2

Click here to load reader

Biofuel. Cuestións de aplicación

Embed Size (px)

DESCRIPTION

cuestións de aplicación da practica biofuel

Citation preview

Page 1: Biofuel. Cuestións de aplicación

BIOFUEL, Enzimas. Cuestións de aplicación Actividade 1 1. Observaches algún cambio na reacción enzimática ou nos tubos cónicos de control mentres tiña lugar a reacción?2. Que pasou coa disolución en cada cubeta logo de engadir a mestura enzima/sustratoá disolución de paro?3. Escribe a reacción química que ten lugar nesta práctica.4. Compara a cantidade de producto producido na reacción catalizada pola enzima coa dos controis nos que non se engadiu enzima.5. Se tomaras unha medida a 15 minutos, ¿cres que se terían producido máis productos que en 8 minutos? Razona a resposta.6. Como se pode estimar a cantidade de produto (en nmol) producida pola enzima?7. Por que a cantidade de luz absorbida pola mostra é proporcional á cantidade de producto producido?8. Determina a velocidade inicial de aparición de productos a partires dos valores de absorbancia.[Apuntamento: A tasa de producción do producto mídese en unidades de absorbancia/min ou nmol/min i é a pendente da liña entre os valores 0 e 1 minutos.]9. É a tasa de producción do producto constante no tempo?[Pista: Observa a pendente da curva ó longo do tempo] Actividade 2 1. Como se pode determinar a tasa inicial da reacción para cada temperatura?2. A que temperatura cres que esta enzima traballa mellor? Como chegas a esa conclusión?3. ¿Por que as reaccións químicas ocurren máis rápidamente a temperaturas máis altas e máis lentamente a temperaturas máis baixas?5. ¿Por qué a meirande parte das reacciónnes enzimáticas son máis lentas a temperaturas moi altas?6. Se traballaras nu laboratorio no que se pretende usar esta enzima para producir industrialmente glucosa, que temperatura pensas que se tería que escoller para a reacción?7. Segundo esta actividade, en que tipo de ambiente pensas que vive un organismo que produza esta enzima in vivo? Xustifica a resposta. “Pa’ nota” 1. Que tipos de ligazóns dos implicados na estabilización da estructura terciaria dunha enzima partirán a alta temperaturas? ¿Cales non partirán?2. Establécense ligazóns covalentes entre as cadeas laterais dos aminoácidos?3. ¿Cal pode ser a desvantaxe de usar a temperatura máis alta que rinda unha tasa de formación de producto máis rápida?

Page 2: Biofuel. Cuestións de aplicación

Actividade 3 1. Como se pode determinar a tasa inicial da reacción para cada pH?2. A que pH semella traballar mellor este enzima? Como chegaches a esta conclusión?3. Por que a meirande parte das reacción enzimáticas disminúen a valores de pH moi altos e/ou moi baixos?4. Segundo esta actividade, en que tipo de ambiente pensas que vive un organismo que produza esta enzima in vivo? Xustifica a resposta. Actividade 41. Pode a cantidade de enzima trocar a velocidade inicial de reacción? Xustifica a túa resposta.2. Pode a cantidade de enzima trocar a cantidade final de producto, no suposto de comezar coa mesme cantidade de sustrato e deixando moito tempo para que a reacción teña lugar?3. Supón que traballas nun laboratorio no que se ten que determinar a [E] a utilizar na hidrólise da celulosa para a producción de azucre, que vantaxe e que desvantaxe tería usar unha [E] alta? Actividade 51. De que xeito pode a cantidade de sustrato presente cambiar a tasa inicial de reacción?2. Tes que lle explicar a un grupo de rapazes que visitan a fábrica na que traballas, como o cambio na [S] afecta á tasa de formación de producto. Pensa nunha anloxía ou deseña unha tira cómica de banda deseñada para iso.3. Como pode a cantidade de sustrato cambiar a cantidade final de producto, no suposto de que a reacción pode ter lugar durante un periodo moi prolongado de tempo? Actividade 61. O extracto de fungos co que traballaches descompuxo o sustrato? Como o sabes?2. Por que usamos un ‘blanco’ para este experimento distinto do usado nas actividades anteriores?3. Compara a tasa inicial de reacción do extracto de fungos co que traballaches co do enzima usado nas actividades 1 a 5. Polo que tes aprendido sobre o efecto do pH, da temperatura e da [E], podes explicar brevemente algún dos factores que poderían influir na tasa inicial de reacción do extracto enzimático de orixe fúnxico?