8

Click here to load reader

Bases concurso literario doc

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Bases para a participación no concurso literario con motivo da Praza dos Libros

Citation preview

Page 1: Bases concurso literario doc

Bases Legais do I Concurso Literario Infantil e Xuvenil da Biblioteca

Rego da Balsa

Obxeto, ámbito e nome do concurso.

Biblioteca Rego da Balsa lanza un concurso literario do día 1 ao 19 de agosto divido en dúas categorías, infantil e xuvenil.

O I Concurso Literario Infantil e Xuvenil da Biblioteca Rego da Balsa está dirixido a todos aqueles nen@s de ata 12 anos que competirán na categoría de infantil, e para rapaces de 13 a 17 anos que entrarán a participar na categoría de xuvenil.

O concurso consiste na creación dun microrrelato, conto ou poesía, e en calquera figura literaria. A creación debe de ser orixinal e unica.

Descripción, mecánica e premio do concurso.

Exiten dúas categorías no concurso: Infantil e Xuvenil. Na categoría de infantil poderán participar todos aqueles nenos que teñan ata os 12 anos cumplidos; e na categoría de xuveni, todos aqueles moz@s que teñan entre 13 e 17 anos. O microrrelato, conto ou poesia, deberá ocupar entre 150 e 250 palabras, máis titulo, e deberá escribirse a dobre espazo, en tipo de letra Times New Roman a 12 puntos. Nese documento só debera aparecer o pseudónimo, pero nin a firma nin o nome do autor, que se adxuntará noutro documento.

Entre os participantes de ambas categorias sortearanse dous premios: un vale de 30 euros para cada categoría que poderán canxear na Praza dos Libros de Carballo os dias 20,21,22 y 23 de agosto, en concreto, nas librerias Brañas, Trasgo e Ler.

1

Page 2: Bases concurso literario doc

Existen dúas formas de participar no concurso, entregando o documento por correo electrónico á conta da Biblioteca Rego da Basa, biblioteca @carballo.org adxunta o documento do escrito, e indicando no correo electrónico os datos persoais básicos: nome e apelidos, DNI (no caso de non ter o do pai, nai ou titor/a), a direccion, a conta de correo electronico e un teléfono de contacto. Tamen se pode entregar entregar na biblioteca en sobre pechado, adxuntando no interior dous documentos, o escrito e os datos perosais d@ participante. No exterior do sobre bastará con poñer o nome e apelidos d@participante.

Á hora de otorgar o premio valorarase positivamente: a orixinalidade das publicacións, a súa formalidade e o tema.

O pseudonimo dos gañadores publicarase no blog da biblioteca http:/biblioteca/carballo.gal e nas redes sociais da Bibliotecas de Carballo. Ao gañador se lle enviará un correo electronico notificando a decisión e así mesmo podera ser contactado por teléfono.

Lugar e duración do concurso.

O presente concurso só terá validez no territorio de España desde o dia 1 ao 19 de agosto. O día 20 saberase o nome dos gañadores.

No plazo de (3) días naturais a contar a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa, os gañadores ou os responsables legais dos concursantes (pai, nai ou titor/a) deberán responder á Biblioteca Rego da Balsa, confirmando a aceptacion do premio.

Nun plazo de (15) días naturais a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa os gañadores deberá recoller o seu premio.

En caso de que os gañadores non contesten no prazo indicado para aceptar o premio, se non cumpre todas ou algunhas das normas deste concurso, ou non quisexen ou poidesen gozar do premio, quedarán descartado.

2

Page 3: Bases concurso literario doc

O agasallo non poderá ser intercambiable polo seu importe en metálico.

Protección de datos Persoais.

Os participantes autorizan que os seus datos persoais facilitados sexan incorporados a un ficheiro cuxo responsable é Biblioteca Rego da Balsa, que os utilizará para xestionar este Concurso promocional, para contactar co gañador. Estes datos serán tratados confidencialmente e de conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento.

Os participantes garanten e responden da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade da súa información persoal.

O titular dos datos poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación solicitándoo por escrito, con copia do seu DNI ou documento de identificación, á seguinte dirección: Biblioteca Rego da Balsa, Rúa Buenos Aires s/n, indicando no sobre "Ref. Protección de Datos" ou por correo electrónico á seguinte dirección [email protected].

Normas de control e seguridade.

Biblioteca Rego da Balsa resérvase a facultade de adoptar cantas medidas resulten oportunas para evitar calquera conduta da que se sospeite que teña por finalidade ou efecto calquera intento de actuar en fraude da presente concurso ou en incumprimento das súas normas ou en prexuízo doutros participantes, cuxa primeira e inmediata consecuencia será a exclusión do participante e a perda de todo dereito ao premio que eventualmente tería obtido.

Está prohibido entregar máis de unha creacion por persoa. A Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de invalidar, expulsar, eliminar

3

Page 4: Bases concurso literario doc

ou non ter en conta no cómputo aqueles perfís que considere sospeitosos de calquera intento de participación fraudulenta, e resérvase o dereito de emprender calquera acción legal que puidese corresponderlle.

A Biblioteca Rego da Balsa resérvase o dereito a descargar e excluír do concurso/sorteo calquera resposta enviada polos usuarios cando o considere oportuno.

Limitación de responsabilidade.

- A Biblioteca Rego da Balsa non é responsable das interrupcións ou fallos en Internet da páxina onde apareza a información do concurso http:/biblioteca/carballo.gal, da rede por cable, das redes de comunicacións electrónicas, fallos de software ou hardware nin polos posibles erros na introdución e/ou o procesamento de respostas, entregas ou datos persoais. En caso de producirse problemas ou incidencias deste tipo, A Biblioteca Rego da Balsa, fará todo o que estea na súa man para corrixilas o antes posible, pero non pode asumir ningunha responsabilidade ao respecto.

- A Biblioteca Rego da Balsa exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario.

Outras normas do concurso.

- A simple participación neste concurso implica a aceptación destas bases na súa totalidade e o criterio interpretativo da Biblioteca Rego da Balsa, en canto á resolución de calquera cuestión derivada do presente concurso.

- A Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito a introducir cambios na mecánica ou no funcionamento deste concurso en calquera momento e/ou

4

Page 5: Bases concurso literario doc

finalizala de forma anticipada se fose necesario por xusta causa, sen que diso poida derivarse responsabilidade ningunha. Non obstante, estes cambios comunicaranse debidamente a través da páxina do concurso http:/biblioteca/carballo.gal e no seu caso a través doutros medios. A Biblioteca Rego da Balsa, fará todo o posible para evitar que ningún cambio prexudique a uns participantes respecto doutros.

- Ao participar neste concuso recoñeces e aceptas que os dereitos de propiedade intelectual sobre os materiais deste concurso corresponden á Biblioteca Rego da Balsa. A reprodución, distribución ou transformación non autorizada de calquera materiais publicitarios ou promocionais constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do titular.

- Non poderán gañar este concurso:

a. Drectores e empregados de Biblioteca Rego da Balsa.

b. As persoas que sexan conyugues, fillos, pais, e demais persoas que vivan a expensas das persoas indicadas na letra anterior.

c. Calquera persoa que, a calquera título, participase na preparación da presente concurso.

Interpretación das bases e resolución de conflitos

A interpretación e o incumprimento das presentes Bases rexeranse pola lexislación española. Calquera controversia que resultase da interpretación ou cumprimento das presentes bases, someterase aos Xulgados e Tribunais da cidade de Carballo.

5