13
A CÁMARA ESTENOPEICA I.E.S. Nº 1 de A Estrada Edu. Plástica e Visual Prof.: A. Sanmartín Tamaño, exposición e Revelado

Cámara estenopeica tamaño expo revelado

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

A CÁMARA ESTENOPEICA

I.E.S. Nº 1 de A EstradaEdu. Plástica e Visual

Prof.: A. Sanmartín

Tamaño, exposición e Revelado

Page 2: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

TAMAÑO DE CÁMARA E DE NEGATIVO. O tamaño do negativo está en estreita relación co tamaño da cámara. As dimensións óptimas dun negativo estenopeico van dende (+/-) 7 x 10 cm ata tal vez un máximo de dúas follas (unha xunto a outra) de 30 x 40 cm. Un tamaño de negativo axeitado para disfrutar das imaxes estenopeicas (sempre enfocadas) é de 13 x 18 cm.

A relación entre o negativo e a dimensión da cámara ten que ver co ángulo de visión. A distancia focal (LONXITUDE QUE VAI DENDE O BURATO ESTENOPEICO –O QUE SE FAI CO ALFINETE- ATA A PELÍCULA) que máis se semella á visión humá é a que ten a mesma medida que a diagonal do negativo (ver os apuntes anteriores). Distancias focais menores simulan os efectos de obxectivos gran angulares e distancias focais maiores a dos teleobxectivos.

Page 3: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

COMO CALCULAR O TEMPO DE EXPOSICIÓN DUN XEITO “ALGO” FIABLE. Antes de nada debemos saber que as placas ortocromáticas teñen unha sensibilidade proximada de 12 ASA e o papel fotográfico de 4 ASA.

Para calcular un tempo aproximado de exposición podemos actuar do seguinte xeito:

 1º. Teremos que calcula-lo diafragma (f) da nosa cámara estenopeica. Para sabelo temos que saber a distancia focal (F) e o diámetro (d) do esteneopo (burato de entrada de luz). Unha vez coñecidas as dúas medidas dividimos a distancia focal “F” polo diámetro do esteneopo “d”; o resultado é o diafragma da cámara. f= F/d

Así, por exemplo, nunha cámara que ten unha distancia focal de 10 cm. e un

burato de 1’5 mm.

de esteneopo ten un diafragma de 66’5 porque f= 100/1’5= 66’5

(acórdate de pór sempre as cantidades na mesma unidade de medida).

Page 4: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

2. Cando xa temos localizada a imaxe que queremos fotografiar e o lugar

dende onde faremo-la foto, tomaremo-la medida da luz co fotómetro dunha

cámara “normal”. ¡ollo! Acórdate de sinalar nesta cámara a densidade de

12 ASA. Como o máis frecuente é que as cámaras lean unha densidade

mínima de 25 ASA terás que limitarte a eses 25 ASA pero no terceiro paso

(que a continuación explicaremos) correxiremo-lo paso de 25 a 12 ASA

mediante a lei de reciprocidade.

Page 5: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

TÁBOA DE VALORES DE TEMPOS E DIAFRAGMAS

3. Se a cámara convencional “le” a luz da imaxe que queremos capturar por exemplo:Para unha velocidade de (t: ½), danos un diafragma de (f: 5’6). Sabendo que a nosa estenopeica ten un diafragma (por exemplo) de (f: 66’5) buscamos por reciprocidade os valores mais aproximados de ( f:5’6 - t: ½ ) para un diafragma (f: 64, -o valor máis próximo a 66’5 na táboa-) temos que adiantar 7 pasos o diafragma, polo tanto o tempo tamén o teremos que modificar en 7 pasos; o que nos da un tempo de (t: 60 segundos).Pero lembra que estaríamos lendo sobre 25 ASA e a placa da nosa cámara é de 12 ASA. Para correxir este desfase debemos darlle un paso máis ó tempo, porque de 25 a 12 ASA o salto tamén é dun paso, do que resulta que teremos que face-la fotografía cun tempo de exposición de 125 segundos, ou o que é o mesmo, 2 minutos e 5 segundos.

Page 6: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

REVELADO DOS NEGATIVOS DAS CÁMARAS ESTENOPEICAS

¿Debes estar totalmente a oscuras no laboratorio cando cargas a

cámara, ou podes ter encendida una luz vermella?

 

Cando traballamos con película ortocromática (a que usamos coas cámaras

estenopeicas) ou cando traballamos con papel fotográfico (que sempre é

ortocromático) podes ter encendida a luz vermella. É unha das ventaxas de

usar estos materiais: podes ver o revelado e o fixado: ves como a película faise

transparente onde a prata do papel non recibeu a luz.

Page 7: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

Placas negativas e químicos para traballos coa cámara estenopeica.

1. Placas negativas.

Estaban moi ben as placas Valca pero desapareceron do mercado. As da marca Agfa tamén están moi ben pero son difíciles de conseguir.Máis fáciles de atopar e dunha boa calidade son as placas Ortoflex e Ortodur da empresa Buenas Impresiones (Marín) (precio aproximado:15 € 25 placas de 13 x 18 cm. e 18 € 10 placas de 18 x 24.

Page 8: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

2. Os químicos.

Chamamos así aos ácidos que se utilizan para o revelado de placas e papéis fotográficos no laboratorio.

A cianotipia está basada nas reaccións fotosensible dunhas determinadas sales de ferro que se revelan con auga

Nos traballos en branco e negro usamos sales de prata que se revelan dunha forma moito máis complexa e requiren uns productos químicos específicos.

Estes productos son tres:

2.1. Revelador2.2. Baño de Paro2.3. Fijador

Page 9: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

2.1. Revelador

O maior problema das películas en placas ortocromáticas é que dan demasiados contrastes (un alto contraste significa que hai moita diferencia entre os brancos e os negros dunha imaxe). Para correxir eses contrastes tan marcados debemos empregar un revelador de película moi diluido ou un revelador de papel que revele de xeito moi suave (mellor que sexa para revelado de papel e non de película), capaz de sacar medios tons (grises intermedios) e que non incida demasiado en potencia-los negros. Da bos resultados o Pulso 309 (de “Buenas Impresiones”, precio aproximado: 60 € pts/ltr. (ainda que é bo, a relación calidade/precio é desorbitada). Está moi recomendado o Centrabrom da casa Tetenal (12 pts./litro). Pero tamén podes usar calquer outro revelador para papel, por exemplo o Neutol-NE de AGFA, moi diluido (probar a partir de 1-19).

Page 10: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

Recomendacións para o uso do “CENTABRÓN”. A solución adecuada de “Centabrón” para o revelado das placas ortocromáticas non é ningunha das que aparencen nas indicacións da etiqueta do producto. Nos deberemos rebaixar con auga o concentrado nunha proporción que pode ir dende 1-9 ata 1-12. Se a foto foi sacada un día gris, ou con pouca luz, significa que o negativo foi queimado cunha luz moi tenue que deberemos esaxerar cunha alta concentración de revelador (proporción de 1-9), pero se vai moito sol o negativo recollerá os altos contrastes entre as luces e as sombras, polo tanto a concentración de negativo deberá ser suave (proporción de 1-12) para non seguir aumentando dito contraste. Tamén podemos comezar a revelar cunha solucción de 1-9 e se vemos que os negativos quedan moi contrastados, rebaixamo-la solución de xeito progresivo.

Todo revelador para que funcione nunhas condicións optimas debe estar a unha temperatura aproximada de 20º (un máximo de 24 e un mínimo de 16º). Se o revelador está a unha temperatura inferior altera sustancialmente os negativos acentuando os contrastes. Para mante-lo revelador a unha temperatura de 20º o máis fácil é introducir a cubeta de revelado dentro doutra maior que conteña auga quente (como se fose “ó baño María”).

Page 11: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

2.2. Baño de Paro.

O baño de paro e máis o fixador non se precisan dunha calidade tan escollida

como sucede co revelador. A inmersión da película no baño de paro durará uns

30 segundos (non teñen porqué ser exactos).

Está ben o da casa TETENAL (5€/litro).

O baño de Paro de Kodak en envase de 1 litro é sinxelo, e avisa cambiando de

cor cando está esgotado .

Page 12: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

2.3. Fixador.

Está bastante ben o da casa ILFORD (6€/litro), dunha calidade un pouco inferior é o AGEFIX da AGFA diluido en proporción de 1+7.

O fixador tamén debe estár a unha temperatura de 20º, senón corremo-lo risco de que a prata non se disolva axeitadamente e deixe restos de cor branca sobre a película. Se pode manter quente aplicándolle o mesmo sistema que na cubeta de revelado. O negativo deberá bañarse uns 2 min. na cubeta de fixado. É curioso ver como a película volvese transparente onde non recibeu a luz.

Lavado e baño humectante.

É recomendable que unha vez fixada a película, a pasemos por un baño humectatante no lavado, así secará con menos manchas da cal.

O mais usado é o PHOTO-FLO (5 €/litro). Tempo aproximado de baño (+/-) 10 minutos.

Page 13: Cámara estenopeica tamaño expo revelado

A continuación mencionamos algunhas direccións de tendas para comprar os materiais empregados: Para a compra dos químicos de fotografía en branco e negro:

Fotografía “Tino Martinez”Rua Nova, 19-B15705 Santiago de Compostelatelf.- fax: 981.57.23.76

 Para as placas ortocromáticas da cámara estenopeica:“Buenas Impresiones” (observacións: únicamente realiza vendas directas se o pedido é superior a 30 €. Nos seus precios van incluidos o I.V.E. e o envío por correo).r/ F. Bastarreche, 436900 Maríntelef.– fax: 986.88.20.08