2
luns , 15 de abril do 2013 Estamos moi contentos porque, este xoves visítanos unha escritora galega, que se chama: FINA CASALDERREY. Comezamos a preparar unha actividade preciosa porque, investigamos sobre ela e… darémoslle unha sorpresa cando abra un sobre que leva dentro unha carta que estamos escribindo. O libro que limos “ Quen me quere adoptar’”, encantounos, enganchounos, emocionounos. Con brillo nos ollos, como así aconteceu en Sergio, Zaira e Judith. Viqui, a nosa mestra, dicíanos que era importante saber cousiñas sobre un autor ou autora para poder comprender o ben que escribe e así… hoxe luns averiguamos que… Fina Casalderrey foi mestra e máis tarde profe nun Instituto. Sabemos que lle premiaron polos seus libros e coñecimos o nome dos premios: “Premio Merlín” e “Premio O Barco de Vapor”. E agora ,neste ano 2013, está con xente moi importante no que se chama a… A ela gústalle moito escribir porque foi testemuña de que os contos son quen de curar a tos… Di que as palabras xunto aos personaxes teñen maxia…

CARTA A FINA

Embed Size (px)

DESCRIPTION

encontro coa autora

Citation preview

Page 1: CARTA A FINA

luns , 15 de abril do 2013

Estamos moi contentos porque, este xoves visítanos unha escritora

galega, que se chama: FINA CASALDERREY.

Comezamos a preparar unha actividade preciosa

porque, investigamos sobre ela e… darémoslle

unha sorpresa cando abra un sobre que leva dentro

unha carta que estamos escribindo.

O libro que limos “ Quen me quere adoptar’”, encantounos,

enganchounos, emocionounos. Con brillo nos ollos, como así

aconteceu en Sergio, Zaira e Judith.

Viqui, a nosa mestra, dicíanos que era importante

saber cousiñas sobre un autor ou autora para

poder comprender o ben que escribe e así…

hoxe luns averiguamos que…

• Fina Casalderrey foi mestra e máis tarde profe nun Instituto.

• Sabemos que lle premiaron polos seus libros e coñecimos o nome dos premios: “Premio Merlín” e “Premio O Barco de

Vapor”.

• E agora ,neste ano 2013, está con xente moi importante no

que se chama a…

• A ela gústalle moito escribir porque foi testemuña de que os contos son quen de curar a tos…

• Di que as palabras xunto aos personaxes teñen maxia…

Page 2: CARTA A FINA

• Fina descubriranos quen lle contaxiou as ganas enormes de ler e… de ler en galego.

• Sabemos que está preocupada porque a nosa lingua anda un pouco doente pero nos anima a que non a deixemos marchar,

sendo compañeira do castelán.

( Claro que a nosa sorpresa o xoves será en lingua galega!)

• Sabemos que lle chama ao galego, “a lingua que viste a nosa terra”,

• Encántalle a cociña, como a Sergio, que a vai a clase de cociña e está emocionadísimoooooo!!!

• Viqui descubriu e investigou que dende pequeña a súa familia contáballe contos e ela escoitaba tanto se estaba enferma na

cama como se despois de facer as súas tarefas premiábana coa

hora do conto!

• Seu pai, que era mecánico, contáballe… e súa tía Esmeralda

contáballe… o conto do “leñador”.

• E, por último, sabemos que o libro que lle foi sinxelo de escribir, débello a unha historia real dun alumno chamado

Marcos que, perdendo ao seu can Toby… axudou a Fina, a

“Doña Fina”, a darle forma ao seguinte libro que vamos a

compartir:

“Dúas bágoas por Máquina”