11
Xuventudes Socialistas de Compostela Julio 2011

Boletín Xullo 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

A actualidade de Santiago de Compostela dende a ollada das Xuventudes Socialistas de Compostela.

Citation preview

Page 1: Boletín Xullo 2011

Xuventudes Socialistas

de Compostela

Julio 2011

Page 2: Boletín Xullo 2011

Conde Roa e o cinismo Se falamos das principais preocupacións que afectan aos habitantes das cidades, unha delas é, de seguro, o medioambiente. Dende que se abriu a caixa de Pandora no ámbito climático as principais metas de tódalas cidades é a redución das emisións de gases contaminantes emitidos, fundamentalmente, polo tránsito urbano. A poboación galega está afectada considerablemente pola contaminación, expoñéndose a niveis medios anuais de concentración de partículas en suspensión no aire superior aos recomendados pola OMS. Non debemos esquecer que a concentración de partículas en suspensión no aire superior á recomendada relaciónase directamente con afeccións respiratorias e cardiovasculares e, a longo prazo, pode reducir a esperanza de vida entre varios meses ata dous anos. Ante este panorama, no que asociación como Verdegaia e Ecoloxistas en Acción, reclaman novas políticas destinadas á reducir á contaminación e mellorar a calidade medioambiental das nosas cidades, a agrupación compostelá do PSdG deseñou un plan de actuación no Parque das Brañas do Sar, converténdoo así nun gran pulmón que inxectaría osíxeno a nosa cidade, ademais dun perfecto escenario destinado a actividades deportivas.

Sen embargo, este proxecto, un dos máis ambiciosos a nivel nacional en materia de medioambiente e tan necesario para unha cidade Patrimonio da Humanidade, non lle gustou a Conde Roa. Así, o líder popular paralizouno alegando, curiosamente, razóns medioambientais. Unha mostra máis do cinismo deste político, pois resulta incoherente paralizar un proxecto destinado a mellorar a calidade do medioambiente de Compostela alegando ditos motivos, que algún día esperemos que se mostren máis extensos. Depende de nós, dos veciños de Compostela e dos socialistas compostelás, loitar para que este proxecto saia adiante, para que non quede nun mero debuxo e se poida facer realidade. Tamén, polo noso interese e saúde debemos insistir para que este proxecto non se esqueza, pero sobre todo para que outros, facendo gala da súa habitual confusión, se apropien e modifiquen unha labor que non lles pertence.

Adrián Ordóñez

Page 3: Boletín Xullo 2011

O látego constante do PP á cultura de Compostela

Hai un dito en política que di que por cortesía cando entra un novo goberno haille que dar 100 días de prazo de cortesía antes de empezar a valorar a súa xestión. O novo goberno municipal de Compostela tan só leva un mes, 30 días. Nestes días deille moitas voltas a este artigo, por un lado non quería saltarme esta máxima, pero por outro a gran maioría das decisións que ata este momento tomou o novo goberno preocúpanme, preocúpanme moito. A cultura en Compostela está a sufrir o látego constante dun goberno municipal ao que parece que lle preocupa moi pouco. A lingua galega, a nosa lingua, está a ser desprestixiada e ninguneada. A imaxe de Conde Roa, o 25 de Xullo, vestindo o traxe galego de gala, impactoume, recoñezo que cando o vin crin que algo ía cambiar e que por fin este goberno ía deixar de desprestixiar a nosa cultura, pero dúas horas despois de aparecer así vestido non tivo sequera a dignidade de pronunciar o discurso do concello en galego, era o día da Patria Galega e o noso alcalde non tivo a decencia de realizar o discurso na nosa lingua, está claro que parécelle pouco a lingua dos galegos e tense que expresar en castelán… ¿qué fará o Día de la Hispanidade?. Señor Conde Roa o hábito non fai o monxe. Este xesto, o de querer saír na prensa custe o que custe, recordoume ao xesto que tivo o ano pasado cando se presentou no pleno municipal cun cheque por valor de 7300€, cantidade que adebedaba á cidade... ata aquí todo ben, os fotógrafos sacáronlle as fotos oportunas e saíu en toda a prensa como se saldara a súa débeda con Compostela. Algo fora dos límites da lóxica,da razón ou mesmo das leis da física debeulle de acontecer o tan famoso cheque na súa viaxe desde o punto de posado ate o departamento da tesorería...¡¡¡Sorpresa¡¡¡ nunca se chegou a entregar, polo que o concello tivo que executar un aval para poder resarcirse da débeda. Pero non só a cultura está a ser maltratada, o ambicioso proxecto das Brañas de Sar paralizouse, o curioso é que o PP alega razóns medioambientais, cando se trata do proxecto medioambientalmente falando máis importante de Compostela. Nos Consellos de Administración non se respecta a proporcionalidade, tal e como indica a lei, creo que todos podemos comprender que 13 non é triplo de 9 e que 9 non é o mesmo que 3. Varios estudos independentes declaran que o aparcadoiro da praza de abastos é un proxecto inviable, non obstante Conde Roa promete picar aquí e alí e todo para chegar á conclusión á que chegaron os anteriores gobernos municipais... habería que preguntarse porqué. Señor Conde Roa, aínda está a tempo de rectificar.

Noemi Fernández

Page 4: Boletín Xullo 2011

JSE celebrou o seu Comité Federal coa presenza do candidato á presidencia do Goberno Alfredo Pérez Rubalcaba

Juventudes Socialistas de España (JSE) celebrou, o pasado sábado 23 de xullo, o seu Comité Federal coa presenza de Alfredo Pérez Rubalcaba. Durante o acto de apertura, no que participou o candidato, condenáronse os atentados acontecidos en Noruega, o día antes, que custaron a vida a setenta e seis persoas, entre os que se encontran sesenta e oito mozos pertencentes ás xuventudes laboristas. Ao longo da súa intervención Rubalcaba condenou o "atentado político" e todos os participantes no encontro homenaxearon as vítimas da "matanza espantosa -como a definiu Rubalcaba- de mozos socialdemócratas en Utoya" lucindo lazos brancos na solapa e gardando un minuto de silencio mentres se despregaba unha bandeira de Noruega en recordo dos falecidos.

Durante o encontro tamén houbo lugar para as propostas, sobre todo, para o emprego xuvenil. Neste sentido, Rubalcaba propuxo a elaboración dun catálogo que recolla os distintos tipos e situacións de desemprego xuvenil, para poder dar así respostas concretas a cada caso, e facelo mediante propostas "ambiciosas pero realistas", isto é, que se poidan financiar e levar a cabo. Ademais o candidato recordou na súa intervención cal vai ser o eixe político do proxecto que expoñerá aos españois e é: "que ninguén quede atrás". Unha frase que, recordou, é o lema das Juventudes Socialistas e do seu fundador Tomás Meabe. Rubalcaba finalizou o seu encontro cos mozos socialistas, que ademais, foi o primeiro que celebrou en Ferraz, respondendo ás preguntas que lle realizaron algúns membros de JSE. Tras o acto de apertura tivo lugar o Comité Federal onde os representantes de xuventudes socialistas de todo o país presentaron as súas propostas para ser debatidas co fin de levalas á Conferencia Política do PSOE que terá lugar en outono.

Juventudes Socialistas de España

Page 5: Boletín Xullo 2011

Xuventudes Socialistas de Compostela

condena os atentados de Oslo contra o

Goberno noruego e as Xuventudes Laboristas

A agrupación local de Compostela das Xuventudes Socialistas de Galicia quere expresar a súa máis rotunda condena aos atentados producidos en Oslo, na sede do Goberno noruego e na illa de Utoya, próxima á devandita cidade, durante o desenvolvemento dun campamento de verán das Xuventudes Laboristas. Dende Xuventudes Socialistas de Compostela queremos sumarnos ao sentimento xeneralizado da sociedade española de rexeitamento e condena do terrorismo, que esta vez ataca o pobo e as institucións noruegas como tantas outras veces o fixo contra o noso país. Sabemos que Juventudes Socialistas de España expresou, tanto por comunicación telefónica coma por telegrama a súa condolencia e solidariedade coas Xuventudes Laboristas de Noruega, organización irmá da Unión Internacional de Juventudes Socialistas, condenando o asasinato de setenta e seis dos seus membros no tiroteo que se perpetrou na illa de Utoya, durante o desenvolvemento dun acto político. Neste sentido, Juventudes Socialistas de España expresaron á nosa organización irmá en Noruega a total disposición dos mozos socialistas españois na loita contra o terrorismo, que unha vez máis, vén a demostrar a súa barbarie fronte aos que traballan diariamente por un mundo mellor e polo progreso e o entendemento dos pobos.

Page 6: Boletín Xullo 2011

JSE considera que a dimisión de Camps deixa en

intredito os principios políticos de Rajoy

Os mozos socialistas lamentan que Rajoy permitise que os valencianos votasen, nas

pasadas eleccións, a unha lista con membros corruptos declarados e outros

presuntos corruptos 'con moitas sombras'

Dende Juventudes Socialistas de España (JSE) consideran que a dimisión de Francisco Camps se fraguou nun contexto "turbio, escuro e retorcido como a propia trama Gurtel". Para a organización, o xa ex presidente da Generalitat, converteu a súa dimisión nunha historia rocambolesca "digna das mellores películas do Chicago de principios do século XX". Ademais, JSE considera que "a dimisión de Camps deixa en interdito os principios políticos de Rajoy". Os mozos socialistas lamentan que Rajoy permitise que os valencianos votasen, nas pasadas eleccións, a unha lista con membros corruptos declarados e outros presuntos corruptos 'con moitas sombras'. Feito que, para JSE, demostra que Rajoy sempre pensa mais no interese partidista que na dignidade da clase política" e, engaden, "que quen fai iso nin é político nin é digno para estar en política". Ademais a organización cre que hoxe é un bo día para recordar aquela frase que lle dedicou Rajoy a Camps na que aseguraba que "sempre estarei detrás de ti, ou diante ou a un lado" xa que, engaden, "quizais hoxe Rajoy debería seguir o mesmo camiño que Camps e dimitir por ser cómplice de que hoxe, en nome do partido popular, as institucións estean cheas de corruptos ou presuntos corruptos".

Juventudes Socialistas de España

Page 7: Boletín Xullo 2011

JSE afirma que a reforma da Lei de Protección da Infancia demostra que o Goberno segue mellorando os dereitos sociais

Para a organización con esta Lei os mozos e os menores en situación de desamparo encóntranse máis protexidos e teñen menos risco de desarraigamento. O Consello de Ministros aprobou o anteproxecto de Lei que reforma a regulación da protección da Infancia, que data de 1996. Un texto que, a xuízo dos profesionais, necesitaba unha revisión urxente porque, en ocasións, xeraba situacións de desamparo. Para JSE, “esta reforma demostra que o Goberno escoita os problemas da sociedade e lle achega solución”. “É máis - engaden dende a organización - con esta medida o goberno socialista demostra que a mellora dos dereitos sociais continúa sendo un obxectivo prioritario”. Entre as medidas do anteproxecto de Lei encóntrase a axilización dos trámites de adopción e acollida para evitar situacións de desamparo non só entre menores, senón tamén entre maiores de idade que, con esta reforma, poden ser adoptados. Unha novidade que para os mozos socialistas supón un avance na protección xa que “agora os mozos que sexan adoptados tras cumprir a maioría de idade teñen exactamente os mesmos dereitos que calquera outro fillo”. Ao que engaden que “algo tan simple como herdar non era posible coa Lei anterior xa que non permitía que os maiores de 18 anos fosen adoptados, polo que a reforma resolve esta situación”. Dende JSE asegúrase que “esta Lei supón un avance que beneficia a toda a sociedade pero sobre todo aos máis novos”. Ademais, afirman que “coa reforma se fai fincapé nun aspecto básico do Estado do Benestar, algo que afecta aos máis vulnerables, os menores, evitando situacións de desamparo, previndo situacións de risco e potenciando a acollida familiar fronte ao ingreso en centros de acollida, especialmente para os menores de 6 anos”. Neste sentido, os mozos socialistas aluden a que “o ámbito familiar é o ambiente máis favorable para o desenvolvemento de menores en situación de desamparo polo que con este anteproxecto se mellorará a situación familiar e con iso a vida de centos de menores do noso país”. Deste xeito evítanse constantes cambios de situacións e residencia do menor, que orixinan graves consecuencias emocionais aos nenos e nenas.

Por último, dende JSE recordan que “coa nova lexislación se unifican os procedementos e normativas para todas as Comunidades Autónomas, o que facilita a coordinación e o control de actuacións en materia de protección á infancia”.

Page 8: Boletín Xullo 2011

XSG apoia ós mestres As Xuventudes Socialistas de Galicia fixeron o Martes 28 de Xuño público o apoio a manifestación convocada por tódolos sindicatos docentes e que tivo lugar en Santiago de Compostela, en defensa da escola pública e en contra das agresións da Consellería de Educación, amparada polo propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. María Torres Pose, Secretaria Xeral das XSG salientou que “o conxunto de medidas que están a adoptar Feijóo e Vázquez atacan directamente a todo o conxunto da educación pública galega e non podemos permitir o desmantelamento do sistema educativo público a través da súa privatización.” E engadiu “O goberno do Partido Popular toma as decisións en materia educativa

de forma unilateral e iso repercute negativamente en toda a sociedade galega sendo síntoma de irresponsabilidade e improvisación.” Torres Pose quixo engadir que “dende que goberna a dereita en Galicia, temos menos financiación para o ensino público, menos profesorado, menos axudas, menos calidade, menos dereitos…” Juan Jesús Sánchez, Sº de Educación das Xuventudes engadíu que “son intolerables moitas das medidas da consellería como a masificación nas aulas que aumentan as ratios o máximo posible, a supresión de aulas de reforzo instauradas polo goberno anterior en Secundaria, a redución de apoios nas materias troncais, redución de persoal especialista para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, a falta de orzamentos nas universidades e agora a búsqueda da precariedade laboral para o profesorado coa nova orde da Consellería”

Xuventudes Socialistas de Galicia

Page 9: Boletín Xullo 2011
Page 10: Boletín Xullo 2011

A música: onte, hoxe e mañá. É evidente que a música cambiou moito dende a época dos nosos pais ata hoxe. Cada vez apóstase máis polas músicas electrónicas e discotequeiras, por decilo dal-gunha maneira. Non hai que velo necesariamente como que a música degradou co ao paso dos anos; á técnica vocal quizá non se lle presta tanta atención pero na actualida-de apóstase máis polas mezclas musicais e as composicións electrónicas que practica-mente antes eran inexistentes. A música POP, tal e como se conoce agora, tivo o seu auxe con Madonna cos seus provocativos "modelitos". Ela considerou un salto importante xa que antes en España escoitábase pouco máis que María Jesús cos seus paxariños e outros cantauto-res sobradamente coñecidos. A partir deste momento a música volveuse máis comer-cial e cada vez máis dirixida á xente xoven. Por outra rama diferente empezou a xurdir a música puramente electrónica de mano duns músicos chamados DJ dos que poucos oiran falar, pero rapidamente em-pezaron a soar con cada vez máis forza. Pero claro, estos dous tipos de música son facilmente acoplabes, moitas veces é difícil distinguir dunha musica puramente POP con outra con mesturas electrónicas. A artista que innovou e puxo os primeiros cementos e supuxo unha verdadeira revo-lución foi Cher coa sua canción "Believe" que converteuse nunha das tres cancións máis exitosas cantadas por unha muller. A partir de aquí cada foise apostando por so-nidos máis arriesgados e mesturas musicais máis innovadoras e de acompañamentos de cantantes POP con DJs, os chamados "feats". Todo isto sen olvidarse da música máis vocal e tradicional, a música heavy, etc. Que evolucionan nun plano diferente a POP - electrónica. E que dicir do futuro? Pois que se presenta como ata agora, con cada vez música máis innovadora e mesturas que hoxe as veriamos impensables. Cada vez máis can-tantes (ultimamente sobre todo mulleres) súbense á palestra do POP comercial conse-guindo un gran éxito. Por outro lado están xurdindo cada vez máis e máis DJs (neste caso homes) cunhas apostas diferentes e arriesgadas, que nembargantes funcionan.

Simón López-Dóriga

Page 11: Boletín Xullo 2011