2

Click here to load reader

Bases Sabías que..?

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Aquí podedes ver as bases do Sabías que..? deste ano 2009/2010

Citation preview

Page 1: Bases Sabías que..?

CONCURSO SABÍAS QUE...?QUE É?Un concurso cultural sobre os máis variados temas (Literatura, Arte, Cine, Cómics, Ciencias, Historia, Actualidade, etc.) onde o fundamental é saber moito, pero tamén divertirse.

QUEN PODE PARTICIPAR?Esteblécense dúas categorías:

Categoría BEIBI BOOMS Para os alumnos de 1º, 2º e 3º de ESOCategoría VELLAS GLORIAS Para os alumnos de 4º de ESO e Bacharelato

COMO PARTICIPAR?Tes que formar un grupo de 2 a 4 membros. Non é obrigatorio que todos os alumnos do grupo sexan do mesmo curso, dentro de cada categoría pode haber alumnos de cursos distintos: Por exemplo un grupo pode estar formado por un alumno de 1º de ESO, dous de 2º e un de 3º. A única condición é que non pode haber alumnos da outra categoría nos grupos, é dicir nos grupos da Categoría Beibi Booms non pode haber alumnos de 4º de ESO nin de Bacharelato.

Logo de formado o grupo tedes que inscribirvos na Biblioteca ou descargar a ficha de inscrición en http://osabiasquedoparga.blogspot.com/ e cando estean todos os equipos anotados comezará o xogo.

COMO FUNCIONA?O Concurso consta de 3 probas semanais:

1.- O CUESTIONARIO SEMANAL no que hai vinte preguntas de tódalas áreas. Este cuestionario débese recoller os luns na Biblio durante os recreos da ESO e Bacharelato (ou descargalo da páxina web http://osabiasquedoparga.blogspot.com/ ) e hai de prazo unha semana para entregalo coas respostas. A data de devolución será sempre o luns seguinte tamén nos recreos. O prazo é improrrogable. Se alguén non o entrega a tempo, esa semana terá 0 puntos. Cando se fai a entrega do cuestionario coas respostas, xa se pode levar o da semana seguinte. Cada pregunta acertada valerá un punto. Se algunha pregunta é múltiple, é decir, que hai que dar varias respostas, só se considerará válida se se resposta correctamente a todas. Se a contestación é parcial, non se dará como válida e non puntuará.2.- O PREGUNTÓN Esta é unha proba na que se irán dando pistas diariamente durante cinco días (pódense ver na web http://osabiasquedoparga.blogspot.com/ ) para tratar de acertar de qué ou de quén estamos a falar: Pode ser un personaxe, ou un monumento, ou un acontecemento histórico ¿quen sabe? . Ás veces as pistas poden ir acompañadas dalgunha foto para que sexa máis fácil...ou non. A puntuación estará en función das pistas necesarias para obter a resposta correctaACERTO NA PRIMEIRA PISTA: 10 Puntos a repartir entre os equipos acertantes.ACERTO NA SEGUNDA PISTA: 7 Puntos a repartir entre os equipos acertantes.ACERTO NA TERCEIRA PISTA: 5 Puntos a repartir entre os equipos acertantes.ACERTO NA CUARTA PISTA: 3 Puntos a repartir entre os equipos acertantes.ACERTO NA QUINTA PISTA: 1 Punto a repartir entre os equipos acertantes.

Page 2: Bases Sabías que..?

O día que se entregue a resposta acertada a proba considerarase concluida e non se seguirán dando máis pistas. As respostas pódense entregar persoalmente nos recreos, deixando a resposta na web http://osabiasquedoparga.blogspot.com/ ou por correo electrónico na seguinte dirección: [email protected]. Non vos esquezades en calquera dos casos de indicar o nome do voso grupo.

3.- PENSADELA Esta proba consiste nun enigma que semanalmente propoñeremos. O que antes entregue a solución correcta terá un premio de 10 puntos. Pódese entregar calquera día da semana pero exclusivamente nos recreos a calquera encargado da Biblioteca, deixando a resposta na web http://osabiasquedoparga.blogspot.com/ ou por correo electrónico na seguinte dirección: [email protected]. Coma no caso anterior,on vos esquezades en calquera dos casos de indicar o nome do voso grupo. No momento en que alguén entregue a resposta acertada a proba considerarase concluida e non se aceptarán máis respostas a esta proba. As puntuacións iránse sumando e semanalmente irase dando a coñecer a clasificación en función da puntuación total obtida. Gañará o Concurso en cada categoría o equipo que sume máis puntos ó final do mesmo.

CANTO DURA?A duración do concurso será de 4 semanas. Loxicamente, e como hai dúas categorías, cada semana haberá dous cuestionarios semanais, dous preguntóns e dúas Pensadelas. Un para cada categoría. Semanalmente iranse poñendo as puntuacións dos distintos grupos no taboleiro e na web.

E...GÁÑASE ALGO?Por suposto que se gaña, aquí ninguén traballa gratis. Haberá un premio para o gañador en cada categoría de

PREMIO: VALE DE 120 EUROS no FNAC a repartir equitativamente entre todos os membros do grupo

(En caso de empate en calquera das dúas categorías, e en calquera das posicións, faríase unha proba final de desempate)

Ademáis disto haberá premios e agasallos para todos os grupos participantes que completen os cuestionarios e participen nas probas durante as 4 semanasAh, que non sabedes o que hai no FNAC, pois botádelle unha ollada á sua web, que ides flipar...http://www.fnac.es/dsp/?servlet=home.HomeServlet

E NON HABERÁ PREMIO ESPECIAL?Pois bueno...xa que o pedides...Se algún valiente dos BABY BOOM se anima a facer as probas da categoría VELLAS GLORIAS e gaña as dúas categorías levará, a maiores dos dous premios citados antes, un premio especial consistente en un Vale de 60 Euros no FNAC a repartir a partes iguais entre todos os membros do grupo, co que se alguén o consegue, obtería un premio total valorado en 300 euros. Este premio especial só é válido no caso de que se gañen as dúas categorías. Se un Grupo dos BEIBI BOOMS queda de primeiro na súa categoría e participa e queda de segundo ou terceiro na categoría VELLAS GLORIAS, só levará o premio correspondente á categoría BEIBI BOOMS