20
CADERNOS DE TEATRO Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro Ano 2015 “O gran milagre do teatro é que un día determinado, a unha hora determinada, cen ou oitocentas persoas, que non se coñecen entre si, que non se puxeron de acordo, que quizais non se volverán ver nunca máis, coincidan nun espazo único para sentarse, deter as súas vidas e deixar que uns señores que se chaman actores a enchan cunha hora e media de historias e soños” (José María Pou) O noso Edipo Rei chega a Verín Como cada ano, a profesora Virxinia Calviño coordinou a actividade de monólogos teatrais para o Día da Muller O musical Os Miserables, do IES Taboada Chivite, chegou ao noso centro e as paredes enchéronse con letras das súas cancións Máscaras para Edipo Rei, confec- cionadas polo alumnado baixo a coordi- nación do profesor Víctor Rodríguez Os tres grupos de teatro do IES Ribeira do Louro conclúen con éxito a montaxe de Edipo Rei (Sófocles), Criaturas (Roberto Vidal Bolaño) e O Rei Nu (Quico Cadaval e Cándido Pazó), e levan as súas obras fóra do centro A última tempada teatral do noso instituto pechouse moi satisfactoriamente coa posta en escena destas pezas, cuxos autores son auténticos xenios da literatura dramática. Ademais, a colaboración con outros centros educativos, nomeadamente o IES Taboada Chivite, de Verín, permi- tiunos compartir a nosa proposta co alumnado ourensán e, ao mesmo tempo, gozar no noso instituto do extraordinario musical Os Miserables, dirixido polo profesor David Rodríguez Rivada, nunha montaxe na que participaron máis de 70 rapaces e rapazas. Non debemos esquecer tam- pouco que, como cada 8 de marzo, as nosas alumnas conmemoraron con monólogos teatrais o Día Internacional da Muller Representación de Edipo Rei no IES Taboada Chivite (Verín). O profesorado deste centro educativo sorprendeunos cun agasallo: un fermoso decorado cunha escolma de retrincos da traxedia grega na lingua orixinal Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño. A obra tamén foi representada no Centro de Día de Torneiros (O Porriño) O Rei Nu, de Quico Cadaval e Cándido Pazó

Cadernos de teatro 2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Publicación do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro

Citation preview

Page 1: Cadernos de teatro 2015

C A D E R N O S D E T E AT R OE q u i p o d e D i n a m i z a c i ó n L i n g ü í s t i c a d o I E S R i b e i r a d o L o u r o A n o 2 0 1 5

“O gran milagre do teatro é que un día determinado, a unha hora determinada, cen ou oitocentas persoas, que non se coñecen entre si, que non se puxeron de acordo, que quizais

non se volverán ver nunca máis, coincidan nun espazo único para sentarse, deter as súas vidas e deixar que uns señores que se chaman actores a enchan cunha hora e media de

historias e soños” (José María Pou)

O noso Edipo Rei chega a Verín

Como cada ano, a profesora Virxinia Calviño coordinoua actividade de monólogos teatrais para o Día da Muller

O musical Os Miserables, do IES Taboada Chivite, chegou aonoso centro e as paredes enchéronse con letras das súas cancións

Máscaras para Edipo Rei, confec-cionadas polo alumnado baixo a coordi-nación do profesor Víctor Rodríguez

Os tres grupos de teatro do IES Ribeira do Louro conclúen con éxito a montaxe de Edipo Rei (Sófocles), Criaturas(Roberto Vidal Bolaño) e O Rei Nu (Quico Cadaval e Cándido Pazó), e levan as súas obras fóra do centro

A última tempada teatral do noso instituto pechouse moi satisfactoriamente coa posta en escena destas pezas, cuxos autores son auténticosxenios da literatura dramática. Ademais, a colaboración con outros centros educativos, nomeadamente o IES Taboada Chivite, de Verín, permi-tiunos compartir a nosa proposta co alumnado ourensán e, ao mesmo tempo, gozar no noso instituto do extraordinario musical Os Miserables,dirixido polo profesor David Rodríguez Rivada, nunha montaxe na que participaron máis de 70 rapaces e rapazas. Non debemos esquecer tam-pouco que, como cada 8 de marzo, as nosas alumnas conmemoraron con monólogos teatrais o Día Internacional da Muller

Representación de Edipo Rei no IES Taboada Chivite (Verín). O profesoradodeste centro educativo sorprendeunos cun agasallo: un fermoso decorado

cunha escolma de retrincos da traxedia grega na lingua orixinal

Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño. A obra tamén foirepresentada no Centro de Día de Torneiros (O Porriño)

O Rei Nu, de Quico Cadaval e Cándido Pazó

Page 2: Cadernos de teatro 2015

Representación dun retrinco de Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño

O mito de Frankenstein trasládase á sociedade actual

TEXTO(Ao medrar a luz medra con ela afigura daquel monstro feito de ana-cos doutros ideado por MaryShelley e ao que dotara de vida asoberbia do doutor Frankenstein. ACRlATURA, tenra e repulsiva a untempo, tal que a interpretada porBoris Karloff para o cine nos clási-cos de James Whale, érguese peno-samente do chan cun corazónensanguentado latexando aíndaentre as mans. Adivíñase entre anéboa, sobre a nudez do chan, ocorpo sen vida dunha muller, caseunha nena).

CRlATURA: Nunca entendereipor que me tiñas máis medo amindo que ao común da xente.A miña monstruosidadenon é senón o reflexoda que aniña en vós.En ti,en todos.Pero eu non son real.Son unha ficción.Non existo.Vós si. (...)

O DA CARTElRA: Perdoe queinterrompa así tan emotivo soli-loquio, pero non puiden evitaroílo e deixarme traspasar por unfugaz estremecemento. Poucacousa, non se preocupe. Ao con-

trario. Teño a tensión baixa ecerta tendencia a que se me dis-paren os triglicéridos. As emo-cións fortes convéñenme.Impórtalle que lle roube unssegundiños?

CRIATURA: Importa.Gustaríame estar só.

O DA CARTElRA: E pensa queeu non? A soidade é o estadonatural do home moderno.Estamos abocados a ela. É onoso sino. O único espazo quenos queda onde facer por reco-ñecernos. Recoñecerse a simesmo é fundamental hoxe endía. Pero para facelo hai quesaber mirarse nos outros. Quelle suxire o nome de Nietzsche?Non mo diga! Coñezo a respos-ta. Pouca cousa, non si? Ou nin-gunha. O relembro difuso dunson, dunha melodía, dunhasletras postas unha a carón daoutra que presente ter escoitadoa miúdo, Nietzsche por aquí,Nietzsche por alá, pero das queo ignora todo. Equivócome?

CRIATURA: Non.

O DA CARTElRA: E non lleparece terrible?

CRIATURA: Por que habíaparecermo?

O DA CARTElRA: Porque o é!Coñecelo tíñalle servido demoito nun transo como o quehoxe atravesa. Non sufriría nina metade do que está sufrindo.

CRIATURA: E iso?

O DA CARTElRA: Non o sabe?El foi o que dixo que o cons-ciente e o inconsciente, o cotiáne o descoñecido, o espectador eo seu dobre, eran elementosopostos e non obstante comple-mentarios que mantiñan entre siunha estraña relación de depen-dencia pola que toda forma,todo ser, tiña o seu contrario ouo que é o mesmo, que o apolí-

neo non é senón o anverso dodionisíaco e viceversa. Ou sexa,que é necesario que haxa xentecoma vostede para que a poidahaber coma min. Non sei se meexplico.

CRIATURA: Non moito.

O DA CARTElRA: Non impor-ta! Observo por como me miraque, malia non saber moi ben doque falo, interésalle o que digo.Friedrich Wilhelm Nietzsche foiun dos meirandes pensadores detodos os tempos. Alemán, porsuposto! Como os bos xoguetesou os bos coches.

CRIATURA: Nunca oíra falar del.

O DA CARTElRA: Presentíao!Pero non se culpe. A ignoranciaé unha inxustiza da que non son

responsables as vítimas, senónos verdugos. E os verdugos sonsempre os mesmos. Eles, osoutros. Afortunadamente a natu-reza é sabia abondo e agasallou-nos con ese ben inconmensura-ble e sen prezo que coñecemoscomo "curiosidade". A curiosi-dade é o que nos salva. Vostedea esta altura é preso xa dela ecomo todo home inquieto, peroprudente, estarase a preguntar: Quen é este tipo tan afable? Porque se dirixe a min sen coñecerme?Que quere? Tranquilizareino.Nada. Un pouco de conversa-ción. A apertura dunha parénte-se de diálogo nestes tempos deincomunicación e de silencio.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

Elenco de actores e actrices (por orde de intervención):

Presentadora...................... LUCÍA GUERNER (1º BACH.-A)

Criatura ............................ BRAIS CANITROT (1º BACH.-A) ,

JOSÉ GAYOSO (1º BACH.-A)

O da carteira .................... JUAN VIÉITEZ (1º BACH.-A),

XESÚS LOUREIRO (1º BACH.-A)

Música ............ Tema musical do compositor Patrick Doyle para a película

Frankenstein, de Mary Shelley, dirixida por Kenneth Branagh

Atrezzo (corazón, obras de Nietzsche) ....... Alex Carrera (PCPI Comercio),

Gabriel Freiría (PCPI Comercio), Valeria Rosendo (PCPI

Comercio), Adara Touriñán (PCPI Comercio)

(Coordinación: Pilar Rodríguez)

Vestiario.................................. Familias dos estudantes e Victorino García

(Coordinación: Virxinia Calviño)

Técnicos de escena ................. Alfonso Alonso e Rosa Pereira

Técnico de son ........................ Antonio Méndez

Pano e control musical ............ Saray Fernández e Eliana López

Coordinación .......................... Delio García

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística2 Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño é quizais a figura máis importante do tea-tro galego no último cuarto do século XX. e un dos pioneiros do tea-tro profesional no noso país. El foi dramaturgo, é dicir, escritor deobras de teatro, pero ademais adicouse a todo o resto de facetas queteñen que ver coa creación teatral: foi actor, iluminador, director deescena e produtor. A peza que o noso alumnado representou chámaseCriaturas e foi estreada pola compañía do autor, Teatro do Aquí. No

ano 2000 esta obra recibiu o premio María Casares ao mellor textoorixinal, e tamén o premio Max, que é o máis importante galardón queconceden os profesionais do teatro en España.

Criaturas é unha comedia negra na que o mito de Frankenstein setraslada á sociedade actual. Nela o monstro, a “criatura”, vaise cru-zando con persoas que en moitos aspectos son máis raras ca el e quecarecen de toda ética.

Roberto Vidal Bolaño

(Segue na páx. 4)

Page 3: Cadernos de teatro 2015

A alumna Lucía Guerner presenta a obra deRoberto Vidal Bolaño

Que acontecería se un monstro decidise dar unhavolta entre nós? Unha resposta posible é Criaturas

O retrinco representado comeza cun monólogo reveladore inquedante da criatura (Brais Canitrot): “A miña mons-truosidade non é senón o reflexo da que aniña en vós”

Un extravagante personaxe, O da carteira (JuanViéitez), aparece en escena e interrompe o soliloquio

Ao ver o corazón humano que leva o monstro nasmans, sorpréndenos con estas verbas: “Teño a ten-sión baixa e certa tendencia a que se me disparen ostriglicéridos. As emocións fortes convéñenme”

A criatura non entende nada, pero o da carteira tranqui-lízao: “A ignorancia é unha inxustiza da que non sonresponsables as vítimas, senón os verdugos”

O da carteira inicia entón unha conversa que pretendeser unha lección de filosofía sobre a figura de Nietzsche.E aclara: “Só busco a apertura dunha paréntese de diá-logo nuestes tempos de incomunicación e de silencio”

Criaturas

Pouco importa que a criatura (agora JoséGayoso) confese que non sabe ler, o da cartei-ra (agora Xesús Loureiro) ofrécelle a solución:unha edición complementaria audiovisual

Mais non tarda en desvelarse o misterio, o home é un vendedor: “Temos toda a obra completa deNietzsche (Así falou Zaratustra, ...). En edición rústica ou de luxo. E a un prezo especial, por tratarse devostede. Doce tomos encadernados en pel que serán a xoia da súa sala de estar ou da súa biblioteca”

E aínda hai máis: “Temos tamén as obras com-pletas de Mozart e a Enciclopedia Británica,outra sinfonía da erudición e do saber”

O home chega a apelar ás emocións: “Só me faltantres coleccións por vender para cubrir o cupo do tri-mestre. E a min tampouco me van as cousas dema-siado ben. Claro que o meu é peor. Teño fillos”.

O vendedor presiona para que asine o contrato:(CRIATURA): os meus dedos están enzoufados ensangue. (O DA CARTEIRA): Mellor, aforramos tinta.

A peza está chea de magníficos diálogos: CRIATURA: Este corazón tiña dono: unha muller, e ben fer-mosa, por certo. Arrinqueillo para tela sempre comigo .O DA CARTElRA: Debía querela moito. Hai que querermoito para facer algo así.

3Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

Page 4: Cadernos de teatro 2015

(Vén da páx. 2)

Verá, o pensamento é o caldo enque se coce a dúbida e a dúbidaé o único camiño para chegar áverdade. E que é o verdadeiro?

CRIATURA: E quen o sabe?

O DA CARTElRA: Ninguén!Nin hai por que! Non hai res-posta! Non debe habela. Oimportante é a dúbida. A necesi-dade mesma da pregunta.Preguntarse, esa é a cuestión.Na filosofía, e moi en especialna de Nietzsche, reside todo oque é necesario saber para queesa maquinaria pluscuamperfec-ta que é o home se manteña apunto. Ignorala é como ignoraras leis da física ou as do motorde explosión. Sabe a que mededicaba eu antes?

CRIATURA: E como o heisaber? Acabamos de coñecernos.

O DA CARTElRA: Era camio-neiro! Un oficio escravo ondeos haxa, créame. ¿Como pensaque tería sido a miña vida estra-da adiante se ignorase os funda-mentos do motor diésel? O pen-samento filosófico é o motor danosa existencia. Nada anda senel, nada se move. Para controlarese movemento, para saber caraa onde dirixilo, cara a onde ir,hai que coñecer a fondo o motorque nos propulsa, que nos leva.E un deses motores é FriedrichWilhelm Nietzsche. E vostededirá: A que vén todo isto? A

onde conduce semellante prédi-ca? Moi sinxelo! Mire! (Extraeda carteira unha manchea delibros e vainas apiñando.) Aorixe da traxedia, Así falouZaratustra, Consideraciónsintempestivas, Máis alá do bene do mal, A xenealoxía damoral, O crepúsculo dos ídolos,etcétera, etcétera. Toda a obracompleta. En edición rústica oude luxo. E a un prezo especial,por tratarse de vostede. Docetomos encadernados en pel queserán a xoia da súa sala deestar ou da súa biblioteca. Encómodos prazos e con compro-miso de devolución se non é doseu agrado. O que ás veces oco-rre. Non todo o mundo comungacoas ideas e o pensamento deNietzsche. E de regalo, un prác-tico estante para os acomodaronde quixer, un televisor encolor e unha vaixela de sesentae dúas pezas fileteada en ourode trinta quilates con reprodu-cións da firma do sen par filóso-fo no anverso.

CRIATURA: Non sei ler.

O DA CARTElRA: Temos asolución a ese problema. Aíndaque oficialmente xa está esgota-da, estou en condicións de lleofrecer, sen que saia de aquí, esen apenas incremento noprezo, unha edición comple-mentaria en casete, vídeo, com-pacto ou CD ROM, a escoller,coas mesmas profusas ilustra-cións a todo color que no libropero ademais dixitalizadas e enmovemento. Nunca é o mesmoimaxinar a voz dun autor queescoitala en vivo e en directo.No Así falou Zaratustra é o pro-pio Zaratustra quen fala. Unluxo do saber e do dicir, podecrerme. Pura música. Por certo,e falando de música, taméntemos as obras completas deMozart e a EnciclopediaBritánica, outra sinfonía da eru-dición e do saber. Poñereillotodo. Non se arrepentirá, créa-

me. Como dixo que sechamaba?

CRIATURA: Non llodixen.

O DA CARTElRA: Xamo dirá! Non hai présa.Mentres tanto váiamedando o seu número deDNI e o enderezo.

CRIATURA: Non teño.

O DA CARTElRA: Nonten que? Enderezo?

CRIATURA: Ningunha desascousas que pide.

O DA CARTEIRA:Inventarémolas! Ten preferen-cia por algún nome en concreto?Que lle parece Rufino? RufinoSantalices Mateos, con DNI33.728.415 e domicilio ... poña-mos que aquí mesmo.

CRIATURA: Non teño cartos.Nin sei como obtelos. Nuncapodería pagarlle.

O DA CARTEIRA: Nin ten porque! Moi poucos o fan. Téñaosata que llos retiren. Daralletempo a lelos. Para cando o

fagan, eu xa cobrei a comisión eresolvín o mes.

CRIATURA: Non podo.

O DA CARTEIRA: Veña, meuamigo! Non irá volverse atrásagora? Os desfavorecidos polafortuna temos que axudarnos.Se non o facemos nós, ninguéno vai facer. Só me faltan trescoleccións por vender paracubrir o cupo do trimestre. E amin tampouco me van as cousasdemasiado ben. Claro que omeu é peor. Teño fillos. Vostedetamén?

CRIATURA: Non. E gustaría-me. Non me afago a vagar só.

O DA CARTEIRA: Iso explica asúa indiferenza diante da desgrazaallea! Sen fillos non se entendenada. Tense unha visión parcial douniverso. Os fillos son o sal da vida,

pero comen e van á escola e pidencousas: chocolate, xeados, golosi-nas, pizzas, pans de allo e, o que épeor, ás veces enferman. Eu teñocinco. Dous da primeira muller etres da segunda. O maior tivomeninxite e é coma un vexetal. E osoutros ... Pero non quero que sedeixe influenciar pola miña situa-ción familiar. Cadaquén ten a súa ea de vostede non parece envexable,precisamente. Non quero a súacompaixón! A de ninguén! Queroque firme aquí por convencemento.Porque sabe que xa non poderíavivir sen coñecer a fondo a obra deNietzsche. Sen compromiso. E nonse preocupe polo dos pagos. Xamiraremos como arranxar iso.

CRIATURA: Non sei escribir.

O DA CARTElRA: Eu tampouco.Ou apenas. Hai outras maneiras desubscribir contratos de compravenda. Témolo todo previsto. Mire!Levo tampón! Poña o dedo e asuntoresolto.

CRIATURA: Cal deles?

O DA CARTEIRA: Un calquera.O que máis rabia lle dea.

CRIATURA: Están enzoufadosen sangue.

O DA CARTEIRA: Mellor.Aforramos tinta. (Ollando para ocorazón.) Perdoe que me meta noque non me importa, pero xa nonlatexa.

CRIATURA: Que?

O DA CARTElRA: O corazón,que xa non latexa.

CRIATURA: O pobre levademasiado tempo en seco.

O DA CARTElRA: Parecía unbo corazón.

CRIATURA: Érao.

O DA CARTElRA: Tiña dono?

CRIATURA: Tiña. Unha muller. Eben fermosa, por certo. Arrinqueillopara tela sempre comigo .

O DA CARTElRA: Debía querelamoito. Hai que querer moito parafacer algo así.

CRIATURA: Queríaa máis doque a nada no mundo.

O DA CARTElRA: Eu, de vostede,meteríao canto antes na neveira. Osmiúdos son o que primeiro podrece.E noraboa! Acaba de facer unhacompra excelente.

CRIATURA: Grazas.

O DA CARTElRA: Boas tardes!

CRIATURA: Boas!

O DA CARTElRA vaise e muda a luz

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística4 Roberto Vidal Bolaño

Elenco de Criaturas (de esquerda a dereita):Brais Canitrot, José Gayoso, Lucía Guerner,

Xesús Loureiro e Juan Viéitez

As obras completas do autor foroneditadas por Edicións Positivasnunha publicación imprescindible

Fotografía que serviu como cartel anunciador da nosa versión

Intre da representación no Centro de Día deTorneiros, onde fomos convidados a actuar

Page 5: Cadernos de teatro 2015

Edipo Rei, a traxedia perfecta segundo Aristóteles

Despois de varios meses de ensaios, o noso alumnado representa unha das grandesobras da literatura universal e leva a súa montaxe ao IES Taboada Chivite, en Verín

Sófocles (496 a. C - 406 a. C)foi un dos máis grandes crea-dores teatrais da AntigaGrecia. Viviu en Atenas e delconservamos completas setetraxedias, aínda que sabemosque escribiu moitas máis.Lembremos que nesta épocahai tres grandes autores detraxedias: Esquilo, Sófocles emais Eurípides. Pois ben,para moitos Edipo Rei é aobra mestra de Sófocles,entre eles, Aristóteles, que aanaliza na súa obra tituladaPoética.

Unha traxedia clásica éunha obra dramática na quese utiliza unha linguaxesolemne e elevada, na queparticipan personaxes de altacondición social e que remataco sacrificio dalgúns deles (o exilio, a morte, a cegueira). Nela todosos personaxes levan máscara, incluído o coro, que é un personaxecolectivo que representa o pobo. Nesta obra cúmprense á perfecciónas tres unidades aristotélicas: unidade de tempo (todo pasa nun día),unidade de lugar (todo se desenvolve nun lugar único, neste caso, as

escalinatas do pazo real) e uni-dade de acción (só se desen-volve un conflito, neste casocoñecer a causa dos problemasda cidade e atopar o responsa-ble dun asasinato).

Hai dous temas centraisna obra que nos gustaríasalientar: en primeiro lugar, aforza do destino: por moitoque nos esforcemos na vida,hai elementos que non pode-mos controlar. Por iso, aíndaque nos acontezan fenómenosadversos, non nos atormente-mos demasiado; como asegurao dito popular: “O que está deser, será”.

O segundo dos temasposúe unha extraordinariaactualidade nestes tempos decorrupción política e econó-

mica, e é a búsqueda da verdade por parte do gobernante a pesar dosriscos que para el iso poida supor. Edipo é o paradigma de gobernan-te honesto que inicia unha investigación sen volta atrás para descubriro responsable dun crime. Isto vaille acarrexar consecuencias funestas,pero a cambio, a comunidade na que vive pódese salvar.

Todos os personaxes da traxedia grega levaban máscara, e o profesor do Departamentode Plástica Víctor Rodríguez dirixiu un grupo de estudantes para a súa confección.Tomáronse como modelos de referencia as máscaras elaboradas na versión do director eactor británico sir Tyrone Guthrie, Oedipus rex, de 1957

TEXTO

(A escena é en Tebas, perante opazo de Edipo. Diante das portas,un altar, e nas súas bancadas axeón-llanse os tebanos con pólas deoliveira. No medio deles, un sacer-dote ancián. Entra Edipo).

EDIPO: Meus fillos, por queestades perante estas bancadascoroados de pólas suplicantes?Chea está a cidade do fume doincenso; chea ao mesmo tempo dexemidos e cantos fúnebres (Ao sa-cerdote) Ancián, explícate pois cadraá túa idade falar no nome de todos.Por que esta actitude? Tedes algúntemor? Alimentades algún desexo?

O SACERDOTE: Ouh, Edipo,soberano do meu país! Fíxate comopersoas de idades tan diversas esta-mos reunidas ao redor dous teusaltares; uns aínda sen forzas paravoar lonxe, outros a quen llelo impi-de o peso dos anos. Tes diante sa-cerdotes, como eu o son de Zeus, econtemplas a estes, a flor da moci-dade; o resto do pobo, coroados depólas, séntase na praza pública. Eiso porque a cidade se afunde e non

é quen de subir das profundidades eda sanguiñenta marusía.Consómese polos xérmolos da terraque non agroman, polo gando quese bota a perder, polos partos infe-cundos das mulleres. Candochegaches á cidade, libertáchesnosdo tributo que pagabamos á cantoracruel, a Esfinxe, e endereitaches anosa vida. Agora, ti, Edipo, o máissabio dos homes, volve salvar onoso pobo. Se tes que gobernar estaterra como a gobernas, mellor éfacelo sobre homes que sobre asoidade. De nada serve unha for-taleza, de nada un navío, se aninguén dan abrigo.EDIPO: Meus fillos, ben o sei, bencoñezo o que me vides pedir epuxen en práctica o único remedioque atopei: enviei o meu cuñadoCreonte ao santuario de Apolo, enDelfos, co gallo de que me informesobre que debo facer ou dicir parasalvar a cidade. Mais cando pensono que se enreda alá, o meu corazóninquiétase.SACERDOTE: Moi ben. Fanmeacenos agora mesmo de queCreonte se achega.

EDIPO: Príncipe, meu cuñado, fillode Meneceo, que resposta nos traesde parte do deus?

CREONTE: Resposta favorable,porque aínda as cousas adversaspoden volverse felices. O soberanoApolo, claramente, ordénanos a nósque limpemos esta terra dunha man-cha e non deixemos que se espalle.

EDIPO: Mediante que purificación?Que clase de mancha?

CREONTE: Tiñamos aquí,príncipe, un rei, o rei Laio, antes deque ti gobernases este país.

EDIPO: Oíno dicir, pero endexa-mais o vin.

CREONTE: Foi asasinado e agora odeus manda que castiguemos osasasinos, sexan quen foren.

EDIPO: E onde se encontran? Ondese poden atopar as pegadas dunantigo crime?

CREONTE: Neste país, dixo. O quese busca, atópase. O que se descoi-da, esváesenos.

EDIPO: (Cavilando) Terá sidoasasinado Laio no seu pazo ou nocampo ou nunha terra estraña?

CREONTE: Foi consultar o orácu-lo, segundo nos dixo; e tendo par-tido, non voltou endexamais.EDIPO: Ningún mensaxeiro ouacompañante viu algo nos puideseservir para esclarecer o suceso?CREONTE: Todos morreronmenos un só que, cheo de terror,fuxiu, e do que viu nada puido re-velar, agás unha cousa.

EDIPO: Que cousa?CREONTE: Dixo que atopou nonun, senón unha morea de ladrónsque o asaltaron e lle deron morte.

EDIPO: (Matinando) Como poderíacometer o ladrón unha acción tanousada se dende aquí non fora su-bornado con diñeiro. O que asasi-nou a Laio quererá matarme a mintamén coa mesma man. Acudindona súa axuda, a min mesmo me pro-texo. Veña, meus fillos, levantáde-vos desas bancadas. Erguede aspólas suplicantes. Vou descubrilotodo e, ou nos salvaremos coaaxuda do deus, ou finaremos.O CORO: A ti invócote primeiro,filla de Zeus, inmortal Atenea, e a

Edipo Rei 5Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

(Segue na páx. 6)

Page 6: Cadernos de teatro 2015

que percorre este país, a túa irmáÁrtemis, que ten o seu asento nunglorioso trono nesta praza circular;e a Febo, o que lanza as súas frechasa distancia. Vinde, vinde os tres ame socorrer. Se algunha vez, paraafastar a peste que desmaba acidade noutro tempo, extinguistes aestraña febre da desgraza, vindeagora tamén.

EDIPO: Escoitei as túas suplicas eiso que pides, protección e alivioaos teus amarguexos, obteralos sendúbida se fas tenido ás miñas pa-labras e procedes como as circun-stancias o esixen. Fago tebanos estasolemne declaración a todos vós:quenquera de vós que saiba quenmatou a Laio, fillo de Lábdaco,ordénolle que mo descubra todo.Aínda que tema por si, que fale, quese denuncie a si mesmo: non sufriráoutro castigo que marchar ileso aodesterro. E se alguén coñece o autordo feito, que non o cale: eupagareille unha recompensa e teráademais a miña gratitude. Pero seocultades o caso, escoitade ben oque hei facer: prohibo que ningúnhabitante desta terra que goberno erexo o reciba, sexa quen for, nin lledirixa a palabra, nin lle permita aso-ciarse nas pregarias dos deuses.Que o afasten todos das súas casas,pois é un ser impuro. (Pausa) Agoravou combater en defensa de Laio,coma se fose meu pai; xa que teño ogoberno que antes tivo el, xa queestou casado coa muller que foi súa,farei canto sexa posible por atopar oseu homicida.

CORIFEO: Xa que me incluíchesnas túas imprecacións, ouhpríncipe, debo falarche así: nin omatei nin podo sinalarche o homici-da. Febo, que nos ordenou a inves-tigación, é o que debería dicir quencometeu ese crime.

EDIPO: Verdade é o que expresas,mais non está no poder do homeobrigar aos deuses contra a súa von-tade.

CORIFEO: Despois do dito euengadiría unha segunda reflexión.

EDIPO: Non te absteñas de expre-sala, e ata unha terceira se a tes.

CORIFEO: Coñezo un príncipe devisión tan clara coma o príncipeFebo. É Tiresias. Interrogándoo,poderiamos saber seguramente oque aconteceu.

EDIPO: Pois nin sequera isodescoidei. Por consello de Creonteenvieille dous mensaxeiros. Éestraño que non chegase aínda.

CORIFEO: Pois aquí está o que vaidescubrilo. Aquí conducen ao divi-no vate, o único entre os homes queposúe a verdade.(Entra Tiresias, ancián e cego, conducidopolos dous mensaxeiros de Edipo) EDIPO: Tiresias, ti que sabes inter-pretar todas as cousas, os signos doceo e os da terra, ti que sabes, aíndaque privado da vista, as

calamidades que aflixen a cidade,non nos ocultes calquera recursoadiviñatorio que posúas para poderprotexela.

TIRESIAS: Que cousa tan funesta ésaber algo cando non podeaproveitarnos.

EDIPO: Que tes?

TIRESIAS: Déixame volver para acasa, faime caso, será mellor paraos dous.

EDIPO: No nome dos deuses, nonnos abandones.

TIRESIAS: Endexamais revelareias miñas desgrazas nin menos aíndaas túas.

EDIPO: Como? Sábelo e non falas?Intentas traizoarnos e deixar que acidade sucumba?

TIRESIAS: Non quero facerchesufrir nin quero sufrir eu. Por quepreguntas en van? Nada saberás demin.

EDIPO: Ti, o máis perverso entre osperversos. Ti habías irritar ata uncorazón de pedra. Non vas falar?

TIRESIAS: Repróchasme a indig-nación que che causo e non ves aque causarás ti mesmo.

EDIPO: Quen non vai asañarseouvindo as palabras coas quedesprezas a Tebas?

TIRESIAS: Xa aparecerá o quedesexas saber, a pesar do meu silencio.

EDIPO: Pois é preciso que me digasiso que ha de vir.

TIRESIAS: Xa non vou dicir máis.

EDIPO: Pois ben, é tal a miña ca-rraxe que non calarei nada do queimaxino. Ti tramaches o crimeaínda que non o executaras coastúas mans.

TIRESIAS: Que dis? Pois agoramesmo pídoche que cumpras oedicto que ti mesmo promulgaches,e que dende hoxe non dirixas a pa-labra a estes nin a min, porque ti eso criminal impuro que aldraxa aterra.

EDIPO: Fáltache tanto a vergoñacomo para lanzarme semellanteinsulto?

TIRESIAS: Xa que me obrigaches afalar contra a miña vontade, afirmoque ti es o asasino que buscas.

EDIPO: Non repetirás esa calumniaimpunemente.

TIRESIAS: Pois direi máis: ti, sensospeitalo, vives en vergoñentaunión coas persoas que che sonqueridas.

EDIPO: Ti es cego dos ollos, dosoídos e do entendemento.

TIRESIAS: Malpocado! Lánzasmeos insultos que todos sen excepciónse van precipitar sobre ti.

EDIPO: Ou túas ou de Creonte sonestas invencións.

TIRESIAS: Creonte non che fixomal ningún. Ti mesmo o fixeches.

EDIPO: Tratas de botarme do poderpensando ocupar un posto á beirado trono de Creonte. Vaiche custarcaro o mesmo a ti ca ao teu cóm-plice. Se non te vise tan vello, o castigofaríache recoñecer a túa traizón.

CORIFEO: Coido que as verbas deTiresias son inspiradas pola carraxe,o mesmo, Edipo, ca as túas. Peronon é iso o que precisamos, senónbuscar a mellor maneira de cumpriro oráculo do deus.

TIRESIAS: Por máis que ti sexasrei, vouche responder de igual aigual. Teño ese dereito. Servo teunon son senón de Loxias, polo quenon preciso o padroado de Creonte.Xa que me insultaches pola miña

cegueira, dígoche que tendo osollos abertos á luz, ti non ves osmales nos que estás, nin onde vives,nin con quen cohabitas.

EDIPO: Pódese tolerar ouvirlle isto.Veña, fuxe do medio, marcha para atúa casa e non veñas máis.

TIRESIAS: Marcho dicindo aquilopara o que fun chamado aquí.Declároche que o home que buscashai tempo mediante ameazas e ban-dos polo asasinato de Laio, esehome está aquí. Ten vista e serácego, é rico e trocarase en mendigo;e desterrado e cego, un caxato con-ducirá os seus pasos por terraestraña.

(Segue na páx. 8)

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

Elenco (por orde de intervención):

Presentadora ........... PAULA PAMPILLÓN (1º BACH.-B)

Coro ........................ IVONNE RODRÍGUEZ (1ºBACH.-B), LUCÍA PEREIRA

(1ºBACH.-B), PAULA PAMPILLÓN (1ºBACH.-B), MARTINA QUINTEIRO

(1ºBACH.-B), SUSANA PORTELA (1ºBAC-B)

Edipo ...................... SOFIÁN BAHINI (1º BACH.-B), SARAI CAMPO

(1º BACH.-B), JESÚS IGLESIAS (1º BACH.-B), MODESTO IGLESIAS

(1º BACH.-B), MARÍA TRONCOSO (1º BACH.-B), MONTSERRAT

GONZÁLEZ (1º BACH.-A), SANDRA VAZ (1º BACH.-A )

Sacerdote .......... MARTA ALONSO, MARÍA TRONCOSO (1º BACH-B)

Creonte .................. HUMBERTO RAMÍREZ (1ºBACH.-B), ANXO VEIGA

(1ºBACH.-B), MOISÉS ENRÍQUEZ (2º BACH.)

Corifeo ......... IVONNE RODRÍGUEZ (1ºBAC-B), LUCÍA PEREIRA (1ºBAC.-B)

Tiresias ......... NEREA FERNÁNDEZ (1º BACH.-B)

Iocasta .......... YAIZA GONZÁLEZ (1º BACH.-B), NEREA DÁVILA (1º BACH.-A)

Mensaxeiro ........... ELIANA LÓPEZ (1º BACH.-A)

Criado (pastor) ...... SARAY FERNÁNDEZ (1º BACH.-A)

Servente ................ MARTINA QUINTEIRO (1º BACH.-B)

fillas de Edipo e Iocasta ...... Antígona, Ismena

Música .................................. Réquiem alemán, de Johannes Brahms

Confección das máscaras .... Alumnado de 3º ESO-A, 3º ESO-B e 3º ESO-C,

e mais Elba Baliñas (1º ESO-A), Ángela B. Estévez (1º ESO-A), Laura Nogueiras

(1º ESO-A), Yasmín Bahini (1º ESO-B), Tiffany Teixeira (1º ESO-B), Andrea Argibay

(1º ESO-B), María Pérez (1º ESO-B), Iria Pazos (1º ESO-B), Nicolás Álvarez (1º ESO-

C), Nerea Cal (1º ESO-C), Alba Carrera (1º ESO-C), Diego Cardoso (1º ESO-C), Tania

Expósito (1º ESO-C), Lara Fernández (1º ESO-C), Ghizlane Rizki (1º ESO-C), María

Domínguez (1º ESO-C), Sara Bastos (3º ESO-A), Rita Lafuente (3º ESO-A), Anair

Martínez (3º ESO-A), Bianca Martínez (3º ESO-A), Tania Sousa (3º ESO-A)

(Coordinación: Víctor Rodríguez)

Vestiario ................... Don Disfraz, Disfrazzes, familias dos estudantes

e Luis Fernández (caxato para Tiresias)

(Coordinación: Virxinia Calviño)

Pano e control musical ............................ Elisabeth Luis, Gustavo Pérez

Coordinación e adaptación do texto ..................... Delio García

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística6 Sófocles

Page 7: Cadernos de teatro 2015

Edipo Rei

A presentadora (Paula Pampillón)fálanos da obra e mais das carac-terísticas da traxedia grega

O coro (que representa o pobo) pídelle ao rei Edipo que fagaalgo para librar a cidade de Tebas dunha terrible peste quea asolaga. Para este intre inspirámonos na versión do grupode teatro clásico Phersu (Universidad de Cádiz)

O sacerdote (María Troncoso): “Se tes que gobernar estaterra como a gobernas, mellor é facelo sobre homes quesobre a soidade. De nada serve unha fortaleza, de nada unnavío, se a ninguén dan abrigo”.

Edipo acepta o reto de descubrir o culpable do crimee anuncia a apertura dunha investigación

O primeiro en ser interrogado é o cego e adiviño Tiresias(Nerea Fernández), pero non quere falar: “Que cousa tanfunesta é saber algo cando non pode aproveitarnos!”

Mais, presionado por Edipo (Sarai Campo), afirmaalgo terrible: “Ti es o asasino que buscas”

7Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

Edipo (Sofián Bahini) responde que enviou ao seucuñado Creonte a consultar co oráculo de Delfos,para que o deus Apolo lles diga o que poden facer

Creonte (Humberto Ramírez) chega coa resposta: apeste rematará cando se castigue aos asasinos doanterior rei da cidade, Laio

Edipo monta en carraxe e acúsao de querer destrona-lo, xunto co seu cómplice Creonte, quen lle recomen-dara consultar con el. Entre Edipo e Tiresias vemos oCorifeo (Ivonne Rodríguez)

Chega Creonte (Moisés Enríquez) e deféndese:“Que non goce eu de ningún pracer e que morracheo de maldicións se fixen algo do que me acusas”

Edipo (Modesto Iglesias) reafírmase acusándoo deconspirador, pero entra Iocasta, e intenta pór un

pouco de paz entre os dous

Iocasta (Yaiza González), a muller de Edipo, dille quenon faga caso de oráculos e adiviños: unha vez o orá-culo predicira que o seu anterior marido, Laio, seríamorto por un fillo que tería dela, pero a el matáronouns bandidos estranxeiros nunha encrucillada de trescamiños. O seu fillo non puido matalo porque, ao nacer,entregoullo a un criado e pastor para que o levase aomonte e lle dese morte

Cando Edipo (María Troncoso) escoita asverbas de Iocasta, preocúpase aínda máis

Edipo (Montserrat González) cóntalle que el matou aalguén que non coñecía nunha encrucillada de tres camiños.

Page 8: Cadernos de teatro 2015

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística8 Sófocles

Descubrirase que el é a un tempo paie irmán dos seus fillos, fillo e esposoda muller que lle deu vida. Entra noteu pazo, cavila sobre todo isto, e seatopas que minto, entón poderásdicir que a adiviñación nada meensina.

CORO: Arrepíos, si, arrepíos suscitao experto augur. Nin nego nin afir-mo a súa ciencia. Ignoro como inter-pretalos.

(Entra Creonte)

CREONTE: Cidadáns, sei que onoso rei Edipo lanza contra minterribles acusacións e por iso, senme poder conter, preséntome diantede vós.

CORIFEO: Pero quizais esa inxuriafoi lanzada pola ira máis ca polareflexión.

CREONTE: Que puido facerlle crerque o vate profetizou mentiras per-suadido polos meus consellos?

CORIFEO: Non o sei. Non analizoas accións dos soberanos. Pero aquísae el mesmo do pazo.

(Entra Edipo)

EDIPO: Que! ... Ti! ... Como te pre-sentas aquí? É tal a túa ousadía quete atreves a vir á miña casa, sendomanifesto que queres arrincarme avida, sendo claro que intentas despo-suírme do meu poder?

CREONTE: Déixame responder ástúas palabras e xulga despois de terescoitado. Vexamos: ti casaches conmiña irmá?

EDIPO: Non é posible negar o quepreguntas.

CREONTE: Gobernas esta terra comesmo poder ca ela?

EDIPO: Eu concédolle canto desexa.

CREONTE: E non mando eu en ter-ceiro lugar o mesmo ca vós os dous?

EDIPO: Si, e é precisamente aí ondeevidencias ser un ruín amigo.

CREONTE: Non che parecerá así seexaminas o seguinte: pensas que haiquen prefira gobernar cheo de temo-res a durmir tranquilo coa mesmasuma de poder? Pola miña parte pre-firo ter o poder real a ser rei. Agoraobteño grazas a ti todo o que desexo.Se fose o soberano tería que facermoitas cousas contra a miña vonta-de. Non me acuses por infundadassospeitas, pois non é xusto tomar senrazón aos malos por honrados, nin áxente de ben por malvados.Repudiar un amigo é para min comorepudiar un a súa propia vida.

CORIFEO: Moi ben falou, maxestade.As présas producen xuízos inseguros.

EDIPO: Cando alguén prodece aatacarme eu debo actuar axiña.

CREONTE: Que queres, entón?Desterrarme do país?

EDIPO: Non! Quero a túa morte,non o teu desterro!

CREONTE: De acordo, pero des-pois de que demostres que motivopodo ter para odiarte.

EDIPO: Ti es unha persoa ruín.

CREONTE: E se estiveses enganado?

EDIPO: Igualmente debes obedecer.

CREONTE: Pero non ao que mandainxustamente.

EDIPO: Ouh cidade, cidade!CREONTE: Eu tamén son parte dacidade, non é só túa.

CORIFEO: Cesade, soberanos.Vexo que moi oportunamente saeIocasta do pazo. Con ela debe arran-xarse pacificamente esta retesía.

(Entra Iocasta)

IOCASTA: Malpocados! Por quesuscitastes esta insensata retesía?

Non sentides vergoña de xerar dis-cordias privadas no medio das gran-des calamidades do país?

CREONTE: Miña irmá, Edipo, o teuhome, ameázame cruelmente.

EDIPO: É certo. Collino tramandounha traizón contra a miña persoa.

CREONTE: Que non goce eu deningún pracer e que morra cheo demaldicións se fixen algo do que meacusas.

IOCASTA: No nome dos deuses,Edipo, presta fe ás súas verbas, pri-meiro por respecto ao xuramentoque acaba de facer, e logo por consi-deración a min e a estes que aquí

están na túa presenza.CORIFEO: Non condenes nin des-honres por sospeitas infundadas aeste amigo que se puxo baixo o pesode sentenza imprecatoria.EDIPO: Debes saber que ao mefacer esta súplica solicitas a miñamorte ou o meu desterro do país.CORIFEO: Non, por Helios, o pri-meiro dos deuses. Morra eu nossuplicios máis terribles, se a ese inten-to na miña conciencia dou abrigo.

EDIPO: Que marche. A túa boca,non a súa, excitou a miña compai-xón. Pero este home serame odiosoonde queira que se atope.

(Creonte sae de escena)

IOCASTA: No nome dos deuses,dime, ouh rei, cal foi a causa desemellante alporizamento.

EDIPO: Pola conspiración que con-tra min tramou.

IOCASTA: Explícate para ver se éxusta a túa acusación.

EDIPO: Creonte di que son o mata-dor de Laio.

IOCASTA: Sábeo por si mesmo ououviuno dicir?

EDIPO: Enviou un ruín adiviño; porsi mesmo non asegura nada.

IOCASTA: Ah, se é así, non te

importes por iso. Escóitame e tenpor certo que ningún mortal sabecousa ningunha da ciencia da adivi-ñación. Brevemente voucho probar.En certa ocasión un oráculo prediciua Laio que o seu destino sería morrera mans dun fillo que tería de min. E,a pesar diso, segundo a voz pública,Laio hai tempo que foi asasinado poruns bandidos estranxeiros nunhaencrucillada de tres camiños. Aoneno, inda ben non pasaran tres díasde nacido, atouno das articulaciónsdos pés e entregouno a mans estra-ñas para que o guindasen a unhamontaña intransitable. Así pois,Apolo non cumpriu a predición: o

fillo de Laio non asasinou o seu pai.

(Edipo queda meditando uns intres)

EDIPO: Ao ouvirche iso, muller,vaga na incerteza a miña alma etreme o meu corazón.

IOCASTA: Que inquedanza teaxita?

EDIPO: Paréceme que che oín queLaio foi asasinado nunha encrucilla-da de tres camiños.

IOCASTA: Así se dixo e se di aínda

EDIPO: E onde aconteceu o caso?

IOCASTA: No país chamado A

Fócide e na encrucillada onde seunen os dous camiños que veñen deDelfos e de Daulia.

EDIPO: E canto tempo transcorreudende aquela?

IOCASTA: Pouco tempo antes deque ti tomases o goberno deste país.

EDIPO: Ouh, Zeus! Que decidichesfacer comigo?

IOCASTA: Que tes, Edipo?

EDIPO: Non me preguntes. Comoera Laio? Que tempo tiña?

IOCASTA: Era alto. Comezaba aencanecer a súa cabeza. A súa feitu-ra non era moi diferente da túa.

EDIPO: Coitado de min! Parece quesen sabelo acabo de lanzar tremen-das maldicións contra min mesmo.

IOCASTA: Que dis?

EDIPO: O meu temor é terrible... Ese viu claro o adiviño? Pero darasmemáis luz se agregas unha sola pala-bra.

IOCASTA: Tamén eu tremo. Peroata onde saiba responderei a todas astúas preguntas.

EDIPO: Viaxaba con modesto séqui-to ou con moitos acompañantescomo home poderoso.

IOCASTA: Eran cinco por todo,entre eles o heraldo. Un só carroconducía a Laio.

EDIPO: Ah, xa todo está claro. Perodime, muller, quen che deu entónestes miudallos.

IOCASTA: Un criado que volveu, oúnico que puido salvarse.

EDIPO: Atópase agora por venturapor aquí?

IOCASTA: Non. Cando veu e te ato-pou no trono, tendo finado Laio,colleume a man e pregoume que omandase ao campo a coidar rabañospara afastar a vista o máis posible dacidade. E eu envieino.

EDIPO: Como poderemos facelovolver aquí canto antes?

IOCASTA: É doado. Pero por que odesexas? Que penas te atormentan?

EDIPO: Non chas vou calar, xa queestou reducido a esta única esperan-za. (Edipo medita un anaco) Meu paié Pólibo, corintio; miña nai, a doriaMérope. Tíñanme alí polo cidadánde máis respecto, ata que aconteceuun caso digno certamente de admira-ción. Nun banquete, un home quebebera moito e estaba bébedo insul-toume dicíndome que eu era fillofinxido de meu pai. Cheo de carraxeapenas puiden conterme durantetodo o día. Ao día seguinte fun bus-car a meu pai e a miña nai e comeceia interrogalos. Eles enfadáronsecontra o autor de tal aldraxe. Eu ale-greime mais a inxuria escocíame esen que meus pais o souberan fun aDelfos, e Apolo non respondeu aspreguntas que fun facerlle, peroanunciou otras desgrazas graves,terribles,

(Segue na páx. 10)

”Se tes que gobernar esta terra, como a gobernas,

mellor é facelo sobre homes ca sobre a soidade.

De nada serve unha fortaleza, de nada un navío,

se a ninguén dan abrigo”

Actores e actrices de Edipo Rei, agora sen máscaras

Page 9: Cadernos de teatro 2015

Dille ademais que fuxira dos seus pais, Pólibo eMérope, reis de Corinto, porque un oráculo vatici-nara que había matar o seu pai e casar coa súa nai

Iocasta (Nerea Dávila) pídelle aos deuses unhasolución propicia: “Todos trememos ao ver asusta-do así a Edipo, coma o piloto dunha nave sen temón”

Chega un Mensaxeiro (Eliana López) de Corinto, paraanunciar que Pólibo morreu, polo que van nomeartamén a Edipo rei daquela cidade

Edipo alégrase ao saber que non tivo nada quever na morte de seu pai, pero vólvese preocuparcando o mensaxeiro lle di que Pólibo non tiña nin-gunha consanguinidade con el, Edipo fora unneno aporfillado, entregado por un pastor

Iocasta comeza a comprender e pídelle a Edipoque non siga investigando sobre o pasado, perocomo el se mantén firme (“Que saia o que teñaque saír!”), decide afastarse

O coro pregunta que está a pasar (no centro: PaulaPampillón, á dereita: Lucía Pereira, á esquerda:Martina Quinteiro)

Chaman ao Pastor e Edipo pregúntalle se écerto que o rei Laio lle entregou o seu fillo, encanto Iocasta o tivo, para que o matase

Edipo Rei 9Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

O pastor (Saray Fernández) di que é certo, pero que lle deupena e o levou ao monte, e acabou entregándollo a outro home(o Mensaxeiro) para que o criara como seu. O Mensaxeiro, ásúa vez, entregoullo aos reis de Corinto, xa que non tiñan fillos.

Xa todo está claro. Edipo (Sandra Vaz) comprendeque non puido fuxir do seu destino e, como profeti-zou o oráculo, acabou matando o seu pai biolóxi-co (Laio) e casando coa súa nai (Iocasta)

O Servente (Martina Quinteiro) cóntalle aosdemais compoñentes do coro algo arrepiante:Iocasta enforcouse e Edipo arrincou os ollos

Edipo pídelle a Creonte, o novo rei de Tebas, que operdoe, que o mande ao desterro e un último desexo:que lle permita tocar por derradeira vez ás súas fillas

Entran as fillas: á dereita, Antígona (YaizaGonzález); no centro, Ismena (María Troncoso)

“Miñas fillas, desexade só que onde vos toque vivir levedesunha existencia máis feliz que a do pai que vos deu o ser”

Derradeira intervención do Corifeo (Ivonne Rodríguez). Detrás, o coro:Martina Quinteiro, Lucía Pereira, Susana Portela, Paula Pampillón

Os nosos actores e actrices saudando aopúblico do IES Taboada Chivite

Page 10: Cadernos de teatro 2015

arrepiantes, dicindo que eu estabadestinado a unirme con miña nai; que presentaría aos ollos dos homesunha execrable descendencia, e quesería o asasino do pai que me enxen-drara. Diante destas predicións,fuxín da terra corintia para non verxamais o cumprimento deste aldra-xantes oráculos. Pois ben, na miñaviaxe cheguei ao sitio onde dis quemorreu o rei. E direiche, muller, averdade completa. Cando na miñamarcha me achegaba ao triple cami-ño, o heraldo e un home tal como tidis, montado nun carro tirado porcabalos de pouca idade, viñeron endirección contraria. O condutor e omesmo vello lanzáronme con vio-lencia do camiño. Eu, cheo de carra-xe, golpeei ao que me apartaba, istoé, ao condutor, e vendo isto o vello,alcánzame no medio da cabeza coseu dobre aguillón. Pero eu, pegán-dolle co caxato que portaba nestaman, fixen que caese do carro bocaarriba. E dei morte a todos. Se esteestranxeiro portenlle algo a Laio,quen será máis desventurado camin? Quen será máis odiado dosdeuses?

CORIFEO: Tamén nós, soberano,estamos cheos de terror; pero ata quea testemuña che aclare os feitos,conserva a esperanza.

EDIPO: Certo. É a esperanza queme resta: agardar por ese home, opastor, por el só?

IOCASTA: Cal é a razón?

EDIPO: El dixo, segundo manifesta-ches hai pouco, que os matadoresforon uns bandidos. Se insiste enque foron varios, non fun eu o mata-dor. Un home só non podería equi-valer a varios; pero se di que foi unsó, é claro entón que a acción meserá imputable.

IOCASTA: Pero así foi como dixo enon pode desdicirse. Escoitouno acidade e non eu soa. E aínda que seafastase algo da súa anterior declara-ción, nunca podería probar que con-forme co oráculo foi morto Laio, xaque Apolo vaticinou que morrería amans dun fillo meu, e meu fillo non

o matou, xa que finara antes.

EDIPO: Ben razoas. Con todo,manda buscar o escravo e non deixesde lado ese asunto.

IOCASTA: Fareino decontado, peroentremos no pazo. (Saen)

CORO: Que sempre me acompañe asantidade augusta en todas as miñaspalabras e nas miñas obras. A sober-bia enxendra o ditador e cando asoberbia acumula imprudencias eexcesos, así que chega ao cume, pre-cipítase nunha sima de horrores quenon teñen saída. Zeus poderoso, se oes realmente, que isto non escape aoteu inmortal poder: as profecíassobre Laio desprézanse, a Apolo xanon se venera en parte ningunha.Vaise extinguindo o culto aos deu-ses.

(Entra Iocasta acompañada demulleres)

IOCASTA: Señores da terra, oco-rréuseme ir aos templos dos deusescon estas coroas e mais estes per-fumes nas mans, porque toda clasede inquedanzas enche a cabeza deEdipo. Dado que nada podo lograrcoas miñas exhortacións, a ti, ApoloLicio, o deus que teño máis próxi-mo, a ti acudo suplicante con estasofrendas votivas para que nos con-cedas unha solución propicia. Todostrememos ao ver asustado así aEdipo, coma o piloto dunha nave sentemón.

(Mentres coloca as ofrendas entraun mensaxeiro)

MENSAXEIRO: Poderiádesmedicir, estranxeiros, onde é o pazo deEdipo? Sobre todo, dicídeme, se osabedes, onde está el.

CORIFEO: Velaquí, estranxeiro, asúa moradía. Dentro atópase o rei.Esta muller é a nai, a nai dos seus fillos.

MENSAXEIRO: Feliz sexa ela, aexcelente esposa súa.

IOCASTA: O mesmo che desexo,hóspede. Merécelo polas túas afa-bles palabras. Pero dime por queviñeches e que queres anunciar.

(Segue na páx. 16)

Un magnífico grupo de alumnos de2º de Bacharelato do IES Ribeira doLouro (O Porriño), capitaneadospor Delio, Virginia e Patricia, dei-xounos onte marabillados coa súafermosa versión de "Edipo, rei", deSófocles.Algúns dos nosos alumnos puiderongozar co seu talento, dedicación eCORAXE.

Talento, o que precisa-ron para memorizar un texto tandifícil, tan fermoso e tan esixentecomo o que adaptaron, traduciron einterpretaron en galego. Talento, oque amosaron ó dar vida a tantospersonaxes, seres tráxicos con tantaprofundidade e con tal carga emoti-va que algúns dos nosos alumnosnon terminaron de comprender asúa proposta. Talento, o que derro-chou ese fabuloso coro grego, reci-tando ó unísono, sen mirarse, dememoria, as súas magníficas refle-xións.

Dedicación, a que nosdemostraron ó ter coidado ata omínimo detalle: o altar, as ramiñasdo coro, as túnicas, esas preciosasmáscaras que traballaron con Víctor(profe de plástica e amigo, un gran-de docente). Dedicación, a que énecesaria para vir dende O Porriñoata Verín para representar un clásicocomo este ante un público descoñe-cido a 150 km da túa casa.Dedicación, a que se precisa paracompartir nervios, agobios, présas,horas e horas de ensaios, viaxes costeus compañeiros de teatro.

Pero sobre todo CORA-XE, e permitídeme que use asmaiúsculas. Nunha época na que setrocea os alumnos con decimais,táboas de baremación, cualifica-cións ponderadas, táboas de excel

que pretenden poñer parcelas ó océ-ano, nunha época asquerosamentemecanizada, onde só vales o queindica a túa nota de corte e os ingre-sos dos teus pais, onde se enmudeceos que queren facer algo diferente,pero non só polo feito de facer algodistinto SENÓN PORQUE ISO É OQUE REALMENTE DI ALGODELES MESMOS... nun momentohistórico (permitídeme que corrixa:histérico) como este, estamos diantede auténticos HEROES eHEROÍNAS das artes cando vemosalumnos de 2º de Bacharelato apun-tándose a algo polo que non se llesvai agasallar con ningunha décima,polo que perderán tempo de estudopara aquelo co que realmente se llesretribuirá ……

GRAZAS, moitas moi-tas GRAZAS, por dedicarnos ovoso tempo, por compartir a vosapaixón connosco, por ser tan xene-rosos, por manter vivo o espírito datraxedia clásica, por respectar tantoo texto orixinal, por involucrarvostantísimo, por ter arriscado esasdécimas e ser libres. Grazas, grupode teatro do IES Ribeira do Louro.Sodes moi grandes.

David Rodríguez Rivada, profesorde Música do IES Taboada Chivite(Verín), e director nese instituto dos exi-

tosos musicais "Os Miserables" emais "Moulin Rouge"

Verbas de agradecemento e agarimo por partedo profesorado do IES Taboada Chivite

Resposta do coordinador do EDL do IES Ribeira do LouroMoitísimas grazas a ti, David,

polas túas belidas palabras e poloextraordinario agarimo con que onoso grupo de teatro foi acollido novoso instituto. Grazas a ti, a Isabel,a Felisa, Marita, Elisa, Daniel emais ao voso respectuoso alumnado(e ao dos outros centros que convi-dastes), os nosos rapaces e rapazasexperimentaron un enorme pracerlogo de tantas horas de ensaio, ecoido que a representación no IESTaboada Chivite será algo que leva-rán sempre na súa memoria de emo-cións.

Estou moi de acordo co que disao longo do artigo, a dimensiónartística na educación esquécesecada vez máis nos currículos. Osnosos gobernantes están obsesiona-

dos coas materias que puntúan enPISA e parecen querer abocarnos aser principalmente adestradores donoso estudantado na realización deexames para superar reválidas. Nunfuturo inmediato, a tensión quehoxe se vive co 2º BACH e a prepa-ración do selectivo é probable quese espalle a cursos inferiores, corisco que iso supón para as activida-des complementarias como as queos nosos institutos realizan, quepoden ser vistas como luxos dosque poder prescindir.

O meu profesor de filosofía enCOU (compañeiro de Virxinia nogrupo de Filosofía de Vigo), JorgeÁlvarez Yágüez, acaba de xubilarsecunha fermosa carta "Adiós alum-nos, adiós" e unha entrevista publi-

cadas no Faro de Vigo, e o que nelasdi non ten desperdicio: o obxectivoda educación debera ser unha amplaformación do individuo que o con-virta nun ser complexo e crítico noque respecta a entendemento e sen-sibilidade, e non nun ser unidimen-sional. A nova lei de educación nonquere formar a persoa na súa totali-dade (“con resortes autónomos, concapacidade de ler o mundo e inter-pretalo, para o que é importante vol-ver sobre os grandes artistas, osescritores, as bases da Física e aQuímica”...), senón exclusivamentea futuros empregados, e isto, ade-mais, supón un enorme risco xa que"hai que entender que o traballo dehoxe non é o de mañá". E, se non,que llo digan ao físico do CSIC

Antonio Turiel que leva tempo aler-tando sobre a relación entre criseeconómica e enerxética, e como nosvindeiros anos asistiremos a un ine-vitable e profundo "decrecementoeconómico" que alterará de xeitomoi importante a nosa maneira detraballar e vivir en sociedade.

Unha aperta moi forte de todo oEquipo de DinamizaciónLingüística do IES Ribeira doLouro e desexámosvos moitos éxi-tos na preparación do voso novomusical Mamma mia! e das vosasobras teatrais.

Delio García Represas, profesor deLingua Galega e coordinador do

Equipo de DinamizaciónLingüística do IES Ribeira do

Louro

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística10 Colaboración entre o IES Ribeira do Louro e o IES Taboada Chivite

Page 11: Cadernos de teatro 2015

Representación da obra O Rei Nu, de Quico Cadaval e Cándido Pazó

A comedia satírica que nos fala da hipocrisíaque se move ao redor dos ámbitos de poder

Cando dous xenios daarte escénica como QuicoCadaval e Cándido Pazóse xuntan para escribir ORei Nu, o resultado sópode ser a creación duntexto extraordinario.Estreada en 1995 polacompañía de teatroOllomol-Tranvía, a pezaestá baseada nun conto doescritor danés HansChristian Andersen, queapareceu nun libro publi-cado en 1837, co título deContos de mouras conta-dos para nenos. Tanto oconto como a peza de tea-tro fálannos da hipocrisíaque rodea o poder e deque non ten por que serverdade aquilo que moitaxente pensa que o é.

O Rei Nu 11Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

Argumento:Érase unha vez un país que estaba gober-

nado por un rei enormemente presumido. Undía o monarca cae nunha foda depresión e osseus súbditos para animalo deciden preparar-lle algo que resulta moi atractivo para el: undesfile de modelos no que os máis afamadose innovadores deseñadores do reino amosenas súas creacións para o xefe do Estado.

O rei parece de novo recobrar a cor candose imaxina lucindo esas marabillas do vestir.Pero é entón cando aparecen uns estafadoresen escena, e logo de lle facer ver a vulgarida-de de todos ese modelos que lle presentan osdemais, ofrécenlle os seus servizos para con-feccionar o que segundo eles din, resultará otraxe máis elegante endexamais vestido porun monarca. Trátase dun traxe máxico que tenunha senlleira propiedade: a de resultar invi-sible para todos aqueles que sexan parvos enon estean verdadeiramente capacitados parao cargo que ocupan. O monarca non se deca-ta do engano e concédelles todo o ouro e as

pedras preciosas que lle piden, convencido deque ademais de vestir un traxe “ecolóxico queescintilará coma os raios do sol”, poderá des-cubrir todos os cargos do seu goberno desem-peñados por ineptos.

Ten lugar entón un curioso fenómenosociolóxico: os ministros, viceministros,directores, subdirectores, asesores, miles deasesores..., que acoden a ver ese traxe inexis-tente, non se atreven a dicir que non ven nadapara non quedar en evidencia e seren destituí-dos, e os estafadores parecen aproveitarse asída hipocrisía de toda esa camarilla que rodeao rei e que só pensa no seu medre persoal. Poriso afírmase con retranca: “Parvos non son osque ven o rei nu, parvos son os que o din”.

Esta falta de honestidade na asunciónda verdade (o propio monarca prefire vivir nacegueira a facer autocrítica e recoñecer que seenganou na toma de decisións) é a que leva aque o Estado sexa saqueado e que toda asociedade perda.

O rei cos estafadores. Nin do colgadoiro nin da percha pendura ningún traxe, pero o monarca non se atreve a dicilo

Intre da obra na que o monarca asiste a un desfile de modelos

ESCENA IV

Entra o FRAUTlSTA DEHAMELÍN seguido por toda a cortede RATOS-CONSELLEIROS.

FRAUTISTA: ElegantísimaMaxestade, ¿hai licenza para queentre o Consello Real?REI: ... ai...

FRAUTISTA: (Ao público.) Hai. ORei daquel país de conto tiña unhamoi cumplida corte (aparecen ratosque bailan ao son da música): minis

Texto(Aínda que se representou toda a obra,seleccionamos aquí só estas escenas)

-tros, viceministros, secretarios,subsecretarios, directores xerais,subdirectores xerais, interventores,viceinterventores, secretariosxerais técnicos, subsecretariosxerais técnicos, e asesores, centosde asesores, miles de asesores, mi-llóns de asesores.

1.° MINISTRO: ¡ElegantísimaMaxestade, a celebración do DíaMundial do Can de Palleiro foitodo un éxito!

MINISTRO 1: ¡Un exitazo bár-

baro!

MINISTRA: ¡Marabilloso!

MINISTRO 2: ¡Contundente!

1.° MINISTRO: ¡O voso discursofoi considerado pola prensanacional e estranxeira un modelode oratoria brillante e conmovedo-ra!

MINISTRA: Fixo chorar ata aoscans, meus pobres ...

1.° MINISTRO: Os ingresos porturismo foron cuantiosos. O señor

Ministro de Petos e Forros (Encastelán será de Bolsillos y TelaMarinera.) poderá informarnos conmáis precisión.

MINISTRO 1: Pasta a esgalla.

1º MINISTRO: Naturalmentehoubo algún que outro incidente deorde pública, xa se sabe, os eternosdescontentos. O señor Ministro doInterior ..

MINISTRO 2: ¡De Roupa Interior!

(Segue na páx. 12)

Page 12: Cadernos de teatro 2015

1º MINISTRO: ... perdón, de RoupaInterior, ten a palabra.

MINISTRO 2: ElegantísimaMaxestade, señor PrimeiroMinistro, señor/a Ministro/a. Onoso Elegantísimo Corpo de Policíacapturou un desaprensivo quepaseaba impunemente cun botóndesabrochado.

MINISTRA: ¡ Oooooooh!

MINISTRO 2: Probablemente setrate dun axente dun país estranxeiro.

1.° MINISTRO: ElegantísimaMaxestade, ¿que sanción se llepodería impor?

REI: ¡ Que lle corten a cabeza!

MINISTRO 1: ¡ Aí, aí!

1.° MINISTRO: ElegantísimaMaxestade, considero ese castigoun tanto ... desproporcionado. Claroque ... se hai algunha razón especialpara tanta severidade ...

REI: ¡Ai!

MINISTRO 1: ¡Aí, aí!

1.° MINISTRO: Ben, en fin ... seiso vos fai feliz ...

REI: ¿Feliz? ¿A min? (Despréndeseda guitarra.) ¡Aa! Nin todas ascabezas do mundo rolando por aípoderían acalmar a miña dor.

MINISTRA: A realeza está triste.¿Que terá a realeza?

(Os ministros vanse achegando paraver que lle pasa ao REI).

REI: ¡ Aaaaaai !

1.° MINISTRO: Señores, a tristurado Rei excede o noso entendemen-to. ¿Que poderiamos facer?MINISTRA: Iso é porque está moisó, habería que procurarlle unhaesposa.

MINISTRO 1: (Mentres o 1º   faiacenos de que "non”.) Aí, aí, probá-moslle o zapato do Rei a todas asmozas do reino e á que non lleentre, ¡zas!.

MINISTRO 2: Podiamos procurar-lle unha doce princesa estranxeiraque lle conte fermosas historias ataa alba, ao longo de mil e unha noitese que lle edulcore o corazón ao Rei.

MINISTRO 1: ¿E se non llo edulcora?

1º MINISTRO: ¡Non, non, non!Señores Ministros, o Rei non podecontraer matrimonio, acabo de lem-

brarme que está casado. Nestereino xa hai raíña.

MINISTRO 2: Non hai.

1.° MINISTRO: Hai.

MINISTRA: Non hai.

1.° MINISTRO: Hai.

MINISTRO 1: Non hai tal.

1.° MINISTRO: Hai.

REI: ¡Ai!

1º MINISTRO: Ves.

MINISTRO 2: ¿E onde vai?

1.° MINISTRO: Marchou haivinte anos a inaugurar un hospitalno corazón do bosque e nuncamáis se soubo dela.

MINISTRA: Estará encantada.

MINISTRO 1: ¡Encantadísima!

REI: ¡ ¡ ¡Aaaaaaiiiiii!!!

1º MINISTRO: ¡Meu Rei! ¿Porque eses salaios estarrecedores?

REI: ¡Leixai de abrouxarme coasvosas lilainas de papoias tarabelas!

TODOS: ¿Como?

REI: ¡Que deixedes de dar a lata!

1.° MINISTRO: Maxestade, oúnico que pretendemos é levantar-vos ese ánimo. Lembrade queimos celebrar o Día Mundial doMedio Ambiente e non podedespresentarvos así...

REI: ¡Non penso presentarme así,nin de ningún xeito!

1ºMINISTRO: (Todos os ministrosse alarman.) Pero Maxestade

REI: ¡Non, non penso presentarmediante do meu pobo para que serían de min, para que me sinalenco dedo, "mira, mira, vaia adefe-sio, que mal vestido vai, quepouco gusto ten, iso nin é rei ninfarrapo de gaita"!

MINISTRA: ¡Pero Maxestade!

REI: ¡Non! ¡Acabáronse as cele-bracións, acabáronse as festas!¡Para sempre! (Os ministros estánalarmadísimos.) ¡Non penso saírnunca máis de palacio! ¡É máis,voume retirar a un convento, avestir humilde hábito e a meditar!(Colle outra vez a guitarra.)

1.° MINISTRO: (Aos demais quese reuniron.) Isto é un desastre,señores.

MINISTRO 1: ¡Unha ruína!

MINISTRO 2: ¡Xa está todo dis-posto para a celebración!

MINISTRO 1: ¡Todo gastado!

MINISTRA: ¡Teño unha idea!

1.° MINISTRO: A señora Ministrade Complementos, Adornos eColgarellos ten unha idea.

MINISTRA: Maxestade, poderi-ades estrear un novo traxe.

REI: ¿Outro?

MINISTRA: Convocaríamos aosmáis afamados deseñadores demoda ...

MINISTRO 1: ¡Aí, aí!

1.° MINISTRO: ¡Claro, aos máismodernos !

MINISTRO 1: ¡ Aí, aí!

MINISTRO 2: ¡Aos máis atrevidos!

MINISTRO 1: Aí, aí!

MINISTRA: ¡Aos máis rompe-dores!

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística12 Quico Cadaval e Cándido Pazó

O conto de Andersen foi fermosamente ilustrado en centos de ocasións FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

Elenco (por orde de intervención):

Presentadora.............. MILAGROS PÉREZ (2º ESO-A)

Narradores ................ PAULA E. FLORES (3º ESO-B), MARÍA PÉREZ (1º ESO-B),

DANIEL OTERO (2º ESO-B)

Fernandiño ............... IAGO MACEIRA (3º ESO-B)

Anano ..................... ÁNGELA B. ESTÉVEZ (1º ESO-A), PALOMA GONZÁLEZ

(1º ESO-A), PAULA E. FLORES (3º ESO-B)

Rei ........................... TIFFANY TEIXEIRA (1º ESO-B), NOELIA PÉREZ (2º ESO-A),

DANIEL OTERO (2º ESO-B)

Espello ..................... PALOMA GONZÁLEZ (1º ESO-A)

Frautista de Hamelín ................ PALOMA GONZÁLEZ (1º ESO.-A)

1º Ministro ................... MARÍA PÉREZ (1º ESO-B)

Ministro 1 ou de petos e forros .................. MILAGROS PÉREZ (2º ESO-A)

Ministra de complementos, adornos e colgarellos.... LAURA ÁLVAREZ (3º ESO-A)

Ministro 2 ou de roupa interior ..................... LAURA NOGUEIRAS (1º ESO-A)

Jack ........... CRISTIAN MARTÍNEZ (2º ESO-A), MANUEL GONZÁLEZ (1º ESO-A)

Ratiña ....... YASMÍN BAHINI (1º ESO-B)

Capitán ..... ROBERTO LAVARIÑAS (1º ESO-B)

Música ................. Sellinger’s Round, anónimo inglés do séc. XVII (Presentación

da obra e frautista); Packington’s Pound, Music in the Time of Shakespeare

(Desfile de modelos); Danza anónima do séc. XIV (Pregón de Fernandiño);

G.F. Haendel: Concerto Grosso nº 26 en Re maior “Música para fogos de

artificio. Obertura” (Desfile final do Rei)

Coreografías musicais.......................... Victorino García

Atrezzo (siluetas dos seis modelos para o vestiario real) .............Alumnado de

atención educativa de 1º ESO-A e 1º ESO-C, e mais Elba Baliñas (1º ESO-A),

Ángela B. Estévez (1º ESO-A), Laura Nogueiras (1º ESO-A), Yasmín Bahini

(1º ESO-B), Tiffany Teixeira (1º ESO-B), Andrea Argibay (1º ESO-B), María Pérez

(1º ESO-B), Iria Pazos (1º ESO-B), Nicolás Álvarez (1º ESO-C), Nerea Cal (1º ESO-C),

Alba Carrera (1º ESO-C), Diego Cardoso (1º ESO-C), Tania Expósito (1º ESO-C),

Lara Fernández (1º ESO-C), Ghizlane Rizki (1º ESO-C), María Domínguez

(1º ESO-C), Sara Bastos (3º ESO-A), Rita Lafuente (3º ESO-A), Anair Martínez

(3º ESO-A), Bianca Martínez (3º ESO-A), Tania Sousa (3º ESO-A)

(Coordinación: Víctor Rodríguez)

Vestiario ...........Don Disfraz, Disfrazzes e Familias dos estudantes

(Coordinación: Virxinia Calviño)

Coordinación e adaptación do texto ............ Delio García

(Segue na páx. 14)

Page 13: Cadernos de teatro 2015

Milagros Pérez presenta a obra Había unha vez un Rei (Tiffany Teixeira) moipresumido e vaidoso, que sempre se miraba aoEspello (Paloma González)

O anano listo atopa o socio parvo que precisabapara a gran estafa, Jack (Cristian Martínez)

O Rei Nu 13Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

Un anano moi intelixente: “O benestar dun país mídese polacantidade e a calidade do lixo que produce. O lixo é ...(Fernandiño: Merda!). Si, tamén se lle pode chamar así,mais case nunca convén chamarlle ás cousas polo seu nome

Anano (Ángela B. Estévez): Teño que conseguir queme reciba o Rei. Unha entrevista nas alturas. Fareille

unha proposición que non poderá rexeitar

“Capricho oriental” (Silueta de 100 Pipers). Unrepoludo gaiteiro de pano e sedán vestido

“Espello Luís XVI” (Silueta dun rei da baralla fran-cesa). Traxe de corte clásico versallesco, modeloespecular de carácter narcisista

Fernandiño (Iago Maceira) en funcións de pregoeiro, men-tres uns estafadores (o Anano e Jack) aparecen en escena

“Nobreza e bravura” (Silueta do touro de Osborne).Sobrio modelo en damasco negro zaíno, con coroa de

marfil e zapatos rústicos en pel de boi

“París 1905” (Demoisselle d’ Avinyó). Modelo vangardista, con-feccionado de fragmentos aparentemente irreconciliables, tentaexplicar as múltiples materias das que se conforma un ser superior

Paula Estefanía Flores e Iago Maceira presentan as creacións dos deseñadores

Modelo “Zepelin” (Silueta de Michelín). Transforma ocorpo de quen o leva nun soño aerostático. Os súbditospoderían ver o seu rei disparado cara ao ceo, o que oque é o soño de calquera súbdito

Comeza o desfile, para o que non se escatimangastos. Traxe 3338: “Saudades da aristocracia”(Entra a silueta do Sandeman). Éncheo todo demisterio de noite embriagadora

Baile de ministras e altos cargos. De esquerda adereita, diante, Ministro 2 (Laura Nogueiras),Primeiro Ministro (María Pérez); detrás, Ministro1 (Milagros Pérez) e Ministra (Laura Álvarez)

Pero o monarca está triste e os ministros e ministraspara animalo deciden organizarlle un desfile de mode-los con novos traxes

Page 14: Cadernos de teatro 2015

MINISTRO 1: ¡Aí, aí!

MINISTRA: ¡E vós poderiadeslucir un traxe sorprendente!

MINISTRO 1: ¡Aí, aí!

MINISTRO 2: ¡Un traxe inigua-lable!

MINISTRO 1: ¡Aí, aí!

1ºMINISTRO: ¡Un traxe nunca visto!REI: Si, voltarei a esplender, sereide novo o rei máis elegante, escinti-larei como os diamantes e as ama-tistas. Serei o rei das flores. Sereicomo un prado inzado de madresil-vas na primavera. O meu espellonon atopará palabras pararelatarme. Ficará mudo. E na bocado meu pobo soará unísona amesma voz. (O rei estivera parandoo entusiasmo do seu Consello.)Agora, agora é o momento.

MINISTROS: (Sacando unhas ban-deiriñas.) ¡¡Viva o Rei!!

REI: ¡Claro que si, claro que si!

(Mentres fan mutis cantan).Viva, viva, vivaviva, viva, viva

que guai, que chic, que bonito, que fetén .

Que sorte tivemoscando nacemos

nun país de conto no que se vive tan ben.

REI: ¡Fernandiño!

ESCENA V

Entra o ANANO reflexionandomentres fai malabares coas tresmazás.ANANO: (Xogando coas mazás.)Mazá branca, mazá verde, mazácastaña. Plusvalía, oferta, demanda.Mazá branca, gaña a banca; mazáverde, vostede perde; mazá castaña,a banca gaña. (Ao público). Hai queadestrarse, cómpre ser moi hábil,moi esperto para triunfar no mundodos negocios. Estas mazás teñen ungran valor sentimental para min.Foron a primeira transacción co-mercial que fixen cando saín damina. ¡Ah, a mina! Alí non haifuturo, pouco filón para tantoanano, e por riba des que chegouBrancaneves... Pero nunca é tardepara cambiar de vida. ¡Do subsoloás altas finanzas! O que agora pre-cisaría é atopar un socio. Algúnpailán que me fixera de gancho.Comprendan, eu son demasiadolisto, demasiado sabio.

Iso nótaseme ás leguas, chéirasemeno alento. E ninguén fía nun listodemasiado listo. En cambio, nunparvo demasiado parvo, si, porquetodo o mundo confía en poderenganalo. (Berra, como chamandopor alguén). ¡A ver, quen quere triunfar comigo? Quen quere dar osalto?

Nisto, gabeando pola mata das

fabas (saltando coa pértiga), entraJACK DAS FABAS.

JACK: ¡Un anano!

ANANO: ¡¡Si, un anano. Pasaalgo?!!

JACK: Pois si...,  non sei... Euesperaba atopar un xigante.

ANANO: (Amolado) Un xigante,un xigante...

JACK: Si, un ogro que tivese moitoouro.

ANANO: ¿¡Ouro!?

JACK: Si, sacos e sacos de ouro.¡Roubaríallo e faríame rico!

ANANO: (Ao público) Pareceambicioso e non demasiado listo.

JACK: (Apolicando na pértiga) Quefastidio, non se albisca ningúnxigante no horizonte. ¡Co traballoque pasei gabeando pola mata!

ANANO: ¡A mata! ¿Que mata?

JACK: A das fabas.

ANANO: ¿Que fabas?

JACK: As queme deron entroca pola miñavaca.

A N A N O :¿¡Que trocachesunha vaca porunhas fabas!?

JACK: Si. Miñanai díxome:“Jack –Jack soneu-, leva estavaca á feira. Ealá fun eu,“vamos

marela”. Polo camiño topei cunhome que me dixo: “Jack –tal mechamo-, douche estas fabas se medás a túa vaca”. 

ANANO: ¿E ti décheslla?

JACK: Si. E marchei todo contentopara a casa.

ANANO: ¡Pois que porquería denegocio!

JACK: Iso mesmo dixo miña nai.

ANANO: Aprende de min. ¿Vesestas mazás? Deumos unha vellabruxa en troca dunha simple infor-mación. Unha parvada: quería saberonde vivía Brancaneves. ¡Un negoción!

JACK: Xa, pero é que as miñasfabas son máxicas.

ANANO: ¿¡Máxicas!? (Ri)

JACK: Foi o que dixo o home.

ANANO: ¿E ti créchesllo?

JACK: Pois si. De feito cando assementei medraron e medraron. Eugabeei por elas a ver se atopabaalgún xigante pero... Se cadra estápor alí, vou ver.

ANANO: ¡Espera! ¡Eu e tipodemos facer grandes negocios!

JACK: É que ....

ANANO: ¿¡Queres ou non queresfacerte rico!?

JACK: Si.

ANANO: ¡Pois eu son o teu home!

JACK: Pero é que eu busco unxigante e ti...

ANANO: ¡Todo se andará, todo seandará! ¡Prosperaremos xuntos! Sótemos que agardar pola nosa opor...

(Sorpréndense co sinal acústico da“proclama”)

ESCENA VI

(Orgulloso pola misión de respon-sabilidade que lle encomendaron,entra FERNANDIÑO, tocando atrompeta, en labores de pregoeiro).

FERNANDIÑO:   Faise saber (aquen teña orellas para escoitar) quea elegantísima mona... Monarquía,Monarquía. A ElegantísimaMonarquía ten o detalle de convidarao seu amado pobo, á pasarela queterá lugar no auditorium de palacio.Alí exhibiranse os traxes máisrachados... máis rachadores dos ate-liers –isto debe ser taller-, dos ate-liers dos deseñadores máis sonadosdeste país de conto e do estranxeirode conto que nos arrodea... e nosenvexa. Os asistentes ao actodeberán observar (Xesto de dedodebaixo do ollo) a máis estrita etiqueta.

ESCENA VII

ANANO: ¿Oíches iso? ¡Eis a nosaprimeira oportunidade!

JACK: ¿Cal?

ANANO: Convertérmonos en mag-nates da industria téxtil.

JACK: ¿Convertérmonos en man-gantes da industria téxtil?  

ANANO: ¡En “magnates”, ”mag-nates” do negocio da moda, domundo da pasarela!

JACK: Ah. ¿E que hai que facer?

ANANO: Fiar, tecer, cortar, coser...¿Sabes facer algo diso?

JACK: ¿Eu? Nada. ¿E ti?

ANANO: (Encantado.) Nada denada.

JACK: ¿Entón?

ANANO: Entón ese é un negocioperfecto para nós: nada que arriscar,nada que perder ...

JACK: Non entendo.

ANANO: Enxeñería financeira.

JACK: ¿E iso que é? (Sae JACK.)

ANANO: Nada. Vai coller doussitios para o desfile, que agora voueu. Un parvo e un listo, combi-nación explosiva. Agora teño queconseguir de calquera xeito que mereciba o Rei. Unha entrevista nasalturas. Fareille unha proposiciónque non poderá rexeitar.

ESCENA XII

CAPITÁN: (Entrando, co ANANOcollido por unha orella.)¡Maxestade, Maxestade!

REI: ¿Que pasa agora?

CAPITÁN: Aquí tendes o home quebuscabades. Quixo esconderse nosmáis recónditos recunchos do reino,pero foi en van, que o meu finísimoinstinto soubo dar con el. Resistiuseferozmente a ser detido, quixo fuxirpero eu saltei sobre el e ...

REI: (Dálle coa variña máxica etransfórmao en ra.) Pois nada, nada,a seguir saltando. (Encárase coANANO.) Ben, ben, ben .. . (Aopúblico.) Os hábiles interrogatoriossempre comezan así. (Ao ANANO.)¿Pódese saber por que andas por aídifamándome?

ANANO: ¿Eu a vós?

REI: Si, ti a min.

ANANO: Só se pode difamar aquen ten fama ...

REI: ¡Ehh! ¿Insinúas, acaso .. ?

ANANO: Eu non insinúo nada.

REI: Ahh.

ANANO: Eu afirmo ... que cativasería a vosa fama, se fósedes por aítan mal vestido.

REI: ¡¿Mal vestido?! (Aparte.)Sábeme o punto fraco. ¡¿Como teatreves?!

ANANO: Da pel para adentro, ¿quevén sendo un rei? Un amasallo decarne, graxa, tripas e ósos comooutro calquera.

REI: (Aparte.) ¡Vaime acabar coapaciencia!

ANANO: É da pel para fóra ondereside a rexia galanura. É no vestironde se ve a grandeza, a distinción.

REI: Iso ben o sei.

(Segue na páxina 18)

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística14 Quico Cadaval e Cándido Pazó

A primeira edición da obra é de1995, pero hoxe está descataloga-da. Resulta tristísimo que un textotan marabilloso da literatura gale-

ga non estea a disposición dopúblico nunha libraría

Cándido Pazó Quico Cadaval

Page 15: Cadernos de teatro 2015

O Rei Nu 15Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

Jack (Manuel González) con Fernandiño, que pon overdadeiro traxe do rei que estaba tirado no chan(“Estanme entrando ganas de cortarche a cabeza”)

Ao final Jack resultou máis listo có anano, quédasecon todo e xa prepara unhas vacacións

O Anano (Paula E. Flores) está pletórico: “Voucomer o mundo, coma unha mazá”. Pero Jackadvírtelle: Coidado, non vaia ter becho.

O Anano (Paloma González) e Jack fan o reparto dobotín. O saqueo das arcas do Estado consúmase

A Ratiña Presumida (Yasmín Bahini) é un tantodirecta: “E pola noite, que farás? Non me digasque durmir e soñar, por favor?

Mentres tanto, unha variña máxica defectuosaconverte en Ratiña a un ministro

O propio Rei decide non dicir nada para evitar quedaren evidencia

E, como nos conta o Narrador (Daniel Otero),tamén fan o mesmo todos os demais asesores

O Primeiro Ministro non ve nada pero non se atreve a confesalo

O monarca (Noelia Pérez) amósase entusiasmado:“Perfecto, terei a máis eficiente Administración”

O anano ofrece un traxe único, máxico, que sópode ser visto por aqueles que non sexan parvos.“O único que precisamos é ouro, moito ouro”.

Un Capitán convertido en pirata (RobertoLavariñas) detén o anano e, acusándoo por difa-

mación, lévao diante do Rei.

O Rei (Daniel Otero) desfila nu, “peor aínda, encalzóns”

Pero os demais ensínanlle a calar: “Toma a vasoira. Asínunca medrarás. Parvos non son os que ven o Rei nu, parvosson os que o din”.

Só Fernandiño, en funcións de “Caudatario Real”se atreve a dicilo: O REI VAI NU!

Page 16: Cadernos de teatro 2015

(Vén da páx. 10)MENSAXEIRO: Boas novas para atúa familia e o teu esposo, muller.

IOCASTA: Cales? De onde vés?

MENSAXEIRO: De Corinto. Asnovas que che vou dicircausaranche ledicia, pero tamén tepoderían magoar.

IOCASTA: De que se trata. Comopoderían producir ese dobre efecto?

MENSAXEIRO: Os cidadáns doIstmo van pór de rei a Edipo, segun-do alá se dicía.

IOCASTA: Pero como? Xa nongoberna alí o vello Pólibo?

MENSAXEIRO: Xa non, porque amorte levouno á cova.

IOCASTA: Que dis? Morreu Pólibo?

MENSAXEIRO: Que morra se nondigo a verdade.

IOCASTA: (A unha do seu séquito)Rapaza, corre lixeira ao teu amopara contarlle a noticia. Oh, augu-rios dos deuses, onde parastes? Portemor de matalo, Edipo fuxiu haitempo da beira de Pólibo, e agora odestino fai que morra, e non polasúa man.

EDIPO: Iocasta, a miña adoradamuller, para que me mandaches chamar?

IOCASTA: Escoita este home e fí-xate onde foron parar os augustosoráculos do deus.

EDIPO: Quen é e que me ven dicir?

IOCASTA: Vén de Corinto paraanunciar que teu pai Pólibo nonexiste, finou.

EDIPO: Que dis estranxeiro?Explícate ti mesmo.

MENSAXEIRO: Efectivamente,Pólibo morreu.

EDIPO: Por traizón ou por enfermi-dade?

MENSAXEIRO: O menor contratem-po abate as persoas de idade avanzada.

EDIPO: O coitado sucumbiu a unhadoenza, segundo parece.

MENSAXEIRO: E aos seus longos anos.

EDIPO: Ai, ai! Para que, muller,consultar o altar de Delfos ou ograllar das aves nos aires? Segundotales augurios, non debía eu matar a

meu pai? Pois ben, el morreu erepousa no seo da terra e eu estouaquí sen ter tocado a espada: (conretranca) a menos que morrera polapena da miña ausencia.

IOCASTA: Non cho dixen?

EDIPO: Dicíalo, pero o temorextraviábame.

IOCASTA: Que a nada diso volvasdar entrada no teu espírito.

MENSAXEIRO: Por que esestemores?

EDIPO: Dixo Loxias que un díahabía eu de unirme a miña propianai e que coas miñas mans había

derramar o sangue demeu pai. Nuncavolverei a Corinto.

M E N S A X E I R O :Temes agora cometeralgunha impureza alá.

EDIPO: Ese é o meuterror continuo.

M E N S A X E I R O :Pero non sabes que oteu temor non se xus-tifica?

EDIPO: Como non, seson fillo deles?

MENSAXEIRO: …porque Pólibo non tiñaningunha consan-guinidade contigo.

EDIPO: Que dis? Entón por que mechamaba fillo seu?

MENSAXEIRO: Porque ti eras unagasallo recibido das miñas mans.Eu era pastor e atopeite no val doCiterón. Solteiche as ligaduras quetiñas nos pés e por iso che puxerono nome que tes, Edipo, o dos péshinchados.

EDIPO: Polos deuses!

MENSAXEIRO: Ben, en realidadeeu non te atopei, senón que outropastor te entregou a min.

EDIPO: Quen?

MENSAXEIRO: Dicíase que era undos servidores de Laio, o antigo reidesta terra.

EDIPO: E ese pastor vive aínda.Podereino ver?

MENSAXEIRO: (Ao Coro) Vósque vivides no país saberédelo me-llor ca min.

EDIPO: (Ao Coro) Algún de vóscoñece o pastor. Respondede. É aocasión de esclarecer este misterio.

CORO: Quizais sexa aquel mesmolabrego que hai pouco desexabasver. Mais ningún mellor poderádicilo ca Iocasta.

EDIPO: Muller, sabes algo?

IOCASTA: Non fagas caso, procuraesquecer esas verbas inútiles.

EDIPO: Quero descubrir a miña orixe.

IOCASTA: Polos deuses. Se tesalgún interese pola túa vida, nonpescudes máis niso. (Á parte)Demasiado é xa co que eu padezo.

EDIPO: Ánimo! Nin aínda que sedemostrase que proveño dunhatriple xeración de escravos, apare-cerías ti menos nobre.

IOCASTA: Escóitame, prégocho.Non fagas iso. Coitado! Ogallánunca soubeses quen es. Xa nadamáis poderei dicirche.

CORIFEO: Por que se foi a túamuller, Edipo, presa de tan violentadesesperación. Temo que destesilencio van saír grandes desgrazas.

EDIPO: Que saia o que teña quesaír. Por humilde que sexa a miñaorixe, quero coñecelo.

(Vai achegándose un pastor)

EDIPO: Se me é lícito, anciáns,facer conxeturas sobre un home aquen non coñezo, paréceme ver opastor que hai tempo buscamos.

CORO: Si, recoñecémolo. Era omáis fiel pastor de Laio.

EDIPO: (Ao mensaxeiro): Primeirointerrogareite a ti, hóspede deCorinto. É este de quen falas?

MENSAXEIRO: O mesmo que estádiante dos teus ollos.

EDIPO: Ti, ancián, mira cara aquí eresponde ás miñas preguntas. Tipertencías noutro tempo a Laio?

CRIADO: Eu era o seu escravo, nonmercado senón criado na súa casa.

EDIPO: Que ocupación tiñas?

CRIADO: A maior parte da miñavida coidei dos rabaños.

EDIPO: E que lugares frecuentabasmáis?

CRIADO: O Citerón e arredores.

EDIPO: Lembras se coñeciches poralí a este home?

CRIADO: Non podo responder asíaxiña. Non me lembro.

MENSAXEIRO: Non é milagre,señor, pero eu sacareino do esque-cemento. Estou certo de que se lem-bra de cando andabamos pola zonado Citerón, el con dous rabaños e eucon un, que foi cando me relacioneicon este home durante tres tem-padas enteiras de seis meses cadauna, de primavera a outono. Va queé certo o que estou dicindo?

CRIADO: É certo o que dis, aíndaque hai xa tanto tempo…

MENSAXEIRO: Dime agora: lem-bras que me deches entón un nenopara que o criara como meu?

CRIADO: O que? Por que me fasesa pregunta?

MENSAXEIRO: Velaquí, meuamigo, aquel que entón era neno.

CRIADO: Insensato! Era mellorque calaras.

EDIPO: Non te incomodes, ancián,con el, que as túas palabras son

máis dignas de cólera que as túas.

CRIADO: En que ofendo eu, ouh, omellor dos señores. Que queres saber?

EDIPO: Ti entregácheslle o neno do

que fala?

CRIADO: Entreguei, si. Debínmorrer ese mesmo día.

EDIPO: Iso é o que che vai pasar senon dis o que debes.

CRIADO: Con maior razón meperderei se falo.

EDIPO: O neno era teu ou recibí-chelo de alguén?

CRIADO: Recibino de alguén.

EDIPO: De que cidadán de aquí ede que casa.

CRIADO: Non, pola vida dos deuses,señor, non me preguntes máis.

EDIPO: Se cho teño que preguntaroutra vez, es home morto.

CRIADO: Está ben, nacera no pazode Laio.

EDIPO: Era escravo ou fillo del?

CRIADO: Coitado de min!Arrepíaseme o corpo por dicilo!

EDIPO: E a min por escoitalo.Porén, cómpre que o oia.

CRIADO: Dicíase que era fillo deLaio. Pero a muller que está dentropoderáche dicir mellor o que aconteceu.

EDIPO: Foi ela quen cho deu?

CRIADO: Efectivamente, ouh rei.

EDIPO: Para que?

CRIADO: Para que o matase.

EDIPO: A que lle deu o ser. Mandaforza!

CRIADO: Por temor a uns oráculosfunestos.

EDIPO: Cales?

CRIADO: Dicíase que había dematar a seu pai e casar coa súa nai.

EDIPO: Entón por que llo entre-gaches a este ancián?

CRIADO: Por compaixón, señor.Pensei que o levaría a outras terras.Se ti es quen el di, considérate undesgraciado.

EDIPO: Ouh, luz do sol, sexa esta avez derradeira que te vexa quennaceu dos que non debía, tivorelacións con quen non lle era lícitoe matou a quen lle era prohibido.(Saen todos)

CORO: Ai, xeracións dos sereshumanos, co exemplo de Edipo, aningún mortal podo chamar feliz. Eldisparou a súa frecha máis lonxeque ninguén, chegou ata a máis altafelicidade, morrer fixo a Esfinxe erei lle chamaron logo da potenteTebas. E hoxe, quen no mundohaberá máis coitado, máis cheo demiserias e de duros sufrimentos porunha alternativa da inconstante vida.

SERVENTE: Vós, que cousas idesescoitar e que dor tan grande idessufrir.

CORIFEO: Que outra desgraza nosanuncias agora?

SERVENTE: A divina Iocasta mo-rreu. Ela mesma matouse no leitonupcial. Alí a vimos pendurada,esganada polo trenzado lazo, e encanto Edipo a mirou, foi outra atro-

Teatro de Epidauro, en Grecia, do séc. IV a.C., undos máis famosos da Antigüidade. Cunha capacida-de de 15000 espectadores, ten unha acústica excep-cional: o público das bancadas de arriba podenouvir os actores falando en voz baixa. No veráncelébrase aquí o Festival Anual de Teatro Heleno

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística16 Textos teatrais (Edipo Rei)

(Segue na páx. 17)

Page 17: Cadernos de teatro 2015

O teatro, o xénero dra-mático, permite levar á escena ossentimentos e paixóns do ser huma-no. É capaz de nos transmitir todasas emocións. Permite representar avida política, social, cultural, reli-xiosa... Deixa nu ao individuo, sim-boliza ao grupo... Fai razoar, dubi-dar, enaltecer, provocar, deprimir...

Nun rápido percorrido,farei fincapé naqueles autores,obras, movementos... que me mar-caron na súa lectura ou espectáculo.Intentarei seguir un decurso diacró-nico para facilitar unha historicida-de literaria.

Primeiro, a traxediagrega, fixándose no padecementodos heroes: Sofocles (Edipo rei);Eurípides (Medea); segundo, acomedia latina, sobre todo a fabulapalliata, usando o manto grego fren-te a toga, con Plauto (Anfitrión).

Avanzamos ata o séculoXVI e XVII, e temos a confluenciad’ A comedia dell' Arte, polo querepresenta para o teatro futuro:Polichinela, Arlequín,Colombina,...; O teatro Isabelino,con Shakespeare (Hamlet, Otelo,Romeo e Xulieta, Macbet, XulioCésar...) e Marlowe (A tráxica his-toria do doutor Fausto); O clasicis-mo francés, con Molière (Tartufo, Oavaro, O enfermo imaxinario) eRacine (Ifixenia); O noso fabulosoBarroco, o granSéculo deOuro, conLope de Vega(El perro delh o r t e l a n o ,Fuenteovejuna,El caballero deO l m e d o ) ,Calderón de laBarca (La vidaes sueño, Elalcalde de

Zalamea).Na época Neoclásica, co

espíritu da Ilustración e o pulo daRevolución Francesa, saliento unautor español, Leandro FernándezMoratín (El sí de las niñas)

Entremedias doNeoclasicismo e o Romanticismo,debo sinalar a Goethe (Fausto).

O Romanticismo, dei-xou unha peza inesquencible, cadaano, por Defuntos, é interpretada:Zorrilla (Don Juan Tenorio).

Co Realismo e oNaturalismo, prodúcese a renova-ción do teatro europeo, con Ibsen,facendo crítica social e atendendodous principios: a liberdade e a ver-dade (Casa de bonecas);Strindberg, cos seus dramas natura-listas (A señorita Xulia); AlfredJarry, empregando a provocación ea farsa (Ubú rei) e Pirandello, couso do teatro dentro do teatro (Seispersonaxes na procura de autor).

Chegamos ao séculoXX, século de vangardas, contras-tes, renovacións, mezcla de xéne-ros, confusión, provocación....

Antes da Guerra CivilEspañola, marcarei tres grandesautores españoles: Benavente (Losintereses creados); Valle-Inclán,sobre todo co esperpento (Luces debohemia) e García Lorca, pronta-mente desaparecido pola barbariedas guerras, e que deixou a amargu-ra, ademais do seu asasinato, daimpedimenta de poder ver cantopodería ter creado (La casa deBernarda Alba, Bodas de sangre).

No teatro europeo danseos seguintes movementos: O pri-meiro, xa mencionado, sería o tea-tro do grotesco, dándonos unhavisión humorística do mundo. O seurepresentante: Pirandello; O segun-do, o teatro do compromiso, onde seexpoñen de xeito sinxelo conflitosactuais, e pídese a complicidade dopúblico para achegar solucións:Bertol Brecht (Nai coraxe; GalileoGalilei); O terceiro, o teatro do

absurdo, con fortes trazos existen-cialistas cuestiona a sociedade e aohome. Emprega a incoherencia, odisparate, o ilóxico: Ionesco (Orinoceronte); Beckett (A esperarpor Godot); O teatro da crueldade,con Antonin Artaud (OsTarahumaras); O teatro satírico epolítico, que arremete coa sátira,contra o poder, as mafias, a igre-xa...: Darío Fo (Misterio bufo;Morte accidental dun anarquista) eCarlo Goldoni.

Antes de entrar no teatroespañol, despois da Guerra Civil,vou facer mención a autores gale-gos, que teño en grande estima:Castelao (Os vellos non deben denamorarse); Francisco Taxes (Ovelorio); Manuel Lourenzo(Veladas indecentes); Roberto VidalBolaño (Cochos; Saxo tenor);Xesús Pisón (Venenos) e Raúl Dans(Lugar).

Quero mencionar com-pañías teatrais galegas, que están aespallar o teatro propio e de autorcunha profesionalidade merecentede aplauso: O Centro DramáticoGalego, o Grupo Chévere, Matarileteatro, Sarabela teatro, Produciónsteatrais escénicas, Teatro doNoroeste... e centros de ensino,como IES de Torneiros, que apor-tan, dende o máis cercano.

Na posguerra española,debemos salientar a autores, comoBuero Vallejo, sempre crítico coréxime franquista, burlando, con

enorme intelixencia, a implacablecensura (Historia de una escalera;La fundación); Fernado Arrabal,empregando o erotismo e a violen-cia extrema, no chamado, por el,teatro pánico (El arquitecto e elemperador de Asiria); Alonso deSantos, tratando temas de actualida-de (La estanquera de Vallecas;Bajarse al moro); Alfonso Sastre,sempre crítico (Escuadrón hacia lamuerte).

Para rematar, quero dei-xar constancia da importancia dascompañías independentes, que ela-boran unha estética particular, auto-financiándose, potenciando os ele-mentos sonoros e visuais, implican-do ao público, facendo intercam-bios cos actores, apropiándose detécnicas propias da farsa, a panto-mima, o teatro de títeres, o circo ouo cabaret: Els Joglars, ElsComediants, La Fura dels Baus,TES, Los Goliardos, Tábano, TEI...

Dixen no título do arti-go: paixón e impacto. Estas liñasestán impregnadas das dúas pala-bras. En definitiva, soio queda invi-tar a sermos lectores ou espectado-res. Toda a teoría é perfectamenteprescindible. Unicamente, no actode implicación está a esencia daarte.

Xulio C. Abalde García(Departamento de Lingua e

Literatura Castelás)

O teatro: paixón e impacto

Sófocles, poeta tráxicoda Antiga Grecia

Grupo de Teatro Chévere, flamante gañador do último Premio Nacional de Teatro

Cadernos dun lector e espectador 17Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

(Vén da páxina 16)cidade entón a que presenciamos,porque sacando os broches de ouroque lle suxeitaban o manto,tomounos e arrincou os ollos excla-mando: que non serían máis teste-muñas nin das desventuras quesufrirá nin dos crimes que cometera,senón que de alí por diante, sumidosnas tebras, non vería máis aos quenon debía ver nin coñecería aos quenon quería coñecer.CORIFEO: E como está agora?SERVENTE: Precisa de quen ososteña e o guíe e di que vai afas-tarse do país. Pero aquí está elmesmo para dicircho.(Entra Edipo, cego e bañado en sangue)

EDIPO: Ai, ai, coitado de min. A quelugar do mundo me dirixo? Ouh, o meudestino, a onde te precipitaches?CORIFEO: Que cousa fixeches?

Como ousaches arrincar así os ollos?EDIPO: Para que eran precisos, xanada que mirase me era grato.Levádeme ao desterro canto antes.CORIFEO: Achégase Creonte paracumprir o que pides, xa que queda elcomo único gardián do país.EDIPO: Que podo dicirlle despois deamosarme antes tan inxusto con el?

(Entra Creonte)CREONTE: Non vin, Edipo, pararirme de ti nin para reprochar nadadas túas pasadas faltas. Vós, con-ducídeo axiña dentro do pazo,porque só nos parentes hai sentimen-tos piadosos para ver ou ouvir asdesgrazas dos seus.

EDIPO: Dado que te amosas, contrao que agardaba, tan razoable cara aomáis perverso dos homes, escóita-me: bótame canto antes desta terra, aun lugar onde non se me vexa dirixir

a palabra a ningún mortal e con-cédeme unha cousa: coida das miñasfillas e déixame que as toque coasmiñas mans por derradeira vez e quedeplore a súa desgraza. Prégocho,príncipe, prégocho, rei de egrexiadescendencia. Tocándoas parece-rame telas como cando as contem-plaba cos ollos.CREONTE: Pois precisamente man-deinas chamar sabendo o pracer quehabías de sentir.

(Entran Antígona e Ismena)EDIPO: Que sexas feliz! Que portermas traído aquí te protexa a divin-dade máis do que a min me pro-texeu! Miñas fillas! Onde estades?Achegádevos, vinde a estas manspaternais, estas mans que privarondos seus ollos antes radiantes ao paique vos deu a vida. Antígona,Ismena, choro por vós pensando nascoitas que no resto da vosa vida

debedes de rexer por parte doshomes. Creonte, fillo de Meneceo,non permitas que estas criaturas doteu mesmo sangue vaguen errantes eabandonadas; non as iguales coasmiñas desventuras. E a vós, miñasfillas, se tivésedes xa razón, daríavosmoitos consellos… Desexade soa-mente que onde vos toque vivir le-vedes unha existencia máis feliz que a dopai que vos deu o ser.

CORIFEO: Habitantes da miñapatria, Tebas, mirade. Velaquí Edipo,o que adiviñou os famosos enigmase era un varón poderosísimo. Quennon ollaba con envexa as súas fortu-nas? E en que choiva de tremendasdesgrazas se viu envolto. Así quenon debe proclamarse feliz a ningúnmortal, antes de chegar ao final dasúa vida sen ter sufrido desgrazaningunha.

CAE O PANO

Page 18: Cadernos de teatro 2015

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística18 Curtametraxes - Textos teatrais (O Rei Nu)

(Vén da páx. 14)

ANANO: ¿E ides vestirvos con esastrapalladas?

REI: (Ao público.) Que insolencia.(Ao ANANO.) Home, trapalladas,eses traxes son a vangarda dodeseño.

ANANO: (Cortándoo.) A vangardado mal gusto. ¡Son absolutamenteindignos dun rei!

REI: Xa me ten farto. Que lle corten a ...

ANANO: (Faille un aceno para quecale.) Dun rei grande, poderoso,insigne, egrexio, conspicuo, único,ilustre, distinguido e galante comavós.

REI: (Aparte.) ... cabeza privilexia-da, alma irmá, sutil coñecedor docorazón real.

ANANO: Eses modistillas non sonmáis que estafadores que acudironao cheiro do voso ouro.

REI: Veña, veña, tampouco tepases, eses "modistillas", como ti oschamas, son os líderes mundiais damoda, os que ditan a elegancia ...

ANANO: Bah, un home de mundocoma min non se deixa impresionarante esas vulgaridades ...

REI: ¡ Vulgaridades!

ANANO: Si, tomaduras de pelo.

REI: Entón, segundo ti, ¿comodebería ir vestido, eh?

ANANO: Para empezar, con algomáis axeitado ao acontecementoque se celebra.

REI: O Día Mundial do MedioAmbiente.

ANANO: Exacto. Logo,cumpriríavos levar un traxe confec-cionado cun tecido radicalmentenatural, fresco, absolutamente li-xeiro ...

REI: Home, aí non che falta razón.

ANANO: Un tecido que imitase osraios do Sol.

REI: Enerxía Solar. Non estaríamal. Iría acorde co evento.

ANANO: Quen vestise un traxe asíescintilaría con luz propia, abraiaríaaos que o visen: sería o tal para un rei.

REI: ¡Ohh!

ANANO: Un rei vestido así impre-sionaría aos seus súbditos.

REI: Mmmh ...

(Nese momento, saltando coa pérti-ga, entra en escena JACK, dándolleun susto ao REI)

REI: ¡A min a garda real!¡Acudídeme!

ANANO: Tranquilo, Maxestade, éo meu axudante... (A JACK, reser-

vadamente.) ¿Onde te metiches?¡¡Non ves que estás ante o Rei!!

JACK: ¿O Rei?

ANANO: Si.

JACK: (Vai cara o REI sinalándooco dedo.) O traxe que vós mere-cedes, Maxestade, deberá estar feitoda mesma materia que o Sol. Tecidonos teares do astro rei, fonte de vidae alegría, destrutor do mal..

REI: ¡Claro que si, claro que si!¡¡¿¿Onde está ese marabilloso traxedo que falades, quero velo, quero

telo, quero tocalo, quero vestilo??!!

JACK: (Ao ANANO.) Agora si que aarmamos, nós non sabernos nada de ...

ANANO: Cala. (Ao REI.) Nóspodemos facelo .

REI: ¿Pois a que esperades?Cubrireivos de moedas de ouro.

ANANO: ¡Maxestade,ofendédesnos! Nós non voscobrariamos nada, ElegantísimaMaxestade. Para nós sería unhahonra, unha xentileza enmodesto pago á hospitalidadedo voso país, mais ...

REI: ¿Hai algún inconveniente?

ANANO: Si, poderíaselle chamarasí: o tecido do noso traxe ten unhaprodixiosa e -para algúns- molestapropiedade.

JACK: ¿Cal?

REI: Iso, ¿cal?

ANANO: Trátase dun traxe máxicoque só pode ser visto por aquelesque estean verdadeiramente capaci-tados para o seu cargo.

JACK: ¿Como?

REI: Iso, ¿como?

ANANO: Si, os que non vexan otraxe ou son parvos de vez ou nonmerecen o cargo que desempeñan.

REI: ¡Perfecto, cortarei dúascabezas dun só golpe! ¡O país terá orei máis elegante do mundo e a máiseficiente administración: cadaquénocupando o posto que merece!¡Vestirei o voso traxe! ¿Poderedestelo pronto para mañá?

ANANO: ¡Contade con el,Elegantísima Maxestade, traballare-mos a eito toda a noite!

REI: ¡Perfecto! ¿Que precisades?

ANANO: ¡Ouro, moito ouro!Lingotes, xoias, moedas. Non paranós, claro, mais para facer o fío deouro que atraia os raios do Sol.

REI: Perdede coidado, non vos fal-tará de nada.

ANANO: Grazas, Maxestade.

REI: ¡De nada! Mandarei que sevos habilite un cuarto onde non sevos moleste.

ANANO: Nin para entrar, nin parafuxir. .. digo saír.

REI: Darei as ordes oportunas einformarei ao meu Consello deMinistros. ¡ Serei o Rei Sol!

ANANO: Desde logo, Maxestade,veredes que traxe. ¡Será o nuncavisto!

REI: ¡Realmente o nunca visto!

Curtametraxes dende o Departamento de InglésNos últimos anos, a profesora Olga Lalín ten botado man do traballo escénico e a gravación de curtametra-xes, para procurar que o proceso de aprendizaxe pase a formar parte da experiencia persoal do alumnado

Aprender facendo, a curtametraxe en secundaria

A aprendizaxe é parte doproceso educativo, pero para serverdadeiramente educativo estedebe ofrecer un valor e un senti-do máis amplo á vida do estu-dante. Unha consecuencia queleva aparellada a falta de distin-ción entre aprendizaxe e educa-ción é que moitas actividades deaprendizaxe non son necesaria-

mente educativas porque care-cen dun valor real para a vida doalumno. No campo do ensino deidiomas, pode ser que tarefas deaprendizaxe de linguas teñanpouco interese persoal ou rele-vancia para o alumnado e posú-an unha trascendencia educativalimitada máis alá da tarefamesma, pensemos no típicoexercicio de encher ocos. Aaprendizaxe significativa prodú-

cese cando a materia que se ensi-na é percibida polo alumnadocomo algo que ten relevanciapersoal e cando implica a súaparticipación activa, é dicir,cando a aprendizaxe pasa a for-mar parte da experiencia perso-al. O proceso creativo propicia-do pola gravación de varias cur-tametraxes permitiu que o alum-nado percibirá esta como parteda súa experiencia persoal.

Aquí podemos ver dous fotogramas de Please stop Bullying Imaxe de Anorexic Beauty, con subtítulos.

Sima Samar (Carla Balado)

María Casares (Ghizlane Rizki )

Se queres ver a película

das obras representadas

(EDIPO REI, CRIATURAS

e mais O REI NU), entra

en Youtube e escribe

Retrincos Teatrais -2015.

(Grandes Mulleres da Historia)

Accede á páxina web do

noso Instituto e poderás ver

estes CADERNOS DE

TEATRO a toda cor

Page 19: Cadernos de teatro 2015

Como cada ano, durante o 8 de marzo do 2014, quince das nosas alumnas deron voz a outras tantas

figuras femininas que salientaron en diversas disciplinas do saber ou que traballaron activamente para mello-

raren a as condicións de vida do ser humano no planeta. Unha desas activistas é Malala Yousafzai, que, uns

meses despois da representación que fixemos no noso centro, recibía o Premio Nobel da Paz.

No Día Internacional da Muller anticipámonos ao Nobel

Téano (Laura Álvarez)

Artemisa Gentileschi (Mª Carolina Gil) )

María Zambrano(Erika Alonso)

Aspasia (Paula E. Flores)

Clara Campoamor(Mª José Prado)

MARGARET SANGER

Bos días. Chámome Margaret Sanger, nacín enEEUU en 1879 e son unha enfermeira pioneira noeido da planificación familiar. En 1916 abrín enNova York a primei-ra clínica de controlda natalidade enEEUU e o primeirocentro que informa-ba sobre métodosant iconcept ivos ,algo que na épocaestaba prohibido epolo que me levaronpresa. Sempre con-siderei que a verda-deira igualdade damuller esixía unhamaternidade libre, édicir, que a muller puidese decidir se desexaba terfillos, cando e cantos. E para iso o dereito á infor-mación resultaba fundamental. Debemos lembrarque nesta época a maioría dos médicos resistíanse aproporcionar algún tipo de información sobre a con-cepción por considerala inmoral e só moi poucasmulleres tiñan algunha idea da existencia dun perío-do fértil no seu ciclo reprodutivo. Unha das conse-cuencias de todo isto é que se producían moitosabortos clandestinos, realizados por xente inexpertae en condicións insalubres, o que provocaba un altonúmero de mortes de mulleres.

En 1952 fun unha das fundadoras da FederaciónInternacional de Planificación Familiar, na cidade deBombai, India, da que fun presidenta durante variosanos, unha organización non gubernamental coa que,entre outras cousas, buscabamos impulsar traballosde investigación para a creación de métodos anti-conceptivos seguros, baratos e sinxelos, que estive-sen ao alcance de todas as mulleres. E por exemplologramos financiamento para que o biólogo GregoryPincus comenzase a investigar sobre o que logo seríaa pílula anticonceptiva, que supuxo unha auténticarevolución que alterou a sociedade. Por primeira veza muller tiña o control sobre o seu corpo e era librepara decidir os fillos que quería ter e en que momen-to. A miña morte produciuse en 1966.

MALALA YOUSAFZAI

Chámome Malala Yousafzai, nacín en 1997en Paquistán e son coñecida polo meu activis-mo a prol dos dereitos civís, especialmente dos

dereitos dasmulleres á educa-ción, xa que namiña terra, no valdo río Swat, nonoroeste dePaquistán, os tali-báns prohibiron aasistencia á esco-la das nenas entre2003 e 2009.

Con trece anosalcancei notorie-dade ao escribirun blogue para a

televisión británica, a BBC, explicando a miñavida e a das nenas da miña comunidade baixoo réxime talibán. O 9 de outubro do 2012,cando ía nun autobús escolar, sufrín un atenta-do por un miliciano da organización TTP, queme disparou cun fusil e me alcanzou na cabe-za, polo cal tiven que ser intervida quirurxica-mente. Implantóuseme unha placa de titanio eun dispositivo auditivo. Salveime pero unvoceiro da TTP xa afirmou que intentaránmatarme de novo. Actualmente estudo a

secundaria nuninstituto deInglaterra e ofeito de podervolver á escolafaime moi feliz. Lembrade quenalgúns paísesmoitos nenosnon querenconsolas, que-ren un libro eun bolígrafopara ir ao cole-xio. Moitasgrazas.

Margaret Sanger (Jeanette Fernández)

Monólogos 19Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística

Wangari Maathai(Lucía Alonso)

Ada Byron (Nerea Dávila)

Vandana Shiva(Liceth Rodríguez)

Rosalía de Castro(Carla Rodríguez)

María, a Profetisa ou aXudía (Susana Roa)

Hellen Keller(María Pérez)

Malala Yousafzai(Tiffany Teixeira)

Durante o último ano foron quince as rapazas que participaron nos monólogos “Grandes Mulleres da Historia”, coordinadas pola profesora Virxinia Calviño

Page 20: Cadernos de teatro 2015

A educación plástica permí-tenos conectar os traballos daaula coas actividades que serealizan no centro (e estou con-vencido de que isto poderíafacerse con todas as materias),elaborar proxectos máis sinxe-los ou máis complexos nos quea aprendizaxe se enriquece dediferentes modos.

Traballar por proxectos pre-cisa unha maior flexibilidadeprogramática, de xeito que oscontidos se empregan case dexeito transversal para conseguirun fin determinado, que nestecaso é unha realización concre-ta, pero que tamén pode serunha idea (valorar a contorna,respectar os espazos naturais...)

O encargo da aula de teatrodo centro permitiunos desen-volver un traballo na aula deexperimentación, de coñece-mento das expresións faciais,uso dun material reciclado moiempregado na creación de for-mas, achegamento ás persona-

xes do teatro clásico e funda-mentalmente do traballo cola-borativo.

O proceso de elaboraciónconsta de tres pasos: o primeiroelabora unha base con capas depapel de periódico mollado encola sobre a cara protexida dosalumnos (dous ou tres compa-ñeiros traballan mentres outroserve de molde). Fanse másca-ras abertas para deixar libre aboca e que mellore a proxec-ción de voz na actuación teatral.O segundo paso trata de darlleforma e expresión á mascara,traballando xa co molde endu-recido o volume de diferentespartes do rostro: ollos, fronte,cabelo, coroas, de xeito que sepersonalizan cada unha dasmáscaras. O terceiro paso con-siste en aplicarlles cor paraacentuar eses efectos de volu-me.

Rematamos o traballo cunhasmáscaras bastante lixeiras eaxustando algunhas formas tras

a proba final dos rapaces que asían usar na obra teatral.

O traballo realizouse cosalumnos de terceiro de ESO,mentres os alumnos de primeirofixeron unhas siluetas de cartón,nas que traballamos formas,

cambio deescala, core traballoen grupos.O esforzoé seu, osprofersoressó temosque organi-zar as tare-fas e dar-

lles un sentido.Este tipo de experiencias

dan valor ó traballo realizadonas aulas e conseguen que osalumnos se motiven máis e seinvolucren coas actividades docentro.

Máscaras e siluetas do alumnado de Plástica para as obras teatrais

Unha función teatral é obra de moitas máis persoas queaquelas que o público ve sobre o escenario. O profesorVíctor Rodríguez dirixiu un grupo de estudantes para aconfección das máscaras para o Edipo Rei, e mais o con-

xunto de siluetas para O Rei Nu. Neste artigo subliña aimportancia da colaboración entre os diferentes departa-mentos dun centro educativo e explícanos como traba-llou el co alumnado a elaboración das máscaras teatrais

Siluetas para O Rei Nu, elaboradas polo alumnado de atención educativa de1ºESO A-C, e mais algúns estudantes de 1ºESO A-B-C, e outros de 3º ESO-A

Velaquí algúns dos creadores das máscaras para Edipo Rei, quetamén traballaron esforzadamente dende o anonimato. Houboalumnos de 3ºESO A-B-C, e mais algúns outros de 1º ESO A-B-C

Como se pode apreciar en todas estas fotografías, o traballo para a confección das máscaras e siluetas foi enormemente laborioso

Cadernos de teatro - 2015

IES Ribeira do Louro - Equipo de Dinamización Lingüística