4
Curso 2008/9 número 21 Boletín de biblioteca Artigos de interese especial Toponimia Novidades Premios e premiados Aspectos máis salientables: Gripe A. Galileo Galilei. Sabías que? A caída dun muro Editorial Curso como todos os anteriores, cargado de actividades e de ilusións. Coma sempre celebramos o día das bibliotecas escolares preguntándovos que significaban para vos o libro, a lectura e as bibliotecas. As respostas foron como os autores, insospeitadas: desde unha forma de voar, un momento de intimidade para encontrarnos connosco, mellor que a vida mesma…. moitas delas con sentimento e delicadeza. Ampliamos a nosa biblioteca con unha sección especial para pasar un rato, con lecturas para minutos. Estivemos no día dos dereitos humáns, no día da paz… Tivemos algunha exposición con xogo: có rostro humano das matemáticas aprendemos que tod@ os/as sabi@s por todo o mundo coñecido tamén tiveron infancia, inquedanzas, sorpresas ao longo da súa vida. Descubrimos que a vida e a historia do Por fin… rematámolo curso home está moi ligada a historia do libro. Desde que vivimos en sociedade necesitamos compartir e comunicar cousas. Desde as pinturas rupestres, as arxilas, os papiros, pergamiños… pasando por Gutenberg cós seus soldadiños de chumbo que transmiten os coñecementos… Puxemos en marcha o “Tempo de ler”, eses 20 minutos ao día que nos relaxaron e permitiron que algúns de vos atoparades ese libro que vos estaba a esperar. Xabier P Docampo di que “sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia”, e así fixemos con os nosos clubs de lectura, limos, compartimos e contamos historias. E para o curso que ven, esperamos asentar todas estas novidades… e quen sabe o que nos deparará o futuro, algo xurdirá. Mentres tanto, disfrutade do verán... sempre con libros.

Boletín Xuño 2009

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Materiais de biblioteca e despedida do curso

Citation preview

Page 1: Boletín Xuño 2009

Curso 2008/9

número 21 Boletín de biblioteca

Artigos de

interese especial

Toponimia

Novidades

Premios e premiados

Aspectos máis

salientables:

Gripe A.

Galileo Galilei.

Sabías que?

A caída dun muro

Editorial

Curso como todos os anteriores,

cargado de actividades e de ilusións.

Coma sempre celebramos o día das bibliotecas escolares preguntándovos que significaban para vos o libro, a lectura e as bibliotecas. As respostas foron como os autores, insospeitadas: desde unha forma de voar, un momento de intimidade para encontrarnos connosco, mellor que a vida mesma…. moitas delas con sentimento e delicadeza.

Ampliamos a nosa biblioteca con unha

sección especial para pasar un rato,

con lecturas para minutos.

Estivemos no día dos dereitos humáns,

no día da paz…

Tivemos algunha exposición con xogo:

có rostro humano das matemáticas

aprendemos que tod@ os/as sabi@s

por todo o mundo coñecido tamén

tiveron infancia, inquedanzas,

sorpresas ao longo da súa vida.

Descubrimos que a vida e a historia do

Por fin… rematámolo curso

home está moi ligada a historia do libro.

Desde que vivimos en sociedade

necesitamos compartir e comunicar

cousas. Desde as pinturas rupestres, as

arxilas, os papiros, pergamiños…

pasando por Gutenberg cós seus

soldadiños de chumbo que transmiten os

coñecementos…

Puxemos en marcha o “Tempo de ler”,

eses 20 minutos ao día que nos relaxaron

e permitiron que algúns de vos

atoparades ese libro que vos estaba a

esperar.

Xabier P Docampo di que “sen dúbida, o

acto máis sublime de amor que eu coñezo

é contar unha historia”, e así fixemos con

os nosos clubs de lectura, limos,

compartimos e contamos historias.

E para o curso que ven, esperamos

asentar todas estas novidades… e quen

sabe o que nos deparará o futuro, algo

xurdirá.

Mentres tanto, disfrutade do verán...

sempre con libros.

Page 2: Boletín Xuño 2009

Página 2 de la 4

“Sábese que Galileo

morreu cego, e os

investigadores están

dispostos a abrir a tumba

de Galileo, recuperar o seu

ADN e diagnósticar a súa

enfermidade óptica "

Nos últimos meses, aparecen en todos os medios de comunicación noticias relacionadas coa gripe A. A gripe é unha enfermidade infecciosa do tracto respiratorio que se manifesta con febre, tose, cefalea, dores musculares e articulares. Estes síntomas remiten en poucos días. Só cando se complica cunha pneumonía viral ou bacteriana, a mortalidade aumenta. A epidemia máis devastadora d era moderna tivo lugar non 1918, e calcúlase que provoco a morte duns 20 millóns de persoas. As condicións sanitarias actuais non son as mesmas.

A vacinación anual permite controlar a propagación do virus a pesar de que a súa eficacia non é total. O virus da gripe

...non inventa o telescopio, mellora un modelo anterior fabricado en Holanda.

...cede os dereitos do seu telescopio á República de Venecia, que quere darlle aplicacións militares.

...propuxo a primeira teoría da relatividade. Que despois ampliaría Einstein.

...enfocou o telescopio ó ceo e descubríu os cráteres da Lúa, satélites de Xúpiter, que a Vía Láctea estaba formada por multitude de estrelas, …

...descubriu as leis do péndulo na súa casa e non estudando o movemento das lámpadas da Catedral de Pisa.

...lle da nome a unha unidade, o galileo, que mide a aceleración no sistema cexesimal. 1 gal = 1 cm/s

2.

... fue el primero en medir la aceleración de la gravedad.

...competirá co GPS. A Unión Europea está a desenvolver un sistema de posicionamento global propio, o Galileo, con 36 satélites adicados que evitarán a dependencia do GPS, (norteamericano) e do GLONASS (ruso).

...aínda é obxecto de controversia entre a Igrexa e a Universidade de Roma, debido o proceso ó que foi sometido polo Santo Oficio e que o condenou en 1633. O Papa foi declarado “persona non grata” pola Universidade de Roma o ano pasado. (Ver http://es.wikipedia.org/wiki/Galileo)

Ano de Galileo. Sabías que.. . ?

Toponimia

ten unha capacidade de mutación, e dicir, cambia as súas propiedades. A nova gripe ou gripe A, está provocada por unha variante da cepa H1N1 e se contaxia de persoa a persoa. No momento actual, a súa taxa de mortalidade é aproximadamente de 0,5% (en Europa Occidental, Oriente Próximo e Oceanía non hai rexistrado ningún falecido).

Se comparamos estes datos cos doutras enfermidades infecciosas como a malaria (morren cada minuto de 3 a 5 nenos), está xustificada tanta alarma?

Seguimos sen coñecer onde vivimos?No boletín anterior preguntabamos por Neda.

Todos sabedes onde está pero seguro que non coñecedes a orixe do seu nome.

Podería vir do latín “nepota” palabra feminina de “nepos” (neto ou sobriño) que foi

empregado polos romanos como alcume e despois como nome familiar ou persoal.

Tamén podería vir de “nepetam” nome dunha planta, a nébeda ou néboda, bastante

común en Galicia e moi apreciada polo seu aroma e polas súas propiedades

medicinais.

Nesta ocasión queremos que nos faledes de O Portádego, onde está e de onde

provén a palabra.

“Se queres descubrir: que lle aconteceu a unha

enfermeira que bebeu unha diarrea?, que científico utilizou globos oculares

para alimentar bacterias? por que a cólera fai que a pel se volva de cor azul?”

Gripe A: está xustificada tanta alarma?

Page 3: Boletín Xuño 2009

Libros en portugués

Lecturas para os que non poden prescindir do negro sobre blanco no verán

Banda Deseñada Algunhas Películas

A propósito de Darwin

Novidades

Page 4: Boletín Xuño 2009

Nome e grupo:

Suxerencias

Autor Título Formato

A solución do topónimo é

O 9 de novembro de 1989 caía o Muro de Berlín, un muro duns 50 quilómetros de longo e 4 de alto que durante 28 anos dividiu a Berlín Occidental da República Democrática Alemana (RDA). A súa eliminación significou o fin do réxime da RDA e dos réximes comunistas en Europa Oriental.

En 1945, ao termo da segunda Guerra Mundial, os vencedores de Alemaña (Estados Unidos, a entón Unión Soviética, Inglaterra) ocuparon e dividiron, para o seu control, o territorio alemán. Esta división foi unha consecuencia directa do conflito armado entre os poderosos do mundo: ningún dos vencedores quería que o antigo réxime fascista volvese adquirir poder.

Ao longo de case 20 anos as diferenzas das dúas zonas foi ampliándose non só en termos físicos senón, e sobre todo, ideolóxicos e políticos. Tal foi a distancia creada entre os mundos capitalistas e comunistas que, ao final a física materializouse no levantamento dun muro que comezou a construíres o 13 de agosto de 1961. Este ano conmemórase o seu derribo e o comezo dun tempo de esperanza e fin dunha época negra na historia de Europa: a guerra fría.

Esperemos que a especie humana non constrúa ningún outro muro nin real nin imaxinario.

Visítanos

no noso blog:

www.blogfesquio.blogspot.com

IES Fernando Esquío

Empedrón 16

TELÉFONO:

981391080

FAX:

981391280

E-MAIL

[email protected]

Premios e Premiados: Xerais e Merlín

Dende que o Premio Xerais ten

diferentes categorías nunca

sucedera que un autor gañase en

máis dunha. Rosa Aneiros fíxose

con dous premios na illa de San

Simón, onde se fallaron as tres

categorías dos galardóns que

promove Edicións Xerais de Galicia.

A escritora gañou o premio de

novela con Sol de inverno e máis o

de literatura xuvenil con Ás de

bolboreta.

O Premio Merlín de literatura foi para Mil cousas poden pasar de Jacobo

Fernández Serrano, quen, ademais de autor de literatura infantil, é ilustrador

e debuxante de cómic.

Estamos xa desexando que saian publicadas.

Aniversario da caída do Muro de Berlín

Se queres saber mais deste período da historia de Europa, na biblioteca

espérante: “Retrato de grupo con señora” de Heinrich Böll, “Novela de

xadrez” de Stefan Zweig, ou “Cuando Hitler robó el conejo rosa” de Kerr.

Judith