15
IES Pintor Colmeiro 2011-2012 Boletín 2. As Ferreiras Estudo sociolingüístico do alumnado da ESO. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Estudo sociolingüístico do alumnado da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda para o curso 2011-2012

Citation preview

Page 1: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

IES Pintor Colmeiro

2011-2012

Boletín 2. As FerreirasEstudo sociolingüístico do alumnado da ESO.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Page 2: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

2 Boletín 2. As Ferreiras

O cuestionario realizouselle a todos os alumnos da ESO do IES Pintor Colmeiro

Ao restrinxirmos o noso estudo ao alumnado da ESO estamos tamén procurando establecer coa máxima fiabilidade posible que a súa procedencia sexa do concello de Silleda.

Antes de realizar este estudo sobre o uso das linguas no alumnado do IES Pintor Colmeiro, buscamos facer un retrato sociolingüístico de Silleda. Para iso recurrimos aos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Aínda que o IGE ten feito estudos máis recentes sobre aspectos sociolingüísticos (anos 2003 e 2008), os únicos datos accesibles no seu portal por concellos, están referidos ao ano 2001.

O galego en Silleda. IGE 2001

Page 3: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

3 Boletín 2. As Ferreiras

Os pais do alumnado da ESO do noso centro deberían atoparse no rango etario correspondente ao 2001 que aparece resaltado na táboa que presentamos aquí (de 15 a 44 anos). Dentro del indícase que usaban sempre o galego encol a un 90% . No caso de convivencia con familiares de maior idade, o uso desta lingua, nesta altura, veríase incrementado a porcentaxes superiores.

Na comparación cos resultados obtidos do cuestionario recollido no presente curso comprobamos que nestes 10 úlitimos anos houbo unha importante perda do uso do galego nas familias do alumnado da ESO.

Uso do galego en Silleda. IGE 2001

Sempre Ás veces Nunca

De 5 a 9 anos 86% 7% 6% De 10 a 14 anos 68% 5% 5% De 15 a 19 anos 88% 7% 5% De 20 a 24 anos 93% 7% 5% De 25 a 29 anos 87% 7% 6% De 30 a 34 anos 92% 7% 8% De 35 a 39 anos 91% 5% 4% De 40 a 44 anos 96% 4% 5% De 45 a 49 anos 93% 4% 3% De 50 a 54 anos 98% 3% 3% De 55 a 59 anos 95% 3% 3% De 60 a 64 anos 97% 1% 2% De 65 e máis anos 97% 2% 2%

Page 4: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

4 Boletín 2. As Ferreiras

Hai 7 alumnos de procedencia estranxeira. En todos os casos a lingua que falan na casa é a do seu país de orixe.

Polo demais, se comparamos estes datos cos do IGE-2001 observamos que o retrato social do uso do galego nas casas do noso alumnado da ESO está moito máis castelanizado que o que se nos ofrecía no ano 2001.

Se lle damos valores numéricos (de 1 a 5) ao resto das respostas (1=só castelán, 2= máis castelán, 3=igual, 4=máis galego, 5= só galego) obteríamos un valor medio de 3,81 para a lingua falada na casa do alumnado da ESO.

A lingua da familiaA lingua do alumnado

Page 5: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

5 Boletín 2. As Ferreiras

Podemos comprobar que a lingua dos rapaces na casa coincide coa que falan os seus familiares case de forma exacta.

Isto é así no caso dos estranxeiros que, na casa falan na súa totalidade na lingua de orixe.

Respecto do resto do alumnado obtemos de media 3,84. Con pequenas variacións, pouco significativas, os rapaces da ESO do IES Pintor Colmeiro usan a lingua ambiental familiar neste entorno.

Page 6: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

6 Boletín 2. As Ferreiras

Os monolingües en galego redúcense cando se trata dos aspecto de relación cos amigos. Este aspecto vése compensado co incremento dos que declaran un uso indistinto das dúas linguas polo que a media case non varía 3,86.

Poderíamos dicir que a relación coas amistades reduce os hábitos monolingües, máis destacados nun ambiente familiar. Basta comparar este gráfico co anterior para comprobarmos que nesta redúcese a desviación típica

Page 7: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

7 Boletín 2. As Ferreiras

A pregunta de ‘En que lingua escribes?’ estaba orientada ao uso espontáneo na escrita pois indicábanse como exemplos os mails, chats e notas. En consecuencia, non se trata dunha escrita formal.

Aínda que a media (3,71) volve a ser semellante á dos usos familiares e coas amistades, o incremento máis significativo é o dos que usan en exclusiva o castelán para a escrita.

Page 8: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

8 Boletín 2. As Ferreiras

A característica máis significativa da resposta a esta pregunta non é a media (3,41), senón a reducida desviación típica. Detéctase conformismo coa situación actual aínda que as discrepancias levan a unha valoración do alumnado cara un inconformismo inducido por unha apreciación dunha parte importante, 38,6%, de recibiren poucas clases en galego frente a só un 4,8% que as considera excesivas.

As valoracións dos alumnos

Page 9: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

9 Boletín 2. As Ferreiras

Neste caso tratábase de que o alumnado valorara o grao de acordo coa afirmación suficientemente constatada nos estudos sociolingüísticos de que ‘Está baixando o número de galeago-falantes entre a xente máis nova’

Aínda que a maioría concorda coa afirmación, tamén comprobamos que, alén dun importante grupo de indiferentes, hai un 16% do alumnado cunha percepción distorsionada da realidade.

A media da valoración numérica do grao de acordo coa cuestión proposta é de 2,16 que se correspondería cun grao de acordo bastante alto.

Page 10: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

10 Boletín 2. As Ferreiras

Otra vez a valoración do alumnado concorda coa frase proposta pois a media obtida é dun 1,97. Teñamos en conta que 2 significa ‘bastante acordo’.

Ante esta proposta obtívose o maior grao de indiferencia.

Page 11: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

11 Boletín 2. As Ferreiras

Presentamos as principais conclusións que se tiran dos resultados presentados nas páxinas anteriores.

Non perdemos de vista que este traballo está centrado únicamente nalgúns aspectos cuantitativos.

Estamos seguros de que de facermos unha análise cualitativa tamén se observarían fenómenos como o da diglosia ou a implantación de moitos prexuízos a respecto do galego, aspectos que teñen que estar no punto de mira dun Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

1ª.- Como coinciden os usos lingüísticos familiares cos dos alumnos, maioritariamente o alumnado emprega o galego no ámbito familiar, primeiro dos axentes de socialización . Pola contra tamén se evidencia unha importante diminución do uso do galego no concello respecto dos datos do IGE do 2001. Este feito tradúcese nunha inmediata redución de usos no alumnado do centro. 2ª.- Conforme o alumnado se alonxa do ámbito familiar, tamén se produce un abandono do uso do galego. Así, decrece o emprego da lingua galega nas relacións de amizade e á hora de escribir. Isto último fainos pensar nun uso parcializado do galego, no que este se atopa máis vencellado a un oral común, mentres que o castelán queda asociado ao ámbito académico. De aí tamén que maioritariamente consideren que as clases en galego son as xustas. 3ª.- Contraditoriamente, un maior número de alumnos está de acordo en que o numero de galego-falantes está baixando entre a xente máis nova, sen darse conta de que se eles só empregan o galego no ámbito familiar están contribuíndo a incrementar este suposto.

Conclusións

Page 12: Boletín 2. Estudo sociolingüístico. Curso 2011-12

12 Boletín 2. As Ferreiras

http://silledaasferreiras.blogspot.com/

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

IES Pintor Colmeiro

2011-2012