6
CONCENTRACIÓN CONTRA O BLOQUEO DE PRAZAS NO CXT Nº 05 maio, 2011 BOLETÍN FETE UGT FETE UGT solidarízase co profesor expedientado 3 5 7 9 FETE UGT concentrouse en San Caetano para manifestar o rexeitamento aos recortes de prazas que a Consellería de Educación vai a facer no vindeiro concurso xeral de traslados A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN BLOQUEA 200 PRAZAS A TRAVÉS DO CONCURSO DE TRASLADOS POÑENDO EN PRÁCTICA UN NOVO RECORTE NA EDUCACIÓN EN GALICIA. No contexto actual de crise económica como o que vivimos FETE-UGT/Galicia reivin- dica o papel da Educación como un dos instru- mentos fundamentais para conseguir saír des- ta, e para iso hai que afondar nun novo mo- delo produtivo sostible; o emprego e a activi- dade económica nútren- se dun nivel educativo de calidade, que é a maior riqueza e o principal recurso dun país e da súa cidadanía. Para FETE-UGT/Galicia, o actual modelo de xestión á baixa da Consellería de Educación ameaza o mantemento dun dos alicerces básicos do noso Estado do Benestar, a Concentración en San Caetano ÍNDICE

Boletín Maio

Embed Size (px)

DESCRIPTION

boletin dixital maiio

Citation preview

Page 1: Boletín Maio

CONCENTRACIÓN CONTRA O BLOQUEO DE PRAZAS NO CXT Nº 05

maio, 2011

BOLETÍN FETE UGT

FETE UGT solidarízase co profesor expedientado

3

5

7

9

FETE UGT concentrouse en San Caetano para manifestar o rexeitamento aos recortes de prazas que a Consellería de Educación vai a facer no vindeiro concurso xeral de traslados

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN BLOQUEA 200 PRAZAS A TRAVÉS DO CONCURSO DE TRASLADOS POÑENDO EN PRÁCTICA

UN NOVO RECORTE NA EDUCACIÓN EN GALICIA.

No contexto actual de crise económica

como o que vivimos FETE-UGT/Galicia reivin-

dica o papel da Educación como un dos instru-

mentos fundamentais para conseguir saír des-

ta, e para iso hai que afondar nun novo mo-

delo produtivo sostible; o emprego e a activi-

dade económica nútren-

se dun nivel educativo de calidade, que é a maior riqueza e o

principal recurso dun país e da súa cidadanía.

Para FETE-UGT/Galicia, o actual modelo de xestión á

baixa da Consellería de Educación ameaza o mantemento

dun dos alicerces básicos do noso Estado do Benestar, a

Concentración en San Caetano

ÍNDICE

Page 2: Boletín Maio

Página 2 BOLETÍN FETE UGT

Educación, reducindo o orzamento en 2011 nun 6.6%.

Con este tipo de agresións ao ensi-

no, a Consellería esquece que existe un

ineludible dereito á Educación. A Educación

non é materia mercantil é un dereito. O

goberno galego amosa a súa total falta de

implicación no desenvolvemento dun siste-

ma educativo de calidade ao recortar o sa-

lario do profesorado, o seu poder adquisiti-

vo, a redución da reposición do emprego

público, e agora novamente leva a cabo un novo recorte podando 200 prazas a

través da supresión no concurso de tras-

lados.

Co obxectivo de converxer coa media eu-

ropea retrocédese, reducindo o gasto pú-

blico en relación ao Produto Interior Bru-

to; aumentar o gasto público total e o

gasto público por alumno debe ser

prioritario.

Unha vez máis facemos un cha-

mamento á Consellería de Educación

solicitándolle un cambio de rumbo nas

súas políticas. En tempo de crise é imprescindible priorizar.

A Educación non pode ser relegada é unha prioridade. A Consellería de Edu-

cación, con competencias plenas nesta materia, ten a obriga de ser o garante da

educación en Galicia.

Page 3: Boletín Maio

Página 3 BOLETÍN FETE UGT

FETE UGT solidarízase co director expedientado A Federación de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores de Galicia

(FETE-UGT/Galicia) solidarízase co profesor

Xosé Lois García Carballido que está sendo ob-

xecto dun expediente disciplinario que conside-

ramos inxusto.

Rexeitamos a actitude autoritaria da Conselle-

ría de Educación e Ordenación Universitaria e

amosamos o rexeitamento máis enérxico ante

unha medida inadecuada e innecesaria da ad-

ministración educativa galega.

OS FEITOS:

Lamentamos que ante unha situación de garantía da calidade do ensino nun institu-

to, se incoe un expediente a un director recentemente nomeado de xeito directo pola Con-

sellería, é en período de prácticas.

Os feitos que deron lugar á apertura

de expediente disciplinario son propios da

dinámica de preparación do curso, neste ca-

so do curso 2010-2011, no que ten que ver

co cupo de profesorado que lle pertence a

cada centro.

O director do IES Agra de Raíces de

Cee propúxolle á Inspección un número de

profesores e profesoras en consonancia co-

as necesidades do centro, organizando os grupos de alumnado de xeito similar ós cursos

anteriores e garantindo a máxima calidade do ensino neste centro.

A Inspección, nun papel unicamente supervisor e autoritario, amosa a disconformi-

dade coas necesidades de profesorado prantexadas para ese centro e ordena un recorte de

profesorado que complica a organización do centro e resta calidade no proceso de ensino-

aprendizaxe. Faino de maneira inconcreta e alegando unicamente que a dirección “debe

cumprir a lexislación vixente”.

É un feito obxectivo que este director está cumprindo a lexislación, dado que co

mesmo número de grupos e profesorado o curso anterior contaba con cinco profesores

máis.

Page 4: Boletín Maio

Nº 05 Página 4

En todo caso a Inspección na función

de colaboración e asesoramento debería con-

cretar a modificación correspondente de gru-

pos de alumnado, horario de profesorado,

etc. Función que non realizou.

Por outra banda, tamén se incoa expe-

diente disciplinario por propoñer para a Xefa-

tura de Estudos a unha profesora que non

ten destino definitivo no centro. En relación

con esta incidencia, temos que sinalar que a

lexislación prevé proposta de nomeamento para profesorado provisional, caso de ser nece-

sario e coa autorización da Consellería.

Neste caso a Inspección debera tomar medidas para corrixir o erro sen necesidade de ex-

pediente disciplinario, medida que non resulta necesaria ó noso entender.

SANCIÓN DESMESURADA:

Logo da instrución dos dous expedientes a Xosé Lois García Carballido, resulta san-

cionado cunha falta grave e outra leve. Pola primeira, suspéndese de funcións durante tres

meses e pola segunda comunícaselle un apercibimento.

A esta representación legal do pro-

fesorado preocúpalle que a este profesor

se lle impoña unha sanción grave, por un

precepto lexislativo tan atípico co-

mo:”falta de obediencia debida aos

superiores e autoridades” e “falta de

rendemento que afecte ó normal fun-

cionamento dos servizos”.

O nivel de preocupación desta orga-

nización sindical vai en aumento ó obser-

var como a Consellería de Educación “utiliza” á Inspección Técnica de Educación para levar

a cabo políticas restrictivas en materia de profesorado e de deterioro permanente da cali-

dade do ensino público.

FETE-UGT/Galicia insta á Consellería para que abandone este tipo de actitudes que

en nada colaboran para mellorar a direccións e a xestión dos centros escolares e anuncia

que recorrerá ós tribunais de xustiza para tratar de reconducir este tipo de medidas perse-

cutorias contra os equipos directivos de escolas e institutos.

Page 5: Boletín Maio

DOCENTES

LABORAIS

COMARCA CURSO HORAS DATAS

AROUSA MULTIMEDIA EN EDUCACIÓN 30

27/04/11 26/05/11

INGLÉS: USUARIO AVANZADO 30

18/07/11 29/07/11

FERROL COMPETENCIAS PROFESIONAIS PARA A XESTION DUN AULA DIXITAL 30

9/05/2011 25/05/2011

APLICACIÓN DA WEB.2 NOS CENTROS EDUCATIVOS 30

OCTUBRE

LEMOS SISTEMAS OPERATIVOS NAS TICS:WINDOWS, LINUX 30

6/05/2011 28/05/2011

PREVENCION DE RISCOS PSICOSOCIAIS: INTELIXENCIA EMOCIONAL 30

9/09/2011 24/09/2011

OURENSE REALIZACIÓN DE MATERIAIS DIDACTICOS A TRAVÉS DE FERRAMEN-TAS INFORMÁTICAS

30 4/05/2011 26/05/2011

PONTEVEDRA TICS NAS DISTINTAS ÁREAS EDUCATI-VAS:INFANTIL,PRIMARIA,SECUNDARIA,BACHERELATO,FP

30

24/05/2011 10/06/2011

REALIZACION DE MATERIAIS DIDÁCTICOS A TRAVÉS DE FERRAMEN-TAS INFORMÁTICAS

30 SEPTIEMBRE/OCTUBRE

SANTIAGO REALIZACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS A TRAVÉS DE FERRAMEN-TAS INFORMATICAS

30 ABRIL

VIGO

INTERNET APLICADA Á EDUCACIÓN 30 SEPTIEMBRE/OCTUBRE

MULTIMEDIA EN EDUCACIÓN 30

CORUÑA ATENCIÓN A DIVERSIDADE 30 SEPTIEMBRE/OCTUBRE

DANZAS POPULARES DO MUNDO IV 30 SEPTIEMBRE/OCTUBRE

COSTA LUGUESA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MANIPULACIÓN DE PRODUC-TOS

30 MAIO

COMARCA CURSO HORAS DATAS

SANTIAGO DEREITO LABORAL Y S.S. 30 Sep—oct

ERGONOMIA E AMBIENTE FÍSICO NO LUGAR DE TRABALLO 30 26/03/11 16/04/11

PREVENCION DE RISCOS LABORAIS E MANIPULACION DE PRODUC-TOS

30 Maio

VIGO PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES EN EL CENTRO EDUCATIVO 30 31/05/11 30/06/11

CURSOS TRABALLADORES ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Página 5 BOLETÍN FETE UGT

Page 6: Boletín Maio

FETE-UGT AROUSA Rúa Castelao 22, Baixo 36600 - Vilagarcía ( Pontevedra ) Tlf. 986 511 213 - Fax 986 510 520 E-mail: [email protected]

FETE-UGT A CORUÑA Avda. Fernández La Torre 27, 2º 15006 - A Coruña Tlf./Fax 981 247 875 E-mail: [email protected]

FETE-UGT COSTA LUGUESA García Doriga, Edificio INEM 3ª Planta 27850 - Viveiro ( Lugo ) Tlf. 982 550 016 - Fax 982 550 016 E-mail: [email protected]

FETE-UGT DEZA Baiuca, 7 36680 - A Estrada ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 573 223 E-mail: [email protected]

FETE-UGT FERROL Rúa do Carme, 43 – 45, 2º 15402 - Ferrol ( A Coruña ) Tlf./Fax 981 359 131 E-mail: [email protected]

FETE-UGT LEMOS Roberto Baamonde 29, Baixo 27400 - Monforte ( Lugo ) Tlf. 982 403 210 - Fax 982 402 498 E-mail: [email protected]

FETE-UGT LUGO Ronda da Muralla 58, 1º 27003 - Lugo Tlf. 982 221 854 - Fax 982 246 511 E-mail: [email protected]

FETE-UGT OURENSE Parque San Lázaro 12, 1º 32003 - Ourense Tlf./Fax 988 237 790 E-mail: [email protected]

FETE-UGT PONTEVEDRA Pasantería 1, 1º 36002 - Pontevedra Tlf. 986 858 413 - Fax 986 861 054 E-mail: [email protected]

FETE-UGT SANTIAGO Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º 15707 - Santiago ( A Coruña ) Tlf. 981 573 634 - Fax 981 575 033 E-Mail: [email protected]

FETE-UGT VALDEORRAS Praza do Concello 2, Baixo 32300 - O Barco ( Ourense ) Tlf. 988 682 744 - Fax 988 321 152 E-mail: [email protected]

FETE-UGT VIGO García Barbón 67 36201 - Vigo ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 220 812 E-mail: [email protected]