8
Bases Legais do Concurso #biblionamórame Obxeto e ámbito. Biblioteca Rego da Balsa, a través da súa conta de Twitter (@bibliocarballo) e a súa conta de Instagram (@bibliocarballo) realizará un concurso chamado #biblionamórame no que poderán participar tódolas persoas, que sexan followers ven da nosa conta de Twitter ou da nosa conta de Instagram. Nome do concurso. #biblionamórame Descripción e mecánica do concurso. Para poder participar no os usuarios interesados deberán acceder á nosa conta de Twitter ou de Instagram. Despois, os participantes deben realizar os seguintes pasos: 1. Seguirnos ou na nosa conta de Twitter (@bibliocarballo) ou na de Instagram (@bibliocarballo). 2. Usar o cancelo #biblionamórame na nosa conta de Twitter ou de Instagram para describir o material ou recuncho que máis lles gusta da biblioteca! Exemplo: 1

Bases Legais do Concurso #biblionamorame

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Bases legais do Concurso #biblionamórame que a Biblioteca Rego da Balsa lanzou a través das súas redes Instagram e Twitter, e con vixencia para participar do día 7 a o 15 de febreiro, incluídos.

Citation preview

Page 1: Bases Legais do Concurso #biblionamorame

Bases Legais do Concurso #biblionamórame

Obxeto e ámbito.

Biblioteca Rego da Balsa, a través da súa conta de Twitter (@bibliocarballo) e a súa conta de Instagram (@bibliocarballo) realizará un concurso chamado #biblionamórame no que poderán participar tódolas persoas, que sexan followers ven da nosa conta de Twitter ou da nosa conta de Instagram.

Nome do concurso.

#biblionamórame

Descripción e mecánica do concurso.

Para poder participar no os usuarios interesados deberán acceder á nosa conta de Twitter ou de Instagram.

Despois, os participantes deben realizar os seguintes pasos:

1. Seguirnos ou na nosa conta de Twitter (@bibliocarballo) ou na de Instagram (@bibliocarballo).

2. Usar o cancelo #biblionamórame na nosa conta de Twitter ou de Instagram para describir o material ou recuncho que máis lles gusta da biblioteca!

Exemplo:

No Twitter, con 140 caracteres:

#biblionamórame o “O anteollo de ámbar ” de Philip Pullman @bibliocarballo

No Instagram, sería o mesmo sólo que cunha fotografía (ben da cuberta do material ou dun selfie co material ou recuncho favorito) acompañando a unha frase e o cancelo #biblionamórame.

Os participantes poden ler as bases do concurso na nosa conta de Issu Biblio Carballo. Os usuarios poderán ver en todo momento as participacións de

1

Page 2: Bases Legais do Concurso #biblionamorame

outros concursantes.

Soamente se seleccionará unha participación por persoa, é dicir, unha publicación co cancelo #biblionamórame nunha das contas.

Unha persoa debe de participar nunha soa conta (Instagram ou Twitter).

Entre tódolos participantes do concurso se sorteará un premio.

Se valorará: a orixinalidade da publicación e carácter do comentario.

O nome do gañador se publicará no blog da biblioteca http:/biblioteca/carballo.gal e na conta oficial de @bibliocarballo en Twitter e en @bibliocarballo en Instagram. Ao gañador se lle enviará unha mensaxe directa, adxuntando a información necesaria para disfrutar premio.

Lugar e duración do concurso.

O presente concurso sólo terá validez no territorio de España desde o 7 de febrero ao hasta 15 de febreiro, ambas fechas inclusive.

O 16 de febreiro se seleccionará ao gañador do premio.

Premio.

O premio consistirá nun paquete romántico: una novela romántica, un cedé de música e una película da mesma temática.

A Biblioteca Rego da Balsa, organizadora deste concurso poñerase en contacto co gañador, por mensaxe privada pola conta na que o usuario participou co fin de comunicarlle que obtivo do premio e indicarlle cómo canxealo.

No plazo de (7) días naturais a contar a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa, o gañador deberá responder por alguna das contas mencionadas a través dun mensaxe directo privado á Biblioteca Rego da Balsa, confirmando o seu premio.

Nun plazo de (15) días naturais a partir do día seguinte ao da comunicación da Biblioteca Rego da Balsa o gañador deberá recoller o seu premio.

2

Page 3: Bases Legais do Concurso #biblionamorame

En caso de que o gañador non conteste no prazo indicado para aceptar o premio, se non cumpre todas ou algunhas das normas deste Concurso, ou non quere ou non pode gozar do premio, o gañador quedará descartado.

O premio non será cambiable polo seu importe en metálico nin por ningún outro premio.

Protección de datos Persoais.

Os participantes autorizan que os seus datos persoais facilitados sexan incorporados a un ficheiro cuxo responsable é Biblioteca Rego da Balsa, que os utilizará para xestionar este Concurso promocional, para contactar co gañador e se entregará o premio e se lle enviará comunicacións posteriores da Bilioteca Rego da Balsa. Estes datos serán tratados confidencialmente e de conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento.

Os participantes garanten e responden da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade da súa información persoal.

O titular dos datos poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación solicitándoo por escrito, con copia do seu DNI ou documento de identificación, á seguinte dirección: Biblioteca Rego da Balsa, Rúa Buenos Aires s/n, indicando no sobre "Ref. Protección de Datos" ou por correo electrónico á seguinte dirección [email protected].

Normas de control e seguridade.

Biblioteca Rego da Balsa, resérvase a facultade de adoptar cantas medidas resulten oportunas para evitar calquera conduta da que a Biblioteca Rego da Balsa, sospeite que teña por finalidade ou efecto calquera intento de actuar en fraude da presente concurso ou en incumprimento das súas normas ou en prexuízo doutros participantes, cuxa primeira e inmediata consecuencia será a exclusión do participante e a perda de todo dereito ao premio que eventualmente tería obtido.

Está prohibido crear ou ter máis dun perfil de Twitter ou Instagram.

3

Page 4: Bases Legais do Concurso #biblionamorame

Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de invalidar, expulsar, eliminar ou non ter en conta no cómputo aqueles perfís que considere sospeitosos de calquera intento de participación fraudulenta, incluído, a modo enunciativo e non limitativo, o intento de rexistro de máis dun perfil de usuario deInstagram ou Twitter por parte dunha persoa, creación de perfís falsos ou usurpación de identidade. Así mesmo, Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de poñer calquera sospeita neste sentido en coñecemento da empresa responsable das plataformas de Instragram ou Twitter, para que adopte as medidas que correspondan. Igualmente, Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito de emprender calquera accións legais que puidesencorresponderlle.

Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito a descargar e excluír do concurso/sorteo calquera resposta enviada polos usuarios cando o considere oportuno.

Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito a excluír participacións que conteñan elementos pornográficos ou explicitamente sexuais.

Limitación de responsabilidade.

- Biblioteca Rego da Balsa, non é responsable das interrupcións ou fallos en Internet, da páxina onde apareza a información do concurso http:/biblioteca/carballo.gal a rede por cable, as redes de comunicacións electrónicas, fallos de software ou hardware nin polos posibles erros na introdución e/ou o procesamento de respostas, entregas ou datos persoais. En caso de producirse problemas ou incidencias deste tipo, Biblioteca Rego dá Balsa, fará todo o que estea na súa man para corrixilas o antes posible, pero non pode asumir ningunha responsabilidade ao respecto.

- Biblioteca Rego da Balsa, exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario.

4

Page 5: Bases Legais do Concurso #biblionamorame

Outras normas do concurso.

- A simple participación neste concurso implica a aceptación destas Bases na súa totalidade e o criterio interpretativo de Biblioteca Rego da Balsa, en canto á resolución de calquera cuestión derivada do presente concurso, polo que a manifestación, no sentido de non aceptación destas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia desta, Biblioteca Rego da Balsa, quedará liberada do cumprimento de calquera obriga contraída con el.

- Biblioteca Rego da Balsa, resérvase o dereito a introducir cambios na mecánica ou funcionamento deste concurso en calquera momento e/ou finalizala de forma anticipada se fose necesario por xusta causa, sen que diso poida derivarse responsabilidade ningunha. Non obstante, estes cambios comunicaranse debidamente a través da páxina do concurso http:/biblioteca/carballo.gal e no seu caso outros medios. Biblioteca Rego da Balsa, fará todo o posible para evitar que ningún cambio prexudique a uns participantes respecto doutros.

- Ao participar neste concuso recoñeces e aceptas que os dereitos de propiedade intelectual sobre os materiais desta concurso corresponden a Biblioteca Rego da Balsa, a reprodución, distribución ou transformación non autorizada de calquera materiais publicitarios ou promocionais constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do titular.

- Non poderán participar neste concurso:

a. Drectores e empregados de Biblioteca Rego da Balsa.

b. As persoas que sexan cónxuxes, fillos, pais, e demais persoas que vivan a expensas das persoas indicadas na letra anterior.

c. Calquera persoa que, a calquera título, participase na preparación da presente concurso.

Interpretación das bases e resolución de conflitos

A interpretación e o incumprimento das presentes Bases rexeranse pola lexislación española. Calquera controversia que resultase da interpretación ou cumprimento das presentes bases, someterase aos Xulgados e Tribunais da cidade de Carballo.

5