Upload
others
View
9
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Rúa Lisboa, 20 - baixo
15707 Santiago de Compostela A Coruña
T 981552206 | F 981938274
[email protected] www.ceeesg.org
A profesión que sentes, o colexio que queremos
Boletín do Ceesg
nº98—decembro 2015
Tema do mes
ASAMBLEA CEESG
Mónica Serrano Soto
Colexiada nº 3795
Educadora Social
Presidenta do Ceesg
Benqueridas compañeiras e benqueridos
compañeiros de camiños, rotas, sendeiros,
roleiros, estradas e múltiples formas de vías polas
que achegarnos aos espazos onde facemos da
nosa profesión un lugar de encontro e
construción de cidadanía e comunidade.
A presente Xunta de goberno, ven de atravesar
un ano cheo de novas ilusións, infortunios
inesperados, logros pequenos pero recoñecibles
para a nosa profesión, proxección nos medios
aínda que puntual, traballo de prospección ante
novas realidades e busca continuada do desenrolo
de cada unha das membro para lograr chegar as
necesidades reais que temos como colexio.
O sábado 19 de decembro celebramos a xornada
avaliativa anual onde expoñemos o que somos, o
que logramos e o que temos que mellorar para
acadar os obxectivos que fai a penas un ano
marcamos como prioritarios nesta nova Xunta de
goberno.
1. Pór en valor o Ceesg e a Educación Social
ante a cidadanía galega.
2. Estar presente nos medios de comunicación.
3. Estimular a colexiación e a participación
colexial na vida do Ceesg.
4. Promover que a formación continuada, así
como os documentos profesionais e as
publicacións do Ceesg sexan referentes para
a praxe profesional.
5. Demandar os postos de traballo propios e
defender a creación de emprego en
condicións laborais dignas.
6. Enmarcar o traballo en rede como marca de
identidade para a construción colectiva da
profesión.
7. Estar presentes nas institucións decisorias
para a educación social.
8. Velar polo cumprimento dos principios
éticos e deontolóxicos inherentes á
profesión.
Facendo un balance podemos destacar a
continuación como fomos facendo realidade ou
non o que fai uns meses marcamos no noso
programa.
“O mellor do mundo é a cantidade de
mundos que el contén” Eduardo Galeano.
Con esta frase comezamos a presentación da nosa
candidatura fai a penas 10 meses, definindo a cada
unha das persoas que formarían parte da nova equipa, e que de maneira horizontal pretende levar
as rendas dun proxecto de loita e defensa da nosa
gran querida profesión. Pouco a pouco, vamos
acadando que se vaia recoñecendo, pero a súa
visibilidade esta baixo un prisma moi reducido,
local e escasamente estruturado. Precisamos
chegar a unha óptica global, a unha visión plural e
que se entenda por Educación social unha
profesión de transformación socioeducativa
fundamental no momento que nos atopamos
actualmente.
O Ceesg quere ser un espazo para o encontro e
para a permanente construción da profesión
contando coa participación activa de todas as
persoas que a exercen. Unha organización que
pretende canalizar as vosas inquedanzas e
responder á necesidade de mellorar o noso labor
profesional nos diferentes ámbitos de
intervención. Seguindo a Concepción Arenal, “as
forzas que se asocian para o ben, non se
suman, senón que se multiplican”.
Tema do mes
ASAMBLEA CEESG
“A Educación Social hai que explicala, pero
sobre todo hai que experimentala” Andrea
Maroñas.
Apoiamos e estamos con todos aqueles colectivos
que comparten uns valores que defendemos e
constrúen conxuntamente a sociedade que
queremos: unha sociedade que garanta a igualdade,
a solidariedade, o benestar humano, a equidade de
xénero, a sustentabilidade ecolóxica, o dereito á
educación, o dereito á saúde, a participación
política e o desenvolvemento pleno de todas as
persoas.
Seguimos a reunirnos coa administración, loitando
por postos dignos e recoñecidos, coa universidade como garantía duns estudos de calidade e
formación de profesionais cualificados, co terceiro
sector como cobertor de necesidades
socioeducativas e creadores de postos de traballo,
con outros colexios profesionais que garanten o
traballo en equipo e entenden a coordinación e o
traballo en rede como resposta as necesidades da
sociedade, e con todos aqueles que poden facer e
fan da educación social unha profesión recoñecida
socialmente.
“A educación necesita tanto de formación
técnica, científica e profesional como de
soños e utopía” Paulo Freire.
- IDENTIDADE PROFESIONAL
- PERSPECTIVA DE XÉNERO
- XUSTIZA SOCIAL E REAL
- CULTURA E LINGUA GALEGAS
- ÉTICA PERSOAL E PROFESIONAL
Cinco piares fundamentais onde soster a nosa
ideoloxía, os nosos principios ideolóxicos
fundamentais, os cales, fomos defendendo dende
cada unha das áreas, grupos de traballo, Pic’s,
Comisións e dende cada acción que se planificou
ao longo destes últimos 10 meses.
"Para empezar un gran proxecto fai falta
valentía. Para rematar un gran proxecto fai
falta perseveranza" Tonatiuh.
Atopámonos no xermolo deste proxecto, nas liñas
estratéxicas que establecen o camiño a seguir. Ao
longo destes meses, as nosas actuacións foron
encamiñadas en pro de acadar os obxectivos
descritos anteriormente e que son concretizados
en liñas de traballo.
Podemos destacar que durante este ano loitamos
por seguir demostrando que a nosa profesión ten
un sentido, e que é preciso que se nos regularice
como unha categoría profesional máis. Así o
defendemos e así o declaramos en prensa, xa que é a máxima preocupación desta Xunta de goberno, o
desemprego e a falta de oportunidades.
Como balance xeral destes meses podemos
comentar que procuramos manter certa presenza
nos medios ou a lo menos mellorala, promover a
continuidade de concursos como Toni Julià a nivel
estatal, TFG a nivel autonómico, “Olladas dende a
Educación social” promovido dende os Pic’s;
continuar promocionando proxectos como as
Xornadas de Cabreiros e Friol; impulsar dende o
Colexio novas formas de aprendizaxe e relación
profesional como o Encontro Luso- Galaico ou as
Xornadas de Vedra sobre “Desenvolvemento
sociocumunitario no rural Galego”; gozar do Ciclo
de documentais dos grupos de traballo; presentar
e reflexionar entorno ao informe socioeducativo;
celebrar o día mundial da educación social nas tres
universidade galegas e presentar o vídeo
promocional sobre a historia da educación social en
Galicia; múltiples formacións, accións de grupos,
asistencia xurídica e laboral, recursos e reposicións
ante prazas públicas e defensa de postos dignos nas
entidades privadas; publicación dunha gran obra
mestra que despois de moito esforzo, traballo,
entusiasmo e ilusión veu a luz a finais deste 2015,
“Machismos: de micro nada” coordinado por
Fiadeiras e acollido como un logro de todo o
CEESG como das colexiadas e colexiados; e moito
máis recollidos nas memorias as que todas e todos
Tema do mes
ASAMBLEA CEESG
estades convidados a ler e reflexionar.
Todo isto e moito máis resta por facer para que a
Educación Social sexa unha profesión forte e
recoñecida polas diferentes Administracións
Públicas, as Entidades do Terceiro Sector e,
tamén, pola cidadanía. Precisamente, cómpre
recordar que a nosa participación vai trazando os
sendeiros que soñamos e construímos
conxuntamente, como profesión e como
profesionais.
“Ser educador social e non loitar é unha
contradición pedagóxica”
Dende o Colexio loitamos pola nosa profesión pero sobre todo polas persoas coas que
traballamos día tras día para que logren unha vida
digna entendida por elas e eles mesmos. Como
colexiadas e colexiados tamén precisamos que
loitedes con nos e iso lograse cando se dialoga, se
reflexiona, se avalía, e se expresa de maneira
democrática o proxecto a seguir. Comeza un
novo ano, e temos unha nova cita na Asemblea
Xeral Ordinaria que será celebrada o vindeiro 30
de xaneiro, e a que se vos convida como
colexiadas e colexiados. A Asemblea é un
momento de gran interese na medida en que no
seu marco fíxanse os obxectivos que guiarán ao
Ceesg no ano que entra, neste caso, o 2016;
ademais de ser un escenario avaliativo onde
valorar as actuacións realizadas e moitas
comentadas nas liñas anteriores.
Nesta ocasión, cumprindo co principio de
descentralización asociado ás actuacións do
Colexio, a xuntanza terá lugar na cidade de
Ourense; polo que animamos de xeito especial ás
compañeiras e compañeiros que se atopan polo
sur de Galicia a participar e acompañarnos nesta
xornada.
Agardámosvos en Ourense!!!
cgcees
PARTICIPACIÓN A TRAVÉS DE OBRADOIROS
Dende o Comité Organizador do VII Congreso Estatal de Educación Social comunícannos que se decidiu
abrir un prazo para a convocatoria de presentación de obradoiros a persoas colexiadas do estado, dado que
están recibindo numerosas chamadas e correos de persoas que solicitan impartir un obradoiro no VII
Congreso,considerouse conveniente realizar unha convocatoria xeral para ofrecer a mesma oportunidade a
compañeiras e compañeiros de profesión.
Esta modalidade dentro do VII Congreso Estatal pretende ser un espazo práctico e interactivo, que amose
un contido práctico e facilite ferramentas e dinámicas de traballo para as e os profesionais da Educación
Social, cunha metodoloxía dinámica e participativa.
Entre os criterios valorarase a experiencia e a traxectoria na realización destes obradoiros, así como a
orixinalidade e innovación dos mesmos, e as fichas teñen que ser enviadas á organización a través do Ceesg
(consulta www.ceesg.org) antes do 15 de xaneiro de 2016 ás 00:00 horas (non se admitirán propostas fóra
desta data). Unha vez recibidas tódalas propostas procederase á elección das mesmas por parte do Comité
Organizador, comunicándose as que resulten seleccionadas para ser publicadas na web do Congreso o día
21 de xaneiro de 2016.
Con motivo da limitación orzamentaria, a Organización correrá cos gastos da persoa que imparta o
obradoiro, concretamente o desprazamento e o aloxamento dunha noite.
As temáticas dos obradoiros poderán ser, entre outras propostas que garden relación cos eixos temáticos e
sexan de especial interese, as seguintes:
Movemento expresivo;
Construción da identidade de xénero;
Coaching
Feminismo
Emprendemento e Empregabilidade
Emocións e pensamento
actualidade
DE XIRA CON «MACHISMOS: DE MICRO NADA»
As Fiadeiras cab de facer realidade un soño
particular, deixar a nosa bagaxe profesional por
escrito e nun formato que poda ser compartido.
Este obxectivo tense conseguido grazas á
viabilidade dun proxecto colectivo que se
materializou na publicación do libro «Machismos:
de micro nada», que publicitamos nos últimos
tempos.
Esta obra significa moito para nós como grupo e,
tamén, para a profesión polo recoñecemento
acadado tanto a nivel institucional como social.
Despois da rolda de presentacións do proxecto en
diferentes Administracións locais e provinciais,
temos que destacar a adquisición de exemplares por parte da Deputación de A Coruña, para
facelos chegar a cada municipio do seu marco
competencial; así como o compromiso da
Concellería de Igualdade e Diversidade de
A Coruña. Un fito que permite visibilizar á
Educación Social como referente á hora de
abordar a desigualdade entre mulleres e homes e
falar das violencias machistas.
Ademais, o libro está tendo moi boa acollida nas
librerías e espazos culturais onde ten presenza.
Neste senso, cómpre destacar o tempo
marabilloso que pasamos o día 27 de novembro na
Librería Lila de Lilith en Santiago de Compostela,
onde estivemos acompañadas por moitas
compañeiras e compañeiros de profesión, por
autoras e autores que fixeron as súas achegas á
obra e, por Edicións Embora.
Igualmente, o 2 de decembro tivemos unha
fantástica acollida na Librería Berbiriana de
A Coruña, onde sumamos os apoios dunha compañeira de soños infatigable como é Lola
Ferreiro e de Rocío Fraga, Concelleira de
Igualdade e Diversidade.
Finalmente, pechamos a nosa actividade para o ano
2015 nun escenario diferente e diverso, o Festival
Treme a Terra, organizado polo Colectivo Terra
de Pontedeume. Entre música e bambolinas o
público amosouse receptivo e participativo ante a
reflexión que promove o libro. Pero isto non
remata aquí, pois para xaneiro de 2016 xa estamos
pechando novas datas e presentacións por outras
provincias e localidades galegas.
Vémonos na xira con «Machismos: de micro
nada»!!!
formación
VII Congreso Estatal en marcha
SEVILLA AGARDA POR NÓS...
A EDUCACIÓN SOCIAL NECESARIA...
A CIDADANÍA NECESÍTANOS...
Xa está aberto o prazo de presentación de comunicacións e pósters para
profesionais, empresas, entidades sociais, Universidades e Institucións que desexen
participar no VII Congreso Estatal de Educación Social; que como sabedes terá lugar os
vindeiros 21, 22 e 23 de abril na cidade de Sevilla.
A listaxe das comunicacións seleccionadas publicarase na web oficial do Congreso con
anterioridade ás datas de celebración do mesmo. O prazo de presentación ampliouse
e terá como data límite o 31 de xaneiro de 2016, e todas as propostas remitidas,
deberán integrarse nalgún dos catro eixos establecidos:
1) (Re)pensar a profesión, historia, identidade e deontoloxía.
2) (Re)facer a Educación Social para impulsar e acompañar á cidadanía.
3) O Esta(R) da Educación Social.
4) (R)evolucionando a educación social dende as emocións. Sentir, Pensar, Facer,
Coidarse e Coidar.
Para máis información, consultar as bases completas na páxina web do congreso:
www.congresoeducacionsocial.org/comunicaciones
O programa do Congreso
9:00 a 10:00. Recepción, acreditacións e entrega de documentación.
10:00 a 10:30. Acto institucional de inauguración do VII Congreso.
10:30 a 12:00. Diálogo Inaugural. ¿Contribúe a educación social á construción da cidadanía e aos
procesos de transformación social que esixe o século XXI?
12:00 a 12:30. Pausa/Café.
12:30 a 14:30. Eixo-Diálogo 1. (Re) pensar a profesión nos procesos de construción da cidadanía
e a transformación social: historia, identidade e deontoloxía.
1. Fitos da historia profesional e as súas contribucións á construción da cidadanía.
2. Bases para entender a situación da profesión no contexto actual: límites e potencialidades no exercicio profesional
no contexto actual de desregularización.
3. Referentes para repensar a profesión no equilibrio entre a praxe, a indagación e rigor científico.
4. Deontoloxía en e para o exercicio e o desenvolvemento profesional.
Coordinación diálogo: Membro do Comité Científico do VII Congreso.
Dialogan:
Rafel López Zaguirre. Educador Social. Xefe da Área de Servizos Persoais. Concello de Vilassar de
Mar (Barcelona).
Rosa Mª Marí Ytarte. Doutora en Pedagoxía. Profesora Titular, Grao de Educación Social,
Universidade Castela A Mancha. Vogal da Comisión Executiva da Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía
Social (SIPS).
Pdte. de confirmar poñente que aporte visión europea.
14:30 a 16:30. Almorzo.
16:30- 18:00. Eixo-Diálogo 2. O Esta(R) da Educación Social.
1. Dilemas, potencialidades e retos actuais na construción da cidadanía desde a perspectiva da Educación Social.
2. Dos encargos institucionais ao traballo socioeducativo. Tensións e posibilidades.
3. Políticas sociais e dereitos da cidadanía. O rol da educadora e o educador social na transformación social.
4. O poder entre as profesións sociais. Posición das educadoras e educadores sociais nos equipos interdisciplinares, nos
movementos sociais e nas redes.
Coordinación diálogo: Membro do Comité Científico del VII Congreso.
21 de abril, 2016
O programa do Congreso
Dialogan:
Ángel Madero Arias. Educador Social. Coach. Creador de “Aprendedores. Hacemos sencillo lo
complicado”. Comezou traballando no ámbito da protección á infancia, a educación e a inmigración.
Actualmente acompaña a persoas e organizacións. Defínese como un Aprendedor Social.
Isabel Pilar Agüera Parra. Educadora Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de
Almería.
Pdte. de confirmar poñente que aporte visión dos países do sur.
18:30 a 20:00. Espazos simultáneos.
Comunicacións correspondentes ao Eixo I e Eixo 2. O prazo de entrega de comunicacións é o 31 de xaneiro
do 2016.
Espazos de reflexión e construción no desenvolvemento da profesión:
Espazo 1. Sistema de Protección de menores de idade: prevención, protección, promoción e
participación. Coordina: Francisco Rodríguez Reyes. Colexio Profesional de Educadores e Educadoras
Sociais de Canarias.
Espazo 2. Xustoza Xuvenil. Coordina: Antonio Luis Balsa Urós. Colexio Profesional de Educadoras e
Educadores Sociaos de Aragón.
Espazo 3. Centros Penitenciarios. Coordina: Ricardo Pérez Robles. Colexio Profesional de Educadoras
e Educadores Sociais de Extremadura.
Espazo 4. Servizos Sociais Comunitarios. Coordina: Isabel Cortada Marín. Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais das Illas Baleares.
Espazo 5. Terceiro Sector. Coordina: Marisa Aristu Areopagita. Colexio Oficial de Educadoras e
Educadores de Navarra.
Espazo 6. Saúde Mental. Coordina: David Ventura i Lluch. Colexio de Educadores e Educadoras
Sociais de Cataluña.
Espazo 7. Diversidade funcional. Coordina: Rosa Mª Merino Martínez. Colexio Profesional de
Educadoras e Educadores Sociais da Rioxa.
Espazo 8. Educación Ambiental. Pendente de confirmar.
Espazo 9. Mediación. Raquel Palazón Gallego. Colexio Profesional de Educadores Sociales da Rexión de
Murcia.
Espazo 10. Reflexión crítica do Código Deontolóxico do educador social e da educadora social. Iñaki
Rodríguez Cueto. Colexio de Educadoras e Educadores Sociais do País Vasco.
Espazo 11. Outros ámbitos emerxentes. Francisco Peces Bernardo. Colexio Oficial de Educadores
Sociais de Castela A Mancha.
O programa do Congreso
Espazo 12. Adicións. Pendente de confirmar. Debido á capacidade das salas a participación nestes
espazos realizarase por orde de inscrición.
9:30 -11:00. Eixo-Diálogo 3. (Re) facer a Educación Social para impulsar a construción da
cidadanía e o pensamento crítico na transformación social.
1. Novos retos da profesión ante a crise económica e social da Europa do coñecemento.
2. A novas necesidades de formación e xacementos de emprego emerxentes da profesión.
3. O educador social e a educadora social como investigador/a social: Dignificación da profesión a través da formación/
investigación (I+D+I).
4. Do acompañamento cidadá á transformación social: emprendemento nos procesos de cambio, cooperación,
economía social e solidaria.
Coordinación diálogo: Membro do Comité Científico do VII Congreso. Dialogan:
Juan Sebastián Fernández Prados. Profesor de Socioloxía e Defensor Universitario da Universidade
de Almería.
Monserrat Rosa Caro. Directora da Comisionada para o Polígono Sur de Sevilla e Profesora Asociada
da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Pablo de Olavide.
Ana Camoes. Associação dos Profissionais Técnicos Superiores de Educação Social (APTSES).
11:00 a 11:30. Pausa. Café.
11:30-13:00. Eixo-Diálogo 4. (R)evolucionando as emocións: formulando os malestares para
pensar/propoñer estratexias de mellora.
Neste diálogo traballaranse os seguientes temas:
1. Percepcións, malestares e emocións na profesión nunha sociedade en crise. Impacto na profesión.
2. Estratexias para a confrontación e xestión dos malestares e emocións.
3. Tratamento, técnicas, ferramentas e recursos (teórico-prácticos) que favorecen o desenvolvemento e
fortalecemento da profesión.
Coordinación diálogo: Membro do Comité Científico do VII Congreso. Dialogan:
David Cobos Sanchiz. Profesor do Departamento de Educación e Psicoloxía Social da Universidade
Pablo de Olavide. Sevilla.
Francisco Sierra Luque. Educador Social no Proxecto socioeducativo “Conoce y Ama tu tierra” que
desenvolve o Concello de Chauchina en Granada e Codirector da Escuela de Terapia Gestal e Educación
22 de abril, 2016
O programa do Congreso
Emocional Vega de Granada.
Álvaro Cano Bengoechea. Educador Social en Asociación Kabia. Programa de Educación en Medio
Aberto no Concello de Irún.
13:00 a 14:30. Mesas de confluencia en torno a los eixos transversais.
Os eixos transversais pretenden desenvolver os dereitos da cidadanía nun espazo de
intercambio entre a praxe da Educación Social, as políticas públicas existentes e as entidades
sociais.
Mesa 1. Educación Social en Políticas de Igualdade.
Mesa 2. Diversidade cultural: ¿multiculturalidade, interculturalidade o cidadanía inclusiva?
Mesa 3. A vida como un proceso de aprendizaxe permanente para o envellecemento activo.
Mesa 4. Crecemento socio- sostible como contexto da Educación Social.
Mesa 5. Desenvolvemento do territorio, e a comunidade, como implicamos á cidadanía para a transformación dos
territorios.
Mesa 6. Cooperación e desenvolvemento local, rexional e internacional.
Mesa 7. Estabilidade, empregabilidade e innovación social no traballo socioeducativo.
Mesa 8. Educación Social nas organizacións e no sistema socioeducativo.
Mesa 9. Educación Social e diversidade para a transformación social.
Mesa 10. A situación Internacional da Educación Social. AIEJI.
Mesa 11. A educación social na competencia dixital.
Debido á capacidade das salas a participación nestes espazos realizarase por orde de abono nas
tasas de inscricción.
14:30 a 16:30. Almorzo.
16:30 a 18:00. Espazos simultáneos
Comunicacións correspondentes ao Eixo 3 e Eixo 4. O prazo de entrega de comunicacións é o día 31
de xaneiro de 2016.
Obradoiros
1. Código Deontolóxico do educador e a educadora social: análise de casos.
2. Obradoiro de interculturalidade.
3. Teatro social.
4. Movemento Expresivo.
5. Construción da identidade de xénero.
6. Coaching en educación social.
7. Feminismo e educación social.
O programa do Congreso
8. Emprendemento e empregabilidade.
9. Medios de comunicación.
10. Emocións e pensamento: un encontro saudable.
Debido á capacidade das salas a participación nestes obradoiros realizarase por orde de abono nas taxas de
inscrición.
18:30-20:30. Intercambio de Experiencias.
En función das experiencias recibidas agruparanse atendendo ás temáticas abordadas nos eixos.
Neste espazo celebraranse encontros eminentemente prácticos nos que as autoras e os autores queren
abordar unha temática concreta relacionada co Congreso, desde unha metodoloxía dinámica e participativa.
El prazo para la presentación de experiencias es el día 31 de xaneiro de 2016. En breve estarán definidas las
bases de presentación.
19:30. Entrega do Premio Concurso “Toni Juliá” e recoñecementos á traxectoria profesional
21:30. Cea-festa. Lugar emblemático de Sevilla.
9:30 a 11:00. Diálogo da profesión e a rede profesional: recreando as nosas organizacións.
11:00 a 11:30. Pausa –café.
11:30 a 13:00. Diálogo final. A Educación Social e a Cidadanía.
Conclusións
Compromisos da Educación Social coa Cidadanía.
13:30 a 14:00. Clausura institucional.
DEFINICIÓN DAS DIFERENTES MODALIDADES DE APORTACIÓNS NO CONGRESO
1. Comunicación: é un texto científico mediante o cal investigadoras/es e profesionais queren dar a coñecer unha
reflexión, experiencia ou estudo, cunha fundamentación teórica que o apoie, así como adaptado a unhas normas
específicas requiridas. É unHa aportación que contribúe a enriquecer á comunidade científica e profesional
quedando recollida no libro de actas do Congreso.
2. Obradoiro: É un encontro eminentemente práctico no que as/os autoras/es queren abordar unha temática concreta
relacionada co Congreso, desde unha metodoloxía dinámica e participativa.
3. Experiencias: É un espazo no que as/os autoras/es poderán compartir experiencias concretas que practicaron no seu
entorno laboral, no que se obtiveron bos resultados, traballando cuestións desde diferentes visións, metodoloxías…
cun carácter innovador.
23 de abril, 2016
bloguES
Mª Fernanda Arana
Educadora Social
e autora do blogue:
EDUCADORA SOCIAL.. Facilitadora de relacións para o
empoderamento das persoas
O educador social como axente de cambio dende a educación
primaria
As primeiras idades son fundamentais para o
desenvolvemento de actitudes de relación
interpersoal. É preciso desenvolver unha serie de
habilidades que fagan emerxer as capacidades de
seguridade, autoestima e autonomía, permitindo
que se formen plenamente como persoas. Educar
en valores é participar nun auténtico proceso de
desenvolvemento e construción persoal. Unha
participación que consiste en crear condicións
pedagóxicas (escola) e sociais (familia e
comunidade) para que dita construción se leve a
cabo dunha forma óptima.
¿Pero que papel representa a Educación Social en
todo isto? Segundo Castillo (2013), non hai dúbida de que a Educación Social aporta á institución
escolar “una nova forma de facer e desenvolver as
cousas, unida a unha metodoloxía e sensibilidade
para interpretalas e entendelas”, así como una
especialización “en competencias concretas
relacionadas co seguimento, a proximidade, a
comunicación ou a mediación”, integrándose como
unha peza fundamental da engranaxe educativa e
non intervindo so nas situacións de conflito, de
maneira puntual e desde o eido non formal.
Como indica Sánchez Martínez (2008), o educador
social nos centros educativos debe ser un axente
de cambio, de adaptación e de mediación, e non un
axente máis dentro do conflito educativo baseado
na resistencia ao cambio, na escasa capacidade de
adaptación á estrutura organizativa habitual das
escolas. Debe traballar xunto co resto de
profesionais en pro do crecemento persoal e
social de tódolos alumnos, sabendo combinar
saberes específicos e escolares, debe posuír unha
boa capacidade crítica, saber manexar os recursos
dispoñibles, posuír unha ampla conciencia social,
capacidade afectiva, empática e de adaptación.
Parcerisa (2007) precisa que “non se trata de
introducir estas figuras profesionais dentro do
contexto sen máis” senón que se debe buscar un
marco flexible de intervención dentro do actual
modelo de ensino para os educadores non se
conviertan neses chiscos “... que nos descarguen
do problema”; o problema é común e faise
necesaria unha visión de conxunto. O educador
social é algo máis que unha figura de emerxencia
para resolver problemas emerxentes.
«A súa finalidade non é tapar fugas de
auga, senón o desenvolvemento da
educación integral do alumnado
d e n t r o d a c o m u n i d a d e .
Probablemente sexa a titulación
universitaria que conte co perfil máis
axeitado para realizar o tipo de
i n t e r ve n c i ó n s o c i o e d u c a t i v a
demandada no eido escolar».
Petrus (2004), parafraseando a Charpak (2001),
conclúe que, si “o aprendizaxe non é unha
acumulación de información senón un proceso,
persoal e social, de construción de sentidos a
partir de múltiples representacións do saber”, non
pode darse a partir da separación entre educación
social e a educación escolar. É dicir: é
bloguES
imprescindible a actuación do educador social
tamén na educación formal e non limitar o seu
campo á educación non formal. É máis, debería
incluírse esta figura en tódolos centros de
educación primaria e non so nos de secundaria,
como actualmente ocorre en certas Comunidades
Autónomas, e en moitas ocasións limitándose a
aqueles nos que se dan altos niveis de violencia,
multiculturalidade ou fracaso escolar.
Neste senso, a consolidación desta figura no
ámbito escolar e o desenvolvemento das súas
funcións están sendo moi irregulares, dependendo
das políticas educativas de cada administración
autonómica (Castillo, Galán e Pellisa, 2012).
«Ante os problemas de fracaso
escolar, absentismo, violencia, hábitos
de estudo inadecuados, pouca
implicación dalgunhas familias,
exclusión social e educativa, etc.
moitos profesionais propoñen un
cambio na educación que busque
alternativas, novas solucións a novas
situacións contextuais, individuais e
grupais no proceso educativo na liña
do que se pretende conseguir a través
dunha educación inclusiva». A
intervención doutras figuras profesionais nos
centros educativos pode facilitar o proceso de
transformación nas escolas, sendo necesarias en
tódalas etapas educativas desde unha perspectiva
preventiva. Laorde, Prado e Royo (2006) defenden
que o educador social debe entrar como
profesional en tódolos centros educativos, non so
nos de maior conflitividade, e en tódolos niveis
educativos, como a figura que axude nos claustros
na busca desta solucións. Para iso, o educador
social debería coñecer experiencias, o currículo e
a lexislación educativa, as competencias
profesionais dos mestres e outros profesionais
como pedagogos, orientadores, traballadores
sociais, logopedas, psicólogos, etc. Sempre en pro dunha educación inclusiva mediante a educación
integral das persoas independentemente do
contexto (formal ou non formal) en que se sitúe o
proceso educativo.
O educador social pode ser o axente de cambio
nos centros escolares de primaria de cara a
conseguir a interconexión educativa coas familias,
actuando como mediador entre o centro e as
familias e co entorno social, como animador
sociocultural, como moderador ante situacións
conflictivas, como dinamizador de grupos
(incluídas as ANPAS), como detector de factores
de risco que podan derivar en situacións
socioeducativas desfavorables.
A Educación Social debe intervir para fortalecer
aos alumnos e ás familias que participan no sistema educativo, desde a prevención, sen ter que agardar
a que aparezan os problemas, polo que se fai
necesaria a inclusión da figura do educador social
en tódolos centros, e non so nos de maior
conflitividade social.
A este respecto, o Consello Xeral de Colexios de
Educadoras e Educadores Sociais dedicou un
monográfico da revista RES (16, xaneiro 2013)
precisamente sobre a Educación Social e a escola.
Nel o profesor Rafael Merino reflexiona sobre a
necesidade de superar as dificultades conceptuais e
institucionais que podan darse co fin de lograr a
integración de saberes e de transmisións entre
ambas, de maneira que poda facer máis potente a
integración social de toda a comunidade. Trátase
de recoñecer que ambas constitúen as dúas caras
dunha mesma moeda que é a educación.
Nos últimos anos, en varias comunidades
autónomas españolas podemos atopar a figura do
educador social en centros educativos,
principalmente de secundaria, pero non así nos de
p r i m a r i a . « C a da C o mu n i d a de
estableceu cales serán as funcións do
educador social, pero en todas elas
incardínanse basicamente entorno á
mellora da convivencia, a prevención
do absentismo e a mediación entre
familia e escola».
bloguES
Extremadura incorporou a figura en tódolos seus
centros de secundaria; Castela-A Mancha,
Andalucía e Aragón fixérono naqueles centros
onde o nivel de conflitividade o require. En
Cataluña, a actuación lévase a cabo dende os
Servizos Sociais Básicos, a través de programas e
proxectos coordinados cos centros. En Euskadi o
educador social xoga un importante papel no
desenvolvemento das comunidades de aprendizaxe
(Ruíz, 2013). No caso de Baleares, creouse a figura
do Técnico de Intervención Socioeducativa como
resposta ao alto índice de absentismo, fracaso
escolar e conflitividade nos centros de secundaria
(Gelabert e Muñoz, 2013).
Por outro lado, deberiamos preguntarnos que
acontece nos centros de primaria, por que non
aproveitar a plataforma de actuación que supón a
escola para levar a cabo este tipo de iniciativas
preventivas, dende a óptica da educación social e
cun enforque preventivo, e non focalizándose so
naqueles nos que hai graves problemas de
convivencia, absentismo ou conflitividade, senón
traballando en estreita colaboración con toda a
comunidade educativa e especialmente coas
familias.
Fernández del Valle (2004) considera que, se ben
os programas de intervención adoitan abordar a
problemática familiar desde situacións de risco e
desamparo, é de supor que sería preferible aplicar
programas similares pero desde un enfoque
preventivo. Neste sentido, os Servizos Sociais,
ademais dun rol de intervención nos casos onde
existen necesidades sociais ao descuberto,
asumiron o papel de coordinación de actuacións
nestes temas e, polo tanto, no caso da protección
infantil, a coordinación de actuacións co sistema de
ensino e co sistema sanitario son esenciais.
Posto que non cabe dúbida que a Educación Social
fundamentase na intervención desde unha
perspectiva preventiva de carácter primario, que
mellor que facelo desde a educación primaria,
onde se xestan os grandes problemas da educación na sociedade actual (falta de valores, absentismo,
violencia, fracaso escolar, marxinación...). É na
educación primaria onde se pode intervir no
próximo contexto de desenvolvemento do neno
desde o que, á súa vez, maior acceso pódese ter
ao contexto familiar e comunitario co fin de evitar
posteriores intervencións.
Actualmente, podemos atopar psicólogos e
psicopedagogos nalgúns centros de educación
primaria que realizan tarefas que corresponderían
á figura do educador social. Deberiamos
preguntarnos que tarefas son estas, que
competencias se requiren par ao seu óptimo
desenvolvemento e se os diplomados ou
graduados en Educación Social puideron adquirilas
ao longo da carreira universitaria. En suma,
necesitabamos saber si o perfil profesional do educador social responde ás necesidades do
ámbito da educación formal ¿Están os educadores
sociais suficientemente preparados para realizar o
seu labor nun centro de actuación primaria?
ANECA (Agencia Nacional de Avaliación d Evaluación de la
Calidad y Acreditación). (2005). Libro blanco de Pedagogía y
Educación Social. Vol. 1. Madrid: Autor. En:http://
w w w . a n e c a . e s / v a r / m e d i a / 1 5 0 3 9 2 /
libroblanco_pedagogia1_0305.pdf.
ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y
Acreditación) (2005).Libro blanco de Pedagogía y Educación
Social. Vol. 2. Madrid: Autor. En: http://www.aneca.es/var/
media/150396/libroboanco_pedagogial2_0305.pdf.
ASEDES (2004). El educador y la educadora social en el estado
español: una concreción de su trabajo en centros escolares. Infor-
me elaborado por Asedes (Asociación Estatal de Educación
Social) junto con los Colegios Profesionales de Educadores y
Educadoras Sociales del estado. Octubre 2004. [Material no
editado]. En: http://www.ceespv.org/downloads/
E.S._Centros_Escolares_ASEDES.pdf.
Castillo, M. (2013). La aportación de los educadores y educa-
doras sociales a la escuela: nuevas competencias, nuevas po-
sibilidades. RES Revista de educación social, 16. En: http://
www.eduso.net/res/pdf/16/aporescu_res_16_.pdf.
Castillo, M., Galán, D. y Pellissa, B. (2012). La incorporació dels
educadors socials a l’escola: l’experiència present i les perspectives
de futur. Barcelona: UOC.
Charpak, G. (2001). Niñas, investigadoras y ciudadanas. Niños,
investigadores y ciudadanos. Barcelona: Vicens Vives.
bloguES
Fernández del Valle, J. (2004). Intervención con menores en
riesgo desde los Servicios sociales. En González Menéndez
A., Fernández Hermida, J.R. y Secades R. (coords.)
(2004). Guía para la detección e intervención temprana con me-
nores en riesgo, 147-178. Gijón: Colegio Oficial de Psicólogos
del Principado de Asturias.
Gelabert, M. y Muñoz, A. (2013). Reforzar vínculos en la
comunidad educativa a través de la intervención socioeduca-
tiva. RES Revista de educación social, 16. En: http://
www.eduso.net/res/pdf/16/reforvin_res_16.pdf.
Laorden, C., Prado, C. y Royo, P. (2006). Hacia una educa-
ción inclusiva. El papel del educador social en los centros
educativos. Pulso. Revista de educación, 27, 77-93. En: http://
revistapulso.cardenalcisneros.es/documentos/articulos/65.pdf.
Martín-Cuadrado A., Gallego, D.J. y Alonso, C.M. (2010). El
Educador Social en acción: de la Teoría a la Praxis. Madrid: Ra-
món Areces.
Merino, R. (2013). La educación social en la escuela / la es-
cuela en la educación social. RES Revista de educación social,
16. En:http://www.eduso.net/res/pdf/16/edues_res_16.pdf
Muñoz Santos, E. y López Álvarez, C. (2008). Intervencions
de l’educador social dins l’àmbit educatiu. Experiències a Sa
Pobla. Anuari de l’educació de les Illes Balears, 2008. En:http://
www.doredin.mec.es/documentos/01220093000029.pdf
Parcerisa, A. (2007). Didáctica en la Educación Social: enseñar y
aprender fuera de la escuela. Barcelona: Graó.
Petrus, A. (2004). Educación Social y Educación Esco-
lar. Pedagogía Social. Revistainteruniversitaria, 11, 87-
1 1 0 . E n : h t t p : / / d i a l n e t . u n i r i o j a . e s / d e s c a r g a /
articulo/1457956.pdf.
Petrus, A., Romans, M. y Trilla, J. (2004). De profesión: educa-
dor(a) social. Barcelona: Paidós.
Ruíz, M. (2013). El educador social en la escuela. Un ejemplo
de intervención desde un enfoque intercultural. RES Revista
de educación social, 16. En: http://www.eduso.net/res/pdf/16/
escmultc_res_16.pdf.
Sánchez Martínez, J.J. (2008). Servicios a la comunidad: un
referente para la concreción del perfil socioeducativo de los
educadores sociales en la escuela.Bordón, 60, 41-50.
En: http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2912263.pdf.
Vallés, J. (2011). Análisis y valoración de las funciones de los edu-
cadores sociales en España. [Analysis and assessment of the
roles of social workers in Spain] (Tesis doctoral). Universi-
dad Nacional de Educación a Distancia, Madrid. En:http://e-
spacio.uned.es:8080/fedora/get/tesisuned:Educacion-Jvalles/
Documento.pdf.
Que fas ti pola educación social?
Leticia Castro Torres
Educadora Social
Colexiada nº
O meu nome é Leticia e estudei educación social
na Universidade de Santiago de Compostela, cursei
os estudos logo de rematar a licenciatura de
Pedagoxía. Alá no 2005, entendínas como
formacións que se apoiaban unha na outra. Cas
dúas medrei e tamén medraron as miñas
inquedanzas no eido social. Pero o camiño que
escollín foi ser educadora social.
Traballo desde fai 8 anos con persoas que están en
procesos de exclusión social, nun proxecto da
administración pública que facilita apoio no camiño
da inserción sociolaboral. Este obxectivo supón un
reto diario ante a falta de oportunidades, a
precariedade do mercado laboral e as políticas restritivas que padecemos na actualidade. Un
desafío tamén, identificar e xerar reflexión en
torno ás causas do noso empobrecemento, sendo
críticas ca esmola e a beneficencia e compartindo
alternativas as actuais rendas sociais.
O quefacer laboral supón tamén unha
oportunidade de pór en valor o potencial que
temos as profesionais do social no traballo
coordinado e en rede. E visibilizando e
empoderando a importantísima mirada que a
educación social aporta nos procesos con persoas
que están en situacións de especial dificultade.
Participo tamén no Foro Galego de Inmigración, un
espazo onde diferentes entidades, organizacións e
colectivos denunciamos as actuación racistas e
discriminatorias que sofren as persoas migrantes
no acceso a dereitos básicos como a sanidade, o
acceso a prestacións sociais... máis tamén
traballamos para poñer en valor a diversidade
cultural e o enriquecemento que supón para todas
e todos.
E, como non, a educación social tamén transita
na miña vida persoal. Cando estou nunha
manifestación pola defensa da nosa lingua, ou
pola defensa do dereito o aborto das mulleres,
cando nos concentramos para dicir non a
complicidade das guerras noutros territorios ou
cando defendemos na rúa unha educación
pública, gratuíta e de calidade para todas e todos.
Para min, ser educadora social é ser curiosa,
comprometida, crítica, inconformista. É ser quen
de cuestionar(se), preguntar(se), coidar(se)... na
realidade e contexto social que vivimos.
O camiño que nomeaba ao principio, é para min
un traxecto de longo percorrido, pero como dicíamos nas prazas públicas fai uns aniños:
Imos amodo porque imos lonxe.
Para ler E reflexionar...
O valor pedagóxico do humor na educación social
Este libro da a coñecer o valor educativo do humor na
educación social desde a teoría e a práctica. Para iso
analízase o concepto de humor, as súas funcións, as súas
dimensións e as barreiras para a súa implementación.
Reflexionase sobre as características, aptitudes, actitudes
e calidades humanas do educador e da educadora alegre,
positiva e divertiva e analízanse os beneficios do humor
instalado no equipo educativo. Por último, danse a
coñecer, desde a práctica, proxectos socioeducativos de
educación social de humor e con humor.
Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg
Recorda que tes á túa disposición a Biblioteca do Ceesg, unha biblioteca especializada en Educación Social
onde atoparás as publicacións organizadas por ámbitos de actuación da profesión.
Para consultas na biblioteca, é recomendable que avises previamente, para asegurarte de que a biblioteca
non estea reservada para outras actividades.
Consulta o catálogo completo de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca
Consulta o regulamento para o empréstito de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca
Actuacións
Reunión da Comisión sobre o Informe
Socioeducativo
O grupo aBeira, especializado en educación familiar,
mantivo unha xuntanza de traballo para avanzar no
labor que veñen desenvolvendo sobre o Informe
Socioeducativo.
Encontro Avaliativo Anual do Ceesg
O pasado 19 de decembro tivo lugar unha Xunta
de Goberno avaliativa do traballo realizado no
2015, na cal tamén tiveron voz os diferentes
grupos de traballo do Ceesg. O encontro
celebrouse na Galería Sargadelos, en Santiago de
Compostela, e houbo valoracións, críticas
construtivas e propostas para continuar avanzando
no camiño de cara a creación dunha educación
social transformadora, de calidade e para todas as
persoas.
Encontro Diagnose Igualdade de Xénero
A Concellería de Igualdade de Santiago de Compostela desenvolveu unha análise sobre a situación das
mulleres no municipio a través da organización de diferentes mesas avaliativas, nas cales o Ceesg estivo
representado e participou de maneira activa. Ademais, o 18 de decembro tivemos unha audiencia coa
Concelleira Dna. Marta Lois para abordar temas de interese común.
Renovación do convenio con SarQuavitae
No mes de decembro as presidencias do Ceesg e
SarQuavitae fixeron válido o acordo de renovación
do convenio de colaboración entre ambas entidades.
Mesa de traballo sobre a Renda Básica
Municipal. O Ceesg participou nunha nova
xuntanza de traballo convocada dende a Concellería
de Xustiza Social e Coidados do Concello de
A Coruña.
Servizo xurídico do Ceesg
O Servizo xurídico está dispoñible
para que as persoas colexiadas
reciban asesoramento xurídico sobre
calquera cuestión. A atención
facilítase na sede do Ceesg, cada
primeiro martes e cada terceiro
mércores de mes, en horario de
tarde, de 17:00 a 19:00.
Mesa de traballo sobre a crise das persoas
refuxiadas
O Ceesg estivo presente na 3ª convocatoria deste
escenario de traballo, onde comparte con diferentes
entidades e colectivos, coordinadas pola Concellería
de Políticas Sociais de Santiago de Compostela, a
análise e propostas de acción en relación á cuestión
das persoas refuxiadas.
Reunión do Consello Galego de Benestar
Social
O Ceesg estivo presente na reunión convocada no
pasado mes de decembro por parte do Consello
Galego de Benestar Social; onde foron abordadas,
entre outras, cuestións relativas ao proxecto de
decreto para regular o uso e acceso a historia social
única. Reunións de traballo internas
Diferentes áreas de traballo da Xunta de Goberno,
entre elas, a de comunicación e formación
reuníronse para preparar o encontro avaliativo do
19 de decembro.
Encontro sobre Políticas Sociais
O Ceesg participou nesta xuntanza, organizada por
En Marea para conversar sobre o estado da cuestión
e futuro das políticas sociais.
Técnico/a intervención familiar. Fundación Meniños (A Coruña).
Estas son as ofertas de emprego publicadas na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre
ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-
emprego-do-ceesg
Novas Dos boletíns
EMPrEgO
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Concello de Lugo. ANUNCIO da concesión de
axudas ás asociacións culturais e persoas
xurídico-privadas sen ánimo de lucro no eido da
xuventude. No BOP de Lugo nº 284, do 11 de
decembro, publicáronse as bases xerais polas cales
se regula a concesión de axudas ás asociacións
culturais e persoas xurídico-privadas que
desenvolven a súa actividade no eido da xunventude
(Área de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción
da Lingua), aprobadas por Acordo 18/837, da Xunta
de Goberno Local, do 9 de decembro de 2015.
Concello de Lugo. ANUNCIO da concesión de
axudas ás asociacións culturais e persoas
xurídico-privadas sen ánimo de lucro no eido da
cultura. No BOP de Lugo nº 284, do 11 de
decembro, publicáronse as bases xerais polas cales
se regula a concesión de axudas ás asociacións
culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de
lucro que desenvolven a súa actividade no eido da
cultura (Área de Cultura, Xuventude, Turismo e
Promoción da Lingua), aprobadas por Acordo
17/836, da Xunta de Goberno Local, do 9 de
decembro de 2015.
Concello de Ourense. ANUNCIO de contratación
do servizo de casa de acollida para mulleres vítimas
de violencia de xénero. Publicado no DOG nº 242, de
21 de decembro de 2015.
Concello Ferrol. ANUNCIO das bases para a
participación no programa Domingos a Escena 2016.
A Xunta de Goberno Local, en sesión do 14 de
decembro de 2015, aprobou as bases para a
participación no programa Domingos a Escena 2016,
aberto a tódolos grupos de teatro afeccionado de
ámbito autonómico. Consultas: taboleiro de anuncios
do Concello de Ferrol e nas seguintes páxinas web:
www.ferrol.es e www.domingosaescena.es; correo
electrónico: [email protected] Teléfono de
información: 981 94 41 80.
Consellería de Facenda. RESOLUCIÓN do 3 de
decembro de 2015, da Dirección Xeral da Función
Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas
para o desempeño transitorio de prazas reservadas a
persoal funcionario e a contratación temporal de
persoal laboral da administración da Xunta de Galicia,
reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151211/
AnuncioCA01-071215-0001_gl.pdf
Formación
Curso online sobre peritaxe xudicial
Organiza: Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Andalucía (CoPESA)
Datas: Do 1 ao 22 de febreiro de 2016
Prezo: 130€ Colexiadas/os e Amigas/os do Ceesg| 180€ Resto de persoas interesadas
Máis información: [email protected]