2
Bonsai: Bonsai: Bonsai: Bonsai: (De orixe xaponesa) Pranta ornamental sometida a unha técnica de cultivo que impide o seu crecemento mediante o corte de raíces e a poda de ramas. Este Nadal todo foi de marabilla, pero o día 5 complicáronse as cousas. O repiqueteo da choiva no chan espertou á Poucasmigas Malababa, unha bruxa que vive nunha historia que hai na biblioteca. A Poucasmigas Malababa non lle chista ver como os demais gozan e, facendo uso das súas malas artes xaponesas—hai malas artes en todas partes—, estraga todo cunha vara de lata. Viña eu da cabalgata mollado, pero contento co paraugas dobrado e cheo de caramelos para vós, cando unha luz verdiazulada iluminounos: a min e ao paraugas e aos caramelos e ás paredes da biblioteca até mudarlle as cores, como comprobaredes. Despois, oíuse unha gargallada tremenda e pataplaf: todos os caramelos, confeti se volveron. Confeti enorme, porque esa risotada maligna era cousa de Poucasmigas, e ela todo o fai ao grande ou ao pequeno, como veredes máis adiante. A noite de Reis, as criaturas fantásticas imos cedo a cama para ver os agasallos canto antes. Canto antes te deites, antes che reparten os regalos. Ese é o noso lema. Pero …, aquela noite había algo que non nos arrastraba ao leito; algo pasaba e non era a choiva. As criaturas fantásticas galegas non tememos a choiva. Forma parte de noso, como o mar, o verde da herba, e as vacas e as ovellas apegadas a ela. Poucasmigas Malababa estaba desatada. Ese era o problema. Xa non había quen durmira. Pero os Reis chegaron a pesares da nosa vixilia e de Poucasmigas, deixando unha árbore enorme á porta da escola. Cando se foron, a pérfida Poucasmigas Malababa encerrouse coa árbore nunha pompa que fixo cun moco do nariz (é realmente noxenta). Alí pechada, convertiu aquela árbore enorme nun diminuto bonsai bonsai bonsai bonsai cunhas tesoiras de cristal e a vara de lata. Poda que te poda, acelerou o tempo e fixo que pasaran oito longos anos nun instante entre lóstregos e tronos verdiazulados. Cando se aburriu, rompeu a pompa e saiu voando coa risa.

carta 5 Poucas migas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

carta do rato

Citation preview

Page 1: carta 5 Poucas migas

Bonsai:Bonsai:Bonsai:Bonsai: (De orixe xaponesa) Pranta ornamental

sometida a unha técnica de cultivo que impide

o seu crecemento mediante o corte de raíces

e a poda de ramas.

Este Nadal todo foi de marabilla, pero o día 5 complicáronse as cousas. O

repiqueteo da choiva no chan espertou á Poucasmigas Malababa, unha bruxa

que vive nunha historia que hai na biblioteca. A Poucasmigas

Malababa non lle chista ver como os demais gozan e, facendo uso das súas

malas artes xaponesas—hai malas artes en todas partes—, estraga todo

cunha vara de lata.

Viña eu da cabalgata mollado, pero contento co paraugas dobrado e cheo de

caramelos para vós, cando unha luz verdiazulada iluminounos: a min e ao

paraugas e aos caramelos e ás paredes da biblioteca até mudarlle as cores,

como comprobaredes. Despois, oíuse unha gargallada tremenda e pataplaf:

todos os caramelos, confeti se volveron. Confeti enorme, porque esa

risotada maligna era cousa de Poucasmigas, e ela todo o fai ao grande ou ao

pequeno, como veredes máis adiante.

A noite de Reis, as criaturas fantásticas imos cedo a cama para ver os

agasallos canto antes. Canto antes te deites, antes che reparten os regalos.

Ese é o noso lema. Pero …, aquela noite había algo que non nos arrastraba

ao leito; algo pasaba e non era a choiva. As criaturas fantásticas galegas

non tememos a choiva. Forma parte de noso, como o mar, o verde da herba,

e as vacas e as ovellas apegadas a ela. Poucasmigas Malababa estaba

desatada. Ese era o problema.

Xa non había quen durmira. Pero os Reis chegaron a pesares da nosa vixilia

e de Poucasmigas, deixando unha árbore enorme á porta da escola.

Cando se foron, a pérfida Poucasmigas Malababa encerrouse coa árbore

nunha pompa que fixo cun moco do nariz (é realmente noxenta). Alí

pechada, convertiu aquela árbore enorme nun diminuto bonsaibonsaibonsaibonsai cunhas

tesoiras de cristal e a vara de lata. Poda que te poda, acelerou o tempo e

fixo que pasaran oito longos anos nun instante entre lóstregos e tronos

verdiazulados. Cando se aburriu, rompeu a pompa e saiu voando coa risa.

Page 2: carta 5 Poucas migas

—Non queriades unha árbore, aínda que fose

pequena? Pois aí a tendes— e nun

plisplásxanonestás desapareceu.

Que fariamos cunha árbore nova? Temos uns

xardíns tan pequenos …

Como temos espírito positivo, vemos as cousas desta maneira.

Poucasmigas fíxonos tres favores sen querelo:

1PINTOU A BIBLIOTECA POR DENTRO.

2OS CARAMELOS ESTRAGAN OS DENTES E O CONFETI XIGANTE É

MOTIVO DE FESTA.

3APRENDEREMOS A COIDAR UN BONSAIBONSAIBONSAIBONSAI, LENDO AS INSTRUCIÓNS.

OS BONSAISBONSAISBONSAISBONSAIS SON DELICADOS E REQUEREN UNHAS ATENCIÓNS ESPECIAIS, COMA TODOS OS SERES VIVINTES. DÚAS COUSAS DE NADA. DAREMOS INSTRUCIÓNS ÁS CLASES QUE QUEIRAN COIDALO.

Se a túa clase e titor/a queredes participar no coidado desta árbore

especial, anotádevos no papel da entrada contestando a esta pregunta :

A árbore, que nos regalaron os Reis e que converteu Poucasmigas en bonsai, é unha versión reducida dunha das árbores dos xardíns do colexio. Recoñecerédela polas follas e polas pólas. Cómo se chama? Na saída a San Roque, Eva, a nosa guía, falounos desta árbore.

Rato