16
CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado mellore a súa competencia lectora. Material fotocopiable Documentación Comprensión Velocidade Recreación Novas tecnoloxías Para o profesorado Actividades de recreación lectora Do libro a... Actividades de comprensión Newsletters con actividades complementarias Actividades que involucran o uso de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) Velocidade lectora Apartado informativo O ocupante Ángel Burgas Recursos para o profesor Fotocopiables para o alumnado 4 Actividades de: Para o alumnado CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR Apartado que proporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura. Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación. Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada. Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante: - A expresión escrita - A expresión oral - A expresión artística (teatro, música e plástica). Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc. Competencias básicas e inter- disciplinariedade - Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL. - Relación dos temas do libro con outras áreas. Actividades de documentación Busca información sobre o autor de A expedición dos libros,Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente: Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide: As viaxes de Gulliveré un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma. Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira. 1.2 1.3 1.4 1.1 1 Actividades de comprensión De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar.Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas. Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro). Zarrapicar: Gargarexar: Agora fai o mesmo con estes substantivos: Tobeira: Balor: Sixilo: Narguilé: Couza: Sobrado: Este enderezo hache axudar na procura de información: »http://www.digalego.com/ Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas. 1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca.(Páxina 14) a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama 2. Ollándose de esguello,agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo 2.1 2.2 2 A expedición dos libros Velocidade lectora A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras. As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r, q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n. S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das cóx_gas. De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría c_ndo chov_a. Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da x_nte dim_nuta? Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_ro coid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobre ac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos. «O pai chamou ao timbre. Como non quería que se lle notase o interese, pediulle ao home das lentes que lle deixase botar unha ollada. Mirou varios libros e despois, como por casualidade, preguntou polo tomo de Jules Verne. O home das lentes non se deixou enganar, e seguiulle o xogo. Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado. O quinto tomo de Jules Verne non só pertencía á mesma colección, senón que era un dos seus. Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba, e tamén, nunha das primeiras páxinas, as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó, escritas con lapis azul. Levouno ao peito, coma se o arrolase. —Este libro é meu —díxolle ao home das lentes—. Ten tamén os outros tomos? —Primeiro teríame que demostrar que é seu. 3.1 3.2 3 Actividades de recreación ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA De todas as obras que se mencionan enA expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa! »http://gl.wikipedia.org/ Obra elixida: Sinopse: No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan: «O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne» Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor. Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillasestá sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas: 4 4.2 4.1 4.3 A expedición dos libros O ocupante OXFORD | 1

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

O caderno de desenvolvemento lector pretende ser unha ferramenta de adestramento para que o alumnado

mellore a súa competencia lectora.

Materialfotocopiable

Documentación Comprensión Velocidade Recreación

Novas tecnoloxías

Para o profesorado

Actividades de recreación

lectora

Do libro a...Actividades de comprensión

Newsletters con actividades complementarias

Actividades que involucran o uso deTecnoloxías da Información e da

Comunicación (TIC)

Velocidade lectora

Apartado informativo

O ocupanteÁngel Burgas

Recursos para o profesor

Fotocopiables para o alumnado

4

Actividades de:

Para o alumnado

CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR

Apartado queproporciona ao alumnado os elementos precisos para entender mellor a lectura.

Actividades para mellorar a fluidez na lectura e resolver as carencias de entoación e pronunciación.

Actividades que axudarán o alumnado a comprender o fondo e mais a forma da lectura realizada.

Actividades que permitirán ao alumnado recrear a lectura mediante:- A expresión escrita- A expresión oral- A expresión artística (teatro, música e plástica).

Información que relaciona o libro con outros libros, filmes, pezas musicais, páxinas web, etc.

Competenciasbásicas e inter-

disciplinariedade

- Relación de competencias básicas postas en práctica ao longo dos distintos exercicios do CDL.- Relación dos temas do libro con outras áreas.

Actividades de documentación

Busca información sobre o autor de A expedición dos libros, Vicente Muñoz Puelles e sobre o ilustrador, Fernando Vicente:

Os libros, verdadeiros protagonistas da obra, están organizados nunha biblioteca familiar. Averigua que é a CDU e realiza un esquema cos principais campos na que se divide:

As viaxes de Gulliver é un dos libros protagonistas da historia. Nun dos episodios termina caendo nas mans dun neno chinés que vive na cidade de Xangai, na China. Procura información sobre esta cidade e redacta un resumo non superior ás dez liñas sobre a mesma.

Na páxina 76 do libro fálase da couza ou trilla que son uns insectos que se alimentan do papel dos libros. Investiga sobre os insectos que «papan» a roupa e prendas de vestir, e cales se alimentan da madeira.

1.2

1.3

1.4

1.1

1

OXFORD | 3

Actividades de comprensión

De prestares atención ao vocabulario que forma parte desta obra, haberías comprobar que unha manchea de palabras teñen o seu «aquel». Fíxate nestes verbos: Zarrapicar e Gargarexar. Que tal che soan cando os pronuncias? Ben? Pois non che é casualidade, meu rei! As palabras que imitan sons producidos pola propia natureza ou por unha persoa ou animal, chámanse onomatopeicas.Escribe unha oración con senllas palabras (no caso de non coñeceres o significado, escribe unha oración co que ti imaxinas e despois procura no dicionario o verdadeiro).

• Zarrapicar:

• Gargarexar:

Agora fai o mesmo con estes substantivos:

• Tobeira:

• Balor:

• Sixilo:

• Narguilé:

• Couza:

• Sobrado:

• Este enderezo hache axudar na procura de información: » http://www.digalego.com/

Nos diferentes capítulos que compoñen a obra que estás a traballar, aparecen expresións, unhas veces rechamantes e outras, simplemente, curiosas ou graciosas. A ver se es quen a dar co significado das mesmas. Ímoscho poñer doado dándoche unhas pistas.

1. Agora xa non vou poder durmir! Co que custa, á miña idade, botar unha boa soneca. (Páxina 14)a) botar unha partida ás cartas b) botar unha sesta c) botar unha saba na cama

2. Ollándose de esguello, agardaron. (Páxina 23) a) mirar un para o outro b) mirándose no espello c) mirar cara a alguén con disimulo

2.1

2.2

2

A expedición dos libros

OXFORD4 |

Velocidade lectora

A ver se es quen a ler, coa velocidade adecuada e ben, este texto que –como podes comprobar–, un golpe de vento deixou orfas algunhas das palabras.

As t_pas dura_s resi_stir_n ba_tante ben. O h_me p_diulle un sec_dor do p_lo á súa m_ll_r,

q_e o b_ixou do s_br_do, onde v_ví_n.S_cou o l_bro, ao pr_ncip_o por f_ra e de_pois

f_lla a fol_a. Mal_a a gr_vid_de da s_tua_ión, Gulliver t_vo que se e_for_ar para non rir, por m_r das

cóx_gas.

De_pois, o h_me co_gou_o nun tendal, q_e

ins_alar_n nun cuarto p_ra sec_r a mantelaría

c_ndo chov_a.

Gulliver, que es_aba dem_sia_o abatido p_ra

int_ntar nada, p_sou alí t_da a n_ite, pr_nd_do

d_nhas gr_nd_s pinz_s. Volv_ra a Liliput, a illa da

x_nte dim_nuta?

Ao día s_gu_nte, o home p_soulle o fe_rocoid_dosam_nte a c_da parte do l_bro. C_ndo

estivo sati_feito do re_ultado, me_euno nun sobreac_lchado e le_ouno á ofic_na de C_rreos

Agora vaste converter en «autodidacta» e comprobarás cal é a túa velocidade lectora. Saca o teu reloxo e cronometra o tempo que tardas en ler –en voz alta–, este texto que che seleccionamos.

«O pai chamou ao timbre. Como non queríaque se lle notase o interese, pediulle ao home daslentes que lle deixase botar unha ollada. Mirouvarios libros e despois, como por casualidade,

preguntou polo tomo de Jules Verne.O home das lentes non se deixou enganar,

e seguiulle o xogo.

Ao examinar o libro, o pai quedou pasmado.O quinto tomo de Jules Verne non só pertencíaá mesma colección, senón que era un dos seus.

Levaba unhas rabuñaduras de gato, que el lembraba,e tamén, nunha das primeiras páxinas,

as letras RMC, que eran as iniciais do seu avó,escritas con lapis azul.

Levouno ao peito, coma se o arrolase.—Este libro é meu —díxolle ao home das

lentes—. Ten tamén os outros tomos?—Primeiro teríame que demostrar que é seu.

3.1

3.2

3

OXFORD | 5

Actividades de recreación

ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

De todas as obras que se mencionan en A expedición dos libros, vai ser complicado que as teñas lido todas, non si? O traballo a realizares agora consiste en elixir unha das que non liches, a que máis che sorprenda polo seu título, e escribas embaixo unha sinopse da mesma. Logo, no enderezo que che propoño, procura a sinopse orixinal e compara. Pode haber sorpresa!

» http://gl.wikipedia.org/

Obra elixida:

Sinopse:

No segundo capítulo titulado «Os Visitantes» o autor, como querendo desculpar ao mozo ladrón, descríbenos cal foi a súa reacción ao recoller un dos libros que se atopaba tirado no chan:

«O mozo levantou un dos libros caídos, pasou unha man pola vermella cuberta, coma se a acariciase, e comezou a follealo. Era o primeiro tomo das Obras completas de Jules Verne»

Lembras algún momento emocionante, que che pasase a ti, con algún dos libros que teñas lido? Descríbeo, por favor.

Os libros teñen unha personalidade acorde ao que contan; así, a protagonista do libro Alicia no país das marabillas está sempre disposta a viaxar (páxina 71). Imaxínate que es un libro e inventa un título conforme á túa personalidade e maneira de ser. Xustifica a túa resposta en cinco liñas:

4

4.2

4.1

4.3

A expedición dos libros

6 | OXFORD

O ocupante

OXFORD | 1

Page 2: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

PresentaciónEl CDL es un material orientado al docente que acompaña a cada libro del

Proyecto Lector El Árbol de la Lectura. Su objetivo principal es el de contribuir en el desarrollo de lectores competentes, capaces de afrontar la lectura de cualquier tipo de texto utilizando la estrategia más adecuada en función de la finalidad de la lectura, de las características del texto y del contexto en el que se produce.

Las actividades que se presentan pretenden que el alumno «aprenda deleitándose», despertando su interés por la lectura de textos literarios y mejorando sus hábitos lectores, así como aportan al docente una herramienta útil y atractiva para estimular la lectura en el aula.

La realización de las actividades del CDL será flexible. Aunque lo ideal es completarlo de manera íntegra, el profesor también tendrá la posibilidad de escoger sólo aquellos ejercicios que considere los más apropiados para satisfacer las necesidades específicas de cada alumno y cada clase.

SinopseUnha tarde, Alberte, un rapaz de 15 anos, ven escapando do Birollo e Román, dous

compañeiros de instituto. Remata por agocharse nunha vella fábrica abandonada que ten unha lenda negra de acontecementos extraordinarios. Nesta fábrica, Alberte atópase cun home ao que lle falta un ollo e cunha horrenda cicatriz na cara. Manteñen unha conversa surrealista e o home dille que os seus perseguidores están atrapados nunha zona baixa da fábrica coñecida como Inferno. Ao día seguinte, o Birollo e Román non aparecen. A policía interroga a Alberte, mais o rapaz non conta toda a verdade e comeza a investigar pola súa conta. Pasan os días e, unha noite estraña, Alberte vese a si mesmo como un adulto que está metido en asuntos turbios relacionados coa droga. Mesmo parece que asasinou os seus compañeiros como xa fixera con outro home hai tempo. Pero… que Alberte é o real?

Razóns para ler este libro• Gozar coa lectura dunha obra amena de intriga.

• Introducir o alumnado no xénero da «novela negra».

• Desenvolver nos rapaces unha actitude reflexiva cara a problemas presentes na nosa sociedade, como poden ser o consumo de drogas e a delincuencia.

• Recoñecer e apreciar a importancia das relacións de amizade e familiares para o noso crecemento como persoas.

2 | OXFORD

Page 3: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

Actividades de documentación

1.1

1Realiza un breve resumo sobre a vida e obra do autor da novela, Ángel Burgas. Podes atopar información sobre o mesmo no seu blogue:

» http://www.angelburgas.cat/castellano/index.html

A novela que estamos a traballar titúlase O ocupante. Coñeces o significado do termo «okupa»? Investiga se nalgún dicionario aparece esta palabra e anota a súa definición. Atopas algunha relación co título da obra? Busca información sobre o movemento okupa e realiza un traballo de investigación sobre o mesmo no que se comente o seu significado, a ideoloxía que representa, as causas da súa aparición e as motivacións que o inspiran. A continuación, localiza algunha noticia na prensa local que trate este tema e pescuda se onde vives existe algún lugar habitado por okupas.

1.2

OXFORD | 3

Page 4: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

1.3

2 Actividades de documentación

Alberte comezara a «flirtear» co éxtase só para sacar unhas moedas para os seu gastos da fin de semana pero cando se decatou, non só as vendía senón que as consumía. Sabías que o consumo de drogas (tabaco, alcohol e haxix) están presentes no teu mundo de adolescente? E sabes os seus efectos? Visita estes enderezos, infórmate e escribe as cousas que descobriches.

» http://kidshealth.org/teen/en_espanol/drogas/know_about_drugs_esp.html» http://issuu.com/fuco/docs/mocidade_e_drogas_sintese

Nestes enderezos de embaixo tedes cumprida información sobre dúas das drogas que «inician» –nalgún caso– ao adolescente nesa viaxe nada recomendable do mundo das drogas. Le o que se che ofrece, moi de vagariño, e despois da reflexión individual, pasade ao grupo e coa información recollida completade un decálogo de sentenzas que digan NON ao consumo de drogas. A primeira sentenza podería ser esta: «Mellora a túa autoestima, valórate, acéptate».

» http://issuu.com/fuco/docs/alcohol» http://issuu.com/fuco/docs/cannabis_guia_mozos_int» http://issuu.com/fuco/docs/sempre_elixes_ti

1 6

2 73 84 95 10

Un tema que se trata no libro é o da desaparición de persoas. Ao longo da historia, as desaparicións por motivos políticos foron moi frecuentes. No século pasado, en moitos países de América Latina e mesmo en España, as ditaduras militares que gobernaron pola forza das armas fixeron desaparecer a moitas persoas. Realiza un traballo de investigación sobre a ditadura dun país de América Latina e comenta os acontecementos máis destacados que aconteceron. Razoa se isto pode ser unha das explicacións do sucedido no relato cos personaxes que desaparecen.

1.4

1.5

4 | OXFORD

Page 5: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

2.1

2O argumento e mais o título da novela O ocupante aviva a nosa sospeita de que o «ocupante» foi Alberte ou, polo menos, Alberte foi o asasino dos dous rapaces. Relaciona os acontecementos co número do capítulo:

a) Alberte volve á comisaría para completar a declaración que realizou na casa. Xa fóra, decide investigar cando e por que o Engurrado estivo no hospital.

b) Alberte vai a Can Serra acompañado de Xabi. Despois de coller a carteira do mendigo, comproba como a policía está a vixialos.

c) Alberte sela un pauto co Engurrado no que se compromete a levarlle armas: unha serra, unha machada e unha escopeta.

d) O protagonista é perseguido, á saída do instituto, polo Birollo e mais Román e acóchase en Can Serra.

e) Alberte recibe a visita inesperada de Quim e este revélalle que recibiu unha «perdida» do Birollo.

f) Román e mais o Birollo están internados nun hospital de Barcelona en estado moi grave.

g) Alberte é apreixado pola policía.

h) Alberte toma unha pílula. Esperta como adulto e coñecemos, polo miúdo, a existencia dunha vida complicada e nada aconsellable.

Actividades de comprensión

2.2

a) b) c) d) e) f) g) h)

Relaciona os personaxes coa súa descrición:

a) Alberte

b) O Birollo

c) Nuria

d) Quim

e) Fran

1) Irmán pequeno de Alberte.

2) Médica que axuda ao protagonista da novela no seu labor de recoñecemento do mendigo.

3) Compañeiro do instituto a quen lle devolven a moto.

4) Un dos compañeiros de Alberte que o persegue na moto.

5) O protagonista.

OXFORD | 5

Page 6: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

2 Actividades de comprensión

2.4

Ao longo da novela van aparecendo unha serie de frases feitas que embelecen o texto pero, se cadra, non son doadas de interpretar. Contesta cal é o seu significado:

1. Ás apalpadelasa) Utilizar o tacto coa fin de andar. b) Facer o parvo. c) Andar a escape.

2. Aguantar mechaa) Soster un misto aceso na man. b) Aguantar sen poder rebater nada do que

che din. c) Tinguir o cabelo.

3. Andar no bico dos pésa) Ser moi veloz. b) Andar, evitando o ruído, na punta das dedas. c) Vacilar.

Dubidar.

4. Durmir a monaa) Botar unha soneca na xungla. b) Deitarse despois dunha enchente de

alcohol. c) Durmir en casa allea.

5. Xirar a lume de biqueiraa) Marchar a fume de carozo. b) Fuxir por medo ao lume. c) Prender lume nos

zapatos.

6. Poñer cara de cana) Poñer mala cara. b) Imitar a cara dun can de caza. c) Poñer cara amable.

7. Falar sen andrómenasa) Falar sen facer acenos. b) Falar sen a presenza de amigos. c) Falar claramente.

Contesta verdadeiro ou falso as seguintes afirmacións sobre o argumento da novela:

A. Alberte non mentiu á policía porque era un rapaz moi sincero.

B. O policía perdoavidas coñece perfectamente a xerga na que falan os adolescentes.

C. Alberte xa tiña estado na cadea antes de que o detivese, esta vez, a policía.

D. A policía aparece na novela coma un corpo de persoas educadas e amables.

E. Nuria axudou a Alberte a coñecer a identidade do indixente de Can Serra.

F. O pai de Alberte finou nun tráxico accidente de automóbil.

2.3

6 | OXFORD

Page 7: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

Para mellorares a velocidade lectora, le os seguintes textos e logo cronometra o tempo que che leva lelos por primeira e segunda vez.

«Agardou un par de minutos, co corazón latexando desesperadamente, para tratar de se afacer á escuridade e ser quen de distinguir algunha parede, algún obxecto, ou como mínimo o perímetro do lugar no que se atopaba. De súpeto, o estalo dun misto sobre unha superficie rasposa precedeu á explosión dunha chama que iluminou, a vinte centímetros de distancia, o rostro máis arrepiante que vira na súa vida».

«Proferiu un berro salvaxe, convencido de que o seu corazón pararía dun momento a outro logo dunha brutal sacudida. Aínda berrando, virouse para tratar de atopar, coa man aberta e ás apalpadelas, a varanda que deixara atrás, pero enseguida notou como unha especie de gadoupa lle apresaba o brazo para inmobilizalo. Non se quería encarar a aquel home. Non quería ver aquel rostro horrendo. Precisaba saír daquel pesadelo e botarse aos brazos dos seus perseguidores».

• A primeira vez tardei segundos.

• A segunda vez tardei segundos.

Volve ler os parágrafos anteriores pero, agora, con outro tipo de letra. Trata de razoar por que incrementaches ou reduciches o tempo de lectura.

«Agardou un par de minutos, co corazón latexando desesperadamente, para tratar de se afacer á escuridade e ser quen de distinguir algunha parede, algún obxecto, ou como mínimo o perímetro do lugar no que se atopaba. De súpeto, o estalo dun misto sobre unha superficie rasposa precedeu á explosión dunha chama que iluminou, a vinte centímetros de distancia, o rostro máis arrepiante que vira na súa vida.»

«Proferiu un berro salvaxe, convencido de que o seu corazón pararía dun momento a outro logo dunha brutal sacudida. Aínda berrando, virouse para tratar de atopar, coa man aberta e ás apalpadelas, a varanda que deixara atrás, pero enseguida notou como unha especie de gadoupa lle apresaba o brazo para inmobilizalo. Non se quería encarar a aquel home. Non quería ver aquel rostro horrendo. Precisaba saír daquel pesadelo e botarse aos brazos dos seus perseguidores.»

• A primeira vez tardei segundos.

• A segunda vez tardei segundos.

3.1

3.2

3 Velocidade lectora

OXFORD | 7

Page 8: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

4ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ESCRITA

Ao longo da historia do ser humano, este foi utilizando diversos tipos de grafías para se comunicar; todas elas feitas a man e sobre materiais diversos. Pouco a pouco foi mellorando a súa técnica ata apareceren as máquinas. Nese momento, saca proveito delas e comeza unha auténtica revolución. O periódico estadounidense «Times», coa idea de captar a atención do lectorado, utiliza un tipo de letra que leva o mesmo nome ca o xornal. Procura en Internet a orixe de diferentes tipos de letra e fai un breve resumo. Despois, móstranos no recadro de embaixo unha tipografía inventada por ti.

Neste enderezo tes un punto de partida interesante:

» http://www.desarrolloweb.com/articulos/1605.php

O protagonista da novela, Alberte, escapa dos seus perseguidores e agóchase en Can Serra, «a vella fábrica» abandonada que fora o fogar dos fantasmas, dos ogros, dos secuestradores de nenos, dos asasinos sanguinarios e sen escrúpulos que poboaban as lendas e os pesadelos dos habitantes máis inocentes da comarca. Pensa se coñeces algún lugar parecido a ese preto de onde vives, descríbeo e narra que sensacións (de medo, misterio…) che produce.

Actividades de recreación

4.1

4.2

8 | OXFORD

Page 9: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

4Na novela atopamos a dous Albertes: o adolescente e o adulto. Imaxina que é o adolescente quen regresa ao final da novela á vella fábrica e cambia o remate da historia por outro que sexa máis do teu agrado.

ACTIVIDADES DE CREACIÓN ORAL

Na novela repítense os interrogatorios da policía a Alberte nos que non o tratan moi ben porque non confían nel. Imaxinemos un interrogatorio máis amable con Alberte seguindo estes pasos:

a) Entre catro compañeiros repartídevos os seguintes papeis: un será Alberte, outros dous os policías, e o cuarto pode variar entre o director da obra, o director do instituto, os pais ou mesmo o avogado. Estaría ben que se ambientase a escena e se intentase converter o espazo nunha comisaría de policía.

b) Agora representade o voso interrogatorio diante dos vosos compañeiros da clase.

ACTIVIDADES DE CREACIÓN ARTÍSTICA

O Paraíso e mais o Inferno son termos moi utilizados en case todas as culturas. Desde que xurdiu o cristianismo, artistas de todas as disciplinas ocupáronse de representalos ben como lugar idílico ou ben como lugar de tormentos e sufrimentos. Debuxa un espazo do lugar no que vives que identifiques co Paraíso e outro que poidas identificar co Inferno. Logo describe con palabras o que para ti significan o Paraíso e o Inferno.

Actividades de recreación

4.6

4.5

4.3

4.4

Busca imaxes do Paraíso e do Inferno en Internet e compáraas co debuxo realizado na actividade 4.5. Comenta as semellanzas e as diferenzas que atopes.

OXFORD | 9

Page 10: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

Solucións e outras actividades para o docente

1.1

1.2

10 | OXFORD

Ademais... Unha vez lido o libro, pódese realizar unha reflexión xeral sobre o seu argumento, incidindo nos temas do consumo de drogas e a desaparición forzosa de persoas.

Solución: actividade libre. Para afondar na temática do consumo de drogas, hai un libro moi importante de Antonio Escohotado, titulado Aprendiendo de las drogas (1995), sinxelo de ler e de explicar ao alumnado.

1. ACTIVIDADES DE DOCumENTACIÓN

Nesta actividade, pídeselle ao alumnado que busque no blogue do autor da novela datos sobre a súa vida e obra.

Solución:

Biografía do autor

Ángel Burgas nace en Figueres no ano 1965 e pasa o seus primeiros 18 anos entre a capital de l’Empordà e Roses, una poboación veciña. É o maior de cinco irmáns e desde mozo séntese atraído pola lectura, a arte e o teatro. Desde o ano 1988 ata 1990 vive en Berlín, Alemania, onde é admitido como alumno invitado na Höchschule der Kunste (Escola superior de Arte). Logo se traslada a Barcelona, abandona progresivamente a plástica e se centra na literatura. Publica por primeira vez en Proa un conxunto de relatos, Show (1999), e traballa de profesor de Educación visual e plástica e debuxo técnico en diferentes escolas da cidade. Ángel Burgas alterna a literatura para adultos e para mozos. Actualmente pertence ao consello de redacción da revista «Faristol» e compaxina a escritura co ensino.

Bibliografía do autor

• El club de la Canasta (2007).Libro no que se narran as peripecias de Martina e os seus amigos, que crearon un club para loitar contra as inxustizas que os rodean.• Segundo trimestre (2008).Trátase da continuación da anterior novela pero os seus protagonistas van crecendo e xa non teñen os mesmos intereses. Unicamente, de xurdir entre eles a verdadeira amizade, poderase salvar o club...

O alumnado debe buscar o significado do termo «okupa». Tamén terán que buscar información sobre o movemento okupa e realizar un traballo de investigación sobre o mesmo. Finalmente, deberán ler a prensa local e mirar se atopan algunha noticia que trate este tema e indagar se, onde viven, existe algún lugar habitado por okupas.

Solución: un okupa é unha persoa que vive ilegalmente nunha vivenda deshabitada.

Page 11: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

Solucións e outras actividades para o docente

1.3

1.4

OXFORD | 11

Esta referencia aparece recollida neste enderezo en:

» http://www.wordreference.com/definicion/okupa

O movemento okupa é un movemento social consistente en darlle uso a edificios ou terreos abandonados coa finalidade de utilizalos como terras de cultivo, vivenda, etc. Agrupa gran variedade de ideoloxías que acostuman a xustificar as súas accións como un xesto de protesta política e social contra a especulación. Tamén defenden o aproveitamento de espazos abandonados e o seu uso público con fins sociais e culturais. A lexislación relativa a okupación de espazos varía moito duns países a outros.

O movemento okupa é unha subcultura que comezou a agromar entre os anos 60 e 70 tomando como referencia os «Squats» ingleses e baseándose en ideoloxías anarquistas, punk e hippies. En España coñeceu grande auxe coincidindo coa grande demanda pola afluencia de poboación do campo á cidade. Na súa acepción popularizada pola prensa ven utilizándose para designar a calquera que se instale nunha vivenda abandonada, teña esta acción carácter político ou non. A palabra okupa referida a persoas utilizouse nestes últimos anos referida á tribo urbana que utiliza casas abandonadas para vivir, independentemente da súa motivación para facelo.

O alumnado deberá acudir aos enderezos indicados, consultar cales son os efectos negativos que provocan na saúde o consumo de drogas e, de contado, anotará todo aquilo que descoñecía sobre as drogas.

Solución: resposta libre.

O alumnado acudirá aos enderezos seleccionados, reflexionará sobre eles e, en grupo, escribirán na pizarra as sentenzas que desaconsellan o consumo de drogas. De saíren máis de dez sentenzas, tamén se anotarán.

Solución: resposta libre.

Ademais… Aqueles centros que non estean inmersos nalgún programa de prevención de drogas para adolescentes, recomendamos Cinensino. Esta actividade, a través do cinema, penetra no mundo do adolescente para fomentar e apoiar a súa autoestima, ao tempo que traballa aqueles valores que fan dos rapaces e rapazas, persoas máis críticas e formadas para enfrontarse ás dúbidas lóxicas dun alumnado que aínda está nun proceso de maduración en canto á personalidade se refire.

• Máis información sobre o programa en:» http://www.innova.gl/

Page 12: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

Solucións e outras actividades para o docente

2.1

2.4

2.2

3.2

3.1

2.3

1.5

12 | OXFORD

Nesta actividade preténdese introducir os rapaces na problemática da desaparición de persoas por motivos políticos, acontecementos que se deron con especial virulencia coas ditaduras de América Latina nos anos 70 do século pasado. O alumnado deberá realizar un traballo de investigación sobre a ditadura dun país de América Latina e comentar os acontecementos máis destacados que sucederon. Tamén deberán razoar se isto pode ser unha das explicacións do acontecido no relato cos personaxes que desaparecen.

Solución: O alumnado pode tomar como exemplo o sucedido coas ditaduras militares de Arxentina e Chile e visitar as seguintes páxinas web para tomar datos co fin de elaborar o seu traballo:• Arxentina: http://www.me.gov.ar/efeme/24demarzo/dictadura.html• Chile: http://www.desaparecidos.org/chile/Tamén deberán razoar os motivos polos que desaparecen os adolescentes do relato e se atopan algunha similitude coa información presentada no seu traballo.

2. ACTIVIDADES DE COmPRENSIÓN

O alumnado deberá ordenar, correctamente, os acontecementos segundo nos capítulos nos que aparecen na novela.

Solución: A – 7; B – 9; C – 3 ; D – 1; E – 10; F – 12; G – 16; H – 14.

O alumnado deberá relacionar cada personaxe coa descrición adecuada.

Solución: A – 5; B – 4; C – 2; D – 3; E – 1.

O alumnado deberá seleccionar a resposta adecuada.

Solución: 1 – A; 2 – B; 3 – B; 4 – B; 5 – A; 6 – A; 7 – C.

O alumnado lembrará cales dos enunciados son verdadeiros ou falsos.

Solución: A – falso; B – falso; C – verdadeiro; D – falso; E – verdadeiro; F – verdadeiro.

3. VELOCIDADE LECTORA

O alumnado deberá ler, cada texto, dúas veces e cronometrar o tempo de lectura.

Solución: actividade libre.

O alumnado debe volver ler os textos pero agora cun tipo de letra distinto.

Solución: actividade libre. O tipo de letra pode dificultar ou incrementar a velocidade lectora.

Page 13: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

4.6

4.5

4.4

4.3

4.2

4.1

OXFORD | 13

Solucións e outras actividades para o docente

4. ACTIVIDADES DE RECREACIÓN

Actividades de expresión escrita

O alumnado procurará información na rede sobre a orixe e evolución dos distintos tipos de letra, deseguido farán un breve resumo e rematarán cun labor creativo de debuxar unha tipografía de seu.

Solución: actividade libre. A Historia de la lectura (1998), de Alberte Manguel é un libro recomendable para rematar esta actividade.

O alumnado debe buscar nalgún lugar, preto de onde vive, parecido a esa vella fábrica abandonada da novela, Can Serra. Logo deberá describilo e comentar as sensacións (de medo, misterio, inquedanza…) que lle produce.

Solución: actividade libre.

Partindo da idea de que é o Alberte adolescente que regresa á vella fábrica, o alumnado terá que inventar un final distinto para a novela.

Solución: actividade libre. Valorarase a orixinalidade do relato.

Actividades de expresión oral

Neste exercicio, o alumnado, en grupos de catro, debe escribir un diálogo sobre un posible interrogatorio, máis amable, da policía con Alberte.

Solución: actividade libre. Valorarase que plasmen no escrito que a policía debe estar ao servizo dos cidadáns e non pode presionalos ou tratalos incorrectamente.

Actividades de creación artística

Neste exercicio coméntaselle ao alumnado a importancia que ten na historia da cultura o Paraíso e o Inferno. Verán como aparecen nomeados na obra e se lles pedirá que identifiquen dous lugares da súa contorna que semellen ser o Paraíso e mais o Inferno. Deberán representar cada un dos dous «lugares», á vez que describen logo con palabras os seus debuxos.

Solución: actividade libre. Pódese, xa que logo, propiciar un debate moi interesante, comparando as diferentes visións dos mozos sobre este tema.

O alumnado ten que buscar en Internet as representacións que os grandes artistas da historia realizaron do Paraíso e do Inferno para comparalas co debuxo que completaron na actividade 4.5.

Solución: actividade libre, que se pode unir ao debate propiciado na actividade 4.5.

Page 14: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

O ocupante

Do libro a…

14 | OXFORD

1. OuTROS LIBROS

As sete mortesVILA SEXTO, Carlos. Vigo: Galaxia, 2009.Os protagonistas da historia inician unha viaxe desesperada que é, asemade, unha fuxida para salvar a vida e unha busca da identidade. Seguindo as pistas dun pergamiño antigo no que a lenda se transforma en inquietante realidade, sucederanlles arriscadas aventuras e situacións nas que o misterio e o esoterismo se dan a man.

El tiempo de las mariposas (en castelán)ÁLVAREZ, Julia. Madrid: Alfaguara, 2000.Narra a vida das tres irmáns Mirabal durante a ditadura de Trujillo, cando asumen un compromiso político para intentar derrocar o réxime.

2. PELÍCuLAS

Stand by meRob Reiner (dir.). Columbia Pictures, Estados Unidos, 1986 (84 min).Nunha pequena localidade de montaña de Oregon, catro amigos prepáranse para pasar a fin de semana de acampada, lonxe da casa. O verdadeiro obxectivo da excursión é atopar o corpo sen vida dun rapaz, da mesma idade, que desapareceu.

Desaparecido (missing)Constantin Costa-Gravas (dir.). Universal Pictures, Estados Unidos, 1982 (122 min).Un periodista norteamericano desaparece do seu domicilio en Chile durante o golpe de estado do Xeneral Augusto Pinochet. O seu pai emprenderá a súa busca na compaña da súa nora.

Réquiem por un sueñoDarren Aronofsky (dir.). Artisan Entertainment, Estados Unidos, 2000 (102 min).O filme conta a historia de dous adolescentes que comezan pouco a pouco a engancharse ás «pílulas» e a todo tipo de drogas, poñendo a súa adicción en contraste con todas as adiccións «permitidas» pero igualmente terribles, que ten a sociedade.

3. PINTuRA

O Museo do Prado ten, na súa colección permanente, o cadro O xardín das delicias, de El Bosco. Unha excursión ao devandito museo pode ser unha excelente oportunidade para que os rapaces coñezan de primeira man un cadro que ilustra perfectamente a temática do Paraíso e o Inferno.

• O enderezo do Museo do Prado é o seguinte:

» http://www.museodelprado.es

Page 15: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

Competencias básicas e interdisciplinariedade

OXFORD | 15

Contribución ao desenvolvemento das competencias básicas

Competencia Actividades para traballala

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 2.1, 2.2, 2.3, 2.4., 3.1, 4.1, 4.2, 4.3 e 4.4

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico 1.3 e 1.4

Tratamento da información e competencia dixital 1.1, 1.2, 1.3, 1.4 e 1.5

Competencia en comunicación lingüística 1.1, 3.1, 3.2, 4.1, 4.2 y 4.3

Competencia social e cidadá 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 4.2 e 4.5

Competencia para aprender a aprender 1.2, 1.3, 1.4 e 3.1

Autonomía e iniciativa persoal 1.4 e 4.2

Competencia cultural e artística 1.5, 4.5 e 4.6

Interdisciplinariedade

Área Actividade coa que se pode relacionar

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia 1.2, 1.5, 4.5 e 4.6

Lingua castelá e Literatura 1.1, 2.1, 2.2 e 2.3

Educación plástica e visual 4.5 e 4.6

Sobre os autores do CDLFuco Paz Souto é especialista en Lingua e Literatura Galera e imparte clases nun centro escolar

na Coruña. Leva varios anos participando en proxectos de Animación á Lectura, creando e deseñando actividades para fomentar o hábito lector entre o público infantil e xuvenil.

José Javier Pintor Elizalde é profesor de Lingua e Literatura Española de Secundaria. Na actualidade traballa como asesor de formación de profesores no ámbito lingüístico e imparte docencia no curso de Especialización didáctica en Lingua e Literatura da Universidade da Coruña.

Page 16: CADERNO DE DESENVOLVEMENTO LECTOR · ap ít ul qu m oñ a b q á l , xpr ó , hvec ut eme g io .A v s n a d ar c o sig nfi s mes . Í oho p ñer á he un p t . 1. Ag or ax non vo

1Parque Empresarial San Fernando, Edificio Atenas

28830 San Fernando de Henares (Madrid)

Oxford University Press é un departamento da Universidade de Oxford. Como parte integrante desta institución, apoia e promove en todo o mundo os seus obxectivos de excelencia

e rigor nos eidos da investigación, erudición e educación, mediante a súa actividade editorial en:

Oxford Nova York Auckland Cidade do Cabo Dar es Salam Hong Kong

Karachi Kuala Lumpur Madrid Melbourne México D. F. Nairobi Nova Delhi Xangai Taipei Toronto

Con oficinas en Arxentina Austria Brasil Chile Corea do Sur Francia Grecia

Guatemala Hungría Italia Xapón Polonia Portugal República Checa Singapur Suiza Tailandia Turquía Ucraína Vietnam

Oxford e Oxford English son marcas rexistradas de Oxford University Press. Oxford EDUCACIÓN é unha marca rexistrada en España por Oxford University Press España, S.A.

Material para o profesorado para o traballo na aula dos libros da colección «A árbore da lectura» elaborado segundo o proxecto editorial de Oxford Educación,

que foi debidamente supervisado e autorizado.

Publicado en España por Oxford University Press España, S. A.

© Desta edición: Oxford University Press España, S. A., 2010

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial deste libro, nin o seu tratamento informático, nin a retransmisión de ningunha forma por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico,

por fotocopia, por rexistro e outros métodos, sen o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Oxford University Press España, S.A. concede permiso ao profesorado que empregue os materiais de Oxford EDUCACIÓN para reproducir as páxinas que aparezan na indicación mAtErIAl fOtOCOpIAblE © Oxford University Press España, S. A.

Oxford University Press España, S. A. non fai de seu os contidos das páxinas web pertencentes ou xestionadas por terceiros, ás que se acceda a través de calquera enderezo web citado nesta publicación. Polo tanto, exclúese calquera

responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que se puider derivar do acceso ás devanditas páxinas ou contidos.

As cuestións e solicitudes referentes á reprodución de calquera elemento deste libro, fóra dos límites anteriormente expostos, deben dirixirse ao Departamento Editorial de Oxford University Press España, S.A

ISBN: 978-84-673-5672-4

tExtO Fuco Paz Souto e José Javier Pintor Elizalde

COOrDINACIÓN DO prOxECtO EDItOrIAlMari Cruz Delgado Almansa

EDICIÓNBrubim Ediciones

COOrDINACIÓN GráfICAPurificación Fernández López

DEsEñOAna María Sánchez Baptiste Santiago Mosquera Mejía

mAqUEtACIÓNPila Iglesias

IlUstrACIÓNMiguel Ordóñez

DOCUmENtACIÓN GráfICABelén Santiago Fondón Ángel Somolinos Estévez