentemostra, que recala na galería SCQ de Santiago ata finais de febreiro, revénas mesmas inquedanzas que ven recollendo nos últimos anos, nunha direc-ción quizais máis sintética e seriada.

Carlos Rial é escultor porque está namorado das formas, das texturas; namorado do tacto do mármore, da peldo xeso, preso da conxelada pía dunha igrexa, dos minimalistas torreóns de desexos fronteirizos, mesmo dobaleiro de corpos cando quedan presos en moldes de parafina. Porque semella non poder avanzar, non poderevolucionar. O noso escultor leva procesando a súa particular lectura da realidade en pezas acumulativas,preñadas de enerxías e, sobre todo, de memoria, de moitas historias. Do mesmo xeito que artistas como MonaHatoum ou Rachel Whiteread, acumula unha sorte de narracións de formas evocadoras pero de aparencia fría,inmaculada, hixiénica. Pezas que solicitan atención visual e verbal, onde precisa falar, penetrar ou acariñar.

O outro lado do desexoA forza, imaxinación e descarnado relato das pezas de Carlos Rial ofrécense como traballos individuais, quemodela ou imprime propiedades persoais, ó xeito de fotografías da súa vida. Nas dúas salas desta galería prox-ecta as súas diversas liñas de traballo escultórico: disxuntivas narrativas entre o representar e presentar. Naentrada unha construcción de ladrillos cuestiona a propia arquitectura expositiva, impoñendo unha nova orde;o visitante penetra nesta estructura de referencias clásicas, cunha planta redonda e remate abovedado. Despoisa lectura vólvese dispersa, e nace un artista obsesionado pola comunicación, pola diversificación de elementose forzas; xerminan as súas obras de seriacións. O escultor recoñécese máis nesta obra que na que lle fai parel-la na mesma sala: unha acumulación de moldes de goma negra que se amorean azarosos no chan, ó xeito dascomposicións de Allan McCollum. O prototipo ou o modelo como formas seguras de evolución histórica,porque Carlos Rial comprende a evolución como abortos utópicos de crecemento, por iso creou figurashumanas presas polos pés ou a citada estructura arquitectónica limitada no seu progreso.

As máscaras dun escultorA paisaxe vólvese plástica, difusa, na segunda das salas da galería. A resposta espacial convértese en bosque,en liñas de chan e teitos que se entrelazan, tensiónanse cos mesmos puntais que se empregan como elemen-tos constructivos no apuntamento das estructuras arquitectónicas. A paisaxe de espacios referenciais trans-fórmase en paisaxe metafórica, con troncos de metal inmaculados, condicionando o camiño entre eles. O nosoescultor, sen pensar no receptor, activa máscaras de simboloxías e metáforas do real, por iso hai tempos pen-durou corpos de nenos brancos como se fosen años nunha carnicería, porque quere contar unha historia deincapacidades, sempre persoal e sempre universal. Carlos Rial é escultor, non fotógrafo, por iso retén e sinte-tiza aquilo que a memoria foi arrastrando, como os restos ou vestixios dun naufraxio.

Valor en alza da plástica galega dos noventa, a súa obra actual reafírmao como un exemplo paradigmático daescultura de formas, procesos e metáforas; porque Carlos Rial ensina xeitos doados, transparentes, de vivir,continuar, resistir, o mesmo que fai o poeta ou o mariñeiro.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

28 de xaneiro de 2003

Muletas de vida

Page 43: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Recoller unha colección non é simplemente almacenar obras, formas plásti-cas. Nesta dirección camiña a mostra "Miradas Cómplices" que presenta oCGAC como primeira liña de achegamento, presentación e investigación dasúa colección.

Hai dous anos no Centro Torrente Ballester de Ferrol comezaba un dos proxectos máis arriscados dos exis-tentes no panorama galego: "Miradas Virxes"; pretendía, e conseguíao, poñerlle corpo á imaxinación visual eexperimental das novas voces da arte galega. Dilatando o fío destas miradas -axentes interpretativos, rexistrosvisuais-, o CGAC presenta a mostra "Miradas Cómplices", primeiro elo do que será un programa expositivoanual de catro exposicións que pretenden analizar a súa notable colección.

Miradas de artificioO CGAC, facendo ambigua a propia definición de centro, posúe unha colección elaborada a partir das adquisi-cións das diferentes mostras ou compras que se fan na feira ARCO, onde inviste, como todos os anos, 90.000euros. A dirección desta colección é, principalmente, galega e peninsular, con pequenas pero significativaspresencias internacionais. Este tipo de iniciativa que comeza con "Miradas Cómplices" segue a mesma direc-ción que outros museos, como o Reina Sofía ou MACBA, desenvolven. Supón un comezo de investigacióntemática, artificio, que recolle obras significativas das diversas coleccións que posúe o centro complementadascoa da galerista madrileña Helga de Alvear.

A mirada, dedo na paisaxe humana Esta mostra recolle a obra de numerosos artistas, dous deles galegos, quereflexionan sobre a imaxe, desde oretrato e a identidade. A ollada dun Narciso nas lentes de auga -Duane Michael's cos retratados en espellosovalados- e a realidade colectiva de Pierre Huyghe. Trátase, deste xeito, de recoller aqueles artistas que ofrecen un relato de fronte, ollando a faciana, ó cámara, do intérprete, do mensaxeiro. Un relatorio de formas emodos diferentes de analizar este tema, con técnicas e procedementos que botan man da fotografía e o vídeo como xeitos inmediatos de rexistro. Unha chiscadeira ó pasado, á historiada arte, Vick Muñiz elaborando debuxos de caramelo ou con pantóns de cores, mentres outros reviven dispersos o Barroco lumínico de Veermer. A identidade e reconstrucción da nosa presencia queda reafirmada no vídeo de Patricia Dopico, onde aartista rehabilita a súa cara nun espello estalado. San Taylor-Wodd, Alberto García Alix ou Thomas Ruff ensinano retratado sincerando o seu corpo, a súa mirada; Vari Caramés miradetrás das lentes de cristal húmidas, cando o impresionismo se converte en branco de metal.

A complicidade demandada queda, ó xeito dun camaleón, depositada nos ollos dos visitantes desta mostra. Seó principio destacabamos que elaborar unha colección non era almacenar, cando saímos, o comisario damostra Miguel Fernández-Cid, desvélanos que tamén é saber escoller, seleccionar, en definitiva, saber mirar,citando a Allan Poe. Porque unha colección non son as obras, son as súas relacións, as apertas, observar comoenvellecen, maduran ou respiran; formas vivas que manteñen esperto, ó xeito dun faro, o centro que as gardana paisaxe difusa do contemporáneo.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

4 de febreiro de 2003

Latexos no CGAC

Page 44: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Mentres preparamos as maletas con destino ARCO, a tempada expositivacontinúa nesta Galicia de desalentos e rumores. A galería VGO de Vigopropón ata finais de mes unha mostra de carácter evocador e paisaxístico,quedando sobre as paredes as suxestións fotográficas de Ana Fernández.

A traxectoria de Ana Fernández sobresae, principalmente, por presentar unha sinceridade de propostasfotográficas; apertándose firmemente á fotografía nun momento, a comezos dos noventa, onde taménagromaba a ruptura co concepto pictórico e expresionista da arte. Compartindo estas novas premisas -dila-tando a sombra de Duchamp- puidemos vela participando na xa emblemática mostra colectiva "30 anos no2000", celebrada no Auditorio de Galicia. Unha proposta que coincidía cos artistas de diferentes aptitudesestéticas, próxima ás obras de Andrés Pinal, Alberto Barreiro ou Carlos Nieto. A filosofía de Ana Fernándezneses inicios retrata unha postura directa fronte á realidade, nunha aposta pola fotografía de certezas próxi-mas, impresionistas, resultando traballos moi coherentes e de tranquila silueta productiva; suxestións quenunca perde, cunha vocación de obra pública, ben sexa rexistrando espacios exteriores ou aqueloutrasfotografías onde habitan colectivos ou persoas, sempre anónimas, reafirmando esta tendencia cara óindefinido.

A paisaxe dos dedosDentro do proceso de creación e recreación da arte galega, a vertente que reflexiona sobre a paisaxe ou o con-texto topográfico, supón un elo de artificio constructivo. Ana Fernández realiza unha presentación do exteri-or, unha mirada paisaxística de diferentes verdades. A súa opción presenta una vontade presentativa, de afir-macións directas, reflexionando sobre unha realidade estendida, dun xeito cinematográfico. Este discurso víasena súa coñecida serie "Alphaville" onde ofrecía retratos de persoas que se perdían nunha paisaxe urbana, deaeroportos ou estacións, os chamados "non lugares" de Marc Augé. Unha evocadora sensación impresionistade lugares indefinidos, formas fugaces, diluídas ou borrosas, xeran perfís acuosos e rostros neutros. Un poucodesta ambigüidade, indefinición, mesmo desta dependencia pictórica doutras disciplinas artísticas, queda nes-tas novas obras; cambia o escenario, agora a cámara panorámica retense nos xardíns, nos parques urbanos,naturezas humanizadas.

Os pousos borrosos da realidadeAs dúas salas da galería presentan, deste xeito, un achegamento ó natural, en relatos breves, concisos e fugacesde diferentes realidades plein-air. Unhas propostas paisaxísticas que lembran traballos cinematográficos, nascomposicións e encadramentos e, incluso, na propia técnica de impresión fotográfica, como tamén destaca nasúltimas obras fluídas de Manuel Vázquez. Unha preocupación interdisciplinar que provoca un espacial xeitode comunicar, cun guión harmónico deseñado ó xeito dunha historia anónima que recolle débedas da bandadeseñada e se presenta ó xeito de cadros impresionistas ou puntillistas -pensemos en Monet, Sisley ou melloren Seurat á beira do río- que se distribúen fragmentadas polas paredes da galería.Ana Fernández aproxima o visitante a un contexto en branco e negro, a unha ollada episódica da paisaxe; undedo que arrastra pintura, ó xeito dunha tartaruga, sobre a fotografía. O discurso máxico polo que poida terde evocador, pero real polo que, seguro, ten de vivencial.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

11 de febreiro de 2003

Tartarugasna fotografía

Page 45: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Esta edición de Arco ofreceu, desde a óptica galega, unha das edicións máisimaxinativas; a desaparición dalgunha forza repúxose coa madurez e afir-mación doutras. Foi un Arco de murmurios e de berros, espacios saturadose ausencias etiquetadas.

O asentamento estivo na participación de cinco galerías, a selección de pezas do MACUF, o MARCO dentro dun proxecto museístico e a presencia, silenciosa, do CGAC, que a partir deste ano non presentará o seu están. Que ninguén se estrañe con este dato, tampouco o fai o IVAM, o Reina Sofía ou o MACBA e consi--dero que non o deberían de facer ningunha institución, pública ou privada; é máis un espacio para que se presenten novas propostas museísticas, como realiza o MARCO, o novo Museo de Alacante ou o MUCACde Castela-León.

Flashes de modernidadeNesta presentación-representación de galerías galegas proseguiuse coa orientación que debuxa toda a feira:acumulación-dispersión. A proposta das galerías SCQ-VGO sorprendeu gratamente pola súa limpeza dedeseño, e sobre toda na aposta pola selección de pezas representativas, que actuasen como paradigmas doautor; unha posta en escena case musical de forzas contrapostas, Croft ou Carlos Rial dialogando coa levidadede Sinaga (posiblemente a mellor peza da feira) e Susana Solano (lembrando tamén o espacio "CuadradoAzul"), Casás fronte á exaltación de Darío Basso ou Patiño, acompañado das novas pezas de Tono Carbajo(que adquiriu o CGAC).

A versión oposta foi a galería Trinta que levou a Arco unha representación, considero que excesiva, de artis-tas, todos eles dunha elevada calidade e con obras excepcionais, como as fotografías de Jorge Barbi, a fraxili-dade de Curro Ulzurrún, a sorpresa marabillosa de Carlos Capelán ou o lenzo de Freixanes. Sobresaían aspezas de Pamen Pereira, compostas por fume ou pedra, que tamén alumeaban o espacio das galerías Altxerriou María Martín. A terceira das galerías, Bacelos, apostou pola fotografía, proseguindo a súa liña expositiva;as sempre salientables obras de Chema Madoz, a contaminación pictórica de Pablo Genovés ou Ana TeresaOrtega e as novas obras de Manuel Vilariño (tamén presente en Spectrum) e Andrés Pinal, un artista moi silen-cioso que ofrece unhas enigmáticas fotografías e do que adquiriu o CGAC unha colección de doce pezas.

Será a parella -azarosa pero moi enriquecedora para o visitante galego- formada por Marisa Marimón e Ad-Hoc a que ofreceu unha fusión de tendencias e unha aposta pola arte nova, máis acentuada na primeira.Nomes de artistas noveis ocupan, literalmente, as paredes de Marisa Marimón, cos nomes que seguen a tra-ballar nos últimos anos: as recentes propostas de Álvaro Negro, Vicente Blanco (que tivo moito éxito e vendeutodo o presentado), Salvador Cidrás ou Manuel Vázquez xunto a forzas maduras como Alberto Datas (cunhafabulosa pintura) e Ignacio Basallo. A proposta veciñal de Ad-Hoc combina novo e anovador, a fascinantefrescura de Suso Fandiño ou Arturo Fuentes fronte á sutileza irónica de Chelo Matesanz, Xoan Anleo e arevisión histórica do realista Armando Mariño cunha homenaxe a David e a Duchamp (un estilo, efectista,Manuel Ocampo moi ledo para o visitante).

Foi un Arco de voces silenciosas e poucas sorpresas; o Arco do "Non á Guerra" e do "Nunca Máis", unhatoma de postura crítica que delataban os numerosos adhesivos ou camisetas; os murmurios medraban polafeira e a cita, inesquecible, foi o sábado en Atocha.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

18 de febreiro de 2003

Madeira galega en Arco

Page 46: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A obra de Piranesi ocupa un excepcional espacio na arte universal, noapartado dos artistas barrocos, vestidos de paisaxes románticas e espaciosvisionarios. A Fundación Caixa Galicia ofrece na súa sede da Coruña unhaselección das súas obras, centradas nunha etapa histórica, na reconstrucciónda Roma imperial.

Giambattista Piranesi foi un dos máis importantes gravadores de todos os tempos. A súa técnica resultou sor-prendente desde moi novo, foi máis alá das marxes da súa época e influíu en artistas doutras xeracións.Sorprendeu o seu xeito de achegarse á paisaxe, desde unha postura realista (Vedutas), inaugurando o queRafael Argullol define como "Arqueoloxía tráxica". Pero será sobre todo na súa innovadora oferta de reper-torios fantásticos onde atopemos o mellor Piranesi, nos inquietantes Cárceres: impresionantes exercicios deficción e realidade, de medos e sobresaltos emocionais, composicións teatrais nun mundo barroco, nun mundoexaltado, escenográfico. Unha postura de artista visionario, ó xeito dun Füssli, Pannini, Friedrich, ChristianKlengel, mesmo o máis actual Escher. Algo de todo isto queda nas obras desta exposición, pertencentes áBiblioteca Municipal de Fermo.

Roma desde a vespa do tempoAs súas delicadas estampas -definición sen ánimo despectivo- abrigan o pouco favorecido espacio da sede queCaixa Galicia ten na Coruña, actuando ó xeito de liñas ou murmurios en voz baixa, nunha presencia, por intres,bibliográfica. Describir cada unha destas obras supón descubrir as construccións máis importantes de Roma,da súa época imperial, supón atoparse coa memoria, cos restos de basílicas, templos, coa colonización dasigrexas católicas con torres e campanarios, as vánitas de fiúnchos e enredadeiras que invaden as pedras, ofre-cendo obras que resisten desde unha postura tráxica, mesmo terrible, apaixonada. A vespa grecorromana dePiranesi está movéndose sempre, o novo Gary Grant ou Nani Moretti busca espacios que impresionen poloseu ton romántico, lugares tortuosos, esquecidos, provistos dun gran poder expresivo, centrándose principal-mente na realidade das ruínas, símbolos da fugacidade, restos do paso do tempo. Seguindo ó mestre RafaelArgullol no seu recomendable libro "La atracción del abismo" as ruínas "emanan un dobre sentimento: unhafascinación nostálxica polas construccións debidas ó xenio dos homes e, por outro lado, a lúcida certeza,acompañada dunha non menor fascinación, ante a potencialidade destructora da natureza e do tempo".Frontóns partidos, musgos sobre mármores e columnas violentadas ou seccionadas retratan unha estampadecadente, propia de calquera pintor romántico, de calquera bohemio, ebrio de praceres caducos.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

25 de febreiro de 2003

A vespa grecoromanade Piranesi

Page 47: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Vánitas no buril, liñas no tempo

Pero Piranesi ofrece tamén unha mirada constructiva, analítica, onde non se descoida nada, nada queda ó azar,e, sen embargo, todo escapa das pautas históricas. Aí reside a súa orixinalidade. A súa obra, fortemente cientí-fica, ofrece unha coidada ambientación, pero non tanto de documento histórico senón de recreación históri-ca, unha postura que se atoparía de fronte coas estructuradas vontades neoclásicas. Pode máis a imaxinaciónque a imitación, colle fortemente as mans de Xúpiter e mira de esguello a silueta de Apolo. A súa vertente sub-siste, deste xeito, nunha recreación barroca, na escenografía e na dirección ornamental, nas paisaxes evocado-ras, poboadas de vexetación e, tamén, nesas exquisitas últimas obras expostas de motivos decorativos: chem-ineas, vasos e grecas.

A súa linguaxe narrativa, moi clara, moi apaixonada e exultante, é posible gracias á súa excelente destreza daliña negra dun buril, e moitos sombreados, sobre o metal. Obras secas que desprenden unha evocadora sen-sación de eternidade, conxeladas nun mundo nostálxico; quédanos o Piranesi de retornos ó pasado, impeca-ble, e o Piranesi, intranscendente e cuestionador, da ventá aberta e das escadas de Teseo, onde se perde omundo da razón. Dúas pinceladas: a memoria, segundo Piranesi e a lembranza, segundo Rimbaud.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 48: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A figuración como proposta de análise do contemporáneo e a itineranciacomo resposta sinxela e apersoal ó programa expositivo actual. Dúas idease flashes que se compilan na mostra "Figuraciones" que recolle e invade assalas do Auditorio de Galicia ata finais de abril.

Benvido ó apaixonante mundo das itinerancias. Esta paisaxe de mostras nómades preséntase ó xeito dun pro-ducto de factura impecable, demasiado impecable. A lectura nace como unha vontade universal de ofrecer pro-postas que poidan ser exportables noutros eidos ou espacios da xeografía nacional. Son productos, non odebemos esquecer, moi elegantes, modelos que actúan ó xeito de mecanos que poñemos e quitamos con facil-idade case política, tan doado como abrir ou pechar un link ou facer zapping. No territorio galego estamosmoi afeitos a estas iniciativas: Caixa Galicia ou Caixanova van de primeiras nesta carreira e, se resultan aplaudi-bles desde un punto de vista social (así se especifican nas súas doutrinas estructurais) quedan por intres des-fasadas, moi mecánicas e sen traspasar as nosas fronteiras do grelo. Un visitante pode ver a mesma mostrahoxe en Vilagarcía, dentro de tres meses en Lugo e nun ano en Verín, que viva a volta ciclista; chámaselleabaratamento e dilatación de esforzos, só posible cunha infraestructura de salas e espacios adecuados. Outravertente, considero que un pouco máis efectiva, é a que ofrecen La Caixa ou Caja Madrid.

Debate abertoTodo este relato vén a conto da mostra "Figuraciones" que se presenta nas salas do Auditorio de Galicia enSantiago. Esta exposición é o resultado doutras anteriores que, baixo o mesmo epígrafe "Figuraciones", anal-izaba esta tendencia estilística nas diferentes comunidades autónomas; deste xeito resultaron os productos"Figuraciones desde Madrid" ou "Figuraciones desde Galicia" protagonizada esta última por Manuel Vázquez,Patricia Dopico ou Andrés Pinal, entre outros.

A presente mostra, comisariada por José Marín-Medina, coñecido crítico de arte, instálase no espacio medi-ante o fotocopiado de paneis que xeran unha serie de salas e subsalas. Porque a obra resulta interesante pero,nalgúns casos, queda minimizada polo xeito de instalala. Figuraciones presenta a obra de dezaseis artistas quereflexionan (ou así o cre o comisario) sobre esta cuestión e a súa interacción na arte contemporánea. Tratousede recoller a obra de dous ou tres autores de cada unha das mostras rexionais anteriores e ofrecela, agorasintética, ó xeito dun encoro de forzas e producto representativo deste debate. O diálogo entre a figura e a narratividade.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

6 de marzo de 2003

A eterna batallada figuración

Page 49: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Figuras sen fondoO paseante coñecedor deste lugar expositivo percorrerá un itinerario deambulatorio, xerando pequenasestancias ou anexos ós lados, lugares sorpresa e outros máis obvios e innecesarios. Na entrada a obra de JoséRamón Amondarain resulta emblemática da cuestión a tratar -elementos plásticos e pictóricos- con dousgrandes bloques representando cortinas ou muros de pedras. A proposta de Alberto Regueira, por atmosféri-ca, queda un pouco desviado do tema, non así a -certamente exquisita- de Vicente Blanco, nunha panorámicapaisaxística de cousas que pasan case sen querer pasar. Resultan do mellor a obra, xa moi coñecida, de ManuMuniategiandikoetchea (con pinturas de xestos agresivos pero resultados minimalistas), a liña impecable deJöel Mestre, a neofiguración de MP & MP Roscubas e pouco crible e aburrida a proposta de Antonio Rojas.

Quizais todos pensemos en boas ou malas obras, pero esta mostra resulta exemplar como exercicio dentro docontemporáneo de facer real a fugaz e delicada liña da arte figurativa. Queda como un novo pulo na arte máisconceptual, ás veces demasiado hixiénica. Invito a ver esta mostra, aínda que só sexa pola presencia de obras-fragmentarias- moi interesantes e polo "tirapuxa" actual de figuración ou non figuración, algo que, xa de paso,non existiu na pasada edición Arco, e iso que a pintura volveu brillar como o sol máis grande.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 50: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A pintura, segundo Xabier Magalhães, sobrevive na figuración expresion-ista e sobresae nunha ambientación barroca e exaltada. Ata o 26 de marzopódese ver na galería José Lorenzo de Santiago unha selección das súas últi-mas obras.

Esta galería está localizada nun lugar emblemático da cidade histórica, unha particularidade que, por momen-tos, pode ser máis un impedimento que unha satisfacción. O seu espacio interior, organizado por paneis,ofrece unha inquietante sensación de provisionalidade que, aínda que non resulta ofensiva, pode condicionara visita dunha mostra. A presente de Xabier Magalhães ofrece unha paradigmática mirada retrospectiva, derelato encadeado e varias fiestras abertas. Porque ó percorrer toda a mostra permanece latente unha mesmamensaxe, unha mesma linguaxe, a da expresión, pero moitos mundos, moitos eixes de diversidade iconográfi-ca. Magalhães é un artista expresionista, unha postura ante o lenzo que resulta nunha vocación non tantoimpulsiva ou exaltada, senón de pintor cunha toma de postura heroica, excepcional, naquilo que recoñecemosnos sentimentos románticos ou barrocos. Un autor que entende a pintura como un poeta, pero tamén ó xeitodun xeógrafo ou dun historiador.

Narracións de cor vidaAlgo queda de emoción en todos os seus cadros e debuxos. O visitante debe conter o discurso ata o final, xaque o ritmo cambia segundo miramos ou rebuscamos nas súa temáticas, na súa literatura, nos seus contos decor vida. Os seus referentes, comicamente, existen nun mundo próximo, no seu contorno. A súa narraciónqueda prendida na caricia, no sexo, no corpo da muller, nas manieristas curvas de retratadas sobre diváns, nasfacianas depuradas e nos libros, abertos mostrando a súa verdade. Comezamos observando un pintor deolladas familiares e rematamos nun observador romántico, detallista, detendo o matiz no xesto, nas mans ounos decorados. Desde un punto de vista temático recolle, soberano, a pegada do último Picasso, o mesmo queretrata espacios arquitectónicos e que tamén recolecta Abraham Lacalle; sen embargo, Magalhães agrupa a sin-uosidade de Matisse, o pintor das colaxes e, sobre todo, o fabuloso compositor de escenas femininas, resoltasnunha simplicidade asombrosa, e non debemos esquecer a inxenuidade peneirada pola nova figuración dossesenta e oitenta que no caso do noso pintor ofreceron novos referentes.

O batedor de Magalhães incorpora unha ollada máis intranquila, máis pop, subsistindo a súa orixinalidade nonsó na especial ambientación ou composicións bucólicas senón tamén na anécdota, no seu repousado dete-mento en fragmentos, en diferentes partes emblemáticas da anatomía, resoltos ó xeitos de obxectos ou mesmode animais, con vida propia. Todo parece languidecer ata esquemas minimalistas, case signográficos, perfila-dos por trazos negros.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

11 de marzo de 2003

O caso do pintorromántico

Page 51: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O relato preñado de corNeste rápido achegamento a un pintor de historias próximas, de laceradas composicións, queda unhaderradeira etiqueta que, no fondo, deriva das últimas citadas e que engloban unha vocación ou doutrina romántica.Magalhães aposta pola cor, pola intensidade e divertida tarefa de decorar e ambientar o contorno da figura--ción. Porque se algo sobresae neste relato, neste relato, nesta mostra, é a cor: vermellas exultantes, ferintes,azuis frescas, verdes de luz e, sobre todo, negras que remarcan, que potencian unha vontade tamén de debuxante.As liñas son as dun grafista que se ofrece, silencioso e emotivo, nos seus debuxosa lapis ou tinta sobre papel. Unha sensaión de obras de síntese de varios Magalhães, unha cor barroca e unha figuración que non retén a súa corporeidade, invadindo o espacio, explorando o fondo, ó xeito dun Seoane máis lúdico ou dun Laxeiro, inquedo, que se retén en curvas e contracurvas.

Ritmos que mudan e corpos que chaman. A decoración e a pincelda qe se pousa, como unha gaza branca, sobre corpos de pel húmida, de carnosidades pigmentadas e ollos pequenos, como coidando o anonimato. O pintorde trazos, incluso contos, do vital.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Manuel Gago Mariño
Manuel Gago Mariño
Manuel Gago Mariño
Page 52: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A paisaxe, nas lecturas de Antonio Murado, compréndese romántica, com-préndese lírica. Neste escenario etiquétase a mostra das últimas obras destepintor que ata o 2 de abril se amosan na galería Trinta, logo de exponer opasado ano no CGAC.

Repousando o silencio, Antonio Murado retén un anaco de natureza. A súa obra, xa emblemática e moirecoñecida -lembramos as súas clásicas series de marañas e redes- localízase como unha das máis interna-cionais da pintura galega. Nas dúas plantas da galería ofrécense, ó xeito dun camaleón, ritmos e voces difer-entes que relatan a súa última etapa de producción, que se centra basicamante no tema da paisaxe. Son, en definitiva, fórmulas para comprender a natureza, fórmulas de achegamento ó xénero, a unha tendencia pictórica.

¿Pode poñer máis cor vermella?Son, insisto, ideas de natureza. Son os ollos dun artista que ten o seu estudio en Manhatan, que ofrece pro-totipos, modelos de natureza, que, nesta pequena sala da galería, invadida pola escaleira de baixada, ofrécenseó xeito de fragmentos ou iconas de realidade. Dúas voces: unha reflectida no espello, rexistrando obras dopasado e outra anticipando a nova dirección da súa producción, exemplificada por un gran lenzo negro,acoutando o branco como marxes minimalistas, ó xeito dun Malevich. O mosaico de obras, pequenos poe-mas de realidade, crean a posibilidade dunha etiqueta retrospectiva, resumo da traxectoria do pintor; sonretrincos de panorámicas e cuestións. Nubes, ceos, néboas, terras, follas, pétalos ou talos, e todo rexistradocoas cores, as mesmas cores locais dos impresionistas mediante contrastes e tensións: amarelos, verdes, azuise vermellos, ferintes vermellos, acoutados en ritmos de curta distancia. A súa superficie descobre tamén unartista impecable, dunha perfección técnica case obsesiva, que lle atribúe esa calidade conxelada ou artificialdas obras realizadas en porcelana e onde tamén contribúe o soporte en aluminio (o mesmo que podemos vernestes días nas obras de Pedro Calapez na galería SCQ ou nos últimos traballos do amigo Álvaro Negro).Antes de baixar, un gran lenzo de dictadura negra, cae o pano dunha festividade de cores e flora. Rematou amúsica, rematou a foliada.

Os ollos pechados, a noiteBaixamos as escaleiras de madeira, travesas de ferrocarril, e o ritmo vólvese lonxitudinal. O espacio transpar-ente, de teitos industriais, potenciado por un banco corrido, descobre un Antonio Murado aínda máis román-tico, máis reflexivo, pero tamén moito máis atmosférico. O protagonismo agora recae na paisaxe total, nonnos fragmentos ou abstraccións (ideas), nin na ollada microscópica, aquí fálase en voz alta, recítase ou, mel-lor, pregóase a súa paixón, a súa enorme valoración estilística: a paisaxe de expresión. O estilo decorre próxi-mo á unha tradición pictórica moi recoñecible, aquela que desvelaba ou retrataba a paisaxe con maiúsculas, osgrandes paisaxistas ingleses ou alemáns do XIX. Fronte ó gran lenzo da primeira planta, de pálpebras cegadas,agora ábrese unha vía de realidade, un horizonte na persiana, un claro de lúa ou tona; un escenario abrupto,mínimal, onde pasear o monxe de Friedrich. A súa forza está na paisaxe de mínimos, que tamén se aproximaá pantalla do ordenador ou ó pano baleiro, o mesmo que inquietaba a Sugimoto ou propiciaba un actor deBeckett. Paisaxes en branco e negro, liñas pulcras, fíos de leite e néboas conxeladas, néboas rabuñadas nonegro da noite.

Cando baixamos as pálpebras, o negro domina, pérdese a referencia, só oímos os cantos de follas, os mur-murios da paisaxe. Cando sobe a persiana, a luz cega e volvemos a unha paisaxe da infancia, dos paseos, unhanatureza lírica, evocadora, ás veces demasiado literaria. ¿Ata cando subirá a persiana?

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

18 de marzo de 2003

Abrindo a persiana

Page 53: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Capturemos o diálogo do tempo co corpo e a emoción subxace silenciosa,impactante. A Fundación Laxeiro de Vigo ofrece na mostra "Formas de ser"da fotógrafa Andrea Costas xeitos e pautas de reciprocidade corporal e men-tal.

Ó longo de toda a historia da arte o artista, o mesmo que o médico ou o dramaturgo, proxectou ou retivo assúas investigacións no corpo humano; o seu bisturí cambiaba o pulso segundo a investigación fose científica,humanista, realista, mitolóxica, agora vangardista. O corpo sempre foi e será un motivo iconográfico de prox-ección pictórica da vida, da panorámica particular da existencia, mesmo da propia vaidade. Quedémonos conMantegna, Guido Reni, Blake, Louise Bourgeois ou Joel-Peter Witkin, e entenderemos as paisaxes da fugaci-dade, porque no campo da fotografía sempre reside o instantáneo, o corpo no linde, na navalla da vida. O con-tido ou literatura repousa nun retrato, nunha mirada, na luz esvarando polo corpo, polas costas e na man queretira os cabelos dourados do tempo; o lene paso do tempo, do pulido mármore de xuventude, da engurratopográfica da vellez, do masculino e do feminino, do corazón latexando e do vidro de formol, pero, sobretodo, dese tobogán de sentimentos, ideas e lucesombras que é a cara luminosa da vida, que implica tamén unhaporta, un biombo, da morte.

Imaxes incorporadasAndrea Costas recolle, sen centrifugar, unha tradición de retratos e autorretratos e, sobre todo, recolecta aspautas de combinación de tempo e corpo, da fugacidade e do terreal, en fin, da imaxe da vánitas desde a rep-resentación corpórea. Por iso, esta mostra na Fundación Laxeiro leva o título de "Formas de ser", porque disose trata, de desvelar os condicionantes da existencia, do ser.

O seu diccionario será a anatomía, a súa anatomía. Andrea Costas traballa en varias frontes: compón escenar-ios íntimos de diálogos entre o corpo e o espacio, debates entre diferentes corpos para chegar ó que ela eti-queta como formas "incorporadas", que actúan tamén como formas ou "composturas" do posible. Serán com-binacións de anatomías, confrontacións simétricas do seu propio corpo fusionado con outro, con outro ser.Unha variedade de comportamentos, de posturas e exemplos (diso se trata) que se almacenan nas tres seriesque dispersa polas salas da Fundación. Serán, deste xeito, canles de desvelamento, de exteriorizar e facer públi-ca a simbiose do concepto de xeración, proceso, do paso do tempo.

Vanitas de identidades

A serie "Incorporados" fai realidade estas reflexións de evolución, os fragmentos fotografados doutros seresqueridos da artista (nai, pai e mozo) adhírense ó seu corpo, propiciando unha dobre lectura: "Eles son o queeu son, fórmanme, complétanme". Entra en xogo un apropiacionismo de sentimentos, de experimentación evivencias, de sufrimentos e caídas, nunha Andrea Costas bondadosa, case terapéutica, cunha misión protecto-ra. A serie "Tempo ao tempo" conxuga este elemento de diálogo nunhas composicións hieráticas e impeca-blemente simétricas, máis fragmentadas, onde combina o seu corpo co da súa avoa: mans, pés, ollos e peles,que configuran unha vanitas de identidades, cando Narciso se reflicte na auga, na auga enlamada. A autora,sinxela, ofrécenos o mellor dos seus relatos visuais: "Como te vexo vinme, como me ves veraste". Semella amensaxe, a sentencia, dun retablo barroco de Valdés Leal, destilando un intimismo intranscendente, case divi-no.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

25 de marzo de 2003

A nena do carrusel

Page 54: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Mentres, "Composturas", a última das series presentada, segue investigando no fragmento corpóreo peroagora incorporado nun espacio, nun escenario cotián: ollos ó xeito de gardapáxinas, brazos nun andel efacianas enfrascadas, listas para seren usadas. O corpo feito producto, feito función. Quedámonos co silencio,a presencia e Frida Kalho mirando desde o miradoiro do sufrimento.

O debate entre presentación e representación confire, na obra de Andrea Costas, un respaldo de propostaclásica, perenne. O tempo conxélase nun instante, esvara pola pel da xuventude, pousa na persoa querida, poriso a reconstrucción queda como a única saída deste carrusel, ver o comezo e final do conto, da vida. Porqueestamos a falar de fotografía que, senón, saltaría enriba dese cabaliño de feira.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 55: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A contaminación pictórica, perfil difuso da arte contemporánea e etiqueta enaumento desde a década dos noventa, sería a primeira escala na obra deMiguel Mosquera. Artista silencioso de colaxes e paisaxes íntimas acaba de inaugurar unha exquisita selección dos seus últimos traballos nagalería Marisa Marimón de Ourense.

Sempre debemos aplaudir o traballo de artistas como Miguel Mosquera, e, por extensión o apoio que lle ofre-cen as galeristas, neste caso Marisa Marimón e, desde hai anos, Asumpta, da galería Trinta. Porque este artistaforxa a súa traxectoria en voz baixa, de vagar, coma se saltase por riba das nosas cabezas ou buscase esquinasou covas onde falar, onde expresarse. Pensamos en silencio, pensamos en Miguel Mosquera.

Paralelas do real

Artista cauteloso pero incisivo, foi un deses autores que integran unha xeración paralela na década dos oiten-ta en Galicia, a mesma liña que trazou Jorge Barbi ou Xavier Toubes, por suposto só compartindo a canle, nona linguaxe. O noso artista xa entrara nesta década cun remolque cheo de experiencia e prácticas e proseguiucomo unha balsa de aceite sen fusionarse ou, mellor dito, sen deixarse levar polas tendencias de moda. Aexpresión que tanto se demandaba, que tanto enarboraban, xa a tiña el entre os dentes, entre as mans; o seuxeito de traballar discorría entre a composición e a mensaxe directa, plástica e pictórica a partes iguais. Por iso,desde os seus primeiros traballos, a colaxe actuou de instrumento de planimetría ou medición do real, unmedio que nunca esqueceu e seguiu a perfeccionar ata significarse como única gamela de salvamento. Trátasede poñer escadas ou estructuras para existir, para camiñar; ou quizais, trátase tamén de poñerlles vendas ásferidas, de darlle auga ó sedento ou encoros ás emocións, nunca se sabe.

Sempre me apaixonaron os artistas que expresan desde a inseguridade ou desde a acumulación, nese afán decoleccionista, de recolector de vivencias ou fragmentos que se desprenden da vida, da sociedade. Autores quegozan nunha case esquizofrénica obsesión por compoñer, sacar os cóbados, dun xeito sempre silencioso. Poriso persigo os traballos de Miguel Mosquera, igual cós de Washington Barcala, Santiago Mayo ou Teo Soriano,que, por certo, presenta as súas obras esta semana na galería Paloma Pintos de Santiago.

Contaminacións pictóricasA súa opción, transparente, préndese das paredes da galería, que, para quen non a coñeza, articúlase ó xeito dun amplocorredor que forma un S, o que os portugueses chaman un "largo". Paredes brancas que actúan de páxinas de álbum defotografías de familia, fotografías do persoal e fragmentos, microespacios ou esponxas do real. Cada unha das obras

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

1 de abril de 2003

Estadas para amemoria

Page 56: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

expostas actúan de colaxe, acumulacións pictóricas ou escultóricas, paisaxes onde a topografía se traza coaintroducción de letras (tipografías), cordas, cores e, quizais o máis enigmático, frases de mensaxes políticas,públicas, "El mal gobierno" ou de referencias íntimas, de complicidade, "Silencio" "Retrato en la Curota" ou"Dueto con Camilo"; porque diso se trata, de establecer diálogos, pontes, e pensamos en Camilo Franco, autordun evocador texto no catálogo, enxeñeiro de dramas e xornais. Miguel Mosquera compón con anacos dememoria cunha intención sempre reivindicativa. Os ritmos, cadencias ou movementos repousan sobre táboasde cor vermella ou ocre, oscilando entre fráxiles fíos de funámbulo e os códigos perennes do arqueólogo:retrincos pintados, ferros e obxectos variables (ósos, dianas ou plumas); a poética do "obxecto atopado",inseridos en escenarios con formas mínimas, paisaxes de cores severas que acadan estructuras de superviven-cia. As fotografías, que actúan de elemento de cimentación, absorben memoria, compóñense mediante inter-vencións pictóricas, con líquidos brancos e sortes queimadas, raschadas, que lembran os traballos de GerandRitcher ou Darío Villalba.

O lugar de Miguel Mosquera está no estudio, sentado, diante de milleiros de obxectos mortos. A estructuraconstrúese como un iglú ou habitáculo, berce de inseguridades, experimentos e colaxes de vida; obras queceden unha sacudida de provisionalidade, de traballos que existen gracias á vontade e esixencia do artista. Eseguimos pensando en silencio, en posibilidades.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 57: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

José Pedro Croft é, posiblemente, o mellor artista portugués da actualidade;por iso a presente mostra que se acaba de inaugurar no CGAC presenta unhaserea impresión de exposición impecable. Temos ata finais de xuño paravisitala, pero invito a facelo o antes posible, por aquilo de aprender dunhaboa montaxe e relativizar outras.

Hai un par de días o pretexto desta sección onde recollo as miñas palabras fíxose, paradoxalmente, realidade:un vello amigo arquitecto acollía as miñas reflexións no ordenador da súa casa, a máis de trescentos quilómet-ros de distancia. O mensaxeiro tamén latexaba ao lonxe, gardando nos petos as mesmas emocións e vivenciasque un mesmo (ou outros colaboradores) tentaba debuxar en entregas semanais e enviando flashes de ideas ecomentarios en correos electrónicos. Todo isto vén a conto da exposición de Croft, que ocupa o vestíbulo ea planta baixa do CGAC desde o pasado venres; alí atopeime con ese mensaxeiro, agora vestido de carteiro,devolvéndome novas cartas cheas de consellos, ensinando a ver o espacio desde os ollos do arquitecto, comofai o propio Croft.

Vivendas para despois do deserto

Desde mediados dos anos setenta, nun proceso similar ó español, a arte portuguesa experimentou unhanecesidade de construcción e creación dun estilo e infraestructura cultural que abriran luces e novos escenar-ios despois do deserto da dictadura. Pedro Calapez, Leonel Moura, Cabrita Reis, Gerardo Burmester ou o pro-pio Croft, comezaron a desvelar un novo movemento de modernidade neses febles anos, o mesmo que con-seguiron Souto de Moura, Távora ou Álvaro Siza desde a arquitectura. Os oitenta foron, polo tanto, anos deasentamento e protagonismo persoal; anos de recoñecemento internacional de moitos dos artistas portugue-ses. Croft apúntase plenamente a ese tren de innovación e atrevemento fóra das súas fronteiras, coa partici-pación en prestixiosos eventos como a Bienal de Venecia ou de São Paulo. Este autor enarboraba un tipo deobra protagonizada, de xeito lóxico, por forzas constructivas e enderezos de memoria.

Os noventa foron, sen embargo, anos de expansión interior, mais na linguaxe e na experimentación da propiadoutrina persoal; un reto onde moitos dos artistas lusos naufragaron, pero onde o noso protagonista saíureforzado, asentando o seu verdadeiro estilo: unha serie de pezas compostas por elementos do cotián (cadeirasou mesas) onde introduce formas xeométricas, xesos ou metais que invaden o espacio. Eran obras de come-zos da década, certamente excepcionais, desas pezas namoradeiras, que atrapan na primeira mirada, igual quediante dun Morandi ou dun Brancusi. Obras que quedaron como experimentacións ou prólogos ó que seríanas súas obras de finais dos noventa, as mesmas que atopamos nesta mostra, as mesmas que se significan polapureza case minimalista, o emprego de materiais industriais (metal, vidro e espellos) e onde as pautas do autorestán na confrontación, nos opostos e nas relacións de escala e modelos da escultura, así como nas relaciónsinterdisciplinares: plástica e pictórica.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

8 de abril de 2003

Cores na facianade metal

Page 58: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O escultor do pincel

A presente mostra do CGAC ofrece unha selección de trinta obras (debuxos, pinturas e esculturas) que desve-lan a súa traxectoria dun xeito sintético, como no final do tobogán, na presencia de pezas significativas desde1997 ata a actualidade. Unha panorámica de obras onde o cambio destas, non do estilo nin da linguaxe, estáno procedemento, na execución e, sobre todo, na colonización no espacio inmaculado de Siza, sempre de difí-cil comprensión. O visitante terá a impresión de camiñar entre arquitecturas ou territorios, formas, esbozos etrazos que oscilan en todas as dimensións: paredes que expulsan próteses de cor, debuxos que imaxinan per-corridos en campos pechados e aqueloutras pezas que se despegan do muro nunha vontade expansiva, barro-ca. Porque o noso artista bebe constantemente da arquitectura, nunha contaminación recíproca e impecable,como podemos constatar no Dobre Espacio e, dun xeito quizais máis literario, no catálogo publicado onde sereproducen as fotografías que o propio artista realiza nas súas viaxes; nelas están os ollos dos mensaxeiros.Deste xeito, o diálogo foi unha das máximas na montaxe desta mostra: diálogo entre as propias obras e diál-ogo co espacio atopado. Por todo isto Croft é, posiblemente, un dos artistas que mellor entenderon a dis-tribución museística do CGAC.

Será o percorrido unha fusión de disciplinas e posibilidades de diálogo, cadros nas paredes e cadros polo chande madeira, cheos de cor, cheos de baleiro, nunha serie de construccións que deixan paso a unha deconstruc-ción emotiva, arriscada. Unha serie de pinceladas e cuestións que sitúan a José Pedro Croft nun dos seus mel-lores momentos productivos..

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 59: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Rompendo tópicos e aclarando comentarios, o mensaxeiro de vacacións per-corre a mostra Melodrama que se presenta no MARCO de Vigo ata finais dexuño. Obras moi entregadas, barrocas e exultantes de enerxía e dispoñibili-dade crítica. Un éxito expositivo.

Non podía limpar da mente, no meu paseo pola Rúa Príncipe, os comentarios e mensaxes que chegaban sobrea mostra Melodrama que se aloxaba no MARCO. Por iso quixen alongar ese pracer do visitante de parque deatraccións e fixen paradas estratéxicas na galería VGO para revisitar as pinturas de Antonio Murado (chocaatopalo despois da presencia en Trinta de Santiago, choca tanto diálogo) e a sorprendente selección de obrasna Casa das Artes co motivo icono-social da catástrofe do Prestige; invito a vela e, sobre todo, a posar. Paraoutro capítulo quedará a visita á nova sede que Caixanova ven de abrir preto do museo. O MARCO, engalana-do detrás dunha impecable fachada de corte ecléctica e coroada por unha cúpula de metal, refulxente, presén-tase pleno de emocións, vestido de obra teatral. Na primeira das dúas plantas exponse a mostra Melodrama,atrás queda a inaugural Cardinais e a inestable presencia, polémica e que xa tardaba en rematar de Atlántica.Melodrama aposta pola seguridade de limpeza universal, a temática clara, o contido de nomes estranxeiros epola impactante disposición espacial. Aclara, por outro lado, a vontade eficaz das itinerancias, incorporándosedentro do programa REM que mantén con outros dous espacios peninsulares: Centro José Guerrero deGranada e ARTIUM de Vitoria. Nesta terceira e última escala óptase por unha invasión narrativa e tranquila dastres grandes galerías, os espacios laterais e os patios, así como na emocionante rotonda da entrada.

Delicias de carne e oso

Se o público fuxe do postulado abstracto, por demasiado impersoal, por demasiado hermético, porque agoracuestiona ou fuxe (tamén están os que van atraídos por unha expectación de xardín das delicias) dunha mostradestas características, se se trata xustamente do contrario, de moita transparencia e, sobre todo, moita person-alidade. Sen querer entrar en controversias, Melodrama ofrece o mellor e o peor para o público, e aínda máispara o público galego, asiduo (non pola súa decisión) a exposicións sinxeliñas de domingo e paisaxes degrandes emocións, sempre sen retratar ou desvelar o íntimo. Por iso cando un proxecto como este desembar-ca nunha institución pública, os comentarios bulen, e iso tamén está moi ben. Rematando o debate, nin quedicir ten que calquera das imaxes presentes podemos atopalas en calquera das películas ou programas de tele-visión e, moitas veces, sen un pretexto de reflexión como si recolle este proxecto. O percorrido polas salas enitinerarios de ida e volta irá descubrindo obras e artistas dunha fonda inquedanza comunicativa, en mensaxese discursos moi entregados e directos, eminentemente teatrais.

O efecto dun bico espido Para aquel que viaxe nestes días a Londres, que non se perda a mostra de Ron Mueck na National Gallerycunha obra que sobresalta pola disposición de espidos de gran escala en posicións ou dramas cotiás; o relevode proxectos tan polémicos como Sensation almacénase nesta mostra e tamén, por extensión, na que agorarecolle os nosos pasos emocionados polo MARCO. Porque daquela mostra queda o sentimento directo e avontade de sorprender, pero se naquel caso o pretexto escorregaba entre os dedos (dentro dun programa pub-licitario da maquinaria do empresario Saatchi) agora entablíllase en canles de análise concretos e coherente-mente precisos; aínda que isto non signifique que moitas das pezas rebasen os límites da arte, pero niso estátamén o éxito desta mostra e onde recae a responsabilidade do visitante como xuíz, e non falo de cuestiona-mento senón de interpretación.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

15 de abril de 2003

O cesto das bágoas

Page 60: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Pero para quen non adquira ese diccionario de democracia ou, sinxelamente, non entenda nada, que non seestrañe, de iso tamén se trata, dun exercicio máis da contemporaneidade. Unha enorme rata domina, como unnobre guerreiro, o panóptico da entrada, altiva e desafiante, quere deixar claro o seu cambio de escala, de con-texto e significado, pautas que irán rebotando polas paredes en moitas das obras.

O excesivo, como ferramenta de presentación, atopámolo en armarios recubertos de birutas de plásticos decores, en grandes grúas de metal adornadas de ornamentacións góticas (o concepto barroco será outra dasclaves do Melodrama), no corpo dun home descuartizado (certamente a obra máis forte da mostra), nuncorazón illado sobre un pedestal e nos anacos de productos que rexistran claramente o melodrama, onde oaudiovisual se perfila como forza de presentación idónea. Fálase de realidade, de relacións, diálogos esociedades que buscan e non acadan un lugar. A clave está na montaxe, onde recoñezo un gran traballo de dis-tracción e atención, que se ve reforzado polo magnífico traballo de información dos traballadores de sala.

O Melodrama non precisa buscar o seu sitio neste mundo de inestabilidades. Está presente en cada un de nóse, aínda que resulte tópico, en todo aquilo que nos rodea: prendemos a televisión e ¡zas!, abrimos a fiestra dopatio de luces e ¡zas!, entramos nun taxi e ¡zas!. Unha labazada ou un bico, un agarimo e un adeus, o truco estána acción, no propio guión. O melodrama como discurso teatral e da propia vida, así o descubriron os gregose perfeccionaron os culebróns latinoamericanos, forma e conforma o máis interesante da vida, ou polo menosaquilo que nos fai chorar ou rir, por outro lado, como as relacións.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 61: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Pamen Pereira pertence a un grupo de artistas sen etiqueta nin departamen-to, co seu niño sempre lonxe dos tetos da nai. Pertence, iso si, a ese grupode autores que conforman o seu traballo con suxestións emotivas, laminadasen copos de auga, afogados nun vaso de chocolate mentres navega en augasde paisaxes xaponesas. Nin apátrida, como podería ser Anish Kapoor, sócoas plumas da andoriña. A galería María Martín de Madrid recolle, ata o 3de maio, os seus paxaros e prendas de amoblar o persoal, como novasachegas do seu traballo.

Mentres prepara a súa destacada mostra no Centro Torrente Ballester de Ferrol, prevista para mediados demaio, Pamen Pereira leva voltando ó noso presente galego pouco a pouco, como sempre voltan os espíritosbos. Por iso, recollendo esas inquedanzas -alterando as propias doutrinas desta sección- gustaríanos traelaagora á este "Atrapade o mensaxeiro" polas recentes e exoliosas citas que está recollendo nos últimos meses.O pretexto está na exposición que nestes días presenta na galería María Martín de Madrid, pero, ollando naslentes do tempo, Pamen rexistra unha serie de fitos que a etiquetan como unha das máis persoais e intrépidasrepresentantes do panorama plástico galego. Incluída (non sempre para o seu ben) dentro de propostas fem-inistas, alcanzou o seu coñecemento público a mediados dos oitenta e foi, desde comezos da seguinte décadae sobre todo desde a súa estadía en Xapón coa bolsa Unión Fenosa, cando se proxecta ó seu recoñecementopleno. Moito diso está en toda a súa obra posterior, comezando a amoblar e reconstruír a súa existencia, o seuitinerario. O CGAC posibilitou un novo "Gabinete de traballo" e a galería Trinta (coa que traballa) segueatenta os seus pasos.

Pero o final do pasado século e comezo do novo semellou unha montaña rusa alucinante, certamente des-bordante, que se referenda nestes últimos meses, acollendo moitas oportunidades expositivas: unha impresio-nante instalación no espacio La Gallera de Valencia, na presencia (por riba doutros nomes máis coñecidos) entres galerías da pasada edición de Arco, unha delas a propia María Martín, onde agora repousa o seu soño.

Libre, libre Pamen Pereira é unha desas artistas que sorprende pola súa destreza imaxinativa, pola súa desbordante prox-ección de emocións, como unha caixa de Pandora de luces, sabores e miradas. Falamos de fotografías, pinturasde fume ou esculturas reflexivas de raíces e cera, de xerseis de punto pendurando dunha percha, pero (sor-rindo) seguimos a imaxinar unha autora atada a almofadas de soños e botas de viaxes, durmindo en habitácu-los do íntimo ou petando en portas barrocas con gotas de sangue fervendo. Desde hai anos analizamos os seuspasos productivos (de doado rexistro) pero non seguimos a súa alma, os seus beizos e mans, sempre com-plexos, e tampouco conseguimos desvelar todas as súas caras ante o desbordante paisaxe de soños, metáforase alegorías que debuxa. O seu traballo disperso, híbrido e moi persoal axuda nesta filiación, neste matrimoniode sombras, nos seus pasos de botas subxectivas e departamentos estancos (vivendas) moi indefinidos; e nonfalo de indefinición (que diso xa está cheo o cesto) senón de inseguridades e continuos saltos sen rede, alí ondea nosa protagonista se atopa feliz ou infeliz, pero acertada (como Judy Garland no conto de Alicia). Hai tempoconfesoúseme que se algo lle quedaba era a inseguridade e o medo de facer cousas, ¿a quen non? O presentegoza, deste xeito, máis que nunha fusión de disciplinas ou tendencias, nun fermoso intre productivo, festivo,onde, se cadra, máis fiestras se abren cara ó futuro, detrás das andoriñas.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

22 de abril de 2003

O voo da andoriña

Page 62: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Un puñado de arrozPamen Pereira invita a navegar, cos pés por riba do chan, entre habitacións e espacios desta galería.Recreacións e rehabilitacións, diso se trata, instalar a súa tenda de campaña. Porque toda a súa traxectoria -como ben explicaba na mostra no CGAC "Gabinete de Traballo"- atópase ganduxada por rexistros e materi-ais de reconstrucción da memoria, anacos, mobles, paisaxes e cadros. Primeiro construíu unha delicada pel defollas onde debuxaba as chamas do vital, as mesmas chamas de casas, fogares, pianos e bolboretas para logo,nunha catarse, retratar o seu mundo coa fraxilidade do fume, onde repousaban doutrinas filosóficas, baleirosde respiración e comportamento. Porque a nosa fada pensa en lecturas mínimas, en haiku, cando cunha gotaabonda para falar de chuvia, un puñado de arroz para retratar a subsistencia e cera sobre tea para falar do pasodo tempo. Desde a súa mostra colectiva "Galicia Escultura" na que incluía unha inquietante instalación de xer-seis e andoriñas de chocolate, os voos destas viaxeiras pasaron por La Gallera, agora polo ceo desta galería erecalarán na mostra do Torrente Ballester. Símil de nomadismo e de intranquila estabilidade, as andoriñas decera penduran do teito da devandita galería, invadindo un espacio humano con mensaxes de liberdade e sutilironía da existencia.

Final do conto, Judy Garland atopa o coello facendo monadas fronte á parede e Pamen Pereira volve coller asúa almofada de andoriñas mentres arrola un berce de caveiras. Xa o dicía Tanizaki no seu recomendable libropublicado por Siruela "Elogio de la sombra", temos que describir, minucioso e a modiño, o noso presenteestético para crernos a nós mesmos, que a maxia non escape cando prendamos a luz e poder sentir os beliscosno ventre.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 63: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Keith Haring pertence a ese grupo de artistas que fixeron do relativo, dadenuncia do social, un postulado de existencia. Esa mesma vontade deresistencia, serve de pano de fondo idóneo para ilustrar a creación dunhanova galería, C5 Colección, que desde o venres se aloxa na nosa incerta edesafiante realidade galerística.

Non sei se nalgún intre falei das galerías en Galicia, dese apaixonante mundo de comercio, arte e relacións cul-turais, plataformas de promoción (todo sempre na teoría) da arte contemporánea. A realidade galerística nonofrece un panorama para botar bombas, máis ben para botarse a chorar. Cada unha das sete grandes cidadesda nosa xeografía conta con algunha destas necesarias institucións, desde a presencia de Vigo e Santiago concatro, A Coruña con dúas, Ourense, Ferrol ou Lugo con unha e Pontevedra con ningunha, despois do pechede Anexo. Son, como vemos, poucas, moi poucas; poucas comparando con outras xeografías rexionais, etendo en conta o número de artistas que saen da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que se xuntan nesterío de máis autores. Por iso non é complicado comprender que existan outros locais onde canalizar ou evac-uar as forzas creativas e, noutro eido, as salas de mostras institucionais, das que estamos ben provistos no ter-ritorio galego.

Sortes de novidadesPor iso mesmo, cada vez que se abre un novo espacio neste territorio culturalmente disperso, debemosaplaudir o seu nacemento e felicitar ós promotores de atreverse a instalar unha sorte de riscos, saltos sen rede.C5 Colección acaba de abrir nun fermoso inmoble modernista do casco vello de Santiago, fronte da Facultadede Xeografía e Historia. A propia arquitectura conforma un espacio vertical, ocupando unha esquina quedesemboca nunha pequena praza. A forza dulcificada de formas e texturas pétreas do exterior transfórmaseno interior nun branco minimalista, por intres excesivamente inmaculado. As súas tres plantas fan do percor-rido unha experiencia arquitectónica, articulada e dominada polo eixo plástico e visual da escada que estruc-tura o espacio nun crecemento vertical, onde reside unha das orixinalidades deste espacio. Fagamos unha com-paración cun espacio lonxitudinal que se prolonga na liña do horizonte, estructurada en varias salas, nun per-corrido museolóxico; pois ben, iso mesmo podemos observalo na proxección espacial desta nova galería, quecrece como unha árbore, en vertical. Tres plantas que deixando pequenas áreas de exposición ou mesmo dedescanso nesa escalada do visitante da arte. Porque entre os obxectivos expositivos existe unha pretendidaconcentración intimista, que se apoia na principal das orientacións da galería, o gravado e a colección gráfica.

O Pop desde o ModernismoO pretexto inaugural desta nova galería reside nun dos nomes máis representativos da arte dos oitentanorteamericano, Keith Haring. Calquera asiduo á historia da arte actual ou próxima recoñecerao polos seuscadros de composicións protagonizadas por "personaxes" combinados en espacios decorativos, como dan-zando nunha escena barroca. Unha ollada pop, que o propio Haring transviste nunha progresión popular e dabaixa cultura propia dos graffitis. O logro deste artista está en facer democrático un sentimento culto, fusion-ar os movementos convulsos e cambiantes dunha sociedade norteamericana, que tentaba dialogar os relatosde inmigracións, de integración multicultural e todo baixo a música rap, hip hop, dos Talking Heads ou dosRamones. A súa orixinalidade estivo na propia execución da obra, exemplificada nos trazos sinuosos e descri-tivos que enroscaban os seus homiños ou mulleriñas, prototipos da posmodernidade e convertidos eniconas non só da arte contemporánea, senón da cultura e sociedade universal. Funcionan do mesmo xeito quea faciana de Marylin ou as botellas de Coca Cola fusiladas por Warhol, pero Haring nos seus ebrios anos oiten-ta adoptou cunha rotunda actualidade a súa obra, sendo un xornalista fascinante do real , como o eran os graf-fitis e o propio Jean Michel Basquiat. Esa vontade de descubrir, de cuestionar e experimentar acompañounoata un final tráxico, morre de SIDA o 16 de febreiro de 1990.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

29 de abril de 2003

O Pop modernista

Page 64: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Chamémoslles espacios de exposición, lugares onde instalar ou, sinxela-mente, acomodar as propostas artísticas, as ideas feitas obxectos. Estascaixas expositoras son algo máis que lugares de repouso, de ocio, son exem-plos da nosa memoria, do noso imaxinario colectivo. Son arquitecturas. Encada unha delas está algo do visitante, algo do limpador de lixo, do porteiroou do carteiro. Estas liñas ensinan plataformas novas e vellas, suadas e hix-iénicas, sempre culturais, berces de posibilidades; para a seguinte entregaquedarán as obras de arquitectos foráneos e o protagonismo dos museos."Insert coin", entrar na interactividade.

Salvador Cidrás e Vicente Blanco no seu proxecto de Caja Madrid, que lles concedeu un bolsa de investigaciónartística nas terras de California, falaban das impresións da paisaxe norteamericana desde un coche polasautoestradas, un paseo fugaz, como cando pasamos as follas de seguido, sen retermos a atención. O territoriogalego ofrece, por moitas autoestradas que se tracen, nun desenvolvemento diferente, seccionado en percor-ridos que apertan en vez de perforar, nun itinerario sinuoso, propio das serpes. Percorrelo conscientes do seumareo, sentindo os meandros de idas e voltas, casas, cruces, vilas en que entramos e semellamos non querersaír, xente nas portas e bares de parada con sabor a menú do día. A paisaxe galega, como a súa arquitectura(topografía cultural), gózase nun contacto íntimo, medra no roce, no repouso da mirada desde o parabrisas.

Espacios baleirosAnte este "traveling" de simplicidades, formas sinceras e lugares de formulación, o visitante actúa de dousxeitos, negando o seu contacto, ignorando e pechando as ventás ou, pola contra, parando en cada instante deemoción, en cada exposición ou espacio suxestivo; aí está o espectador intelixente, o mesmo que para diantedun escaparate de libros ou dun cartel de teatro. Pero como indicamos, ás veces a realidade faise densa, esemella perdernos nun mapa sen indicacións, nunha continua impresión de viaxar en autobús, dirixidos, conparadas selectivas, ollando a paisaxe desde a fiestra, mollada, ou fugaz. Por iso, este comentario ou propostadesta semana trata de ofrecer unha nova ollada, expandir o número de paradas, ó percorrido deste mensaxeiroque, camiño de destinos concretos (esixencias de actualidade) esquece espacios, territorios e despista asmiradas nos laterais. Por iso mesmo existen relanzos nas escaleiras, para descansar, poder falar e ver polas fies-tras. Neste sentido, por unha vez e sen que sirva de precedente, gustaríame que o compañeiro repouse a análisenos espacios onde existen as exposicións, as mesmas que cada semana tentamos analizar. Mirar as paredes enon ver obras, nin pigmentos, percorrer unha sala baleira de esculturas ou videocreacións, trátase de ver cosmesmos ollos dun arquitecto, pero tamén dun museógrafo, mesmo dun partidario exaltado do mínimo, doesencial, e non falo de Minimalismo.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

6 de maio de 2003

Espacios desde oparabrisas I

Page 65: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Antes estiveron os arquitectosO lector que requira dun apuntamento de actualidade, por aquilo de recortar anacos e pegalos na axenda, esterepousa na inauguración dunha nova institución na cidade de Vigo: o Verbum, Casa das palabras, o pasado 25 de abril. A intención destas ideas é ir máis lonxe, trátase de retardar o paseo cara a un pretexto exposi-tivo facendo unha viaxe pola situación, polo contorno destas infraestructuras galegas. Quizais nunha primei-ra escala (máis adiante o mensaxeiro seguirá o seu camiño) podemos recoller aqueles espacios de carácter máis académico, oficiais, os chamados museos e aqueloutros que gardan as súas vontades de memoria peroque ofertan unha faciana de experimentación, como son os centros ou as fundacións. Detemos a investigaciónna arquitectura, xa que moitos dos espacios onde se recollen propostas expositivas foron realizados por coñe-cidos arquitectos. Así César Portela é autor do recente Verbum, ademais do Museo do Mar de Galicia (conAldo Rossi) e da Domus (Casa do home) en colaboración con Arata Isozaki; Manolo Gallego realizou oMuseo de Belas Artes da Coruña e -aínda que non posúa un contido de arte contemporánea, si resulta moiinteresante, o Museo da Colexiata de Santa María da Coruña- ademais da propia Casa de Cultura de Chantadapola súa impresionante fusión de espacios públicos, sociais. Tamén están os espacios de rehabilitación, oKiosko Alfonso realizado por Xosé Manuel Casabella, a remodelación do Centro Torrente Ballester, oimpecable e asombroso traballo de recuperación do cárcere e xulgados da rúa do Príncipe de Vigo para Museode Arte Contemporánea (MARCO) realizado polo equipo Quijada, Fraga e Portolés, e a inmediata inaugu-ración o próximo venres da nova sede da Fundación Luís Seoane na Coruña, obra dos arquitectos novos XoanCreus e Covadonga Carrasco.

Notas vermellas sobre un mapaUn mapa nas mans do copiloto e localizados as principais direccións. Resulta curioso que aínda non exista unpublicación (falo de tódolos formatos) onde se ofreza unha descrición detallada, con características concretas,de cada unha destas estructuras culturais; só existe un mundo de axendas, actualidade e citas. Unha única notano mapa, escrito en vermello, visitaremos aqueles centros que analicen, ben sexa desde as súas mostras ouexposicións ou ben nos seus contidos (colección) unha dirección cara á cultura contemporánea. Exemplosdoutras direccións existen moitos, algúns deles representativos e moi interesantes. Retomando a listaxe ante-riormente debuxada, podemos complementala con aqueloutras estructuras que son de nova planta. Así, atopamos as ideas de investigación das fundacións,como a Pedro Barrie de la Maza na Coruña, cun programa de exposicións (catro ó ano, con nomes comoLiechtenstein, Picasso ou Ansel Adams, a finais de mes) certamente excepcional, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ou o Auditorio de Galicia. Un capítulo á parte é o que ofrecen as fundación ou entidades bancarias, a citada Barrié , e as dúas máis representativas que teñen unha política de expansión por cidades galegas; así a Fundación Caixa Galicia acaba de abrir unha nova sede en Santiago e seguimos a agardar a nova construcción dun espectacularedificio na Coruña, obra de Nicholas Grimshaw; Caixanova, pola súa banda, sobresae pola nova sedeaberta en Vigo, que recolle o relevo da súa anterior no Teatro García Barbón, unha arquitectura e distribu- ción excesivamente dominante.

Debemos esixir una nova mirada por parte do espectador, do visitante. Limpar as lentes e instalar un detectorde emotividades espaciais, de diccionarios que intenten descubrir escenarios non comerciais, sen etiquetas ninofertas de hipermercado. Trátase de que o visitante repense o seu propio itinerario, a súa experiencia. Visitarespacios, pensar no seu arquitecto, na súa funcionalidade ou non, nos defectos e virtudes. Recoller en fotos osmuseos, centros ou salas que serven para algo máis que para soportar os nosos pasos, existindo na mesmafilosofía social dun café, un banco onde pousar unha lectura. O espacio transparente.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 66: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O percorrido segue trazas de arqueólogo, analizando as diferentes peles ou estratos das infraestructuras cul-turais. O novo discurso do urbanismo fala dunha distribución espacial descontinua, unha definición que seamarra fortemente a esta paisaxe de empresas creativas. Antes retiñamos a atención sobre conceptos e ideas,principalmente na achega de varios exemplos concretos de bos resultados arquitectónicos; lembremos queeran aqueles centros, como a Fundación Luís Seoane que acaba de abrir as súas portas o pasado venres. Eranos que fixaban as primeiras pautas de análise. Agora o relato continúa nun afondamento de novos modelos,con outras filosofías tamén moi acertadas, desa idónea fusión entre arquitectura e cultura ou, prolongando,nesa dilatación de fusións entre memoria e presente, que será o caso dos museos. Precisamos desvelar todosos perfiles destas empresas; falabamos de extensións creativas, espacios alternativos e lugares de producciónde ideas, ás veces simples colectores.

Posibilidades espaciaisDeste xeito, nese diálogo entre o concepto de tradición e de innovación, enfocado desde áreas diferenciadas,localizamos as institucións máis paradigmáticas do encontro entre arte e sociedade: os museos. Identificadoscon valores clásicos, a nosa mirada agora retense non nesa función, moi loable, de conservación da memoriahistórica senón na súa capacidade para conter exposicións e proxectos temporais. Os museos, baixo acentosmunicipais ou autonómicos ofrecen unha interesante ollada temporal, onde reside unha das súas forzas.Estoume a referir, citando exemplos concretos, ás salas de exposicións do Museo Provincial de Lugo, doMuseo Arqueolóxico de Ourense e do Museo de Pontevedra, onde sobresae o anexo Edificio Sarmiento coasúa presencia de claustro, a mesma tipoloxía que funciona no Museo do Pobo Galego. Neste último museosobresae unha sorte de lugar alternativo, a Igrexa de San Domingos de Bonaval, un templo cisterciense devocación minimalista, onde se realizan con frecuencia exposicións e, máis interesantes, intervencións espaci-ais: lembremos a Boltansky, a mostra Double Trouble ou máis recente proposta de Xosé Freixanes, invadin-do todo o chan cunha mestizaxe da tradición hindú e a galega (po de arroz e lousa). Aí reside o verdadeiroideal, facer vivir a historia.

Esta idea permítenos enlazar directamente con outras espacios que aloxan mostras contemporáneas, comopode ser tamén en Santiago o Colexio Fonseca e a Igrexa da Compañía (onde sobresae o espacio do coro,onde se posibilita unha sorte de intervencións interdisciplinarias, baixo o nome de "Procesalia"). En Vigoacábase de poñer en marcha unha iniciativa certamente novidosa: os peiraos, onde nestes meses se leva a cabo

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

13 de maio de 2003

Esta segunda parte das olladas desde un coche trata de percorrer aqueloutrosespacios culturais da xeografía galega que seguen retratando vontadesexpositivas no ámbito do contemporáneo. Preténdese pechar unha aproxi-mación ás salas, museos ou centros que gardan os pasos do visitante ásmostra de arte actual.

Espacios desde oparabrisas II .Facer vivir a historia

Page 67: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

un proxecto expositivo comisariado por Xosé Manuel Buxán. Pero no noso territorio segue sen existir ningúnexemplo do que se denomina antimuseo, factorías e poucos espacios reciclados, ningún de carácter industrial,como pode ser La Fábrica en Abarca de Campos ou o Museo Vostell en Cáceres. Noutra filosofía diferentepero especialmente paradigmática desde un punto de vista histórico e polo seu sentido fragmentario e modu-lar, está o Museo Carlos Maside de Sada, realizado polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat, autor tamén dunfito da nosa paisaxe, a sede da Coca Cola na Coruña, unha das mellores relecturas do movemento moderno.

O foráneo tan pretoQueda tamén deixar sitio para os nomes e apelidos que proxectan estes lugares; casas de cultura como a deChantada realizada por Manolo Gallego, a de Cangas de César Portela, a de Vilalba de Carlos María Monteroou o centro cultural do Carballiño de María Xesús Blanco e Alfredo Freixedo son exemplos desa simbioseentre eixes locais e culturais. Unha topografía cultural que tamén absorbe outros nomes de títulos interna-cionais; Siza na construcción do CGAC (que seguramente é un dos mellores agasallos arquitectónicos), Manuelde las Casas no Pazo da Cultura de Pontevedra, John Hejduck no Centro Socio-Cultural da Trisca (Santiago) ouEisenman na próxima Cidade da Cultura, conforman un panorama que, aínda que resulta interesante desde apresencia de nome ou "star system", ofrece unha morea de características de valoración espacial e creativa. Ocaso da Cidade da Cultura presenta ideas que escapan do propiamente cultural, mesmo para poder encher unlibro enteiro; unha arquitectura que fala de novos xeitos de entender a construcción desde o poder político,falando en grandes palabras. William J. Curtis -prestixioso crítico internacional- di que non é preciso facerunha cidade que se etiquete no singular, un artificio de baleiros, unha arquitectura de espectáculo, como podeser a Cidade das Artes de Valencia, decorados de poder. A verdadeira construcción está nun binomio sinx-elísimo: respecto á tradición, a memoria, e coa vontade de ser, nunca querer aparentar ser; como exemplo par-adigmático está o Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, obra de Alberto Noguerol e Pilar Díez ou acitada Casa da Cultura de Chantada.

Este repaso rápido polo resto dos espacios culturais quere abrir novas portas á intervención, á posibilidade derepensar o noso espacio colectivo. Que o mensaxeiro volva sobre os lugares coñecidos para comezar a obser-valos no repouso, no seu camiñar, mentres descubre as claves da arte actual.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 68: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Os espacios culturais, que foron analizados nos capítulos anteriores destasección, adquiren agora pautas de actualidade, coa inauguración de dousnovos centros de arte e cultura no noso territorio: a sede de Sargadelos enSantiago, que será analizada en próximas entregas, e a Fundación LuísSeoane, na Coruña, que inaugurou un novo enderezo no antigo CuartelMacanaz. Neste artigo analizamos a súa presencia pública, así como as dúasmostras que serven de presentación do imaxinario e pensamento vangardistade Seoane.

A Fundación Luís Seoane acaba de abrir as súas portas, o pasado venres 9 de maio, nunha nova sede localiza-da nun estremo da cidade vella da Coruña, detrás do Hospital Provincial e o Arquivo do Reino de Galicia, ócarón do mar, que o domina vixiante desde un miradoiro. O seu novo enderezo preséntase como longamenteagardado, moi diferente ó anterior no Centro Cultural Salvador de Madariaga -sede desde 1996- que, aínda quese atopaba no centro da cidade, preto dos Cantóns, tiña que compartir espacio con outras institucións.Ademais, quizais o máis significativo, agora gaña pola súa descentralización cultural e pola súa significaciónarquitectónica, singular, moi carismática, non por iso espectacular senón intimamente apegada ó manto terre-al. A nova construcción é sinceridade pura; resposta a un tipo de actuación de conservación do pasado,respectando o patio de armas do Cuartel de Macanaz -construcción do século XVIII- sobre o que se sitúa estenovo proxecto, onde cada unha das propostas espaciais e plásticas tiveron en conta o lugar e a figura de LuísSeoane. Os arquitectos, Juan Creus e Covadonga Carrasco articularon unha serie de estancias ó redor do patiocentral, nun diálogo entre materiais, potenciais de texturas, esponxas de luz e permanente modernidade quetentan ilustrar a contemporaneidade da obra de Seoane.

Arquitectura homenaxeA nova arquitectura sobresae, en primeiro lugar, pola súa forte presencia exterior, onde a pel branca e zócalosde granito, apertan as fachadas laterais, deixando a fachada principal e posterior para evidenciar a súa pegadano lugar. Aínda que a parte posterior actúa de marco fotográfico co exterior, a anterior ofrécese como unhadas iconas da fundación, nunha telúrica de ringleiras de pedra que harmonizan nunha delicada curva todo ocontorno, xerando unha pequena praza. Esta fachada estructúrase cunha serie de ringleiras de pedra, quepotencian a súa horizontalidade, do mesmo xeito que as construccións dos hórreos. Se o exterior se fusionaco interior resulta unha explosión de luz, un itinerario entre espacios matizados, paredes brancas e cristaistranslúcidos. Un proceso de coñecemento das súas entrañas. O vestíbulo de entrada emociona pola súa lóxi-ca arquitectónica case relixiosa, presencia lumínica, atlántica, que se organiza dando paso ás diferentes salasexpositivas e dependencias administrativas.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

20 de maio de 2003

Nacer na memoria

Page 69: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Seoane no espelloLuís Seoane é, posiblemente, o gran artista galego do século XX, aquel que recolleu e reuniu unha magníficaproducción artística desde diferentes e variados ámbitos creativos: gravado, pintura, producción editorial, etc.Ademais do seu traballo teórico, moi destacado. Seoane foi un apaixonado da historia da arte, observador edialogante entre a tradición galega e a linguaxe da vangarda. Para esta inauguración o Concello da Coruña,patrocinador da Fundación, encargoulle a María Luísa Sobrino a organización do proxecto museográfico, queincluía a selección dunha serie de obras representativas de Seoane para a mostra inaugural e, así mesmo, odeseño dunha mostra que, acompañando a esa primeira, aposte polo contido internacional. Aquela que rep-resenta un espello sintético da colección leva o nome de "O universo de Seoane", e ocupa o primeiro andarda fundación, nunha serie de salas que rodean o patio, que foxen, broncéanse ou asimilan a luz salgada daCoruña. A segunda exposición, chamada "Seoane e a vangarda: os seus mestres, os seus amigos" tenta retratar,como explica o epígrafe, as liñas de investigación que como tentáculos saen das súas obras; deste xeito, nomesemblemáticos ocupan a planta baixa arredor dunha escaleira de madeira, que se apropia dos procesos con-structivos dos hórreos, casualmente o mesmo que podiamos ver nas paredes do vestíbulo. Admírase o Picassogravador, Matisse, un fastástico Leger -que xustifica toda a visita-, o constructivismo de Torres García, a com-posición de Óscar Domínguez ou as cores de Maside, entre outros, como o impecable bodegón de ManuelÁngeles Ortiz.

Calquera gran figura da nosa historia precisa dun lugar, dun sitio, onde repousar a súa memoria, pero, sobretodo, onde alongar as vontades, ensinanzas e valores da súa disciplina concreta. Converter en vivas as mesmasideas que, no seu tempo, fixeron de Luís Seoane unha figura vangardista e referente incuestionable da arte gale-ga, o mesmo que, agora, tenta ofrecer esta nova sede da fundación, sorte de novidade e perfil de centro daarte contemporánea.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 70: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Sargadelos confírelle á historia de Galicia unha sensata presencia, un ines-gotable zume de experimentación e investigación entre arte e artesanía.Desde o pasado 9 de maio a galería da entidade en Santiago presenta unhanova sede rehabilitada na mesma Rúa Nova, con dúas mostras inaugurais:Ánxel Casal e "De novo".

Tocaba seguir falando de espacios, por aquilo de seguir prendendo pinzas neste tendal de paisaxes ou porqueeste que escribe ten unha época arquitectónica ou urbanística, non digo dispersa. Sargadelos foi unha desasestacións de parada o pasado 9 de maio, o día da reinauguración da súa sede compostelá. Lembremos que aentidade Sargadelos, sexa baixo control directo ou franquía, posúe dispersas polo territorio galego e peninsu-lar numerosas galerías. Baixo ese termo aloxábase un enderezo comercial e, de xeito paralelo, unha actividadede promoción cultural, mediante a celebración de conferencias, presentacións de libros ou, o que máis nosinteresa, exposicións. Son espacios dinámicos, cunha axenda de tarefas constante que pretenden prolongar afilosofía de experimentación de Sargadelos.

Nos espellos do tempoSargadelos Santiago repousa nun fascinante e discreto pazo urbano do casco vello compostelán, cunhatipoloxía arquitectónica de inmoble entre medianeiras cun pórtico que invade a rúa, orixinando soportais e cre-cendo en tres niveis. O visitante segue a manter, así mesmo, un valor de confianza e seguridade, xa que a enti-dade se situaba antes da remodelación en parte dos seus baixos comerciais. A expansión, vertical e horizontal,posibilitou unha maior área de comercio e atención ó público, e tamén unha excepcional distribución para salasde exposicións, biblioteca e salas de xuntas nos andares superiores. Para o día da inauguración preparáronsedúas mostras de lecturas diferenciadas: "Ánxel Casal" e "De novo".

Cada unha das estancias son receptores do exterior, canles de comunicación e distribución nunha sensibilidadesargadeliana. Se as fiestras da fachada anterior dialogan cunha rúa estreita, de soportais, teatros e restaurantes,as fiestras da parte posterior conseguen sobrevoar os tellados e dispoñer a mirada nas torres da catedral; con-vén resaltar a atracción que, como teatros con escena e tremoia, teñen estes espacios localizados en zonashistóricas que non permiten descubrir patios traseiros, moitos deles esquecidos, como sucede coa FundaciónTorrente Ballester ou Caixa Galicia. Será, como indico, nesa mirada posterior onde Sargadelos se ispe de cheo,nun despregamento de habitacións e galerías onde a luz invade sen descoidos. As dúas escaleiras de acceso dis-póñense seguindo trazas de memoria e actualidade, do Barroco e do traballo de autor (imaxe corporativa),porque o novo inquilino vai deixando etiquetas polo noso percorrido. Unha delas é a escaleira secundaria, con-struída en ferro, pintada de vermello e deseñada seguindo os modelos das obras de Sargadelos que podemosver en Sada, cunha aparencia provisional e cun forte sentido do producto deseñado.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

27 de maio de 2003

Sempre Sargadelos

Page 71: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Desde o presenteDespois de localizar no seu tempo a figura de Ánxel Casal, o segundo andar recolle unha mostra colectiva quesobresae non só pola presencia de nomes de artistas coñecidos senón porque ofrece unha sorte de volta ouretorno histórico. Esta mostra, que se refuxia baixo un "De novo", recolle a obra de seis artistas quecomezaron a traballar -coa súa primeira exposición individual- nesta mesma Sargadelos Santiago; o seuprimeiro paso público e salto á realidade. Anos despois, móstranse as súas obras últimas, cunha pretensión deofrecer unha pauta, un modelo, de presencia e participación no contemporáneo, na arte galega actual. O seupapel de plataforma e promoción vese perfectamente exemplarizado nesta exposición, xa que cada un dosartistas presentados son considerados como uns dos máis representativos da actualidade. Os seis invitados dis-póñense polas salas, abertas, ó redor un pequeno patio de luces: Manuel Vázquez, coas súas instantáneas deespellismos (espellos circulares onde se reflicte a realidade televisiva) comparte galería con Carlos Rial, coaimpresionante peza dun pombal realizado en zinc, no medo do cárcere e no soño da liberdade. Logo, ÁlvaroNegro reflexiona sobre a composición nos seus lenzos de vibracións cromáticas, en fronte Vicente Blanco pre-senta catro debuxos e un vídeo da súa xa clásica "El joven y radiante piloto" e Alberto Barreiro unha exquisi-ta selección dos seus últimos traballos fotográficos de referencias cinematográficas; finalmente Salvador Cidrássegue ofrecendo as súas olladas de artificios e contaminacións plástico-arquitectónicas.

Ó longo dos anos cada fillo recolle madurez nos seus petos. Os pais recollen as olladas desde o lonxe, por isoé nese contacto, de fin de semana, onde o diálogo xorde fluído, xeracional. Cada un dos artistas seleccionadosrepresenta xeitos e procesos de visibilidade diverxentes, por intres paralelos, e por intres entrelazados. O exem-plo de futuro está en cada unha das súas obras, cos seus logros e intentos como estará no horizonte culturaldesta nova Sargadelos que, remodelada, colle folgos para seguir adiante. O que diciamos ó principio, unhasorte de retorno ou, como dicía o amigo Ribao, recuar para continuar máis forte.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 72: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

O Centro Torrente Ballester de Ferrol segue con moita forza o seu asenta-mento na paisaxe cultural galega. Vari Caramés, Pamen Pereira, Carlos Riale Rubén Ramos Balsa son algúns dos piares desta tempada, cada un desdea súa linguaxe persoal. Agora, neste momento de inestables etapas post-electivas, é unha boa ocasión para apoiar o seu importante labor dentro dotecido creativo da cidade.

O Centro Torrente Ballester era antes un hospital, o coñecido Hospital da Caridade. Así o recordan aínda hoxemoitos dos veciños de Ferrol. Na mesma vontade de rehabilitación e de alongar a súa función social, desdehai poucos anos está funcionando como centro cultural. Pouco acostumado está o pobo ferrolán a un pro-grama de actividades culturais constante, nunha cidade de máis de cen mil habitantes que pagou un prezo moialto por ser unha das cidades máis industriais e dinámicas dos setenta e parte dos oitenta. A caída económicatrouxo consigo un inevitable debilitamento cultural. Nos últimos anos, nun proceso de normalización social,a dinamización de tipo cultural está actuando como unha das forzas de futuro e articulación urbana. Nesteeixo constructivo o Centro Cultural Torrente Ballester -dependente da Concellería de Cultura- está a funcionarcomo elo de esforzos, presentando exposicións e actividades certamente moi interesantes.

A pasada semana asistimos á inauguración de tres mostras que, de xeito realmente transparente, reflicten anova forza e orixinalidade deste espacio cultural. En poucos sitios no noso territorio difuso podemos ver agru-padas mostras de Vari Caramés, Pamen Pereira, Carlos Rial e Rubén Ramos Balsa, paradigmas interxeracionaisda boa creación en Galicia. E aínda máis cando recollemos as exposición dun pasado inmediato, CheloMatesanz, Juan Carlos Román, Foron Novísimos ou Colección CGAC, entre outros. Unha realidade certa -mente exemplar á que se debe de unir un dos seus piares máis firmes, o ciclo "Miradas Virxes" que, desde haitres anos se leva realizado baixo o comisariado de David Barro, agrupando nomes da nova plástica galega,como Manuel Vázquez, Silvia Argüello, Fran Hervello ou o que agora presenta os seus últimos traballos,Rubén Ramos Balsa. O centro, de xeito paralelo, presenta unha progresión espacial de expansión ó redor dunpatio cuberto, nunha estructural claustral; do mesmo xeito que outras institucións onde se agrupa rehabil-itación e cultura, como o Museo Patio Herreriano de Valladolid ou o Centro de Cultura Contemporánea deBarcelona.

Andoriñas borrosasQuizais non exista, hoxe en día en Galicia, unha exposición tan interesante como a que podemos ver de PamenPereira. A exposición, chamada "Un só sabor" e comisariada por Asumpta Rodríguez -propietaria da galeríaTrinta-, recolle as súas obras dos últimos anos, aquelas que presentan unha ollada cara ó íntimo, cara ó interi-or das forzas. Pamen leva recollidos anacos do seu mobiliario cotiá, agrupando nas súas mostras elementos dereflexión, lecturas filosóficas e poemas mínimos. Nos últimos anos a expansión espacial da obra de Pamencomporta unha maior expansión teatral, nun coidado case cinematográfico da súa presentación, nun intre deinstalación pero, sobre todo, de disposición. Se a exposición do CGAC se localizaba como un museo arque-olóxico, con fitos iluminados, o paso pola Gallera reafirmou unha Pamen máis escenográfica, onde a únicaimportancia recae na obra e a súa sombra, como o rastro do caracol na noite. Luces de candil na casa e soñosdoutros territorios que invaden un presente, un novo territorio; son as andoriñas que a milleiros sobrevoan asala de exposicións, nunha elegante sensación de viaxe.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

3 de xuño de 2003

As cúpulas da realidade

Page 73: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

As pequenas andoriñas de chocolate e parafina revoan conducindo os nosos pasos ó piso superior, onde sepresentan as fotografías de Vari Caramés. Se Pamen fala de intimidade, Vari quere pousar a súa faciana íntimanunha realidade pública. Nas súas obras a humidade, embazada nas cristais, a calor pegada nos corpos, nasparedes, e a eventualidade na pel dunha fotografía pictórica. Vari é o mensaxeiro que chegou xusto despois deque pasase algo, no epílogo dunha historia, pero non como chega o inspector ou o detective, senón cando o faio bafo do tempo, da brisa ou das areas do deserto.

Autorretratos de cor vidaCarlos Rial representa, noutra área, un tipo de actuación fronte á realidade nun comportamento íntimo e reser-vado, non tanto reflexivo como intuitivo; impecablemente intuitivo. A súa é unha aptitude de sinceridade, deelegante sinxeleza daquelo realizado coas mans, cos dedos, co tempo, coas vivencias e os soños, coas caídas eobxectos no lombo do traballo. O tempo fixo moito na obra de Carlos Rial, o mesmo que fixo o río nas ter-ras e a mirada na pel, na pel branca. Todo queda nunha superficie de telúricas perennes, conxeladas nun terri-torio fóra de nós, tan afastado que dá a volta, máis próximo ó latexo do corazón. Obras que reflicten o seuposicionamento fronte á vida, tamén fronte ó medo, garitas brancas de fiestra solitaria, cadaleitos e garrafasde plástico furadas, porque Rial é, sobre todo, un gran escultor de formas, de praceres do murmurio dunhaman acariñando unha superficie, o mesmo que fai o carniceiro sobre a la dunha ovella ou un escritor nunhafolla de papel; o poder da textura como valor de existencia, o mesmo que a áncora como soporte de super-vivencia. Cada unha das súas propostas fannos sentir máis vivos, ou polo menos, falan de posibilidades de cre-cemento, de sentir latexar o amencer, antes de que caia a noite escura.

Se pensamos, aínda que só sexa por un momento, nun mundo mellor, Pamen inventaría un mundo nómade,viaxeiro, sen fronteiras, Carlos construiría espacios onde convivir ou mesmo existir, tomándolle o pulso ótempo, mentres Vari faría as tarefas de organización, clasificando a chuvia, o vento, o mar e cada unhas dasvoces que saen polas gorxas húmidas dunha Galicia que segue adiante, sobrevivindo como unha garita, dis-persa como a andoriña e asentada, durmida, como esa gamela na marea baixa. Os tres, tres notas no noso cal-endario.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 74: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Levamos tempo seguindo a Jesús Mourelo, como el actúa, en silencio,diante da realidade. Desde que hai catro anos presentara os seus traballos nagalería Bacelos de Vigo, as súas obras fóronse limpando de imaxes, acen-tuando un éxito de información. Os seus novos intentos de visibilidadepública volven ó mesmo lugar ata comezos de xullo; recoméndovos des-cubrilo.

Cada vez que recollo apuntamentos no meu caderno vermello, suxestións que saltan polo camiño, algo de real,de dor ou latexo, queda preso nos meus pés. O mesmo sucede nunha performance de Francis Alÿs, o cal sededicaba a percorrer unha cidade cuns zapatos con imáns, atraendo todo aquilo de calidade metálica. Os meuspés levan unha pel de velcro, querendo amarrar, raptar, antes que acariñar. Antes que xogar, quero coñecer.Quero recolectar, quizais por iso mesmo teño varios amigos bibliotecarios, porque sempre preciso axuda paraalmacenar e etiquetar, por algo será que son historiador. Jesús Mourelo, curiosamente, pensa igual ca min, faio mesmo, vístese de arquiveiro, exerce de arqueólogo e recolle en lenzos o que vemos pasar diante da nosaporta todos os días: medos, vertixes de responsabilidade, riscos, tamén soños. Cada unha das súas obras éresultado de longas noites de lecturas, paseos por praias, soidades dun estudio preto da Porta do Atlántico econstruccións de espacios bidimensionais cargados de historia persoal; non é casual, así mesmo, que entre assúas mans caia a miúdo a historia da escritura de Ignace J. Gelb ou cite moito a Pessoa:

"O único sentido das cousas é non ter sentido oculto. Máis raro que todas as rarezas, máis que os soños dos poetas e os pensamentos dos filósofos, é que as cousas sexan realmente o que parecen ser e que no exista nada que comprender"

Colaxes de memoriaJesús Mourelo é artista antes que pintor, o seu non é unha explicación de disciplinas nin unha xustificaciónconstante, o seu é un comportamento estético, de acción, resistencia. Por iso a expansión pública das súasobras polas dúas salas da galería aprópiase dun xeito mínimo, nunha sinxela selección de nove cadros, onde,para quen non coñeza o espacio, caben moitos máis. Pero Mourelo actúa consciente. Se cadra quere bailar ensoidade, estirar a supervivencia do estudio, quizais o formato espacial non sexa máis que unha caixa de logrospúblicos. Pero os nervios o día da inauguración afloraban, como obxectos restos dun naufraxio, cada vez quebotaba a áncora diante dun dos seus cadros, tentando desvelar todo, que nada quedase afundido na subxec-tividade.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

10 de xuño de 2003

Os soños do bastidor

Page 75: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Porque para Mourelo cada un dos seus lenzos son tempo, quilos de tempo; horas e horas de miradas, de dar-lle as costas á responsabilidade e arrincar voces e fustas do interior. Cando observamos a súa pintura incidensortes de colaxes, composicións de acumulacións, veremos tramas xeométricas que acentúan a presencia orde-nada e racional da creación, logo recóllense os fitos da escritura, nun proceso evolutivo, despois vén a memo-ria que, en Mourelo, existe como o cadrado en Malevich ou o silencio en Morandi, está sempre presente. Namesma liña de conxelar e distribuír pola tea anacos de vivencias, tamén de entender o campo ficticio daarmazón como un campo magnético, vémolo ó carón de artistas como Carmen Calvo, Joseth Cornell ouManuel Bouzo. A súa maxia está no logro de agrupar, expoñer palimpsestos -peles de vivencias, experi-mentacións-, dedicándolle peso ó pasado e ó presente, viceversas de vida.

Hai tempo que Mourelo lle colleu a medida á vida, agora o seu traballo reside en manterse no alto da táboade windsurf. Así pensamos os que descubrimos a súa obra, arriscada, extremadamente persoal, onde, comonos pequenos cadros de Teo Soriano, cada un de nós parece sentirse reflectido.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 76: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A obra de Ansel Adams ensina a verdade, a verdade prendida na paisaxe. Asúa foi unha aposta pola obxectividade, pola fotografía pura da natureza nointerior dos Estados Unidos. A Fundación Barrié segue mantendo o seucompromiso coa realidade contemporánea, agora de sinatura histórica, paracelebrar e descubrir a obra dun dos mestres da fotografía do século pasado.

Pensemos nun mundo marabilloso, sen éxodos nin pretensións imperialistas, pensemos nun mundo onte todoquede detrás do medo, detrás da inxustiza, detrás do descontrol. Diante atopamos o silencio, a tranquilidade,a perfección; diante aparecen as paisaxes de Ansel Adams. Na súa obra todo queda arquivado nun equilibrioclasicista, nunha posición de perennidade, daquilo que existe e perpetúa o seu latexo de existencia. A súa foiunha aposta firme pola fotografía nun momento histórico, primeira metade do século XX dos EstadosUnidos, e nun momento estilístico de recoñecemento artístico desta disciplina. Consciente da súa función,acolleu fortemente o rol de elo dunha xeración de artistas que defenderon a fotografía pura, moderna, xuntoa nomes interxeracionais como Stieglitz, Strand, Weston ou Modoti, entre outros.

Despois de John FordA relación de Adams coa natureza flúe dun xeito cotián, como o nacemento dunha fonte ou a construccióndunha gamela para pasa-lo río; xorde nun contacto familiar. Será nesta relación e diálogo onde reside o seutraballo, nun comezo de valoración do xénero paisaxístico como temática independente, nunha interesanteanálise da paisaxe norteamericana, catalogando cada retrinco de saberes florais, terreais. Adams adquiriu, comonunha catarse, a mesma forza da natureza, a magnitude dos enormes campos de John Ford e os murmuriosda auga dun canón, calmo, a espuma dun remanso ou a volta dun meandro. Sorprende, aí reside o seu interese,o cambio de ritmos, a mirada universal, transcendente, ecoloxista, porque a paisaxe posuía significación, alma,valores morais, propios de ilustrar e representar unha idea de nación.

Pensamos nun Monet americano, ou mellor nun Friedrich ou Claudio de Lorena, nun Turner emocionado, eAdams recollendo os pétalos da paisaxe na pintura, licuado na fotografía modernista de Stieglitz e concluíndoempapado na tendencia europea da Nova Obxectividade. Valores obxectuais, nas liñas puras dun académicoco buril, de verdades conxeladas en texturas -a pedra, raíces como veas, a pel da rosa, o manto da auga, a carneda madeira- pero sempre como proxeccións físicas doutros valores espirituais, interiores. A defensa da terra,da natureza, que naceu neses mesmos anos, recolleu unha militancia política, de comportamento, nunha olla-da ecoloxista, de protección do medio natural. Por iso, en varias ocasións mantivo xuntanzas con varios pres-identes do seu país para defender os espacios naturais e protección dos parques nacionais (por exemplo,Yosemite), os mesmos que, desde moi novo, vían ó propio fotógrafo gardando en bolsiñas todo o heroísmoda natureza.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

17 de xullo de 2003

O nacementodunha paisaxe

Page 77: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

A paisaxe de Adams transmite coherencia, unha impecable e asombrosa sinxeleza compositiva, mínima nosdetalles, máxima das emocións. Porque o autor acende o interruptor da abstracción, do sublime. Volver á súaobra supón recoñecer a destreza dun académico comprometido, a fotografía de valores, nun fortalecementodos piares que sustentan unha nación e, aínda máis, neste momento político de nova expansión política exte-rior e colonización imperialista.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 78: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Tatiana Medal e Almudena Fernández son dúas das artistas novas máisinteresantes do noso panorama creativo; emparentadas en numerosas colec-tivas, agora son testemuña dun emparellamento fortuíto na galería MarisaMarimón de Ourense, e, sen embargo, os seus traballos establecen diálogosmoi coherentes.

No barullo de nomes de artistas novos, dos cales cada ano asistimos á presentación en sociedade mediante oscada vez menos vivos certames de arte novo, poucos van quedando nas redes, poucos quedan sendo coñeci-dos. E na maioría das veces non se tratan de artistas mellores ou peores, nin de que a obra seleccionada ou,digamos, máis coñecida, sexa a mellor, senón que é a que mellor soubo facerse ver. É un tema de relacións, degustos meramente persoais, galerísticos ou institucionais. Cando percorremos colectivas destes artistas noveisbuscamos a súa destreza, o seu rigor como autor pioneiro capaz de ensinarse mellor, de brillar máis có veciño,trátase de atopar cál é o que fixo o nó máis grande e duradeiro na corda da creatividade; por outro lado, fic-ción dunha realidade. Aí retemos a mirada e activamos un mecanismo de historiador, imos construíndoestradas e nós, facendo o máximo número de nós posible. Así fixo Miguel Fernández-Cid cando en 1993 nacolectiva "30 anos no 2000" reuniu un grupo de artistas novos, entre eles unhas novísimas Tatiana Medal eAlmudena Fernández, das cales, xunto con outros da mesma xeración saída da Facultade de Belas Artes, vimosacelerar os seus traballos nestes dez anos. Esta mostra destas dúas pintoras quere activar a actualidade creati-va dos seus traballos, pero tamén podería servir de interruptor de memoria xeracional.

Mentres a década dos 90 ía prendendo pouco a pouco, a pintura colocábase de súpeto no máis alto das reflex-ións dos novos artistas galegos; nomes como Berta Cáccamo ou Antonio Murado acomodáronse ó lado dasnovas promocións da facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde comezaron a sobresaír moitos artistascomo Álvaro Negro, Manuel Vázquez ou Silvia Argüello. A pintura preséntase como un terreo diluído, frag-mentado, distribuído como pousos de moitas disciplinas, contaminada polas teorías da arquitectura, do deseñoe das novas tecnoloxías; Almudena Fernández bebe da literatura, pero a súa non é unha obra figurativa, tam-pouco abstracta senón, como veremos, só narrativa; Tatiana Medal recolle a tradición da trama arquitectónicaen obras que se dilúen en liñas, tensións e campos expandidos.

A pintura tecidaAs obras de Tatiana e Almudena reforzan o papel da pintura na actualidade; as súas son pinturas que ensinana construír, a narrar, a mostrar as pautas mesmo para pintar. Nun repaso fugaz polas obras anteriores deAlmudena, como prólogo e pretexto do actual, a súa era unha producción onde abundaban as referencias lit-erarias, unha verdadeira colonización de letras, frases, narracións prosaicas, moitas veces inspirada no libro"Alicia no país das marabillas", de onde extraía oracións que invadían a superficie da tea, delimitándoa comotramas que atan e conforman unha parcela. O resultado eran pinturas cheas de cor, preñadas de texturascromáticas, esencialmente barrocas, acumulativas, de moitas capas superpostas.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

24 de xuño de 2003

O nó e a estrada

Page 79: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Valores inherentes ó formato bidimensional serven de ingredientes opostos nas súas obras. En Almudena opictórico perde forza a favor do lineal, mesmo do compoñente plástico; en Tatiana esta dirección colleu uncamiño á inversa, nunha acumulación de peles e pretextos tridimensionais. Nesa vontade de atrapar o lenzovemos como as obras das dúas seguen insistindo na cuestión da trama pictórica, na estructura de estadas:Almudena coas letras, como motivos constructivos, agora transformadas en cordas ou sogas que continúan adelimitar o espacio do cadro, atando nós, entrelazando filamentos convertidos en redes de pescadores ou dexerseis de punto; Tatiana converte o lenzo nun espacio de fugacidades, que conducen a un baleiro e lugaresque queren non existir, que non posúen referencias concretas, como si o facían as súas obras anteriores.

Pinturas que prenden na mirada pola limpeza, a pulcritude de acabados, afianzadas pola estructura arquitec-tónica, conseguindo relanzar a obra de dúas das pintoras máis interesantes da actualidade galega. Almudena eTatiana fan unha catarse na súa traxectoria, unha limpeza, sorprendendo nesta mostra, onde pequenos elos eestradas defenden a pintura en tempos de crise, lonxe do decorativo, preto do útil, do necesario.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 80: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Nestas datas de tránsito entre primaveras lectivas e períodos estivais, candoxa ata os anxos marchan de vacacións, quedamos os mensaxeiros agardan-do as lagarteiras. Tempo de lecer, tempo para mostras de carácter transito-rio, fugaces pero atraíntes. Galerías de arte que ensinan obras dos seus fon-dos, os seus artistas, baixo nomes populares. Tempo de voces light.

No mundo das exposicións o sentimento muda cando chega a calor; pasa nas mellores familias. Xullo ensinao nariz pola esquina e prodúcese un impactante fenómeno de exteriorización, que depende de xeito claro dunaspecto meramente económico. Cando os diñeiros se visten cunhas bermudas de flores, as portas das institu-cións mercantís da arte pechan por vacacións. E, de xeito recíproco prodúcese un fenómeno de agrandamentodoutras institucións, mediante a instalación de grandes acontecementos expositivos, nun proceso similar óscertames de festivais de arte, feiras ou bienais, como as presentes Bienais de Venecia e Valencia.

En familiaAs máis coñecidas entidades públicas e privadas ensinan, nestes dous meses, mostras emblemáticas; separasemos en cada unha delas teriamos que encargar unha enciclopedia. Repartidas por todas as cidades gale-gas, debemos anotar varias mostras: "65 (obras) para 65 (anos)" no Museo de Pontevedra, a "Bienal de Arte"en Caixa Nova, os "Pensionados da Deputación" no Pazo da Cultura, Cristina García Rodero e Arne Jacobsenno Museo de Belas Artes da Coruña, Modest Cuixart no MACUF, Ansel Adams na Fundación Barrié, ManoloMoldes e David Claerbout no CGAC, "A palabra e a súa sombra. José Ángel Valente" no Colexio Fonseca eIgrexa da Universidade de Santiago, "Indisciplinados" e "Agrupémonos todos" no MARCO e "A Mares" noMuseo do Mar. Que non sexa por oferta cultural.

Mentres estas grandes empresas sinalan luces de festas, o territorio mercantil da arte, aquel formado princi-palmente polas galerías, recolle os telderetes no mes de agosto, deixando para o presente mes de xullo unhapaisaxe de colectivas e apostas moi persoais. Si, estamos a falar de moitas das mostras que nestes días transi-torios se comezan a inaugurar baixo nomes certamente equitativos, de doada clasificación conxunta: colectivade verán, avance de tempada, etc. Por moitas diferencias de programas expositivos, tendencias expositivas oumesmo métodos de expansión que existan entre cada unha das galerías, cada un volve ó mesmo rego ó finalda primavera, como os emigrantes. Pero convén seguir ollando. Nos últimos anos comezou a aparecer o deter-minado rol do galerista preto das funcións do comisario, uns profesionais que confeccionan a súa propiamostra colectiva, apostando por un determinado número de artistas baixo un criterio impecable, de maior oumenor interese, pero representativo e imaxe-icona dunha programación, xa que no maior número dos casos amostra intégrase con artistas da propia galería. O resultado será unha selección da colección da galería, cuntítulo e cunhas notas de seguimento do visitante despistado; por outro lado, o mesmo que fan os grandes cen-tros como o CGAC na serie de proxectos expositivos de revisión da súa colección: "Pegadas de luz" ou"Xogos de escala". Chamáselle botar man dunha linguaxe familiar.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

1 de xullo de 2003

Fondo de armario

Page 81: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Porque, como ben pode ensinar calquera revista de moda, o máis importante dunha colección é ter un bofondo de armario. Diso estamos a falar, de apostar polo coñecido en épocas de cambio, de pouca seguridadecomercial ou política, de botar man da mirada cotiá. As máis coñecidas das nosas galerías, as mesmas que ólongo deste anos visitamos en individuais fascinantes, son agora espacios de artificios:Trinta ofrécenos unachegamento temático baixo o título "Dos obxectos II", sen saír de Santiago SCQ expande a liña da galeríaamosando oito artistas que, co nome "Están 8", ofrecen unha ollada ó mundo das flores desde a linguaxe dePatiño, Lamazares ou Goyanes; Clérigos e Marisa Marimón seleccionan entre os seus fondos obras represen-tivas, Chroma pinta con cadros de abstracción e Adhoc reúne nove autores novos, entre eles artistas da propiagalería como Patricia Iglesias ou Suso Fandiño, xunto a outros pouco coñecidos como Lino Lago, Nano4814ou Azuzena Vieites. Quizais onde mellor resulten estas apostas sexa nunha mirada ás novas xeracións, ofre-cendo un escenario de publicitación de novos artistas, moitos deles da facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Ás veces na sinxeleza está o logro, sen pretensións queremos fascinar. Moitas destas mostras son exemplos detraxectorias profesionais arriscadas, e en cada unha das paredes queda un pouco da calidade, soños e disper-sións do galerista. Nós, mentres, seguimos agardando as lagarteiras, como di a nosa amiga Rosa, deitámonoscos cestos cheos de obras para ver pasar o verán, camiño de Venecia.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 82: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Lugo máxico ou romano, poucas veces calquera de nós visita Lugo paraprofundar no contemporáneo. Agora invito a facelo. Estas palabras querenser un antídoto de inercia atlántica para acostumar o mensaxeiro ó climacontinental, interior, e invitalo a visitar a cidade da muralla capturando pílu-las de actualidade creativa; neste caso baixo tres exposicións que tiveronlugar nestes días: Vicente Prego, Mónica Alonso e Maximino Reboredo.

Lugo é unha desas cidades que todos visitamos na excursión do instituto, rodeamos a súa muralla e paseamospolas rúas da zona vella; e, sen embargo, todos queremos voltar, pero non o facemos. O mesmo nos sucede,quizais máis acusado, no caso de Ourense. Unha realizade que se ve acentuado pola tendencia atlántica, poten-ciada por autoestradas que atan grandes cidades desde Ferrol ata Vigo, prolongándose ata Porto, e que axilizanos desprazamentos e fan esquecer a paisaxe interior. Autoestradas que son, tamén, culturais; cada un asistimoscon asiduidade a mostras e inauguracións do MARCO en Vigo, do CGAC en Santiago ou da Barrié na Coruña,pero poucos nos achegamos, lamentablemente, ás mostras de Lugo, Ourense, e xa non falo de Monforte ouLalín. Lugo ten un potencial de salas e proxectos que ben podería situarse nunha sorte de Nacional VI.

Bufandas para o camiñoA actividade cultural da cidade concéntrase na zona vella, ben abrigada pola elipse da muralla e lacerada porrúas peonís, prazas e igrexas entre as que se dispersan salas institucionais, museos e galerías. Sobresaen, polasúa historia, o Museo Provincial, na Praza da Soedade e a sala da Deputación; nun nivel máis social localizamoso Círculo de Belas Artes e espacios como a Porta Miñá ou Almirante. Destaca a sala alternativa Wotelo, agalería Clérigos, na rúa do mesmo nome nas proximidades da Praza Maior, onde se sitúa a Fundación CaixaGalicia.

As tres mostras que retiveron a este mensaxeiro aquela tarde foron cita obrigadas nese tránsito de primaverae verán, que localizamos en tres espacios significativos da cidade: Mónica Alonso no Museo Provincial,Vicente Prego na galería Clérigos e Maximino Reboredo en Caixa Galicia. A traxectoria de Mónica Alonsovimos descubríndoa desde hai cinco anos, experimentando ultimamente un acelerado "reprís" de mostras epresencias colectivas. Natural da Fonsagrada, instálase literalmente nunha ampla e difícil sala do Museo, ondea artista intervén nunha explosión de mensaxes e códigos directos ó espectador. Do mesmo xeito que fai encada unha das súas mostras pasadas, Mónica -neste proxecto de nome Sema- constrúe unha telúrica de cro-matismos dictadores que dominan chan, paredes e teitos, e que camufla baixo sentimentos terapéuticos,traspasando o meramente creativo e internándose nos terreos sociolóxicos e de pautas de comportamento. Adoutora Alonso pinta todo o espacio con dúas cores, verde e azul, indavindo todas as dimensións e actuandode emblemas de estados anímicos. Un mundo inquietante, de obras mentais e moi vivenciais, teatrais e arqui-tectónicas. A súa é unha resposta ó banal e decorativo, unha acción directa contra os estados que bloquean oespírito humano. As cápsulas de Sema, son terapias de choque para chegar a un escenario de confort e ben-estar.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

8 de xullo de 2003

Memoria's works

Page 83: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Fronte á instalación e pintura expandida de Mónica Alonso, Vicente Prego, na galería Clérigos, ofrece unhamirada concentrada na pintura, no feito creativo de pequenos flashes románticos. A súa obra, que nesta mostrase concentra nos últimos dous anos, acomodouse nun valor do íntimo, da obra de pigmentos, que fluctúa entreo conceptualismo dos primeiros anos e o informalismo abstracto, que rapidamente se significou nun tipo detraballos de referencias xestuais onde o compoñente narrativo nunca remataba de desaparecer; é nese diálogoonde as pinturas de Prego se definen e acertan. Son obras en moitas ocasións negras, con terras e sienas, nestecaso son paisaxes definidas polas gamas ocres, desérticas, como expulsadas ou referidas por un Fortuny depaseos norteafricanos. Unha pintura de forte tendencia romántica, diluída polo impresionismo caloroso quese detén nos brillos de amarelos, vernices e nos efectos disolventes do grattage.

Desde ollos de terraA Fundación Caixa Galicia o acolle unha exposición con fotografías de Maximino Reboredo, entre os anos 1892 e 1899. As obras deste recolector de estampas cotiás, na mesma vertente trazada por Virxilio Vieitez ouRamón Caamaño, ensina todo unha precipitación de memorias nos ollos. As súas fotografías, quizais poladistancia temporal, quizais pola pobreza, quizais pola fame, son escuros retratos do noso pasado. Fotografíasque descobren chispas de luz, de vida. En cada unha das súas escenas de tremoia teatral, en provisionaishabitacións de panos de columnas dóricas, o logro reside nun espectacular modo de plasmación íntima, repou-sada, como poñéndolle freo á dor da pobreza. Tamén, nunha sorte de vánitas, ponlle pinzas morais nosombreiros de tódalas clases sociais, párrocos, militares, monxas, burgueses e familias de romaría. Os retrata-dos evitan mirar a cámara e buscan espacios tanxenciais, como atrapando a súa propia memoria, e dispóñenseseguindo os canons compositivos de moda, ó estilo modernista cunha cadeira na galería como un RamónCasas, o expresionismo ácido dun Daumier, o impresionismo do ocio da feira e o rexionalismo dunSoutomaior conxelado en grandes saias e panos de cabeza. O seu mundo, aquel que atopaba en cada aldeaonde pousaba o trípode das fantasías, recollíase nas escaleiras da vivenda, nos ollos dun labrego de pel seca,na cabaliño de madeira, nos veos da primeira comuñón e no plein-air debaixo dunha parra. Pero, atento á vida,atrapando o seu alento, como un excelente Paul Strand, segue os nosos pasos ata a morte, nos seus máis máx-icos retratos de defuntos, onde deposita os mellores dos seus mantos líricos.

Antes de marchar da aldea un neno dille: ¿Onde vas? Marcho, volvo agora, cando teñas fillos.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 84: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Poucas cousas son, hoxe en día, indisciplinadas; acostumados a mundosrecreados e ambientes Mc Donald´s. Por iso mesmo, cada vez que detecta-mos picos de emoción contaminada, ficamos atentos diante do escenario. Amostra "Indisciplinados" que se acaba de inaugurar no MARCO realizaunha contextualización da vertente transgresora, desde o punto de vistametodolóxico, da arte contemporánea.

Só de cando en vez o axente indisciplinado está presente na nosa sociedade. Falamos daquel ou daqueles que,formados nunha área, por diferentes motivos asimilan ou, directamente, vampirizan os métodos de actuacióndoutras disciplinas. Ollamos a televisión, ollamos internet, e son moitas as referencias cruzadas: actores queson presentadores, presentadores que son directores; pero aquí, por sorte, falamos de creación. Aínda quetamén no mesmo amplo territorio da arte detectamos exemplos de poetas que son performances, mesmovideocreadores xogando a pintores e fotógrafos vestidos de Ícaros. A mostra que podemos ver no MARCOata o mes de setembro incide nesta vertente narrativa, "as fronteiras da linguaxe creativa, nos lindes da arte eo deseño", coa presencia de máis de vinte artistas de diferentes xeracións do ámbito principalmente peninsu-lar con algunha incursión internacional.

O dedo no ollo

A mostra indisciplinados alóxase na planta baixa, co seu atraínte xogo espacial de patios e galerías rotando óritmo da rotonda central, xerando un percorrido de continua ida e volta; particularidade que, como xa comen-tamos noutras ocasións, afecta a tódalas mostras que pasaron e pasarán polo centro. Para seguir temos quevolver, curiosa sensación, que neste caso se agradece. O mesmo sucede, na primeira planta onde a mostra"Agrupémonos todos" realiza un achegamento ó gregarismo, asociacionismo e colectividade na arte actual.Pero sigamos paseando pola indisciplina, que sempre resulta máis apetecible. A rotonda que actúa de chave deentrada amosa sempre unha obra emblemática que se enche de valor neste espacio ascensional, nesta ocasiónun gran globo de brillos dourado, obra de Martín Ruiz de Azúa, pousase no chan, burbulla glamurosa, senrematar de definirse, como unha bágoa barroca. Logo, as perspectivas fugaces das galerías onde, como fitosexclamativos, imos localizando cada unha das obras.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

15 de xullo de 2003

Á sombra deárbores caducas

Page 85: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Convén, para aquel que guste de arquivar sensacións en paquetes de metal, estructurar a mostra en varias ver-tentes, direccións ou, mellor definido, en afinidades que, por outra banda, son as que Nuria Gual Solé, comis-aria da exposición, rastrexou pola creación actual. Por suposto que faltan nomes que calquera de nós viu enfeiras ou noutras mostras, pero a selección realizada responde perfectamente a esta mirada de artistas que bor-dean ou acariñan outras disciplinas. Pensamos en actores que viven en, ou alugan, mundos contaminados,chamémoslle híbridos: a área da arquitectura, da moda, do deseño, do urbanismo, tamén da socioloxía, dapropia historiografía ou da museoloxía. A comisaria, máis didáctica que este mensaxeiro, subdividiu a súainvestigación en cinco apartados: os códigos, os escenarios, a superficie, o simulacro e a inocencia; quepodemos ver, nalgún caso duplicado, en cada unha das obras presentes.

Piratas do visualSen querer ou poder (por cuestións de espacio) achegarme a tódalas propostas, gustaríame presentar unhaserie delas que, ben pola súa actuación, ben polo acerto discursivo, saltaron con máis forza nesa visita. Desdeque descubrín a obra de Alicia Framis non paro de seguila; sabedes que está presente no pavillón de Holandada actual Bienal de Venecia e puidemos vela en importantes colectivas e vinculada á súa galerista Helga deAlvear. Nesta mostra presenta unha sorte de feito sexual ofrecendo unha tenda de campaña e as instrucciónpara poder face-lo amor; toda unha invitación a praceres efémeros, nómades. Naia del Castillo prosegue nestadirección e reflexiona sobre o concepto de moda, o mesmo que fai José Antonio Hernándewz-Díez.Ultimamente tamén está a sorprender a vertente transgresora, intersocial, aquí da man ou beizos de JoanMorey. Logo están os escenarios, teatrais e con certo aire pop e mensaxes terapéuticas na obra de MónicaAlonso, un diván vouyeaur de Sofía Yack (recentemente premiada coa Bolsa Unión Fenosa) ou nos artificiosde Diego Santomé, cunha peza que representa a maqueta dun museo imaxinario (a Fundación Diego Santomé)que xa presentara na galería Bacelos de Vigo. Xoán Anelo no seu balcón musical picando emocións dance,porque tamén temos lugar para a diversión, algo que agradecemos naquela tarde de venres. Á memoria víñamea mostra "Lost in Sound" do CGAC e, difuso, xa non sabía localizar os límites do museo. Parece que sigo polobo camiño.

Para un final, digamos, de festa quedan dúas propostas que, sen querer ser testemuñas directas do discursodesta mostra, si exemplifican a súa ollada diferente, tanxencial e incómoda. El Perro, un colectivo de dous artis-tas que se afeccionaron á arte de acción política, presentan unha solución ós problemas de desprazamento,vivenda e emigración, cunha cápsula onde transportar homes coma se fosen mercancías. Mentres, SusoFandiño, silencioso, ofreceu unha obra sinxelamente marabillosa; dous lenzos con apropiacións das caixasBrillos do querido Warhol e un mural amarelo con letras douradas onde lemos "tonto el que lo lea". Pois iso,deixémonos levar pola letra contaminada, as poetisas que danzan en vídeos de Madonna, á sombra de árboreschill-out.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 86: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Na confluencia está o logro de moitos programas expositivos temporais dosmuseos, pero tamén a súa desvirtualización. Neste dilema sitúanse, nestesdías, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Provincial de Lugo, aFundación Luís Seoane, o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e oMuseo de Pontevedra, coa presentación de varios proxectos expositivos endiálogo. Prego que non se note, pero este mensaxeiro comeza a abarcarmoito, ¿será tempo de lecer?

Se nos distanciamos da realidade dos centros de arte actual, mesmo das galerías -por estas datas preparandoo seu descanso por vacacións- o interese expositivo reside nos museos e nas fundacións. Non sempre estadirección queda tan clara, pero neste verán de 2003 está moi definida. Como xa comentamos noutras ocasiónsa verdadeira aposta destas institucións é a vontade de conservación, de apertar ou construír cunchas ó redordunha figura destacable da cultura. O debate entre a colección e a reflexión temporal ofrece un segundo per-corrido que enriquece nunha viceversa toda a institución, algo que loxicamente oscila dependendo da calidadeexpositiva, non sempre nun nivel ou equilibrio constante. Debemos pensar que, ante todo, son museos e amirada é histórica, non sei se o digo para xustificar algún exemplo existente, pero é que non sei como explica-lo doutro xeito. Malia que, ás veces, o concepto de museo desvirtúase moderadamente, converténdose en sim-ples salas de exposición institucionais, esquecendo que están unidas e dependen dunha nai á que deben mirare respectar.

Pezas soltasNa canle máis novidosa atopamos a Fundación Luís Seoane, que acaba de aparcar a súa nova sede na beiradun mar mercantil. Despois da mostra "Seoane e a vangarda", a seguinte aposta reflexiva, máis nunha liña actu-al, chega da man de Manuel Segade con "A construcción do espectador" que ocupa a sala de exposicións tem-porais na planta baixa, a mesma que se descobre despois dun paseo entre ringleiras de luscofuscos. A mostrapretende ser un achegamento á relación entre o visitante e a obra de arte, mediante unha interacción de intere-ses, analizando o nivel de confluencia e cuestionamento; para o cal se fixo unha selección de obras da impre-sionante colección La Caixa, con pezas fotográficas de Andreas Gursky ou Gunther Förg, esculturas de JuanMuñoz ou Rachel Whiteread e os vídeos de Bill Viola e Bruce Nauman. Dilatar a sombra experimental e van-gardista de Seoane, sinxelamente poñéndolle novas facianas.

Os museos logran a fusión da visita turística, que segue o plano coa devoción dun drogadicto, e os visitantesadoutrinados, que perseguen un pulso máis caloroso, paralelo. O Museo de Pontevedra (coa Deputación dePontevedra) concentra a súa forza nos meses de verán presentando unha serie de mostras de variada natureza,obxectivos similares pero diferente orixe. Hai unha semana celebraba o seu setenta e cinco aniversario coainauguración da mostra "75 (obras) para (75) anos", reunindo unha selección das obras máis representativasda súa colección, desde pezas da Prehistoria ata a actualidade, pasando polo obras barrocas e o rexionalistas,entre outras. De contido similar, actuando de homenaxe, a propia Deputación organiza unha mostra no Pazode Cultura de nome "Os pensionados da Deputación de Pontevedra", onde se recollen os traballos dos artis-tas que se beneficiaron da axuda da institución, onde atopamos nomes significativos da nosa plástica comoAsorey ou Colmeiro. Pero, como falamos, na chispa de actualidade é onde situamos o latexo de vida, e o pro-pio museo sábeo, por iso cada ano organiza unha edición do certame de Novos Valores, que este ano selocalizará nas salas de exposición da Facultade de Belas Artes.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

22 de xullo de 2003

A entrada lateral

Page 87: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

No lombo da memoriaHai uns días falabamos do Museo Provincial de Lugo, con motivo da interesante exposición de MónicaAlonso, cor na memoria caduca. Hoxe proseguen as pílulas de frescura con Álvaro de la Vega, Emilia Salgueiroou o grupo Vinte. Tamén recolle forzas todo o ano o MACUF para esta época coa mostra de Modest Cuixart,na súa cita cos mestres da vangarda peninsular, unha das aposta máis firmes de verán. Aínda que os outrosexemplos máis salientables destes meses localízanse tamén na Coruña, no Museo de Belas Artes, que triunfaplenamente coas mostras de Cristina García Rodero e Arne Jacobsen. Exposicións, que malia seren proxectositinerantes, resultan sobresaíntes, incluso, insisto, na súa sorte de parella de feito. As salas repártense paraaloxaren as dúas tormentas, de vivencia e vangarda respectivamente. A representación dos sentidos, bañadospolo sangue e pola auga, frenesí danzante, das fotografía de "Rituais en Haití" dunha García Rodero excep-cional, curandeira de belezas puras, conxeladas nun camiñar exaltado. Arne Jabosen, disciplinado, universal,presenta unha impecable colección de pezas e proxectos, diante de panos pedagóxicos.

No epílogo resiste a lóxica dunha colección, que peta no lombo de directores e responsables; diante dos ollosun mundo de alternativas. A entrada lateral está aberta, tempo de camiños paralelos

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 88: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

Caemos nun mundo de preguntas e respostas inmediatas. Por iso mesmo dinque vivimos na globalización. Galicia, sobre todo nos meses de verán, tenmoitas respostas pero poucas preguntas. O comentario vén a conto destapresentación das diversas exposicións que, para os meses de agosto, se vandesenvolver no territorio galego, porque como outras moitas veces é difícilseleccionar, canto máis na colectividade.

A miña aposta de mostras "agostiñas" funciona como unha colectiva de varios artistas que, así mesmo, se agru-pan en colectivas e individuais; como sortes de ligazóns. Deixando a función de cazabolboretas, agora tocaatrapar moscas, que sempre resulta máis infantil, ou polo menos intrigante; ou, alongando a tarefa evolutivamellor axotamos moscas para ver as bolboretas. Non sabemos se será unha constate ou tema dunha tese peroo que si é certo é que nos meses estivais o pulso expositivo galego pega un brinco. Sabemos que a maioría dasgalerías pechan en agosto, cando a súa efectividade sería relativamente escasa, deixando os alentos para as insti-tucións que collen folgos cheos, almacenados durante o inverno para vertelos todos nestes meses. Curiosaestratexia, que por outra banda é a mesma en moitas das cidades peninsulares.

De aquí e de acolá Neste avance ou, digamos, miradoiro, non comentarei aquelas mostras das que xa falei e que, así mesmo, con-tinúan abertas neste mes de agosto. Gustaríame determe naquelas que comezaron nestas datas ou o farán nun-has inmediatas, como mañá o Museo do Mar ou o día 3 de agosto o certame Novos Valores. Buscando un cri-terio sinxelo, por aquilo de que cada quen faga a súa propia selección ó final, vou estructurar as mostras enproxectos individuais e proxectos de tese colectiva, e se son ou non de revisión histórica. Entre as exposiciónsque apostan por unha revisión ou nova ollada a un pasado, en moitos casos aínda recente, están as respostasdas institucións museísticas. O Museo de Ponetevedra, pouco antes de iniciar a súa remodelación, ensina a súapropia historia cunha interesante "75 obras para 75 anos" no Edificio Sarmiento, mentres, o Pazo da Culturada mesma cidade realiza unha homenaxe "Os pensionados da Deputación de Pontevedra (1864-1933)". CaixaNova arrímase ó galeón da historia e, baixo o comisariado de Román Pereiro presenta a mostra "A batalla deVigo: Prólogo dunha guerra" na súa aínda fresca sede do Centro Social de Vigo.

Malia que as mostras de tese, que xiran e apertan nunha mesma dirección, son as que máis abundan ou, polomenos, as que se esforzan en facerse ver. A Fundación Luís Seoane con "A construcción do espectador"nunha revisión da colección La Caixa ou o CGAC con "Pegadas de luz" nesa ollada crítica da súa colección.Mención á parte merece o Museo do Mar de Galicia cunha programación moi ambiciosa baixo o epígrafe "AMares"; a partir do próximo 30 deste mes a mostra "O espello do mar: a temática marítima na arte galega(séculos XIX-XX)" nun achegamento pioneiro e moi complexo da iconografía mariña na arte galega. Sobresaeo Colexio de Fonseca e a Igrexa da Universidade da Santiago de Compostela cunha mostra excepcional, únicapola súa interrelación creativa, nunha achega á figura de Ángel Valente coa mensaxe "A palabra e a súa som-bra". O Museo das Peregrinacións con "De Fisterra a Xerusalén: Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns"segue nun proceso de investigación do fenómeno, historia e actuacións da peregrinación. Pola súa banda, oMARCO con "Agrupémonos todos" e "Indisciplinados" ofrece un novo pretexto para visitar Vigo nestasdatas, sobre todo a segunda delas con obras moi imaxinativas; antes de saírdes, pasade polo Marcelino Pan eViño.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

29 de xullo de 2003

Atrapando moscas

Page 89: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

As mostras de revisión histórica de autores, como realiza Caixa Galicia, na súa sede coruñesa, coa figura deUrbano Lugrís, o pintor que se mergulla como unha serea á busca de barcos e mariños de aventuras. O Museode Belas Artes da mesma cidade coa figura de Arne Jacobsen realiza unha aposta moi intelixente de revisitara vangarda internacional, como fai o MACUF coa modernidade de Modest Cuixart, membro do mítico grupo"Dau al Set". Caixanova prosegue na súa liña de reconstruír, en figuras individuais, a historia da arte galega doséculo XX, neste caso coa pintura de Mª Victoria de la Fuente no espacio Gagos de Mendoza de Pontevedra.

Máscaras de verán Logo atopamos a vertente expositiva de propostas actuais, todas nunha heteroxeneidade case carnavalesca.Caixa Galicia en Santiago eleva a Xurxo Lobato no seu traballo "Galicia Camiño Celeste" en fotografíaspanorámicas, e, no Café Moderno de Pontevedra, recolle os traballos en vidro de Julia Ares na súa suxestiva"Aqua". A Sala dos Peiraos de Vigo, prosegue o seu seguimento ás "Malas Artes 2003", agora coa mensaxe"Arquitraves", baixo o comisariado de Xosé Manuel Buxán. O Museo de Belas Artes da Coruña, acompañan-do ó citado Jacobsen, percorre as fotografías de "Rituais en Tahití" de Cristina García Rodero; carne pura.Miradas Virxes prosegue a ruptura visual máis nova, agora da man das pinturas de Tatiana Medal, mentres oCGAC analiza e retrata a obra de Manolo Moldes, artista intranquilo, e molla de escuridade no desvelo cotiánde David Claerbout. A Casa da Parra sorprende coa exquisita obra fotográfica "Órdenes" de Juan Rodrígueze a galería C5 Colección de Santiago, unha das únicas que permanece aberta en agosto, presenta a última obrade Manolo Sendón, reunida en pequenos "Anacos".

Agora toca desprender, o mensaxeiro recolle sombra durante o mes de agosto. Vémonos nas inauguracións,nas mostras ou na beira de praias con nécoras verdes, trigueiras, como Rosa Aneiros; a benvida para as fasci-nantes ás de Anxos Sumai, cor améndoa. Todo, seguro, irá mellor.

Xosé Manuel Lens. Atrapade o mensaxeiro culturagalega.org

Page 90: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor

indiceCando murmura a paisaxe, 3Miradas desde a ficción, 4O sorriso do vento, 5A escultura galega na balanza, 6A bienal do asentamento, 7Flores como coitelos vermellos, 8Amosar a carne, nin tan sequera, 9Pequenos anacos do real, 10Soños dun vangardista, 11Os relatos provisionais da arte, 12A ética xeográfica, 14O diario da navalla, 15A fotografía terra, 16Coller cravos coas mans, 17Medir o medo coñecido, 18A pintura silenciosa, 20Auga entre os dedos, 21Paisaxes da memoria, 22Vestidos diante do biombo, 23A faciana práctica do creativo, 24Habitacións de soños, 26As armas secretas dunha cidade, 28As moitas cores da mar galega, 30As tallas XL da pintura, 32Os pasos do caracol, 34O factor provisional da arte, 36As voces da madeira, 37Muletas de vida, 39

Latexos no CGAC, 40Tartarugas na fotografía, 41Madeira galega en Arco, 42A vespa grecoromana de Piranesi, 43A eterna batalla da figuración, 44O caso do pintor romántico, 46Abrindo a persiana, 48A nena do carrusel, 49Estados para a memoria, 50Cores na faciana de metal, 52O cesto das bágoas, 54O voo da andoriña, 56O Pop modernista, 58Espacios desde o parabrisas I, 60Espacios desde o parabrisas II .Facer vivir a historia, 61Nacer na memoria, 63Sempre Sargadelos, 65As cúpulas da realidade, 67Os soños do bastidor, 69O nacemento dunha paisaxe, 71O nó e a estrada, 73Fondo de armario, 75Memoria's works, 77Á sombra de árbores caducas, 79A entrada lateral, 81Atrapando moscas, 83Agosto mental, setembro frugal, 85

Page 91: ATRAPADE O MENSAXEIRO - Cultura Galegaculturagalega.gal/imaxes/docs/librolens.pdfCrítico de arte nas revistas Interesarte, Tempos Novos e Guía dos Libros Novos, tamén foi Redactor