39
1Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar Para comezar Como poderías explorar o que hai máis aló do noso planeta? Que obxectos esperarías atopar se te afastases moito da Terra? Como cres que son eses obxectos? Coñeces o significado de Universo? Como se formou? O Universo e o Sistema Solar Os seres humanos levámonos preguntando durante milleiros de anos pola orixe do Universo. Xa as culturas antigas realizaron importantes observacións astronómicas e propuxeron modelos que describían o Universo. Por exemplo, os maias pensaban que existían sete ceos superpostos e outros sete niveis subterráneos nos que residían deuses e demos. Pola contra, para os exipcios o Universo era unha caixa alongada. Esta curiosidade fixo que ao longo da historia foramos aprendendo cada vez un pouquiño máis dese inmenso lugar no que nos atopamos, o Sistema Solar, que forma parte de algo aínda máis grande, inmenso, o Universo. Queres coñecelos mellor? Acompáñanos nesta unidade para descubrir algúns dos seus segredos.

Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

  • Upload
    others

  • View
    9

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

1——

Bioloxía e Xeoloxía

1. O Universo e oSistema Solar

Para comezar• Como poderías explorar o que hai máis aló do noso

planeta?

• Que obxectos esperarías atopar se te afastases moito daTerra? Como cres que son eses obxectos?

• Coñeces o significado de Universo? Como se formou?

O Universo e o Sistema Solar

Os seres humanos levámonos preguntando durante milleiros deanos pola orixe do Universo. Xa as culturas antigas realizaronimportantes observacións astronómicas e propuxeron modelosque describían o Universo. Por exemplo, os maias pensaban queexistían sete ceos superpostos e outros sete niveis subterráneosnos que residían deuses e demos. Pola contra, para os exipcios oUniverso era unha caixa alongada.

Esta curiosidade fixo que ao longo da historia foramosaprendendo cada vez un pouquiño máis dese inmenso lugar noque nos atopamos, o Sistema Solar, que forma parte de algoaínda máis grande, inmenso, o Universo.

Queres coñecelos mellor? Acompáñanos nesta unidade paradescubrir algúns dos seus segredos.

Page 2: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

2——

p. O noso proxecto

O proxecto

Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas porun nexo común. O nexo de unión neste primeiro trimestre é a gastronomía.

Nesta unidade comezamos coas tarefas para ese primeiro proxecto, dun xeito global.Trataremos o Universo na aula. Consiste na creación dunha exposición que tratará temasrelacionados co Universo, o Sistema Solar ou o planeta Terra.

Antes de poñernos mans á obra debemos ter claro que é unha exposición: trátase dunhapresentación ordenada de obxectos que será vista por un público. É un acto comunicativo, xaque mediante ela transmitimos saberes e coñecementos.

• Nesta unidade definiremos as características que debe ter a exposición e na próximapoñerémonos mans á obra para facer os módulos.

• Como este proxecto queda enmarcado dentro dun máis amplo levado a cabo nasdiferentes materias sobre alimentación, na seguinte unidade imos construír o primeiromódulo da exposición, que tratará sobre a alimentación dos astronautas.

• Na terceira unidade crearemos os demais módulos e expoñerémolos para que o vosopúblico poida aprender co traballo que realizastes.

Listos para comezar a construír a vosa exposición? Para facilitarvos esta tarefa guiarémosvoscon actividades que vos mostrarán os pasos a seguir. Comezamos!

Paso a paso1. Traballamos xuntos. Pensade nalgunha exposición que visitarades ou accedede a estas páxinas devisitas virtuais:

• Exposición virtual do Museo Nacional de Ciencias Naturais. (http://mncn.s3.amazonaws.com/mncnexpo/scb/

mncnexpoES_standalone.html)

• Ademais podedes atopar outras nesta páxina (http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/museos/visitas-

virtuales.html).

Tomando como referencia as exposicións que coñecedes, entre todos, contestade estas cuestións:

• Credes que os módulos das exposicións están relacionados?

• Credes que seguen algunha orde?

• A información que se transmite en texto é moi extensa?

Page 3: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

3——

2. Traballamos xuntos. Tendo en conta o que aprendestes na actividade anterior, describide como tenque ser unha boa exposición.

1. Nun inmenso Universo

Con só levantar a vista cara ao ceo de noite podemos ver esa multitude de puntiños luminosos. Todos nóssabemos que son estrelas e planetas que aparecen e desaparecen día tras día.

Desde tempos antigos ata a actualidade foron moitos os novos datos que se foron descubrindo sobre abóveda que está enriba de nós.

Temos moita información sobre o Universo pero, aínda así, cando levantamos miramos o ceo, esesmilleiros de puntiños brillantes dannos unha idea da súa inmensidade e de todos os interrogantes quequedan por responder.

Sabías que...?Podes explorar a inmensidade do Universo usando aplicacións como Google Sky (http://

www.google.com/sky/).

Explora o ceo con esta aplicación e descobre que son eses puntiños luminosos que vemos noceo. Despois anímate a intentar identificalos durante unha noite despexada.

Page 4: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

4——

Observando o UniversoPara tentar resolver eses interrogantes desenvolvéronse aparatos, técnicas de observación e instrumentosque nos dan información de zonas cada vez máis amplas, daquilo que está máis alá dos nosos ollos.Vexámolos.

Telescopios

Os telescopios poden ter diferentesgraos de complexidade. Nesta fotografíavemos O Gran Telescopio (http://www.elmundo.es/

elmundo/2009/07/24/ciencia/1248434311.html), localizadonas Illas Canarias, que foi inaugurado en2009.

Os telescopios son instrumentos que nos permiten ver obxectos afastados. Son unha ferramentafundamental na astronomía porque permiten estudar a natureza e localización dos corpos celestes. Ostelescopios son capaces de captar a luz ou ben outros tipos de radiación como

Moitos telescopios permiten observar o Universo desde a superficie da Terra.

Outros, os telescopios espaciais, sitúanse en satélites artificiais ou sondas espaciais que observan oscorpos celestes desde o espazo. Fronte aos telescopios que operan desde a Terra, presentan a vantaxede que non sofren os efectos da contaminación lumínica nin as deformacións que a atmosfera terrestreprovoca nas imaxes capturadas. En contraposición, teñen un custo máis elevado e unha vida útil menor.

Page 5: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

5——

Sabías que...?O telescopio espacial Hubble orbita arredor da Terra dende 1990. Captura e envía imaxes edatos que están sendo de grande importancia para a comprensión do Universo.

Galaxia do Sombreiro, imaxe captada polo Hubble.

Outros exemplos de telescopios espaciais son Herschel ou Plank.

Sondas espaciaisSon dispositivos que se envían ao espazo para estudar corpos do noso Sistema Solar. Están programadaspara tomar fotografías ou para analizar a atmosfera ou superficie dun corpo celeste.

Nos últimos anos enviáronse sondas a diferentes puntos do Sistema Solar para explorar planetas,satélites, asteroides ou cometas. A medida que a tecnoloxía foi ofrecendo novas posibilidades puidéronseacadar puntos máis afastados.

New Horizons (http://www.abc.es/ciencia/20150727/abci-nuevo-perfil-pluton-201507271225.html), por exemplo, é unha sondaespacial que chegou a Plutón no verán do 2015 para estudar este planeta anano e as súas lúas. Durante alonga viaxe cara a Plutón, recolleu ademais información de interese sobre outros corpos do Sistema Solar.

Por exemplo, nesta secuencia de imaxes (http://es.wikipedia.org/wiki/New_Horizons#/media/File:Tvashtarvideo.gif), NewHorizons documentou a existencia dunha nube de gases duns 330 quilómetros de altura que expulsa unvolcán da lúa Ío de Xúpiter.

Misións tripuladasAs misións espaciais tripuladas levan a bordo persoas ou, incluso, animais. Como sabes, a bordo vanos astronautas, que son os encargados de cumprir os obxectivos da misión. Realizan experimentoscientíficos, exploran corpos celestes ou fan calquera outra actividade que requira da presenza humana noespazo.

Foron levadas a cabo por países como Estados Unidos, a Unión Soviética e Rusia, a República PopularChina, Brasil, Canadá, India e algúns países de Europa.

Page 6: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

6——

Medindo o UniversoAdemais de instrumentos especiais para analizar o Universo, debemos empregar medidas concretas paramedilo, debido ao seu inmenso tamaño. Non podemos empregar medidas de lonxitude como o metro ou oquilómetro. Vexamos por que os substituímos.

O ano luzO ano luz é unha medida de lonxitude que equivale á distancia percorrida pola luz durante un ano.

A luz viaxa a unha velocidade de 299 792,458 (case 300 000) quilómetros por segundo.

Tendo en conta o número de segundos que hai nun ano e a velocidade da luz podemos calcular osquilómetros que percorre a luz nese tempo: 9 460 730 472 580 quilómetros. Polo tanto:

1 ano luz 9,5 billóns de quilómetros

Para facernos á idea do que supón esta cifra podemos pensar neste exemplo. O Sol e a Terra atópanse aunha distancia de 150 000 000 de quilómetros. A luz que nos está chegando agora mesmo foi emitida tansó hai oito minutos e medio polo Sol; é dicir, oito minutos e medio luz. Unha distancia moito menor que unano luz.

A unidade astronómicaUnha unidade astronómica, UA, é outra unidade de lonxitude. Equivale á distancia media que separa aTerra do Sol.

A unidade astronómica é menor que o ano luz, xa que corresponde a uns 150 millóns de quilómetros,exactamente 149 597 870,7.

1 UA 150 millóns de quilómetros

Para reflexionar1. Que é máis grande, unha unidade astronómica ou un ano luz?

Calcula cantas unidades astronómicas son, aproximadamente, un ano luz.

2. Proxima Centauri é a estrela máis próxima ao Sol. Está a unha distancia de 4,22 anos luz.

• A cantas unidades astronómicas está esta estrela?

• A que distancia aproximada, en billóns de quilómetros, se atopa?

• Cando miras cara ao ceo e ves esta estrela, cres que a ves tal e como é agora mesmo?

4. Para ampliar. Na páxina web da NASA (http://www.lanasa.net/news/misiones/) ou da Axencia Espacial Europea(http://www.esa.int/ESA/Our_Missions) podes atopar información das misións que están levando a cabo.

Selecciona unha misión de cada unha destas ligazóns e di cal é o seu obxectivo.

Page 7: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

7——

5. Para reflexionar. Tendo en conta o número de misións espaciais que puidestes observar na actividadeanterior, discutide se credes que as concepcións sobre o Universo e o Sistema Solar poderían cambiar nospróximos anos.

2. Compoñentes do UniversoO Universo é enorme, de feito non se sabe onde remata, se é que ten un fin.

O que si sabemos é que o seu tamaño foi cambiando, xa que desde o comezo da súa existenciaexpándese a gran velocidade. Componse de galaxias separadas por grandes espazos baleiros.

As galaxias organízanse en cúmulos e estes en supercúmulos.

GalaxiasA grande escala, o Universo está formado por galaxias e grupos de galaxias.

Son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia dentro do Universo: agrupacións deestrelas, planetas, po e outros elementos que se manteñen unidos polo efecto da forza da gravidade.

Se as observamos cun telescopio verémolas como manchas luminosas de diferentes formas.

A nosa galaxiaA Terra é un dos planetas que forman o Sistema Solar. Localízase dentro dunha galaxia en forma deespiral chamada Vía Láctea.

A Vía Láctea é a galaxia na que se atopa o noso Sistema Solar. Podemos observala desdea Terra como unha franxa pálida que cruza o firmamento. Esta fotografía foi tomada nunhazona libre de contaminación luminosa, en Nevada.

Forma parte dun grupo dunhas trinta galaxias que se denomina Grupo Local.

Dentro das galaxiasNebulosas

Page 8: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

8——

Dentro das galaxias podemos observar distintos elementos. Un deles son as nebulosas, rexións nas quese acumulan gases e po. Son lugares de grande importancia porque é aquí onde se forman as estrelas aocondensarse e agregarse a materia.

Na seguinte ligazón (http://www.eso.org/public/videos/eso1518a/) podes ver un vídeo da nebulosa da Aguia.

Nebulosa da Aguia, coñecida como os Pilares da Creación, localizada a uns 7000 anos luzda Terra. As primeiras fotografías desta nebulosa foron tomadas en 1995 polo telescopioespacial Hubble. Case vinte anos despois tomouse estoutra con maior resolución.

EstrelasAs estrelas son enormes esferas de gas que se atopan a temperaturas moi elevadas. Producen luz eenerxía mediante un proceso denominado fusión nuclear, durante o cal elementos lixeiros combínansepara dar lugar a outros máis pesados, desprendéndose ao mesmo tempo unha cantidade enorme deenerxía.

Non todas as estrelas son iguais. Hainas de diferentes tamaños, brillos e cores. Ademais, teñen diferentesidades. Nacen e morren.

De feito, se miramos cara a eses puntiños luminosos, haberá veces que esteamos vendo unha estrelaque xa morreu. Por que? A luz que emite viaxa a 300 000 km/s pero tarda moito tempo en chegar á Terra,polo que pode ocorrer que vexamos unha estrela xa morta. Do mesmo xeito, ás veces, podemos non verestrelas que xa naceron porque a súa luz aínda non chegou ao planeta.

Ao redor dunha ou varias estrelas poden orbitar diferentes obxectos para formar un sistema planetario.

A Terra é un planeta que pertence a un sistema planetario, o Sistema Solar, que ten unha soa estrela, oSol.

Onde parece que non hai nada

Page 9: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

9——

Entre as estrelas, planetas e outros corpos que forman parte das galaxias pode parecer que non hai nada.Porén, isto non é así. Este espazo contén pequenas cantidades de gases e po. Ademais, hai numerosostipos de radiación (como a radiación ultravioleta, os raios X, a luz visible ou os raios cósmicos) e camposmagnéticos.

E ademais, a misteriosa materia escuraA materia ordinaria, a que todos coñecemos, forma parte de todo o que nos rodea, incluso de nósmesmos. A parte máis pequena deste tipo de materia é o átomo.

Algúns científicos pensan que debe existir outro tipo de materia, que chaman materia escura. Non se podever e non se sabe exactamente como é, pero sosteñen que está repartida por todo o Universo.

A existencia da materia escura podería explicar fenómenos como a forma na que a luz viaxa polo Universoou o modo en que as galaxias se manteñen unidas.

Actividades

3. Que esperarías atopar dentro da Vía Láctea? Cres que hai algo entre os elementos máis grandes que aforman?

4. Para reflexionar. Esta imaxe representa a Vía Láctea, a nosa galaxia. Fíxate que ten forma de espiral.Entón, por que cando a vemos desde a Terra parece só unha liña que cruza o ceo?

Page 10: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

10——

3. A orixe do UniversoO Universo está formado por todo aquilo que se pode ver, detectar, medir ou sentir. Inclúe seres vivose obxectos inertes como estrelas ou planetas, luz, campos magnéticos, tempo... Antes da aparición doUniverso non existía a materia, o espazo nin o tempo.

Vexamos algunhas ideas sobre o Universo propostas en diferentes épocas.

Ideas sobre o UniversoSe miramos cara ao ceo de noite podemos pensar que estamos quietos e que as estrelas e a Lúa semoven sobre nós. O Sol sae polo leste e ponse polo oeste, unha vez ao día.

Un estudo máis detallado dos corpos celestes permite observar movementos máis complexos. Porexemplo que os puntos polos que sae o Sol e a Lúa varían ao longo do ano, os planetas presentanmovementos diferentes ás estrelas ou que algunhas constelacións só se ven en certas épocas do ano.

Estas observacións deron lugar a modelos que intentaban explicar o Universo coñecido. Destacan dous:

O sistema xeocéntrico

Page 11: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

11——Este modelo propoñía que a Terra era o centro do Universo e o resto dos corpos celestes, incluídos o Sole a Lúa, xiraban ao seu redor. Este modelo foi aceptado ata o século XVI.

Permitía explicar a sucesión dos días e das noites e os movementos da maioría das estrelas.

Pero había fenómenos que non era posible explicar, como o movemento dos planetas ou que o Sol parecerealizar un percorrido máis amplo no verán que no inverno.

O sistema heliocéntricoNo século XVI, Copérnico propuxo un novo modelo que ao principio non tivo moita aceptación. Defendíaque o Sol era o centro do Universo, en lugar da Terra.

As principais ideas que defende este modelo son:

• O Sol ocupa o centro do Universo e os planetas, incluída a Terra, xiran ao redor del.

• A Terra describe dous movementos: un de rotación, ao moverse sobre si mesma, e outro detranslación, ao xirar ao redor do Sol.

• A Lúa xira ao redor da Terra.

Este novo modelo foi moi polémico e durante moito tempo rexeitado. Pero, Galileo, un científico da época,construíu un instrumento novidoso, o telescopio, co que confirmou a veracidade do modelo. Defenderque o Sol ocupaba o centro do Universo supúxolle ser condenado pola Inquisición. Se queres coñecermáis detalles sobre a súa historia podes consultar a seguinte noticia (http://sociedad.elpais.com/sociedad/2009/01/21/

actualidad/1232492405_850215.html).

A orixe do Universo, o Big BangA teoría do Big Bang (http://www.nationalgeographic.es/ciencia/espacio/origen-universo) é a máis aceptada actualmente paraexplicar a orixe do Universo.

Nos anos vinte, Edwin Hubble observou que as galaxias se estaban afastando unhas doutras a grandevelocidade. Esta observación marcou un antes e un despois na concepción do Universo.

As galaxias afástanse unhas doutras porque o espazo que hai entre elas medra, como se o Universo setratase dun globo que se está inchando.

Page 12: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

12——

Pensa no seguinte: se o Universo se expande e as galaxias se separan, significa que no pasado estabanmáis xuntas. Se retrocedemos moito no tempo as galaxias chegarían a fusionarse. Se retrocedemosaínda máis formaríase un punto diminuto no que se concentraría toda a materia, a enerxía e o resto decompoñentes do Universo. Este punto coñécese como singularidade inicial, un punto extremadamentedenso e quente.

O Universo formaríase a partir da singularidade inicial cunha grande explosión, un Big Bang. Desde esaexplosión o Universo expándese.

Aínda que a explosión ocorreu hai uns 13 mil ou 14 mil millóns de anos, o primeiro segundo despois doBig Bang é clave; nel trazouse o borrador do que é o Universo actual. A partir da singularidade inicial,aquel diminuto punto, apareceu a enerxía, o tempo, o espazo, a materia e as forzas. Naqueles primeirosinstantes de existencia o Universo era moi diferente ao actual e non de todo coñecido.

As galaxias formáronse despois, grazas á condensación de nubes xigantes de materia que se formaronnaquela explosión. O proceso de formación de galaxias aínda non se detivo xa que o Universo segueevolucionando.

Por exemplo, nesta animación (http://es.wikipedia.org/wiki/Colisi%C3%B3n_V%C3%ADa_L%C3%A1ctea-Andr%C3%B3meda )

podemos ver como dúas galaxias en forma de espiral se fusionan para formar unha galaxia de maiortamaño.

Sabías que...?Aínda que o Big Bang é unha teoría amplamente aceptada pola comunidade científica,existen algunhas cuestións pendentes de resolver. Os científicos céntranse en comprender oacontecido nas primeiras fraccións de segundo despois do Big Bang, un misterio aínda senresolver.

Un novo estudo propón unha alternativa ao Big Bang: o Universo existe desde sempre, nonten principio nin fin. Podes ver máis detalles aquí (https://www.xataka.com/espacio/el-big-bang-nunca-existio-

una-nueva-teoria-fisica-investiga-las-vidas-pasadas-del-universo).

Como ves, aínda queda moito por aclarar. Aínda que o Big Bang é un modelo amplamenteaceptado, é posible que no futuro se redefinan algúns aspectos para dar respostas aosinterrogantes pendentes de resolver ou se propoñan modelos alternativos.

Page 13: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

13——

O destino do UniversoNa actualidade existen varias hipóteses que intentan explicar cal será o destino do Universo, pero o certo éque non hai ningunha que estea confirmada.

Así, por exemplo, algúns científicos defenden que o Universo seguirá expandíndose e arrefriándosementres que outros opinan que dentro de moito tempo o Universo contraerase para dar lugar a outrasingularidade inicial ou Big Crunch (https://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_del_Big_Crunch).

Actividades1. Colocádevos en parellas e discutide como se poden explicar a sucesión do día e a noite baseándovosno modelo xeocéntrico. Facede o mesmo para o modelo heliocéntrico.

Despois, elaborade unha redacción coas vosas conclusións.

2. Que é a singularidade inicial? Que papel xoga dentro do Big Bang?

4. O Sistema Solar

Compoñentes do Sistema Solar

O Sistema Solar é un sistema planetario formado por unha estrela, o Sol, e diferentes tipos de corposcelestes que orbitan ao seu redor.

O Sol

Page 14: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

14——

O Sol é a estrela que se atopa no centro do Sistema Solar. Está formado practicamente na súa totalidadepor dous gases: hidróxeno e helio. É, sen dúbida, o corpo celeste máis grande do Sistema Solar xa que secalcula que contén o 99% da masa total deste sistema.

O Sol ten un movemento de rotación, xa que xira sobre si mesmo. Tamén se move no espazo, xunto coresto do Sistema Solar, ao xirar en torno ao centro da Vía Láctea.

O Sol compórtase como un enorme reactor nuclear (http://safeshare.tv/w/ohjxtqdVSO): produce cantidades enormesde enerxía que se emiten cara ao espazo en foma de luz e calor. Tamén produce outros tipos de radiacióne expulsa partículas que constitúen o vento solar.

A enerxía que emite o Sol en forma de luz e calor fai posible a vida na Terra, ao crear unhas condiciónsfavorables para a vida e posibilitar a fotosíntese.

PlanetasOs planetas son corpos celestes que:

• orbitan ao redor do Sol,

• teñen unha forma practicamente esférica e

• non comparten a súa órbita con outros corpos celestes.

Ademais do movemento de translación, os planetas teñen outros, entre os que destaca o de rotación, quefai que xiren sobre si mesmos.

Sabías que...?Cando un corpo celeste cumpre estas características, pero en vez de orbitar ao redor do Solfaino ao redor doutra estrela, falamos de exoplanetas.

Os científicos buscan vida dentro do Sistema Solar pero tamén nalgúns exoplanetas.Consulta esta noticia (https://www.clarin.com/sociedad/hallan-10-nuevos-exoplanetas-similares-tierra-podrian-

habitables_0_SyftMcrQ-.html) para saber máis sobre estas investigacións.

No Sistema Solar coñécense oito planetas que quedan separados por un cinto de asteroides; édicir, unha zona poboada de multitude de obxectos rochosos, os asteroides.

Planetas interioresOs planetas interiores do Sistema Solar son os catro planetas máis próximos ao Sol: Mercurio, Venus,Terra e Marte.

Son planetas pequenos e rochosos que posúen unha superficie sólida. Teñen atmosfera, aínda que a deMercurio e Marte son moi tenues.

Mercurio e a Terra teñen campos magnéticos importantes, polo que posúen ademais magnetosfera.

Page 15: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

15——

Mercurio, Venus, Terra e Marte.

Planetas exterioresMáis aló do cinto de asteroides sitúanse os catro planetas exteriores do Sistema Solar: Xúpiter, Saturno,Urano e Neptuno.

Son planetas grandes formados fundamentalmente por gases, polo que non posúen superficie sólida.Teñen importantes atmosferas e campos magnéticos que dan lugar a importantes magnetosferas. A pesardo seu tamaño, teñen un movemento de rotación máis rápido que os planetas interiores.

Estes planetas teñen moitos satélites e aneis.

Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Máis aló de NeptunoO estudo do Sistema Solar máis aló de Neptuno é complicado debido ás grandes distancias que nosseparan desa zona. Porén, sabemos que naquela zona existe un grande número de obxectos celestes.

O Cinto de Kuiper é unha zona distante con forma de anel que contén obxectos xeados. Recorda que nocinto de Kuiper localízanse Plutón, Makemake e Haumea.

A Nube de Oort é unha zona aínda máis afastada que envolve todo o Sistema Solar na que tamén haiobxectos xeados.

Cando un deses obxectos abandona esas zonas afastadas para adentrarse en zonas máis próximas a nósno Sistema Solar podémolo observar como un cometa.

Page 16: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

16——Representación artística do Cinto de Kuiper e da Nube de Oort. Compara o tamaño destaszonas co do Sistema Solar que mellor coñecemos, interior a Plutón.

Planetas ananosA diferencia dos planetas, os planetas ananos xiran ao redor do Sol compartindo a súa órbita con outroscorpos celestes. Os máis coñecidos son:

CeresSitúase dentro do cinto de asteroides; é dicir, entre Marte e Xúpiter.

Ceres está formado por un núcleo rochoso rodeado por unha grosa capa de xeo. Nesta capa de xeoacumúlase máis auga doce que en toda a Terra.

Neste planeta anano observouse ademais a existencia de auga en forma de vapor de auga (http://www.esa.int/

esl/ESA_in_your_country/Spain/Herschel_descubre_vapor_de_agua_en_el_planeta_enano_Ceres). Pénsase que se orixina porsublimación da capa de xeo.

Page 17: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

17——Ceres (o máis pequeno), comparado coa Terra e a Lúa.

Plutón

A superficie de Plutón ten manchasavermelladas.

É un planeta anano que se sitúa máis aló da órbita de Neptuno. Está tan afastado do Sol que acadatemperaturas moi baixas.

Está formado por xeo que flúe en cordilleiras e brumas. Ten unha superficie de cor avermellada.

Page 18: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

18——

Ten unha atmosfera moi tenue, que se conxela e cae sobre a superficie cando se atopa moi afastado doSol.

Plutón ten cinco satélites. O máis grande deles chámase Caronte. O tamaño de Caronte é moi próximoao de Plutón. Isto fai que se comporten dun modo especial: ambos van dando voltas ao redor dun puntosituado entre os dous corpos mentres se desprazan ao redor do Sol. Por iso, ás veces, referímonos aPlutón e Caronte como planeta (anano) dobre.

Eris

Eris e o seu satélite.

É un planeta anano situado máis aló da órbita de Neptuno que ten un tamaño similar ao de Plutón.

No seu percorrido ao redor do Sol chega a acadar distancias moi afastadas del. Isto fai que se acadentemperaturas moi baixas.

Crese que é un corpo rochoso rodeado por unha capa de xeo. A súa superficie é tremendamentebrillante polo que se pensa, ademais, que os gases que forman a súa atmosfera se conxelaron e formaronunha capa de escarcha sobre a superficie que reflicte a luz.

Outros planetas ananos

Makemake é un planeta anano situado máis aló da órbita de Neptuno descuberto en 2005. Ao estar tanafastado do Sol ten temperaturas moi baixas. Non ten atmosfera nin satélites coñecidos.

Page 19: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

19——

Haumea é un planeta anano situado máis aló da órbita de Neptuno descuberto en 2003. Crese que estáformado por un interior rochoso recuberto dunha capa de xeo.

Coñécenselle dous satélites.

Sabías que...?Os nosos coñecementos sobre o Universo e o Sistema Solar non paran de medrar. Nosúltimos anos descubríronse novos corpos celestes que os científicos están a investigar.

Por exemplo, Sedna é un corpo celeste situado máis aló de Neptuno, semellante a unplaneta, descuberto en 2003 e que orbita ao redor do Sol. A súa órbita é tan ampla que tardamáis de 11.000 anos en completala. Está moi afastado do Sol polo que a súa temperatura émoi baixa.

SatélitesOs satélites son corpos celestes que orbitan arredor de obxectos diferentes ás estrelas, como pode ser unplaneta, un planeta anano ou un asteroide.

Por exemplo, a Terra ten un satélite (a Lúa), mentres que Plutón ten varios.

Corpos menores do Sistema Solar

Page 20: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

20——Asteroide (Graspa) (http://es.wikipedia.org/wiki/

%28951%29_Gaspra).

No Sistema Solar hai outros corpos celestes que orbitan arredor do Sol. Destacan:

• Asteroides: son corpos rochosos ou metálicos que orbitan en torno ao Sol de menor tamaño queos planetas. Poden ter formas moi diversas. Algúns asteroides teñen satélites.

A maioría dos asteroides do Sistema Solar sitúanse entre Marte e Xúpiter, formando o cinto deasteroides. Dentro deste cinto de asteroides atópase tamén o planeta anano Ceres.

Cometa Hale-Boop

• Cometas: son corpos celestes formados por po, xeo e rochas. Xiran arredor do Sol. Cando seachegan a el o xeo e o po, polo efecto do calor e do vento solar, forman colas características.

Page 21: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

21——

• Meteoritos: son corpos que acadan a superficie dun planeta ou un satélite ao non desintegrase porcompleto mentres atravesan a súa atmosfera. Ao atravesar a atmosfera despréndese unha grandeluminosidade. Chámanse popularmente estrelas fugaces.

Sabías que...?Rosetta é unha sonda da Axencia Espacial Europea. A súa misión é orbitar ao redor duncometa, para comprender a súa composición e características. Chegou ao seu cometaanfitrión en 2014, dez anos despois de ser lanzada.

Os cometas son os obxectos que menos se modificaron desde que se formou o SistemaSolar, hai uns 4.800 millóns de anos, polo que o seu estudo pode ofrecernos datos moiinteresantes.

Por exemplo, grazas a Rosetta, sabemos xa que a auga dos cometas é diferente á dosocéanos da Terra. Deste modo descártase a teoría que propoñía que a auga da Terra proviñade cometas.

Actividades

4. Corrixe as opcións que marcaches como falsas na actividade anterior para que sexan correctas.

5. Cal é o obxecto máis masivo de todo o Sistema Solar? Describe as súas características máisimportantes.

6. Indica as diferencias que hai entre:

• Un planeta e un planeta anano.

• Un planeta e un satélite.

• Asteroides, cometas e meteoritos.

7. Fai un debuxo dos cinco planetas ananos máis importantes do Sistema Solar e sinala ao seu ladoalgunhas das súas características máis importantes.

Se o prefires, realiza unha presentación na que inclúas unha imaxe dos planetas e coloca ascaracterísticas ao seu lado. Podes empregar programas como Impress ou Prezi.

5. Os planetas do Sistema SolarO Sistema Solar está formado por oito planetas, catro interiores e catro exteriores, que quedan separadospolo cinto de asteroides.

Os planetas interiores son rochosos e están máis próximos ao Sol (entre o Sol e o cinto de asteroides). Osexteriores están máis alá do cinto. Son gasosos, máis grandes e teñen sistemas de aneis.

Page 22: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

22——

Planetas interioresMercurio

Ocupa a posición máis próxima ao Sol. É o máis pequeno dos planetas.

É un planeta rochoso que ten un gran núcleo interior, rodeado polo manto e máis externamente pola codia.Na súa superficie presenta numerosos cráteres producidos por impactos de meteoritos.

Non ten atmosfera significativa pero si campo magnético.

Durante o día acádanse temperaturas moi elevadas, que descenden drasticamente pola noite.

Carece de satélites.

Venus

Page 23: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

23——

É o segundo planeta máis próximo ao Sol.

Trátase dun planeta rochoso que ten un núcleo interior, rodeado polo manto e, máis externamente, polacodia.

Ten unha atmosfera moi densa, formada principalmente por dióxido de carbono. Isto fai que Venus teñaun intenso efecto invernadoiro. Por iso as temperaturas neste planeta son sempre moi altas, tanto de díacomo de noite; incluso máis que en Mercurio.

Esta densa atmosfera ten outros efectos importantes:

• Case non existen impactos de meteoritos na súa superficie porque se desintegran ao atravesala. Sómeteoritos moi grandes conseguen cruzar a barreira da atmosfera.

• Impide que a superficie do planeta sexa iluminada pola luz do Sol.

• Prodúcense ventos tempestuosos.

Rota moi lentamente en sentido contrario á maioría dos planetas do Sistema Solar. A este fenómenocoñéceselle como rotación retrógrada.

Non ten satélites e o seu campo magnético non é significativo.

Terra

Ocupa a terceira órbita máis próxima ao Sol.

Ao igual que o resto dos planetas interiores está formada por un núcleo, o manto (superior e inferior) e acodia.

Ten atmosfera e campo magnético.

Posúe unha temperatura media suave que fai que haxa auga en estado líquido.

Ten un satélite, a Lúa.

Caracterízase por ser o único planeta con vida coñecido.

Marte

Page 24: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

24—— o cuarto planeta máis próximo ao Sol.

É un planeta rochoso que posúe un núcleo, manto e codia. A súa superficie é na súa maioría de corvermella.

Ten unha atmosfera moi tenue e un campo magnético moi débil.

Nos seus polos ten dúas manchas brancas que corresponden a casquetes que se forman pola conxelaciónde dióxido de carbono.

Posúe dous satélites.

Neste planeta localízase o volcán máis grande de todo o Sistema Solar, o Monte Olimpo, cunha altura de25 quilómetros.

Planetas exteriores

Xúpiter

Page 25: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

25——É o primeiro dos planetas exteriores. Localízase a continuación do cinto de asteroides.

Trátase do planeta máis grande de todo o Sistema Solar. Ten máis masa que todos os demais planetasxuntos e ten un volume tan grande que dentro del collerían 1.000 planetas Terra.

Xúpiter non ten superficie sólida porque está formado por gases, principalmente hidróxeno e helio.

A atmosfera de Xúpiter é moi complexa. Recoñécese facilmente por presentar nubes de cores formandofranxas e unha grande mancha vermella que é unha enorme tormenta.

En zonas moi profundas da atmosfera, a presión e a temperatura aumentan transformando os gases enlíquidos. Deste modo, baixo a súa densa atmosfera, localízase un enorme océano, aínda que non é deauga como na Terra. En zonas máis profundas podería existir un núcleo sólido.

Xúpiter destaca tamén por ter un enorme campo magnético.

Está rodeado por un tenue anel de po e pequenas partículas.

Ten multitude de satélites. Destacan, polo seu tamaño, catro: Io, Europa, Gamínides e Calisto.

Xúpiter ten un período de rotación moi pequeno, tan só 10 horas, por iso é o planeta no que os días sonmáis breves.

A vida, tal e como a coñecemos, non é posible en Xúpiter, pero pénsase que algún dos seus satélitespodería presentar condicións favorables para ela.

Saturno

Page 26: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

26——Localízase a continuación de Xúpiter e, ao igual que Xúpiter, ten un período de rotación moi breve. Os díasen Saturno duran un pouco máis de 10 horas.

Está formado por gases de modo que non ten unha superficie sólida. Vista desde os espazo, a súaatmosfera, presenta bandas en tons dourados. Baixo ela hai un océano formado por hidróxeno líquido e nointerior do planeta existe un núcleo sólido.

Ten campo magnético.

Todos os planetas exteriores teñen aneis, pero o máis espectacular é o deste planeta. Presenta unenorme sistema de aneis concéntricos formados por po, xeo e rochas. É tan grande que se pode ver coninstrumentos ópticos simples desde a Terra.

Saturno posúe varios satélites, o máis grande deles é Titán.

Urano

Page 27: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

27——

Sitúase a continuación de Saturno.

Está tan afastado do Sol que desde alí este vese dun tamaño similar a outras estrelas, aínda que moitomáis brillante.

Está principalmente formado por gases. A composición da súa atmosfera fai que o vexamos de coresazuis.

Baixo a atmosfera hai un líquido formado por materiais xeados, e máis internamente, un núcleo rochoso.

Posúe un forte campo magnético.

O movemento de Urano é único no Sistema Solar. Ao igual que Venus, ten unha rotación retrógrada;é dicir, móvese sobre si mesmo ao revés que o resto dos planetas, de leste a oeste. Pero ademais, oseu eixo de rotación está tombado. Isto fai que as estacións en Urano sexan moi diferentes ás do restodos planetas.

Ten un sistema de aneis e varios satélites. O máis grande é Titania.

Neptuno

É o planeta máis afastado do Sol. As súas características son semellantes ás de Urano. Ao igual que este,é un mundo xeado. Ten un núcleo interno rochoso rodeado dun fluído de materiais xeados e a atmosfera.

Non posúe polo tanto unha superficie sólida.

Ten varios satélites. Un deles, Tritón, é peculiar, porque se move ao redor do seu planeta anfitrión ensentido contrario (de leste a oeste) a como o fan o resto dos satélites.

Igual que os demais planetas exteriores ten un sistema de aneis. Tamén un intenso campo magnético.

Page 28: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

28——

Sabías que...?O noso Sistema Solar presenta diferencias con outros sistemas planetarios descubertos nosúltimos anos. As investigacións apuntan a que Xúpiter puido ter un papel fundamental naformación do Sistema Solar actual. Durante as primeiras etapas da formación do SistemaSolar, Xúpiter podería ter destruído os primeiros planetas terrestres, despois teríanse formadoos actuais. Consulta esta noticia (http://www.europapress.es/ciencia/astronomia/noticia-jupiter-asolo-sistema-solar-

primitivo-20150324104532.html) para obter máis información sobre este suceso.

Actividades1. Fai un debuxo dos oito planetas do Sistema Solar e sinala algunhas das súas características máisimportantes.

Se o prefires, realiza unha presentación na que inclúas unha imaxe dos planetas e coloca ascaracterísticas ao seu lado. Podes empregar programas como Impress ou Prezi.

2. Da páxina web da NASA (http://nssdc.gsfc.nasa.gov/planetary/factsheet/index.html) obtivemos os seguintes datos:

Planeta/Planetaanano

Mercurio Venus Terra Marte

Distancia aoSol (millóns dequilómetros)

57,9 108,2 149,6 227.9

Temperaturamedia (ºC)

167 464 15 –65

Planeta/Planetaanano

Xúpiter Saturno Urano Neptuno Plutón

Distancia aoSol (millóns dequilómetros)

778,6 1433,5 2872,5 4495,1 5870,0

Temperaturamedia (ºC)

–110 –140 –195 –200 –225

Analízaos e contesta:

• Cres que a temperatura media dos planetas está relacionada coa distancia ao Sol?

• Hai algún dato que non coincide con esta tendencia? Cal? Poderías explicar o motivo?

3. Propón unha hipótese para explicar por que Mercurio ten tantos impactos de meteoritos sobre a súasuperficie.

Serache de axuda repasar antes as características dos planetas interiores.

4. No século XV Galileo Galilei observou por primeira vez Saturno cun telescopio. Viu que era un corpoesférico con dúas protuberancias laterais.

Page 29: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

29——

Que cres que é o que estaba observando?

5. Para reflexionar. Desde a Terra vemos dous planetas pasar periodicamente por diante do Sol. Calescres que son? Por que?

6. Para reflexionar. Imaxina que tes tres fotografías tomadas por sondas espaciais de atardeceres endiferentes planetas. Unha está tomada desde Mercurio, outra desde Marte e outra desde Neptuno. Comoas diferenciarías?

6. Para ampliar. O 7 de xaneiro de 1610 Galileo Galilei usou o telescopio para explorar o ceo nocturno.Viu Xúpiter e algo que o sorprendeu: tres puntos brillantes que o acompañaban. Fascinado polodescubrimento, seguiu observando o planeta e descubriu outro punto máis. Rexistrou a posición relativadestes corpos celestes ao longo de varios días.

As conclusións que obtivo destes resultados foron revolucionarias.

• Que cres que son eses catro corpos celestes que viu Galileo acompañando a Xúpiter?

• Por que cres que cambian de posición con respecto ao planeta?

• Por que ás veces non vemos os catro corpos celestes?

• Cres que esta observación contradicía a teoría xeocéntrica, vixente naquela época?

Podes axudarte de 4 bólas pequenas (que representen os puntos brillantes) e unha máis grande (Xúpiter).Móveas sobre unha superficie plana e sitúate fronte a elas para observalas e comprobar as túas hipóteses.

Page 30: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

30——

6. Na práctica

O método científicoAntes de poñernos mans á obra é importante que coñezades o método científico, xa que osinvestigadores e científicos non traballan baseándose en casualidades ou confiando na sorte.Os científicos empregan este método para planificar o seu traballo. Trátase dun conxuntode procedementos que nos axudan a construír a ciencia. Poden diferenciarse as seguintesetapas:

• Observación e definición dun problema a resolver: realízase unha observaciónminuciosa da nosa contorna para identificar un problema específico a resolver. Unhavez identificado, analízase con detemento.

• Obxectivos e planificación: márcanse os obxectivos que se queren acadar cando seresolva o problema e descríbese un plan, flexible, para alcanzalos.

• Rencompilación e análise de información e probas: explóranse diferentes puntosde vista, ideas anteriores e consúltanse fontes de información variadas. Analízase,ordénase e compróbase esta información.

• Proposición dunha hipótese: proponse unha hipótese que dea resposta ao problemainicial tendo en conta o aprendido nos pasos anteriores.

• Planificación e realización de experimentos: servirannos para aceptar ou rexeitara hipótese proposta. Os experimentos deben de poder repetirse para comprobar queos resultados obtidos tamén se repiten. Para iso é moi importante que todas as súasfases estean perfectamente definidas.

• Análise de resultados: permite extraer conclusións sobre a veracidade da hipóteseque probamos. Se a aceptamos poderiamos propoñer unha nova pregunta e comezarde novo o proceso para ampliar coñecementos. Pola contra, se a hipótese se rexeita,é necesario retroceder. Analízase minuciosamente a información obtida para propoñerunha nova hipótese que tamén terá que ser contrastada.

Page 31: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

31——

Como podes ver trátase dun método que marca o camiño na construción do coñecemento.Para convertervos en auténticos científicos teredes que familiarizarvos con el.Propoñerémosvos actividades e prácticas ao longo do curso que vos permitirán coñecelomellor.

Recordade que podedes consultalo sempre que teñades dúbidas de como organizar o vosotraballo.

A continuación suxerimos tres actividades prácticas relacionadas cos contidos da unidade.

Na práctica

Analizamos un cráter de impacto

Cando un meteorito choca contra a superficie dun corpo celeste dá lugar a formacións moicaracterísticas: os cráteres de impacto. Estes cráteres teñen unha forma moi característica epódense diferenciar claramente dun cráter volcánico.

Nesta imaxe, por exemplo, podes observar unha vista aérea dun cráter de impacto situado naLúa.

Con esta práctica coñeceremos mellor como son e como se forman estes cráteres. Para isopropoñemos que deseñedes un modelo que reproduza a formación dun cráter de impacto.

Os modelos son frecuentemente empregados para comprender, explicar ou predicir o queacontece na realidade. Baséanse nunha analoxía, xa que o modelo permite recrear ascondicións que se dan na realidade para poder extraer conclusións del.

A vosa misión consistirá en propoñer un modelo que recree un cráter de impacto. Listos?Formade grupos de tres ou catro persoas e seguide os seguintes pasos:

1. Discutide que credes que pode pasar cando un meteorito impacta contra a superficiedun corpo celeste.

Page 32: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

32——

2. Pensade como credes que poderiades reproducir esa situación a pequena escala.Tedes que definir os materiais que necesitades e o procedemento a seguir.

3. Elaborade unha redacción coa vosa proposta.

4. Facede unha posta en común con todos os grupos. Seleccionade as mellores ideas eelaborade unha proposta final conxunta.

5. Probade o voso modelo e elaborade unha presentación que recolla os vososresultados. Como mínimo debe contestar estas preguntas:

• Que queremos comprobar co noso modelo?

• Que materiais usamos?

• Que procedemento seguimos?

• Que observamos?

• Credes que o modelo está ben deseñado? É dicir, podería pasar na realidade omesmo que observastes vós?

A continuación dámosvos unha pista suxeríndovos dous materiais a empregar: bandexas efariña. Ah! E lembrade que a vosa seguridade é fundamental, así que tedes que ter en contano deseño do modelo se sería necesario tomar algún tipo de precaución.

Na práctica

Na busca de meteoritos

A maioría dos meteoritos que acadan a superficie do noso planeta teñen un tamaño moipequeno. Caen a diario por toda a superficie da Terra. Estes pequenos meteoritos coñécenseco nome de micrometeoritos.

Nesta ocasión propoñémosvos que intentedes atopar algún destes micrometeoritos. Para isodebedes saber recoñecelos. As súas características máis destacadas son:

• Normalmente son marróns ou negros.

• O paso pola atmosfera fai que a súa superficie quede queimada ou derretida.

• Os máis pequenos tenden a ser esféricos.

• A maioría son atraídos polos imáns. Son os deste tipo os que intentaremos obter.

Materiais

• Un imán

• Un caldeiro

• Un prato de plástico, preferiblemente branco

• Papel de filtro e un embude

• Microscopio

Page 33: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

33——

Procedemento

Poderiamos atopar meteoritos en calquera lugar da superficie da Terra, pero buscaremosnaqueles lugares nos que é máis probable.

Os micrometeoritos poden quedar suspendidos na atmosfera. Cando chove caen arrastradospola auga. Ademais a chuvia pode lavar algunhas superficies e arrastrar micrometeoritos caraa zonas máis baixas. Por iso un lugar no que é probable atopalos é nos desaugadoiros dostellados.

Colocamos un caldeiro, durante varios días de chuvia, baixo o desaugadoiro dun tellado. Nofondo iranse depositando partículas que arrastra a chuvia. Filtramos o contido do caldeirovaléndonos dun embude no que colocamos papel de filtro.

Deixamos secar o contido do papel e pasámolo a un prato de plástico branco. Collemosun imán, suxeitando o prato cunha man, pasámolo varias veces pola parte inferior. Osmicrometeoritos serán atraídos polo imán. Sen separar o imán do prato xírao para que aspartículas que non se adheriron ao imán caian.

Volve poñer o prato boca arriba. Se a mostra tiña micrometeoritos quedarán no prato.

Observa no microscopio os elementos recuperados para averiguar algún detalle máis.

• Que aspecto teñen os micrometeoritos?

Na práctica

Orientámonos de noite

Unha constelación é unha agrupación de estrelas que forman unha figura imaxinaria noceo nocturno. No pasado a creación de constelacións permitía recoñecer as estrelas confacilidade facilitando a navegación pola noite ou ben seguir o curso das estacións.

A Estrela Polar é visible no Polo Norte sendo na actualidade a máis próxima ao eixe derotación da Terra. Isto fai que a súa ubicación nos indique onde está o norte xeográfico e quepareza que o resto das estrelas xiren ao seu redor.

Nesta ocasión propoñémosvos que aprendades a localizar a Estrela Polar, e, polo tanto, alocalizar o norte. As constelacións da Osa Menor e a Osa Maior daranvos as claves.

Podemos localizar a Estrela Polar tomando como referencia a constelación da Osa Menor.A Osa Menor localízase cara ao norte. Está formada por sete estrelas. A Polar é a última daconstelación na cola, a máis brillante de todas.

Como alternativa podemos localizar a Osa Maior. Imaxinamos unha liña que contén ás dúasestrelas que forman a parte traseira do carro. Sobre esta liña contamos cinco veces a medidaque separa estas dúas estrelas e obtemos a posición da estrela que buscamos.

Page 34: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

34——

Anímate a coñecer e localizar outras constelacións, como Orion, Casiopea, Perseo e moitasoutras. Podes aprender máis sobre elas vendo este vídeo (http://safeshare.tv/w/pKWDAJEBbB). Taménche serán útiles o planisferio celeste e algunhas aplicacións móbiles que permiten explorar oceo nocturno.

7. Ao peche

Que aprendiches?1. Copia e completa no teu caderno unha táboa como esta para valorar o teu traballo.

Que aprendín sobre o Universo? Sei definir o queé? Coñezo a tecnoloxía que podemos empregarpara estudalo? Podo dicir dúas medidas delonxitude usadas frecuentemente en astronomía?

...

Que aprendín sobre as ideas que o ser humanotivo do Universo en diferentes épocas? Podoexplicar dous dos modelos relevantes? Sei comose orixinou o Universo?

...

Que aprendín sobre o Sistema Solar? Podoidentificar os seus compoñentes e describir assúas características máis importantes?

...

2. Organiza as túas ideas completando este esquema.

Page 35: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

35——

AvalíateA continuación, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres intentos para superarcada actividade.

Reforza

Amplía1. As antigas civilizacións agrupaban as estrelas en constelacións, formando figuras. Os astrónomos deépocas anteriores encontraron uha franxa no ceo na que cada mes aparecía unha nova constelación á quedenominaron zodiaco. Desde sempre, falouse de doce signos zodiacais pero en realidade son trece.

Le esta noticia (http://www.noticias24.com/tecnologia/noticia/22718/bbc-mundo-sabes-cual-es-tu-signo-zodiacal-probablemente-estas-

equivocado/)e despois contesta as preguntas.

• Cando xorde a idea de signo zodiacal persoal?

• Por que varían ao longo do ano as constelacións que vemos na franxa do zodiaco?

• Por que hai trece signos do zodiaco e non doce?

• Por que cambiaron as datas nas que se observan as constelacións da franxa do zodiaco?

2. Os planetas do Sistema Solar foron bautizados cos nomes de diferentes deuses da mitoloxía gregae romana. Investiga na biblioteca ou na internet sobre a orixe dos nomes dos planetas e elabora unharedacción coa información que obteñas.

Actividade de síntese1. A sonda Voyager 1 foi lanzada en 1977 e uns días despois, a súa xemelga, a Voyager 2. Ambasofreceron, e seguen a ofrecer, datos valiosísimos para comprender mellor o Sistema Solar. Recentementeunha delas, a Voyager 1, abandonou os dominios do Sol para adentrarse no espacio interestelar. AVoyager 1 converteuse así no aparello creado polo ser humano máis afastado da Terra hoxe en día.

Page 36: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

36——

• Por que son importantes as sondas espaciais? Temos outros medios que complementen a funcióndas sondas espaciais?

• Se a sonda Voyager 1 superou xa a distancia duns 19.000 millóns de quilómetros do Sol, estadistancia é maior ou menor que un ano luz? A cantas unidades astronómicas equivale?

• Que corpos celestes hai dentro do Sistema Solar que acaba de abandonar a sonda?

• Se xa non está no Sistema Solar, en que lugar do Universo se localiza a sonda?

• Explica coas túas palabras como se orixinou o Universo segundo a teoría máis aceptada.

Se queres aprender un pouco máis sobre Voyager 1 visita esta ligazón (https://elpais.com/elpais/2017/08/15/

ciencia/1502799787_634979.html).

Page 37: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

37——

GlosarioAstronomíaCiencia que estuda o Universo e os elementos que o forman.

Corpo celesteCada un dos obxectos extensos que forman parte do Universo.

Forza da gravidadeA materia, formada por átomos, interactúa de maneira que se atrae entre si. Canta máismateria teña un obxecto maior será esta forza de atracción. Tamén inflúe a distancia áque se sitúan os obxectos: canto máis cerca estean uns doutros máis se atraerán.

A esta forza de atracción chámaselle forza da gravidade. É responsable, por exemplo, deque unha mazá sexa atraída por un obxecto enorme como a Terra, por iso se soltamosunha mazá caerá ao chan.

MagnetosferaRexión ao redor dun planeta na que se percibe a influencia do campo magnético deste.A magnetosfera pode desviar a maior parte do vento solar, polo que constitúe un escudoprotector fronte ás partículas deste.

OrbitarMovemento dun corpo ao redor dun corpo celeste debido á acción da gravidade. Atraxectoria que se describe durante este movemento denomínase órbita.

Planisferio celesteCarta na que se representan as estrelas. Está formada por dous discos: un inferior, noque se debuxan as estrelas, e outro superior, opaco, cunha abertura ovalada. O discosuperior pódese xirar de modo que se mostre só a porción de ceo visible nun momentodado.

Autoría: Diegorodriguez (https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Planisferius.jpg)

Page 38: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

38——

RadiaciónCerto tipo de enerxía ou partículas que se propagan a través do espazo. Existendiferentes tipos de radiación, como a luz, os raios X...

RotaciónMovemento dun corpo sobre si mesmo de forma que vai cambiando de posición conrespecto ao eixe de rotación, que se mantén fixo.

Satélite artificialNave espacial que se envía ao espazo para orbitar planetas ou satélites. Lanzainformación que nos resulta de interese para estudar estes corpos celestes. Despois dasúa vida útil pode quedar orbitando como lixo espacial.

Sonda espacialDispositivo fabricado polo ser humano que se envía a diferentes lugares do SistemaSolar para estudar os corpos celestes que o forman.

SublimaciónProceso mediante o que unha substancia sólida pasa directamente a estado gasoso, senpasar polo estado líquido.

TranslaciónMovemento dun corpo celeste ao redor dunha estrela, no caso do Sistema Solar, o Sol.

LigazónsAxencia Europea Espacial (ESA) (http://www.esa.int/esaKIDSen/OurUniverse.html)

Novas galaxias (http://www.uniovi.es/-/nuevas-galaxias)

Solar System Scope (http://www.solarsystemscope.com/old/)

'Makemake, o planeta anano diferente' (http://www.abc.es/ciencia/20121121/abci-makemake-planeta-enano-desvela-201211211319.html)

'Atopan un novo planeta anano, o membro máis afastado do SistemaSolar' (http://www.abc.es/ciencia/20140326/abci-hallan-nuevo-planeta-enano-201403261843.html)

Créditos© Netex Knowledge Factory S.A. 2019 (http://www.netexlearning.com/editoriales/)

Page 39: Bioloxía e Xeoloxía 1. O Universo e o Sistema Solar · Ao longo do curso realizaremos diferentes proxectos relacionados con outras asignaturas por un nexo común. O nexo de unión

39——

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial destapublicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma oupor calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen opermiso previo e por escrito dos titulares do copyright.Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezosURL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estescontidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.Autora dos contidos: María Jesús Blanco Vázquez.Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.Revisor técnico: Santiago Montero Vilar.Cuarta edición: setembro de 2019.