11
1 BOLETÍNAPOEGAL Boletín Dixital da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia Nº 11– XUÑO 2009 A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia constitúese no ano 2004 co obxectivo de defender e promover a Orientación Educativa APOEGAL é membro de:

BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

1

BOLETÍNAPOEGAL

Boletín Dixital da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia

Nº 11– XUÑO 2009

A Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia

constitúese no ano 2004 co obxectivo de defender e promover a Orientación Educativa

APOEGAL é membro de:

Page 2: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

2

ÍNDICE DE CONTIDOS

NOVAS TECNOLOXÍAS PARA ORIENTAR...........................3 EXPERIENCIA ORIENTADORA..............................................6 ENSINO EN GALEGO..............................................................9 CONTACTA CON NÓS..........................................................10 POST-DATA...........................................................................11

Page 3: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

3

NOVAS TECNOLOXÍAS PARA ORIENTAR

ORIENTARSE CON INTERNET MEDIANTE O USO DUN MARCADOR SOCIAL

Daniel Veiga Martínez Presidente de Apoegal

http://orientacion.blogia.com

Un marcador social -no noso caso imos utilizar mister-wong- é unha aplicación que nos permite almacenar, clasificar e compartir as ligazóns que nos interesan en internet ou nunha intranet -segundo a wikipedia-. Nun sistema de marcadores sociais, cada usuario/a garda as súas ligazóns máis interesantes e organiza ditos recursos mediante o uso de etiquetas -tags- (conceptos clave que describen o contido da ligazón) que o propio usuario/a escolle. Para buscar ligazóns interesantes en mister-wong.es temos que escribir o termo que nos interesa na caixa de busca (podemos buscar en sitios web ou por etiquetas) e a aplicación facilítanos un listado de ligazóns relacionadas coa etiqueta que propuxemos, ofrece o nome da persoa que recomendou tal recurso e o número de usuarios da páxina en cuestión. - Un exemplo co termo orientación

Page 4: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

4

O marcador social do Departamento de Orientación

Navegar por internet e saber manexarse entre a grande cantidade e diversa calidade dos recursos que nos proporciona, require da posta en marcha de estratexias para almacenar, organizar e compartir a información que consideramos útil, fiable e interesante -ben sexa para o profesorado, o alumnado, as familias ou nós mesmos-. A miña primeira proposta consiste en que visitedes o meu marcador social e vexades a potencial utilidade da aplicación para as tarefas -por exemplo- de información académica e profesional do alumnado. A páxina do recurso e: http://mister-wong.es/user/dveigatic Na parte dereita da páxina aparecen as etiquetas -tags- que se utilizaron para clasificar as ligazóns almacenadas. Por exemplo, si premedes no termo “selectividade” a aplicación mostra todos os recursos que se consideraron interesantes para informar ao alumnado sobre o tema da selectividade.

Como podedes observar, o tamaño dos termos utilizados é diferente. Canto máis grande é o tamaño do termo máis ligazóns nos facilita.

Eu quero ter un marcador social

Page 5: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

5

A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación -sen coste- e comezar a utilizar as súas múltiples posibilidades para almacenar, clasificar e compartir recursos de utilidade en internet.

Para saber máis

http://es.wikipedia.org/wiki/Marcador_social

http://observatorio.cnice.mec.es/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=529

http://aulablog21.wikispaces.com/TALLER+DE+MARCADORES+SOCIALES

http://5lineas.com/archivo/internet-web20/que-son-marcadores-sociales-bookmarking-social/

http://www.slideshare.net/cristinavdls/mr-wong-1311997

Page 6: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

6

EXPERIENCIA ORIENTADORA

ORIENTAR A TRAVÉS DO PERIÓDICO

A experiencia do suplemento educativo A Voz da Escola

Ana Torres Jack Vicepresidenta de APOEGAL

A Voz da Escola é un suplemento semanal de La Voz de Galicia que se edita todos os mércores desde o ano 1982, o que a converte na publicación pioneira deste tipo en España. Ao longo destes 27 anos de historia, o suplemento mantívose fiel á idea orixinal: crear estratexias e facilitar materiais e propostas para que profesores e alumnos traballen eficazmente co xornal na aula. Nun principio, e durante algún tempo, A Voz da Escola foi unha chamada de atención aos profesores para que se atrevesen a descubrir o valor da noticia e a importancia de que o xornal entre nas clases e se teña en conta á hora de planificar as actividades escolares. No número 1 facíase unha declaración de intencións: nacía o suplemento co fin de ser empregado en clase, como unha alternativa para o libro de texto e unha seria invitación á remodelación dos programas escolares “que deben responder con maior acerto aos problemas de hoxe e da sociedade futura”. Pero o obxectivo principal da experiencia consistía na “introdución do xornal na escola, o xornal de tódolos días”, e engadíase “para que profesores e alumnos traballen partindo da noticia, constrúan os seus propios programas en contacto coa vida e coñezan o alto valor da prensa escrita nunha sociedade libre e democrática”.

Page 7: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

7

Sinalábanse entón os seguintes obxectivos pedagóxicos:

1. Que os alumnos aprendan a ler a prensa. 2. Que os alumnos desenvolvan a súa capacidade de sentido crítico.

3. Que a escola tome conciencia da importancia da información na educación dos alumnos como cidadáns que forman parte dunha sociedade plural e democrática. 4. Que o currículo escolar integre as noticias de cada día como complemento e

actualización do libro de texto. 5. Que os alumnos vexan non só os problemas reais que os xornais presentan a

diario senón que se impliquen na súa solución con actividades directas, cando isto é posible.

6. Que os alumnos sexan capaces de usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das actitudes e destrezas persoais como a creatividade,

a educación para o lecer, o estudo do medio e a inserción en grupos e servizos sociais e toda clase de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas

páxinas. 7. Que os alumnos teñan acceso ao mundo dos medios de comunicación, a súa

organización e desenvolvemento, a súa influencia e a interacción que producen na sociedade.

8. Que os alumnos aprendan a expresar libremente a súa opinión, debater en grupo os seus problemas, publicar o seu propio xornal como expoñente escrito da

sociedade ou grupo escolar en que viven. 9. Que os alumnos aprendan a establecer a conexión histórica entre o que sucede

hoxe (periódico), o que sucedeu onte (libros de texto) e o que poida suceder mañá: que a escola se converta así nun centro de reflexión onde se estudan as claves dese proceso e se ofrezan algunhas pautas para modificar a realidade do

futuro. 10. Que a escola aprenda tamén a relatividade efémera dalgúns dos seus contidos e metodoloxías, vendo como nacen e morren cada día novas hipótese, situándose así nun proceso de procura e facilitando aos alumnos instrumentos de análises e

adaptación a novas realidades, fuxindo de toda clase de dogmatismos.

Page 8: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

8

Dezaseis anos despois do seu nacemento, en 1998, o suplemento inauguraba a sección de Orientación Educativa coincidindo co auxe dos Departamentos de Orientación en Galicia. Desde entón (xa pasaron once anos) encargueime de

escribir máis de 300 artigos divulgativos sobre educación en valores, técnicas de estudo, educación emocional, atención á diversidade, orientación vocacional e

orientación familiar, entre outros temas.

Esta presenza continuada dunha páxina semanal dedicada á Orientación Educativa (nun medio de comunicación que ten 600.000 lectores diarios) pode considerarse

un fito importante para o noso colectivo profesional e un recurso útil para conectar dous mundos demasiado afastados o un do outro: familia e escola.

Para saber máis: www.prensaescuela.es

Page 9: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

9

ENSINO EN GALEGO

APOEGAL DEFENDE A ACTUAL NORMATIVA DO GALEGO NO ENSINO

A xunta directiva da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia (APOEGAL) apoia e defende a actual normativa sobre o galego no ensino (Decreto 124/2007). O novo goberno da Xunta quere derrogar o Decreto 124/2007, polo que solicitamos aos nosos asociados e asociadas que apoien os distintos manifestos a prol da presenza da lingua galega no ensino.

ASINA O MANIFESTO DA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

http://www.coordinadoraendl.org/docentes.php

ASINA O MANIFESTO DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

Page 10: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

10

CONTACTA CON NÓS

Se aínda non es soci@, podes solicitarnos información e a folla de inscrición

á dirección electrónica que aparece máis abaixo ou directamente na páxina web. Se polo contrario xa es soci@, entonces xa saberás que podes poñerte en

contacto con nós para o que necesites:

ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA DE GALICIA

Páxina web: www.apoegal.com Correo electrónico da asociación: [email protected]

.

Edita: APOEGAL

APOEGAL SOMOS TOD@S:

COMPARTE A TÚA EXPERIENCIA.

Todas as túas propostas, artigos, experiencias ou colaboracións serán benvidas.

Page 11: BOLETÍN 11 xuño 09 - Apoegal · 5 A miña segunda proposta quere animar a todas e a todos (tamén ó alumnado) a dotarse dun marcador social. Só hai que darse de alta na aplicación

11

¡FELIZ VERÁN E VÉMONOS Á VOLTA!