10

Autoras · Hoxe toca clase de música. Aos rapaces encántalles porque coa profe Sara cantan, bailan, xogan, e tocan. Todo é moi divertido., Cando chega a profe de música dálles

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • O libro Pipirri, pipirri Música 3 é unha obra colectiva, creada e coordinada polo Departamento de Edicións de Galinova Editorial.

    © GALINOVA EDITORIAL, SL

    Depósito legal: C 1848-2010ISBN: 978-84-9737-130-8

    1ª edición 2010

    Printed in Spain

    AutorasSusa Herrera Ruiz

    Gloria Mosquera Roel

    ContosCristina Sanmartín Veiga

    Asesor lingüísticoXosé Sánchez Puga

    Gravación e produciónFrancisco Cerdeira Castiñeiras

    Tomi López SerranoGloria M. Roel

    Voces nenos/asCEIP de Tarrío (Culleredo)

    MúsicosPablo Dalama Piñeiro (frautas)

    Diego Maceiras Pedreira (acordeón)Rodrigo López Muñoz (batería)

    Francisco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica/voz)Tomi López Serrano (baixo/guitarra)

    Gloria Mosquera Roel (voz)

    IlustraciónsMarta Rivera Ferner

    Mónica Malvar Rodríguez

    Deseño e maquetaciónMónica Malvar Rodríguez

    Bernardo Romay Mos

    ImprimeGaligraf

    Dirección e proxecto editorialTelmo Eiriz López

    Queda prohibido, agás excepción prevista pola Lei, calquera forma de reprodución, comunicación pública ou transformación desta obra sen contar coa autorización dos titulares da propiedade intelectual.A infracción dos dereitos mencionados pode ser constitutiva de delito contra a Lei de Propiedade Intelectual, artigos 270 e seguintes, do código penal.

    Reservados todos os dereitos. GaliNova Editorial SL puxo todos os medios ao seu alcance para recoñecer en citas ou referencias os eventuais dereitos a terceirose cumprir todos os requisitos establecidos pola Lei de Propiedade Intelectual.

    GALINOVA EDITORIAL, SLRúa Rafael Bárez Vázquez, 8-bis

    15009 A CORUÑA

    Teléfono: 981 139 057Fax: 981 175 364e-mail: [email protected]: www.galinovaeditorial.com

  • FICHA 1NOME:U

    NID

    AD

    E 1

  • Conto: Empezo con música!

    Hoxe toca clase de música. Aos rapaces encántalles porque coaprofe Sara cantan, bailan, xogan, e tocan. Todo é moi divertido.,Cando chega a profe de música dálles unha sorpresa:

    - Este curso, como xa sodes os maiores de infantil, imostraballar na aula de música do colexio.

    Os rapaces aplauden e Tomás dálle unha enorme aperta áprofe. Todos coñecen a aula, porque foron nalgunha ocasión, peropoucas veces fixeron alí música. Saben que é grande e diferenteás outras aulas do cole, non hai mesas nin cadeiras, senón que estáchea de instrumentos; e alí pódese facer barullo, pero nonberrando, senón a través da música.

    Cando entran, ven algúns instrumentos que non coñecen,colocados en ringleira sobre unhas mesas. Son como caixas dediferentes tamaños que teñen enriba unhas taboíñas de madeira.Estes instrumentos teñen un nome moi raro: xi-ló-fo-no. Osrapaces intentan repetir o nome, pero non todos son quen depronuncialo. Estes instrumentos son para os maiores, pero a profevailles deixar probalos. Dálles uns paus, que se chaman baquetas,e Valentín e Brais comezan a golpear coma tolos, pero non sempreatinan coa táboa. Caramba, parecía máis fácil!

    Ao cabo dun tempo, Sara decide formar unha orquestra conpequenos instrumentos de “golpear”. Así, vai repartindo maracas,paus, cunchas, pandeiretas, pratiños, axóuxeres,…”Profe, eu queroo pandeiro” –pide Antón. Todos tocan facendo un gran barullo.Por fin, Sara mándaos calar e organiza un xogo de tocar porquendas, para ir aprendendo os nomes dos instrumentos.

    Logo, toca bailar. A profe vailles ensinar unha danza. Collidosdas mans fan unha roda. “Catro pasos cara a un lado, catro pasoscara ao outro, catro pasos cara ao centro, catro pasos cara a atrás,unha reviravolta e volvemos a empezar”. Ao principio teñenalgunha dificultade para seguir os pasos e hai algunhas pisadelas;pero despois duns cantos ensaios, xa están listos para bailar coamúsica. Todos van cantando coa profe ao son da música:

    CATRO PASOS CARA A UN LADO,CATRO PASOS CARA AO OUTRO,CATRO PASOS CARA AO CENTRO,

    CATRO PASOS CARA A ATRÁS, UNHA REVIRAVOLTA E VOLVEMOS A EMPEZAR.

    Cando toca o timbre saen da clase aínda coa cancionciña naboca.

    � Introducir ao alumnado no contorno da aula de música.

    �Escoitar ou ler o conto co apoio visual da lámina.

    �Buscar os instrumentos na lámina e pegarlles un adhesivo ouarrodealos.

    Obxectivos da ficha:

  • FICHA 2NOME:U

    NID

    AD

    E 1

    CAIXA CHINESA

    PRATOSPANDEIRO

    AXÓUXERES

  • �Coñecemento instrumental: os instrumentos de percusión.

    Os instrumentos de percusión son aqueles cuxo son se orixina ao ser golpeados ou axitados.

    �Recoñecer e identificar os instrumentos de percusión que saen na canción.

    �Riscar cando recoñezamos os instrumentos.

    �Repasar e colorear os nomes dos instrumentos.

    Obxectivos da ficha:

  • FICHA 3NOME:U

    NID

    AD

    E 1

  • �Coñecemento instrumental: os instrumentos de percusión de parche.

    O son prodúcese ao golpear nunha membrana.

    �Recoñecer e identificar os instrumentos de percusión de parche.

    �Repasar e colorear os nomes dos instrumentos.

    �Colorear os instrumentos parecidos ao pandeiro. Tócanse todos con baquetas?

    �Riscar cando escoitemos un instrumento.

    Obxectivos da ficha:

  • FICHA 4NOME:U

    NID

    AD

    E 1

  • �Os instrumentos de percusión.

    �Repasar e colorear os instrumentos.

    �Riscar cando recoñezamos un instrumento.

    Obxectivos da ficha: