12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xaneiro 2015 - Nº 184 Vedra recolleu no terceiro trimestre de 2014 un total de 1.810 kg de roupa e calzado usados!! Coa solidariedade de todos e todas podemos seguir axudando a moita xente que o necesita e ademais colaboraremos co medio!! DE INTERESE!! Comeza un novo ano e Vedra segue de festa!! FESTAS EN SAN XÍAN: Días 9, 10 e 11 de xaneiro!! VEDRA FESTEIRA!! San Pedro de Vilanova: 8 de febreiro. Entroido Municipal: 14 de febreiro. San Xián de Sales: 21 de febreiro. Trobe: 22 de febreiro. AXENDA DE ENTROIDOS PROGRAMA POSTA A PUNTO 2015 OBRADOIRO 15885. CURSO DE SERIGRAFÍA VIAXE Á NEVE NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA CURSO DE HIXIENE ALIMENTARIA NOVAS SESIÓNS DO PROGRAMA VEDRA EDUCA NAS ASOCIACIÓNS: Finaliza o prazo do concurso do cartel anunciador de Teatrofilia 2015 Aberto o prazo de inscrición para participar do LAV 2015 EN FEBREIRO CAMELIA E ENTROIDO AXENDA PARA XANEIRO Todas aquelas persoas con coñecementos en costura e interesadas na participación neste taller poden inscribirse no 981 814 691 antes do 15 de xaneiro!! OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE TRAXES DE XENERAIS E CORREOS

BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL · 2018. 10. 18. · BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Xaneiro 2015 - Nº 184 Vedra recolleu no terceiro trimestre de 2014 un total de 1.810 kg de roupa

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • BOLETÍNINFORMATIVO

    MUNICIPALXaneiro 2015 - Nº 184

    Vedra recolleu no terceiro trimestre de 2014 un total de 1.810 kg de roupa e calzado usados!!

    Coa solidariedade de todos e todas podemos seguir axudando a moita xente que o necesita e ademais colaboraremos co medio!!

    DE INTERESE!!

    Comeza un novo ano e Vedra segue de festa!!FESTAS EN SAN XÍAN:

    Días 9, 10 e 11 de xaneiro!!

    VEDRA FESTEIRA!!

    San Pedro de Vilanova: 8 de febreiro.Entroido Municipal: 14 de febreiro.San Xián de Sales: 21 de febreiro.Trobe: 22 de febreiro.

    AXENDA DE ENTROIDOS

    PROGRAMA POSTA A PUNTO 2015

    OBRADOIRO 15885. CURSO DE SERIGRAFÍA

    VIAXE Á NEVE

    NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA

    CURSO DE HIXIENE ALIMENTARIA

    NOVAS SESIÓNS DO PROGRAMA VEDRA EDUCA

    NAS ASOCIACIÓNS:Finaliza o prazo do concurso do cartel anunciador de Teatrofilia 2015

    Aberto o prazo de inscrición para participar do LAV 2015

    EN FEBREIRO CAMELIA E ENTROIDO

    AXENDA PARA XANEIRO

    Todas aquelas persoas con coñecementos en costura e interesadas na participación neste

    taller poden inscribirse no 981 814 691 antes do 15 de xaneiro!!

    OBRADOIRO DE ELABORACIÓNDE TRAXES DE XENERAIS E CORREOS

  • 2

    XUVENTUDE

    POSTA A PUNTO 2015

    Un ano máis ponse en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo de encontro e formación para a mocidade do concello.

    A proposta consiste en desenvolver diferentes obradoiros e actividades entre os meses de xaneiro e xuño de 2015. A temática será variada e terán unha duración de 2 h.

    Estas actividades están dirixidas á mocidade de entre os 14 ata os 35 anos.

    Neste programa contaremos con obradoiros de:Cociñas do mundo. Comida Xaponesa “Gustaríache aprender a facer sushi?”

    Cociñas do mundo. Comida Mexicana “Descubre como facer unhas deliciosas fajitas”

    Obradoiro de reutilización de roupa, técnicas para combinar “A vida na túa roupa”

    Masterclass Fitness Dance

    Explorando o meu futuro persoal. Orientación socio-laboral “Do meu talento ó emprego”

    Proximamente farase difusión do calendario de tódalas actividades do “Posta a punto”.

    NO MES DE XANEIRO TEREMOS:Obradoiro de “Intercambios europeos, que nos ofrece Europa?”

    Día: venres 16 de xaneiroHora: 20:00 h.Lugar: Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla)

    Para máis información e inscricións:981 814 691

    [email protected]

    VIAXE Á NEVE A SAN ISIDRO (LEÓN)

    DATAS: 30, 31 de xaneiro, 1 de febreiro de 2015.

    PREZOS: Con todo incluído: 140 €.Sen aluguer de material e con clases: 125 €.Con aluguer de material sen clases: 125 €.Sen aluguer de material nin clases: 110 €.Snow con todo incluido: 150 €.Snow con material sen clases: 135 €.

    INCLÚE:2 noites en apartamentos “Toneo” a pé de pistas. (Almorzos, comidas e ceas serán por conta de cada un).2 días de Forfait.Clases de 2 horas. Os días 31 e 1.Equipos de esquí (os dous días): esquís, botas, bastóns e casco.Transporte (con desprazamentos a pistas).

    PARTICIPANTES:Terán prioridade os/as mozos/as de 18 a 35 anos (Consultar requisitos. Os non empadroados no concello terán un incremento de 25 € no custe total).

    O prazo para anotarse estará aberto ata o día 20 de xaneiro. (Prazas limitadas).

    NOTA: Os apartamentos contan con cociña, microondas, nevera…No baixo dos apartamentos hai servizo de bar e restaurante.Opcional media pensión: + 23 € (cea venres e sábado, almorzo sábado e domingo).

    Máis información e inscricións:981814691. Departamento de Cultura.

  • 3

    CULTURA

    Durante o vindeiro mes de febreiro desenvolveranse as actividades programadas para as XX Xornadas Arredor da Camelia, que coma sempre terán de protagonista a esta planta que é xa o símbolo do concello.

    ...E como non, presentan unha nova edición do Concurso de Pintura Infantil da Camelia, que no marco das Xornadas arredor da Camelia, se organiza co fin de dar a coñecer e poñer en valor esta planta e as súas flores entre a poboación mais nova do concello e da comarca.

    XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA

    Bases do 15º concurso depintura infantil da camelia

    1º Poderán concorrer todas as persoas da nosa autonomía de entre 3 e 12 anos. Haberá 3 categorías:

    A de 3 a 6 anosB de 7 a 9 anosC de 10 a 12 anos

    2º Cada concursante poderá presentar unha única obra, con soporte en cartolina ríxida ou material similar e en tamaño A4.

    3º O tema a tratar será “A Camelia”

    4º A técnica a empregar será libre, recomendándose as ceras, témperas, acuarelas, rotulacións, lapis de cores, etc.

    5º Na parte de atrás do traballo figurarán o nome completo, do/a autor/a, enderezo, número de teléfono, idade e centro escolar.

    6º Os traballos terán que entregarse na Casa do Concello antes do 10 de febreiro de 2015, no seguinte enderezo:

    Concello de VedraAvda. Mestre Manuel Gómez, 115885 Vedra ( A Coruña)

    7º O xurado estará formado por membros da Asociación Amigos da Camelia e persoas destacadas do mundo das artes. O fallo do xurado darase a coñecer na semana previa as Xornadas arredor da camelia e publicarase na paxina web do concello www.concellodevedra.com.

    8º Os premios consistirán en 1º,2º e 3º premio nas tres categorías

    9º Os traballos presentados a concurso serán expostos en formato dixital en Santa Cruz de Ribadulla o día 23 de febreiro con motivo das Xornadas arredor da camelia.

    10º A entrega de premios aos gañadores terá lugar en Santa Cruz de Ribadulla o día 22 de febreiro.

    11º Todas as persoas participantes pola súa mera presentación aceptan integramente as bases deste concurso.

    12º A organización resérvase o dereito de modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.Información:

    www.concellodevedra.comTeléfono: 981 814 691.

    Moita atención ao próximonúmero do boletín.

    Nel anunciaremos a programación das XX Xornadas Arredor da Camelia!!

  • 4

    DEPORTE

    GALA DO DEPORTE

    No 2015 o Concello de Vedra celebrará a súa II Gala do Deporte. Para o seu desenvolvemento é necesario a presentación de candidaturas.

    Por iso instamos a que dende cada entidade deportiva e por suposto calquera vedrés ou vedresa se anime a presentar candidatura por aquel ou aquela deportista que considera.

    As categorías e resto de documentación e información estarán dispoñibles na web do concello e no departamento de deportes a partir do 15 de xaneiro e ata o 20 de febreiro!!

    LEMBRA:Fin do prazo de presentación de

    candidaturas o 20 de febreiro ás 14 h no

    Rexistro Municipal de Vedra

    BASES DA GALA DO DEPORTE DE VEDRA

    A.- REQUISITOS QUE DEBE CUMPRIR CALQUERA PREMIADO/A DA GALA DO DEPORTE:

    Común a todas as categorías: para ter dereito aos nomeamentos, o período de presentación de candidaturas será do 15 de xaneiro ás 14 h. ao 20 de febreiro de 2015.

    Cada unha debe cumprir cando menos un dos seguintes requisitos:

    Ser residente en Vedra.Ter nacido en VedraPertencer a algún equipo ou Escola Deportiva de Vedra.Ou que por circunstancias especiais estea fóra do concello e que a xuízo do xurado poida ser nominado/a.

    continúa na páxina 5

    SENDEIRISMOSábado 10 de xaneiro

    Completado un novo reto para este grupo de sendeiristas! Última etapa do camiño de Lestedo a Santiago de Compostela.

    Ao remate da etapa haberá xantar de confraternidade.

    Inscricións e reservas no teléfono 981 814 691 antes do 9 de xaneiro.

    Lugares e horarios de recollida de autobuses:Saída ás 7.30 h. da Estación de Autobuses.Ás 7.35 h. parada diante de Hipercor.Ás 7.40 h. parada no Breixo.Ás 7.45 h. parada en Lestedo.Ás 8 h. parada en Mosqueiro.

  • 5

    DEPORTE

    B.- PROPOSTA DE PREMIOS E XUSTIFICACIÓN DOS MESMOS:

    1) Mellor deportista promesa feminina no periodo de abril 2013 a decembro 2014.Será outorgado á deportista menor de 18 anos que o xurado considere xunte os requisitos para tal distinción.

    2) Mellor deportista promesa masculina no periodo de abril 2013 a decembro 2014.Será outorgado ao deportista menor de 18 anos que o xurado considere xunte os requisitos para tal distinción.

    1) Mellor equipo promesa feminino no periodo de abril 2013 a decembro 2014.Será outorgado ao equipo de categoría menor de 18 anos que o xurado considere xunte os requisitos para tal distinción.

    2) Mellor equipo promesa masculino no periodo de abril 2013 a decembro 2014.Será outorgado ao equipo de categoría menor de 18 anos que o xurado considere xunte os requisitos para tal distinción.

    3) Mellor deportista feminina no periodo de abril 2013 a decembro 2014.Será outorgado á deportista que o xurado considere.

    4) Mellor deportista masculina no periodo de abril 2013 a decembro 2014.Será outorgado ao deportista que o xurado considere.

    5) Mellor evento deportivo competitivo organizado no concello no periodo de abril 2013 a decembro 2014.

    6) Mellor iniciativa non competitiva realizada no concello no periodo de abril 2013 a decembro 2014.

    7) Mellor contribución empresarial ao deporte municipal no periodo de abril 2013 a decembro 2014.

    8) Mellor contribución institucional ao deporte municipal no periodo de abril 2013 a decembro 2014.9) Premio especial do xurado á traxectoria deportiva.

    10) Premio especial do xurado “Lenda do Deporte Galego.

    NOTA: As categorías 5, 6, 7, 8 , 9 e 10 serán directamente outorgadas polo xurado, sen necesidade de presentar candidatura.

    C.- PROPOSICIÓN DE CANDIDATURAS

    Poderá presentar candidatura aos premios calquera persoa ou entidade con capacidade xurídica propia, facendo constar todos os logros acadados no periodo de abril 2013 a decembro 2014 e dando fé de que os datos aportados son certos.

    D.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

    A presentación da candidatura deberá presentarse no Rexistro das Oficinas Xerais do Concello de Vedra en horario de 09.00 a 14.00 h. Esta deberá ir acompañado dun CD coas fotografías dos nomeados en formado JPG (a poder ser no desenvolvemento da súa actividade deportiva)

    Vedra, decembro 2014

    I Gala do Deporte de Vedra, celebrada en abril do 2013

  • 6

    FORMACIÓN

    VEDRA EDUCA

    Este proxecto vai dirixido a nais e pais con fillos menores de 3 anos do concello de Vedra.

    Trátase de traballar coas familias tentando:

    Promover o recoñecemento e valoración do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos menores de 3 anos.

    Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil dende as accións da vida cotiá, facendo uso dos recursos

    e espazos do ámbito familiar como elementos educativos.

    Fortalecer as redes de apoio na crianza e educación dos menores.

    O desenvolvemento do programa realizarase durante o curso 2014-2015 a través de actividades eminentemente prácticas que se desenvolverán a través de distintos obradoiros:

    A chegada dun novo membro á familia.

    Estimulación e desenvolvemento nos tres primeiros anos de vida.

    Xogo como ferramenta de estimulación no desenvolvemento do neno.

    Desenvolvemento de hábitos e rutinas saudables.

    Como poñer límites.

    Obradoiro de risoterapia e masaxe en familia

    As persoas interesadas contactar no teléfono699 041 486 en horario de 9.00h a 14.00h.

    (É imprescindible anotarse para poder asistir).

    SESIÓNS: O 13 e 27 de xaneiro na unitaria de S. Miguel de Sarandón as 17.30 h da tarde.

    PARTICIPA!

    O Concello de Vedra oferta un curso de hixiene alimentaria-manipulación de alimentos de tres horas de duración e un coste aproximado de 20,00 € por persona. Este curso impartirase a finais do mes de xaneiro de 2015 (data pendente de concretar), de 10.00 a 13.00 horas na aula CEMIT (Biblioteca Pública de Vedra).

    As persoas interesadas na obtención do carné de hixiene alimentaria-manipulación de alimentos, poderán inscribirse no teléfono 669 450 801 ou na Casa do Concello de Vedra en horario de oficina, ata o 20 de xaneiro de 2015.

    CURSO DE HIXIENE ALIMENTARIA-MANIPULACION DE ALIMENTOS

    Xa comenzamo

    s!!

  • 7

    FORMACIÓN

    En xaneiro comeza a preparación das probas para a obtención:

    do Graduado en Secundariado acceso ao Ciclo de Grado Medio de F.P.

    Se queres participar inscribete XA no teléfono

    981 814 691 en horario de 9.00h. a 14.00h.

    EDUCACIÓN DE ADULTOS ESCOLA DE FAMILIAS

    Recorda!:

    Seguimos traballando para tratar temas do voso interese, polo que si desexas facer algunha suxerencia ou tés especial preocupación por algunha temática fainos chegar a túa proposta a través do teléfono 699-041-486 ou ao mail [email protected].

    PUNTO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO EDUCATIVO MUNICIPAL

    Lembramos que continuamos a prestar este servizo coa intención de:

    Facilita o acceso aos distintos itinerarios formativos. Ofrecer información e orientación en cuestións educativas.Asesoramento ás familias sobre as posibles alternativas educativas.

    Para calquera consulta pedir cita previa no teléfono 981 814 612ou do correo electrónico [email protected]

    Volve a oferta de obradoiros impartidos dende o colectivo 15885. O primeiro do ano 2015 será “Serigrafía” impartido por Isabel Albela.

    Este curso ten como finalidade a exploración da serigrafía a través do método de fotogravado, mediante o cal se conseguirá a reprodución de imaxes sobre tecidos ou papeis.

    Na primeira sesión, coñeceranse os materiais cos que traballar ao longo do curso, o proceso de traballo, unha primeira toma de contacto coa técnica do “Aironfix”.

    A partir da primeira sesión será o momento de plantexar os deseños para os vindeiros días de traballo.

    Cada alumno/a realizará os seus propios deseños e rematará o curso sabendo emulsionar unha pantalla, insolar e estampar sobre textil e papel.

    DATA DE INICIO SÁBADO 17 DE XANEIROHORARIO: SÁBADOS DE 16 A 20 HPREZO: 100 € POR PERSOA COS MATERIAIS DE TRABALLO INCLUÍDOS.FIN DO CURSO O 21 DE FEBREIRO(24 horas en total)

    GRUPO DE 6 PERSOAS COMO MÁXIMOINSCRICIÓNS NO TELÉFONO 981 814 691 ANTES DO 10 DE XANEIRO

    No caso de que a demanda sexa maior, realizarase outro curso ao rematar o primeiro.

    OBRADOIROS 15885INICIACIÓN Á SERIGRAFÍA

  • SERVIZOS SOCIAIS

    8

    ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

    Obradoiro “Comparsa de Entroido”Mércores 14 de xaneiro ás 20:00 h.Para a creación dunha comparsa do Centro Social, preparación de cancións, a elaboración de disfraces...

    Obradoiro de TeatroXoves 15 de xaneiro ás 18:30 h.Creación dun grupo para a montaxe dunha obra de teatro.Anímate e participa!

    Circuíto Termal nas Termas de Outariz e visitaMércores 21 de xaneiro.Prezo: 22 € (Inclúe transporte, comida, tratamento termal e visita; prazas limitadas)Programa:Pola mañá tratamento termal, xantar e visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas e contorno. (O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 13 de xaneiro no Centro Social. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición).

    Bingo Xoves 22 de xaneiro ás 20:00 h.

    PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2015

    Bingo de Nadal.

    Xantar de fin de ano da terceira idade coa actuación da cantante local Marieta.

    Requisitos:

    Ser pensionista do sistema da Seguridade Social, polos con-ceptos de xubilación ou invali-dez. No caso de viudedade ou de outras pensións requírese ter cumpridos os 60 anos.Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecemen-tos, nin enfermidades infecto-contaxiosas.Poder valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.Precisar os tratamentos termais solicitados.

    Servizos que ofrece:

    Aloxamento e manutención, en réxime de pensión completa.

    Tratamentos termais básicos.Seguimento médico do trata-mento.Póliza colectiva de seguro.

    Balnearios galegosconcertados:

    Baños Vellos Santiago de C.Termas Romanas GuitirizRio Pambre-2 Augas SantasArnoia Molgas-1Molgas-2 CarballiñoLaias LobiosAcuña-1 Acuña-2Dávila Caldelas de TuiTermas de Cuntis Illa da ToxaBaños da Brea

    Os turnos pederán ter unha dura-ción de 10 ou 12 días.

    Para asistir ás quendas de FEBREIRO a AGOSTO, ambos

    incluídos:Deben solicitalo ates do 14 de

    xaneiro de 2015.

    Para asistir ás quendas de SETEMBRO a DECEMBRO,

    ambos incluídos:Deben solicitalo antes do 14 de

    maio de 2015.

    Para máis información e solicitudes poderán dirixirse ao:

    DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS do Concello

    os LUNS, XOVES E VENRES DE 8:30 a 14:00 horas.

  • 9

    SERVIZOS SOCIAIS

    PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DO EMPREGO EDE MELLORA DAS EMPRESAS LOCAIS

    Up + Un paso máis

    O Concello de Vedra presenta o programa UP+UN PASO MÁIS que consiste nun proxecto de dinamización do autoemprego e das empresas locais co cal propoñemos desenvolver varias accións para tentar dinamizar, estimular e orientar a moitos dos seus veciños e veciñas e empresas locais a través de iniciativas eficaces de autoemprego, como posible alternativa a situacións de desemprego.

    OBXECTIVOS:Axudar ao impulso emprendedor de persoas que teñan ideas.Impulsar o espírito e acción emprendedora nas persoas con cualidades pero sen ideas de negocio.Apoiar o desenvolvemento e a mellora da competitividade das empresas locais participantes.Orientar e asesorar a persoas en situación de desemprego que desexen mellorar as súas oportunidades de inserción laboral.

    A QUEN VAI DIRIXIDO:A persoas que queiran converterse en futuros emprendedores/as.Empresarios/as que desexen mellorar a competitividade do negocio xa creado.

    QUE ACCIÓNS PROPÓN:Formación para o autoemprego.Consultoría e seguimento personalizado.Coaching individual e grupal (orientación e motivación).Elaboración do proxecto de empresa.

    INFORMACIÓN OU INSCRIPCIÓNS:De luns a venres de 8.30 a 14.00 horas na oficina da técnica local de emprego do Concello de Vedra.

    EMPREGO

    LUDOTECA

    Ao longo do mes de xaneiro realizaremos diferentes talleres para desenvolver a creatividade e a imaxinación, potenciar diferentes destrezas manuais, fomentar a coordinación e a colaboración entre @s Cativ@s e a resolución de problemas en situacións da vida real.

    Algúns destes talleres son:

    Taller de costura.

    Taller de teatro.

    Taller de solución de conflictos a través do diálogo.

    Taller de habilidades sociales e hábitos de cortesía.

  • 10

    MEDIO AMBIENTE

    FESTIVAL DE REIScoa Asociación Silandeira VISITA DOS REIS MAGOS

    AÍNDA NO NADAL

    CLASIFICACIÓN, VALORIZACIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS

    O departamento de medioambiente de Vedra comeza 2015 cunha nova xornada adicada a coñecer máis e mellores formas de reciclaxe (compostaxe doméstica, reutilización,...) e farémolo da man dun técnico de COREGAL.

    Trátase dunha ocasión inmellorable para dar resposta a todas as dúbidas que arredor deste tema teñamos ou poidan xurdir!! Ademais as persoas asistentes interesadas en obter un composteiro poderán solicitalo no transcurso desta xornada.

    Data: 30 de xaneiroHora: Ás 19 hLugar: Centro de Formación Municipal de Vedra (Casa da Estación de Tren de Santa Cruz)

  • 11

    AS INICIATIVAS DAS ASOCIACIÓNS

    A Asociación Senunpeso Produccións PRESENTA ...O LAV 2015

    Aberto o prazo para inscribirse nos cursos do Laboratorio Audiovisual de Vedra

    Dende a Asociación Cultural Senunpeso ofrecen un ano máis (e xa van oito) a profesionais e afeccionados a posibilidade de formarse en aspectos específicos do ámbito audiovisual, a través do Laboratorio Audiovisual de Vedra. Os días 7 e 8 de febreiro de 2015 celebra-remos unha nova edición do LAV, con 11 obradoiros con contido teórico e práctico, que procuran que os participantes adquiran coñecementos para a súa maior autonomía creativa e expresiva. Ata o 1 de febreiro é posible inscribirse nas 165 prazas dispoñibles, 15 para cada curso.

    Esta é a relación de cursos do LAV 2015:

    Todos os cursos teñen unha duración de 14 horas re-partidas entre o sábado 7 e o domingo 8 de febreiro. Hai 15 prazas dispoñibles en cada curso, cun prezo de 50 € para cada participante, coa excepción do curso de Ma-quillaxe FX, cun custe de 70 € que inclúe o material que empregará cada participante. O curso para alumnado da ESO é de matrícula gratuíta.

    A matrícula formalízase on line antes do 1 de febreiro a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org.

    O ritmo do relato( teoría e práctica da

    montaxe ),con Jorge Coira

    Dirección de actores e actrices,

    con Alfonso Zarauza

    Interpretación,con Flor Maceiras

    Arduino,con Guillermo Cordeiro

    DIT: o laboratoriodixital no set,

    con Fernando Alfonsín

    Colorimetría,con José Pereira

    Deseño efémero,con Marcelino de la Fuente

    e Toni Cobertera

    Maquillaxe FX,con Alberto Hortas.

    Matrícula: 70 €

    Vídeo concámara Réflex,con Gutier Rolán

    Dobraxe,con Xoán Diéguez

    Videocreación con móbiles(para alumnado da ESO),con Illa Bufarda. Gratuíto.

    Máis información en: www.senunpeso.orgwww.facebook.com/Senunpeso

  • Edita Colaboran

    PUBLICITA A TÚA PROPOSTA: Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] co asunto:NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES

    A Arturo Álvarez ... Unha vez máis, nesta ocasión polo seu premio Best of Year polo material Simetech® na categoría de Material Innovador Translúcido para a Iluminación. Este galardón convócao cada ano a revista norte-americana Interior Design, con sede en Nova York, unha das publica-cións máis importantes sobre diseño contemporáneo.Co Simetech, creado por Arturo Alvarez, fabrícanse once das colec-cións da firma con sede en Vedra. O Simetech® é un material cálido e luminoso, lavable e está dispoñible en cinco cores: blanco, gris, ama-relo, laranxa e negro.

    PARABENS

    AS INICIATIVAS DAS ASOCIACIÓNS

    No 2015 chegará unha nova edición de Teatrofilia e para ira brindo boca a Asociación Cultural Papaventos presenta os eu concurso de carteis do que sairá a imaxe da Mostra.

    Para obter toda a información sobre este concurso podes consultar as bases na web http://asociacionpapaventos.blogspot.com.es/ ou na web do concello.

    O PRAZO DE PARTICIPACIÓN ESTÁ ABERTO ATA O 10 DE XANEIRO

    Anímate a participar e levarte o premio:Na categoría de adultos premio de 250 €.Na categoría infantil un agasallo sorpresa.

    Asociación Cultural Papaventos XI MOSTRA DE TEATRO AMADOR

    TEATROFILIAUn colectivo de artistas de moitos xéneros: pintura escultura, audiovisuais,... presenta esta proposta diferente que ten como temática común a crítica social.

    DATA DE INAUGURACIÓN: O xoves 8 de xaneiro.HORA: Ás 20 h.LUGAR: Museo Paz Camps (San Fins de Sales).HORARIOS: De martes a venres de 16 a 20 h. Mañáns e fins de semana con cita previa no teléfono 981 814 691.

    SABOTAXE AO ENGRANAXEno museo Paz Camps

    Non o perda

    s!!

    Cartel gañador da edición 2014