8
Bases Legais do Concurso #biblionamórame (2ª edición) Obxecto e ámbito A Biblioteca Rego da Balsa, a través da súa conta de Twitter (@bibliocarballo) e a súa conta de Instagram (@bibliocarballo) levará a cabo a segunda edición do concurso chamado #biblionamórame, no que poderán participar tódalas persoas que sexan seguidoras de calquera das dúas redes sociais. Nome do concurso #biblionamórame (2ª edición) Descrición e mecánica do concurso Para poder participar no concurso @s usuari@s interesad@s deberán acceder á nosa conta de Twitter ou de Instagram. Despois, @s participantes deberán seguir os seguintes pasos: 1. Seguirnos ou ben na nosa conta de Twitter (@bibliocarballo) ou na de Instagram (@bibliocarballo). 2. Usar o cancelo #biblionamórame na nosa conta de Twitter ou de Instagram para describir o aspecto (material, recuncho…) que máis lles gusta da biblioteca! 1

Bases #biblionamorame 2016

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Bases do concurso para Twitter e Instagram #biblionamorame, 2ª edición. Do 1 ao 13 de febreiro.

Citation preview

Page 1: Bases #biblionamorame 2016

Bases Legais do Concurso #biblionamórame (2ª edición)

Obxecto e ámbito

A Biblioteca Rego da Balsa, a través da súa conta de Twitter (@bibliocarballo) e a súa conta de Instagram (@bibliocarballo) levará a cabo a segunda edición do concurso chamado #biblionamórame, no que poderán participar tódalas persoas que sexan seguidoras de calquera das dúas redes sociais.

Nome do concurso

#biblionamórame (2ª edición)

Descrición e mecánica do concurso

Para poder participar no concurso @s usuari@s interesad@s deberán acceder á nosa conta de Twitter ou de Instagram.

Despois, @s participantes deberán seguir os seguintes pasos:

1. Seguirnos ou ben na nosa conta de Twitter (@bibliocarballo) ou na de Instagram (@bibliocarballo).

2. Usar o cancelo #biblionamórame na nosa conta de Twitter ou de Instagram para describir o aspecto (material, recuncho…) que máis lles gusta da biblioteca!

Exemplo:

En Twitter, con 140 caracteres:

#biblionamórame o “O anteollo de ámbar” de Philip Pullman @bibliocarballo

No Instagram, sería o mesmo pero cunha fotografía (ben da cuberta do material ou dun selfie co material ou recuncho favorito) acompañando a unha frase e o cancelo #biblionamórame.

1

Page 2: Bases #biblionamorame 2016

Os participantes poden ler as bases do concurso na nosa conta de Issuu Biblio Carballo. Os usuarios poderán ver en todo momento as participacións de outros concursantes.

Soamente se seleccionará unha participación por persoa, é dicir, unha publicación co cancelo #biblionamórame nunha das contas.

Cada persoa debe participar nunha soa conta (Instagram ou Twitter). Entre tódolos participantes do concurso sortearase un premio.

Valoraranse a orixinalidade da publicación e carácter do comentario.

O nome do gañador ou gañadora publicarase no blog da biblioteca https://bibliocarballo.wordpress.com/ e na conta oficial de @bibliocarballo en Twitter e en @bibliocarballo en Instagram. Tamén se lle enviará unha mensaxe directa ao gañador ou gañadora, adxuntando a información necesaria para recoller o premio.

Lugar e duración do concurso

O presente concurso só terá validez no territorio de España desde o 1 de febreiro ao ata 13 de febreiro, ambas datas inclusive.

O 14 de febreiro seleccionarase ao gañador ou gañadora do premio.

Premio

O premio consistirá nun paquete romántico: unha novela romántica, un cedé de música e una película da mesma temática.

A Biblioteca Rego da Balsa, organizadora deste concurso, poñerase en contacto co gañador ou gañadora por mensaxe privada pola conta na que @ usuari@ participase, co fin de comunicarlle que obtivo o premio e indicarlle como conseguilo.

No prazo de 7 días naturais a contar desde o día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa, @ afortunad@ deberá responder por alguna das contas mencionadas a través dunha mensaxe directa privada á Biblioteca Rego da Balsa, confirmando o seu premio.

2

Page 3: Bases #biblionamorame 2016

Nun prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa o gañador ou gañadora deberá recoller o seu premio.

En caso de que @ premiad@ non contestase no prazo indicado para aceptar o premio, se non cumpre todas ou algunhas das normas deste Concurso, ou non quere ou non pode gozar do premio, o gañador ou gañadora quedará descartado.

O premio non será cambiable polo seu importe en metálico nin por ningún outro premio.

Protección de datos Persoais

Os participantes autorizan que os seus datos persoais facilitados sexan incorporados a un ficheiro cuxo responsable é a Biblioteca Rego da Balsa, que os utilizará para xestionar este concurso promocional, para contactar co gañador ou gañadora para a entrega e comunicación do premio, así como para posteriores da Biblioteca Rego da Balsa. Estes datos serán tratados confidencialmente e de conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento.

Os participantes garanten e responden da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade da súa información persoal.

O titular dos datos poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación solicitándoo por escrito, con copia do seu DNI ou documento de identificación, á seguinte dirección: Biblioteca Rego da Balsa, Rúa Buenos Aires s/n, indicando no sobre "Ref. Protección de Datos" ou por correo electrónico á seguinte dirección [email protected].

Normas de control e seguridade

A Biblioteca Rego da Balsa resérvase a facultade de adoptar cantas medidas resulten oportunas para evitar calquera conduta da que a Biblioteca Rego da Balsa sospeite que teña por finalidade ou efecto un intento de actuar en fraude no presente concurso, en incumprimento das súas normas ou en prexuízo doutros participantes, cuxa primeira e inmediata consecuencia será a exclusión d@ participante e a perda de todo dereito ao premio que eventualmente tería obtido.

3

Page 4: Bases #biblionamorame 2016

Está prohibido participar neste concurso con máis dun perfil de Twitter ou Instagram asociados a unha mesma persoa. A Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de invalidar, expulsar, eliminar ou non ter en conta no cómputo aqueles perfís que considere sospeitosos de calquera intento de participación fraudulenta, incluído, a modo enunciativo e non limitativo, o intento de rexistro de máis dun perfil de usuario de Instagram ou Twitter por parte dunha persoa, creación de perfís falsos ou usurpación de identidade. Así mesmo, a Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de poñer calquera sospeita neste sentido en coñecemento da empresa responsable das plataformas de Instragram ou Twitter, para que adopte as medidas que correspondan. Igualmente, a Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de emprender calquera acción legal que puidese corresponderlle.

A Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito a descartar e excluír do concurso calquera resposta enviada pol@s usuari@s cando o considere oportuno. Tamén se reserva o dereito a excluír participacións que conteñan elementos pornográficos ou explicitamente sexuais.

Limitación de responsabilidade

A Biblioteca Rego da Balsa, non é responsable das interrupcións ou fallos en Internet, da páxina onde apareza a información do concurso https://bibliocarballo.wordpress.com/, a rede por cable, as redes de comunicacións electrónicas, fallos de software ou hardware nin polos posibles erros na introdución e/ou o procesamento de respostas, entregas ou datos persoais. En caso de producirse problemas ou incidencias deste tipo, a Biblioteca Rego dá Balsa, fará todo o que estea na súa man para corrixilas o antes posible, pero non pode asumir ningunha responsabilidade ao respecto.

A Biblioteca Rego da Balsa, exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte d@s usuari@s, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuari@.

4

Page 5: Bases #biblionamorame 2016

Outras normas do concurso

A simple participación neste concurso implica a aceptación destas Bases na súa totalidade e o criterio interpretativo da Biblioteca Rego da Balsa, en canto á resolución de calquera cuestión derivada do presente concurso, polo que a manifestación, no sentido de non aceptación destas, implicará a exclusión d@ participante e, como consecuencia desta, a Biblioteca Rego da Balsa quedará liberada do cumprimento de calquera obriga contraída c@ mesm@.

A Biblioteca Rego da Balsa resérvase o dereito a introducir cambios na mecánica ou funcionamento deste concurso en calquera momento e/ou finalizalo de forma anticipada se fose necesario por xusta causa, sen que diso poida derivarse responsabilidade ningunha. Non obstante, estes cambios comunicaranse debidamente a través da páxina do concurso https://bibliocarballo.wordpress.com/ e tamén noutras redes sociais da biblioteca. A Biblioteca Rego da Balsa fará todo o posible para evitar que ningún cambio prexudique a uns participantes respecto doutros.

Ao participar neste concuso o/a participante recoñece e acepta que os dereitos de propiedade intelectual sobre os materiais deste concurso corresponden á Biblioteca Rego da Balsa, a reprodución, distribución ou transformación non autorizada de calquera material publicitario ou promocional constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do titular.

Non poderán participar neste concurso:

1. Directores e empregados de Biblioteca Rego da Balsa.

2. As persoas que sexan cónxuxes, fillos, pais, e demais persoas que vivan a expensas das persoas indicadas no punto anterior.

3. Calquera persoa que, a calquera título, participase na preparación do presente concurso.

Interpretación das bases e resolución de conflitos

A interpretación e o incumprimento das presentes Bases rexeranse pola lexislación española. Calquera controversia que resultase da interpretación ou cumprimento das presentes bases, someterase aos Xulgados e Tribunais da cidade de Carballo.

5