3
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS BOLETÍN INFORMATIVO DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES LEVADAS A CABO DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE 1, COMPLEMENTARIAS: Durante o primeiro trimestre, todo o alumnado do centro participou nas seguintes actividades: MAGOSTO: Actividade transversal que incluíu unha exposición de cabazas, decoración colaborativa, xogos tradicionais, degustación de castañas e unha charla alusiva ás tradicións en relación coa recollida e aproveitamento da castaña na zona. Recompiláronse traballos dos distintos cursos para a elaboración dun libro aberto sobre o magosto e o samaín. O alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou unha torta de castañas que se degustou no comedor escolar, e iniciouse a elaboración dun libro viaxeiro de recollida de receitas e sistemas de conservación da castaña, que aínda está a viaxar polos diferentes cursos para ser completado. Enlace á nova no blogue. CELEBRACIÓN CONXUNTA DOS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: O alumnado de terceiro ciclo preparou varias actividades para facer unha reflexión compartida con todo o centro sobre estes dous temas fundamentais na convivencia social, froito dunha cidadanía responsable. Durante unha semana, houbo un mural interactivo na entrada, para a concienciación e participación do alumnado. Alén diso, houbo actividades intraaula para o tratamento destes aspectos transversais da educación. Enlace á nova no blogue. CONMEMORACIÓN DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA: As actividades alusivas foron desenvoltas a nivel de aula, nesta ocasión. APERTURA DO PLAN TIC PARA ESTE CURSO: Coa elección democrática dunha mascota a partir dun concurso para todo o alumnado, iniciouse un novo plan TIC, que pretende dar un pulo á aula de informática, facéndoa máis cooperativa e aberta aos grupos. Iniciouse unha quenda de sesións de difusión dos proxectos e traballos elaborados por todos os grupos, que pretende ser periódica e nutrirse da participación de todos os compañeiros. Enlace á nova no blogue. Boletíns informativos trimestrais

Boletín primeiro trimestre

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Plan Proxecta no CEIP San Xoán. Primeiro trimestre

Citation preview

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

BOLETÍN INFORMATIVO DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES LEVADAS A

CABO DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE

1, COMPLEMENTARIAS:

Durante o primeiro trimestre, todo o alumnado do centro participou nas seguintes actividades:

• MAGOSTO: Actividade transversal que incluíu unha exposición de cabazas, decoración colaborativa, xogos tradicionais, degustación de castañas e unha charla alusiva ás tradicións en relación coa recollida e aproveitamento da castaña na zona. Recompiláronse traballos dos distintos cursos para a elaboración dun libro aberto sobre o magosto e o samaín. O alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou unha torta de castañas que se degustou no comedor escolar, e iniciouse a elaboración dun libro viaxeiro de recollida de receitas e sistemas de conservación da castaña, que aínda está a viaxar polos diferentes cursos para ser completado. Enlace á nova no blogue.

• CELEBRACIÓN CONXUNTA DOS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: O alumnado de terceiro ciclo preparou varias actividades para facer unha reflexión compartida con todo o centro sobre estes dous temas fundamentais na convivencia social, froito dunha cidadanía responsable. Durante unha semana, houbo un mural interactivo na entrada, para a concienciación e participación do alumnado. Alén diso, houbo actividades intraaula para o tratamento destes aspectos transversais da educación. Enlace á nova no blogue.

• CONMEMORACIÓN DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA: As actividades alusivas foron desenvoltas a nivel de aula, nesta ocasión.

• APERTURA DO PLAN TIC PARA ESTE CURSO: Coa elección democrática dunha mascota a partir dun concurso para todo o alumnado, iniciouse un novo plan TIC, que pretende dar un pulo á aula de informática, facéndoa máis cooperativa e aberta aos grupos. Iniciouse unha quenda de sesións de difusión dos proxectos e traballos elaborados por todos os grupos, que pretende ser periódica e nutrirse da participación de todos os compañeiros. Enlace á nova no blogue.

Boletíns informativos trimestrais

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

2, EXTRAESCOLARES

Os nosos alumnos tiveron a ocasión de viaxar fóra da escola para participar en distintas experiencias educativas, así:

• INFANTIL (5 anos) completou a súa aprendizaxe no proxecto que desenvolveron sobre peixes acudindo ao Acuario, na Coruña. Todo o alumnado de Educación Infantil acudiu ao Telecentro para poñerse en contacto mediante videoconferencia con Papá Noël.

• PRIMEIRO CICLO: Viaxou ata Lugo para participar nun obradoiro de fotografía.

• SEGUNDO CICLO: Viaxou ata Portomarín para visitar a vila, o encoro, unha fábrica de tixolos e unha granxa avícola.

• TERCEIRO CICLO: Visitou a sede do diario El Progreso e o Centro de Interpretación do Río, en Lugo

3, EN RELACIÓN CO PLAN PROXECTA

A participación no Plan Proxecta faise efectiva desde Novembro deste ano. Está dividida en tres proxectos concretos:

A Axenda 21 Escolar de Galicia, un proxecto medioambiental de participación do alumnado en liñas de traballo respectuosas co desenvolvemento sostible e o coñecemento da propia zona en que viven.12 Meses, 12 Paisaxes, de liña moi semellante ao anterior, pretende un coñecemento específico da paisaxe en que se encontra o centro educativo, coa participación do alumnado en traballos de campo e educación en valores ao respecto do contorno.Proxecto Terra: Este proxecto, do que temos os materiais por ciclos no centro desde hai varios cursos, pretende o coñecemento do contorno próximo e a valoración do mesmo en contraposición con outros contornos diferentes, igualmente valorables, pero distintos.

Agás o terceiro, con materiais específicos, estes proxectos non pretenden unha serie de actividades diferenciadas do que cada día facemos nas aulas, senón poñer en forma visible o que si facemos en relación cos temas que se mencionan. Así, aproveitáronse para os dous primeiros liñas de traballo desenvolvidas para todo o alumnado, como o respecto polas tradicións (Magosto e Nadal), a cooperación solidaria (tapóns de plástico), a participación democrática e a celebración de conmemoracións que nos fan mellores e máis comprometidos cidadáns... Por iso, o blogue do Plan Proxecta pretende medrar

Boletíns informativos trimestrais

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

con todas as iniciativas que cada grupo, ou todo o centro, realice neste sentido.

Respecto do Proxecto Terra, o grupo de 5º e parte do alumnado da aula PT, levan a cabo actividades coa utilización expresa do material específico do programa, incluíndo algunha saída na zona, como a visita a un souto ou a visita a un carpinteiro da vila.

PARA O PRÓXIMO TRIMESTRE:

O segundo trimestre ten como celebración estrela o Entroido, e hai conmemoracións importantes como o Día Mundial da non Violencia e o Día da Paz, en xaneiro, ou o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor ou a Semana da Prensa, en marzo.

Está pendente de acordo de claustro, tamén, unha iniciativa para a organización dunha exposición de fotografía a nivel de centro, sobre as zonas onde o alumnado vive, coa colaboración das familias, que entraría, de cheo, na programación do Plan Proxecta.

RECORDA QUE ESTE BOLETÍN E O BLOGUE DO PLAN PROXECTA precisan da túa colaboración. Cóntanos o que

fas e contribúe a construir este espazo común.

Boletíns informativos trimestrais