3
Actividades extraescolares e complementarias Boletín informativo das Actividades Complementarias e Extraescolares levadas a cabo durante o segundo trimestre 1. COMPLEMENTARIAS Durante o segundo trimestre, todo o alumnado do centro participou nas seguintes actividades complementarias: SEMANA DA PAZ: O vestíbulo do centro encheuse de desexos de paz en forma de corazón, un por cada boneco que representou a cada persoa da comunidade educativa. Igualmente, houbo espazo para o abecedario da paz e a columna das palabras, que recolleu os intereses de todos. SESIÓNS DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS: En tres ocasións os alumnos axudaron a aprender a outros alumnos, nun acto de participación e protagonismo: OS DINOSAURIOS: O alumnado de terceiro contou o que aprendeu sobre este tema. (Ver enlace ) OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS: O alumnado de sexto explicou o funcionamento dun circuíto eléctrico co uso de maquetas por eles construídas. ( Ver enlace ) AS CASAS DAS NOSAS VILAS: O alumnado de cuarto presentou as maquetas das súas casas, coa historia que as habita. ( Ver enlace ) CELEBRACIÓN DO ENTROIDO: Para a mesma, todo o centro participou no desfile e degustación de sobremesas típicas, disfrazados de hippies, rockeiros ou naturistas. (Ver Boletíns informativos trimestrais

BOLETÍN AAEE 2º TRIMESTRE

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Boletín informativo das actividades levadas a cabo durante o segundo trimestre.

Citation preview

Page 1: BOLETÍN AAEE 2º TRIMESTRE

Actividades extraescolares e complementarias

Boletín informativo das Actividades Complementarias e Extraescolares levadas a cabo durante o segundo

trimestre1. COMPLEMENTARIAS

Durante o segundo trimestre, todo o alumnado do centro participou nas seguintes actividades complementarias:

SEMANA DA PAZ: O vestíbulo do centro encheuse de desexos de paz en forma de corazón, un por cada boneco que representou a cada persoa da comunidade educativa. Igualmente, houbo espazo para o abecedario da paz e a columna das palabras, que recolleu os intereses de todos.

SESIÓNS DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS: En tres ocasións os alumnos axudaron a aprender a outros alumnos, nun acto de participación e protagonismo:

OS DINOSAURIOS: O alumnado de terceiro contou o que aprendeu sobre este tema. (Ver enlace)OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS: O alumnado de sexto explicou o funcionamento dun circuíto eléctrico co uso de maquetas por eles construídas. (Ver enlace)AS CASAS DAS NOSAS VILAS: O alumnado de cuarto presentou as maquetas das súas casas, coa historia que as habita. (Ver enlace)

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO: Para a mesma, todo o centro participou no desfile e degustación de sobremesas típicas, disfrazados de hippies, rockeiros ou naturistas. (Ver

Boletíns informativos trimestrais

Page 2: BOLETÍN AAEE 2º TRIMESTRE

Actividades extraescolares e complementarias

enlace)

DECORACIÓN DE PRIMAVERA: Elaborada coa participación de todo o alumnado, a decoración de primavera dá un novo aspecto ao noso centro, aínda en elaboración, permitirá incluír máis propostas plásticas para o inicio do terceiro trimestre. (Ver enlace)

A SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA: A última semana antes das vacacións de Semana Santa celebramos esta semana, coa plantación de catro árbores no patio, a preparación de macetas e a inauguración dunha exposición con libros sobre árbores. Rematou coa visita do Presidente da Deputación de Lugo para coñecer o noso esforzo. (Ver enlace). Estas liñas de traballo continuarán para o terceiro trimestre coas seguintes actividades: nomear as árbores e rotular os seus nomes, organizar as macetas sementadas en diferentes espazos do centro e continuar coa exposición de libros ata a Semana do Libro, en abril, utilizando os novos materiais chegados desde a Deputación de Lugo.

Houbo, tamén, algunhas actividades para ciclos/cursos:

CHARLA SOBRE A PAC: Para o alumnado de terceiro ciclo, como parte dunha reflexión maior sobre a política agraria, un dos medios de subsistencia da zona. (Enlace)

CHARLA SOBRE SEGURIDADE E INTERNET: Para a celebración do día internacional para a Seguridade en Internet, contamos coa presencia dun representante da Garda Civil que nos falou dos riscos existentes na rede. Asisitiron a esta actividade os alumnos de 4º, 5º e 6º. (Enlace)

2. EXTRAESCOLARES

A curta duración do segundo trimestre e a previsión dun tempo menos adecuado é a explicación de que non houbese saídas do alumnado, estando programadas varias para o

Boletíns informativos trimestrais

Page 3: BOLETÍN AAEE 2º TRIMESTRE

Actividades extraescolares e complementarias

próximo.

3. EN RELACIÓN CO PLAN PROXECTA Certamente, o Plan Proxecta recolle todas as liñas de traballo anteriormente expostas, nos seus diferentes programas: A21EG, 12M12P e Proxecto Terra.Ademais, temos unha liña de traballo transversal para todo o centro que é o Despoboamento da Bisbarra, que está a incluírse nos curricula dos distintos cursos. Este traballo foi destacado na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. (Ver enlace). Ata agora, varios foron os achegamentos feitos (ver enlace), todos eles en aberto, con durabilidade para o próximo trimestre.

4. PARA O PRÓXIMO TRIMESTRE

Liñas de traballo iniciadas para o próximo trimestre son as citadas na Semana da Árbore, e as iniciadas para o estudo do Despoboamento da Bisbarra. Alén diso: a Exposición Fotográfica de Lugares Despoboados nas parroquias dos nosos alumnos, que conta coa colaboración das familias, que xa comezaron a enviar arquivos.

RECORDA QUE ESTE BOLETÍN E O BLOGUE DO PLANPROXECTA precisan da túa colaboración. Cóntanos o que

fas e contribúe a construir este espazo común.

Boletíns informativos trimestrais