4
Desde o comezo do presente mandato municipal, o BNG de Noia ostenta, den- tro do Goberno Local de coalición, entre outras, a concellería de Urbanismo, Vi- venda e Solo. Partindo deste cometido no seno do goberno do concello, impli- cámonos de xeito responsable en sacar adiante todo o relativo a dita concellería, e concretamente a impulsar os traballos de redacción do Plan Xeral de Ordena- ción Municipal. Estes días acaba de rematar o período de exposición pública do mesmo, logo da aprobación inicial acordada no pleno celebrado o 28 de xuño, espazo tempo- ral este, dedicado a atender e explicar a toda a cidadanía, o contido e alcance do que se estaba a expoñer, e onde tanto o equipo redactor como o persoal munici- pal, asignado a esta tarefa, axudou á ela- boración das alegacións a quen así o de- mandaba. Como queira que desde determinados ámbitos da vida local, incluídos aqueles aos que se lle supón unha concepción do feito urbanístico e da planificación do territorio, progresista, ortodoxa e de de- fensa do interese xeral, desatouse un debate parcial e descualificador do do- cumento sometido a estudo (a posición do Partido Popular, sobre este particu- lar, non se pode máis que cualificar de vergoñenta, xa que se dedicou a verter mentiras e desinformación sobre o asunto que nos ocupa, a maiores de le- var con eles, ás charlas informativas, a un asesor urbanístico que logo lle co- brou a cada veciño pola realización das alegacións efectuadas), imos lembrar cales son as metas dun Plan Xeral: obter unha ordenación racional do solo, evi- tando ocupacións e usos con excesiva intensidade; conseguir uns estándares axeitados de equipamentos ao servizo da colectividade, así como unha rede de espazos libres e zonas verdes que ga- rantan unha calidade de vida digna; aca- dar unha boa proporción entre solo pú- Bloque Noia A subela Número 13. III Etapa / Outubro 2013 A Fidel Diéguez Díez. In memoriam Un Plan Xeral de Urbanismo para toda a cidadanía de Noia A posición do Partido Popular, sobre este particular, non se pode máis que cualificar de vergoñenta, xa que se dedicou a verter mentiras e desinformación sobre o asunto que nos ocupa. www.bng-galiza.org www.bng-noia.org Unha ordenación pensada para o futuro e onde os veciños e veciñas poidan gozar dunha calidade de vida merecente dos tempos que vivimos. Detalle do plano onde aparece recollida a estrutura da propiedade

Bloque - BNG de Noianoia.bng.gal/media/bngnoia/files/2015/02/18/Subela_13.pdf · 2016. 8. 25. · adquisición da actual Casa da Cultura, ampliación e consolidación da zona de -

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Bloque - BNG de Noianoia.bng.gal/media/bngnoia/files/2015/02/18/Subela_13.pdf · 2016. 8. 25. · adquisición da actual Casa da Cultura, ampliación e consolidación da zona de -

Desde o comezo do presente mandatomunicipal, o BNG de Noia ostenta, den-tro do Goberno Local de coalición, entreoutras, a concellería de Urbanismo, Vi-venda e Solo. Partindo deste cometidono seno do goberno do concello, impli-cámonos de xeito responsable en sacaradiante todo o relativo a dita concellería,e concretamente a impulsar os traballosde redacción do Plan Xeral de Ordena-ción Municipal.Estes días acaba de rematar o períodode exposición pública do mesmo, logoda aprobación inicial acordada no plenocelebrado o 28 de xuño, espazo tempo-

ral este, dedicado a atender e explicar atoda a cidadanía, o contido e alcance doque se estaba a expoñer, e onde tanto oequipo redactor como o persoal munici-pal, asignado a esta tarefa, axudou á ela-boración das alegacións a quen así o de-mandaba. Como queira que desde determinadosámbitos da vida local, incluídos aquelesaos que se lle supón unha concepcióndo feito urbanístico e da planificación doterritorio, progresista, ortodoxa e de de-fensa do interese xeral, desatouse undebate parcial e descualificador do do-cumento sometido a estudo (a posicióndo Partido Popular, sobre este particu-lar, non se pode máis que cualificar devergoñenta, xa que se dedicou a vertermentiras e desinformación sobre oasunto que nos ocupa, a maiores de le-var con eles, ás charlas informativas, aun asesor urbanístico que logo lle co-

brou a cada veciño pola realización dasalegacións efectuadas), imos lembrarcales son as metas dun Plan Xeral: obterunha ordenación racional do solo, evi-tando ocupacións e usos con excesivaintensidade; conseguir uns estándaresaxeitados de equipamentos ao servizoda colectividade, así como unha rede deespazos libres e zonas verdes que ga-rantan unha calidade de vida digna; aca-dar unha boa proporción entre solo pú-

BloqueNoiaA subela

Número 13. III Etapa / Outubro 2013

A Fidel Diéguez Díez. In memoriam

Un Plan Xeral de Urbanismopara toda a cidadanía de Noia

“A posición do PartidoPopular, sobre este

particular, non se podemáis que cualificar devergoñenta, xa que se

dedicou a verter mentirase desinformación sobre oasunto que nos ocupa.

www.bng-galiza.orgwww.bng-noia.org

“Unha ordenación

pensada para o futuro eonde os veciños eveciñas poidan gozardunha calidade de vidamerecente dos temposque vivimos.

Detalle do plano onde aparece recollida a estrutura da propiedade

Page 2: Bloque - BNG de Noianoia.bng.gal/media/bngnoia/files/2015/02/18/Subela_13.pdf · 2016. 8. 25. · adquisición da actual Casa da Cultura, ampliación e consolidación da zona de -

2

blico e solo privado; facilitar un repartoequitativo de cargas e beneficios entre apropiedade concernida pola ordenaciónproposta e, por último, definir as necesi-dades de novas infraestructuras viarias. No caso de Noia, a maiores, o Plan Xeralten como obxectivo principal, o de man-ter e incrementar a nosa posición nocontexto da ría, é dicir, que a condiciónde cabeceira de comarca se reforce apartir das determinacións que o PXOMleva incorporadas. Para isto establécen-se ámbitos onde poder situar no futuronovas instalacións deportivas e cultu-rais (nova Cidade Deportiva, Museo doMar, ampliación do Piscina Municipal,adquisición da actual Casa da Cultura,ampliación e consolidación da zona de-portiva da Igrexa, na parroquia de Roo,dotacións deportivas tamén no lugar deBoa, etc.); zonas onde poder encaixar asposibles demandas de tipo comercialque veñan a complementar as que dexeito histórico xa temos no municipio;outras, destinadas a usos hoteleiros quefagan posible o incremento desta activi-dade coa construción dalgún establece-mento emblemático, con novas de hos-pedaxe rural e incluso a implantacióndoutras con carácter de acampada. Ta-mén o emprazamento dun novo e máisamplo centro de saúde, no barrio de SanLázaro, contémplase na nova ordena-ción prevista. Fica establecida a situa-ción da futura Escola Infantil, compro-miso ineludible coa primeira infancia.Desde o punto de vista da comunicacióninterna do municipio, deséñanse novos

accesos a distintos lugares e parro-quias. Entre as novas propostas desta-can as que van a beneficiar ao barrio deA Barquiña, a saber: unha nova estradade comunicación desde o lugar de Orrocon desembocadura fronte ao colexiopúblico, e nova comunicación con Barropartindo da embocadura existente naCorredoiro do Ruso. Tamén se deseñannovos accesos a Vilar de Boa e Curral deOrro. No que atinxe ao casco urbano,proponse a construción do denominadoanel do Outonil, que comunicará no fu-turo o barrio de San Bernardo coa rúaCarcasía; así como unha nova pontepara vehículos que unirá o Malecón deCadarso co Malecón de San Lázaro, eoutra peonil que facilitará a relación en-tre o Campo das Rodas e este último ba-rrio. Tamén se contempla unha mellorano acceso á Estación de Autobuses.O Plan tamén plasma melloras relativasá rede de subministro de auga potable,así como ao remate do saneamento se-parativo que agora mesmo se está aconstruír na súa primeira fase (no apar-

tado relativo a estas accións están reco-llidas todas as conclusións do Plan Di-rector de Abastecemento e Saneamentoelaborado na primeira parte do pasadomandato municipal a instancias do gru-po municipal do BNG). No relativo aos espazos libres e zonasverdes, o PXOM propón una serie de ac-tuacións conducentes a dar cumprimen-to aos estándares que sobre o particularestablece a actual Lei do Solo, desta ma-neira proponse: parque de A Rasa, cun-ha superficie de 25.000 metros cadra-dos, parque litoral Costa de Abruñeiras eRibeira de Barro, parque litoral Punta daBarquiña, zona verde na Devesa do Mar-qués, novo espazo libre en Boa (enribada ampliación do cemiterio parroquial),espazo libre na zona da praia de BoaGrande, espazo libre na ribeira de AChainza, parque de San Bernardo (nasribeiras do Río Traba), parque urbano nobarrio de San Lázaro, paseo fluvial doRío Traba (desde o malecón de San Lá-zaro, ata a Ponte de Traba), ampliacióndas áreas recreativas de litoral en PonteNafonso, espazo libre en San Paio, novocampo da festa na Igrexa de Roo, etc. En definitiva unha ordenación pensadapara o futuro e onde os veciños e veci-ñas poidan gozar dunha calidade de vidamerecente dos tempos que vivimos.Ao PXOM aínda lle resta un percorridointenso: primeiro coa análise da totali-dade das alegacións formuladas, logodándolle encaixe ás aceptadas e por últi-mo incorporando as conclusións dosdistintos informes emitidos polas admi-nistracións sectoriais que inciden sobrea ordenación do territorio. O BNG aportará, nesta nova fase, logodo debate aberto no seno da sociedadenoiesa, o seu punto de vista sobre caldebe ser o Documento de AprobaciónDefinitiva do Plan Xeral, en colaboraciónleal co resto do Goberno Local, e tendocomo guía unha ordenación urbanísticapensada no interese xeral.

“A maiores, o Plan

Xeral ten como obxectivoprincipal, o de manter eincrementar a nosaposición no contexto daría, é dicir, que acondición de cabeceirade comarca se reforce.

“Desde o punto de vista

da comunicación internado municipio, deséñansenovos accesos a distintoslugares e parroquias.

”Veciñanza consultando o PXOM no período da exposición pública

Page 3: Bloque - BNG de Noianoia.bng.gal/media/bngnoia/files/2015/02/18/Subela_13.pdf · 2016. 8. 25. · adquisición da actual Casa da Cultura, ampliación e consolidación da zona de -

3

Queremos concellos competentes.Non á supresión de servizos municipais

O PP pretende aprobar este ano unhareforma da Administración local. Sa-bes o que pode supor para os conce-llos galegos?O proxecto de reforma da Administra-ción local non ten en conta os criteriosda dispersión e o envellecemento da po-boación e elimina servizos públicos mu-nicipais básicos. A discriminación quexa sofren os concellos galegos na actua-lidade (son os que menos ingresan porhabitante) vai ser moito maior. Os con-cellos limitaranse a prestar servizoscomo subministro de auga ou a recolli-da de lixo e veciños e veciñas terán quepercorrer quilómetros para recibirenprestacións fundamentais, por riba pri-vatizadas. Por outra parte, a propostainvade as competencias da Xunta de Ga-liza e atenta contra a igualdade de opor-tunidades.

Cal é razón fundamental do Gobernopara levar adiante esta lei?O goberno do PP está obsesionado cocontrol do déficit para devolver as in-xentes cantidades de diñeiro destinadasa rescatar a banca. E fai todo isto sensubir impostos ás grandes fortunas ninás empresas multinacionais que teñengrandes beneficios.

Neste caso, imponse aos concellos a re-dución de servizos e de financiamentopara cumprir coas imposicións da UE eo FMI. Utiliza, para se xustificar, o falsoargumento da débeda, cando dos datosda débeda pública do Estado o que sedesprende é que a que se pode imputaraos concellos é unha porcentaxe moipequena. Ademais, desa cantidade, acuarta parte corresponde a un únicoconcello, o de Madrid.

Que papel xogarán na reforma as de-putacións?As deputación son as grandes beneficia-rias da reforma. Verán reforzado o seupapel, asumirán as competencias demoitos concellos para continuar a súapolítica caciquil, e dar negocio ás em-presas amigas. Os concellos de menosde 20 000 habitantes non terán capaci-dade para impulsar programas e activi-dades a favor da inmensa maioría da po-boación. Mais a intervención financeirado Estado está xa dificultando a todosos concellos a capacidade de pór enmarcha actividades e programas. Odano no medio rural pode provocarunha desertización total de grandes ex-tensións do territorio galego, mais osconcellos máis grandes tampouco severán libres das restricións. Alcaldes ealcaldesas terán que asumir as deci-sións que se tomarán noutras lugares.

Esta reforma fíxose co consenso dascomunidades ou dos concellos?Esta foi unha reforma realizada sen nin-gún consenso nin debate previo. É unhaimposición do PP. O BNG oponse a estareforma porque é un ataque á democra-cia, supón unha recentralización e unhaprivatización dos servizos que empeora-

“O BNG defende que hai competencias básicas que

deben estar ao alcance da poboaciónindependentemente do concello en que viva.

Page 4: Bloque - BNG de Noianoia.bng.gal/media/bngnoia/files/2015/02/18/Subela_13.pdf · 2016. 8. 25. · adquisición da actual Casa da Cultura, ampliación e consolidación da zona de -

rá as condicións de vida da maioría dapoboación.O PP foi preparando o terreo cando re-nuncia a se responsabilizar de moitasdas competencias da Xunta (prevenciónde lumes, atención e prevención de dro-gopedendencias...) e decide subvencio-nalas a través de caramelos envelena-dos de contratacións que acaban sendofinanciadas polos concellos cando nonlles corresponde.

Existen outras alternativas nestes tem-pos de duras condicións económicas?O BNG defende que hai competenciasbásicas que deben estar ao alcanceda poboación independentemente doconcello en que viva. Todas as persoastemos dereito á Educación, á Sanidade ea Servizos Sociais. Ademais dun bo fun-cionamento dos concellos, o BNG xulganecesario impulsar as comarcas paraaproveitar os recursos, conseguir uncrecemento equilibrado e sustentábel eprestar unha especial atención á dinami-zación dos sectores produtivos.Débese afrontar unha reforma que me-llore o funcionamento dos concellos, épreciso encarar xa con seriedade o seufinanciamento e desenvolver o pacto lo-cal galego, mais nun sentido moi con-trario ao que o PP está a impoñer.

Que consecuencias concretas tería asúa aplicación?Nos municipios con poboación infe-rior a 20 000 habitantes será a Depu-tación Provincial a que coordinará aprestación dos servizos: recollida de re-siduos, limpeza viaria, abastecementodomiciliario de auga potábel, acceso aosnúcleos de poboación, pavimentacióndas vías e tratamento de residuos.

A Reforma neste ámbito non podemosseparala da posta en marcha das áreasde xestión integradas no ámbito sanita-rio, ou da supresión dos partidos xudi-ciais agás os das cidades ou do baleira-do de competencias ás delegacións deFacenda nas vilas, propostas todas quevan na dirección de concentrar servizosnas capitais de provincia co que signifi-ca no ideolóxico de reforzamento destacomo eixo do estado unitario mais ta-mén de estabelecer cidadáns e cidadásde primeira e segunda.Podemos pór como exemplo as acti-vidades culturais e deportivas, com-petencias propias dos concellos, maisnaqueles de menos de 20.000 habitan-tes se non se autofinancian o concelloterá que proceder ou a entregárllelas auna empresa privada ou a deixar de des-envolvelas.

No caso das residencias da Terceira Ida-de ou dos centros de día, competenciasda Xunta de Galiza, os concellos de me-nos de 20.000 habitantes non poderáncontar coa dotacións deste tipo de titula-ridade municipal agás que non dea per-das, algo que non é posíbel en ningúnservizo social que por definición é defici-tario, o que vai provocar que os maioresque non teñan recursos para pagar ocentro que pasará a mans privadas teránque abandonar o seu hábitat e trasladar-se a un concello de máis de 20.000.Os concellos contan en ocasións conempresas públicas particularmente paraa xestión turística. Coa nova norma nin-gún concello de menos de 20.000 habi-tantes poderá contar ou participar deempresas que dean perdas fronte aos demáis que si que poden. Non hai dúbidaque isto é un agravio para os de menosde 20.000 e afonda na fenda territorial,sobre todo en actividades como o turis-mo.

“O goberno do PP está

obsesionado co controldo déficit para devolveras inxentes cantidadesde diñeiro destinadas arescatar a banca.

“O BNG oponse a esta

reforma porque é unataque á democracia esupón unharecentralización dosservizos que empeoraráas condicións de vida damaioría da poboación.

”Sofía Caamaño e Bieito González membros do grupo municipal do BNG