Click here to load reader
Upload
plastilina3
View
244
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Dirección Xeral de Ordenación e
Innovación Educativa
CIRCULAR INFORMATIVA
CURSO 2011/12
As clases rematarán o venres, día 22 de xuño, coa entrega de boletíns de notas.
Os autobuses deixarán ós alumnos/as no centro ás 10:30 horas e levaranos para as súas casas ás 12:00 horas.
O alumnado que aprobe todas as materias deberá recoller ese mesmo día o sobre de matrícula en conserxería.
Os de 4º que titulen deberán entregar os Libros de Texto tamén en Conserxería. O resto dos alumnos/as
entregarannos no momento de formalizar a matrícula, tanto en xuño como en setembro.
O prazo para as reclamacións de notas, comeza o día 22 de xuño ás 11’30 da mañá e remata o día 28 de
xuño ás 11 da mañá. (Os días 26 e 27 son festivos locais). O día 29 ás 11 comunicaranse as resolucións das
mesmas.
DATAS DE MATRÍCULA PARA PCPI
Aínda non temos datas para a preinscripción e a matrícula, xa que ata xullo non sairá a circular que regula
esta matrícula. En todo caso as datas serán, aproximadamente, nos primeiros días do mes de setembro. do
mes de setembro.
Para o alumnado da ESO convócase sistema de axuda para a adquisición de libros de texto, materiais
curriculares e material didáctico e complementario, convocado mediante a Orde do 30 de maio de 2012
(DOG do 1 de xuño de 2012). As familias teñen que mercar os libros, podendo solicitar unha axuda da Xunta
de Galicia, se cumpren os requisitos esixidos na Orde mencionada anteriormente. Como o prazo para esta
solicitude remata o 26 de xullo, no momento da matrícula informarase persoalmente a aqueles que o
desexen. Para o alumnado que se matricule en setembro, o prazo remata o 1 de outubro.
O inicio do curso 2012/2013 será o luns 17 de setembro.
DATAS DE MATRÍCULA PARA E.S.O. (DE 9:30 A 13:30)
1º ESO LUNS, 2 E MARTES, 3 DE XULLO
2º ESO MÉRCORES, 4 DE XULLO
3º ESO XOVES, 5 DE XULLO
4º ESO VENRES, 6 DE XULLO
EXAMES EXTRAORDINAROS DE SETEMBRO
LUNS 3 E MARTES 4
O horario estará exposto no taboleiro do instituto ao longo do mes de xullo e na
web do centro (www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1estrada) e na rede
http://iesn1edmodo.com
XOVES 6 Entrega de boletíns ás 10:00 h. e presentación de reclamacións
MATRÍCULA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO (DE 9:30 A 13:30)
XOVES 6 1º E 2º DE E.S.O.
VENRES 7 3º E 4º DE E.S.O.
VENRES 7 RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS ÁS 11:00 HORAS. POSTERIORMENTE MATRICULARASE AO
ALUMNADO QUE PRESENTARA AS RECLAMACIÓNS