6
BOLETÍN INFORMATIVO Nº 3 – DECEMBRO 2012 SÉGUENSE SUMANDO NOVAS SOCIAS E SOCIOS AO BANCO DO TEMPO! Actualmente o Banco do Tempo conta con 37 membros (32 mulleres e 5 homes). Este mes damos a benvida a: PRÓXIMA ACTIVIDADE Clase de zumba A zumba é unha mestura de bailes latinos con música internacional e movementos aeróbicos. A actividade consiste nun intercambio de servizos grupal, impartida pola socia Priscila, profesora de baile. Será o martes 11 de decembro das 18.30 ás 19.30 horas no Teatro. Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade (Albert Einstein) Decembro 11 Priscila, Otilia , Carmela, Marisa, Mª Carmen, Isabel, Patricia, Juli, Rachael, Carol, Vanesa e Adolfo

BOLETÍN INFORMATIVO Nº 3 – DECEMBRO 2012 n3_decembro 2012.pdf · Sesión de relaxación O 16 de novembro tivo lugar na sala de exposicións do Teatro outro intercambio grupal

Embed Size (px)

Citation preview

BOLETÍN INFORMATIVO Nº 3 – DECEMBRO 2012

SÉGUENSE SUMANDO NOVAS SOCIAS E SOCIOS AO BANCO DO TEMPO!

Actualmente o Banco do Tempo conta con 37 membros (32 mulleres e 5 homes).

Este mes damos a benvida a:

PRÓXIMA ACTIVIDADE

Clase de zumba

A zumba é unha mestura de bailes latinos con música internacional e movementos aeróbicos.

A actividade consiste nun intercambio de servizos grupal, impartida pola socia Priscila, profesora de baile.

Será o martes 11 de decembro das 18.30 ás 19.30 horas no Teatro.

Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade

(Albert Einstein)

Decembro

11

Priscila, Otilia , Carmela, Marisa,

Mª Carmen, Isabel, Patricia, Juli,

Rachael, Carol, Vanesa e Adolfo

ACTIVIDADES REALIZADAS

Obradoiro “Aprendendo a reutilizar”

O pasado día 8 de novembro realizouse nas Aulas Ocupacionais Municipais un intercambio grupal que consistiu nun obradoiro de manualidades para aprender a reutilizar. Foi impartido por Mariel, unha das socias que é profesora de artes plásticas.

Estas foron as creacións! Uns fermosos portamóbiles e soportes para esponxas elaborados a partir de botes de plástico:

Sesión de relaxación

O 16 de novembro tivo lugar na sala de exposicións do Teatro outro intercambio grupal que consistiu nunha sesión de relaxación impartida pola socia Sandra, educadora social con experiencia na materia.

Na sesión, ademais de aludir aos diferentes beneficios que posúe a relaxación, realizáronse diversos exercicios de respiración e relaxación de músculos que poden ser aplicados de xeito individual na casa, así como masaxes para eliminar tensións e un exercicio de visualización guiada.

Reunión de socias e socios

O pasado día 28 de novembro celebrouse a 3ª reunión de socias e socios do Banco do Tempo da Estrada na sala de exposicións do Teatro. Esta nova xuntanza supuxo unha oportunidade para fomentar o coñecemento entre todos os membros e tratar cuestións referidas ao funcionamento Banco do Tempo.

O BANCO DO TEMPO OPINA

Estas son algunhas das opinións sobre o Banco do Tempo dadas por algunhas das súas socias e socios. A través delas podes coñecer que aporta formar parte desta iniciativa!

“A mí el Banco del Tiempo me sirvió de mucho: conocí gente, me reí mucho, participé en cursos que, aparte de resultarme curiosos, me sacaron del sofá...”

“Participei en 3 intercambios grupales. Aportáronme momentos moi agradables e tiven a oportunidade de coñecer xente...”

“Participei en dous intercambios grupais e paseino moi ben. Apórtame a posibilidade de coñecer xente nova e saír da rutina diaria.Ademais, creo que é unha forma de decatarnos de que todos temos algo que aportar e, desta forma, valorar máis as nosas habilidades. Por outra banda, ao ser un grupo formado por xente tan diversa podemos participar en actividades moi variadas e iso aporta moita riqueza.”

“Para mí el banco del tiempo es bueno porque se intercambian actividades, te relacionas con distintas persoas (sin ser de nuestro círculo), se pueden ofrecer mis conocimientos para ayudar...”

“O Banco do Tempo apórtame poder coñecer xente, facer novas amizades, compartir os coñecementos de cada un e aprender dos demais.”

CATÁLOGO DE SERVIZOS (30/11/2012)

Ofertas

Tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías:• Informática • Administración de redes

Educación e formación:• Alfabetización de adultos• Apoio escolar• Axuda para a ESO• Técnicas de estudo• Técnicas de busca de emprego• Educación vial/nocións de condución• Linguaxe administrativa• Lingua de signos• Idiomas

• Galego• Portugués• Catalán básico• Francés básico• Inglés• Conversas en inglés

Tarefas e reparacións domésticas:• Cociña• Arranxos de costura • Ensinar a facer arranxos de costura• Limpeza• Planchar• Albanelaría• Electricidade• Fontanaría• Mecánica• Pintura• Recollida de froita• Poda de viña e árbores• Axuda en tarefas da horta• Xardinaría• Arranxos florais• Facer leña• Desbrozar• Nocións de restauración de mobles• Nocións de tapizado• Coidados de animais

Actividades de lecer:• Actividades de monitorado• Andar en bici• Camiñar• Correr • Sendeirismo• Ximnasia para maiores• Artes marciais• Baile (moderno, salsa, zumba...)• Flamenco básico• Calceta• Ganchillo• Nocións básicas de bordar e tecer• Patchwork• Conversación• Xogar ás cartas• Manualidades• Confección de pulseras de chapas• Pintura artística• Debuxo

Labores de coidado e acompañamento:• Acompañamento e coidado de nenos/as• Levar nenos/as ao colexio• Acompañamento e coidado de persoas con

discapacidade• Acompañamento e coidado de maiores• Acompañamento de maiores ao médico• Acompañamentos en xeral• Asesoramento no coidado de persoas con

pouca mobilidade• Nocións básicas sobre coidados a persoas

dependentes (psicoloxía, comunicación, técnicas de modificación de conduta...)

Outros:• Traslados a Santiago• Asesoramento na compra de billetes de

viaxes• Asesoramento sobre estética • Maquillaxe (formación e servizo)• Body paint• Ir por medicinas á farmacia• Facer algún recado• Mediación en resolución de conflitos

Demandas

Tarefas relacionadas coas novas tecnoloxías:• Internet• Informática

Educación e formación:• Axuda para preparar a ESO• Técnicas de busca de emprego• Lingua de signos• Idiomas

• Castelán• Galego• Francés• Alemán básico• Idiomas agás inglés (vasco,

francés...)• Inglés básico• Inglés intermedio• Conversas en inglés

Tarefas e reparacións domésticas:• Cociña• Arranxos de costura • Aprender a coser• Albanelaría• Electricidade• Fontanaría• Pintura• Mecánica• Restauración de mobles, aparellos de

ferro...• Arranxos florais

Actividades de lecer:• Andar en bici• Camiñar• Sendeirismo• Ximnasia• Baile• Conversa• Fotografía• Flauta traveseira• Guitarra• Labores (calceta, ganchillo, bordado...)• Manualidades• Iniciación ao debuxo• Pintura artística• Risoterapia• Ioga• Taichi• Técnicas de defensa persoal• Artes marciais

Outros:• Traslados a Santiago• Coidado de nenos e maiores• Masaxes • Peluquería• Costumes e coñecementos da Estrada• Ir de compras• Aprender a maquillarse• Asesoramento sobre estética• Coaching persoal• Terapia emocional/autoestima

BANCO DO TEMPO DA ESTRADA

- Enderezo: Centro de Información ás Mulleres (CIM), 1º andar do Concello - Tlfo.: 986 59 01 51- Correo electrónico: [email protected]