5
Por se vos interesa, para pasar as horas de máis calor, quero presentarvos algúns bos amigos que vos farán compaña mentres esperades a hora do baño. Estamos de vacacións!! Vou tomarme o xeado tumbado ao sol e ler un bo libro. QUE PASEDES UN BO VERÁN!!

Boas historias para este veran!!

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Libros de literatura infantil

Citation preview

Page 1: Boas historias para este veran!!

Por se vos interesa, para pasar as horas de máis calor, quero presentarvos algúns bos amigos que vos farán compaña mentres esperades a hora do baño.

Estamos de vacacións!!Vou tomarme o xeado

tumbado ao sol e ler un bo libro.

QUE PASEDES UN BO VERÁN!!

Page 2: Boas historias para este veran!!

Mamá, ¿de qué color son los besos?Elisenda

Queralt. IstImagical.(Imaginarium)Unha nai explica ao seu fillo que os bicos poden

ser de moitas cores:laranxas pola mañá, verdes

como a música, e ¿polas noites?Un álbum cheo

de tenrura para @s moi cariños@s.

Tú puedes! Ole Könnecke. Ed. Lóguez. Burt quere facer algo, pero parece perigoso, dálle medo. Pero é algo que lle apetece moito e todos confían nel. ¿Será capaz? Para superar os medos

Ranilda. Mar Pavón. Ed. OQO. Ranilda é unha ra moi feita pero a

ela non lle gusta o seu aspecto. Unha tarde o seu veciño, o

sapoconcho, decide gastarlle unha broma e a convence de que é un

príncipe encantado. Mais só poderá recobrar a súa verdadeira

aparencia se unha muller a bica. Ranilda marcha na procura do bico,

pero todas as mulleres que vai atopando son unhas

rabudas e ningunha está disposta a bicar unha ra.

Recreación do conto popular.

Os xenerais do Ulla. Pepe Carreiro. Ed. A Nosa

Terra. Os Bolechas veñen a coñecer o concello de

Teo! Da súa man podemos percorrer o noso concello e

descubrir algún lugar que aínda non coñeces.

Os mil brancos dos esquimós. Isabel Minhós Martins. Ed.

OQO

No Polo Norte vive un pequeno neno esquimó que nos

descubre que os esquimós son capaces de distinguir mil tons

de brancos, tan diferentes uns doutros, como o amarelo e o

azul. Branco pinga, branco folerpa, branco nube

Coas mans baleiras .Ana Tortosa & Cecilia

Varela. Ed. OQO

Alba debe facer un agasallo a un bo amigo

pero,...que? A ela ocórrenselle moitas cousas, pero

non é fácil decidirse cando se quere algo especial.

O embigo de Xanecas. Ramón Aragüés Ed. OQO. Este neno

descubre un día, mentres o bañan, o embigo e comeza a

preguntar para que serve. Cada membro da familia lle dará unha

resposta; pero cal será a verdadeira?

Colección Cabalo alado. Ed. Combel. Varios títulos con

sinxelas historias que encantan aos cativ@s.

Máis libros recomendados na nosa web

http://centros.edu.xunta.es/ceipdaramallosa/

DISFRUTADE DO VERÁN!!

No verán, á

tardiña,

cando cede

a calor,

un contiño

con xeado

sabe moito m

ellor

BIBLIOTECA CEIP A RAMALLOSABOLETÍN VERÁN 2010- INFANTIL

Page 3: Boas historias para este veran!!

Os petos de Loreto. Quentin Blake. Ed. Kalandraka. Loreto ten unha chea de petos. Que gardará no seu interior? Un relato rimado, rebordante de colorido, sobre un divertido personaxe que atesoura os obxectos máis inimaxinables.

Cama e conto. Gonzalo Moure. Ed. Xerais. Estas palabras encántanlle a moit@s nen@s para ir a durmir, pero e cando aprenden a ler,...¿que pasa?

Malvado conejito. Jeanne Willis. Ed. Océano Travesía. Este fermoso álbum conta a historia dun coelliño chamado Copo de Algodón que un día decide fugarse de casa deixando unha carta para os seus pais onde lles comunica que se marcha a vivir ao vertedoiro de lixo cunha panda coñecida co “Coellos do Inferno” Os Bolechas en banda deseñada. Pepe Carreiro. A Nosa Terra. Para comezar a coñecer o mundo do cómic

O meu pequeno animalario. Baía Edicións. Libros informativos e entretidos para aprender sobre os animais (en galego)

Cada uno es especial. Cada cuerpo es diferente. Enma Damon. Intermón Oxfam. Esta serie conta as diferencias entre as persoas de maneira sinxela e co apoio de moita ilustración e lingüetas informativas.

DISFRUTADE DO VERÁN!!

Josefina al acecho. Steffensmeirer, Alexander. Ed. Anaya Josefina é unha vaca diferente. O que máis lle gusta é agocharse cada día nun lugar distinto da granxa para darlle un susto ao carteiro. O pobre remata desquiciado e decide deixar o traballo; e agora quen

repartirá o correo. Divertido.

O porquiño. Arnold Lobel. Ed. Kalandraka. Este era un porquiño feliz no seu cortello cunha boa lameira onde emporcarse. Pero un día a granxeira decidiu facer limpeza na granxa, e tanta fixo que ata lle quitou a súa lameira. Aquilo non se podía aguantar. marcho para a cidade pero...alí a súa desgraza foi peor.

Serie Vamos a la granja. Hannah Ray. Texto Editores. Para coñecer aos animais da granxa con información, ilustracións, xogos de curiosidade.

Se vende mamá. Care Santos. Ed. SM. Óscar é un neno de oito anos que descubre que a súa mamá non é perfecta, ¡ten defectos! Quizais sexa mellor vendela.

CEIP A RAMALLOSAVERÁN 2010 // 1º CICLO

Como xa sabedes ler, un libriño despois do

baño, para non o esquecer.

Page 4: Boas historias para este veran!!

Valados. Agustín Fdez Paz. Ed.Xerais. Nin os valados máis altos do mundo poderán separar aos amigos.

Mi hermano el genio. Rodrigo Muñoz Avia. Para Lola non é fácil convivir cun xenio da música, o seu irmán. Premio Edebé 2010.

Con la cabeza en otra parte. Andre bouchard. Combel. Un pai moi atarefado que perde a cabeza e agora como farán os fillos para atopala. Álbum moi divertido.

James y el melocotón gigante. Roald Dahl. Ed. Alfaguara.Cando James pensa que non pode ser máis infeliz, un homiño regálalle algo que lle vai a cambiar a vida. Pero perde o regalo. Sen embargo, a súa vida dará un gran xiro porque un melocotón xigante crecerá no seu xardín e convertiráse no veículo para viaxar na procura da felicidade. Unha tola aventura que remetará en Nova York.

“LER PARA VIVIR,VIVIR PARA SOÑAR”

Le, vive e soñaeste verán!!

VERÁN

2010

CEIP A RAMALLOSABOLETÍN 2º ciclo

El gato al que le gustaba la lluvia. Henning Mankell. Ed. Siruela. Un regalo de cumpreanos inesperado e emocionante cambia a vida de Lukas aos seis anos. Chámase Noche e convértese en compañeiro inseparable do pequeno. Tanto que, cando desaparece un día sen deixar rastro, Lukas terá que aprender a vivir de novo.

Un furacán chamado Otilia. Victor Raga.Ed. Xerais. Explora a atmosfera co señor Viramontañas.

El bastón Azul/ La caja azul. Chiona Chmielewska. Ed. Océano. Dúas historias que empezan por ambos extremos do libro e se entrecruzan no medio. Moi curioso

La vuelta al mundo en ochenta días. Gerónimo Stilton. Ed. Destino. Recreación da clásica novela de Xulio Verne contada coa compaña de Gerónimo S. Achegarse a un clásico.

Buenísimo, Natacha. Luis Pescetti. Ed. alfaguara. Levar un negocio de escribir cartas de amor e decoralas a módico pecio pode ser rentable pero cando aparecen as confusións e os erros pode ser grave tratándose de amor... Humor

Basurarte. Crear, divertirse y reciclar. Gusti. Ed. Océano. Reciclar o lixo con manualidades artísticas.

DISFRUTADE DO VERÁN!!

Page 5: Boas historias para este veran!!

A casa da luz. Xabier P. Docampo. Ed. Xerais. Uns rapaces traban amizade cun estraño vello da aldea, que lles irá

descubrindo moitos segredos.

Os escaravellos voan á tardiña. María Gripe. Ed.SM.Tres rapaces atopan unha cartas nunha casa deshabitada que lles levará a ir desvelando un misterio mediante pistas que van atopando. Atráparate ata o final.

O tempo das palabra en voz baixa. Anne Lise Grobéty. Ed. Xerais. Unha historia de amizade

que se fai máis forte nos tempos difíciles da represión nazi contra os xudeus. Emocionante.

Diario de un pardillo. Jordi Sierra i Fabra. Ed. Destino. Os pais de Mariano regálanlle un diario por Nadal. El decide escribir todo o que lle sucede durante un ano. Léndoo descubriremos a un rapaz á vez rebelde e obediente, despistado e intelixente, sensible e despiadado pero que, sobre todo, ten moito sentido do humor.

Rumbo Sur. Manuel L. Alonso. Ed. Edelvives. Unha viaxe insólita dunha nena co seu pai despois de anos quede separación. Premio Ala Delta.

El Señor de los Ladrones. Cornelia Funke. Ed. SiruelaA aventura de dous irmáns que chegan a Venencia escapando

dunha tía e se unen a unha banda de pequenos ladróns. Intrigante.

El arquitecto y el emperador de Arabia. Joan M. Gisbert. Ed. Edelvives Un poderoso emperador encarga un fabuloso xardín a un xenial arquitecto pero cando o ten rematado o encerra para que non constrúa outro mellor.

Tras los pasos de Charles Darwin. Jean-Baptiste Panafieu. Ed. Blume.Viaxarás co famoso naturalista a bordo do Eagle para percorrer as montañas e selvas de América do Sur. Unha viaxe fascinante que lle levou a defender a teoría da evolución.

DISFRUTADE DO VERÁN!!

O verán, tempo para descansar, para facer amigos, para disfrutar do sol, da praia ou piscina; pero non

esquezas levar contigo un bo libro.

CEIP A RAMALLOSABOLETÍN 3º CICLO

VERÁN 2010