4
Nº 44 | Decembro de 2010 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia boletín do ceesg decembro

boletín doceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-01-2011-boletin44g.pdf · por outras profesións próximas á nosa. Outro aspecto que quixemos resaltar no encon-tro foi a necesidade,

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: boletín doceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-01-2011-boletin44g.pdf · por outras profesións próximas á nosa. Outro aspecto que quixemos resaltar no encon-tro foi a necesidade,

Nº 44 | Decembro de 2010 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

boletín do

ceesg decembro

Page 2: boletín doceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-01-2011-boletin44g.pdf · por outras profesións próximas á nosa. Outro aspecto que quixemos resaltar no encon-tro foi a necesidade,

O TEMA DO MES

Avalía que algo queda: prácticas de avaliación e informe en Educación Social

Os temas relacionados coa avaliación, e sobre todo cos informes, constitúen uns dos asuntos que con frecuencia son motivo de consulta no Colexio e por isto pensabamos que merecía que lle dedicásemos un espacio importante e, des-pois de non poucos esforzos, conseguimos de-senvolver a nosa "Escola de Primavera" que aca-bou sendo "Escola de Outono". Arredor do tema desenvolvemos un programa no que houbo espazos para a reflexión, para compartir experiencias e para a actividade. Á espera de que poidamos compartir con todas e con todos vós boa parte do traballo desenvol-vido no encontro, aí van as miñas reflexións so-bre o acontecido durante o encontro e sobre os meus puntos de vista en relación a este tema. Xa no comezo aparece un tema relevante que é a coincidencia para case todas e todos respecto da importancia da avaliación para adaptar as no-sas accións á realidade, coma un elemento fun-damental na metodoloxía da acción socioeduca-tiva. Eu tamén sinalaría que, coma noutros te-mas, as cuestións terminolóxicas van xogar un papel de relevo: a modo de exemplo ocorrése-me que unha memoria é un informe, que o "diagnostico inicial" é unha avaliación,... Tamén creo que sobre este tema, a incidencia de conflitos con profesións próximas á nosa, po-de facer que caiamos nun reducionismo que vai dificultar o desenvolvemento de ferramentas propias e axeitadas ás diversas situacións nas que se desenvolve a nosa profesión. Ao longo do encontro, tanto nos espazos dedi-cados á reflexión como na exposición de diver-sas prácticas, foron sinalándose aspectos que considero claves. Cuestións nas que debemos evitar caer nas no-sas prácticas como son a etiquetaxe, a presenta-ción da nosa perspectiva como unha realidade certa e permanente,... e cuestións que debemos de procurar como promover unha visión com-pleta e complexa da realidade, non centrada uni-camente nos aspectos negativos, a participación e o protagonismo das persoas, grupos e comuni-dades ás que diriximos os nosos esforzos,... Na miña opinión, o informe nace da necesidade de compartir parte da información que temos dunha determinada situación para que outros

profesionais, outras entidades, etc. dispoñan de elementos de xuízo para iniciar algunha acción, para achegar recursos, etc. Evidentemente fala-mos de cuestións que poden ter unha gran re-percusión sobre as persoas, os grupos e/ou as comunidades coas que estamos a traballar e po-lo tanto que teñen importantes implicacións éti-cas. Por este motivo recomendaría unha lectura atenta do noso Código Deontolóxico que ten elementos que nos poden guiar cando temos que facer fronte a este tipo de demandas. A diversidade de ámbitos de intervención e de situacións fan complexa a empresa de establecer un único modelo de informe, aínda que sexa ne-cesario reflexionar sobre as cuestións a conside-rar en diversas situacións, nas máis comúns, e facilitar exemplos diversos. Mais penso que non sería interesante adoptar unha ferramenta por influencia, como resposta aos modelos ofrecidos por outras profesións próximas á nosa. Outro aspecto que quixemos resaltar no encon-tro foi a necesidade, a posibilidade e a pertinen-cia de recorrer a metodoloxías diversas para a avaliación e para o informe como poden ser o teatro ou o "estrazaforum" que teñen a virtuali-dade de proporcionar ás persoas afectadas o protagonismo ao longo de todo o proceso e de devolverlles de xeito inmediato elementos e cri-terios para enfocar a acción. Para finalizar a miña reflexión sobre os temas que deron lugar á Escola, subliñar que coma profesionais debémonos sentir lexitimados para empregar as ferramentas que favorezan o desen-volvemento da nosa acción profesional. Por último quero facer público o noso agradece-mento ao Banco Sabadell Atlántico pola súa co-laboración económica e á Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago pola cesión dos espazos nos que se desenvolveu a Escola. Tamén quero subliñar que, coma sem-pre, boa parte do esforzo realizado recaeu nas persoas que traballan para nós no Colexio e non quero esquecerme de agradecerllo de corazón.

Alfonso Tembrás López

Área de Desenvolvemento Profesional do Ceesg

Page 3: boletín doceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-01-2011-boletin44g.pdf · por outras profesións próximas á nosa. Outro aspecto que quixemos resaltar no encon-tro foi a necesidade,

▫ Escrito á Presidencia da Xunta e á Consellería de Tra-ballo e Benestar como protesta pola situación de pre-cariedade das Casas de Acollida para persoas afectadas de VIH-SIDA de Ourense, Vigo e A Coruña, derivada da reiterada redución de presuposto por parte da Consellería de Traballo e Benestar.

▫ Asistencia ao Acto Inaugural do Foro 2010, que tivo lugar o día 3 de decembro en Santiago de Compostela. Tamén ao longo do mes participamos noutros eventos enmarcados dentro do Foro.

▫ Adhesión ao manifesto “Non á desaparición da Educa-ción Ambiental en Galicia” elaborado pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) como respos-ta ao retroceso que está sufrindo a Educación Am-biental na nosa comunidade, debido á xestión que se está a facer: recortes en actividades e recursos, peche e infrautilización de Equipamentos públicos, despedi-mentos e peche de empresas de EA, dilapidación de recursos,....

▫ Asistencia á celebración da concesión da acreditación de calidade EFQM (Compromiso coa Excelencia Euro-pea) da ADAFAD, coa conferencia "La sociedad adic-ta" do Doutor Luis Ferrer i Balsebre, Xefe do servizo de Psiquiatría do CHUS. Tivo lugar en A Coruña o día 14 de decembro.

▫ Presentación do Ceesg nas aulas de 2º de Educación Social da Universidade de Santiago o día 15 de decem-bro.

▫ Carta ao Concello de Bóveda en relación ás bases da praza de Traballador/a Sociocultural publicadas no BOP de 30/11/10. Expresamos que a denominación máis adecuada para a praza é Animador/a sociocultural e que o perfil de Educador/a social é o único que res-ponde axeitadamente ao desenvolvemento das tarefas vinculadas a este posto.

▫ Presentación oficial da nova páxina web, ceesg.org, coa imaxe renovada e os contidos estruturados dun xeito máis interactivo e intuitivo. Tivo lugar o día 16 de de-cembro en Santiago de Compostela.

▫ Reunión do Grupo de Estudos e Intervención Xeron-tolóxica do Ceesg, que tivo lugar o día 18 de decem-bro en Santiago de Compostela.

▫ Participación no Pleno e na Asemblea de Unión Profe-sional de Galicia, que tiveron lugar o día 27 de decem-bro en Santiago de Compostela.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

Participa no Boletín do Ceesg enviando o teu “Artigo de interese” a [email protected]

ARTIGO DE INTERESE: O Ceesg estrea web

No Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia estamos de estrea. O pasado xoves 16 de decembro presentouse e comezou a funcionar o noso novo portal web.

O portal non só facilita as xestións de colexiadas e colexiados co Colexio facéndoas máis áxiles, senón que coa incorporación de ferramentas 2.0 a web constitúe unha ferramenta de comunicación horizontal, na que educadoras e educadores sociais poderemos crear redes e compartir todo tipo de información.

Convidámosvos a descubrilo: www.ceesg.org

A ter en conta!

• Se xa estabas rexistrada/o na web antiga, non fai falta que o fagas de novo (pon como nº de usuaria/o o teu nº de colexiada/o e o teu contrasinal de sempre). Despois poderás completar todos os datos que estean sen cubrir no teu perfil. Se non estabas rexistrada/o ¿a qué esperas?

• O servizo de Avisos online xa non está asociado ás/aos usuarias/os da web. Deste xeito, calquera persoa interesada pode ter información sobre as actividades do Ceesg e a actualidade da profesión, aínda que non estea colexiada (enviarase información que é pública na web) Se xa estabas subscrita/o a algunha das listas de correo do Ceesg (Avisos online ou InfoCeesg) non fai falta que te deas de alta neste servizo. Ollo! se cambias de email, ou che interesa recibilo noutro distinto, si que debes subs-cribirte de novo.

• As ofertas de emprego xa non se difundirán a través do servizo de Avisos online. Estamos ultimando unha bolsa de emprego para colexiadas/os na que, se estás colexiada/o e che interesa, poderás intro-ducir os teus datos para recibir as ofertas no teu email. Polo de agora as ofertas poden consultarse na web (acceso restrinxido a colexiadas/os), onde se facilitan os datos de contacto de cada oferta.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Page 4: boletín doceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-01-2011-boletin44g.pdf · por outras profesións próximas á nosa. Outro aspecto que quixemos resaltar no encon-tro foi a necesidade,

Organiza: Ceesg. Lugar: Sede do Ceesg. Santiago de Compostela. Data: 22 de xaneiro ás 11:30 h. Duración: 1 h. aproximadamente. A quen se dirixe: Preferentemente familias con bebés. Darase prioridade a colexiadas/os. Tamén poden asistir profesionais interesadas/os. Información: Tlf. 629886393 (Belén) Prezo: gratuíto. Inscricións: Ceesg http://ceesg.org/formacion/formacion-ceesg/inscricion

Organiza: Consello Galego da Xuventude (CXG)

Lugar: Santiago de Compostela. Escola Galega de Admi-nistración Pública.

Datas: 20 e 21 de xaneiro (mañá e tarde) Información e Inscricións: CXG Tlf.: 981 569 560 | [email protected] | www.cxg.org

XORNADAS FORMATIVAS "As habilidades sociais como axentes de prevención"

FORMACIÓN CONTINUA

Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade: Real Decreto 1526/2010, de 15 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1791/2009, de 20 de novembro, polo que se regula o réxime de funcionamento, competencias e composi-ción do Consello de Participación da Muller. BOE 1/12/10 Ministerio de Economía e Facenda: Real Decreto 1591/2010, de 26 de novembro, polo que se aproba a Clasifica-ción Nacional de Ocupacións 2011. BOE 17/12/10 Ministerio de Traballo e Inmigración: Orde TIN/3297/2010, de 15 de decembro, pola que se convoca, para o ano 2011, a concesión de subvencións ás actividades de pro-moción da economía social, da responsabilidade social das em-presas e do traballo autónomo, e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos e outros entes representativos da economía social de ámbito estatal. BOE 21/12/10 Deputación de A Coruña: Convocatoria de programas de apoio á cultura e o deporte, dirixidos a concellos e outras enti-dades locais para actividades e investimentos durante o ano 2011. BOP 22/12/10 Deputación de A Coruña: Convocatoria de programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades e investi-mentos durante o ano 2011. BOP 22/12/10 Deputación de A Coruña: Convocatoria de subvencións dirixida aos concellos e outras entidades locais da provincia para o desenvolvemento de servizos sociais e políticas de igual-dade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero no ano 2011. BOP 22/12/10

Deputación de A Coruña: Convocatoria promoción econó-mica entidades 2011. BOP 22/12/10 Deputación de A Coruña: Convocatoria dirixida aos conce-llos e outras entidades locais interesadas na realización de pro-xectos de envellecemento activo para persoas maiores, ano 2011. BOP 22/12/10 Deputación de A Coruña: Convocatoria subvencións entida-des sen fins de lucro para mantemento e investimento servizos sociais especializados, sociosanitarios, fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero ano 2011. BOP 22/12/10 Ministerio de Educación: Orde EDU/3248/2010, de 17 de decembro, pola que se regulan os préstamos universitarios para realizar estudos de posgrado de máster e de doutoramento. BOE 18/12/10 Presidencia da Xunta de Galicia: Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade. DOG 28/12/10. Corrección o 30/12/10 Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade: Re-solución de 18 de noviembre de 2010, do Instituto da Xuventu-de, pola que se convocan os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2011. BOE 30/12/10 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se apro-ban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxi-me de concorrencia competitiva, para a execución de proxec-tos de cooperación para o desenvolvemento no exterior pro-movidos polos axentes de cooperación, para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desen-volvemento. DOG 30/12/10

NOVAS DOS BOLETÍNS

PRESENTACIÓN - OBRADOIRO Masaxe infantil

Coa colaboración de:

avisosavisosavisosavisos • Moi pronto será o 10º aniversario do Ceesg10º aniversario do Ceesg10º aniversario do Ceesg10º aniversario do Ceesg. Queremos celebrar esta data tan especial con todas/os

vós o día 22 de xaneiro cun xantar en Santiago, no que haberá agasallos para todas/os. Pronto po-ñeremos a información na web, para que vos vaiades apuntando. ¿De qué forma che gustaría cele-brar o 10º aniversario? Envía as túas suxestións a través da web ou correo-e.

• O 22 de xaneiro está prevista a celebración dunha actividade formativa sobre “Masaxe infantil”, Masaxe infantil”, Masaxe infantil”, Masaxe infantil”, á

que xa podedes inscribirvos a través da web.

• O vindeiro 11 de febreiro 11 de febreiro 11 de febreiro 11 de febreiro en Santiago de Compostela serán as eleccións do Ceesg. eleccións do Ceesg. eleccións do Ceesg. eleccións do Ceesg. Podes compro-

bar se figuras no censo electoral a través da web.

• A finais do mes de xaneiro farase o cobro de cotas colexiais cobro de cotas colexiais cobro de cotas colexiais cobro de cotas colexiais correspondente ao primeiro semestre

do 2011. Para beneficiarte dalgunha cota bonificada, podes enviar a documentación corresponden-te ata o día 26 de xaneiro 26 de xaneiro 26 de xaneiro 26 de xaneiro (incluído)

Coa colaboración de: