Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
X lexislaturaNúmero 6716 de febreiro de 2017
Fascículo 1
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións1.3.5.1. Mocións presentadas
- 4879 (10/MOC-000014)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, NoaSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e a actuación que debelevar a cabo en relación coas dificultades das familias para o pagamento do recibo da luz. (Mocióna consecuencia da Interpelación nº 3797, publicada no BOPG nº 53, do 26.01.2017, e debatida nasesión plenaria do 07.02.2017) 14716
- 4883 (10/MOC-000015)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, AntónSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa pobreza enerxética. (Mocióna consecuencia da Interpelación nº 1318, publicada no BOPG nº 21, do 29.11.2016, e debatida nasesión plenaria do 07.02.2017) 14718
- 4903 (10/MOC-000016)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de emprego público. (Mo-ción a consecuencia da Interpelación nº 1429, publicada no BOPG nº 21, do 29.11.2016, e debatidana sesión plenaria do 07.02.2017) 14721
1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno1.3.6.1.1. Proposicións presentadas
- 4820 (10/PNP-000410)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e 13 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para garantir o cum-primento dos obxectivos europeos de cobertura das redes de telecomunicación de nova xeracióne aumentar a eficiencia dos fondos públicos, así como posibilitar o acceso a unha velocidade de 30megabits por segundo, cando menos, ao 90 % dos habitantes das poboacións de menos de cincomil habitantes en Galicia 14724
- 4479 (10/PNP-000376)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14698
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a realización de xestións polo Goberno galego diante do Goberno central para o mantementodo servizo de atención ao público e venda presencial de billetes nas estacións de ferrocarril doBarco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Ribadavia, Sarria e Guillarei 14727
- 4485 (10/PNP-000377)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máisSobre a extensión polo Goberno galego durante o ano 2017 a todas as estruturas organizativas dexestión integrada do Programa de detección precoz do carcinoma colorrectal 14730
- 4486 (10/PNP-000378)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción, e Álvarez Martínez, Luis ManuelSobre o asinamento pola Xunta de Galicia dos convenios e acordos necesarios coas tres universi-dades galegas para realizar a avaliación anual establecida na disposición adicional quinta do De-creto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, así como a súapresentación no Parlamento de Galicia para o seu debate 14732
- 4492 (10/PNP-000379)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a publicación polo Goberno galego no Portal de transparencia e goberno aberto do informereferido ao grao de cumprimento pola Xunta de Galicia dos acordos aprobados polo Parlamentode Galicia na décima lexislatura 14735
- 4493 (10/PNP-000380)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a regulación dos mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das reco-mendacións europeas 14737
- 4504 (10/PNP-000381)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para visibilizar o papel das mulleresno deporte e favorecer a súa práctica en condicións de igualdade 14740
- 4550 (10/PNP-000382)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa modernización da co-nexión ferroviaria entre Vigo e Oporto antes de 2020 14743
- 4553 (10/PNP-000383)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
14699
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Rivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas carencias de persoalcualificado que padecen as explotacións gandeiras de vacún de leite 14748
- 4554 (10/PNP-000384)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións quedebe levar a cabo en relación co acollemento de persoas refuxiadas 14752
- 4566 (10/PNP-000385)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a protección da cova de Eirós,no concello de Triacastela 14756
- 4572 (10/PNP-000386)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 4 máisSobre o dispositivo que debe pór en marcha o Goberno galego nos casos de alerta por risco detemporal e o afrontamento das súas consecuencias, así como a aprobación dun protocolo de ac-tuación coordinada de todos os corpos de emerxencias de Galicia ao respecto 14764
- 4578 (10/PNP-000387)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos causados polostemporais rexistrados en Galicia nos primeiros días do mes de febreiro de 2017 14768
- 4560 (10/PNP-000388)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 13 máisSobre a ampliación polo Goberno galego a nove meses da duración dos contratos do persoal dereforzo para a campaña do verán do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
14771- 4662 (10/PNP-000389)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción e 3 máisSobre a implantación polo Goberno galego dun servizo de pediatría dous días á semana no concellode Baralla 14781
- 4672 (10/PNP-000390)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prexuízos ocasionadosaos fogares e empresas pola duración dos cortes na subministración de enerxía eléctrica padecidosdurante o temporal rexistrado en Galicia na primeira fin de semana de febreiro de 2017 14783
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14700
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
- 4673 (10/PNP-000391)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prexuízos ocasionadosaos fogares e empresas no medio rural pola duración dos cortes na subministración de enerxíaeléctrica durante o temporal rexistrado en Galicia na primeira fin de semana de febreiro de 2017
14786- 4675 (10/PNP-000392)Grupo Parlamentario de En MareaCasal Vidal, FranciscoSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego par evitar ou limitar os cortes de longaduración no servizo de subministración de enerxía eléctrica que se veñen producindo cando haitemporal 14789
- 4682 (10/PNP-000393)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre a realización polo Goberno galego e a presentación no Parlamento de Galicia dun estudo donúmero e da situación administrativa dos galegos residentes no Reino Unido e a defensa dos seusdereitos nas institucións europeas, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central enrelación coa posición española na negociación do Brexit 14793
- 4695 (10/PNP-000394)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos cortes na subminis-tración de enerxía eléctrica producidos durante os temporais rexistrados en Galicia nos primeirosdías de febreiro de 2017 14796
- 4708 (10/PNP-000395)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar aoMinisterio de Agricultura en relación coa praga de couza guatemalteca que está a afectar a planta-ción de pataca 14799
- 4709 (10/PNP-000396)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas situacións de satu-ración producidas dende o inicio de 2017 no Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Uni-versitario da Coruña, a consecuencia do pico da gripe 14803
- 4725 (10/PNP-000397)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
14701
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para solucionar as carencias e defi-ciencias existentes no colexio de educación infantil e primaria Luís Pimentel, de Lugo 14806
- 4729 (10/PNP-000398)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a presentación pola Xunta de Galicia dun plan de recuperación da titularidade e explotaciónpública directa dos saltos hidroeléctricos e a facilitación de información respecto das condiciónsdo outorgamento das concesións 14809
- 4744 (10/PNP-000400)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, JulioSobre a elaboración polo Goberno galego dun programa de medidas para mellorar a seguridade abordo dos buques, co fin de reducir a sinistralidade marítima e o número de vítimas 14814
- 4750 (10/PNP-000401)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento das súascompetencias en materia de consumo en relación co control dos produtos financeiros emitidospola entidades bancarias para os clientes e os seus procesos de comercialización 14816
- 4757 (10/PNP-000402)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a presentación polo Goberno galego dos resultados da avaliación do Plan galego de investi-gación, innovación e crecemento 2011-2015 14820
- 4759 (10/PNP-000403)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a creación dunha comisión parlamentaria non permanente de estudo para abordar a pro-blemática que supón para o tecido produtivo e o mercado laboral de Galicia a dinámica de deslo-calización da industria auxiliar da automoción e presentar unha proposta sobre as liñas deactuación necesarias, así como as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto
14822- 4766 (10/PNP-000404)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a continuación polo Goberno galego coa execución do proxecto do Parque Arqueolóxico doMegalitismo, na Costa da Morte 14826
- 4770 (10/PNP-000405)Grupo Parlamentario de En MareaLago Peñas, José Manuel e 13 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14702
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia dunha estratexia a favor da estabilidade no empregoe do remate do incremento do emprego temporal e precario 14828
- 4795 (10/PNP-000406)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa suba do canon co-brado aos concellos polo tratamento do lixo en Sogama, recollida na Lei de orzamentos xerais daComunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 14832
- 4739 (10/PNP-000407)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 3 máisSobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para paliar os danos ocasionados polotemporal rexistrado en Galicia nos primeiros días de febreiro de 2017, así como o establecementodunha liña de axudas para os particulares, empresas e autónomos afectados nas zonas costeiras
14834- 4755 (10/PNP-000408)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para controlar e erradicar a praga decouza guatemalteca que está a afectar a pataca, atender os cultivadores afectados e cubrir os danosfuturos, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central ao respecto 14837
- 4805 (10/PNP-000409)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre a elaboración pola Xunta de Galicia, no primeiro semestre de 2017, dun novo plan de xestióndo lobo 14839
- 4831 (10/PNP-000411)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante da Unión Europea en relación co tipode botiquín de medicamentos esixido para as embarcacións da frota de baixura 14841
- 4836 (10/PNP-000412)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa sentenza xudicial re-ferida ao proxecto de construción dunha liña de alta tensión entre as localidades do Irixo e Lalín, ea súa afectación á fraga de Casas Vellas, na parroquia de Catasós 14843
- 4841 (10/PNP-000413)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 2 máis
14703
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Sobre a realización polo Goberno galego dun estudo en relación co abuso de medicamentos e oconsumo de substancias sen control e ilegais no deporte amateur de fin de mellorar os resultadoso rendemento dos deportistas afeccionados, así como os seus efectos na saúde e, namentres, asactuacións que debe levar a cabo ao respecto 14846
- 4850 (10/PNP-000414)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Realdecreto 900/2015, polo que se regula o autoconsumo de enerxía eléctrica, así como as actuaciónsque debe levar a cabo para o seu impulso en Galicia 14849
- 4854 (10/PNP-000415)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaPazos Couñago, José Alberto e 7 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución das obras deconversión do corredor do Morrazo en autovía e a súa posible afección ao castro de Montealegre
14854Proposicións non de lei en pleno corrixidas
- 4445 – 4815 (10/PNP-000367)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co funcionamento, a xes-tión e a denominación da Casa da Xuventude de Ourense, actualmente denominada Espazo Xove,e o punto de encontro familiar instalado no seu edificio 14857
1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia 1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno
- 4878 (10/CPP-000015)Grupo Parlamentario de En MareaGrupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoDo Sr. conselleiro de Sanidade do Goberno galego, por petición do G. P. de En Marea, do G. P. dosSocialistas de Galicia e do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta dos feitos producidosna Unidade Psiquiátrica do Hospital de Conxo 14862
1.4.3. Interpelacións
- 4497 (10/INT-000171)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a regulación dos mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das reco-mendacións europeas 14863
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14704
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
- 4526 (10/INT-000172)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre 14866
- 4556 (10/INT-000173)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación co acollemento de persoas refuxiadas 14869
- 4573 (10/INT-000174)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a situación da lingua galega 14872
- 4594 (10/INT-000175)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre a política sanitaria na área de saúde de Pontevedra 14876
- 4604 (10/INT-000176)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a reparación dos danos causados polos temporais nos centros educativos 14878
- 4612 (10/INT-000177)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a avaliación dos resultados do Plan galego de investigación, innovación e crecemento2011-2015 14880
- 4684 (10/INT-000179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa situación administrativa e os dereitos dos gale-gos residentes no Reino Unido 14882
- 4693 (10/INT-000180)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a política do Goberno galego en relación coas interrupcións na subministración de enerxíaeléctrica a causa do temporal 14885
- 4797 (10/INT-000182)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
14705
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Sobre a política do Goberno galego en relación co canon cobrado aos concellos polo tratamentodo lixo en Sogama 14889
- 4801 (10/INT-000183)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa Rede de Reservas da Biosfera de Galicia 14891
- 4807 (10/INT-000184)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre o desenvolvemento do Plan de xestión do lobo e a elaboración dun novo plan 14894
- 4843 (10/INT-000185)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación co aumento do consumo de substancias potencial-mente perigosas para a saúde no eido do deporte afeccionado 14896
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14706
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 14 de febreiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións1.3.5.1. Mocións presentadas
Admisión a trámite e publicación
- 4879 (10/MOC-000014)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, NoaSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e a actuación que debelevar a cabo en relación coas dificultades das familias para o pagamento do recibo da luz. (Mocióna consecuencia da Interpelación nº 3797, publicada no BOPG nº 53, do 26.01.2017, e debatida nasesión plenaria do 07.02.2017)
- 4883 (10/MOC-000015)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, AntónSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa pobreza enerxética. (Mocióna consecuencia da Interpelación nº 1318, publicada no BOPG nº 21, do 29.11.2016, e debatida nasesión plenaria do 07.02.2017)
- 4903 (10/MOC-000016)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de emprego público. (Mo-ción a consecuencia da Interpelación nº 1429, publicada no BOPG nº 21, do 29.11.2016, e debatidana sesión plenaria do 07.02.2017)
1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno1.3.6.1.1. Proposicións presentadas
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia e publicación
- 4820 (10/PNP-000410)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBlanco Paradelo, Moisés e 13 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para garantir o cum-primento dos obxectivos europeos de cobertura das redes de telecomunicación de nova xeracióne aumentar a eficiencia dos fondos públicos, así como posibilitar o acceso a unha velocidade de 30megabits por segundo, cando menos, ao 90 % dos habitantes das poboacións de menos de cincomil habitantes en Galicia
14707
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Admisión a trámite e publicación
- 4479 (10/PNP-000376)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre a realización de xestións polo Goberno galego diante do Goberno central para o mantementodo servizo de atención ao público e venda presencial de billetes nas estacións de ferrocarril doBarco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Ribadavia, Sarria e Guillarei
- 4485 (10/PNP-000377)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máisSobre a extensión polo Goberno galego durante o ano 2017 a todas as estruturas organizativas dexestión integrada do Programa de detección precoz do carcinoma colorrectal
- 4486 (10/PNP-000378)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción, e Álvarez Martínez, Luis ManuelSobre o asinamento pola Xunta de Galicia dos convenios e acordos necesarios coas tres universi-dades galegas para realizar a avaliación anual establecida na disposición adicional quinta do De-creto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario, así como a súapresentación no Parlamento de Galicia para o seu debate
- 4492 (10/PNP-000379)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a publicación polo Goberno galego no Portal de transparencia e goberno aberto do informereferido ao grao de cumprimento pola Xunta de Galicia dos acordos aprobados polo Parlamentode Galicia na décima lexislatura
- 4493 (10/PNP-000380)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a regulación dos mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das reco-mendacións europeas
- 4504 (10/PNP-000381)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para visibilizar o papel das mulleresno deporte e favorecer a súa práctica en condicións de igualdade
- 4550 (10/PNP-000382)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14708
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa modernización da co-nexión ferroviaria entre Vigo e Oporto antes de 2020
- 4553 (10/PNP-000383)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas carencias de persoalcualificado que padecen as explotacións gandeiras de vacún de leite
- 4554 (10/PNP-000384)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións quedebe levar a cabo en relación co acollemento de persoas refuxiadas
- 4566 (10/PNP-000385)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, Paula e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a protección da cova de Eirós,no concello de Triacastela
- 4572 (10/PNP-000386)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 4 máisSobre o dispositivo que debe pór en marcha o Goberno galego nos casos de alerta por risco detemporal e o afrontamento das súas consecuencias, así como a aprobación dun protocolo de ac-tuación coordinada de todos os corpos de emerxencias de Galicia ao respecto
- 4578 (10/PNP-000387)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos danos causados polostemporais rexistrados en Galicia nos primeiros días do mes de febreiro de 2017
- 4560 (10/PNP-000388)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, Luis e 13 máisSobre a ampliación polo Goberno galego a nove meses da duración dos contratos do persoal dereforzo para a campaña do verán do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
- 4662 (10/PNP-000389)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción e 3 máisSobre a implantación polo Goberno galego dun servizo de pediatría dous días á semana no concellode Baralla
14709
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
- 4672 (10/PNP-000390)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prexuízos ocasionadosaos fogares e empresas pola duración dos cortes na subministración de enerxía eléctrica padecidosdurante o temporal rexistrado en Galicia na primeira fin de semana de febreiro de 2017
- 4673 (10/PNP-000391)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prexuízos ocasionadosaos fogares e empresas no medio rural pola duración dos cortes na subministración de enerxíaeléctrica durante o temporal rexistrado en Galicia na primeira fin de semana de febreiro de 2017
- 4675 (10/PNP-000392)Grupo Parlamentario de En MareaCasal Vidal, FranciscoSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego par evitar ou limitar os cortes de longaduración no servizo de subministración de enerxía eléctrica que se veñen producindo cando haitemporal
- 4682 (10/PNP-000393)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre a realización polo Goberno galego e a presentación no Parlamento de Galicia dun estudo donúmero e da situación administrativa dos galegos residentes no Reino Unido e a defensa dos seusdereitos nas institucións europeas, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central enrelación coa posición española na negociación do Brexit
- 4695 (10/PNP-000394)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos cortes na subminis-tración de enerxía eléctrica producidos durante os temporais rexistrados en Galicia nos primeirosdías de febreiro de 2017
- 4708 (10/PNP-000395)Grupo Parlamentario de En MareaQuinteiro Araújo, Paula, e Rodríguez Estévez, DavidSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar aoMinisterio de Agricultura en relación coa praga de couza guatemalteca que está a afectar a planta-ción de pataca
- 4709 (10/PNP-000396)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 3 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14710
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas situacións de satu-ración producidas dende o inicio de 2017 no Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Uni-versitario da Coruña, a consecuencia do pico da gripe
- 4725 (10/PNP-000397)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para solucionar as carencias e defi-ciencias existentes no colexio de educación infantil e primaria Luís Pimentel, de Lugo
- 4729 (10/PNP-000398)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a presentación pola Xunta de Galicia dun plan de recuperación da titularidade e explotaciónpública directa dos saltos hidroeléctricos e a facilitación de información respecto das condiciónsdo outorgamento das concesións
- 4744 (10/PNP-000400)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, JulioSobre a elaboración polo Goberno galego dun programa de medidas para mellorar a seguridade abordo dos buques, co fin de reducir a sinistralidade marítima e o número de vítimas
- 4750 (10/PNP-000401)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento das súascompetencias en materia de consumo en relación co control dos produtos financeiros emitidospola entidades bancarias para os clientes e os seus procesos de comercialización
- 4757 (10/PNP-000402)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a presentación polo Goberno galego dos resultados da avaliación do Plan galego de investi-gación, innovación e crecemento 2011-2015
- 4759 (10/PNP-000403)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a creación dunha comisión parlamentaria non permanente de estudo para abordar a pro-blemática que supón para o tecido produtivo e o mercado laboral de Galicia a dinámica de deslo-calización da industria auxiliar da automoción e presentar unha proposta sobre as liñas deactuación necesarias, así como as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto
- 4766 (10/PNP-000404)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
14711
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Toja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a continuación polo Goberno galego coa execución do proxecto do Parque Arqueolóxico doMegalitismo, na Costa da Morte
- 4770 (10/PNP-000405)Grupo Parlamentario de En MareaLago Peñas, José Manuel e 13 máisSobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia dunha estratexia a favor da estabilidade no empregoe do remate do incremento do emprego temporal e precario
- 4795 (10/PNP-000406)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa suba do canon co-brado aos concellos polo tratamento do lixo en Sogama, recollida na Lei de orzamentos xerais daComunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014
- 4739 (10/PNP-000407)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 3 máisSobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para paliar os danos ocasionadospolo temporal rexistrado en Galicia nos primeiros días de febreiro de 2017, así como o establece-mento dunha liña de axudas para os particulares, empresas e autónomos afectados nas zonas cos-teiras
- 4755 (10/PNP-000408)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para controlar e erradicar a praga decouza guatemalteca que está a afectar a pataca, atender os cultivadores afectados e cubrir os danosfuturos, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central ao respecto
- 4805 (10/PNP-000409)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre a elaboración pola Xunta de Galicia, no primeiro semestre de 2017, dun novo plan de xestióndo lobo
- 4831 (10/PNP-000411)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante da Unión Europea en relación co tipode botiquín de medicamentos esixido para as embarcacións da frota de baixura
- 4836 (10/PNP-000412)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14712
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa sentenza xudicial re-ferida ao proxecto de construción dunha liña de alta tensión entre as localidades do Irixo e Lalín, ea súa afectación á fraga de Casas Vellas, na parroquia de Catasós
- 4841 (10/PNP-000413)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 2 máisSobre a realización polo Goberno galego dun estudo en relación co abuso de medicamentos e oconsumo de substancias sen control e ilegais no deporte amateur de fin de mellorar os resultadoso rendemento dos deportistas afeccionados, así como os seus efectos na saúde e, namentres, asactuacións que debe levar a cabo ao respecto
- 4850 (10/PNP-000414)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Realdecreto 900/2015, polo que se regula o autoconsumo de enerxía eléctrica, así como as actuaciónsque debe levar a cabo para o seu impulso en Galicia
- 4854 (10/PNP-000415)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaPazos Couñago, José Alberto e 7 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa execución das obras deconversión do corredor do Morrazo en autovía e a súa posible afección ao castro de Montealegre
Proposicións non de lei en pleno corrixidas
Admisión da corrección e publicación
- 4445 – 4815 (10/PNP-000367)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co funcionamento, a xes-tión e a denominación da Casa da Xuventude de Ourense, actualmente denominada Espazo Xove,e o punto de encontro familiar instalado no seu edificio
A Mesa admite a corrección formulada no doc. núm. 4815.
1.4. Procedementos de información1.4.2. Solicitudes de comparecencia 1.4.2.1. Solicitudes de comparecencia en Pleno
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia e publicación
- 4878 (10/CPP-000015)Grupo Parlamentario de En Marea
14713
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoDo Sr. conselleiro de Sanidade do Goberno galego, por petición do G. P. de En Marea, do G. P. dosSocialistas de Galicia e do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta dos feitos producidosna Unidade Psiquiátrica do Hospital de Conxo
1.4.3. Interpelacións
Admisión a trámite e publicación
- 4497 (10/INT-000171)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a regulación dos mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das reco-mendacións europeas
- 4526 (10/INT-000172)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Blanco Rodríguez, NoelaSobre a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre
- 4556 (10/INT-000173)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación co acollemento de persoas refuxiadas
- 4573 (10/INT-000174)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a situación da lingua galega
- 4594 (10/INT-000175)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre a política sanitaria na área de saúde de Pontevedra
- 4604 (10/INT-000176)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a reparación dos danos causados polos temporais nos centros educativos
- 4612 (10/INT-000177)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a avaliación dos resultados do Plan galego de investigación, innovación e crecemento2011-2015
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
14714
X lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
- 4684 (10/INT-000179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela e 3 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa situación administrativa e os dereitos dos gale-gos residentes no Reino Unido
- 4693 (10/INT-000180)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a política do Goberno galego en relación coas interrupcións na subministración de enerxíaeléctrica a causa do temporal
- 4797 (10/INT-000182)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación co canon cobrado aos concellos polo tratamentodo lixo en Sogama
- 4801 (10/INT-000183)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación coa Rede de Reservas da Biosfera de Galicia
- 4807 (10/INT-000184)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre o desenvolvemento do Plan de xestión do lobo e a elaboración dun novo plan
- 4843 (10/INT-000185)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 2 máisSobre a política do Goberno galego en relación co aumento do consumo de substancias potencial-mente perigosas para a saúde no eido do deporte afeccionado
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º
14715
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 67. 16 de febreiro de 2017
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a
iniciativa da deputada Noa Presas Bergantiños, ao abeiro do disposto no artigo
151.2 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción para substanciar a
Interpelación debatida na sesión plenaria celebrada o pasado 8 de febreiro, sobre
a política do Goberno galego en relación coas dificultades das familias para o
pagamento do recibo da luz (doc. núm. 3797, [10/INT-000134]).
Moción
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a :
1.- Demandar do Goberno do Estado unha racionalización da fiscalidade
sobre a enerxía, de xeito que se rebaixe o tipo do IVE no consumo doméstico de
electricidade do actual tramo máis alto do 21% ao superreducido do 4% e se
revisen o Imposto Especial de Electricidade e o Imposto sobre o Valor da
Enerxía Eléctrica.
2.- Demandar do goberno do Estado a modificación da Lei 24/2013, do
sector eléctrico, de maneira que:
- Se supriman os suplementos territoriais mediante os que se
pretende que os consumidores dun territorio abonen totalmente o
sobrecusto provocado por tributos propios das CCAA ou recargas
sobre os tributos estatais (caso de, por exemplo, o canon eólico en
Galiza).
14716
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
- O prezo da electricidade se estipule en función dos custos de
xeración de cada tecnoloxía.
3.- Elaborar un estudo para o desenvolvemento e implantación dunha
tarifa eléctrica galega como territorio excedentario canto á produción de
electricidade que poida reverter nuns mellores prezos para as consumidoras
domésticas e para as empresas do noso país.”
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Deputada do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 10/02/2017 12:38:56
Ana Pontón Mondelo na data 10/02/2017 12:39:02
14717
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa do seu deputado e voceiro
suplente, Antón Sánchez García, ao abeiro do disposto no artigo 151.2 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción para substanciar a
Interpelación 1318 (10/INT-0000046), debatida na sesión plenaria do 7 de
febreiro de 2017, sobre a política do Goberno galego en materia de pobreza
enerxética.
MOCIÓN
O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a que adopte todas medidas
conducentes a asegurar que as axudas para garantir o subministro eléctrico aos
galegos e galegas cheguen a todas e todos aqueles que o precisen, nomeadamente
as seguintes :
1) Modificación da “Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o
pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de
Galiza” ampliando os criterios para ser beneficiarios no seguinte senso:
a) “As subvencións reguladas por estas bases terán por obxecto subvencionar
parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia cuxos ingresos totais da
unidade de convivencia non superen 1,8 veces o IPREM (11.502,23 €/ano). Non
será necesario para ser beneficiario que en ditas unidades convivan menores ou
discapacitados”
b) “A contía da subvención será unha cantidade fixa de 240 € ao ano para as
unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 350 € ao ano para as que
acrediten ser, ademais, familia numerosa”
14718
2) Modificación da “Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de
subministración eléctrica e de gas ás persoas economicamente máis vulnerables,
en réxime de concorrencia non competitiva” ampliando os criterios para ser
beneficiarios ou beneficiarias no seguinte senso:
a) Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma
de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces
o IPREM ( 9.585,19 €/ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural
pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, xa teñan ou non a
subministración interrompida.
b) Os gastos subvencionables serán o 100 % do importe das facturas de
electricidade ou gas natural (IVE incluído) correspondentes á vivenda habitual do
solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e xa
transcorrera a data límite de pagamento, emitidas por unha comercializadora de
electricidade ou gas natural que teña asinado un protocolo de colaboración coa
Consellería de Economía, Emprego e Industria para evitar os cortes de
subministración. Deberá facerse unha solicitude por cada factura, cun límite
máximo de 3 facturas/ano por solicitante e importe máximo de 240 €/ano por
solicitante.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017.
Asdo.: Antón Sánchez García
Deputado e voceiro suplente do G.P de En Marea.
14719
Asinado dixitalmente por:
Antón Sánchez García na data 10/02/2017 13:27:03
14720
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado,
Juan Manuel Díaz Villoslada, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte
Moción para substantivar a interpelación debatida na sesión plenaria do día 6 de
febreiro de 2017, sobre a política do Goberno galego en materia de emprego
público (doc. núm. 1429).
Moción
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, a que no novo escenario de
recuperación económica anunciado polo Goberno galego para 2017, retome o
diálogo social e a negociación colectiva no sector público autonómico para
acadar un pacto polo emprego e a calidade dos servizos públicos para o período
2017-2020 coas seguintes medidas:
1º) Establecer na maior brevidade coas organización sindicais un calendario de
traballo concreto da Mesa xeral de negociación e das correspondentes mesas
sectoriais de empregados públicos para adoptar os necesarios acordos nas
seguintes materias:
a) Un plan de oferta de emprego público para o período 2017-2020 que
permita recuperar as taxas de emprego estable perdido no período 2009-2016,
impulsando as medidas precisas para a supresión da taxa de reposición de
efectivos.
b) Un calendario previsible para a execución e finalización dos procesos de
consolidación de emprego temporal, funcionarización e promoción interna
(vertical e horizontal) que permita estabilizar o emprego público autonómico
e impulse a súa carreira profesional.
c) Reforzar os programas formativos da Escola Galega de Administración
Pública para a identificación e o reforzo de itinerarios profesionais, a
formación en competencias, así como para o apoio á promoción interna.
14721
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
d) Levantar a suspensión da aplicación dos artigos do V Convenio colectivo
único do persoal laboral da Xunta de Galicia afectados pola Lei 1/2012, do
29 de febreiro.
e) Adoptar as medidas necesarias para suprimir a penalización económica nas
situacións de incapacidade temporal.
f) A recuperación progresiva dos acordos retributivos 2008-2012 suspendidos
polo Servizo Galego de Saúde e a continuación dos plans de carreira
profesional.
g) O establecemento dun fondo especial de recuperación retributiva 2017-
2020 que permita a recuperación progresiva da masa salarial e dos plans de
acción social minorados durante o período 2013-2016.
h) Un mecanismo de convocatoria permanente de concursos de provisión de
vacantes que evite a proliferación xeneralizada das comisións de servizos e
dote de estabilidade aos cadros de persoal.
i) Unha nova estratexia de igualdade no emprego público para este novo
mandato.
2º) Establecer un observatorio permanente para a avaliación da calidade dos
servizos públicos, que ademais da presenza dos órganos responsables da
Administración autonómica, conte coa participación das organizacións de
usuarios e consumidores, dos sindicatos así como de expertos. Este observatorio
encadrarase no marco da Lei 1/2015, de 1 de abril, de garantía da calidade dos
servizos públicos e da boa administración, que deberá ser obxecto da necesaria
modificación.
Pazo do Parlamento, 10 de febreiro de 2017
14722
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 10/02/2017 17:05:23
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 10/02/2017 17:05:37
14723
A Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa dos deputados e deputadas, Moisés Blanco Paradelo, Paula Prado del Río, José González Vázquez, María Antón Vilasánchez, Raquel Arias Rodríguez, Teresa Egerique Mosquera, Marta Nóvoa Iglesias, Cristina Romero Fernández, Miguel Tellado Filgueira, Sandra Vázquez Domínguez, Encarnación Amigo Díaz, Silvestre Balseiros Guinarte, Diego Calvo Pouso e Jaime Castiñeira Broz, ao abeiro do disposto no artigo, 98, 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno polo trámite de urxencia. Xustificación da urxencia A urxencia ven motivada, pola necesidade de que o Parlamento de Galicia, se posicione canto antes sobre esta cuestión. Exposición de motivos
Galicia conta con máis de 30.000 entidades de poboación (núcleos e diseminados), un 40% das entidades de poboación do conxunto do Estado. Destas, máis do 90% teñen menos de 100 habitantes. Esta dispersión poboacional, unida a unha orografía complexa, fan que a extensión de redes de telecomunicación en Galicia resulte máis custosa e menos rendible para os operadores privados respecto a outras comunidades autónomas.
Actualmente atopámonos nun momento crucial para o desenvolvemento das redes de telecomunicacións, toda vez que a Comisión Europea, a través da Axenda Dixital para Europa, fixou uns ambiciosos obxectivos de cobertura de redes de nova xeración, tamén chamadas redes ultrarrápidas, para o horizonte 2020.
Ditos obxectivos, que foron asumidos polo goberno de España e pola Xunta de Galicia consisten principalmente en dotar de cobertura de 30Mbps á totalidade da poboación e impulsar a contratación de servizos de 100Mbps nos fogares.
Acadar estes obxectivos require indubidablemente da actuación das administracións públicas, especialmente para que estas redes cheguen as poboacións de menor tamaño, onde os operadores non realizan os seus despregamentos “motu propio” por considerar que non son rendibles.
14724
Tendo en conta a coincidencia de obxectivos, así como a dispoñibilidade de fondos de ambas administracións, dende o Grupo Parlamentario Popular entendemos que a execución de actuacións conxuntas entre o Estado e a Xunta de Galicia permitiría unha maior eficiencia, aumentando o efecto multiplicador das axudas públicas e conseguindo, deste xeito, incrementar o ámbito de cobertura de redes ultrarrápidas que se pode acadar grazas á intervención pública.
Por outra banda, no que a cobertura de redes de 30 megas se refire, é preciso ter en conta que como resultado da subasta pública para o outorgamento de concesións de uso privativo de dominio público radioeléctrico na banda de 800Mhz, os operadores que resultaron adxudicatarios de frecuencias en dita banda (nomeadamente Movistar, Vodafone e Orange) teñen unhas obrigas de cobertura derivadas de dita adxudicación.
Dende o Grupo Parlamentario Popular entendemos que, a fin de evitar prexuízos a Galicia e en pos dun mellor equilibrio territorial do Estado, resulta preciso que as obrigas de cobertura derivadas da concesión destas frecuencias se territorialicen, obrigando aos operadores a cumprir ese mínimo de cobertura no ámbito da nosa Comunidade Autónoma.
Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a:
1º.- Dirixirse ao Goberno de España para colaborar coa Xunta de Galicia para desenvolver unha actuación conxunta de despregamento de redes de acceso de nova xeración (NGA) de moi alta velocidade (100Mbps), empregando os fondos europeos dos que dispoñen ambas administracións, para garantir o cumprimento dos obxectivos europeos de cobertura das redes de nova xeración á vez que se aumenta a eficiencia dos fondos públicos.
2º.- Dirixirse ao Goberno de España para obrigar aos operadores que resultaron adxudicatarios de bloques de frecuencias na banda de 800Mhz a completar conxuntamente, antes do 1 de xaneiro de 2020, unha cobertura que permita o acceso a unha velocidade de 30 megabits por segundo (Mbps) a, cando menos, o 90% dos habitantes das poboacións de menos de 5.000 habitantes de Galicia”.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017
14725
Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 09/02/2017 12:14:29
Moisés Blanco Paradelo na data 09/02/2017 12:14:37
Paula Prado Del Río na data 09/02/2017 12:14:44
José González Vázquez na data 09/02/2017 12:14:54
Maria Antón Vilasánchez na data 09/02/2017 12:15:08
Raquel Arias Rodríguez na data 09/02/2017 12:15:16
Teresa Egerique Mosquera na data 09/02/2017 12:15:25
Marta Novoa Iglesias na data 09/02/2017 12:15:35
Cristina Isabel Romero Fernández na data 09/02/2017 12:15:42
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 09/02/2017 12:15:50
Sandra Vázquez Dominguez na data 09/02/2017 12:15:58
María Encarnación Amigo Díaz na data 09/02/2017 12:16:09
Silvestre Balseiros Guinarte na data 09/02/2017 12:16:17
Diego Calvo Pouso na data 09/02/2017 12:16:28
Jaime Castiñeira Broz na data 09/02/2017 12:16:40
14726
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das
deputadas e deputados Luis Bará Torres, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas
Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
ADIF e RENFE veñen de anunciar a eliminación do servizo de información e
atención ao público e a a venda presencial de billetes nas estacións de O Barco de
Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Ribadavia, Sarria e Guillarei, unha decisión que vai
causar graves perxuicios ás persoas usuarias do ferrocarril.
Esta medida ten como resultado que se deixe de ás máis de 56.000 persoas que o
ano pasado mercaron un billete nestas estacións galegas e afectaría tamén a uns 160.000
viaxeiros que as utilizan como orixe ou destino, e xa non terían persoal ao que dirixirse.
Seguindo nesta liña de recortes e redución de custos, o próximo paso pode ser o
peche das estacións, coa conseguinte perda de postos de traballo e consecuencias para as
persoas usuarias. Unha realidade que incide na perda de prestacións e servizos en
estacións que son puntos de referencia para importantes comarcas do pais, principalmente
de zonas rurais e do interior.
Trátase de decisións arbitrarias e inxustas, que van en contra do discurso oficial de
potenciación do tren e de compromiso coa vertebración e desenvolvemento do país e
especialmente das zonas rurais e do interior.
14727
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a dirixirse ao goberno español para
qe se manteña o servizo de atención ao público e venda presencial de billetes nas
estacións de O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Ribadavia, Sarria e Guillarei.”
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 03/02/2017 10:04:09
Olalla Rodil Fernández na data 03/02/2017 10:04:15
Xose Luis Rivas Cruz na data 03/02/2017 10:04:19
14728
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Montserrat Prado Cores na data 03/02/2017 10:04:24
Noa Presas Bergantiños na data 03/02/2017 10:04:26
Ana Pontón Mondelo na data 03/02/2017 10:04:30
14729
A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa dos deputados e deputadas, Aurelio Núñez Centeno, Encarnación Amigo Díaz,
Marián García Míguez, Marta Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez e Miguel Tellado Filgueira, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei
para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
O cancro de colon representa a segunda causa de morte por enfermidade oncolóxica, sendo o terceiro mais frecuente en varóns e o segundo en mulleres, en taxas de incidencia.
Pero tamén é un dos tumores con mais posibilidades de intervención precoz, porque unha grande parte dos casos desta enfermidade se orixinan a partir dun pólipo intestinal que se maligniza despois dun prolongado período de tempo, ata uns dez anos, o que pode permitir a súa detección con probas sinxelas en estadios iniciais da doenza, ou nas fases premalignas da enfermidade.
Dende hai uns anos estase a desenvolver na nosa comunidade o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal, cun obxectivo claro de reducir a incidencia deste tumor, diminuíndo a mortalidade ou aumentando a supervivencia en base a un diagnóstico precoz.
Hai estudos que demostran que se pode reducir a mortalidade das persoas afectas deste tumor con este tipo de medidas entre un 30 e un 35% ao seren diagnosticadas en fases iniciais, e tamén que se pode evitar a aparición do propio tumor coa localización e extirpación de lesións premalignas.
Os estudos de custo-efectividade demostran que este procedemento de cribado de cancro colorrectal é o mais custo-efectivo, con ampla diferenza con respecto a outros programas de prevención do cancro.
Deste xeito, melloramos a saúde da nosa cidadanía, utilizando unha técnica eficiente.
Despois da pilotaxe en varias estruturas de xestión integrada, pensamos que xa é posible a xeneralización desta técnica a todos os cidadáns galegos.
14730
Á vista do exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a estender a todas as Estruturas
Organizativas de Xestión Integrada o Programa de Detección Precoz do Carcinoma Colorrectal durante este ano 2017”.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 03/02/2017 12:24:07
Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 03/02/2017 12:24:16
María Encarnación Amigo Díaz na data 03/02/2017 12:24:22
María Ángeles Garcia Míguez na data 03/02/2017 12:24:29
Marta Rodriguez Arias na data 03/02/2017 12:24:35
Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 03/02/2017 12:24:44
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 03/02/2017 12:24:54
14731
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da
súa deputada e do seu deputado, Concepción Burgo López e Luis
Álvarez Martínez, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a
seguinte Proposición non de lei Pleno.
Exposición de motivos
A disposición adicional quinta do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para
o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia afirma
textualmente: “ Con periodicidade anual, despois de finalizar o curso
escolar, a consellería competente en materia de educación avaliará os
resultados derivados da aplicación deste decreto e desenvolverá cantas
disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación
dos seus obxectivos co fin de que poida achegarse gradualmente ao
marco dun ensino plurilingüe e á plena aplicación da Carta europea das
linguas rexionais ou minoritarias”
Nos sete anos que leva en vigor o decreto, este obriga nunca foi
cumprida polo goberno de Galicia e, polo tanto, non hai ningunha
avaliación dos resultados que tivo e está a ter, o chamado decreto do
plurilingüismo.
Esta falta de avaliación e o incumprimento por parte da Xunta de
Galicia, foron denunciados mesmo no Informe sobre a aplicación da
Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Galicia.
Son moitas as voces que alertan dos efectos negativos da aplicación do
decreto do plurilingüismo, entre elas o citado informe que manifesta
claramente a preocupación do Consello de Europa polos efectos
negativos que están a ter por canto reduce a un terzo o uso da lingua
propia no ensino, mentres prohibe o uso do galego en materias como
as matemáticas a física e química.
14732
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
O citado informe está a denunciar algo evidente como é a redución
gradual da presenza do galego no ensino medio, e o forte retroceso do
seu uso nos niveis educativos de infantil e primaria o que impide unha
correcta formación dos nenos e nenas na lingua propia.
Por outra parte, as estatísticas indican que nos últimos anos hai un
crecemento moi importante do número de persoas que nunca utilizan o
galego, mentres que entre a xente nova das cidades o uso do noso
idioma é moi escaso, e institucións tan importantes como a Real
Academia Galega e o Consello da Cultura Galega consideran que este
decreto constitúe un retroceso para a consecución da normalización
lingüística.
Con todos estes elementos é evidente que se fai absolutamente
necesario avaliar as consecuencias da aplicación do Decreto 79/2010.
Así o ven tamén as Universidades galegas que se ofreceron a realizar
este traballo dende a súa alta cualificación profesional e a súa grande
experiencia.
Os socialistas consideramos que o goberno galego non pode continuar
sen analizar cientificamente os resultados da aplicación do decreto do
plurilingüismo, e que son os equipos de investigación das
universidades galegas os mais adecuados para realizar unha avaliación
científica, seria, transparente, rigorosa e obxectiva dos resultados da
aplicación do decreto 79/2010
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a formalizar de
forma urxente os convenios e acordos necesarios coas tres
Universidades de Galicia para organizar un equipo de traballo
constituído por expertos e profesionais do SUG que avalíen os
resultados da aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o
plurilingüismo no ensino non universitario.
14733
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Esta avaliación será realizada anualmente, tal como marca o
Disposición adicional Quinta do dito Decreto, e os seus resultados
serán presentados na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento
de Galicia para os seu debate.”
Pazo do Parlamento, 1 de febreiro de 2017
Asdo.: Concepción Burgo López
Luis Álvarez Martínez
Deputada e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Maria de la Concepción Burgo López na data 03/02/2017 12:37:24
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 03/02/2017 12:37:37
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 03/02/2017 12:37:44
14734
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia por iniciativa do seu deputado, Juan
Manuel Díaz Villoslada, e da súa deputada, Patricia Vilán Lorenzo, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta
ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Como xa temos subliñado en anteriores iniciativas, os mecanismos de transparencia e
bo goberno funcionan como contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a
hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido dos cartos ou patrimonio
públicos. As incompatibilidades das persoas que exerzan altos cargos, a publicidade das
actividades do Goberno e o exame cidadán de toda esta información supón mecanismos
de control e de limitación do poder estatal perante as liberdades civís.
Galicia foi pioneira en España en poñer en marcha os necesarios compromisos de
transparencia coa aprobación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas
prácticas na Administración pública galega. Novas esixencias sectoriais e o novo marco
estatal de carácter básico determinado pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de
transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deron lugar á nova Lei de
Galicia 1/2016, que declara a importancia non só dos contidos ofertados senón a súa
calidade, en materia de información institucional, de relevancia xurídica ou en materias
como as relacións coa cidadanía, contratación pública, convenios, persoal, patrimonio
ou información económica e orzamentaria.
Un destes aspectos que reforzan a nosa calidade democrática é o nivel de información
nas relacións do executivo co poder lexislativo. Nesta liña, o artigo 19.2 da Lei 1/2016
establece que a finais de cada ano, a Xunta de Galicia elaborará e publicará no Portal de
transparencia e Goberno aberto un informe respecto do grao de cumprimento dos
acordos aprobados polo Parlamento de Galicia nese ano.
Actualmente, figura dispoñible no Portal de transparencia a información relativa aos
acordos aprobados no Parlamento durante a IX Lexislatura, pero finalizada esta e
rematado o ano 2016 non figura ningún informe que recolla o grao de cumprimento
destes acordos.
14735
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Ante esta situación o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte proposición
non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a publicar no Portal de transparencia e
Goberno aberto, coa maior brevidade, o informe referido ao grao de cumprimento pola
Xunta de Galicia dos acordos aprobados polo Parlamento na IX Lexislatura.
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 03/02/2017 12:47:07
Patricia Vilán Lorenzo na data 03/02/2017 12:47:20
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 03/02/2017 12:47:28
14736
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado,
Juan Manuel Díaz Villoslada, e da súa deputada, Patricia Vilán Lorenzo, a través
do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Pleno.
A expresión better regulation (mellora da regulación) tense consolidado como a
forma convencional de denominar este fenómeno no seo da Unión Europea, que
identificou esta estratexia como unha prioridade xa no cumio de Lisboa do ano
2000. Trátase, actualmente, dun proceso ineludible, que implica a toma de
conciencia das oportunidades e dos beneficios que un marco regulador de
calidade aporta á economía e ao funcionamento xeral dun país. Tamén significa
coñecer ou ter iniciado a aprendizaxe dos instrumentos e dos procedementos
existentes para levar a cabo un proceso de mellora normativa, así como utilizar
unha metodoloxía contrastada para cuantificar a situación de partida, fixar
obxectivos e avaliar os resultados obtidos. A implementación dunha estratexia de
better regulation implica tanto a análise ex ante da regulación como a revisión ex
post da normativa xa en vigor.
Como resalta a Comisión Europea, o programa "Lexislar mellor" da UE pretende
elaborar e avaliar as políticas e a lexislación comunitaria de forma transparente,
baseándose en probas, e co apoio das opinións da cidadanía e as partes
interesadas. Cubre todos os ámbitos políticos e quere acadar unha normativa
específica que non vaia máis alá do necesario para lograr os seus obxectivos e
aportar vantaxes ao mínimo custe. Trata de aplicar ao ámbito da regulación
normativa o principio de subsidiariedade.
A mellora da lexislación ten por obxecto para a Comisión garantir:
unha toma de decisións aberta e transparente;
a participación dos cidadáns e outras partes interesadas ao longo de todo o
proceso lexislativo e de elaboración de políticas;
actuacións da UE baseadas en probas concretas e que teñan en conta as
súas repercusións;
cargas regulamentarias mínimas para as empresas, cidadáns ou
administracións públicas.
14737
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A Comisión ten creado ademais o Comité de Control Regulamentario, grupo
independente de funcionarios e expertos. A súa función consiste en comprobar a
calidade de todas as avaliacións de impacto e as principais avaliacións nas que se
basea o proceso de toma de decisións da UE.
A vontade política de mellorar a calidade da lexislación, revisar a lexislación
existente e actualizala en caso necesario é compartida polas tres principais
institucións da UE: a Comisión, o Parlamento e o Consello. As tres asinaron o
acordo sobre a mellora da lexislación, que entrou en vigor en abril de 2016.
Consciente desta necesidade de "lexislar mellor", a propia Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno establece na súa disposición adicional
sétima:
"Nun prazo de oito meses desde a entrada en vigor desta lei, a Xunta de Galicia
regulará os mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados do
contido das recomendacións europeas sobre better regulation.
Regularase ademais a existencia dunha memoria de análise de impacto
normativo, como documento que integre todas as achegas recibidas polo órgano
directivo impulsor da norma, calquera que sexa a súa procedencia, e máis a súa
resposta motivada. No caso das iniciativas lexislativas, este documento seralle
remitido ao Parlamento xunto con cada unha delas".
Como xa temos subliñado en anteriores iniciativas, os mecanismos de
transparencia e bo goberno funcionan como contrapesos que garanten a
protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o
uso indebido dos cartos ou patrimonio públicos. As incompatibilidades das
persoas que exerzan altos cargos, a publicidade das actividades do Goberno e o
exame cidadán de toda esta información supoñen mecanismos de control e de
limitación do poder estatal ante as liberdades civís.
14738
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Transcorrido o prazo establecido pola referida disposición adicional sétima da
Lei 1/2016, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte
proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a regular sen máis dilación os
mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das
recomendacións europeas sobre better regulation, dando así cumprimento ao
establecido na disposición adicional sétima da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno.
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 03/02/2017 12:34:43
Patricia Vilán Lorenzo na data 03/02/2017 12:34:55
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 03/02/2017 12:35:14
14739
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e do seu deputado, Matilde Begoña Rodriguez Rumbo, Juan Manuel
Díaz Villoslada, María Luisa Pierres López e María Dolores Toja Suárez, a
través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu
debate en Pleno.
A Primeira Conferencia Mundial sobre a Muller e o Deporte desenvolveuse en
1994 en Brighton (GB), da que saíu a Declaración de Brighton e a creación do
Grupo de Traballo Internacional sobre a Muller e o Deporte.
En 1995 incluíuse o deporte no Programa de Acción de Beijing e despois no
documento de seguimento Beijing+5, cinco anos máis tarde.
A Segunda Conferencia Mundial sobre a Muller e o Deporte tivo lugar en 1998
en Windhoek, Namibia. A chamada á Acción de Windhoek pretendía ser máis ca
un simple chamamento á maior participación da muller en actividades e
organizacións deportivas, senón facer do deporte un medio para alcanzar
obxectivos máis vastos en materia de saúde, educación e dereitos humanos, idea
retomada pola Terceira Conferencia Mundial sobre a Muller e o Deporte en 2002
en Montreal, Canadá.
Esta óptica integra o deporte en proxectos de desenvolvemento comunitario, en
campañas de información sobre a saúde e outros temas, así como en campañas
nacionais de promoción da equidade de xénero e dos dereitos humanos.
O Consello Superior de Deportes de España, como órgano reitor para temas
deportivos aprobou o 29.01.2009 o “Manifesto pola igualdade e a participación
da muller no deporte” e o 6 de marzo de 2012 fixo a adopción formal da
declaración de Brighton.
14740
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
O 13 de abril de 2012 publicouse no DOG a Lei 3/2012, do 2 de abril, de
deportes de Galicia, na que no seu artigo 3 recolle os seus principios reitores que,
entre outros, recolle o dereito de toda a cidadanía a coñecer e practicar deporte
en termos de igualdade e adaptada ás condicións de cada individuo, así como o
impulso da participación da muller en todos os ámbitos da actividade deportiva e
a optimización e complementariedade dos recursos públicos existentes e a
concorrencia da participación privada.
O propio informe de impacto de xénero no Proxecto de orzamentos da Xunta de
Galicia para 2017, no programa 441A-Promoción da actividades deportiva,
establece que as actuacións que se financian dentro deste programa de gasto
teñen como obxectivos prioritarios a explotación das funcionalidades do deporte,
a xeneralización e accesibilidade da práctica do deporte e da actividade física
mediante a súa incorporación á vida cotiá da cidadanía; a mellora e dotación de
novas infraestruturas; o apoio aos axentes deportivos na promoción e crecemento
do deporte ou o perfeccionamento nas áreas de docencia, formación e
tecnificación do deporte.
Polo que o obxectivo que se pretende é acadar un deporte máis xusto sen
discriminación, onde os recursos, as oportunidades e os recoñecementos sexan
distribuídos de forma equitativa.
Sobre a base deste obxectivo, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Visibilizar en todas as actividades deportivas o papel das mulleres.
2º) Visibilizar as mulleres galegas que destacan nas distintas disciplinas
deportivas co fin de crear referentes para as rapazas máis novas ou que comezan
a súa práctica deportiva.
14741
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
3º) Empregar os medios de comunicación públicos como plataforma de
coñecemento do deporte feminino, así como das mulleres deportistas destacadas
nas distintas disciplinas deportivas
4º) Asinar convenios cos medios de comunicación e clubs privados que teñan
algún contrato coa Administración autonómica, co gallo de que dean información
sobre o papel da muller no deporte, emitindo programas deportivos femininos e
informando das mulleres referentes nas distintas disciplinas deportivas.
5º) Elaborar campañas informativas nos centros escolares sobre o deporte en
xeral, favorecendo a práctica deportiva dos nenos e das nenas en termos de
igualdade e derrubando estereotipos, facendo visible o papel da muller no
deporte.
Pazo do Parlamento, 30 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 03/02/2017 13:23:11
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 03/02/2017 13:23:22
María Luisa Pierres López na data 03/02/2017 13:23:37
María Dolores Toja Suárez na data 03/02/2017 13:23:41
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 03/02/2017 13:23:59
14742
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Luís Bará Torres, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla
Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas
Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
1. A modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto ten un longo
historial de incumprimentos, atrasos e enganos. No ano 2006 os gobernos español e
portugués incluíron o proxecto no plan conxunto de actuacións e fixaron a entrada en
funcionamento do servizo no ano 2013. Coa excusa da crise estas previsións foron
adiadas e precisamente nese ano 2013 adoptáronse algunhas decisións –sobre todo as
supresión de 11 paradas- que permitiron reducir o tempo da viaxe desde as 3 horas ás 2
h e cuarto.
A pesar das melloras introducidas, a conexión ferroviaria Vigo-Porto ten aínda
grandes carencias: tempo de duración da viaxe, limitación de horarios e frecuencias,
inseguridade do trazado, trens anticuados...
2. Ao longo deste período de tempo fóronse anunciando sucesivamente os anos
2015 e 2017 (unha historia repetida noutros proxectos) para a posta en funcionamento
da modernización da liña, que debe ter como obxectivo final comunicar Vigo e Porto en
75 minutos. Pero a realidade é que unha infraestrutura que é vital e estratéxica para a
vertebración da área xeográfica segue acumulando dilacións, atrasos e trasacordos.
14743
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3. O pasado xoves 26 de xaneiro tivo lugar en Vigo o foro “Vertebración
ferroviaria da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal”, organizado pola CEG e o Eixo
Atlántico, no que participaron o secretario de Estado de Infraestruturas do goberno
portugués, Guilherme D´Oliveira, e o o secretario de Estado de Infraestruturas,
Transporte e Vivenda do goberno español, Julio Gómez-Pomar. Neste encontro, o
representante do goberno portugués anunciou as obras de modernización e
electrificación da liña do Miño entre Porto e Valença. O investimento previsto nos 93
km que ten a liña é de 83,2 millóns de euros e a previsión do goberno portugués é que
estea rematada en 2019.
As actuacións que despois de múltiples atrasos está a desenvolver o goberno
portugués van permitir mellorar a competitivida, a capacidade e a seguranza da liña. Os
proxectos que actualmente están adxudicados ou en proceso de licitación son as
seguintes:
- Electrificación do treito Nine-Viana
- Nova sinalización entre Nine e Valença
- Construción dunha subestación eléctrica en Vilafría
- Eliminación de pasos a nivel
- Construción de 3 novas estacións en Midoes, Afife e Cerveira Norte, e cambios
naas estacións de Barcelos, Darque e Viana
5. O compromiso do actual goberno portugués pola modernización da vía
contrasta coa ausencia de iniciativa do goberno español e o silencio cómplice da Xunta
de Galiza. Malia os acordos acadados na cimeira ibérica de Baiona en xuño de 2015, a
realidade é que o goberno do Estado non impulsou ningunha actuación nin proxecto
14744
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
para modernizar o trazado e a liña que comunica Vigo coa fronteira portuguesa, cunha
distancia de aproximadamente 30 km.
Proxectos como a saída sur de Vigo, a solución ao paso da liña férrea polo
centro do Porriño, a supresión de pasos a nivel e o remate da electrificación da vía
seguen gardados nalgún caixón do Ministerio de Fomento. No caso do proxecto da
saída sur, que permitiría darlle continuidade ao trazado do eixo atlántico cara a Portugal
pasando por Vigo, está paralizado polo Ministerio de Fomento desde o ano 2007.
6. Ante esta situación, a Xunta de Galiza debe romper a actitude de silencio e
complicidade cos sucesivos atrasos desta infraestrutura. E a vindeira cimeira hispano-
lusa pde ser un bo marco para que o goberno galego faga chegar ao goberno español a
esixencia dun compromiso firme a prol da definitiva modernización da liña Vigo-Porto
e por extensión da comunicación ferroviaria entre Coruña e Lisboa.
En consecuencia co anteriormente exposto, o grupo parlamentar do BNG
presenta a seguinte proposición no de lei para o debate en Pleno:
“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a dirixirse ao goberno español
para
1. Incluir na axenda do vindeiro cumio hispanoluso un acordo para a definitiva
modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto antes de 2020, asumindo o
compromiso de reducir a duración da viaxe a 75 minutos.
2. Impulsar a aprobación do proxecto da saída sur de Vigo e a súa construción.
3. Estudar e aprobar unha alternativa ao paso da vía férrea polo centro da vila do
Porriño.
14745
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4. Completar a modernización, sinalización e electrificación da vía, nunhas
condicións homoxéneas a ambos lados do Miño.
5. Mellorar as condicións de seguranza do trazado e suprimir os pasos a nivel.”
Asdo.: Luis Bará Torres
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 06/02/2017 10:57:57
Olalla Rodil Fernández na data 06/02/2017 10:58:03
Xose Luis Rivas Cruz na data 06/02/2017 10:58:08
María Montserrat Prado Cores na data 06/02/2017 10:58:15
Noa Presas Bergantiños na data 06/02/2017 10:58:17
14746
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Pontón Mondelo na data 06/02/2017 10:58:20
14747
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Xosé Luis Rivas Cruz, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Galicia experimentou nos últimos anos unha perda importante de explotacións
gandeiras de vacún de leite co conseguinte efecto negativo no emprego e
despoboamento do medio rural. As que continúan coa actividade precisan
redimensionarse optando moitas veces pola agrupación. Así é que a día de hoxe a
porcentaxe de sociedades de distinto tipo (SAT, SC, SL, SCG) representan cada vez
unha porcentaxe máis elevada.
A dinámica laboral destas explotacións mudou moito do que ata agora
funcionaba nas explotacións familiares. A estructura territorial e de instalación así como
a especialización obriga a que algunhas tarefas sexan externalizadas. Así ocorre cos
cultivos de forraxes e tamén en grande medida na recría de xovencas.
Por distintos motivos a man de obra familiar xa non é suficiente para atender
este novo tipo de explotacións e faise preciso contratar persoal externo. Cada día son
máis as granxas que poden ter futuro grazas ao persoal asalariado.
O que debería ser unha boa alternativa ante o desemprego no rural atópase con
un grande inconvinte: non hai oferta de persoal cualificado para traballar nestas
explotacións.
14748
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Atopámonos aquí cun problema duplo que deberíamos ser quen de transformar
nunha dupla oportunidade: o sector precisa persoal cualificado para traballar nas
explotacións mais tamén precisa formarse para xestionar equipos e organizar tarefas.
Gandeiras e gandeiros deben enfrontar un novo reto, ademáis de manexar gando
e cultivos, ocuparse da burocracia ligada á actividade. Teñen que incorporar persoal
alleo e xestionar o equipo de xeito que a explotación funcione e sexa rendible.
Por todo o exposto anteriormente, desde o Grupo Parlamentar do BNG,
formúlase a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a:
1. Iniciar a interlocución necesaria co Sector de vacún de leite para
diagnosticar as necesidades en materia de persoal cualificado para traballar nas
explotacións.
2. Deseñar e poñer a disposición do sector cursos de formación
específica para traballadoras e traballadores de explotacións de vacún de leite,
con programas moi prácticos e horarios axeitados e que redunden nun beneficio
real para as persoas traballadoras e tamén para as explotacións.
3. Deseñar e poñer a disposición do sector cursos de formación
específica para as persoas propietarias das explotacións enfocados á xestión de
equipos e tarefas.
4. Nas axudas á incorporación de xente moza incluir criterios de
puntuación máis favorables para as persoas que presenten formación específica
reglada na xestión de explotacións gandeiras.
14749
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
5. Habilitar axudas específicas para a contratación de servizos de
substitución naquelas explotacións nas que, pola súa dimensión, non é posible a
contratación de persoal asalariado.”
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017
Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz
Olalla Rodil Fernández
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xose Luis Rivas Cruz na data 06/02/2017 11:12:49
Olalla Rodil Fernández na data 06/02/2017 11:12:58
María Montserrat Prado Cores na data 06/02/2017 11:13:05
Noa Presas Bergantiños na data 06/02/2017 11:13:07
14750
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Xosé Luis Bará Torres na data 06/02/2017 11:13:11
Ana Pontón Mondelo na data 06/02/2017 11:13:14
14751
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Noela Blanco Rodríguez, Patricia
Vilán Lorenzo e Juan Manuel Díaz Villoslada, a través do seu portavoz e
ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta
ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Pleno.
Exposición de motivos
Estamos asistindo a unha situación sen precedentes e ante a que é preciso
que a comunidade internacional tome medidas urxentes e inmediatas e
actúe en consecuencia.
A principios do 2016, por primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial, o
número de persoas desprazadas dos seus fogares como consecuencia dos
conflitos, a persecución, e as violacións de dereitos humanos nos seus
países de orixe superaron o 65 millóns, segundo datos de ACNUR. Unha
cifra que se incrementaría se sumáramos os milleiros de persoas que se
viron obrigadas a desprazarse por desastres naturais ou pobreza. Esta
situación está poñendo ao descuberto a incapacidade da comunidade
internacional para resolver e previr conflitos e situacións de emerxencia
humanitaria, así como a falla de vontade política para cumprir coas obrigas
internacionais en materia de dereitos humanos e protección internacional.
O pasado 22 de setembro cumpríase un ano dende que os líderes da Unión
Europea acordasen un mecanismo de reubicación de emerxencia para
compartir a responsabilidade de aqueles que solicitan asilo. Sen embargo,
decenas de milleiros de persoas seguen atrapadas en campos de refuxiados
en condicións deplorables.
No caso de España, as cifras falan por si mesmas, segundo datos do
Ministerio de Interior de finais do mes de novembro, pese a comprometerse
a reubicar a 6647 persoas dende Grecia nun período de dous anos, ata o
momento España só acolleu a 344 persoas, fronte a por exemplo as 1425
reubicadas dende este país por Francia. A cifra total queda aínda moi lonxe
14752
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
das 17.337 persoas que o Goberno se comprometeu a acoller, ben pola vía
da reubicación, ou ben pola do reasentamento.
Na IX lexislatura aprobáronse varias iniciativas no Parlamento de Galicia
que defendían a creación dun Plan de acollida para persoas refuxiadas en
Galicia. De xeito paralelo, no ano 2015 o señor Feijoo anunciaba a
disposición de Galicia a acoller a 300 refuxiados, así como a prestar tamén
colaboración ás familias que quixeran acoller a máis persoas.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
A) O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar do
Goberno de España:
1. Axilizar de maneira significativa o proceso de traslado de persoas
refuxiadas a España mediante a súa reubicación e reasentamento.
2. Cumprir no prazo previsto os compromisos acordados coa UE de
acoller a 17.337 persoas.
3. Incrementar de xeito urxente e prioritario a actual liña de axuda
humanitaria aos desprazados en orixe, e as persoas refuxiadas en
países limítrofes, para dar resposta as necesidades do conflito, e as
peticións de Nacións Unidas.
B) O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Elaborar un informe trimestral a respecto da implementación do Plan
de acollida para persoas refuxiadas da nosa comunidade.
1.1 En dito plan recolleranse as accións levadas a cabo durante
ese período de tempo no referente a:
a) Número de persoas acollidas.
b) Entidades e institucións que están en disposición de
ofrecer recursos e/ou servizos para a acollida de persoas
refuxiadas.
14753
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
c) Número de solicitudes de familias galegas que
manifestaron a súa vontade de acoller a persoas refuxiadas,
así como a valoración (positiva ou negativa) das mesmas
polo órgano competente do Goberno galego.
d) Planificación para a reubicación ou reasentamento de
persoas refuxiadas nos vindeiros meses.
1.2 Dito informe será presentado no Parlamento de Galicia, e
publicado na páxina web da Xunta de Galicia.
2. Establecer un programa de axudas para as familias galegas que
acollan persoas refuxiadas.
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
Juan Manuel Díaz Villoslada
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 06/02/2017 11:42:06
Patricia Vilán Lorenzo na data 06/02/2017 11:42:13
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 06/02/2017 11:42:17
14754
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 06/02/2017 11:42:22
14755
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Paula
Vázquez Verao, Ánxeles Cuña Bóveda, Luca Chao Pérez e do seu deputado e
voceiro Luís Villares Naveira, ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Pleno, relativa á solicitude de adopción de medidas de protección da
Cova de Eirós.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
1. Contexto
A cova Eirós é unha gruta natural sita en Cancelo, concello de Triacastela
(Lugo), aos pés da serra do Oribio. A caverna resultado de fenómenos cársticos
sobre rocha calcaria, é un sitio arqueolóxico que forneceu materiais líticos
pertencentes ao Paleolítico Medio e Superior, xunto con restos de fauna e flora
da época. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o achado de pinturas e gravados
rupestres que se poderían remontar a 30.000 anos de antigüidade, sendo a
primeira mostra de arte rupestre atopada en Galicia.
A caverna de cova Eirós vense escavando por paleontólogos, desde os inicios da
década do 1990 debido as evidencias da ocupación da mesma polo oso das
cavernas (Ursus spelaeus); atopándose nas escavacións restos de mais de 40
individuos desa especie e doutros mamíferos como cervos e cabalos,
presentándose os resultados dos estudos en 1993. Dos mesmos viña resultar que a
caverna representaba o límite de expansión occidental do Ursus spelaeus.
14756
Nese mesmo ano 1993, iniciouse unha segunda campaña, neste caso
arqueolóxica, na que se escavou na entrada da cavidade, lugar que se adoitaba
ocupar no paleolítico nas covas; descubríndose un total de cinco niveis, tres deles
con gran potencia arqueolóxica[3]. Os dous primeiros revelaron industria lítica
do Paleolítico Superior, principalmente realizada sobre cuarzo. Unha sondaxe no
nivel inferior revelou que podía conter materiais máis antigos, do Paleolítico
Medio.
Os arqueólogos vencellados ás universidades de Santiago de Compostela, de
Cantabria e da Rovira i Virgili, confirmaron a fins do verán de 2008, o achado de
materiais líticos que, sen dubidar, están adscritos ao Paleolítico Medio e, polo
tanto, a humanos neandertalenses. Os útiles de pedra estaban traballados con
técnica Levallois, e predomina como material base o cuarzo. Atopouse tamén
instrumental óseo.
A comezos desta década, membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do
Noroeste da USC atoparon o primeiro xacemento en cova, a de Eirós, no que se
documenta de maneira sistemática a presenza de Neandertais en Galicia.
Traballaron con investigadores do Institut Catalá de Paleocologia Humana i
Evolució Social de Tarragona, onde descubriron restos de máis de 35.000 anos,
adscritos polo tanto ao Paleolítico Medio.
A campaña proporcionou restos de artefactos que, segundo as súas características
técnicas, se localizan no período no que viviron os Neandertais. Este achado
converte á Cova Eirós nun dos principais xacementos do Paleolítico Medio do
noroeste peninsular, xa que xunto coa utillaxe de pedra tallada se conservan
numerosos restos de fauna prehistórica que proporcionarán información moi
valiosa sobre o contorno ambiental e a vida destes humanos primitivos. Ademais,
14757
noutra zona da escavación descubriron outros restos líticos do Paleolítico
Superior, relacionados cos Homo sapiens, humanos modernos.
A importancia a nivel cultural e histórico deste xacemento xustifica unha actitude
activa por parte da Xunta de Galicia, tanto para protexer como para difundir e
promocionar a Cova de Eirós e o seu entorno.
2. Insuficiencia da situación actual de protección.
A Xunta de Galicia ten declarado que a lexislación vixente protexe de oficio o
xacemento arqueolóxico sen necesidade de intervención administrativa, por
indicalo así o art. 40 da Lei 16/1985, de Patrimonio Histórico Español, cuxo
apartado segundo indica:
2. Quedan declarados Bens de Interese Cultural por ministerio desta Lei as
covas, abrigos e lugares que conteñan manifestacións de arte rupestre.
Non obstante, tal declaración xenérica non colma nin de lonxe as necesidades de
protección que pode dispensar a lexislación galega ao respecto, porque nin ten
tido ata agora consecuencias significativas na actividade mineira realizada na
zona, nin n protección do contorno da propia Cova de Eirós, nin se ten posto en
valor o seu contido.
3. Vantaxes da declaración explícita de BIC e determinacións adicionais.
A Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, indica:
14758
Artigo 10. Categorías de bens inmobles declarados de interese cultural ou
catalogados
1. Os bens inmobles declarados de interese cultural ou catalogados
integraranse nalgunha das seguintes categorías:
d) Xacemento ou zona arqueolóxica: o lugar no que existen evidencias de
bens mobles ou inmobles susceptibles de seren estudados con metodoloxía
arqueolóxica, de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico,
paleontolóxico, sempre que estea relacionado coa historia humana, ou
antropolóxico.
E engade que: 3. A declaración de ben de interese cultural dun inmoble ou a
súa catalogación afectará tanto o solo coma o subsolo.
Nada consta ata o momento presente nin de cal é a consecuencia da declaración
BIC por ministerio da Lei para os efectos prácticos, nin as consecuencias para o
subsolo, o que sería importante coñecer dada a actividade mineira desenvolvida
nas proximidades da Cova.
Igualmente, a simple declaración por ministerio da lei á que se acolle nas súas
declaracións o Conselleiro deixa fóra un contido para o que a lei prevé actividade
administrativa previa:
Artigo 12. Contorno de protección
1. Os monumentos, as zonas arqueolóxicas e as vías culturais declarados de
interese cultural ou catalogados contarán cun contorno de protección. Así
mesmo, cando sexa necesario segundo as súas características, poderá
establecerse un contorno de protección para as demais categorías de
bens.
14759
2. O contorno de protección dos bens inmobles de interese cultural e
catalogados poderá estar constituído polos espazos e construcións próximas
cuxa alteración incida na percepción e comprensión dos valores culturais dos
bens no seu contexto ou poida afectar a súa integridade, apreciación ou
estudo. Na declaración de ben de interese cultural ou na catalogación do ben
estableceranse as limitacións de uso e os condicionantes necesarios para a
salvagarda do dito contorno de protección, sen que isto supoña a súa
cualificación como ben declarado ou catalogado.
No mesmo sentido, deixa fóra unha institución adicional de protección anexa á
declaración de BIC, indicando que:
Artigo 13. Zona de amortecemento
1. Poderá delimitarse unha área ao redor dos bens inmobles declarados de
interese cultural ou catalogados e, de ser o caso, dos seus correspondentes
contornos de protección, denominada zona de amortecemento, co obxecto de
reforzar a súa protección e as súas condicións de implantación no territorio.
A declaración de interese cultural ou a catalogación do ben determinará o
réxime de limitacións ou condicionantes na dita zona de amortecemento, sen
que isto supoña a súa cualificación como ben declarado ou catalogado.
2. Para delimitar a zona de amortecemento teranse en conta as condicións
de visibilidade e perspectiva do ben, así como outros aspectos ou atributos
que sexan funcionalmente significativos para a protección dos valores
culturais dos bens en relación co territorio.
14760
3. No caso de que se delimite unha zona de amortecemento deberá
determinarse de forma explícita para cada ben, concretando as actividades,
dotacións, instalacións ou infraestruturas que, pola súa potencial afección
aos seus valores culturais, requiran a autorización previa para a súa
execución da consellaría competente en materia de patrimonio cultural.
En efecto, derivado dos efectos da declaración mediante actividade
administrativa, estes contidos integrarían a actividade tuitiva da resolución:
Artigo 22. Contido da declaración
2. A declaración de interese cultural de bens inmobles incluirá as seguintes
especificacións:
c) A delimitación motivada do ben declarado e, para os casos en que resulte
necesario, o contorno de protección e a zona de amortecemento, que non
terán a consideración de ben de interese cultural.
d) Os inmobles comprendidos na delimitación do ben declarado que, de ser o
caso, se declaren singularmente, así como o seu propio contorno de
protección e zona de amortecemento, de considerarse necesarios, que serán
obxecto de inscrición independente no Rexistro de Bens de Interese Cultural
de Galicia.
14761
Ante o rexeitamento na Comisión do Parlamento doutra iniciativa en xaneiro de
2017 con pretensión de actuacións máis globais, e na convicción de que os fitos
anteriores, derivados directamente de previsións legais anexas á propia condición
de BIC, mellorarían a protección da Cova de Eirós e o seu entorno, está
xustificada unha actividade explícita da Xunta na que se realicen, como mínimo
legal para asegurar a protección que dispensa a categoría de BIC, as seguintes
actuacións, que se concretan nesta Proposición non de lei, para o seu debate en
Pleno.
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a levar a cabo as seguintes
actuacións:
1. Declaración expresa de BIC por parte da Consellería de Cultura, previa
instrución de expediente, que permita delimitar as zonas de protección e
amortecemento;
2. Declaración explícita dunha zona de protección da Cova de Eirós,
previa instrución de expediente, que garanta a indemnidade do xacemento,
especialmente en relación á actividade mineira previa desenvolvida no
contorno máis inmediato;
3. Declaración explícita dunha zona de amortecemento, previa instrución
de expediente, que permita o acomodamento paisaxístico, etnográfico e
cultural do entorno da Cova.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.
14762
Asdo.: Paula Vázquez Verao
Anxeles Cuña Bóveda
Luca Chao Pérez
Luís Villares Naveira
Asinado dixitalmente por:
Paula Vázquez Verao na data 06/02/2017 13:48:29
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 06/02/2017 13:48:40
Luca Chao Pérez na data 06/02/2017 13:48:45
Luis Villares Naveira na data 06/02/2017 13:48:55
14763
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario de En Marea, por iniciativa do seu voceiro Luís
Villares Naveira e das súas deputadas Carmen Santos Queiruga e Paula Quinteiro
Araujo e dos seus deputados Antón Sánchez García e Marcos Cal Ogando, ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno, sobre a mobilización de
bombeiros forestais en situacións de emerxencia meteorolóxica
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
1. Contexto.
A finais de xaneiro e principios de febreiro de 2017 unha serie de fenómenos
meteorolóxicos extremos, cada vez máis recorrentes en época invernal,
determinaron a concorrencia dun auténtico caos.
Unha compoñente esencial dese caos veu determinada pola incapacidade do
Goberno galego de poñer as institucións e medios dos que dispón ao servizo das
necesidades da xente.
Neste contexto, a Asociación de Bombeiros Forestais de Galicia denunciou que
os medios públicos non foron mobilizados de xeito extraordinario para facer
fronte ás consecuencias dos temporais.
En efecto, numerosas brigadas e vehículos motobomba estiveron parados nas
súas bases e non foron informados, nin menos aínda mobilizados, ante a alerta
de riscos por temporal. Mentres os servizos municipais estaban desbordados, o
14764
parque de bombeiros forestais, co seu persoal ben formado e con medios
materiais, non foi mobilizado de xeito especial para esta ocasión.
A Xunta, incomprensiblemente, non aproveita o potencial dos recursos cos que
conta. Estes profesionais, como eles mesmos reclaman, poderían estar buscando
ás persoas desaparecidas no monte – o medio que mellor coñecen- , liberando
camiños e estrada de árbores, ou atendendo asolagamentos en vías públicas e
garaxes.
Esta actitude incrementa o sufrimento da poboación polas consecuencias
derivadas do temporal. Non é só o corte de luz, é o frío, é a perda de alimentos, é
a parálise da vida diaria, é a posta en risco da vida das persoas.
2. Medios mobilizables.
Por iso dende En Marea consideramos imprescindible a mobilización total dos
recursos dispoñibles no Parque de Bombeiros Forestais de Galicia sempre que se
produza a alerta meteorolóxica por fenómenos extremos, para prever e paliar as
consecuencias dunha situación cada vez máis frecuente na invernía galega.
Doutra banda, o sector dispón dunha importante bolsa de traballadores/as fixos-
descontinuos que poden ser mobilizados para atender as situacións de
emerxencia meteorolóxica.
A maiores, a existencia de protocolos de actuación coordinada con medios
extraordinarios mobilizados do resto de corpos de emerxencias de Galicia
redundaría nun máis áxil restablecemento dos servizos esenciais para a
comunidade, especialmente no medio rural.
14765
Polo exposto presentase a seguinte Proposición non de lei:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia á adopción das seguintes accións:
1. Mobilización total dos recursos dispoñibles no Servizo de Prevención e
Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia, sempre que exista
alerta por fenómenos meteorolóxicos extremos;
2. Contratación dos profesionais fixos-descontinuos dispoñibles durante todo
o tempo de duración da alerta e as consecuencias dos temporais;
3. Aprobación dun protocolo de actuación coordinada que teña en conta a
todos os recursos materiais e persoais dispoñibles, computados en estado de
mobilización extraordinaria, de todos os corpos de emerxencias de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.
Asdo.: Luís Villares Naveira
Voceiro do G.P. de En Marea.
Carmen Santos Queiruga
Paula Quinteiro Araujo
Antón Sánchez García
Marcos Cal Ogando.
Deputadas e deputados do G.P. de En Marea.
14766
Asinado dixitalmente por:
Luis Villares Naveira na data 06/02/2017 15:06:29
Carmen Santos Queiruga na data 06/02/2017 15:06:37
Paula Quinteiro Araújo na data 06/02/2017 15:06:45
Antón Sánchez García na data 06/02/2017 15:06:53
Marcos Cal Ogando na data 06/02/2017 15:07:00
14767
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Luís Bará Torres, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla
Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas
Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nestes días pasados producíronse en Galiza unha serie de temporais sucesivos
que tiveron como consecuencia máis grave a perda de vidas humanas. Ademais,
produciron importantes danos en propiedades privadas, no sector primario, na
actividade industrial e de servizos e en infraestruturas e equipamentos públicos.
Un dos efectos máis graves no ámbito material foi o dos cortes do subministro
eléctrico que afectaron a milleiros de galegos e galegas durante máis de 48 e 72 horas.
Unha situación que ten que ver coas deficiencias da infraestrutura da rede eléctrica e co
insuficiente e tardío operativo das empresas concesionarias, nomeadamente Gas Natural
Unión Fenosa.
Tendo en conta a gravidade da situación, cómpre facer unha primeira avaliación
dos danos producidos e aprobar un decreto de axudas para facer fronte ás perdas tanto
no ámbito público como privado.
Polo anteriormente exposto, o grupo parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
14768
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a
1. Facer unha avaliación urxente e un estudo dos danos producidos polos
temporais nas infraestuturas e servizos de titularidade pública e privada: infraestruturas
e equipamentos públicos, mobiliario, equipamento e bens dos fogares; infraestruturas e
bens do sector primario (agrario, gandeiro, forestal, marisqueiro, pesqueiro, acuícola…),
actividade industrial e sector servizos.
2. Exixir responsabilidades e establecer medidas sancionadoras ás empresas
titulares das infraestruturas polo mal estado das mesmas e ás prestadoras de servizos de
subministro eléctrico polo tardío e deficiente operativo de resposta para minimizar os
efectos dos cortes do servizo.
3. Aprobar axudas para os concellos, fogares e empresas que sufriron perdas
como consecuencia dos temporais.”
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
14769
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 06/02/2017 16:27:28
Olalla Rodil Fernández na data 06/02/2017 16:27:42
Xose Luis Rivas Cruz na data 06/02/2017 16:27:53
María Montserrat Prado Cores na data 06/02/2017 16:27:56
Noa Presas Bergantiños na data 06/02/2017 16:27:58
Ana Pontón Mondelo na data 06/02/2017 16:28:01
14770
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas e dos seus deputados
Luis Villares Naveira, Antón Sánchez Garcia, Carmen Santos Queiruga, Manuel Lago
Peñas, Magdalena Barahona Martín, Marcos Cal Ogando, Pancho Casal Vidal, Luca
Chao Pérez, Juan José Merlo Lorenzo, Paula Quinteiro Araujo, Davide Rodríguez
Estévez, Eva Solla Fernández e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do recollido no do
artigo 160 do Regulamento da Cámara presenta a seguinte Proposición non de lei para o
seu debate en Pleno.
Exposición de motivos:
Dende o ano 2012, a relación de postos de traballo (RPT) da Consellería do Medio Rural,
recolle unha serie de prazas con unha temporalidade na prestación de servizos de ata tres
meses, prazas adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
As citadas prazas de nova creación foron recollidas no DOGA nº 130 do luns, 9 de xullo de
2012, onde se recolle que segundo a lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra
incendios forestais, atribúe ó órgano competente en materia forestal o deseño do operativo
de extinción de incendios forestais a través do plan de defensa contra incendios forestais
(PLDADIGA).
A Xunta de Galicia argumentaba polo ano 2012 que a citada modificación da RPT de Medio
Rural tiña por finalidade dimensionar a estrutura orgánica do persoal e adecuala ás
necesidades do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais en época estival,
que de forma permanente é declarada como época de alto risco, dando apoio nas tarefas de
extinción de incendios forestais.
14771
Neta modificación da RPT aprobouse a creación de 436 prazas, con unha prestación de
servizos de ata tres meses para persoal do SPDCIF, de cara ao reforzo de alto risco de
incendios, tal e como relata no DOGA anteriormente exposto.
Por outra banda, no DOGA 213 de 3 de novembro de 2008, publicouse o V Convenio
Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, dentro do cal se establecen as
condicións especias de traballo do persoal do servizo de prevención e defensa contra
incendios forestais da Xunta de Galicia.
Como cita explicitamente este convenio no artigo 1º “este convenio colectivo establece e
regula as normas polas qeu se rexerán as relacións de carácter xurídico-laboral entre a
Xunta de Galicia e o persoal que suxeito á lexislación laboral preste os seus servizos
baixo a súa dependencia e a dos seus organismos autónomos”.
No artigo 2º cita “Así mesmo integrarase neste convenio o persoal laboral que con
posterioridade á publicación deste pase a depender da Xunta de Galiza ou dos seus
organismos autónomos”.
Tal e como detallamos anteriormente, o V C.C.Ú, recolle o acordo de condicións especiais
de traballo do persoal do SPDCIF. No seu apartado 2. Ámbito de aplicación, punto 2.2 dí
que “ O réxime laboral previsto no convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia
serlle de aplicación ó persoal laboral que realiza o seu traballo no SPDCIF, agás nos
aspectos especificamente desenvolvidos neste acordo, que terán aplicación prevalente”.
No apartado 3. Réxime laboral específico, punto 3.2. Período de traballo do persoal fixo
descontinuo do mesmo acordo, recolle literal “ Co fin de contribuír na mellor da
estabilidade laboral do persoal do SPDCIF acórdase, con efectos dende o ano 2008, a
contratación por un período ininterrompido de nove meses do persoal fixo
descontinuo.
A Consellería do Medio Rural, como consecuencia da mellora dos resultados da
política de prevención comprométese a estender os contratos do persoal fixo
14772
descontinuo do SPDCIF ata nove meses, modificando a ARPT actual. As tarefas deste
colectivo serán prioritariamente de prevención nos meses en que haxa un menos risco
de incendios forestais e de vixilancia e extinción na tempada de alto risco”.
Polo tanto, a normativa pola que rexe as relación xurídico-laborais entre a Xunta de Galicia
e o persoal que presta os seus servizos baixo a súa dependencia, entre eles o persoal laboral
do SPDCIF, recolle unicamente períodos de actividade laboral de doce (12) e nove (9)
meses.
Nos 436 contratos de traballo que os traballadores e traballadoras asinan coa Xunta de
Galicia-Consellería de Medio Rural, na cláusula primeira vincula ó traballador co SPDCIF.
Nas cláusulas terceira e cuarta tamén existe vinculación do traballador co propio V convenio
colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, como tamén na cláusula
adicional décimo terceira.
A este respecto, presentáronse demandas individuais diante dos xulgados de primeira
instancia do social, o ollar fraude de lei ó infrinxirse o recollido no V convenio, onde non se
recolle ningún tipo de contrato laboral de 3 meses, tal e como relatamos anteriormente.
Temos o “aval moral” e xurídico en primeira instancia de máis de corenta sentenzas
favorábeis. Certo é que a día de hoxe xa comezaron a saír algunhas sentenzas recorridas
pola Xunta de Galicia no TSXG onde decaen estas sentenzas.
Por outra banda, o 16 de xaneiro de 2016, entrou en vigor a Lei 17/2015, do 9 de xullo, do
Sistema Nacional de Protección Civil, publicada no BOE número 164 do 10 de Xullo de
2015, onde no seu artigo 17º recolle que os servizos de prevención e extinción de incendios
forestais terán a consideración de servizos públicos de intervención e asistencia en
emerxencias de protección civil, reflectindo polo tanto, que un incendio forestal é unha
emerxencia.
14773
Dentro das novas tarefas que esta lei encomenda a este servizo, aparecen as novas unidades
de competencia entre elas a U.C. 0272-2, Asistir como primeiro intervinte nos casos de
accidentes ou situacións de emerxencia rural.
Entendemos que coa asignación destas novas competencias, aumenta a carga de traballo e
dilúese o período inicialmente establecido para a campaña de reforzo onde se adscribía
unicamente o período de verán, entendendo que ó poder actuar como primeiro intervinte en
caso de emerxencia, as intervencións se efectuarán ó longo de todo o ano.
Coa entrada en vigor desta lei, consideramos que é imprescindíbel e necesario reforzar o
dispositivo para poder atender e desenrolar as tarefas que a propia lei do Sistema
Nacional de Protección civil encomenda. Trataríase polo tanto, de ampliar os períodos de
contratación dos traballadores e traballadoras que prestan servizos durante os meses de
xullo, agosto e setembro e que ascenden en número de 436, para un dispositivo que non
conta con medios suficientes para atender estas novas afrontas, economizando e optimizado
ó noso entender todo o potencial deste recurso público.
Non está de máis matizar que se trata dun colectivo afincado e espallado pola xeografía
rural do país que xa a data de hoxe está ubicado estratexicamente en canto a cobertura
territorial se refire, e coa plusvalía dun amplo coñecemento do territorio logo de máis de 25
anos de traballo.
Así en dispositivos homólogos do resto do estado, constatamos como xa teñen desenrolado
as funcións de atención a todo tipo de emerxencias, en base ao reflectido na citada Lei
17/2015.
É o caso dos traballadores e traballadoras do Plan Infoca, do servizo público de
Andalucía, onde entre as súas funcións teñen reflectida aquelas de colaborar e participar en
emerxencias ambientais, tales como inundacións, nevadas, tornados etc. Asimesmo, tamén
colaboran na busca de persoas desaparecidas. Outras liñas de traballo están destinadas á
sensibilización da sociedade fronte ós incendios forestais.
14774
No caso das brigadas de emerxencia da Generalitat Valenciana, entre as funcións a
maiores da prevención e extinción de incendios forestais, teñen recollidas á intervención en
situacións de emerxencias de orixe meteorolóxico tales como nevadas, inundacións ou
fortes ventos, así como a colaboración noutras situacións de risco contempladas en plans e
procedementos de protección civil e emerxencias de acordo coa lexislación vixente.
As mesmas funcións teñen tamén asignadas ó dispositivo da Comunidade Autónoma de
Madrid.
No caso que nos atinxe, A Xunta de Galicia aínda non realizou ningún troco neste senso,
infrautilizando un servizo como ó SPDCIF que podería atender como nos caos
anteriormente expostos todo tipo de emerxencias tal e como desenrola a normativa vixente.
Cunha inversión asumíbel poderíase garantir a cobertura necesaria en todo o territorio
galego, sobre todo no medio rural, xa que se trata dunha cobertura horaria necesaria das 24
horas durante os 365 días do ano, lembrando que a data de hoxe moitas das quendas de
traballo do persoal non se chegan a cubriren, e aparecendo posteriormente contabilizados
postos de traballo que non teñen persoal que exerza as súas labouras.
Dentro dun plano máis técnico no que a incendios forestais se refire, atopámonos nos
últimos anos con novos tipos de lumes de elevados riscos tanto para bens materiais como
perigoso para as vidas humanas, tal e como son os lumes de interface, con ameaza para
persoa e bens, así como os lumes de quinta xeración, que superan a capacidade e extinción
producindo simultaneidade de lumes de interface.
Coa aparición dun tipo de combustíbel preponderante no espazo rural como é o
“arbustivas”, ligado ó despoboamento do rural e un modelo de desenrolo urbano nada
axeitado, atopámonos diante dunha tipoloxía de incendio que combina a perigosidade do
incendio urbano e do forestal.
Non se trata de incendios forestais nos que na maioría dos casos se fale de perdas
ambientais e sociais, nos lumes de interface a maiores disto impleméntanse os perigos que
14775
conlevan a presenza de poboación. Si antes na maioría dos casos nos atopabamos lumes
que ían do pobo cara os montes, agora vemos a cotío como a dirección é a contraria, ou
sexa, do monte cara os pobos.
Reiteramos na necesidade de que o SPDCIF pase a formar parte do dispositivo de
protección civil , servizo para o cál deberá estar como até o de agora, dispoñíbel durante
todo o ano, as 24 horas do día, e para elo é preciso e necesario contar con funcións de
emerxencia, en base ao citado na Lei 17/2015, funcións que até o de agora non se realizan,
agás as de extinción de incendios forestais.
No que á parte económica se refire, tal e como recolle a propia memoria de xustificación
funcional e económica da Consellería do Medio Rural, elaborada para a modificación da
RPT da consellería de cara a creación dos postos de reforzo no verán do SPDCIF, o
incremento de gasto anual para poder contratar durante nove meses aos 436 traballadores e
traballadoras é de 6.685.352€.
Un gasto, que debe considerarse asumíbel, incluso o noso grupo estaría disposto a propoñer
as partidas a modificar para facelo posible.
Diante do argumento da falta de fondos para ampliar a contratación, podemos demostrar
como a Xunta de Galicia tenta ampliar a data de hoxe as contratación en temo e número de
brigadas helitransportadas por un montante superior ás cifras que vimos de expoñer,
aumentando o tempo de traballo só ás brigadas helitransportadas privadas para facer
prevención mentres manda o persoal do SPDCIF fixo descontinuo ó paro.
Con isto, non estamos a plantexar que os medios aéreos sexan innecesarios, é evidente
que o seu emprego de forma axeitada é fundamental, pero mentres á propias brigadas
helitransportadas do dispositivo público se lles chega a retirar o helicóptero un mes antes da
finalización do contrato da brigada, nas contratadas á empresa INARER incrementouse nos
14776
últimos anos a duración do tempo de traballo incluíndo como nova tarefa a prevención, feito
que no V convenio colectivo –a prevención- se establecía como obxectivo no medio prazo
para o persoa do SPDCIF, así ó aumentar progresivamente as actividades de prevención
melloraríase o tempo de permanencia e as condicións laborais do SPDCIF.
Porén, a nosa argumentación avoga, como explicamos a continuación, por un urxente
cambio de modelo.
Os peores anos até o de agora en canto a lumes en Galicia foron no período 1991-2005 onde
a superficie queimada por incendio forestal non supero as 3 Has/lume (Fonte- área de
defensa contra incendios forestais do Ministerio de Medio Ambiente), con medias de lumes
por ano que acenderon aos 10.000 incendios, chegando a picos de 15.000 nalgún deles.
Neste período, a composición do dispositivo de prevención e extinción contra incendios
estaba conformada maioritariamente poso SPDICIF, o cál supoñía un 84% do total. O
seguinte período,que nos levou ata o 2009 xa comezou a diminuír o peso do SPDCIF no
total do dispositivo, deixándoo nun 67%. Coa introdución do novo modelo do PP logo do
ano 2009, continuou minguando o peso específico do SPDCIF dentro do total como
dispositivo, chegando ao actual 38%.
O noso plantexamento baséase na eficacia do modelo; coa actual atomización do dispositivo
atopámonos dúas circunstancias importantes. A primeira é unha boa nova, o número de
lumes reduciuse a máis da metade, pero pola contra a superficie queimada or incendio,
elevouse até as 6,4 Has/ lume, polo tanto atopámonos diante do paradoxo de que con
menos lumes arde mais superficie por incendio .
Este análise introduce unha nova variante que é un novo tipo de lume de alta perigosidade e
elevada velocidade de propagación, e polos datos aportados, percíbese perfectamente que o
modelo atomizado é moito menos eficaz que o modelo único público e autonómico,
composto maioritariamente polo actual SPDCIF,
14777
Analizando o que ocorreu no ano 2016, observamos unha redución radical do número de
lumes, arredor de 2.200 incendios forestais, onde arderon máis de 22.500 Has, sendo a
superficie queimada por incendio de 10,2 Has/lume. Estes datos lévannos a conclusión de
que o sistema pode colapsar facilmente mantendo o modelo actual.
Que ocorrería a data de hoxe si or desgraza voltáramos ás cifras da década anterior onde se
chegaba con facilidade a rebasar os 10.000 lumes/ano? A resposta condúcenos a un desastre
medioambiental e social de gravísimas consecuencias.
Polo tanto, aportamos argumentos técnicos e facemos unha proposta clara, no senso de
trocar este modelo por outro baseado nun só dispositivo, consistente no actual SPDCIF,
onde recupero peso específico o binomio autobomba/brigada fronte ó excesivo uso de
medios aéreos que son necesarios pero non tan eficaces.
Dende o punto de vista económico, a contratación directa de persoal polo dispositivo
público de prevención e defensa contra incendios forestais é máis económico que calquera
das outras empresas que veñen participando nas tarefas de extinción nos derradeiros anos (
Tragasa, Seaga, Natutecnia...). O prezo por hora, unha vez contabilizado vehículo máis
equipo de protección individual é, no caso do SPDDCIF de 18,28€, por contra, pola
empresa SEAGA ascende a 19,44€, e por Tragsa aumenta a cantidade de 22,56€ .
Tanto por argumentos técnicos coma por económicos non ten sentido manter o actual
modelo, para o cá propomos tal e como detallamos anteriormente, ó retorno ó modelo
baseado nun SPDCIF forte onde se incentive a formación ao persoal e se procure unha
estabilidade laboral para garantir un traballo digno, e así voltar a ser o servizo de referencia
dentro do estado.
A precariedade laboral á que están sometidos os traballadores e traballadoras contratados,
14778
cos tempos e modalidades existentes neste momentos, aumenta co simple paso do tempo. É
escandaloso que a propia administración pública fomente estes contratos escravos e
miserentos, non garantindo o básico para poder manter unhas condicións de vida digna.
Logo de catro anos dende a derradeira modificación da RPT da Consellería o persoal
empregado recibe un salario inferior ó 75% do SMI, feito que a administración autonómica
galega no debería permitir máis aló de situación sumamente excepcionais, caso que
consideramos no é o que agora nos ocupa.
Cremos que as condicións que deron lugar a esta modificación da RPT mudaron e non ten
sentido manter máis temo estes contratos precarios.
Por todo o exposto o Grupo Parlamentar de En Marea, formula a seguinte Proposición
non de lei para o seu debate en Pleno.
O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a que proceda á modificación da actual
relación de postos de Traballo da Consellería de Medio Rural, no senso de que a duración
dos contratos do persoal de reforzo para a campaña do verán do Servizo de Prevención e
Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) se incremente sobre os 3 meses actuais, sendo
equiparados cos traballadores e traballadoras, persoal laboral fixo descontinuo, ampliando a
súa relación contractual a un total de nove (9) meses.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luis Villares Naveira na data 06/02/2017 11:42:52
14779
Paula Vázquez Verao na data 06/02/2017 11:43:01
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 06/02/2017 11:43:05
Juan José Merlo Lorenzo na data 06/02/2017 11:43:11
Carmen Santos Queiruga na data 06/02/2017 11:43:14
Antón Sánchez García na data 06/02/2017 11:43:17
Eva Solla Fernández na data 06/02/2017 11:43:19
Luca Chao Pérez na data 06/02/2017 11:43:23
Paula Quinteiro Araújo na data 06/02/2017 11:43:26
Magdalena Barahona Martín na data 06/02/2017 11:43:29
José Manuel Lago Peñas na data 06/02/2017 11:43:33
Francisco Casal Vidal na data 06/02/2017 11:43:36
David Rodríguez Estévez na data 06/02/2017 11:43:39
Marcos Cal Ogando na data 06/02/2017 11:43:43
14780
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e dos seus deputados, Concepción Burgo López, Luis
Álvarez Martínez, Julio Torrado Quintela e Noela Blanco
Rodríguez, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo
160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
Proposición non de lei en Pleno.
Exposición de motivos
A provincia de Lugo -como toda Galicia pero incluso en maior
medida-, está a sufrir un grave problema demográfico e un proceso de
despoboación do rural que necesita de múltiples medidas para atallalo,
pero en cambio o que está a facer a Xunta de Galicia é reducir os
servizos básicos en educación e sanidade, o que impide vivir con
normalidade no contorno rural, e polo tanto fixar a poboación.
Así está a pasar no concello de Baralla onde non hai servizo de
pediatría cando nel viven 200 nenos e nenas que teñen que ir ao
pediatra do Corgo.
Este profesional atende tamén a varios concellos máis da zona e, polo
tanto, tan só esta dous días á semana no centro de saúde de O Corgo. O
resto dos días os nenos e nenas de Baralla teñen que ir ao PAC de
Fingoi en Lugo ou ao HULA. Por riba, o pediatra de O Corgo leva
moitos meses de baixa sen que fora substituído polo que o problema
médico para os nenos e nenas de Baralla prodúcese todos os días e o
único recurso é ir a Lugo.
Ante esta situación inxusta, inaceptable e perigosa para a saúde dos
nenos e nenas, unha asociación veciñal, co apoio da Federación de
Veciños da Provincia de Lugo, ten recollido xa máis de 1.300 firmas
dos 2.400 veciños censados do concello para solicitar que un pediatra
consulte no centro de saúde de Baralla, cando menos dous días á
semana, máxime cando o centro ten unha sala acondicionada para elo.
14781
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Dende logo consideramos que unha petición moi razoable que está
apoiada por todos os grupos políticos do concello e que, dende o punto
de vista dos socialistas, é o mínimo que se pode esixir para ofertar unha
sanidade cun mínimo de calidade.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte Proposición non de lei:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a implantar de xeito
inmediato un servizo de pediatría dous días a semana no Concello de
Baralla.”
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: Concepción Burgo López
Luis Álvarez Martínez
Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Maria de la Concepción Burgo López na data 07/02/2017 14:11:22
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 07/02/2017 14:11:29
Julio Torrado Quintela na data 07/02/2017 14:11:38
Noela Blanco Rodríguez na data 07/02/2017 14:11:45
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 07/02/2017 14:11:50
14782
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados e da súa deputada Abel Losada Alvarez, José Manuel Pérez Seco
e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, a través do seu portavoz e ao abeiro
do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa
a seguinte proposición non de lei en Pleno.
Exposición de motivos
A oposición desenvolvida polo Partido Popular entre 2005 e 2009, cun
enfoque catastrofista que culpabilizaba de calquera problema que xurdía ao
goberno da Xunta, dende o mesmo momento de producirse, foi sempre
considerada polos socialistas como unha sobreactuación puramente
electoralista.
No caso dos temporais que teñen afectado ao conxunto de Galicia dende fai
case unha semana, e suficientemente previstos polos diferentes servizos de
predición meteorolóxica, os socialistas tivemos a prudencia de agardar unha
reacción do Goberno galego ante os graves problemas xurdidos en diferentes
ámbitos no país, nos cortes no subministro eléctrico, na afectación de
infraestruturas públicas, afectación en bens privados, cortes nas vías de
comunicación que afectaron gravemente ao transporte público, abandono dos
concellos a súa sorte e unha tardía reacción do sistema público de emerxencias
que mostrou unha vez máis a súa incapacidade de coordinación.
Lamentablemente, os cortes de subministro eléctrico nos concellos do rural
galego son bastante habituais en moitas ocasións, e cando temos algunha
adversidade meteorolóxica, algo habitual en Galicia durante o outono e o
inverno, as e os habitantes do rural quedan a súa sorte, esquecidos pola
Administración e polas empresas eléctricas.
No rural viven veciños e veciñas, que pagan os seus impostos e as súas
facturas de enerxía, e que teñen dereito a ter unha calidade de vida digna, non
tendo xustificación que cada certo tempo pasen horas, ou mesmo días, sen
subministro eléctrico, impedindo que poidan facer unha vida cotiá en
condicións normais e supoñendo, nalgúns casos, perdas económicas
importantes derivadas destes cortes.
No caso das empresas establecidas no rural, sendo estas fundamentalmente
explotacións gandeiras que precisan deste subministro para poder levar a cabo
14783
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
a súa actividade económica, supón un atranco engadido e importantes perdas
económicas para as explotacións. Tamén empresas de servizos, como a
hostalería, se viron moi afectadas por estes cortes.
Estamos falando de máis de 200.000 as persoas afectadas por estes cortes de
electricidade antes do fin de semana, en algúns casos mais de dous días, o que
supón en torno ao 20 % dos fogares existentes en Galicia. E, aínda o luns, tres
ou catro días despois continúan miles de persoas sen subministro enerxético.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta
a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia:
1. A iniciar un expediente ás compañías eléctricas polos prolongados
cortes no subministro eléctrico a fogares e empresas en toda a
comunidade autónoma no derradeiro temporal.
2. Esixir as compensacións económicas ás compañías eléctricas polos
danos provocados na actividade diaria de familias e empresas por estes
cortes no subministro.
3. Definir un protocolo de actuación, xuntamente coas compañías
subministradoras de enerxía eléctrica, durante períodos con
climatoloxía adversa, que permita garantir o subministro, ou minimizar
o tempo de actuación e resposta en caso de corte do mesmo.
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: Abel Losada Alvarez
José Manuel Pérez Seco
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
14784
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 07/02/2017 14:13:58
Jóse Manuel Pérez Seco na data 07/02/2017 14:14:06
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 07/02/2017 14:14:16
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 07/02/2017 14:14:18
14785
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados e da súa deputada José Manuel Pérez Seco, Jose Antonio
Quiroga Díaz, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo e Abel Losada
Alvarez, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición
non de lei en Pleno.
Exposición de motivos
A oposición desenvolvida polo Partido Popular entre 2005 e 2009, cun
enfoque catastrofista que culpabilizaba de calquera problema que xurdía ao
Goberno galego, dende o mesmo momento de producirse, foi sempre
considerada polos socialistas como unha sobreactuación puramente
electoralista.
No caso dos temporais que teñen afectado ao conxunto de Galicia dende o
xoves pasado, e suficientemente previstos polos diferentes servizos de
predición meteorolóxica, os socialistas tivemos a prudencia de agardar
unha reacción da Xunta de Galicia ante os graves problemas xurdidos en
diferentes ámbitos no país. Nos cortes no subministro eléctrico, na
afectación de infraestruturas públicas, afectación en bens privados, cortes
nas vías de comunicación que afectaron gravemente ao transporte público,
abandono dos concellos a súa sorte e unha tardía reacción do sistema
público de emerxencias que mostrou unha vez máis a súa incapacidade de
coordinación.
A afectación nas infraestruturas de transporte foi especialmente grave na
costa atlántica, os retrasos e as interrupcións de servizos ferroviarios, e a
falla de coordinación no establecemento de servizos alternativos por
estrada, fixo que os afectados se contaran por miles. Como exemplo, a liña
ferroviaria Vigo – Ourense estivo case tres días inutilizada. E os transportes
alternativos por estrada foron escasos, mal planificados e desenvolvidos
cunha absoluta falla de información ás persoas usuarias.
14786
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Iniciar un expediente ás compañías eléctricas polos prolongados
cortes no subministro eléctrico a fogares e empresas no medio rural
no derradeiro temporal.
2. Esixir as compensacións económicas ás compañías eléctricas polos
danos provocados na actividade diaria de familias e empresas no
medio rural por estes cortes no subministro.
3. Definir un protocolo de actuación, xuntamente coas compañías
subministradoras de enerxía eléctrica, durante períodos con
climatoloxía adversa, que permita garantir o subministro, ou
minimizar o tempo de actuación e resposta en caso de corte do
mesmo, nos fogares e empresas agrogandeiras.
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: José Manuel Pérez Seco
José Antonio Quiroga Díaz
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Abel Losada Alvarez
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 07/02/2017 14:14:30
14787
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
José Antonio Quiroga Díaz na data 07/02/2017 14:14:38
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 07/02/2017 14:14:45
Abel Fermín Losada Álvarez na data 07/02/2017 14:14:48
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 07/02/2017 14:14:54
14788
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario de En Marea, por iniciativa do seu deputado
Francisco Casal Vidal e ao abeiro do artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno, relativa
ás accións que a Xunta de Galicia ten que poñer en marcha para evitar ou
limitar os cortes de longa duración producidos no servicio de distribución
eléctrica cada vez que se produce un temporal.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado xoves 2 de febreiro produciuse en Galicia un temporal de intensidade
media que estaba previsto nas predicións meteorolóxicas.
Como consecuencia do mesmo moitas instalacións de distribución eléctrica ao
longo do país sufriron incidencias que deixaron sen servizo a máis de 50.000
persoas durante longos períodos de tempo, nalgúns casos de mais de 5 días.
Estes inxustificados cortes de longa duración provocan innumerables é
cuantiosos prexuízos persoais e económicos á cidadanía, agravados polo feito de
que ademais soen implicar a caída da rede de telefonía.
A responsable do monopolio natural da distribución en Galicia, e de maneira case
única, a compañía Gas Natural Fenosa Distribución, que percibe ao ano o
importe que polo servizo de distribución se carga nos recibos de todos os
abonados e abonadas. No último exercicio Fenosa ingresou por este concepto
715 M€ unha cantidade importantísima e que debería garantir un servizo de
máxima calidade e seguridade.
14789
Este importe desglósase nas seguintes partidas: 429 M€ para inversións na
actualización e mellora das instalacións; 160 M€ para operación e mantemento e
126 M€ para outras tarefas (lectura de contadores, facturación, atención
telefónica, planificación e custes de estrutura).
Trátase de trasladar á cidadanía que os cortes de luz son consecuencia normal do
mal tempo; un mal tempo previsto con antelación. Pero isto non é así, e debese,
segundo o noso criterio, aos seguintes factores:
-Falta de desenvolvemento e planificación dunha rede máis segura e redundante e
de inversións suficientes para facelo posible, sobre todo no medio rural.
-Ausencia total de mantemento preventivo da rede e das servidumes de paso das
liñas.
-Subcontratación dos traballos de reparación de avarías a compañías con
insuficientes medios técnicos e persoais e escaso coñecemento das instalacións e
das zonas onde deben actuar.
A ausencia de persoal propio da compañía de maneira estable, en todas as
comarcas, fai que en caso de avarías ou incidencias as compañías subcontratadas
tarden moito en intervir e non teñan boa información das incidencias máis
salientables para priorizalas. Desta maneira os responsables públicos locais e os
cidadáns non teñen a ninguén de referencia para poder trasladar reclamacións e
información sobre situacións críticas, tendo como único contacto un teléfono de
atención xeral que en situacións como a que acaba de acontecer adoita estar
saturado e tárdanse varios días en recibir contestación ás reclamacións.
14790
Ante todo o exposto, consideramos que o Goberno da Xunta de Galicia ten que
intervir de maneira urxente para implementar as medidas que solucionen ou
palíen as consecuencias dos temporais na rede eléctrica.
A este fin, En Marea presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Pleno:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Solicitar un informe anual desagregado dos investimentos a realizar na rede
de distribución eléctrica en Galicia por parte de Gas Natural Fenosa Distribución
con tempo suficiente para poder facer alegación e propostas de mellora.
2.- Solicitar un informe anual desagregado do orzamento anual de Gas Natural
Fenosa Distribución para o mantemento da rede en Galicia con tempo suficiente
para poder facer alegacións e propostas de mellora.
3.- Implantar, en coordinación coa compañía distribuidora, un procedemento
extandar de reclamación sinxelo e accesible para toda a cidadanía que garanta o
pago áxil, xusto e rápido das indemnizacións que correspondan en caso de cortes
prolongados.
4.- Exixir á compañía distribuidora a ter persoal propio estable en cada comarca
responsable da supervisión da rede. Desta maneira os responsables públicos
locais e os cidadáns terían persoas de referencia para poder trasladar
reclamacións e información sobre situacións críticas e non ter que comunicarse
de maneira desesperante cun robot de atención o cliente.
5.- Implantar un servizo de atención ao usuario (dentro dos 126 M€ que a
compañía cobra ao ano por atención), que achegue información on-line por
comarcas, concellos, parroquias é lugares indicando o estado e a previsión de
reposición. Isto é común en moitos países onde teñen situacións de temporal.
Este servizo on-line via whats-up, mensaxes, ou app para móbiles axudaría moito
14791
descargando ao telefono de atención e aportaría certidume aos cidadáns para
poder tomar medidas paliativas a tempo.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017.
Asdo.: Francisco Casal Vidal Asdo.: Luís Villares Naveira
Deputado do G.P. de En Marea. Voceiro do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Francisco Casal Vidal na data 07/02/2017 14:22:49
Luis Villares Naveira na data 07/02/2017 14:22:52
14792
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Noela Blanco Rodríguez, Patricia
Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz Villoslada e Matilde Begoña
Rodríguez Rumbo, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
Aínda que formalmente non comezaron as negociacións para o coñecido
como Brexit, é dicir, o abandono da Unión Europea por parte do Reino
Unido, o pasado 17 de xaneiro, a súa primeira ministra anunciou unha saída
completa. Theresa May sinalou entre as prioridades que guiarán a
negociación do Goberno británico, a de garantir os dereitos dos nacionais
doutros países da UE que viven en Reino Unido, así como os dos británicos
residentes noutros países do bloque.
Como consecuencia da crise económica e da falta de oportunidades en
España, centos de miles de españois, na súa maioría persoas novas e ben
formadas, buscaron noutros países as oportunidades laborais que non
atoparon no noso país. En Reino Unido, as estatísticas oficiais publicadas
polo INE en marzo de 2016 falan de 102.498 españolas e españois
residentes, dos cales segundo datos do IGE 13.362 son galegos.
Con todo, organizacións de emigrantes, aseguran que, atendendo a outras
estatísticas oficiais como a de españois que obteñen o número de
seguridade social británico (National Insurance number), demóstrase que as
cifras reais son significativamente superiores.
Os socialistas vimos denunciando nos derradeiros anos que as trabas
impostas dende a Administración para facer oficiais os cambios de
residencia temporal, por exemplo, a que se refire á conservación do dereito
á asistencia sanitaria en España se comunicou o traslado ao estranxeiro
transcorridos tres meses desde a saída do noso país. En efecto, segue sen
resolverse a perda dese dereito mentres as e os españois deciden probar a
viabilidade do seu proxecto migratorio.
14793
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Os dereitos adquiridos polas españolas e españois, como cidadás e cidadáns
da UE, que residen por calquera circunstancia en Reino Unido (traballo por
conta allea ou propia, bolsas, prácticas, estudos, reagrupación familiar,
etc.), non deberían verse en perigo polo Brexit.
As expectativas referidas á posible imposición de requisitos máis esixentes
para renovar a autorización de residencia, á reagrupación familiar, á
posibilidade ou non de ter cobertura social en caso de necesidade, etc, é
lóxico que hoxe estean entre as moitas preguntas sen resposta que se
estarán facendo os que forman este colectivo.
Dende o Grupo Socialista consideramos que, a pesar das moitas materias
concernidas neste proceso que vai afectar tanto á circulación de
mercadorías, servizos, capitais, e traballadores e traballadoras, é unha
prioridade absoluta o que ocorra coa situación destes últimos.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
A) O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Realizar con urxencia un amplo estudo ad hoc que recolla unha
estatística do número real de residentes galegos en Reino Unido, así
como da súa situación administrativa nese país.
1.1 Presentar dito informe durante o ano 2017 no Parlamento de
Galicia.
2. Trasladar aos órganos de participación tanto directa como indirecta da
comunidade autónoma nas institucións da Unión Europea, a defensa
do mantemento dos dereitos dos galegos e galegas residentes no
Reino Unido.
14794
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
B) O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de
España a incorporar, como máxima prioridade na posición española que se
trasladará á Unión Europea na negociación do Brexit, o mantemento dos
dereitos dos españois e españolas residentes naquel país.
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 07/02/2017 16:57:14
Patricia Vilán Lorenzo na data 07/02/2017 16:57:21
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 07/02/2017 16:57:26
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 07/02/2017 16:57:31
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 07/02/2017 16:57:33
14795
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das
deputadas e deputados Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé
Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Luis Bará
Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa aos danos causados polos
temporais e ás responsabilidades das compañías eléctricas subministradoras.
Ao longo dos primeiros días de febreiro de 2017 producíronse en Galiza unha
serie de sucesivos temporais que tiveron como consecuencia máis grave a perda de
vidas humanas. Ademais, causaron importantes danos en propiedades privadas, no
sector primario, na actividade industrial e de servizos e en infraestruturas e
equipamentos públicos.
Un dos efectos máis graves foi o dos cortes do subministro eléctrico que
afectaron a milleiros de galegos e galegas durante máis de 48 e 72 horas. Unha situación
que ten a ver coas deficiencias da infraestrutura da rede eléctrica, co abandono dos
labores básicos e continuados de mantemento das liñas eléctricas e co insuficiente e
tardío operativo das empresas distribuidoras e subministradoras finais de enerxía
eléctrica.
Tendo en conta a gravidade da situación, cómpre facer unha primeira avaliación
dos danos producidos e aprobar un decreto de axudas para facer fronte ás perdas tanto
no ámbito público como privado.
Alén diso, para evitar que situacións tan calamitosas se volvan a repetir tamén
cómpre inspeccionar e revisar as obrigas que deben cumprir as empresas eléctricas
14796
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
respecto da conservación axeitada da infraestrutura eléctrica, esixindo as
responsabilidades oportunas así como impondo un plan de mellora constante da rede
eléctrica ás distribuidoras.
Non é aceptábel que Galiza, sendo produtora e excedentaria de enerxía eléctrica,
con numerosos encoros, minicentrais, centrais térmicas ou parques eólicos instalados ao
longo do seu territorio que xeran enerxía sen parar, tendo que asumir os custes
ambientais de dita actividade, estea obrigada ademais a soportar unha pésima calidade
no subministro eléctrico.
Polo anteriormente exposto, o grupo parlamentar do BNG presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento de Galiza acorda:
1. Instar ao Goberno galego a exixir responsabilidades e estabelecer medidas
sancionadoras ás empresas titulares das infraestruturas polo mal estado das mesmas e ás
prestadoras de servizos de subministro eléctrico polo tardío e deficiente operativo de
resposta para minimizar os efectos dos cortes do servizo.
2. Instar ao Goberno galego a obrigar ás empresas subministradoras de enerxía a
efectuar unha auditoría da situación das liñas eléctricas en Galiza, presentar un plan para
subsanar as deficiencias urxentes e unha programación para acometer os investimentos
precisos de forma continuada que garantan unha axeitada conservación da infraestrutura
eléctrica.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017
14797
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 07/02/2017 17:15:00
María Montserrat Prado Cores na data 07/02/2017 17:15:03
Ana Pontón Mondelo na data 07/02/2017 17:15:06
Xose Luis Rivas Cruz na data 07/02/2017 17:15:08
Olalla Rodil Fernández na data 07/02/2017 17:15:11
Xosé Luis Bará Torres na data 07/02/2017 17:15:14
14798
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa da súa deputada Paula
Quinteiro Araujo e do seu deputado Davide Rodríguez Estévez, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, en relación á praga que está
afectando á plantación de pataca.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
A pataca ocupa un lugar de primeiro orde na nosa alimentación e na economía
produtiva do mundo rural galego.
A praga que está afectando ás plantacións de pataca pola couza guatemalteca
(tecla solanivora) continúa a avanzar polo noso país sen que se poñan as medidas
precisas dende a Xunta de Galicia para freala e para avaliar os danos producidos.
Nos últimos quince meses multiplicáronse por 10 os concellos afectados(de 3 en
novembro de 2015 a 31, segundo o DOG do 6 de febreiro). Por agora, está a
incidir nas zonas de autoconsumo, pero a praga podería chegar as zonas
produtivas se non se toman medidas, podendo incluso afectar á IXP (Indicación
Xeográfica Protexida) Pataca de Galicia
As agricultoras e agricultores atópanse nunha situación de incertidume que as
administracións públicas deben solucionar. Aínda non se sabe se se prohibirá a
plantación nin as medidas de prevención que se van a implantar. Dende a
administración manéxase un borrador de Decreto no que non está claro que se
inclúan indemnizacións nos lugares onde se prohiba plantar patacas, mentres non
se concretan os prazos para que se publique este Decreto que actualice e amplíe
14799
as medidas adoptadas en 2015 (Resolución do 16 de outubro de 2015, DOG do 3
de novembro) que, vista a extensión da praga, non parecen suficientes.
De feito, debería realizarse unha avaliación das medidas de prevención levadas a
cabo até o de agora e detectar os fallos para poñer as condicións para mellorar as
medidas de contención. Consideramos que a Resolución do 2 de febreiro de 2017
limítase a manter as medidas fitosanitarias de novembro de 2015 que, a vista dos
feitos, amosaron a súa ineficacia.
A día de hoxe, non hai controles sobre as plantacións particulares, máis alá de
recomendacións e apelacións á responsabilidade dos agricultores. Ademais de
sobre a plantación, faise necesario actuar a través da comercialización da
semente, para previr a expansión da praga. Tamén facer controles exhaustivos
dos almacéns, elaborar un inventario de todas as plantacións e delimitar
correctamente a zona afectada antes de que a praga se siga estendendo.
Ademais, atendendo á prevención, debería aumentarse o orzamento dedicado ás
agrupacións de defensa fitosanitaria, coa fin de dotarnos de ferramentas para
loitar contra este tipo de pragas.
Deberíase actuar canto antes, solucionando as dúbidas do sector. Os agricultores
e agricultoras das áreas afectadas deben saber se poden sementar ou non, e que
medidas de prevención se van implantar, tanto dende o Ministerio de Agricultura
como dende a Consellería de Medio Rural.
Estamos ante un problema de saúde pública, ante o que só cabe actuar de maneira
urxente e decidida, coa publicación inmediata dun Decreto para combater a praga
e o establecemento de axudas compensatorias para os plantadores.
14800
Por todo isto, presentamos a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en
Pleno:
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
1. Facer unha avaliación das medidas de prevención adoptadas dende 2015 para
evitar a extensión da praga da couza guatemalteca coa fin de detectar posibles
insuficiencias
2. Elaborar un inventario de explotacións nas áreas afectadas e efectuar controles
exhaustivos nos almacéns, para comprobar a incidencia da praga e avaliar os
danos.
3. Reforzar a vixilancia da procedencia dos tubérculos e sementes que se vendan
nos mercados locais, constatando a orixe da pataca e das sementes
comercializadas.
4. Establecer unha liña de axudas ás persoas afectadas, con indemnizacións
xustas ante a previsible prohibición do cultivo de patacas na área delimitada.
5. Instar ao Ministerio de Agricultura para axilizar a aprobación do Decreto que
recolla medidas eficaces e rápidas para evitar a extensión da praga.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017.
Asdo.: Paula Quinteiro Araujo Asdo.: Luís Villares Naveira
Davide Rodríguez Estévez Voceiro do G.P. de En Marea
Deputada e deputado do G.P de En Marea.
14801
Asinado dixitalmente por:
Paula Quinteiro Araújo na data 07/02/2017 19:20:37
David Rodríguez Estévez na data 07/02/2017 19:20:47
Luis Villares Naveira na data 07/02/2017 19:20:57
14802
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados e das súas deputadas Julio Torrado Quintela, Noela
Blanco Rodríguez, Juan Manuel Díaz Villoslada e Matilde Begoña
Rodríguez Rumbo, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
A chegada do inverno tende a provocar anualmente unha epidemia de gripe
en Galicia, que xera unha afluencia maior do habitual aos centros de saúde
e centros hospitalarios. A limitación de recursos, persoais e materiais, que
hoxe sofren os servizos sanitarios provocan que calquera situación de estrés
asistencial xere problemas loxísticos, organizativos e de eficiencia dos
servizos.
No inicio do mes de xaneiro, a saturación do Servizo de Urxencias que se
produciu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
xerou situacións caóticas, que produciron largas esperas dos e das pacientes
en salas, en camas acumuladas nos corredores e con agardas para
hospitalización de ata 20 horas (“Una guardia muy dura”, La Voz de
Galicia, 02.01.2017). Os e as profesionais achacan a situación á falta de
persoal, que reduce a capacidade de atención, e á falta de recursos materiais
e a súa posta en funcionamento (ausencia de camas, redución de espazos
útiles …). As deficiencias xerais na xestión dos centros hospitalarios, que
unicamente se suplen co esforzo extra dos e das profesionais do sistema
sanitario.
No Pleno do Parlamento de Galicia do 24 de xaneiro deste mesmo ano, o
Grupo Socialista presentou a debate unha iniciativa formulando a
implementación de recursos para solventar os problemas de saturación, e
solicitando informes das xerencias das áreas sanitarias sobre as previsións
ante o esperado pico da gripe e sobre a eficiencia resultante dos plans de
continxencias. Nesta iniciativa se pretendía coñecer se existiran previsións
que reprogramaran intervencións cirúrxicas que liberaran camas para
14803
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
facilitar os ingresos hospitalarios previstos, se se activaron todos os
recursos persoais a disposición, se houbo reforzo especial do servizo de
urxencias e do servizo de pneumoloxía, así como outras medidas posibles
que se puideron ter considerado. A proposición foi rexeitada co voto en
contra do Grupo Parlamentario Popular.
A situación asistencial do CHUAC volveu a estar en entredito pola
saturación de urxencias nos últimos días, froito dos mesmos problemas
sinalados xa con motivo do pico da gripe de inicios de xaneiro. O número
de urxencias ten superado as 400 en varios días, e o índice de
hospitalización elevouse por riba do 20 %, superando en 4 % os datos no
mesmo mes do ano pasado. A situación límite forzou a medidas novamente
extraordinarias como a ampliación de camas por habitación, ou abrir
espazos novos noutras plantas hospitalarias. As medidas tomadas naquel
momento foron extemporáneas e moi limitadas, non conquerindo ningunha
mellora estrutural para os servizos do centro. A situación actual repítese
con respecto á que foi xa denunciada polos e polas profesionais e pacientes,
e, polo tanto, a problemática segue sendo a mesma, e a capacidade de
resposta ante os problemas asistenciais, segue sendo igual.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Solicitar ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña que
elabore un plan de continxencia, en conxunto cos e coas profesionais
e coa participación dos e das pacientes, que contemple medidas de
previsión e indicadores específicos de resultado dese plan para poder
avaliar a súa eficiencia.
14804
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2. Atender ás demandas realizadas polos e polas profesionais na
reclamación de maior número de persoal, en condicións laborais
estables, e maiores recursos materiais para mellorar a calidade
asistencial.
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 07/02/2017 19:21:23
Noela Blanco Rodríguez na data 07/02/2017 19:21:32
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 07/02/2017 19:21:38
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 07/02/2017 19:21:45
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 07/02/2017 19:21:46
14805
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Luca
Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Pleno, relativa á mellora das instalacións do centro de educación
infantil e primaria Luís Pimentel.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Hai anos que alumnos, familias e profesorado do CEIP Luís Pimentel veñen
denunciando as insuficientes instalacións do centro para acoller a un número
crecente de alumnos nunha liña de infantil, primaria e un comedor escolar que
mesmo se distribúen en tres edificios diferentes. Estas necesidades fóronse
cubrindo con reformas continuas que acabaron deixando o centro sen espazos e
aulas comúns. Así, a día de hoxe a aula de plástica ou o laboratorio teñen que
compartir espazo para que nenas e nenos teñan unha biblioteca.
Tamén hai problemas coas aulas de infantil, repartidas en edificios diferentes, e
que a día de hoxe incumpren a normativa que obriga tanto a que todo o ciclo de
infantil se imparta no mesmo centro como a que as aulas dos máis pequenos
teñan baños dentro das mesmas para a correcta atención do alumnado.
Por outra banda téñense denunciado problemas nos patios de recreo que inciden
nun elevado índice de siniestralidade no seguro escolar da ANPA e que malia a
intervención nos mesmos seguen sen cubrir as necesidades do alumnado, que non
ten espazos suficientes para as horas de lecer, nin para as actividades de
educación física.
14806
Malia os reiterados compromisos da Consellería os problemas non se arranxan.
Por iso, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte proposición non
de lei
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a levar a cabo as seguintes
actuacións:
- Construír un novo edificio que recolla a totalidade do ciclo de infantil con salón
de actos e sala de usos múltiples.
- Substituír a cuberta do edificio principal.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017.
Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira
Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea
Deputadas do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 08/02/2017 10:54:42
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 08/02/2017 10:54:52
14807
Luis Villares Naveira na data 08/02/2017 10:55:00
14808
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa á recuperación pública
dos saltos hidroeléctricos.
O sector enerxético ten para Galiza un valor estratéxico, polo que representa no
seu PIB e por ser un factor relevante para a produción industrial. A pesares desa
importancia, Galiza apenas contou con capacidade para deseñar e aplicar una estratexia
enerxética propia, orientada a un aproveitamento endóxeno dos seus recursos
enerxéticos.
Así, o deseño da produción eléctrica en Galiza caracterizouse por ser un deseño
alleo, dende a esfera estatal, onde os poderes públicos galegos non tiveron nunca voz
nin voto, e foi tamén e en consecuencia un deseño contrario aos intereses e necesidades
de Galiza. Un dos exemplos máis evidentes atopámolo no desenvolvemento da enerxía
hidráulica en Galiza e a conseguinte construción de presas e encoros, cunhas fortísimas
consecuencias sociais e medioambientais no noso territorio, unha concepción franquista
co obxectivo de subministrar enerxía ao centro do Estado sen que nin o noso país nin
especificamente as zonas afectadas obtivesen compensación ou beneficio de ningún
tipo.
As compañías eléctricas explotan en Galiza a maior parte das centrais
hidráulicas existentes. Fano a través de concesións outorgadas polo Estado con
duracións de entre 50 e 75 anos. Parte delas mesmo foron transferidas a mans privadas
14809
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
no último cuarto de século mediante o proceso de privatización das empresas públicas
do extinto INI, o que permitiu aumentar o crecente negocio do sector.
En todo caso, a gran maioría das centrais hidroeléctricas foron construídas hai
xa décadas, sendo investimentos que, debido á estrutura do mercado eléctrico, están
sobradamente amortizados, sendo na práctica unhas máquinas de xerar beneficios
grazas a decisións políticas discrecionais e ao uso privado que realizan dun ben público
como é a auga.
Boa parte das concesións caducan nos próximos anos, o que pon sobre a mesa o
escenario futuro unha vez rematada a concesión e xa que logo, a expectativa do regreso
desas instalacións á xestión pública. Nese escenario, sería máis que desexábel que a
xestión e explotación se levase a cabo directamente a través dos poderes públicos. Así,
consideramos que a creación dunha empresa pública galega sería o instrumento acaído
para garantir a titularidade pública e unha xestión que teña en conta as necesidades do
país.
En resposta a unha pregunta do Grupo Parlamentar do BNG a pasada lexislatura,
o Director Xeral de Augas de Galiza anunciou que ante o remate das concesións de
saltos hidroeléctricos a Xunta avaliará o seu futuro uso tras o desenvolvemento dos
expedientes administrativos e confirmou que só existe un salto con cláusula social, das
44 centrais de gran hidráulica.
Recuperar a xestión pública das centrais é unha cuestión estratéxica. Cabe ter en
conta que como consecuencia dos procesos de privatización, as compañías fixéronse
cunha serie de instalacións construídas con investimentos públicos e cuxa produción é
case todo beneficio é para elas. A xestión pública dos saltos e encoros permitiría á
administración galega a obtención de recursos e o deseño de medidas que revertan no
beneficio das zonas afectadas polos mesmos, especialmente na xestión da produción
eléctrica, de xeito que os habitantes das zonas afectadas, en especial aqueles con
14810
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
condicións económicas e sociais máis desfavorábeis poidan ter unha menor factura do
seu consumo eléctrico.
Esta medida entronca coa óptica de que se deben diferenciar tarifas en función
da condición dun territorio en relación coa produción eléctrica, unha óptica que o BNG
leva tempo a reivindicar, e que en Galiza tería a súa concreción nunha tarifa eléctrica
galega acorde á nosa condición de produtores excedentarios de enerxía eléctrica.
Por último, cómpre salientar tamén que, recentemente, o diario “Público”
sinalaba que “o goberno (do Estado) intenta esquivar a eminente nacionalización das
hidroeléctricas”, e engadía que, a pesares de que o goberno rexeitaba aclarar os seus
plans ante o inicio da caducidade en cascada das concesións máis rendíbeis do sector
eléctrico, manobraba para evitar que a súa xestión pase a ser pública. De confirmarse
estes feitos suporían un novo atranco por parte do goberno central a un
desenvolvemento enerxético propio.
Polo exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non
de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a:
1. Presentar un plan de recuperación e explotación pública directa
dos saltos hidroeléctricos mediante a creación dunha empresa pública galega
ante o remate do período de concesión das mesmas, contando para a elaboración
do citado plan coa participación dos concellos afectados.
2. Proporcionar información sobre as condicións de concesión dos
saltos hidroeléctricos, que cando menos contemple o ano de remate da
concesión, cláusulas sociais da concesión e cumprimento das mesmas,
14811
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
solicitando de ser preciso a información pertinente ao Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.”
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 08/02/2017 11:18:01
Olalla Rodil Fernández na data 08/02/2017 11:18:06
Xose Luis Rivas Cruz na data 08/02/2017 11:18:09
María Montserrat Prado Cores na data 08/02/2017 11:18:13
Xosé Luis Bará Torres na data 08/02/2017 11:18:15
14812
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Pontón Mondelo na data 08/02/2017 11:18:19
14813
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada,
María Dolores Toja Suárez, e do seu deputado, Julio Torrado Quintela, a través
do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Pleno.
No que vai de século XXI, preto de cen sinistros mariños tiveron lugar nas costas
galegas, como consecuencia diso produciuse un elevado número de vítimas
mortais. Os anos 2011 e 2013 foron os anos de maior sinistralidade, chegando
nos dous últimos anos a alcanzar a cifra de 13 barcos. Neste dato inclúense tanto
pesqueiros como veleiros de náutica deportiva (dato obtido do “Nuevo Catálogo
de Naufragios”, de Rafael Lema).
Existen distintas posibilidades para mellorar a seguridade das embarcacións,
entre eles, sistemas para manter as embarcacións a flote no caso de accidentes
marítimos ou sistemas individuais de localización..
Na sesión plenaria do día 10 de maio de 2016, en relación co Plan estratéxico de
Galicia 2015-2020, a resolución número 56, foi aprobada por unanimidade e
establecía o seguinte:
Posta en marcha e finalización nos próximos cinco anos dun programa para o
desenvolvemento de melloras a bordo dos buques, con especial fincapé nos
avances na seguridade e habitabilidade a bordo, tales como a instalación de
mecanismos antiafundimento.
A tal efecto, e en relación coa alto número de sinistros mariños que se están a
producir nas nosas costas, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei:
14814
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a elaborar un programa, nun
prazo máximo de seis meses, que estableza as medidas necesarias para a mellora
a bordo dos buques, co fin de reducir a alta sinistralidade e o número de vítimas.
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 08/02/2017 12:58:41
Julio Torrado Quintela na data 08/02/2017 12:58:54
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/02/2017 12:59:05
14815
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández,
Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa a desenvolver as
competencias de consumo da Xunta de Galiza fronte ás agresivas políticas comerciais e abusos
das entidades financeiras.
Nos últimos anos as galegas e galegos puideron coñecer un número importante
de casos de abusos bancarios de diferente índole que tiveron a súa translación a un
número en aumento de sentenzas arredor deles. Polo importante número de persoas
afectadas, polas contías implicadas e a extensión territorial que tivo, alén da exemplar
loita social que supuxeron, o noso país aínda recorda o grande calote das preferentes e
obrigas subordinadas. Máis recente é a sentenza europea sobre as cláusulas chan do
pasado mes de decembro de 2016.
Como é lóxico, a secuencia de todos estes acontecementos xeraron unha
inseguridade e preocupación por parte das persoas usuarias de cara ás accións levadas a
cabo polas entidades bancarias. Unha preocupación e unhas esixencias que as
administracións públicas non sempre souberon acompasar nun contexto no que os feitos
evidencian como a colocación de produtos financeiros por parte das entidades
financeiras segue a estar rodeada de prácticas pouco transparentes e garantistas para cos
dereitos das persoas usuarias e co bo devir da economía en xeral.
14816
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Un denominador común das diferentes sentenzas e avaliacións de persoas
expertas e de entidades independentes é que, para alén de cuestións relacionadas coa
legalidade, a gravidade e importancia do asunto radica na mala praxe durante a
colocación destes produtos, ora por falta de información e transparencia, ora por
existencia de cláusulas dolosas que acompañan unha información insuficiente e opaca
que, segundo os casos, mesmo se dá nun contexto no que as persoas afectadas están
nunha situación de vulnerabilidade e existe un abuso engadido ao ofertar estes produtos
a un público que carece de coñecementos financeiros e asume riscos sen ter consciencia
sobre eles e sen que se lle garanta unha información suficiente.
Para alén disto, existe tamén un volume importante de casuísticas nas que a
potencial clientela ten unha necesidade urxente de recibir ese produto, caso dos créditos,
e polo tanto rebaixa o seu grao de fiscalización da operación porque precisa acollerse a
unhas esixencias bancarias si ou si, sen ter outra saída ou sen ter información sobre
outras potenciais vías para a súa situación.
Neste contexto, froito das demandas da clientela, de diferentes colectivos,
administracións, etc, toda esta inquedanza social foi pulando cambios normativos. Neste
sentido, a normativa europea centra na actualidade a súa atención naquilo que atinxe á
“idoneidade do produto para cada cliente” (debendo realizar un test de idoneidade no
banco) así como á formación dos cadros de persoal do sector financeiro para que cada
traballador ou traballadora actúe como persoa “asesora”.
Porén, resulta aínda evidente a carencia de ferramentas administrativas para o
control sobre os produtos emitidos sobre a súa comercialización, a inexistencia dunha
entidade para o control independente e factores preocupantes que non son tidos en conta
como o claro conflito de interese no intento de contratar o produto.
14817
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Galiza ten competencias en materia de consumo que deben desenvolverse de
forma ambiciosa nas ópticas de prevención e de control para reverter en última instancia
no ben dos galegos e galegas e na seguranza económica do país malia o limitado do
marco.
Por todos estes motivos, o grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
O Parlamento de Galiza acorda instar á Xunta de Galiza a:
- Dotar de maiores medios ao IGC (Instituto Galego de Consumo) para que poida poñer
en marcha mecanismos de control sobre os produtos financeiros que se colocan á clientela por
parte das entidades financeiras, así como sobre os procesos de comercialización destes.
- Participar da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) co obxecto de ser
axente activo fronte ás agresivas políticas comerciais e abusos das entidades financeiras.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
14818
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 08/02/2017 13:31:12
María Montserrat Prado Cores na data 08/02/2017 13:31:18
Ana Pontón Mondelo na data 08/02/2017 13:31:20
Xose Luis Rivas Cruz na data 08/02/2017 13:31:23
Olalla Rodil Fernández na data 08/02/2017 13:31:25
Xosé Luis Bará Torres na data 08/02/2017 13:31:27
14819
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, a iniciativa das súas deputadas Luca
Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate en Pleno, relativa á avaliación do Plan Galego de Investigación,
Innovación e Crecemento 2011-2015.
Menos gasto en I+D+i, menos persoal, menos equipos de investigación, menos
proxectos, menos patentes, en definitiva, menos investigación e innovación para
o futuro de Galicia. Indicadores preocupantes que alertan da situación que padece
a inversión pública en investigación.
Neste contexto foi no que se desenvolveu o Plan Galego de Investigación,
Innovación e Crecemento 2011-2015. Segundo o texto do propio plan este
“contempla un proceso de avaliación periódica e sistematizada dos resultados e
progreso que permita monitorizar os progresos que se van producindo no
sistema galego de I+D+i a medida que as liñas de actuación se desenvolven á vez
que se identifican a conveniencia ou non da súa reformulación, as posibles
medidas a implantar para mellorar o rendemento das políticas deseñadas a este
fin así como detectar as sinerxías e complementariedades existentes entre elas.
Desta forma confirmarase en que medida os recursos investidos nos procesos de
xeración de coñecemento e innovación serven aos intereses perseguidos co fin de
reverter finalmente no beneficio da sociedade galega”
Sen embargo, máis dun ano despois do peche do plan, e antes de que se aprobe o
seguinte, non tivemos coñecemento dos resultados desa avaliación.
Por estes motivos, o grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte
proposición non de lei:
14820
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a presentar, antes de tres
meses, os resultados da avaliación do Plan Galego de Investigación, Innovación e
Crecemento 2011-2015.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017.
Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Luís Villares Naveira
Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro do G.P. de En Marea
Deputadas do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 08/02/2017 14:22:35
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 08/02/2017 14:22:44
Luis Villares Naveira na data 08/02/2017 14:22:52
14821
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados e deputado-portavoz Abel Losada Alvarez, José Manuel
Pérez Seco e Xoaquín Fernández Leiceaga, a través do seu portavoz e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa Mesa a seguinte proposición non de lei en Pleno.
Exposición de motivos
O sector do automóbil é extremadamente relevante en Galicia, e en
concreto no sur da provincia de Pontevedra. Con preto de 19.000 empregos
directos (un 12 % do sector industrial) e máis de 8.000 millóns de euros en
ventas; ademais dunha notable capacidade exportadora.
Ao redor da factoría de PSA-Citroen en Vigo, que segue sendo o motor e
referencia, artellouse un sector de compoñentes, que contribúe con ao redor
do 75 % ao valor final do automóbil, nos seus diferentes niveis (de TIER 1
a TIER 3). Con empresas moi ben posicionadas no mercado, entre elas
algunhas galegas xa convertidas en multinacionais.
Agrupadas nun clúster propio, Ceaga, con cuantiosas axudas públicas.
Mais alá do aproveitamento propagandístico, e como non podería ser de
outra maneira, a Xunta de Galicia está pendente da súa evolución e procura
colaborar nas súas necesidades, pero resulta evidente que non chega.
A Xunta de Galicia debería estar máis preocupada e máis activa, na nosa
opinión. Os investimentos na industria auxiliar prodúcense ao tempo do
lanzamento da produción de novos vehículos na factoría final. Está previsto
que chegue a furgoneta K-9 no 2018 e o todo camiño V 20 despois.
O propio presidente do Clúster recoñece que, por vez primeira, un
lanzamento non atrae novos provedores. Que todas as decisións de novos
investimentos están tendo como destino o norte de Portugal (ou, en todo
caso, Marrocos). En 2015 investíronse 115 millóns en Galicia na industria
auxiliar, e entre tres e catro veces máis en Portugal (que suporían por riba
de 1.200 empregos adicionais).
14822
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
As empresas situadas ao redor de Vigo están abrindo novos proxectos ou
reforzando os existentes en Portugal. Ata o propio presidente de Ceaga
chama a ver Portugal como unha oportunidade. Nos insistimos, nos últimos
cinco anos perdemos 2.000 empregos e Portugal gañou 6.000, e xa nos pasa
en volume facturado.
É verdade que a competencia no sector do automóbil é cada vez mais dura
e en moitos segmentos moi dependente dos prezos. A redución de custes
asociada a deslocalización reforza a fábrica final. E a creación do mercado
interior europeo fainos competir con Portugal ou o leste de Europa; e a
globalización, con Marrocos, México ou a India.
Non podemos aspirar a reter as partes da produción mais intensivas en
traballo pouco cualificado, non queremos competir nese mercado; pero
tampouco debemos asistir pasivamente como país a unha rápida
deslocalización da industria auxiliar, sen tomar unha acción decidida que
permita equilibrar a apertura de novas unidades de produción.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego:
a) Manifesta a súa vontade de:
Crear no Parlamento de Galicia unha Comisión non permanente de Estudo
que aborde a problemática que supón para o tecido produtivo e o mercado
laboral de Galicia a dinámica de deslocalización da industria auxiliar da
automoción, e que presente nun prazo de seis meses unha proposta sobre as
liñas de acción necesaria.
b) Insta a Xunta de Galicia:
Por en marcha unha revisión en profundidade do Plan estratéxico da
automoción, en colaboración con Ceaga, que revise as circunstancias
vinculadas as novas dinámicas que afectan ao sector, e formule actuacións
nos seguintes ámbitos.
14823
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
1. Incrementar as dotacións nos diferentes Programa de incentivos
autorizados, tanto a empresas como a centros de investigación e
innovación, revisando as condicións de concesión e vinculándoas as
garantías de estabilidade das empresas, e impedindo a súa utilización para
favorecer a marcha das empresas fora de Galicia.
2. Impulsar acordos entre as empresas auxiliares da automoción e os
sindicatos sobre salarios e condicións laborais.
3. Desenvolver un programa, específico para o sur da provincia de
Pontevedra, para facilitar a dispoñibilidade de solo empresarial en
condicións de custe e conectividade competitivos co entorno.
4. Estudar a posibilidade de denunciar a Portugal diante da Unión Europea
por axudas estatais non autorizadas se a análise urxente das evidencias
indica que incumpre o artigo 107 UE, por ofrecer solo industrial gratuíto
(uso de recursos públicos que dan unha vantaxe económica selectiva, con
distorsión da competencia e do comercio).
5. Desenvolver un programa de fomento do I+D+i empresarial.
6. Desenvolver plans de formación para ocupados do sector que permitan
mellorar as capacidades dos traballadores, e polo tanto a capacidade
competitiva do sector.
7. Desenvolver plans de formación para desempregados que permitan a
existencia de bolsas de traballadores coa formación axeitada para o sector.
8. Desenvolver plans específicos de FP-Dual que permita vincular a
formación recibida polos alumnos as necesidades formativas do sector da
automoción.
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Abel Losada Alvarez
José Manuel Pérez Seco
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Deputado - portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
14824
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 08/02/2017 16:22:00
Jóse Manuel Pérez Seco na data 08/02/2017 16:22:07
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/02/2017 16:22:12
14825
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas, María Dolores Toja Suárez e María Concepción Burgo López, e do
seu deputado, Luís Manuel Álvarez Martínez, a través do portavoz e ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o 29/09/2011 o acordo do Consello
da Xunta polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial de incidencia
supramunicipal do Parque Arqueolóxico do Megalitismo, situado na Costa da
Morte e que abrangue 15 enclaves megalíticos situados en 8 concellos.
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural actuará nun total de 14 destes enclaves
megalíticos: Pedra Moura de Aldemunde, no concello de Carballo; A Fornella
dos Mouros, no de Laxe; Pedra de Arca, en Malpica; Mina da Parxubeira, no
concello de Mazaricos; Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta, Casota de
Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra da Lebre ou de Serramo, Mina de
Recesindes, Rabós (mámoas), no concello de Vimianzo; Casa dos Mouros ou
Pedra da Arca, pertencente a Dumbría e Vimianzo, e a Pedra Vixía, Arca da
Piosa, no concello de Zas. Dentro do parque arqueolóxico inclúese tamén o
Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, que conta co seu propio Plan
director e que xa está sendo executado pola Deputación Provincial da Coruña.
O obxectivo: garantir a conservación e posta en valor desa manifestación cultural
nas comarcas afectadas polo proxecto, en particular, e con incidencia no resto da
comunidade autónoma en xeral. Máis concretamente, permitirá a creación de
infraestruturas e actuacións de índole arqueolóxica e arquitectónica sobre
cámaras megalíticas de varios termos municipais co fin de promover a difusión
dos seus valores culturais, a protección e conservación destas manifestacións,
contribuír ao desenvolvemento local e á ordenación do territorio, e fomentar o
desenvolvemento sostible nas zonas nas que se intervén.
As palabras do propio presidente da Xunta, durante a inauguración do Parque
Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, que este supón un exemplo
de que “Galicia sabe coidar as súas herdanzas, enriquecelas e transmitilas”. E
lembrou que a apertura deste parque é “o primeiro paso da Rede Galega de
14826
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Patrimonio Arqueolóxico” na que, xunto a Campo Lameiro, incluiranse o Parque
do Megalitismo da Costa da Morte, o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las,
e o Parque da Romanización de Lugo. “Todos eles –concluíu Feijoo- darán fe de
que Galicia posúe unha prehistoria que a acredita como berce da nosa
civilización”.
A día de hoxe, temos que lamentar a maioría destes bens atópanse nun estado de
abandono na maleza. Cunha deficiente sinalización, accesos en mal estado, e
carencia de información nestes xacementos. Algúns deles afectados pola
construción de pistas.
Fanse necesarias, entre outras, medidas relativas á identificación de cada un dos
megalitos, reparacións imprescindibles e mellora de accesos, ademais do
establecemento de zonas de aparcamento. Pero, sobre todo, medidas de
conservación.
A responsabilidade fundamental da protección corresponde ao Goberno
autonómico, polo que este grupo parlamentario presenta a seguinte proposición
non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que de maneira inmediata
continúe coa execución do proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da
Morte.
Pazo do Parlamento, 6 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 08/02/2017 16:31:23
Maria de la Concepción Burgo López na data 08/02/2017 16:31:40
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 08/02/2017 16:31:53
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/02/2017 16:32:07
14827
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa das súas deputadas e
deputados Manuel Lago Peñas, Carmen Santos Queiruga, Luca Chao Pérez,
Eva Solla Fernández, Juan José Merlo Lorenzo, Paula Vázquez Verao,
Davide Rodríguez Estévez, Paula Quinteiro Araujo, Marcos Cal Ogando,
Ánxeles Cuña Bóveda, Luís Villares Naveira, Magdalena Barahona Martín,
Antón Sánchez García e Francisco Casal Vidal e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de
lei para o seu debate en Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Os datos recollidos na Enquisa de Poboación activa (EPA), que vén de publicar o
Instituto Galego de Estatística (IGE), reflicten unha evolución moi negativa e
preocupante sobre o deterioro da calidade no emprego asalariado en Galicia. No
cuarto trimestre de 2016 a denominada taxa de temporalidade ––que mide cantas
persoas teñen un contrato temporal sobre o total das persoas que traballan por
conta allea– chegou ata o 26,7%, a cifra máis alta nun cuarto trimestre dende
2008.
O significado desta taxa é que máis de un, de cada catro persoas que traballan
coma asalariadas en Galicia, faino baixo a escasa cobertura dun contrato de
duración determinada, un contrato temporal nas súas diferentes modalidades.
A temporalidade en terminoloxía oficial, a precariedade en termos de realidade
vivida polas persoas que a padecen, aumenta a un ritmo descoñecido dende fai
sete anos. A razón é que a maioría do emprego xerado nos últimos anos está
14828
ocupado por persoas con contrato temporal, co enorme risco que isto supón, non
só para a vida das persoas, senón tamén para a estabilidade da economía.
Dende que o emprego empezou a medrar, a finais de 2013, o 95% do emprego
creado e baixo un contrato temporal: nos tres anos da fase expansiva do ciclo o
número de persoas con contratos indefinidos en Galicia aumentou en tan só
2.300, mentres que o emprego temporal fíxoo en 44.600.
É unha situación de precariedade insoportable, cunha taxa que xa chega ao
26,7%, o que supón 2,2 puntos superior a que había en 2013. Se crea emprego
sobre a precariedade extrema, construíndo un mercado laboral
extraordinariamente fráxil ante calquera desaceleración da economía.
Esta situación de insoportable precariedade é aínda máis grave no caso das
mulleres, o que reflicte a peor situación das mulleres no mercado de traballo e
que se manifesta en peores datos en tódalas variables, dende desemprego a
salarios, pasando polo traballo en xornada parcial.
No cuarto trimestre de 2016 a taxa de temporalidade feminina era do 28,4%
fronte ao 25% dos homes, 3,4 puntos máis de precariedade que se traslada a
peores condicións laborais ––salarios incluídos– que sofren as mulleres.
Tamén é moi preocupante que Galicia teña unha taxa de temporalidade superior á
media española, porque non existe ningunha razón de especialización produtiva
que xustifique que esteamos a cabeza da precariedade, porque de feito Galicia
tivo historicamente unha taxa de temporalidade máis baixa que a media. Só nos
últimos anos, en especial dende o 2013, a precariedade laboral dos traballadores
por conta allea e superior en Galicia.
En concreto, no cuarto trimestre de 2013 a taxa en Galicia é do 22,5% e a media
de España do 23,7%, pero agora, no final de 2016 a situación cambiou
radicalmente: a taxa de Galicia supera a media do Estado.
14829
Ante este grave deterioro da estabilidade no emprego o grupo parlamentario de
En Marea presenta a seguinte Proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar de xeito urxente unha
estratexia a favor da estabilidade no emprego, poñendo fin ao incremento
inaceptable do emprego temporal e precario o que implica, entre outras medidas,
combater as presuntas prácticas irregulares na utilización de contratos temporais
para cubrir empregos estables.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
José Manuel Lago Peñas na data 08/02/2017 17:16:41
Paula Vázquez Verao na data 08/02/2017 17:16:59
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 08/02/2017 17:17:04
Juan José Merlo Lorenzo na data 08/02/2017 17:17:08
Carmen Santos Queiruga na data 08/02/2017 17:17:11
Antón Sánchez García na data 08/02/2017 17:17:14
Eva Solla Fernández na data 08/02/2017 17:17:18
Luca Chao Pérez na data 08/02/2017 17:17:22
Paula Quinteiro Araújo na data 08/02/2017 17:17:27
14830
Luis Villares Naveira na data 08/02/2017 17:17:32
Magdalena Barahona Martín na data 08/02/2017 17:17:36
Francisco Casal Vidal na data 08/02/2017 17:17:39
David Rodríguez Estévez na data 08/02/2017 17:17:43
Marcos Cal Ogando na data 08/02/2017 17:17:48
14831
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Patricia Vilán Lorenzo, Raúl
Fernández Fernández e María Luisa Pierres López, a través do seu
portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o
seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
No exercicio 2014, a Xunta de Galicia decidía fixar un canon unitario de
tratamento por tonelada de lixo na cantidade de 74,64 euros máis IVE, de
acordo co Plan de viabilidade presentado por Sogama, SA. A mencionada
suba supuxo un incremento dun 33,5 % con respecto ao do ano 2013. No
exercicio 2016, a entidade mantivo o canon aos concellos galegos nos
mesmos valores do exercicio 2015, é dicir, 67,18 euros máis IVE por
tonelada.
Ese incremento inxusto, inxustificado e desproporcionado ía agochado no
seu día na Disposición adicional 21ª da Lei de orzamentos de 2014. Hoxe
segue a estar en vigor.
O fin de ambas subas era garantir a sostibilidade financeira do sistema, de
acordo co Plan de viabilidade presentado pola sociedade pública e en
función dos custos totais que xera o tratamento dos residuos domésticos no
marco do sistema. Pois ben, pasado o tempo, a situación financeira de
Sogama, S.A. non semella tan terrible e o Plan de viabilidade demostrouse
estar baseado en datos falsos.
14832
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a derrogar a suba dun 23´50
% do canon pola xestión do lixo pola entidade pública Sogama, S.A (xunto
coa suba do IPC) e a manter o canon do ano 2013.
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 08/02/2017 19:03:59
Raúl Fernández Fernández na data 08/02/2017 19:04:05
María Luisa Pierres López na data 08/02/2017 19:04:10
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/02/2017 19:04:13
14833
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia por iniciativa das súas
deputadas e das súas deputadas, María Dolores Toja Suárez, Julio Torrado
Quintela, Matilde Begoña Rodriguez Rumbo e Abel Losada Álvarez, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Pleno.
A oposición desenvolvida polo Partido Popular entre 2005 e 2009, cun enfoque
catastrofista que culpaba de calquera problema que xurdía ao Goberno da Xunta,
dende o mesmo momento de se producir, foi sempre considerada polos
socialistas como unha sobreactuación puramente electoralista.
No caso dos temporais que teñen afectado ao conxunto de Galicia dende hai case
unha semana, e suficientemente previstos polos diferentes servizos de predición
meteorolóxica, os socialistas tivemos a prudencia de agardar unha reacción do
Goberno da Xunta ante os graves problemas xurdidos en diferentes ámbitos no
país, nos cortes do subministro eléctrico, na afectación de infraestruturas
públicas, afectación en bens privados, cortes nas vías de comunicación que
afectaron gravemente ao transporte público, abandono dos concellos á súa sorte e
unha tardía reacción do sistema público de emerxencias que mostrou unha vez
mais a súa incapacidade de coordinación.
Os efectos do temporal tiveron unha especial incidencia nas infraestruturas
marítimas e portuarias, dificultando e mesmo impedindo o desenvolvemento de
actividades económicas, por suposto no mar, pero tamén en terra. O risco para a
navegación, prodúcese entre outras causas, como consecuencia dos danos nas
estruturas dos portos, algunhas recupéranse pero outras permanecen á deriva, co
consecuente risco de colisión ou incluso naufraxio para as embarcacións.
Outras veces, a falta de execución de dragaxes, que se veñen demandando como
imprescindibles para a seguridade da flota, coma no caso de Porto de Foz ou o
Porto de Laxe, neste último, o Porto quedou totalmente baleiro xa que as
embarcacións tiveron que buscar refuxio noutros portos como os de Camariñas e
A Coruña.
14834
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Temporais que causan perdas para a flota profesional e o conxunto do sector
pesqueiro, marisqueiro e acuícola, con embarcacións afundidas e algunhas á
deriva. Incluso os drakkar vikingos do Concello de Catoira encallados no lodo.
Lamentablemente, cando temos algunha adversidade meteorolóxica, algo
habitual en Galicia durante o outono e o inverno, os habitantes dos núcleos
costeiros quedan á súa sorte, esquecidos pola administración.
Alí viven veciños e veciñas, que pagan os seus impostos, e que teñen dereito a
recibir a protección e as axudas das emerxencias da Administración autonómica.
Os efectos dos temporais nas infraestruturas portuarias e marítimas son sempre
moi graves e teñen importantes e negativos efectos.
O sector turístico tamén se viu prexudicado polo temporal, así en lugares como
Muxía, durante tres días, sen fornezo eléctrico en varios puntos do municipio,
provocou graves perdas nalgúns dos establecementos na atención ás reservas dos
clientes.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º) Adoptar, nun prazo máximo de 15 días, as medidas necesarias para paliar os
danos ocasionados polo temporal dos últimos días, e recobrar así a normalidade
das actividades de todos os sectores afectados.
2º) Establecer, no primeiro trimestre de 2017, unha liña de axudas para
particulares, empresas e autónomos afectados polo temporal ocorrido na primeira
semana de febreiro nas zonas costeiras.
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
14835
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 08/02/2017 12:17:11
Julio Torrado Quintela na data 08/02/2017 12:17:24
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 08/02/2017 12:19:27
Abel Fermín Losada Álvarez na data 08/02/2017 12:19:32
14836
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados, José Antonio Quiroga Díaz e José Manuel Pérez Seco, a través do
portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Pleno.
A pataca (Solanum taberosum) colleu carta de natureza nas nosas leiras a partir
do século XIX e axudou notablemente na mantenza das familias do noso país,
mesmo permitiu aguantar en mellores condicións os envites da fame. Desde esa
época forman parte tanto da paisaxe como da dieta e tradición culinaria galega.
En 1999 detectouse por primeira vez a presenza da polilla guatemalteca (Tecia
solanivora) nas Illas Canarias, e en 2015 detectase a súa presenza na zona de
Ferrolterra, desde onde se expandiu a todos os concellos da Mariña lucense.
A día de hoxe, polas noticias que se coñecen, a praga está radicada no norte das
provincias da Coruña e de Lugo, pero non hai elementos que nos dean seguranza
da extensión da praga máis alá da zona indicada no norte da Coruña e Lugo.
De momento as grandes zonas de cultivo de pataca como A Limia e Bergantiños
parece que están libres da presenza da praga ao igual que outra das zonas con
IXP como é Lemos, pero non é menos certo que unha das zonas con IXP da
pataca si está afectada, Terra Chá-Mariña lucense.
Á espera das medidas que se podan concretar no esperado decreto do Ministerio
de Agricultura (por afectar a dúas comunidades autónomas) a Consellería ten
posta en marcha unha corentena que prohibe a saída da pataca. Se ben é certo que
o control de plantación e comercialización dos grandes e medianos produtores
pode ser doado e efectivo, pero non é menos certo que existen milleiros de
potenciais cultivadores para autoconsumo que fan case imposible o control sobre
o cultivo a pequena escala, e polo tanto do control da praga coa estratexia
anunciada pola Consellería.
14837
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Diante da alarma suscitada pola presenza da polilla nas leiras do norte de Galicia,
e sobre todo pola posibilidade da súa extensión ao resto do territorio e ás grandes
zonas de cultivo para comercialización, estamos convencidos de que hai que
avanzar tanto na diagnose como no xeito de tratamento desta praga
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte proposición non de lei:
1º) O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para:
a) Poñer en marcha un Plan de investigación científica a través dun convenio coa
universidade e/ou centros de investigación que colaboren no desenvolvemento de
medidas axeitadas para erradicar e controlar a praga da polilla guatemalteca que
está a afectar á pataca, un dos bens más prezados do campo galego.
b) Dispor unha partida orzamentaria suficiente para atender aos afectados e
cubrir os danos futuros.
c) Realizar unha campaña de información e asesoramento dirixida aos agricultores e
xentes do campo.
2º) O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que se dirixa ao
Goberno central para solicitar de maneira urxente a publicación do real decreto
que vai servir de base para enfrontar a praga.
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 08/02/2017 14:17:09
Jóse Manuel Pérez Seco na data 08/02/2017 14:17:21
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/02/2017 14:17:33
14838
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e dos seus deputados Patricia Vilán Lorenzo, José
Antonio Quiroga Díaz, José Manuel Pérez Seco, Raúl Fernández
Fernández e María Luisa Pierres López, a través do seu portavoz, e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
No ano 2011, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da entón
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciara e
contratara o procedemento para o desenvolvemento do Plan de xestión do
lobo.
Porque ocorre que hai danos no gando e a Xunta de Galicia ten o deber de
indemnizalos e por iso este grupo parlamentario leva anos preguntando
polo imprescindible Plan de xestión do lobo. A última resposta do Goberno
galego (de abril de 2016) foi que en Galicia hai máis de 90 mandas
reprodutoras de lobos. Dende entón, nada di o Goberno galego sobre a
continuación do Plan de xestión e nada se ten presupostado para o seu
desenvolvemento.
En Viascón e Carballedo (no concello de Cotobade-Cerdedo), o lobo está a
causar estragos na cabana caprina e vacúa, especialmente no ano pasado e
no ano en vigor, máis que nos anteriores. Segundo a propia Administración
autonómica, descoñécese si é que na zona se teñen asentado novos grupos
desprazados doutros territorios ou atraídos pola presenza dunha gran
cabana de gando ou si se trata de exemplares máis voraces ou
experimentados que en anos anteriores.
Tanto é así, que ata hai gandeiros e gandeiras que teñen permiso oficial
para facer agardas nocturnas ao lobo, aínda que se trate dun procedemento
realmente inusual e extraordinario.
14839
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a elaborar, no primeiro
semestre de 2017, o imprescindible novo plan de xestión do lobo.
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
José Antonio Quiroga Díaz
José Manuel Pérez Seco
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 08/02/2017 19:12:51
José Antonio Quiroga Díaz na data 08/02/2017 19:12:56
Jóse Manuel Pérez Seco na data 08/02/2017 19:13:02
Raúl Fernández Fernández na data 08/02/2017 19:13:07
María Luisa Pierres López na data 08/02/2017 19:13:13
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 08/02/2017 19:13:17
14840
A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa dos deputados e deputadas, Carlos E. López Crespo, Teresa Egerique Mosquera,
Marián García Míguez, Aurelio Núñez Centeno, Alberto Pazos Couñago, Marta
Rodríguez Arias e Daniel Vega Pérez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
A esixencia de levar un botiquín do tipo C para embarcacións aparece recollido nunha directiva comunitaria e neste momento atópase nun período de revisión, polo que é importante canalizar axeitadamente este malestar que provoca nunha flota, a de baixura, que faena moi preto da costa e se compón de preto de 3.800 unidades.
Esta normativa que actualmente está en vigor obriga a levar un botiquín de medicamentos que é bastante custoso e complicado de utilizar, debido a que as embarcacións son pequenas e non teñen ponte polo que cómpre suavizar esta normativa por parte da UE.
Por isto, é necesario traballar co resto de administración implicadas na busca dunha normativa de seguridade a bordo que sexa máis favorable ao noso sector de pesca a pequena escala, con especial incidencia na obtención dunha obriga axeitada de porte de botiquíns, afondando nesta petición de mellora da transposición da directiva comunitaria destinada a promover unha mellor asistencia médica a bordo dos buques.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse á Unión Europea para explicar a realidade da flota de baixura a efectos de que se simplifiquen as esixencias, en torno aos botiquíns, adecuándoas ás circunstancias de proximidade, inmediata asistencia médica e limitación de espazo a bordo das nosas embarcacións.”
14841
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 09/02/2017 14:29:22
Carlos Enrique López Crespo na data 09/02/2017 14:29:32
Teresa Egerique Mosquera na data 09/02/2017 14:29:39
María Ángeles Garcia Míguez na data 09/02/2017 14:29:47
Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 09/02/2017 14:29:54
Alberto Pazos Couñago na data 09/02/2017 14:30:02
Marta Rodriguez Arias na data 09/02/2017 14:30:10
Daniel Vega Pérez na data 09/02/2017 14:30:19
14842
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e dos seus deputados Patricia Vilán Lorenzo, María
Luisa Pierres López, Abel Losada Alvarez e Raúl Fernández
Fernández, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160
do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
A empresa Fenosa tiña un proxecto de construción dunha liña de alta
tensión entre as localidades de O Irixo e Lalín, que ía destruír a Fraga de
Casas Vellas en Catasós. Esta fraga está situada preto do entorno natural
protexido da Fraga de Quiroga e podería ser considerada unha continuación
do mesmo, declarado monumento natural. Especies centenarias de distintas
variedades, entre elas carballos e máis de 200 castiñeiros.
O proxecto era do ano 2007 e partía dun orzamento de 10 millóns de euros.
No ano 2012, veciñas e veciños fixeran alegacións ao proxecto e
interpuxeran un recurso de reposición en sede da Consellería de Economía
e Industria.
Na pasada lexislatura, este grupo parlamentario pedía a derrogación da
resolución da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que
autorizaba a liña de alta tensión, que se realizasen as xestións oportunas
para evitar a afectación deste entorno e que se modificase o trazado da liña
LAT 132 Kv O Irixo-Lalín, sendo o novo trazado soterrado.
Dende hoxe, a protección do bosque de Casas Vellas está practicamente
garantida: unha sentenza (aínda non firme) do Xulgado do Contencioso-
Administrativo nº 3 de Pontevedra acaba de desestimar a demanda de
Fenosa fronte ao Concello de Lalín por negarse a outorgar licenza para un
proxecto que contaba con todas as autorizacións do Goberno galego, pero
que, segundo di a propia sentenza, incumpre a normativa ambiental
autonómica.
14843
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que, como consecuencia da
sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de
Pontevedra e que acaba de dicir que o proxecto de construción dunha liña
de alta tensión entre as localidades de O Irixo e Lalín, en concreto, na
Fraga de Casas Vellas en Catasós, incumpre a normativa ambiental
autonómica:
1. Paralice o proceso expropiatorio.
2. Retome a Declaración de Impacto Ambiental.
3. Esixa a Fenosa que elabore outro proxecto que non incumpra a
normativa ambiental autonómica.
Pazo do Parlamento, 9 de febreiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
María Luisa Pierres López
Abel Losada Alvarez
Raúl Fernández Fernández
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 09/02/2017 16:03:33
María Luisa Pierres López na data 09/02/2017 16:03:39
14844
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Abel Fermín Losada Álvarez na data 09/02/2017 16:03:43
Raúl Fernández Fernández na data 09/02/2017 16:04:00
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 09/02/2017 16:04:05
14845
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos
seus deputados e da súa deputada Julio Torrado Quintela, Juan Manuel
Díaz Villoslada e Noela Blanco Rodríguez, a través do seu portavoz, e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
Que a dopaxe non é soamente un problema do deporte profesional é algo
coñecido. O que resulta alarmante é que o consumo de substancias coa
finalidade de mellorar o rendemento deportivo prodúcese cada vez con
maior asiduidade e intensidade no deporte amateur, tal e como ten
concluído un recente estudio liderado pola Universidade de Granada
(Zabala, Morente-Sánchez, Mateo-March e Sanabria, 2014), e como así
tamén recoñeceu en 2015 a propia Axencia Española de Protección da
Saúde no Deporte.
A crecente moda da práctica de deportes extremos, e a proliferación de
eventos populares que poñen ao límite ao corpo das e dos participantes,
veñen incrementando o abuso de medicamentos, substancias sen control e
ilegais co conseguinte problema de saúde pública.
A motivación monetaria de certas competicións, e o afán de superación,
conducen en moitos casos non soamente a que os deportistas afeccionados
consuman produtos prohibidos, senón que recorran a substancias
farmacolóxicas sen receita médica, mesturas de substancias dopantes con
medicamentos ou outros produtos nutricionais, entre outras prácticas, con
fin de mellorar os seus resultados e rendemento en tempo récord e poñendo
con elo gravemente en risco a súa saúde.
14846
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Realizar un estudo de substancias daniñas no deporte afeccionado onde
se analicen, entre outros aspectos, os niveis e tipos de consumo, o efecto
destes sobre a saúde, as substancias empregadas e a súa procedencia, a
actitude dos deportistas afeccionados cara a dopaxe e a percepción que
teñen estes sobre os efectos que produce no seu rendemento e saúde.
2. Mentres non se obteñan resultados que permitan actuacións precisas,
aumentar o control sobre o problema da dopaxe no deporte popular
realizando campañas de promoción de boas prácticas en termos de
nutrición e treinamento, e campañas de concienciación e prevención do
consuma de substancias en eventos deportivos, ximnasios e outras
instalacións deportivas, así como en oficinas de farmacia e tendas de
nutrición.
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Juan Manuel Díaz Villoslada
Noela Blanco Rodríguez
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 09/02/2017 16:10:16
14847
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 09/02/2017 16:10:23
Noela Blanco Rodríguez na data 09/02/2017 16:10:28
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 09/02/2017 16:10:33
14848
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández,
Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa ao impulso do
autoconsumo.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O autoconsumo é unha posibilidade aberta de cara ao aforro enerxético, a
eficiencia nas redes de transporte e a redución de prezos de mercado. Para alén disto,
supón unha aposta polas enerxías limpas e pola redución das emisións contaminantes
así como pola produción descentralizada e mesmo, no caso das empresas, polo
incremento da competitividade. A posibilidade de que os consumidores xeren a súa
propia electricidade implica consecuencias extraordinariamente positivas no eido
económico e social do país que cómpre impulsar desde as administracións.
Porén, o Real Decreto 900/2015, polo que se regulan as condicións
administrativas, técnicas e económicas das modalidades de subministro de enerxía
eléctrica con autoconsumo e de produción con autoconsumo, tivo como orientación
principal a de para impedir o desenvolvemento do autoconsumo, no canto do seu
fomento. Con esta normativa, o Goberno estatal impuxo unha barreira económica
inxustificada ao desenvolvemento do autoconsumo. O Goberno aprobou esta normativa
de forma illada, en contra do clamor social (máis de 200.000 firmas e 40.000 alegacións
recollidas contra o texto), o resto de organizacións políticas e sociais, e institucións
como a CNE, CNC ou a Defensora do Pobo.
14849
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A normativa introduciu un cargo económico extra, coñecido popularmente como
“imposto ao sol”, para aqueles consumidores que, ademais de contar co servizo de
electricidade da rede, teñan un sistema de autoconsumo. Este “imposto ao sol” é
inxustificado, como xa viñeron denunciando diferentes organismos reguladores, e
desincentivador. Os autoconsumidores conectados á rede xa pagan as mesmas peaxes ao
sistema que calquera outro consumidor, é dicir, a totalidade do termo fixo, e a parte
correspondente á demanda de enerxía que fagan da rede.
O Real Decreto non regulou o balance neto, a modalidade máis estendida no
mundo e especialmente interesante para incentivar o autoconsumo nos fogares e que
consiste en ceder a electricidade que un xera e lle sobra cando non a usa (por exemplo,
nas horas centrais do día en moitos fogares) e poder, a cambio, recuperar esa mesma
cantidade de enerxía cando a instalación non xera (por exemplo, de noite).
Esta regulación penalizadora do autoconsumo supuxo un novo paso nun deseño
enerxético contrario aos intereses e necesidades de Galiza. Cabe recordar que ao noso
país foille adxudicado polo Estado español o papel subministrador de enerxía para
favorecer o desenvolvemento e industrialización doutros territorios. Así, Galiza é
excedentaria na produción de electricidade, e soporta os custos sociais e
medioambientais derivados desta especialización: desprazamento de poboación,
inundación de vales, contaminación, etc. Porén, por ser o deseño eléctrico alleo á
realidade do noso país, non obtemos ningún beneficio da condición de produtor
excedentario.
En sentido contrario á orientación das políticas do Goberno do Estado, algunhas
CCAA están a impulsar medidas que favorezan o autoconsumo, como é o caso das Illas
Baleares, onde se teñen aprobado convocatorias públicas de axudas para o fomento das
instalacións de enerxía solar fotovoltaica e eólica para autoconsumo, ou máis
recentemente a Generalitat de Cataluña, que a pesares das limitadas competencias tenta
14850
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
impulsar unha política enerxética propia, e acaba de crear unha mesa con representantes
do sector público e do privado para impulsar o autoconsumo enerxético. O obxectivo é
estudar as barreiras administrativas, económicas e legais que dificultan xeneralizar este
tipo de produción enerxética e propoñer medidas para superalas. Formarán parte da
mesa representantes da Generalitat, das administracións locais e supralocales e
empresas, asociacións profesionais, distribuidores e comercializadores de electricidade,
colexios profesionais, asociacións de consumidores e fabricantes e distribuidores de
equipos do sector.
Esta normativa estatal que trata de frear o autoconsumo choca coa decidida
aposta polo autoconsumo por parte dunha significativa parte da sociedade galega.
Porén, nesta cuestión, como en moitas outras, o que está a caracterizar á Xunta de
Galiza é a máis completa inacción.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a:
1. Demandar do goberno do Estado a retirada do Real Decreto
900/2015 que regula o autoconsumo, e o impulso a un marco competencial
acaído para que Galiza poida impulsar unha normativa favorecedora da
autoxeración de enerxía en balance neto.
2. Deseñar un programa de axudas e e subvencións destinado a
impulsar o autoconsumo en Galiza, tanto en instalación públicas como en
empresas e particulares.
14851
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3. Crear unha mesa con representantes do sector público e do
privado para impulsar o autoconsumo enerxético.”
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 09/02/2017 17:00:02
Olalla Rodil Fernández na data 09/02/2017 17:00:09
Xose Luis Rivas Cruz na data 09/02/2017 17:00:12
María Montserrat Prado Cores na data 09/02/2017 17:00:16
14852
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Xosé Luis Bará Torres na data 09/02/2017 17:00:17
Ana Pontón Mondelo na data 09/02/2017 17:00:22
14853
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa das deputadas e deputados, Alberto Pazos Couñago, César Fernández Gil, Moisés Blanco Paradelo, Teresa Egerique Mosquera, Martín Fernández Prado, Carlos Gómez Salgado, Carlos E. López Crespo e Antonio Mouriño Villar, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: Actualmente a Xunta está a levar a cabo as obras para a conversión en autovía do Corredor do Morrazo, unha infraestrutura que considera esencial e prioritaria para o reforzo da seguridade viaria e a mellora da mobilidade de todos os veciños do Morrazo. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará a esta infraestrutura un investimento global de 55 millóns de euros, e reserva nos Orzamentos de 2017 unha partida de 22 millóns de euros, a maior dotación orzamentaria no presente exercicio. Nestes momentos a infraestrutura xa ten en obras dous dos tres treitos e a previsión da Xunta é poder iniciar tamén nos próximos meses os traballos no terceiro treito, de tal xeito que este mesmo verán estean en execución a totalidade das actuacións. Cómpre resaltar que as obras correspondentes ao primeiro dos tramos (entre o enlace de Rande e o enlace de Domaio) están en avanzado estado de execución e que a Xunta está a levar a cabo unha importante escavación arqueolóxica na área do Castro de Montealegre, xa que o proxecto de conversión en autovía do corredor afecta nunha superficie mínima a súa extensión. Desde a Xunta xa se están poñendo todos os medios posibles para o seu desenvolvemento en base a un proxecto de actuación aprobado baixo a tutela permanente dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio.
14854
Por todo o anteriormente exposto e co obxectivo de que os veciños de toda a comarca poidan dispoñer, canto antes, dunha autovía libre de peaxe que vertebre O Morrazo, este grupo parlamentario presenta a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno: “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a: 1.- Executar as obras de conversión en autovía do corredor do Morrazo en toda a lonxitude prevista, co obxectivo de dotar aos veciños dunha autovía libre de peaxe que mellore a mobilidade, incremente a seguridade e contribúa a vertebración e dinamización de toda a comarca. 2.- Minimizar, no posible a afección ao Castro de Montealegre, como xa se está a facer en completa colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e establecer as medidas necesarias para a súa posta en valor e para permitir o desfrute deste ben patrimonial por parte da cidadanía, de modo compatible coa execución da autovía”. Santiago de Compostela, 9 de Febreiro de 2.017. Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 09/02/2017 17:19:16
Alberto Pazos Couñago na data 09/02/2017 17:19:31
César Manuel Fernández Gil na data 09/02/2017 17:19:52
Moisés Blanco Paradelo na data 09/02/2017 17:20:05
Teresa Egerique Mosquera na data 09/02/2017 17:20:19
Martín Fernández Prado na data 09/02/2017 17:20:37
Carlos Gómez Salgado na data 09/02/2017 17:21:25
14855
Carlos Enrique López Crespo na data 09/02/2017 17:22:04
Antonio Mouriño Villar na data 09/02/2017 17:22:27
14856
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e dos seus deputados Noela Blanco Rodríguez, Raúl Fernández
Fernández e Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz e ao abeiro
do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa
Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de motivos
A Casa da Xuventude de Ourense foi durante moitos anos o gran espazo
dinamizador da cultura da cidade, de xeito especial entre a mocidade.
Fundada en 1970, a segunda máis antiga de España, foi sobre todo a partir
de 1978 coa chegada á dirección de Benito Losada cando viviu os seus
mellores tempos, cunha grande actividade e, ademais, un funcionamento
baseado na liberdade, na democracia e na participación da mocidade. Nas
súas salas desenvolvéronse iniciativas de traxectoria consolidada e con
repercusión en toda Galicia, coma as Xornadas de Banda Deseñada, o
Outono Fotográfico, o Maio Xove, ou a Bienal de Caricatura.
No ano 2011, tralo pasamento do seu director, a Xunta de Galicia designou
como directora a Mercedes Valeiras, que accedeu a este posto a través dun
concurso público aberto enchido de irregularidades. Un recurso xudicial
desautorizou este nomeamento, e apartou da dirección a Valeiras, que foi
nomeada“coordinadora de actividades”, posto que exerce dende entón.
Neste tempo a actividade da Casa, que mesmo mudou o seu nome polo de
Espazo Xove, permanece practicamente bloqueada, cunha excesiva
burocratización, a redución dos seus espazos e servizos, e un gran control
político das súas actividades.
O último golpe da Xunta de Galicia é a nova situación do Punto de
Encontro Familiar (PEF) dentro da Casa da Xuventude. Esta relocalización
fainos pensar que existe un obxectivo claro: desmantelar este espazo
emblemático da cidade de Ourense, deixándoo pouco a pouco baleiro de
contido para convértelo nun edificio administrativo máis da Xunta de
Galicia.
14857
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
1. Recuperar o esquema de funcionamento da entidade, suprimindo o
posto de coordinadora de actividades da Casa da Xuventude de
Ourense, e restituíndo das súas funcións e plenos poderes á Dirección
do centro.
2. Fomentar a participación das asociacións e colectivos xuvenís, para a
identificación de necesidades, a planificación de accións e campanas,
a participación e co-xestión en programas, ou a coordinación e
dinamización deste espazo.
3. Relocalizar o Punto de Encontro Familiar nun emprazamento máis
idóneo.
4. Reactivar o Consello de Xestión coa restitución das súas funcións
coxestoras dentro da Casa da Xuventude.
5. Cambiar a denominación desta entidade pola de “Casa de Benito
Losada”.
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Raúl Fernández Fernández
Julio Torrado Quintela
Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 02/02/2017 12:13:33
14858
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Raúl Fernández Fernández na data 02/02/2017 12:13:40
Julio Torrado Quintela na data 02/02/2017 12:13:45
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 02/02/2017 12:13:50
14859
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e dos seus deputados Noela Blanco Rodríguez, Raúl Fernández
Fernández e Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz, presenta
ante esa Mesa a seguinte corrección de erros nos documentos con número
de rexistro 4445 e 4446.
A parte resolutoria da proposición non de lei débese modificar polo
seguinte contido:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Recuperar o esquema de funcionamento da entidade, suprimindo o
posto de coordinadora de actividades da Casa da Xuventude de
Ourense, e restituíndo das súas funcións e plenos poderes á Dirección
do centro.
2. Fomentar a participación das asociacións e colectivos xuvenís, para a
identificación de necesidades, a planificación de accións e campanas,
a participación e co-xestión en programas, ou a coordinación e
dinamización deste espazo.
3. Relocalizar o Punto de Encontro Familiar nun emprazamento máis
idóneo.
4. Reactivar o Consello de Xestión coa restitución das súas funcións
coxestoras dentro da Casa da Xuventude.
5. Cambiar a denominación desta entidade pola de “Casa de Benito
Losada”.”
Pazo do Parlamento, 9 de febreiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Raúl Fernández Fernández
Julio Torrado Quintela
Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
14860
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 09/02/2017 10:10:10
Raúl Fernández Fernández na data 09/02/2017 10:10:16
Julio Torrado Quintela na data 09/02/2017 10:10:26
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 09/02/2017 10:10:31
14861
Á Mesa do Parlamento
Os Grupos Parlamentares de En Marea, dos Socialistas de Galicia e
do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro do disposto nos artigos 98 e 144 do
Regulamento da Cámara, solicitan á Mesa do Parlamento que se proceda á
tramitación de comparecencia urxente en Pleno do Conselleiro de Sanidade
do Goberno galego diante dos gravísimos feitos que acaban de producirse na
Unidade Psiquiátrica do Hospital de Conxo.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017
Asdo.: Luís Villares Naveira
Portavoz do G.P. de En Marea
Xoaquín Mª Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Luis Villares Naveira na data 10/02/2017 11:18:34
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 10/02/2017 11:59:46
Ana Pontón Mondelo na data 10/02/2017 12:32:18
14862
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Juan Manuel Díaz Villoslada e Patricia Vilán Lorenzo, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a
seguinte interpelación.
A expresión better regulation (mellora da regulación) tense consolidado como a
forma convencional de denominar este fenómeno no seo da Unión Europea, que
identificou esta estratexia como unha prioridade xa no cumio de Lisboa do ano
2000. Trátase, actualmente, dun proceso ineludible, que implica a toma de
conciencia das oportunidades e dos beneficios que un marco regulador de
calidade aporta á economía e ao funcionamento xeral dun país. Tamén significa
coñecer ou ter iniciado a aprendizaxe dos instrumentos e dos procedementos
existentes para levar a cabo un proceso de mellora normativa, así como utilizar
unha metodoloxía contrastada para cuantificar a situación de partida, fixar
obxectivos e avaliar os resultados obtidos. A implementación dunha estratexia de
better regulation implica tanto a análise ex ante da regulación como a revisión ex
post da normativa xa en vigor.
Como resalta a Comisión Europea, o programa "Lexislar mellor" da UE pretende
elaborar e avaliar as políticas e a lexislación comunitaria de forma transparente,
baseándose en probas, e co apoio das opinións da cidadanía e as partes
interesadas. Cubre todos os ámbitos políticos e quere acadar unha normativa
específica que non vaia máis alá do necesario para lograr os seus obxectivos e
aportar vantaxes ao mínimo custe. Trata de aplicar ao ámbito da regulación
normativa o principio de subsidiariedade.
A mellora da lexislación ten por obxecto para a Comisión garantir:
unha toma de decisións aberta e transparente;
a participación dos cidadáns e outras partes interesadas ao longo de todo o
proceso lexislativo e de elaboración de políticas;
actuacións da UE baseadas en probas concretas e que teñan en conta as
súas repercusións;
cargas regulamentarias mínimas para as empresas, cidadáns ou
administracións públicas.
14863
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
A Comisión ten creado ademais o Comité de Control Regulamentario, grupo
independente de funcionarios e expertos. A súa función consiste en comprobar a
calidade de todas as avaliacións de impacto e as principais avaliacións nas que se
basea o proceso de toma de decisións da UE.
A vontade política de mellorar a calidade da lexislación, revisar a lexislación
existente e actualizala en caso necesario é compartida polas tres principais
institucións da UE: a Comisión, o Parlamento e o Consello. As tres asinaron o
acordo sobre a mellora da lexislación, que entrou en vigor en abril de 2016.
Consciente desta necesidade de "lexislar mellor", a propia Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno establece na súa disposición adicional
sétima:
"Nun prazo de oito meses desde a entrada en vigor desta lei, a Xunta de Galicia
regulará os mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados do
contido das recomendacións europeas sobre better regulation.
Regularase ademais a existencia dunha memoria de análise de impacto
normativo, como documento que integre todas as achegas recibidas polo órgano
directivo impulsor da norma, calquera que sexa a súa procedencia, e máis a súa
resposta motivada. No caso das iniciativas lexislativas, este documento seralle
remitido ao Parlamento xunto con cada unha delas".
Como xa temos subliñado en anteriores iniciativas, os mecanismos de
transparencia e bo goberno funcionan como contrapesos que garanten a
protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o
uso indebido dos cartos ou patrimonio públicos. As incompatibilidades das
persoas que exerzan altos cargos, a publicidade das actividades do Goberno e o
exame cidadán de toda esta información supoñen mecanismos de control e de
limitación do poder estatal ante as liberdades civís.
14864
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Transcorrido o prazo establecido pola referida disposición adicional sétima da
Lei 1/2016, o deputado e a deputada que asinan interpelan o Goberno galego nos
seguintes termos:
Que previsións ten o Goberno galego para regular sen máis dilación os
mecanismos de planificación e avaliación normativa derivados das
recomendacións europeas sobre better regulation, en cumprimento do
establecido na disposición adicional sétima da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno?
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 03/02/2017 12:32:20
Patricia Vilán Lorenzo na data 03/02/2017 12:32:31
14865
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte interpelación.
O Consello da Xunta de Galicia do 20 de novembro do 2014 autorizou, á
Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061, a renovar os contratos con
empresas de transporte sanitario urxente.
O concurso foi dividido en 14 lotes territorializados cunha duración de
catro anos e un custo global de 121´6 millóns de euros. Os pregos de
condicións do concurso incluían varias novidades, especialmente a
clasificación empresarial que ata ese momento non era esixida. Doutra
banda a oferta económica ponderaba igual ca oferta técnica. Dese xeito
poderían concorrer empresas en condicións de licitar mesmo por baixo do
custo ou mediante prácticas de incumprimento da lexislación laboral. O
concurso provocou unha ampla protesta do sector galego constituído por
pequenas empresas que de súpeto atoparanse sen clasificación e
competindo con grandes grupos. A metade dos lotes foron adxudicados a
unha empresa foránea.
As empresas reclaman condicións de contratación que permitan a
concorrencia e non exclúan de facto ás empresas galegas. Poñen de
manifesto que supoñendo a contratación pública da Xunta de Galicia máis
do 90 % da actividade do sector, as condicións concursais deben favorecer
a súa existencia e non ofrecer un sesgo favorable ós grandes grupos, todos
alleos á Galicia. A normativa actual impón elevados investimentos en flota
que caso de non recibir adxudicación pública non son reutilizables noutra
actividade.
Cabe lembrar, como denunciou o Grupo Parlamentario Socialista no seu
momento, que no concurso anterior a empresa principal adxudicataria,
representada por un ex-alto cargo do PP, coñeceu un incremento meteórico
da súa facturación no sector público, sempre en institucións do mesmo
partido. Esa mesma empresa, que acumula distintas denuncias, foi
14866
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
denunciada xudicialmente por dispoñer, presuntamente, de información
privilexiada, previa ó concurso.
O 16 de setembro de 2015 en Pleno, e o 23 do mesmo mes na Comisión 3ª,
o Grupo Parlamentario Socialista realizou sendas preguntas sobre este
tema, recibindo respostas inconcretas e rexeitando calquera problema
existente ao respecto. Este proceso xudicial investiga se puido haber
prevaricación, tráfico de influencias e información privilexiada no concurso
convocado pola Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061,
dependente do Sergas, e a adxudicación pon unha contía de 121,6 millóns
de euros.
Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. Que valoración fai o Goberno galego sobre o proceso xudicial e as
evidencias específicas sobre presunta información privilexiada por
parte dunha empresa concreta?
2. Ten previsto a Xunta de Galicia realizar algunha investigación propia
sobre a situación?
3. Coñece a Xunta de Galicia a preocupación e demandas do sector do
transporte sanitario de Galicia sobre o proceso que está sendo
investigado polo xulgado?
4. Pode garantir a Xunta de Galicia de que o concurso e adxudicación
feito pola Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061,
dependente do Sergas, que se atopan agora baixo investigación, foron
realizados de maneira correcta, transparente e cumprindo toda a
legalidade?
5. Ten previsto a Xunta de Galicia tomar algunha medida sobre a
situación? De que tipo?
14867
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
6. Pode garantir o Goberno galego que as ambulancias afectadas por
estas acusacións cumpren os requisitos legais e técnicos para
desenvolver a súa labor?
Pazo do Parlamento, 3 de febreiro de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 03/02/2017 14:23:52
Noela Blanco Rodríguez na data 03/02/2017 14:23:58
14868
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Noela Blanco Rodríguez, Patricia Vilán Lorenzo e Juan Manuel Díaz
Villoslada, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 147 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
interpelación.
Estamos asistindo a unha situación sen precedentes e ante a que é preciso
que a comunidade internacional tome medidas urxentes e inmediatas e
actúe en consecuencia.
A principios do 2016, por primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial, o
número de persoas desprazadas dos seus fogares como consecuencia dos
conflitos, a persecución, e as violacións de dereitos humanos nos seus
países de orixe superaron o 65 millóns, segundo datos de ACNUR. Unha
cifra que se incrementaría se sumáramos os milleiros de persoas que se
viron obrigadas a desprazarse por desastres naturais ou pobreza. Esta
situación está poñendo ao descuberto a incapacidade da comunidade
internacional para resolver e previr conflitos e situacións de emerxencia
humanitaria, así como a falla de vontade política para cumprir coas obrigas
internacionais en materia de dereitos humanos e protección internacional.
O pasado 22 de setembro cumpríase un ano dende que os líderes da Unión
Europea acordasen un mecanismo de reubicación de emerxencia para
compartir a responsabilidade de aqueles que solicitan asilo. Sen embargo,
decenas de milleiros de persoas seguen atrapadas en campos de refuxiados
en condicións deplorables.
No caso de España, as cifras falan por si mesmas, segundo datos do
Ministerio de Interior de finais do mes de novembro, pese a comprometerse
a reubicar a 6647 persoas dende Grecia nun período de dous anos, ata o
momento España só acolleu a 344 persoas, fronte a por exemplo as 1425
reubicadas dende este país por Francia. A cifra total queda aínda moi lonxe
das 17.337 persoas que o Goberno se comprometeu a acoller, ben pola vía
da reubicación, ou ben pola do reasentamento.
14869
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Na IX lexislatura aprobáronse varias iniciativas no Parlamento de Galicia
que defendían a creación dun Plan de acollida para persoas refuxiadas en
Galicia. De xeito paralelo, no ano 2015 o señor Feijoo anunciaba a
disposición de Galicia a acoller a 300 refuxiados, así como a prestar tamén
colaboración ás familias que quixeran acoller a máis persoas.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. Que valoración fai o Goberno galego do proceso de traslado de
persoas refuxiadas a España mediante a súa reubicación e
reasentamento?
2. Que valoración fai a Xunta de Galicia da implementación do Plan de
acollida para persoas refuxiadas na nosa comunidade?
3. Ata o de agora, cal é o número total de persoas acollidas en Galicia?
4. Que axudas prestou o Goberno galego ás familias galegas que
solicitaron acoller persoas refuxiadas?
5. Considera o Goberno galego que se poderán cumprir durante o ano
2017 os obxectivos establecidos en dito Plan de acollemento?
6. Cal é o número de persoas refuxiadas que ten previsto a Xunta de
Galicia que acolla a nosa comunidade durante o ano 2017?
7. Que mecanismos ten previsto poñer en marcha o Goberno galego para
axilizar o proceso de reubicación e reasentamento de refuxiados?
Pazo do Parlamento, 2 de febreiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
Juan Manuel Díaz Villoslada
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
14870
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 06/02/2017 11:40:53
Patricia Vilán Lorenzo na data 06/02/2017 11:41:00
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 06/02/2017 11:41:04
14871
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Interpelación, sobre situación da lingua galega.
No 2016 conmemoraronse cen anos da creación das Irmandades da Fala, cen anos de
reivindicación pola normalización para a lingua galega, cen anos de defensa do idioma do
noso país.
Lamentablemente a conmemoración non pode ir acompañada dunha celebración sobre a
boa saúde do noso idioma. Todo o contrario, nos últimos anos, o goberno do Partido
Popular, que ten a obriga legal de promover e defender a lingua galega, foi o principal
culpable do retroceso do noso idioma. Non só non cumpriu os compromisos previos,
como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, senón que levou a cabo unha
serie de actuacións que van claramente en contra do idioma do país. O Decreto do
plurilingüismo, a reducida presenza na xustiza, na administración e nos servizos
públicos; a desaparición das aulas de Educación infantil en lingua galega; o veto ó seu
uso nas aulas en materias da área científico-técnica ou o obxectivo de redución a 1/3 a
súa presenza no ensino; son só algúns dos exemplos das mesmas.
Todo isto acompañado dunha redución constante do orzamento en materia lingüística. Se
en 2009, cando o Partido Popular chegou ó poder, había un orzamento de 21,5 millóns de
euros, esta partida foi reducida a 15,5 millóns en 2010 e 5.724.478 euros en 2013. O que
supón unha redución de máis do 73% do orzamento (ningún outro departamento da Xunta
sufriu un recorte semellante), que o sitúa en mínimos históricos.
Afogamento orzamentario e actuacións políticas hostís que deixan un efecto claro sobre o
número de falantes do noso idioma: as persoas que falan en galego habitualmente, son
cada vez menos e máis vellas.
14872
Gráfico 1. Idioma habitual en Galicia
Fonte: IGE.eu
Como se pode ver na gráfica precedente, nunha década perdemos algo máis dun 12% de
falantes en lingua galega. O que en números absolutos se traduciu en pasar de 1.112.670
persoas que falaban sempre en galego en 2003, a 789.157 en 2013.
Se nos centramos nos falantes máis novos, únicos garantes da supervivencia do idioma,
a situación aínda é máis alarmante, a última década déixamos un 14% menos de nenos e
nenas que falan normalmente en galego. Os nenos e nenas de 5 a 14 anos que falan só
ou predominantemente en galego pasaron de ser o 40,3% en 2003 a ser o 25,11 en 2013.
14873
Gráfico 2. Idioma habitual en Galicia entre a poboación de 5 a 14 anos
Fonte: IGE.eu
É dicir, os últimos datos achegados polo IGE, alertan da moi negativa situación da lingua
galega e a rápida substitución polo castelán, sobre todo nos ámbitos urbanos e entre a
mocidade e a infancia. É máis: crece o número de rapaces e rapazas que afirman non
saber falar apenas en galego, en 2013 eran xa o 22,7%.
Esta situación, como xa se ten denunciado mesmo dende o Consello de Europa,
evidencia os incumprimentos graves na aplicación efectiva da Carta Europea de Linguas
Rexionais e Minoritarias e a Convención para a Protección das Minorías Nacionais e a
protección necesaria para os falantes de linguas minorizadas.
Dende En Marea pensamos que é urxente darlle a volta a esta situación para o que
requirimos o compromiso dos poderes públicos na defensa do idioma, promovendo
políticas activas que sitúen o galego en todos os espazos da vida cotiá onde está excluída
para garantir o dereito e a liberdade de vivirmos sempre no noso idioma.
14874
Por todos estes motivos o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte
Interpelación:
Que valoración fai o Goberno galego destes datos?
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 06/02/2017 15:45:23
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 06/02/2017 15:45:33
14875
Á MESA DO PARLAMENTO
Eva Solla Fernández, deputada pertencente ao Grupo Parlamentar de En
Marea ao abeiro do artigo 147 do Regulamento do Parlamento, presenta a
seguinte Interpelación, relativa á transferencia ao Hospital único de
Pontevedra.
Tras dúas lexislaturas reclamando a ampliación do Hospital de Montecelo e
loitando contra a proposta do Partido Popular de construír un novo hospital
público-privado en terreos de Montecarrasco, o resultado é retirada do
proxecto PFI e ausencia de das instalacións necesarias oito anos despois.
Afortunadamente, grazas á loita social, o Goberno popular abandonou o seu
proxecto privatizador, posiblemente tamén polo fracaso do modelo ensaiado
en Vigo. Desgraciadamente, perderon oito anos en chegar a esta conclusión.
Oito anos nos que a situación da sanidade pública na Área de Pontevedra foi
empeorando.
É necesario pois, que dunha vez por todas se inicien os trámites para mellorar
o centro actual e amplialo para asumir os servizo hoxe sitos no vetusto
hospital provincial.
Sen embrago, a pesares da asunción do fracaso do seu modelo, o Goberno só
presenta unha partida de un millón de euros no orzamento de 2017 para dita
ampliación. E rematado xa o debate orzamentario, non ten aceptado tampouco
as emendas da oposición encamiñadas a ampliar dita contía.
Cabe cuestionarse, polo tanto, as intencións reais de levar a cabo o proxecto
que reclaman profesionais, cidadanía e centrais sindicais.
14876
Por todos estes feitos, En Marea interpela para coñecer:
1.- Cales son os prazos nos que vai ser licitado e adxudicado o proxecto de
ampliación anunciado.
2.- Cales son os prazos que manexa a Xunta para levar a cabo a obra.
3.- Cal vai ser o modelo de financiamento e se se desbota definitivamente
unha colaboración público-privada.
4.- Se ten a Xunta algunha previsión do modelo para o aparcadoiro do
centro, ben ao traverso dun aparcadoiro gratuíto ou ben ao traverso dun
de pago.
5.- Se mentres non se leva a cabo a obra van tomar algún tipo de medida
perante a situación de degradación do hospital provincial.
Santiago de Compostela, 06 de febreiro de 2017.
Asdo.: Eva Solla Fernández
Deputada do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 06/02/2017 17:39:05
14877
Á MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no artigo 147 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte INTERPELACIÓN, sobre as
consecuencias do temporal nos centros educativos de Galicia.
O temporal causado en Galicia nos últimos días deixou este luns, 6 de febreiro, a
estudantes de tres colexios e aos alumnos de secundaria dun instituto sen clase.
Falamos do IES Chan do Monte de Marín (Pontevedra), o CPI Antonio Orza de
Boqueixón (A Coruña), o CEIP Ramón Otero Pedrayo de A Laracha (A Coruña)
e o centro concertado Virxe Milagorsa de Bueu (Pontevedra). Centros que viron
interrompida a súa actividade por distintos desperfectos, especialmente nas
cubertas dos centros.
Estamos ante un caso no que á falla de previsión para ter buscado centros nos que
reubicar ás nenas e nenos que quedaron sen clase, habería que sumar os anos de
recortes en reparación e mellora dos centros educativos de Galicia que acumulan
anos de abandono por parte do goberno.
Ante esta situación, o grupo parlamentar de En Marea presenta a seguinte
Interpelación:
1.) Que prazos manexa a Consellería para que se restitúa a normalidade
nos centros educativos de Galicia?
2.) Cal foi a inversión en reparacións, acondicionamento e melloras nos
centros afectados dende a súa chegada ao Goberno en 2009?
14878
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.
Asdo.: Luca Chao Pérez
Ánxeles Cuña Bóveda
Deputadas do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 06/02/2017 18:27:46
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 06/02/2017 18:27:55
14879
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento
da Cámara, presentan a seguinte INTERPELACIÓN, sobre a avaliación do Plan
Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015.
Menos gasto en I+D+i, menos persoal, menos equipos de investigación, menos
proxectos, menos patentes, en definitiva, menos investigación e innovación para
o futuro de Galicia. Indicadores preocupantes que alertan da situación que padece
a inversión pública en investigación.
Neste contexto foi no que se desenvolveu o Plan Galego de Investigación,
Innovación e Crecemento 2011-2015. Segundo o texto do propio plan este
“contempla un proceso de avaliación periódica e sistematizada dos resultados e
progreso que permita monitorizar os progresos que se van producindo no
sistema galego de I+D+i a medida que as liñas de actuación se desenvolven á vez
que se identifican a conveniencia ou non da súa reformulación, as posibles
medidas a implantar para mellorar o rendemento das políticas deseñadas a este
fin así como detectar as sinerxías e complementariedades existentes entre elas.
Desta forma confirmarase en que medida os recursos investidos nos procesos de
xeración de coñecemento e innovación serven aos intereses perseguidos co fin de
reverter finalmente no beneficio da sociedade galega”
Sen embargo, máis dun ano despois do peche do plan, e antes de que se aprobe o
seguinte, non tivemos coñecemento dos resultados desa avaliación.
14880
Por iso, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte Interpelación:
Cales son os resultados da avaliación dos resultados do Plan Galego de
Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015?
Cales diría o Goberno galego que foron os meirandes logos do plan?
E as principais eivas?
Cales son as razóns para que aínda non se aprobara un novo plan?
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017.
Asdo.: Luca Chao Pérez
Ánxeles Cuña Bóveda
Deputadas do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 06/02/2017 19:02:16
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 06/02/2017 19:02:21
14881
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Noela Blanco Rodríguez, Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel Díaz
Villoslada e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, deputadas e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte interpelación.
Aínda que formalmente non comezaron as negociacións para o coñecido
como Brexit, é dicir, o abandono da Unión Europea por parte do Reino
Unido, o pasado 17 de xaneiro, a súa primeira ministra anunciou unha saída
completa. Theresa May sinalou entre as prioridades que guiarán a
negociación do Goberno británico, a de garantir os dereitos dos nacionais
doutros países da UE que viven en Reino Unido, así como os dos británicos
residentes noutros países do bloque.
Como consecuencia da crise económica e da falta de oportunidades en
España, centos de miles de españois, na súa maioría persoas novas e ben
formadas, buscaron noutros países as oportunidades laborais que non
atoparon no noso país. En Reino Unido, as estatísticas oficiais publicadas
polo INE en marzo de 2016 falan de 102.498 españolas e españois
residentes, dos cales segundo datos do IGE 13.362 son galegos.
Con todo, organizacións de emigrantes, aseguran que, atendendo a outras
estatísticas oficiais como a de españois que obteñen o número de
seguridade social británico (National Insurance number), demóstrase que as
cifras reais son significativamente superiores.
Os socialistas vimos denunciando nos derradeiros anos que as trabas
impostas dende a Administración para facer oficiais os cambios de
residencia temporal, por exemplo, a que se refire á conservación do dereito
á asistencia sanitaria en España se comunicou o traslado ao estranxeiro
transcorridos tres meses desde a saída do noso país. En efecto, segue sen
resolverse a perda dese dereito mentres as e os españois deciden probar a
viabilidade do seu proxecto migratorio.
Os dereitos adquiridos polas españolas e españois, como cidadás e cidadáns
da UE, que residen por calquera circunstancia en Reino Unido (traballo por
14882
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
conta allea ou propia, bolsas, prácticas, estudos, reagrupación familiar,
etc.), non deberían verse en perigo polo Brexit.
As expectativas referidas á posible imposición de requisitos máis esixentes
para renovar a autorización de residencia, á reagrupación familiar, á
posibilidade ou non de ter cobertura social en caso de necesidade, etc, é
lóxico que hoxe estean entre as moitas preguntas sen resposta que se
estarán facendo os que forman este colectivo.
Dende o Grupo Socialista consideramos que, a pesar das moitas materias
concernidas neste proceso que vai afectar tanto á circulación de
mercadorías, servizos, capitais, e traballadores e traballadoras, é unha
prioridade absoluta o que ocorra coa situación destes últimos.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. Máis aló dos datos que coñecemos a través do IGE, dispón a Xunta de
Galicia de informes ao respecto que indiquen que as cifras reais de
residentes galegos e galegas en Reino Unido son significativamente
superiores ás oficiais?
2. Que medidas ten previsto poñer en marcha o Goberno galego para
coñecer a situación administrativa dos residentes galegos e galegas
neste país?
3. Que actuacións vai levar a cabo o Goberno galego para mitigar as
consecuencias negativas para as e os emigrantes galegos derivadas do
chamado brexit, asociadas á negociación previa da Unión Europea e o
Reino Unido?
4. En concreto como ten previsto defender, tralo brexit, a Xunta de
Galicia o mantemento dos dereitos laborais dos milleiros de mozos e
mozas galegas que emigraron nos derradeiros anos a Reino Unido?
Pazo do Parlamento, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
14883
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 07/02/2017 16:51:54
Patricia Vilán Lorenzo na data 07/02/2017 16:52:01
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 07/02/2017 16:52:05
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 07/02/2017 16:52:11
14884
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Interpelación, relativa aos danos causados polos temporais e ás responsabilidades das
compañías eléctricas subministradoras.
Ao longo dos primeiros días de febreiro de 2017 producíronse en Galiza unha
serie de sucesivos temporais que tiveron como consecuencia máis grave a perda de
vidas humanas. Ademais, causaron importantes danos en propiedades privadas, no
sector primario, na actividade industrial e de servizos e en infraestruturas e
equipamentos públicos.
Un dos efectos máis graves foi o dos cortes do subministro eléctrico que
afectaron a milleiros de galegos e galegas durante máis de 48 e 72 horas. Unha situación
que ten a ver coas deficiencias da infraestrutura da rede eléctrica, co abandono dos
labores básicos e continuados de mantemento das liñas eléctricas e co insuficiente e
tardío operativo das empresas distribuidoras e subministradoras finais de enerxía
eléctrica.
Tendo en conta a gravidade da situación, cómpre facer unha primeira avaliación
dos danos producidos e aprobar un decreto de axudas para facer fronte ás perdas tanto
no ámbito público como privado.
Alén diso, para evitar que situacións tan calamitosas se volvan a repetir tamén
cómpre inspeccionar e revisar as obrigas que deben cumprir as empresas eléctricas
14885
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
respecto da conservación axeitada da infraestrutura eléctrica, esixindo as
responsabilidades oportunas así como impondo un plan de mellora constante da rede
eléctrica ás distribuidoras.
Non é aceptábel que Galiza, sendo produtora e excedentaria de enerxía eléctrica,
con numerosos encoros, minicentrais, centrais térmicas ou parques eólicos instalados ao
longo do seu territorio que xeran enerxía sen parar, tendo que asumir os custes
ambientais de dita actividade, estea obrigada ademais a soportar unha pésima calidade
no subministro eléctrico.
Por estas razóns, formulamos a seguinte interpelación:
- Ten obrigado ou vai obrigar a Xunta de Galiza ás empresas subministradoras de
enerxía a efectuar unha auditoría da situación das liñas eléctricas en Galiza?
- Ten estabelecido ou vai estabelecer a Xunta de Galiza medidas sancionadoras ás
empresas prestadoras de servizos de subministro eléctrico polo tardío e deficiente
operativo de resposta para minimizar os efectos dos cortes do servizo?
- Ten avaliado ou vai avaliar a Xunta de Galiza o impacto dos danos causados polo
temporal e as deficiencias da rede sobre a economía galega?
- Ten recibido a Xunta de Galiza información por parte das empresas subministradoras
de electricidade das causas na demora do restabelecemento da electricidade?
- Que medidas correctoras esixiu ou vai exixir o goberno galego por parte das empresas
subministradoras de electricidade?
- Ten orzado a Xunta de Galiza as axudas necesarias para particulares e empresas por
causa do temporal? En que contías?
14886
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 07/02/2017 17:52:29
María Montserrat Prado Cores na data 07/02/2017 17:52:35
Ana Pontón Mondelo na data 07/02/2017 17:52:37
Xose Luis Rivas Cruz na data 07/02/2017 17:52:39
Olalla Rodil Fernández na data 07/02/2017 17:52:42
14887
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Xosé Luis Bará Torres na data 07/02/2017 17:52:44
14888
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e María Luisa
Pierres López, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
147 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
interpelación.
No exercicio 2014, a Xunta de Galicia decidía fixar un canon unitario de
tratamento por tonelada de lixo na cantidade de 74,64 euros máis IVE, de
acordo co Plan de viabilidade presentado por Sogama, SA. A mencionada
suba supuxo un incremento dun 33,5 % con respecto ao do ano 2013. No
exercicio 2016, a entidade mantivo o canon aos concellos galegos nos
mesmos valores do exercicio 2015, é dicir, 67,18 euros máis IVE por
tonelada.
Ese incremento inxusto, inxustificado e desproporcionado ía agochado no
seu día na Disposición adicional 21ª da Lei de orzamentos de 2014. Hoxe
segue a estar en vigor.
O fin de ambas subas era garantir a sostibilidade financeira do sistema, de
acordo co Plan de viabilidade presentado pola sociedade pública e en
función dos custos totais que xera o tratamento dos residuos domésticos no
marco do sistema. Pois ben, pasado o tempo, a situación financeira de
Sogama, S.A. non semella tan terrible e o Plan de viabilidade demostrouse
estar baseado en datos falsos.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. Cales son os motivos reais polos que o Goberno galego manterá este
ano 2017 o canon aos concellos galegos nos mesmos valores do
exercicio 2016?
14889
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2. Vai derrogar o Goberno galego a suba do canon pola xestión do lixo?
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 08/02/2017 19:03:01
Raúl Fernández Fernández na data 08/02/2017 19:03:05
María Luisa Pierres López na data 08/02/2017 19:03:11
14890
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e María Luisa
Pierres López, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
147 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
interpelación.
O Proxecto de decreto polo que se crea a Rede de Reservas da Biosfera de
Galicia atópase publicado no portal de transparencia da Xunta de Galicia.
Vaia por diante que o Grupo Parlamentario Socialista está de acordo coa
creación da Rede Galega de Reservas da Biosfera, mais consideramos que
o proxecto, tal e como está formulado, non é realmente eficiente.
Así as cousas, o proxecto prevé a creación dun Comité de Coordinación
que será un órgano colexiado con sede na Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio, pero non especifica composición, funcións,
organización nin funcionamento, que serán obxecto dun regulamento
posterior, cando, por exemplo, noutras comunidades autónomas as persoas
vogais se especifican xa como os responsables de espazos naturais;
desenvolvemento sostible e información ambiental; cambio climático;
ordenación do territorio, conservación da natureza, promoción educativa,
benestar social e promoción turística; representantes dos municipios
situados no territorio ao que se estendan as distintas Reservas da Biosfera
así como as persoas xestoras das propias reservas.
Por outra banda, a creación desta rede debería levar aparellado un
compromiso económico da propia Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio para poder levar a cabo proxectos e accións en
común a todas as Reservas da Biosfera galegas, posto que un dos grandes
retos aos que se enfrontan é a capacidade e acceso a fontes de
financiamento para a posta en marcha e o desenvolvemento dos plans de
xestión.
14891
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Incluso parece necesario que exista un departamento da propia consellería
que asuma a Secretaría Técnica da Rede de Reservas da Biosfera de
Galicia, para que preste o apoio administrativo para a execución dos
acordos do Comité de Coordinación, así como que cumpra coa función de
distribución de información e intercambios entre as reservas.
A preguntas deste grupo parlamentario, o Goberno non dixo nada máis (en
resposta escrita de data 26 de xaneiro) que o que pon o propio proxecto e
que sería desenvolvido regulamentariamente; incluso que se trata de
“institucionalizar encontros que ata o de agora se celebraban en foros,
seminarios ou charlas promovidas pola Xunta de Galicia”.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. Cando se celebraron encontros, foros, seminarios ou charlas
promovidos pola Xunta de Galicia e relativos ás Reservas da Biosfera
de Galicia?
2. Cantos proxectos promocionou o Goberno galego de cada unha das
Reservas da Biosfera de Galicia?
3. Cantas veces convocou a Xunta de Galicia reunións conxuntas dos
órganos de xestión daquelas?
4. Cre o Goberno galego que a creación da Rede de Reservas da
Biosfera de Galicia debería levar aparellado un compromiso
económico da propia Consellería de Medio Ambiente e Ordenación
do Territorio para poder levar a cabo proxectos e accións en común a
todas as Reservas da Biosfera galegas?
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
14892
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 08/02/2017 19:07:32
Raúl Fernández Fernández na data 08/02/2017 19:07:38
María Luisa Pierres López na data 08/02/2017 19:07:45
14893
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, José Antonio Quiroga Díaz, José Manuel Pérez
Seco, Raúl Fernández Fernández e María Luisa Pierres López,
deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 147 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
interpelación.
No ano 2011, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da entón
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciara e
contratara o procedemento para o desenvolvemento do Plan de xestión do
lobo.
Porque ocorre que hai danos no gando e a Xunta de Galicia ten o deber de
indemnizalos e por iso este grupo parlamentario leva anos preguntando
polo imprescindible Plan de xestión do lobo. A última resposta do Goberno
galego (de abril de 2016) foi que en Galicia hai máis de 90 mandas
reprodutoras de lobos. Dende entón, nada di o Goberno galego sobre a
continuación do Plan de xestión e nada se ten presupostado para o seu
desenvolvemento.
En Viascón e Carballedo (no concello de Cotobade-Cerdedo), o lobo está a
causar estragos na cabana caprina e vacúa, especialmente no ano pasado e
no ano en vigor, máis que nos anteriores. Segundo a propia Administración
autonómica, descoñécese si é que na zona se teñen asentado novos grupos
desprazados doutros territorios ou atraídos pola presenza dunha gran
cabana de gando ou si se trata de exemplares máis voraces ou
experimentados que en anos anteriores.
Tanto é así, que ata hai gandeiros e gandeiras que teñen permiso oficial
para facer agardas nocturnas ao lobo, aínda que se trate dun procedemento
realmente inusual e extraordinario.
14894
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. Cando vai aprobar o Goberno galego o novo Plan de xestión do lobo?
2. Por que o Goberno galego reduce, ano a ano, as indemnizacións polos
danos do lobo?
3. Cando se tarda de media na tramitación dos expedientes de
indemnización polos danos do lobo?
4. Recoñece o Goberno galego a especial incidencia que se está a
rexistrar no concello de Cotobade-Cerdedo cos ataques do lobo?
5. Vai estudar o Goberno galego medidas de protección para que o
terreo pase a ser Zona 1?
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
José Antonio Quiroga Díaz
José Manuel Pérez Seco
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 08/02/2017 19:11:21
José Antonio Quiroga Díaz na data 08/02/2017 19:11:27
Jóse Manuel Pérez Seco na data 08/02/2017 19:11:37
Raúl Fernández Fernández na data 08/02/2017 19:11:42
María Luisa Pierres López na data 08/02/2017 19:11:48
14895
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Julio Torrado Quintela, Juan Manuel Díaz Villoslada e Noela Blanco
Rodríguez, deputada e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario
dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 147 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
interpelación.
Que a dopaxe non é soamente un problema do deporte profesional é algo
coñecido. O que resulta alarmante é que o consumo de substancias coa
finalidade de mellorar o rendemento deportivo prodúcese cada vez con
maior asiduidade e intensidade no deporte amateur, tal e como ten
concluído un recente estudio liderado pola Universidade de Granada
(Zabala, Morente-Sánchez, Mateo-March e Sanabria, 2014), e como así
tamén recoñeceu en 2015 a propia Axencia Española de Protección da
Saúde no Deporte.
A crecente moda da práctica de deportes extremos, e a proliferación de
eventos populares que poñen ao límite ao corpo das e dos participantes,
veñen incrementando o abuso de medicamentos, substancias sen control e
ilegais co conseguinte problema de saúde pública.
A motivación monetaria de certas competicións, e o afán de superación,
conducen en moitos casos non soamente a que os deportistas afeccionados
consuman produtos prohibidos, senón que recorran a substancias
farmacolóxicas sen receita médica, mesturas de substancias dopantes con
medicamentos ou outros produtos nutricionais, entre outras prácticas, con
fin de mellorar os seus resultados e rendemento en tempo récord e poñendo
con elo gravemente en risco a súa saúde.
Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan interpelan ao
Goberno galego nos seguintes termos:
1. É consciente o Goberno galego da problemática existente sobre o
aumento de consumo de substancias potencialmente perigosas para a
saúde no eido do deporte afeccionado?
14896
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2. Ten previsto o Goberno galego algunha medida ou acción para
afrontar a situación existente sobre o consumo de substancias
dopantes no deporte amateur?
3. Considera o Goberno galego importante elaborar un estudio o sobre o
consumo de substancias para a mellora do rendemento deportivo e os
seus potenciais efectos sobre a saúde?
Pazo do Parlamento, 8 de febreiro de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Juan Manuel Díaz Villoslada
Noela Blanco Rodríguez
Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 09/02/2017 16:09:21
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 09/02/2017 16:09:27
Noela Blanco Rodríguez na data 09/02/2017 16:09:33
14897
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727