13
Neste boletín podere- des atopar tódolas activida- des e actos nas que as XSG Compostela participamos neste mes, así como artigos de opinión sobre o aconteci- do e o que vai acontecer a partir de agora. Finalizou xuño, logo das eleccións coñecemos de forma definitiva ó próximo alcalde. Rómpese así con 25 anos de goberno progresista nos que a transformación da nosa cidade se fixo evidente. O reto para a nova corpora- ción é grande xa que o nivel da corporación saínte é moi elevado, pero o pobo falou e houbo un relevo. Dende Xuventudes queremos felicitar ó novo alcalde e ofrecerlle a nosa axuda en todo o que supoña un servicio positivo para os composteláns, pero tamén podemos asegurarvos que en tódas as políticas que supoñan un paso atrás nos dereitos ou nas liberdades conqueridas, atoparánnos ben firmes e dispostos a fa- cernos ouvir. Un exemplo disto é o acontecido coa Sala Nasa, esta institución exemplar e vanguardista vese abocada a o peche, xa que non con- tará cos apoios necesarios por parte de un grupo de goberno que os perseguiu durante anos. Outro exemplo é o que leíamos estes días na prensa, o parque de Brañas do Sar, parque que ía estar listo no 2015, non vai a ser unha realidade. Era un proxecto moi esperado por moitos co que se daría continuidade o casco urbano hacia o Gaias e que o mesmo tempo ía unir o parque Eugenio Granell con Fontiñas. Vemos, como antes de que Conde Roa asuma o bastón de mando a cidade xa sufríu as primeiras consecuencias. Esperemos que estas medidas non sexan un avance da política do novo alcalde, porque de ser así atoparánnos facéndolle fronte. Dende esta publicación asumimos o compromiso de denunciar situacións como estas, de ser o eco das xentes que non son escoitadas e de tentar acadar os maiores be- neficios para a cidadanía. Queremos ser unha publica- ción viva e dinámica polo que esperamos as vosas opinión e suxerencias. Noemí Fernández Secretaria Xeral

Boletín Xuño 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

As novas máis destacadas de Xuño de 2011 dende a ollada das XSG-COMPOSTELA

Citation preview

Page 1: Boletín Xuño 2011

Neste boletín podere-des atopar tódolas activida-des e actos nas que as XSG Compostela participamos neste mes, así como artigos de opinión sobre o aconteci-do e o que vai acontecer a partir de agora. Finalizou xuño, logo das eleccións coñecemos de forma definitiva ó próximo alcalde. Rómpese así con 25 anos de goberno progresista nos que a transformación da nosa cidade se fixo evidente. O reto para a nova corpora-ción é grande xa que o nivel da corporación saínte é moi elevado, pero o pobo falou e houbo un relevo. Dende Xuventudes queremos felicitar ó novo alcalde e ofrecerlle a nosa axuda en todo o que supoña

un servicio positivo para os composteláns, pero tamén podemos asegurarvos que en tódas as políticas que supoñan un paso atrás nos dereitos ou nas liberdades conqueridas, atoparánnos ben firmes e dispostos a fa-cernos ouvir. Un exemplo disto é o acontecido coa Sala Nasa, esta institución exemplar e vanguardista vese abocada a o peche, xa que non con-tará cos apoios necesarios por parte de un grupo de goberno que os perseguiu durante anos. Outro exemplo é o que leíamos estes días na prensa, o parque de Brañas do Sar, parque que ía estar listo no 2015, non vai a ser unha realidade. Era un proxecto moi esperado por moitos

co que se daría continuidade o casco urbano hacia o Gaias e que o mesmo tempo ía unir o parque Eugenio Granell con Fontiñas. Vemos, como antes de que Conde Roa asuma o bastón de mando a cidade xa s u f r í u a s p r i m e i r a s consecuencias. Esperemos que estas medidas non sexan un avance da política do novo alcalde, porque de ser así atoparánnos facéndolle fronte. Dende esta publicación asumimos o compromiso de denunciar situacións como estas, de ser o eco das xentes que non son escoitadas e de tentar acadar os maiores be-neficios para a cidadanía. Queremos ser unha publica-ción viva e dinámica polo que esperamos as vosas opinión e suxerencias.

Noemí Fernández Secretaria Xeral

Page 2: Boletín Xuño 2011

VI Asemblea Galega de Inmigrantes e Emigrados Retornados

O Foro galego de

inmigración é unha rede

conformada por máis de 80

asociacións de inmigrantes e

emigrantes retornados,

entidades de carácter social,

sindical, e político, unidas pola

defensa dos dereitos das

persoas migrantes. Neste foro

a Agrupación local de

Compostela do PSdeG-PSOE

leva participando dende hai

varios anos, e de forma activa

dende hai dous anos.

Xuventudes Socialistas

de Compostela tivo a oportu-

nidade, grazas a invitación de

Sonia Fernández Patiño

(Secretaria de Igualdade e

movementos sociais do

PSdeG-PSOE de Compostela),

de participar na asemblea

anual de inmigrantes e

emigrados retornados ,

celebrado en Santiago de

Compostela o pasado 29 de

maio.

A l í t i v emo s a

oportunidade de escoitar de

p r i m e i r a m a n a s

preocupacións de este

colectivo. Participamos nos

g r upo s d e d i á l o go ,

escoitando e dando a nosa

opinión, na toma de

a co rdo s , f omo s de

manifestación e pedimos

po lo s de re i t o s do s

i nm i g r a n t e s , t a m é n

participamos no plenario e

por suposto asistimos

emocionados o Festival

Intercultural.

Cinco foron os temas

que nos propuxeron para

traballar: Lei de inmigración,

vivenda, familia e xuventud,

servizos sociais e traballo,

sen embargo no debate

xurdiu un tema que nos

preocupa a tod@s que é o

aumento do RACISMO, alí

moitos inmigrantes contaron

as súas experiencias, o que

tiveron que pasar cando

chegaron a nosa terra e

recordamos que Galicia

tamén foi inmigrante, moitos

dos nosos familiares tiveron

que marchar para poder

sobrevivir e preguntámonos

¿recibiron eles o mesmo

trato?

NINGUÉN SOBRA NUNHA CRISE... AS

PERSOAS EMIGRANTES TAMPOUCO

Noemi Fernández

Page 3: Boletín Xuño 2011

Dalle unha patada ó diccionario

Juventudes Socialistas de España (JSE) iniciou este mes de Xuño unha campaña pola

retirada do Dicionario Biográfico publicado pola Academia de Historia. Os mozos

socialistas, baixo o lema "Dálle unha patada ao Dicionario", promoven dende a súa páxina

web o envío de correos electrónicos á Academia de Historia esixindo a dimisión do seu

director, Gonzalo Anes.

O Secretario Xeral de Juventudes Socialistas de España (JSE), Sergio Gutiérrez,

esixiu "a inmediata retirada do Dicionario" pola publicación de artigos de clara visión

nesgada e sen ningún tipo de rigor histórico sobre o acontecido no ano 1936 co inicio da

Guerra Civil Española.

Para o Secretario Xeral de JSE, "a retirada é imprescindible, e a asunción de

responsabilidades no seo da Academia é inapelable". "O director - engadiu Gutiérrez - é o

último responsable do incumprimento dos mínimos criterios de obxectividade esixidos

para a concesión da axuda e de que o contido de certos artigos estea afastado de

criterios científicos".

Sergio Gutiérrez engadiu que "para JSE é tan grave a aparición de ditas opinións

como que recoñeza que mandou publicar artigos sen revisalos, polo que demostra que

non está á altura de dirixir tan insigne institución".

Por último JSE lamenta o dano realizado á sensibilidade dos que padeceron a

ditadura e aos seus familiares e á sensibilidade dos que queren que os dicionarios pagados

con fondos públicos se realicen con obxectividade e rigor".

Page 4: Boletín Xuño 2011

I Festa Solidaria

A Secretaria Xeral das Xuventudes Socia l is tas de Compostela, Noemí Fernández, acompañada da edil de Benestar Social en funcións, Mar Martín, entregaron na Cociña Económica os cartos recaudados na I Festa So l ida r i a das Xuven tudes Socialistas de Compostela, realizada o pasado 5 de Maio no pub Deluxe GRAZAS A TOD@S!!!

Na piscina usa a cabeza O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade propúxose este 2011 reducir drásticamente o número de incidentes nas piscinas de todo o país. Cada ano falecen en Europa por afogamento uns 5.000 menores de 19 anos. Os casos de case-afogamento tamén son un problema a ter moi en conta xa que algunhas desas per-soas que sobreviven padecen un dano cerebral irreversible. En Santiago de Compostela non somos alleos a esta problemática polo que confiamos en que esta información lle sea de utilidade. Cada ano asistimos atónitos ó número cre-cente de incidentes nas piscinas debido ó mal uso das mesmas ou a problemas relacionados coa pouca atención que a sociedade presta ás indica-cións sobre o uso delas. Dende Xuventudes Socialistas de Compos-tela queremos sensibilizar á cidadanía de que unha piscina pode converterse no teu inimigo se non cumpres unha serie de pautas antes de mer-gullarte na auga.

200 persoas foron hospitalizadas en 2010 por afogamentos

ou lesións nas piscinas. O 35% eran menores de 14 anos.

Nicolás Álvarez

Page 5: Boletín Xuño 2011

Indignación e reconstrucción Tempos de tribulación, si. Para o imaxinario oficial occidental o comezo do século XXI ficará vencellado ao estourido do 11-S e un dos seus danos colaterais, que non é outro que a xestación paciente e inducida dunha crise económica que fixo tremer as bases mesmas do siste-ma-mundo. Deixando á marxe teorías de todo tipo, o certo é que o acontecido despois daquel día foi unha baixada precipitada aos infernos da inmoralidade e a sen-razón en case todos os aspectos. O que Saramago dera en chamar intelixentemente, pouco antes de falecer, como a instauración do “fascismo Armani”. Unha mutación. Estendeuse coma unha enfermidade des-controlada que afectou por igual á maioría dos estratos sociais. Cronificouse e supuxo a traizón aos valores primixenios e fundamentais das que presumiamos incólumes “sociedades democrá-ticas avanzadas”, que foron absorbidas polo poder omnímodo do diñeiro fácil. Sometidas e amordazadas. Foi un espellismo, e tan só agora nos damos conta. Os indignados da Praza do Sol recórdannolo: “Nos vamos de Sol. Nos mudamos a tu conciencia”. Isto contaxiou tamén a socialdemocracia en Europa enteira e levouna á confusión e a unha sorte de “síndrome do novo rico”: seducida pola ilusión dun progreso que parecía non ter retor-no e abrazando boa parte das teses neoliberais coa esperanza posta en poder temperalo. As con-secuencias afloran agora en termos electorais pero, tamén, en síntomas que representan algo máis ca metáforas (véxase o caso Dominique Strauss-Kahn e a nebulosa de opacidade conni-vente dos mass media. A gran esperanza da esquerda francesa), e nunha sensación de ter perdi-do case todo o capital de credibilidade ata novo aviso. Aínda sabéndose inxusto o retorno do paradigma que nos empurrou ata esta: Reino Unido, Alemania, Francia, Portugal.quere ser es-coitada. Agora ábrese unha xeira de incertidume como non se recorda. Pode que dende a II Guerra Mundial o equilibrio social (se é que o houbo) non afrontara un momento tan cheo de riscos e, tamén, oportunidades. Fixo falta que a crise chegase ao seu momento álxido para que os efectos máis implaca-bles, insensibles e precarizantes, acompañados da democratización no acceso ás tecnoloxías, tiveran efecto chamada dende Wisconsin ata Islandia, e dende Túnez, Siria, Iemen ou Exipto ata España ou Grecia.

Por razóns múltiples, milleiros de cidadáns, heteroxéneos e do común (non só mozos e anti-sistema) saen á rúa descontentos co devir dos respectivos réximes e dirixentes, coa insaciabilidade dun poder económico desbocado e co proceder dunhas institu-cións internacionais disfuncionais. Adiantan pola beira esquerda as ferramentas tradicionais nas que fiaron ao longo da historia a responsabilidade da súa defensa ante o abuso: cúpulas partidarias e sindicais de todo o espectro ideolóxico da esquerda, habendo e recoñecéndose matices. Dentro da nosa especificidade súmase a crecente sensación de revivir a Restauración borbónica: Cánovas ou Sagasta, e non queda outra. Imposible levar a cabo reformas sen o acordo dos aparatos dos partidos hexemónicos e os seus tentáculos, instalados na xestión do ir tirando, pero afastados da Política e da sociedade cambiante. Coas consecuencias que iso ten para a representatividade ou a erradicación da corrupción, entre máis perversións. Engánase quen pense que esta é consubs-tancial ao sistema. É un síntoma mais da súa dexeneración!

Page 6: Boletín Xuño 2011

XSG-COMPOSTELA está nas redes

A reacción daqueles actores que outrora foron vangarda, e que agora carecen de certa axilidade e perspectiva histórica, foi distante ao principio mais ofréceselles a oportunidade de escoitar e abrirse a recoller demandas e inquedanzas. Boa parte delas sensatas, xustas e, sobre todo, necesarias. Non innovadoras nin disparatadas, precisamente. Da súa reacción nos vindeiros tempos pode depender a súa supervivencia como estruturas centrais e recoñe-cibles, e tamén a capacidade de poder rexenerarse para reconstruír sendo fideis aos sinais de identidade: redistribución, igualdade, defensa do público, republicanismo, etcétera. Sim-plemente volvendo a ser. Aceptemos tamén dunha vez que esta democracia ten graves défi-cits e, recollendo o que teña de bo e aproveitable, mellorémola e afondemos nela. Unha Se-gunda Transición pode asomar. Lonxe queda o “ruido de sables” ou calquera outra escusa para non homologala ao nivel doutras máis lonxevas e algunhas que están (re)nacendo (Islandia). A sociedade (non toda) é suficientemente madura e empeza a detestar o paterna-lismo e a cosmética. Quere solucións, e quere ser escoitada.

Millán Fernández

Secretario de Organización

Page 7: Boletín Xuño 2011
Page 8: Boletín Xuño 2011

Eleccións municipais 2011

Domingo 22 de maio as 20:00 horas, pechan os colexios electorias e unha dúbida sobrevoaba na cabeza de tódolos santiagueses e santiaguesas. Habería ou non habería cambio en Raxoi. A “sorte” estaba botada, gran par-te dos cidadáns exerceran ese domingo o seu dereito o voto, non había volta atrás. Pouco tempo despois confirmabase a peor das hipótesis para os socialistas composteláns, Gerardo Conde Roa con-seguía a maioria absoluta e sería o alcal-de de Santiago durante os próximos 4 anos. O igual que no video de Xuventu-des Socialistas, pero esta vez non era fic-ción, era a cruda realidade. Poñiase así fin a 12 anos de Xosé A. Sánchez Bugallo como alcalde da ca-pital galega. A tristeza e a decepción po-dianse palpar no ambiente da sede socia-lista, caras largas e miradas perdidas. Foi nese mesmo intre onde unha pregunta xurdia na cabeza dos alí presentes, como se o espiritu de Mourinho se apoderase de todos, POR QUÉ? Moitos son os factores que puide-ron influir neste resultado electoral, moi-tos deles imposibles de adiviñar. Un que parece claro, foi o voto de castigo a un-has siglas, o voto de castigo a unha mar-ca, PSOE. Quizais moita xente se olvi-dou de que esto eran unas municipais, e o que estaban a elexir aquí en Santiago era o seu alcalde, e ese non era Zapatero nin Rajoy. Pero sexamos sinceros, ésto non ten que servir excusa, por eso non se teñen porque perder unhas eleccións locais.

O fío desto xúrdeme a dúdida do impacto que puido ter nos votantes o movemento 15-M. Sen entrar a analizar este movemento nin as suas reinvidacións, atreveriame a dicir que ós socia-listas non nos veu moi ben que digamos...pero esto tampouco sirve de excusa. Deixando os problemas alleos a un lado, hai que facer autocrítica. É certo que nestes 4 anos hai cousas que se puideron facer mellor, pero tamen é certo que Santiago se convertiu nunha cidade modelo. O traballo sempre se pode mellorar pero o que se fixo é moito e ben feito está. Pois será culpa da candidatura, a xente está cansada de ver as mesmas caras case sempre e quere un cambio despois de tanto tempo. Pois poderia ser...pero creanme cando lles digo que esta candidatura estaba repleta de xente moi vá-lida e moi traballadora. Non había unha candida-tura en ningun partido que se presentase a estas eleccions en Santiago máis capacitada e prepara-da para gobernar esta cidade. Entón qué? Pois nin unha cousa nin outra, nin un pouco de cada, nin nada de ningunha. As elec-cións podense perder e podense gañar, e unhas veces toca sorrir e outras asimilar o golpe, por-que esto é a Democracia. Agora non hai que per-der o tempo en buscar un por qué, hai que asimi-lalo canto antes e empezar a traballar por Com-postela, dende a oposición ou dende onde sexa, hai que volver a gañarse a confianza dos nosos veciños e veciñas, porque é a nosa obriga como reprensentates politicos, e porque nós somos uns veciños máis e queremos o mellor para a nosa cidade. Din que os ciclos políticos duran entre 8 e 12 anos, está na nosa man impedir que esto se alon-gue máis do debido e volver a poder dicir ben alto e claro que Santiago somos socialistas.

Álvaro González

Page 9: Boletín Xuño 2011

Conde Roa e política de asfixia O goberno da dereita comeza pisando forte. A súa vitoria electoral nos pasados comicios xa xermola os seus primeiros resultados, que se aloxan moito do positivismo. Así, a cultura de Compostela é a primeira oprimida. Aínda que esa imaxe coa gravata atada a cabeza e tocando a guitarra nun modo, cando menos, liberado nos puidera enganar, a Conde Roa non lle gusta a música, nin o teatro, nin a cultura. Así o demostrou dende a oposición estes últimos anos atacando a Sala Nasa, representante por antonomasia do teatro compostelán. Foron moitos os dardos envelenados dirixidos a este local, dende as acusacións por homenaxear a terroristas ata denuncias públicas por subvencións millonarias. Parece imposíbel que a Sala Nasa poida continuar a súa actividade con Conde Roa como alcalde, pois precisa dun apoio institucional para poder seguir realizando o seu programa cultural e que, por suposto, non obterá.

A Sala Nasa leva en Santiago de Compostela dende 1992 impulsada polo grupo de teatro Chévere, composto por actores como Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés ou Miguel de Lira, entre outros. Acadou un calendario de programación teatral estábel todo ano e a presenza en Galicia de espectáculos escénicos en todo o mundo. Non foi unha mera sala teatral, senón que chegou a ser un punto de confluencia, innovación e debate cultural que desbordou en múltiples eidos. Pero isto parece non importarlle a dereita santiaguesa. Asistimos perplexos a política de asfixia de Conde Roa, a que, pouco a pouco, vai afogando as políticas sociais do bipartito e a tan importante cultura. Aproveiten para pasear polas rúas e ver aos malabaristas, aos cómicos e os músicos gozando do seu espectáculo porque, probablemente, tarden tempo en volvelos a ollar. Por último, non esquezan atravesar os arcos da catedral e escoitar por derradeira vez os sons da gaita xa que tamén, máis tarde que pronto, se quedará sen aire e Compostela, sen cultura .

Adrián Ordóñez

Page 10: Boletín Xuño 2011

Máis sangue, máis vida Cada día centos de galegos son ingresados no hospital. Para a gran maio-ría deles elles imprescindi-ble unha transfusión de sangue. Sen ela moitos po-derían por en grave perigo a súa saúde ou incluso fale-cer. Pero hai un remedio moi rápido e sinxelo para evitar estes casos: a doazón de sangue. Si ti doas san-gue, sexa do grupo que sexa, estás axudando co-mo mínimo a unha persoa a sobrevivir ante unha morte inminente se non se dispón dos recursos nece-sarios. Aínda que Galicia é a terceira comunidade con maior número de doantes en España, cunha cifra de 43.72 por cada mil habitan-tes, é unha cifra relativa-mente baixa para un proce-demento gratuíto e sen ab-solutamente ningún perigo para a saúde. Aínda se ne-cesitan uns 300.000 doan-tes máis en toda España para poder ser autosuficientes e evitar que calquera persoa que necesite de forma urxente unha tranfusión se quede sen ela, con quizais fatais resultados. Soamente coa sangue doada actualmente sálvanse 25.000 vidas en España e mantense a tratamento a 135.000 persoas enfermas. Pero esto está na túa man, ninguén pode doar por ti, só ti podes aportar como máximo 15 minutos da túa vida indo a uns dos numerosos cen-tros de tranfusión e solidarizándote cos miles de enfermos que o necesitan, podendo ser un deles nun futuro. Así que deixate de excusas, roba uns minutos da túa vida e doa vida a alguén que ver-daderamente o necesita.

Simón López-Dóriga

Page 11: Boletín Xuño 2011
Page 12: Boletín Xuño 2011

Primavera Española 2011

Situándonos un poco en los hitos historiográficos recreare ciertos antecedentes que pueden, ayudarnos en la política comparada ante los diversos acontecimientos que se pueden suscitar en el presente y aquellos retos, consecuencias y efectos que son determinados por diferentes contextos históricos, políticos y sociales. En este corto espacio es poco probable que se pueda hacer un análisis minucioso de lo que ha acontecido la Privamera Española 2011 . Sin embargo reformulare nuevos cuestionamientos que podrán quedar abierto al debate de ideas para la participación de la ciudadanía y haré las principa-les interpretaciones de estudio sustancial de los hechos. ¿Qué inició el Movimiento 15- M?, ¿Qué significado tienen estas protestas?, ¿Es el grito de voz libre democrático de la sociedad española?, ¿Demuestra el movimiento la indignación ciudadana? Una convocatoria ciudadana logró movilizar el domingo 15 de Mayo 2011 a miles de perso-nas en 50 ciudades españolas bajo el lema “Democracia Real Ya”. No somos mercancías en manos de políticos y banqueros”. El Estado Español teniendo una ruptura económica en los últimos cuatro años se ha envuelto en un laberinto que para la mayoría no ven salida, y para otros “creen verla” con palabras que alzan la voz de lo que la gente quiere escuchar, pero sin diseñar ni plantear el ¿cómo? crear un verdadero proyecto de nación para salir del laberinto de crisis económica. Ellos manifiestan sus postulados tales como: “Es preciso construir un discurso político capaz de reconstruir el tejido social, sistemáticamente vulnerado por años de mentiras y corrupción. “Los ciudadanos han perdido el respeto a los partidos políticos mayoritarios, pero ello no equivale a per-der nuestro sentido crítico”, “Una de sus principales premisas es una Reforma de la Ley Electoral que devuelva a la Democracia su verdadero sentido: un gobierno de los ciudadanos. (Democracia Participativa). El significado de estas protestas puede ir más allá de la inconformidad partidista que existe en el ambiente ciudadano, recordando que hace 43 años fue el Boom de la Revolución social-cultural, “Aspiración Libertaría y Democrática” que muchas naciones pudieron vivir, manifestando sus in-conformidades sobre derechos sociales, políticos que en aquellos años aún estaba cargada más la lista de quejas y desacuerdos, (aunque podría decir que no ha cambiado totalmente como se quisie-ra). Por aquellas manifestaciones que se suscitaban por París, Berlín, Varsovia, USA, México, Chile. Se decía “Fuera explotación capitalista, contra la opresión colonial, y contra despotismo bu-rocrático”. España poco podía manifestarse ante el miedo y terror de la dictadura franquista, que aun así bajo las alcantarillas y nombres falsos se encontraban los hombres que daban fuerza a un movimiento en busca de la Democracia. Ahora el lema del movimiento 15-M es “Democracia Real, YA!” ¿Será que el pasado del franquismo y recreado un Estado-Nación para concebir la Democracia, ahora se encuentre nueva-mente en una crisis que no sea solo por los contextos económicos actuales, sino por el proceso his-tórico de “transición” que se ha formado para su propia democracia? Esto lo cuestiono, ya que el autor Juan Carlos Monedero lo menciona en su libro reciente (hace dos meses de publicación) de “La Transición contada a nuestros padres” diciendo, que “Siempre que la democracia en España sabe a decepción y a engaño, sale la Transición a escena”. Ahora bien, ¿ Demuestra el movimiento la indignación ciudadana? Desde mi punto crítico la gente que apela al desempleo y dolece de ello, así como la falta de vivienda, ausencia de expectativas, la fatalidad de la política que no sirve para cambiar nada cuando son los mercados o políticos extranjeros quienes dictan las claves internas, el riesgo de descender en una escala social convertido en un miedo a los hijos.

Page 13: Boletín Xuño 2011

Solo recordando que la llamada “trancisión “inició y la trajieron las luchas populares obreras, las comisiones obreras, en busca de mejoras laborales, las luchas culturales, en busca de aire fresco, porque leer fuera del indice estaba prohibido, las luchas religiosas, huelgas universitarias que “ habían leido fuera que la Democracia traía una libertad que no podían cumplir bajo los designios del Palacio de Pardo. Ahora este movimiento es la generación pos-democracia española, y donde aún se reencuen-tran generaciones sensentayochoistas hijos de la Guerra Civil y padres de la transición democrática. Pero a este Movimiento Social 15-M también llamados transgeneracional” no simpatiza “con nin-gun partido” que es la diferencia a los movimientos de hace 30 años que eran oposición al regimén dominante. Por lo tanto, algunos cientificos sociales hablan que “España esta viviendo su Primave-ra, que no pudo vivir plenamente hace 43 años.”. Tierno Galvan decía que “Cuando algo es necesa-rio e imposible, hay que inventar otra dimensión”. Finalmente, no podemos dejar de debatir es la forma de organización de este movimiento que se pueden ver como mediante comites de comunica-ción, prensa, análisis políticos, comites estudios económicos, asambleas públicas, aludiendo al siglo V a.C. donde en la Antigua Grecia Clásica se atendían los asuntos políticos de la ciudad. Las "redes sociales" han sido instrumentales y al tiempo han sido el símbolo de las redes de personas capaces de generar narrativas propias (al margen de los medios) y de movilizarlas (hacer marketing) para provocar un movimiento ciudadano. El "problema", para los políticos, es que el uso de la tecnología está pasando de ser instrumental a ser el síntoma exterior de un profundo cambio cultural. Yo quizá les recomendaría a los indignados de mi parte recurrir de nuevo en algo dormida en la actualidad, sobre aquel ideal: “Seamos realistas. Pidamos lo imposible” Jean Paul Sartre.

Aarón Acevedo

IESGA oponse á nova normativa de permanencia na USC

A organización estudantil “IESGA - Iniciativa Estudantil Galega” manifesta a súa oposición á nova normativa de Permanencia e Asistencia nas titulacións de Grao e Máster da USC, aprobada re-centemente polo Consello de Goberno da Universidade. Consideramos que esta regulación pisa os dereitos do estudantado e dificulta aínda máis se cabe a superación das materias de cadansúa titula-ción, que xa se ve complicada dabondo pola implantación simultánea e adaptacións do novo plan de estudos (Plan Bolonia), ocasionando múltiples inconvenientes ó alumnado da Universidade. Entre as medidas que introduce esta modificación da Normativa vixente salientan a obrigato-riedade de matricularse das materias non superadas de cursos anteriores, que suporá un gasto adicio-nal para calquera estudante que teña materias pendentes e non ten en conta a idiosincrasia de tódalas titulacións, e malia obrigatoriedade de ter superada a totalidade das materias da titulación para pre-sentar o traballo fin de Grao, o cal se vén a traducir en invertir máis tempo e polo tanto máis cartos cós realmente precisos para rematar a carreira. “Ámbolos dous aspectos resaltan os intereses recadadores da institución e poñen de manifesto que a Universidade de Santiago de Compostela non quere contar co seu estudantado ó modificaren normas de Xestión Académica en período de exames e ignorando de xeito selectivo e deliberado a voz do alumnado representado nos órganos colexiados de Goberno da Universidade”. Isto conleva complicacións engadidas ás xa existentes na consecución dos obxectivos académi-cos, tanto nos Campus de Santiago e Lugo como no que respecta á Mobilidade dos estudantes, no canto de cumprir en facilitar ó alumnado a planificación destes programas e atentando, polo tanto, contra os lexítimos dereitos do estudantado.

Emilio Vázquez