Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
10 de maio de 2017 Concello de Sada
Boletín de emprego Axencia de Emprego e
Desenvolvemento Local
Avda da Mariña,25 3º 15160 Sada Tlfno 881 92 90 57 Tfno 981 62 04 93
OFERTAS DE EMPREGO
FORMACIÓN
BOLSAS
AXENDA
2
2
Boletín de emprego
ÍNDICE
10 de maio de 2017
OFERTAS BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL
Ofertas para persoas inscritas na Bolsa de Emprego Municipal
OFERTAS PRENSA
OFERTAS PORTAIS DE EMPREGO
OFERTAS SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO
REDES SOCIAIS E PROFESIONAIS / ETT´s
OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO
BOLSAS—PRÁCTICAS
FORMACIÓN
Probas obtención Título Graduado en ESO
Curso Adaptació ao Socorrismo en Espazos Acuáticos
Convocatoria probas CELGA 1, 2, 3 e 4
Cursos do Servizo Público de Emprego de Galicia
Formación en Riscos Laborais do ISSGA
Formación Cooperativa
Almorzos cooperativos (Networking)
AXUDAS E SUBVENCIÓN A EMPRESAS E AO EMPRENDEMENTO
Promoción do Emprego Autónomo
Axudas a persoas autónomas para contratación indefinida de persoas asalariadas
Incentivos á contratación a persoas desempregadas de longa duración (maiores de 45 anos)
Outras axudas e subvencións a empresas e ao emprendemento
Axudas do IGAPE para emprendedores/as
Medidas Leader de Desenvolvemento Rural
Outra información
AXUDAS PARA UNIVERSITARIOS/AS e PARA EMIGRANTES RETORNADOS
MÁIS INFORMACIÓN
Que é o Sistema de Garantía Xuvenil?
O Certificado Dixital
3
3
Boletín de emprego
OFERTAS BOLSA EMPREGO MUNICIPAL
10 de maio de 2017
IMPORTANTE: Para acceder ás ofertas deste apartado OFERTAS BOLSA EMPREGO MUNICIPAL lembra:
1.– Enviar ao correo indicado ([email protected] ) indicando no asunto o número de oferta 2.– Nomea o arquivo co CV da seguinte maneira: CV APELIDOS NOME (Exemplo CV LOPEZ LOPEZ MARIA)
VOLVER AO ÍNDICE
LIMPADORA
Localidade: Sada
Requisitos: Domicilio en Sada ou arredores. Idade entre 39-
45 aproximadamente. É importante que teña posibilidade
de realizar horas extras se é necesario. Experiencia no sec-
tor. Acostumbrada a ritmo de traballo alto. Seriedade e
compromiso coa empresa. Carné de conducir B.
Condicións: de martes a venres de 6:30 a 14:30 ho-
ras.Contrato inicial de 3 meses con posibilidades de conver-
sión en indefinido. Posto de traballo estable
Contacto: Enviar Cv actualizado a [email protected]
especificando no asunto “Oferta Nº 43/2017 Limpadora”
4
4
Boletín de emprego
10 de maio de 2017
PRENSA
ENCARGADO/A OBRA
Empresa constructora, busca encar-gada/o obra, incorporación inmedia-ta. Imprescindible PRL de 60 horas, específico de albañilería de 6 horas. Coche propio. 981 271 726.
COMERCIAIS
Grupo Asegurador, selecciona cuatro per-sonas para su departamento comercial de Coruña y dos para zonas limítrofes. Intere-sados llamar al telf 649 241 771, para en-trevista personal.
VOLVER AO ÍNDICE
COMERCIAIS
Prestigiosa marca productos pelu-quería selecciona comerciales. Expe-riencia comercial ó peluquería-estética. 606 979 884.
CAMAREIRO/A e AX. COCIÑA
Se necesita camarero/a y ayudante de cocina, con experiencia. Presen-tarse con C.V. en Alcalde Marchesi 33, A Coruña.
SOLDADORES/AS
Seleccionamos soldadores/as TIG en acero inoxidable, operarios/as corte láser CNC y pintores, para carpintería metálica. Intere-sados/as enviar CV a: [email protected] o llamar al 626 113 299
PERSOAL MAQUINARIA AGRICOLA
Se necesita personal para taller de maquinaria agrícola. Telf. 629 832 393.
DELINEANTE
Se necesita delineante con francés avanzado. Apartado de Correos AP10 Padrón.
CAMAREIRO/A
Se necesita camarero. Experiencia en plancha. Para Coruña. Enviar currícu-lum: [email protected]
5
5
Boletín de emprego
DIRECTOR/A ETT
Diplomado/a Relacións Laborais. Experien-
cia previa en posición similar en ETT ou
consultoria de RR.HH. Vehículo propio. A
Coruña
https://goo.gl/xmgWJY
AZAPATA/ IMAXE ESTANCOS
Experiencia como promotor/a azafata/o e
postos de atención ao público (punto de ven-
da). Valorarase experiencia no sector. ESO.
Xornada completa. A Coruña
https://goo.gl/31jECc
10 de maio de 2017
PORTAIS DE EMPREGO
CRISTALERO/A
Para visitas e coberturas de sinistros das com-
pañías de seguros, que poidan dar cobertura a
á medición e colocación de vidro en vivendas
e centros comerciaois na zona de Coruña.
Imprescindible experiencia no sector de la
Cristalería, metalistería, ou similar.
https://goo.gl/z3BH82
CAMAREIRO/A
Experiencia en servicio a mesas con ban-
dexa. Imprescindible trato afable co públi-
co. Manipulador de alimentos. Experiencia
mínima 2 anos. ESO. A Coruña
https://goo.gl/LlDhLK
VOLVER AO ÍNDICE
ADMINISTRATIVO/A
Para tarefas administrativas. Inglés alto.
Arteixo
https://goo.gl/IBoRXW
AXUDANTE DENTAL
Titulación oficial de Hixienista dental ou
similar. Experiencia demostrable de ao me-
nos 2 anos. Posto estable. Xornada mañá.
Abegondo
https://goo.gl/ZOf5KJ
INSTALADOR/A SISTEMAS SE-
GURIDADE
Carné de conducir. Disponibilidade para
viaxar pola zona norte de España. Curso
Nivel Básico PRL 60 horas. Curso 2ºCiclo:
Electricidade, Montaxe e Mantemento de
AT e BT - 6 horas. Culleredo
https://goo.gl/TZ3ZSJ OPERARIO/A INDUSTRIA TEXTIL
Tarefas de embolsado, etiquetado, reoperado
de prenda e preparación de pedidos, así co-
mo apoio na área de plancha. Imprescindible
experiencia previa no sector textil ou en
postos de producción en fábricas. Arteixo
https://goo.gl/mNtFWO
6
6
Boletín de emprego
PORTAIS XERALISTAS
Infojobs
Galejobs
Infoempleo
Indeed
PORTAIS TURISMO E HOSTALARÍA
Hosteleo
Turijobs
Asociación de Hostelería A Coruña
PORTAIS CONSTRUCIÓN E FABRICACIÓN METÁLICA
Fundación Laboral da Construción
Fundación Galega do Metal
PORTAIS INFORMÁTICA
Tecnoempleo
PORTAIS DOCENTES
Wekab
Lembra que para inscribirte nalgunha das ofertas destes portais de emprego, previamente tes que
darte de alta e cubrir os datos de formación, emprego e outra información que te solicitan.
Mantén os teus datos sempre actualizados e planifica a túa axenda de busca activa de emprego
10 de maio de 2017
PORTAIS DE EMPREGO
PARQUES E POLÍGONOS EMPRESARIAIS
Polígono de A Grela
Polígono de Bergondo
Polígono de Coirós
Polígono de Sabón
Polígono Espíritu Santo
Asoc. Provincial Empresarios Construción
Confederación de Empresarios da Coruña
Nos parques, polígonos e asociación empresariais, podes atopar unha listaxe de empresas alí situadas ou de empresas
asociadas, que te poden servir para realizar a busca activa de emprego dun xeito máis planificado e estruturado.
OUTRAS BOLSAS DE EMPREGO
Concello de Arteixo
Concello da Coruña
Concello de Cambre
VOLVER AO ÍNDICE
7
7
Boletín de emprego
SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO
10 de maio de 2017
PORTAIS PÚBLICOS DE EMPREGO
Servizo Público de Emprego de Galicia
Servizo Público de Emprego Estatal
Rede Eures
VOLVER AO ÍNDICE
CAMAREIRO/A
PRECÍSASE CAMAREIRO/A CON EXPERIENCIA
(MÍNIMO 12 MESES); CONTRATO DE 4 MESES A TEMPO
PARCIAL DE 20 HORAS SEMANAIS. CARIÑO
https://goo.gl/VCXPt8
EMPREGADO/A FOGAR
NECESÍTASE EMPREGADO/A DE FOGAR EN RÉXIME
INTERNO. SADA
https://goo.gl/LFmUvH
AXENTES COMERCIAIS INMOBILIARIOS
CON CARNÉ DE CONDUCIR E DISPOÑIBILIDADE DE
COCHE. CONTRATO MERCANTIL. FERROL
https://goo.gl/8FREIS
TRADUTOR/A
TRADUTOR/A DE ESPAÑOL A INGLÉS. IMPRESCINDI-
BLE LINGUA MATERNA EN INGLÉS OU NIVEL NATI-
VO. FERROL
https://goo.gl/QWSqVs COCIÑEIRO/A EN XERAL
NECESÍTASE AXUDANTE DE COCIÑA. CARNÉT DE MA-
NIPULADOR DE ALIMENTOS. PARA TRABALLAR EN
CARIÑO.
https://goo.gl/csZ1Eq
COCIÑEIRO/A EN XERAL
NECESÍTASE COCIÑEIRO/A CON EXPERIENCIA PARA
TRABALLAR EN MUROS.
https://goo.gl/gIuni5
PERRUQUEIRO/A UNISEX
CONTRATO A TEMPO PARCIAL. REQUISITOS: TITULA-
CIÓN DE PERRUCARÍA, COÑECEMENTOS DE ESTÉTICA
E INSCRICIÓN NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA
XUVENIL. FERROL
https://goo.gl/rVcLyt
PINCHE DE COCIÑA
PRECÍSASE AXUDANTE/PINCHE DE COCIÑA CON EX-
PERIENCIA (MÍNIMO 12 MESES); CONTRATO DE 4 ME-
SES A TEMPO PARCIAL DE 20 HORAS SEMANAIS. CA-
RIÑO
https://goo.gl/AZW99O
8
8
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
REDES SOCIAIS E PROFESIONAIS
Páxinas Facebook
Buscando el Norte: orienta2 hacia el empleo
Xuventude Punto Net
Formación e emprego: información e recursos
Fundación Universidade da Coruña
Area de Orientación Laboral USC
Axencia Local de Colocación Santiago de Compostela
EmpregOleiros
Empleo en la Red
Rede profesional
Nas redes sociais tamén podes atopar información sobre ofertas de emprego, recursos
para a busca activa de emprego, formación, etc.
EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL
ADECCO
ADER
EUROFIRMS
FASTER
MANPOWER
NORTEMPO
RANDSTAD
As empresas de traballo temporal poden ser
porta de acceso ás empresas, clica nelas, date
de alta e revisa as ofertas que aparecen!
VOLVER AO ÍNDICE
9
9
Boletín de emprego
OFERTAS EMPREGO PÚBLICO
10 de maio de 2017
POLICÍA LOCAL
Descrición: O Concello de Sada convoca 1 praza de Policía
Local (acceso libre). Titulación esixible para o acceso como
funcionario/a do grupo C1. Permisos de conducir A2 e B.
Prazo: 20 días naturais dende a publicación do anuncio no Bo-
letín Oficial do Estado (pendente de publicación)
Enlace bases: https://goo.gl/pLOEoR
PEÓNS OBRAS E SERVIZOS
Descrición: O Concello da Laracha selecciona 10 peóns a
xornada parcial durante 6 meses. Certificado de escolarida-
de ou equivalente. Persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos especificados nas bases (muller, desempregado longa duración, maiores de 45 anos, etc)
Prazo: ata o 12/05/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/ebzkTV
ARQUITECTO/A
Descrición: O Concello de Sada convoca 1 praza de Ar-
quitecto/a polo sistema de oposición. Título de Arquitecto
superior ou do título que habilite para o exercizo desta pro-
fesión regulada. Prazo: 20 días naturais dende a publicación do anuncio no
Boletín Oficial do Estado (pendente de publicación)
Enlace bases: https://goo.gl/NWnjai
VIXIANTES DE PISCINA
Descrición: O Concello da Ames selecciona 6 vixiantes de
piscina para a temporada de verán. Certificado de escolari-
dade.
Prazo: ata o 11/05/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/rQoUgt
PREVENCIÓN INDENCIOS e MOTOBOMBA
Descrición: O Concello do Carballo convoca proceso de contra-
tación de cinco profesionais para prestar servizos na brigada de
incendios forestais (1 xefe de brigada, 1 peón conductor e 3
peóns forestais), ademais de 3 operarios de motobomba. Contra-
to de 3 meses.
Prazo: ata o 15/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/KQT3Al
Enlace convocatoria: https://goo.gl/aUOLYy
SOCORRISTAS ACUÁTICOS
Descrición: O Concello de Carballo convoca para contratación laboral temporal de 35 socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará o servizo nas praias do Concello. Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. En defecto de inscrición, ter presentada a solicitude de inscrición no citado Rexistro Profesional así como do Título de Socorrista Acuático ou titulación equivalente
Prazo: ata o 15/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/kOqnNU
ENXEÑEIRO/A TÉCNICO INDUSTRIAL
Descrición: O Concello de Arteixo convoca para selección para nomeamento de interino/a unha praza de enxeñeiro/a técnico industrial adscrito á área de urbanismo e me-dioambiente.
Prazo: ata o 25/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/CvGaN4
10
10
Boletín de emprego
OFERTAS EMPREGO PÚBLICO
10 de maio de 2017
VOLVER AO ÍNDICE
LISTAS XUNTA DIFERENTES CATEGORÍAS
Descrición: A Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición
nas listas de emprego temporal da Administración galega.
Prazo: ata o 15/07/2017
Resolución Xunta: https://goo.gl/dRpngW
Máis información: https://goo.gl/i6h1QW
Enlace bases: https://goo.gl/i6h1QW
SERGAS: DIFERENTES CATEGORÍAS
(Listas de contratación)
Descrición: O SERGAS abre o prazo para anotarse en listas
de aspirantes para a formalización de nomeamentos tempo-
rais (Telefonista, Albanel, Carpinteiro/a, Costureiro/a, Pe-
rruqueiro/a) Prazo: ata o 25/04/2017 para a primeira xeración de listas.
A partir desa data seguirá aberta para unha segunda xera-
ción de listas.
Enlace bases: https://goo.gl/7ttj1P
AUXILIARES POLICÍA LOCAL
Descrición: O Concello de Mugardos convoca para contra-tación temporal de 2 auxiliares de policía local. Educación
Secundaria Obligatoria, Graduado Escolar ou equivalente. Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/XAf8LY
CONDUTOR/A MAQUINARIA e PEÓNS
Descrición: O Concello da Capela selecciona para contratación
laboral temporal, a tempo parcial, dun condutor de maquinaria
oficial 2.ª (5 meses), e tres peóns. Persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos especificados nas bases (muller, desempregado longa duración, maiores de 45 anos, etc)
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/Bq8aiW
AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL
Descrición: O Concello de Ortigueira convoca proceso selecti-
vo para a contratación laboral temporal de dous (2) auxiliares
de Policía Local. Ensinanza Secundaria Obrigatoria, título de
graduado escolar ou equivalente.
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/xq9xqD
AXUDA NO FOGAR (Bolsa de Traballo)
Descrición: O Concello da Pobra do Caramiñal convoca
proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo
para cubrir vacantes no Servizo de Axuda no Fogar do Conce-
llo. Titulo de Formación Profesional de Grao Medio de Aten-
ción Sociosanitaria ou equivalente; Título de Formación Profe-
sional de Grao Medio en Coidados Auxiliares de Enfermería
ou equivalente; ou do Certificado de Profesionalidade de Aten-
ción Sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/kVf2Ry
11
11
Boletín de emprego
OFERTAS EMPREGO PÚBLICO
10 de maio de 2017
VOLVER AO ÍNDICE
XEFES DE PRAIA e SOCORRISTAS
Descrición: O Concello de Ribeira convoca proceso para contratación temporal de 3 xefes de Praia e 35 socorristas. Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáti-
cos da Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo: ata o 29/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/OTpx4k
XEFE BRIGADA, PEÓNS e CONDUTOR/A
Descrición: O Concello de Riberira convoca proceso para a
contratación laboral temporal dunha brigada de prevención e
defensa contra os incendios forestais (1 xefe de brigada, 3
peóns e 1 peón condutor). Prazo: ata o 24/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/WyNia2
INFORMADOR/A TURÍSTICO/A
Descrición: O Concello do Pino convoca para a selección de
persoal laboral de praza de informador/a turístico con carác-
ter temporal. Técnico Superior en Información e comerciali-
zación turística ou técnico superior en guía, información e
asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísti-
cas, ou grado ou diplomado/a en turismo ou equivalente ho-
mologado. Acreditación do coñecemento do Camiño de San-
tiago. Permiso de conducir B. Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/R1fESE
Enlace convocatoria: https://goo.gl/lywiFX
LIMPADOR/A
Descrición: O Concello das Pontes de García Rodríguez con-voca proceso para cobertura como interinidade de praza de limpador/a. Realizarase lista de contratación para futuras vacantes. Prazo: ata o 19/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/lgYAaY
POLICÍA PORTUARIA
Descrición: A Autoridade Porturaria de Vilagarcía de Arousa
e a súa Ría convoca proceso selectivo para cubrir praza de
policía portuaria. Graduado en Educación Secundaria ou FP
Grao Medio.
Prazo: ata o 30/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/sZAfcL
Enlace convocatoria: https://goo.gl/NViKfF
TÉCNICO/A AXENTE DE TURISMO
Descrición: O Concello do Pino convoca para a selección de
persoal laboral de praza de técnico/a axente de turismo con
carácter temporal. Diferentes titulacións (ver base segunda)
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/dYOdqI
Enlace convocatoria: https://goo.gl/BIP7p1
AUXILIARES POLICÍA LOCAL
Descrición: O Concello de Cedeira convoca proceso selecti-
vo para a formación dunha listaxe para a contratación laboral
temporal de auxiliares de Policía Local. Ensinanza Secunda-
ria Obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente.
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace bases: https://goo.gl/ydD6eL
12
12
Boletín de emprego
OFERTAS EMPREGO PÚBLICO
10 de maio de 2017
VOLVER AO ÍNDICE
MÁIS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA
BLOG EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA
PEÓNS OBRA e LIMPEZA VIARIA (6)
Descrición: O Concello de Brión convoca para selección de
persoal laboral temporal para a execución de diferentes obras
públicas municipais e a prestación de servizos mínimos muni-
cipais. Persoas desempregadas pertencentes a algún dos co-lectivos especificados nas bases (muller, desempregado longa duración, maiores de 45 anos, etc)
Prazo: ata o 12/05/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/xKxSd6
TRABALLADOR/A SOCIAL
Descrición: O Concello da Coruña convoca proceso para a
elaboración de listas para cobertura de prazas de traballador/
a social, funcionarios interinos. Título de Grao ou Diploma-
do en Traballo Social.
Prazo: ata o 26/05/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/DkkCZl
Enlace bases: https://goo.gl/8GgJPM
AUXILIAR DE BIBLIOTECA
Descrición: O Concello de Vimianzo selecciona 2 conduto-
res do vehículo motobomba. Permiso de conducir C.
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/hF72I3
XEFES DE BRIGADA e PEÓNS
Descrición: O Concello de Vimianzo selecciona 2 xefes de
brigada e 8 peóns para as Brigadas de Prevención e Defensa
Contra os Incendios do Concello. Carné de conducir B.
Prazo: ata o 16/05/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/m4rkfB
13
13
Boletín de emprego
BOLSAS—PRÁCTICAS
STUDENTJOB
Descrición: En StudentJob atoparás prácticas en empresas e
bolsas en diferentes sectores profesionais que che axudarán a
adquirir a experiencia que precisas.
Enlace: https://goo.gl/uwavAH
DROPP´PIN EURES
Descrición: Drop'pin é un novo sitio web cuxo fin é axu-
dar á mocidade a atopar novas oportunidades para au-
mentar a súa empregabilidade, achegándoos ás empresas
que poidan ofrécelas.
Enlace: https://goo.gl/MYQ3C7
10 de maio de 2017
EUROPE DIRECT
Descrición: Páxina da Deputación da Coruña
(EuropeDirect) onde se recollen diferentes opción de
prácticas actualizadas.
Enlace: http://goo.gl/2c0UXT
FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Descrición: O Programa de Formación empresarial FUAC ma-
terializase coa realización de prácticas en empresas, institu-
cións ou entidades, as cales quedan reguladas a través do
correspondente Convenio entre a Empresa de acollida e a
Fundación Universidade da Coruña (FUAC).
Enlace: https://goo.gl/FgpKvR
VOLVER AO ÍNDICE
PROGRAMA ARGO
Descrición: programa de movilidade promovido polo Ministe-
rio de Educación, Cultura y Deporte, cuxo obxectivo é impul-
sar a formación complementaria dos titulados de universidades
españolas mediante a realización de prácticas en empresas de
Europa, de EE.UU., Canadá e empresas españolas ou multina-
cionais con sede en Asia u Oceanía. Menores de 35 anos e ter
obtido a titulación nos últimos 3 anos nunha universidade espa-
ñola.
Prazo: ata o 01/09/2017
Enlace: http://www.becasargo.es/
14
14
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
FORMACIÓN
VOLVER AO ÍNDICE
PROBAS OBTENCIÓN TÍTULO GRADUADO EN ESO
Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017. (Ver convocatoria:
https://goo.gl/gcB5wk )
Destinatarios:
1. Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de
formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas pro-
bas se previamente cumpre unha serie de condicións (ver convocatoria)
Matriculación:
– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matri-
culadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
CURSO ADAPTACIÓN AO SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS
Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN)
Destinatarios:
a) Licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
b) Técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
Matriculación: http://agasp.xunta.es
Prazo matriculación: ata o 18/05/2017
15
15
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
FORMACIÓN
VOLVER AO ÍNDICE
CURSOS DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA (FORMACIÓN AFD)
A data de hoxe xa están a publicarse a previsión de cursos de formación AFD (destinados a persoas en situacíón de desempre-
go. Periodicamente vaise actualizando a listaxe de cursos previstos. Os cursos que se impartirán na Comarca da Coruña actual-
mente publicados son os seguintes:
A Coruña
HOTR0109 - Operacións básicas de pastelaría (nivel 1)
SSCE0110 - Docencia da formación profesional para o emprego (nivel 3)
SSCE0110 - Docencia da formación profesional para o emprego (nivel 3)
SANT0108 - ATENCIÓN SANITARIA A MÚLTIPLES VÍCTIMAS Y CATÁSTROFES (nivel 2)
SANT0208 - TRANSPORTE SANITARIO (nivel 2)
Podes ver os programas, as entidades que os imparten e a incorporación de novos cursos aprobados no seguinte enlace: https://
goo.gl/7mfqaz
Estudos mínimos para o acceso aos cursos de nivel 3: Bacherelato ou equivalente, Certificado Profesionalidade de nivel 3,
Certificado de Profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.
Estudos mínimos para o acceso aos cursos de nivel 2: ESO ou equivalente (ou ter aprobadas probas de acceso á universidade,
ter aprobadas as competencias clave correpondentes, outro certificado de nivel 2, ou outro certificado de nivel 1 da mesma
especialidade)
Estudos mínimos para o acceso aos cursos de nivel 1: non se esixen requisitos
FORMACIÓN EN RISCOS LABORIAS DO ISSGA
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral oferta formación de xeito permanente tanto presencial como mediante
teleformación. Cursos nivel básico, Xornadas técnicas, Formación en liña e outras actividades.
Enlace cursos: https://goo.gl/8SdeGb
FORMACIÓN COOPERATIVA
No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano
2017, a Unión de Cooperativas Espazocoop pon en marcha a súa oferta de cursos gratuítos ofertando 10 cursos na modalidade
de teleformación, e teleformación mixta (é dicir, teleformación e sesións formativas presenciais). Gratuítos.
Esta programación está dirixida a socios e socias de cooperativas, ás súas traballadoras/es, a persoas socias e traballadoras dou-
tras entidades de economía social, e ao público interesado en xeral.
A inscrición está aberta.
Máis información e inscrición: https://goo.gl/c8y6ls
16
16
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
FORMACIÓN
VOLVER AO ÍNDICE
ALMORZOS COOPERATIVOS (NETWORKING)
[ A CORUÑA 24 MAIO - SANTIAGO 24 MAIO - VIGO 25 MAIO ] Na Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop temos cita para a próxima sesión do mes de Maio dos Almorzos Cooperativos,
encontros de networking coa economía social:
Santiago 24 de maio, A Coruña 24 de maio e Vigo 25 de maio.
>> Coñecerás ferramentas de finanzas cooperativas e éticas.
>> Realizaremos unha dinámica de coñecemento, e colaboración: queremos facilitar a xeración de procesos de colaboración e intercooperación entre cooperativas e entidades da economía social. Almorzos cooperativos | Programa Aquí | Inscrición Aquí
17
17
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
AXUDAS e SUBVENCIÓNS A EMPRESAS E AO EMPRENDEMENTO
PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (Programa I)
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases que rexerán o Programa de Promoción do
Emprego Autónomo.
Beneficiarios: persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial
por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2016 e
o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación
Contía da subvención: Establécese unha contía base de 2000 € para todas as persoas beneficiarias. Esta con-
tía incrementarase nun 25% por cada un dos seguintes casos:
a) Persoa incorporada é unha muller
b) Persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en risco de exclusión social
c) Persoa incorporada cuxa unidade familiar todos os seus membros están desempregados
d) O centro de traballo está situado nun concello rural (inclúese Sada, a efectos desta subvención)
A contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 4000 €
Prazo de solicitude: ata o 02/10/2017
Convocatoria: https://goo.gl/0bjpyq
Solicitude e máis información: https://goo.gl/LXV9Ug
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste proce-
demento deberán ser realizados electronicamente.
Resumo: TR341D - Programa I. Promoción do emprego autónomo. http://www.igape.es/es/base-xeral-de-
axudas/ficha/TRAB051
Se queres informarte mellor achégate á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Sada.
VOLVER AO ÍNDICE
18
18
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
AXUDAS e SUBVENCIÓNS A EMPRESAS E AO EMPRENDEMENTO
Axudas a persoas autónomas para contratación indefinida de persoas
asalariadas (Programa II)
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases que rexerán os incentivos á contratación indefinida inicial
de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal
en Galicia
Persoas beneficiarias:
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola
primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola
segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
Ámbito temporal: serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen dende o 1/01/10/2016 ata o
30/09/2017. Poderá ser a tempo completo ou parcial, incluída a modalidade de fixo-descontinuo.
Contía dos incentivos:
I. Primeria persoa traballadora indefinida: 5.000 €
II. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 6.000 €
Esta contía incrementarase nun 25% por cada un dos seguintes casos:
a) Persoa incorporada é unha muller
b) Persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en risco de exclusión social
c) Persoa incorporada cuxa unidade familiar todos os seus membros están desempregados
d) O centro de traballo está situado nun concello rural (inclúese Sada, a efectos desta subvención)
Deste xeito, as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían de 10.000 € e 12.000 € respectivamente
Prazo de solicitudes:
as solicitudes polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación da convocatoria debe-
rán presentarse no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
as solicitudes realizadas polas contratacións efectuadas dende a entrada en vigor da orde deberán solicitarse ata o último
día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención.
Tope do prazo de solicitude: ata o 02/10/2017
Convocatoria: https://goo.gl/0bjpyq (D.O.G. nº 50 do 13/03/2017)
Solicitude e máis información: https://goo.gl/0tSPFc
Resumo: TR349F - Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalaria-
das: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/TRAB052
Se queres informarte mellor achégate á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Sada.
VOLVER AO ÍNDICE
19
19
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
AXUDAS e SUBVENCIÓNS A EMPRESAS E AO EMPRENDEMENTO
Incentivos á contratación por conta allea persoas desempregadas de longa
duración (de 45 ou máis anos)
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases que rexerán e a convocatoria dos incentivos que teñen
por finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración
Entidades beneficiarias: as empresas, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, que
contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestar servizos en centros de traballo
situados en Galicia
A efectos desta orde enténdese por desempregados/as de longa duración a persoas de 45 ou máis anos que na data da súa
alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada
no Servizo Público de Emprego de, polo menos, 12 meses durante os 18 meses anteriores á súa contratación.
Ámbito temporal: serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen dende o 1/01/10/2016 ata o
30/09/2017. Poderá ser a tempo completo ou parcial, incluída a modalidade de fixo-descontinuo.
Contía dos incentivos: As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros
Esta contía incrementarase nun 25% por cada un dos seguintes casos:
a) Persoa incorporada é unha muller
b) Persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en risco de exclusión social
c) Persoa incorporada cuxa unidade familiar todos os seus membros están desempregados
d) O centro de traballo está situado nun concello rural (inclúese Sada, a efectos desta subvención)
No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal no mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do
75 % de persoal indefinido, as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 12.500 euros (incrementándose
nun 25% nos mesmos casos expostos con anterioridade)
Prazo de solicitudes:
as solicitudes polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación da convocatoria debe-
deberán presentarse no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. (Ata o 06/06/2017)
as solicitudes realizadas polas contratacións efectuadas dende a entrada en vigor da orde deberán solicitarse ata o último
día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención.
Tope do prazo de solicitude: ata o 02/10/2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anterio-
res.
Convocatoria: https://goo.gl/KgYsAm
Solicitude e máis información: https://goo.gl/xlUT82
VOLVER AO ÍNDICE
20
20
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
AXUDAS Á CONTRATACIÓN e PARA EMPRENDEDORES
Convocatoria da Secretaría Xeral da Emigración para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia
das persoas galegas retornadas.
Contía: ata unha contía máxima de 4.000 euros, para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e de
6.000 euros, para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado
Prazo: ata o 29/09/2017 Enlace convocatoria: https://goo.gl/JMI5tN
PROMOCIÓN AUTOEMPREGO PARA PERSOAS GALEGAS RETORNADAS
A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña convoca axudas a empresas para a contratación de
persoas sen emprego e a emprendedores que decidan iniciar unha actividade empresarial e/ou profesional, e que finaliza-
ran, no marco do Programa Integral de Cualificación e Emprego, a fase de orientación vocacional do Plan de Capacitación.
Tanto as persoas contratatadas como os/as emprendedores deberán estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil
Prazo: ata o 29/12/2017
Enlace convocatoria: https://goo.gl/dcRFDV Enlace bases: https://goo.gl/LZ6GEB
OUTRAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS
MR701D Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020. (Prazo: Aberto todo o ano)
IG501A Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas
polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento
Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. (Prazo: ata o 01/05/2017)
AXUDAS DO IGAPE PARA EMPRENDEDORES
GALICIA EMPRENDE - AXUDAS DO IGAPE PARA NOVOS EMPRENDEDORES
Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de
investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas
nova peme. Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo de presentación: Máis Información: https://goo.gl/5AhCZL
2017.1/ 18/04/2017-20/06/2017
2017.2/ 30/06/2017-29/09/2017
2017.3/ 10/10/2017-30/11/2017
GALICIA RURAL EMPRENDE - CREACIÓN DE EMPRESAS ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS
Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desen-
volvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de
emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais. Subvención a fondo perdido
en réxime de concorrencia competitiva e amparadas no réxime de minimis.
Prazo de presentación: ata o 02/05/2017 Máis Información: https://goo.gl/f7iQOG
21
21
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
AXUDAS e SUBVENCIÓNS A EMPRESAS E AO EMPRENDEMENTO
VOLVER AO ÍNDICE
BONIFICACIÓNS / REDUCIÓNS Á CONTRATACIÓN LABORAL: https://goo.gl/nzJksA
PAGO ÚNICO DA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO: https://goo.gl/2BgaZl
OUTRA INFORMACIÓN
A Medida Leader xurde para apoiar pequenas iniciativas conducentes a mellorar a calidade de vida e xerar em-
prego, mediante actuacións de desenvolvemento rural. A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas— Be-
tanzos é a entidade na que se integran os diferentes axentes interesados en promover o desenvolvento do terri-
torio de actuación.
Beneficiarios das axudas: Promotores públicos e Promotores privados (persoas físicas ou xurídicas de carácter
privado incluíndo as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades)
Proxectos subvencionables:
Actividades productivas: proxectos que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á
producción de bens ou servizos.
Actividades non productivas: (promovidos por entidades sen ánimo de lucro, etc que non supoñan o inicio
ou desenvolvemento dunha actividade económica.
Zona de aplicación do programa: o Concello de Sada entra na súa totalidade agás o núcleo de Sada
Contía das axudas:
Proxectos productivos: ata 130.000 € (equivalente a un máximo do 50%)
Proxectos non productivos: ata 60.000 € (equivalente a un máximo do 90%)
Prazos de solicitude: Ata o 31/03/2017 para a primeria convocatoria. A partir do 01/04/2017 para a segunda
convocatoria.
Máis información: Asociación Mariñas-Betanzos (San Marcos, s/n 15318 Abegondo. 981669541 / 629 070 395/
[email protected] / www.marinasbetanzos.gal) e na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do
Concello de Sada.
MEDIDAS LEADER DE DESENVOLVEMENTO RURAL
22
22
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
Axudas para paliar necesidades económicas sobrevidas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas destinadas ao alumnado que curse
estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura,
enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, no curso académico 2016/17, nas universidades do Sistema universitario de
Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas duran-
te o actual curso académico que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos
Importe: ata un máximo de 2.500 €
Prazo de solicitude: Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de
presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Ga-
licia. Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de
solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das
solicitudes o 31 de xullo de 2017
Convocatoria: https://goo.gl/h79Izb
AXUDAS: PARA UNIVERSITARIOS/AS e PARA EMIGRANTES RETORNADOS
VOLVER AO ÍNDICE
Axudas extraordinarias para persoas emigrantes galegas retornadas
A Secretaría Xeral de Emigración aproba as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas
emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se
establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa
residencia actual en Galicia
Requisitos:
a) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do
retorno a España.
b) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.
c) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Carecer de rendas ou ingresos suficientes.
Prazo de solicitude: ata o 31/08/2017
Solicitude e máis información: https://goo.gl/Kv07Gv
Convocatoria: https://goo.gl/NzPS6Y
23
23
Boletín de emprego 10 de maio de 2017
É unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos/as xóvenes ó mercado de traballo, establecendo que os/as xóvenes poidan
recibir unha oferta de empreo, de educación ou formación tras ter finalizado os seus estudos ou quedar desempregados/as.
Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión. Tamén poderán inscribirse as persoas estranxeiras titulares dunha autoriza-
ción para residir que habilite para traballar.
Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio español.
Ter maís de 16 anos e menos de 30
Web do Programa: Garantía Xuvenil
Se queres máis información sobre esta acción formativa e/ou sobre o Sistema de Garantía Xuvenil acude ao Servizo de Emprego do
Concello de Sada
QUE É O SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL
VOLVER AO ÍNDICE
É un documento dixital que contén os teus datos identificativos. Permitirá a túa identificación en Internet e intercambiar
información con outras persoas e organismos coa garantía de que só ti e o teu/túa interlocutor/a poden acceder a ela
QUEN O PODE SOLICITAR?
Calquera cidadá/n, maior de idade ou menor emancipado que estea en posesión do seu DNI ou NIE. É gratuíto.
PARA QUE SERVE?
Permite realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet, como por
exemplo:
Presentación e liquidación de impostos
Presentación de recursos e reclamacións
Cumprimentación dos datos do censo de poboación e vivendas
Consulta e inscrición no padrón municipal
Consulta de multas de circulación
Consulta e trámites para solicitude de subvencións
Consulta de asignación de colexios electorais
Sinatura electrónica de documentos e formularios oficiais
ONDE E COMO O PODO SOLICITAR: https://goo.gl/UZCjqX
O CERTIFICADO DIXITAL