1
BIBLIOTECA “BIBLIOSOÑOS”. CEIP Antonio Pedrosa Latas. Celeiro- Viveiro No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o Día do Libro (23 de abril); no mes de maio As Letras Galegas. Por iso, dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, como en cursos pasados (“Lembrando o pasado”,“Unha primavera de poemas” e “De aqueles contos… novos finais ), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título: “O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO” Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR. A tradición oral transmite valores que explican a importancia e a necesidade que ten o home de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos. Trátase de fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a, traballando sobre os diferentes refráns que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se utilice na nosa zona. Por iso enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo, manualidades…). Cada ano vides presentando traballos ben bonitos !!! O traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data límite o xoves, 16 de abril; cos mesmos faremos unha exposición no colexio e na semana do 12 ao 15 de maio, unha exposición conxunta de todos os centros participantes, na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións variadas dos alumnos e alumnas dos centros e poderá ser visitada polas familias. Grazas pola vosa colaboración.

Carta para as familias

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Carta para as familias

BIBLIOTECA “BIBLIOSOÑOS”. CEIP Antonio Pedrosa Latas. Celeiro-

Viveiro

No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e o

Día do Libro (23 de abril); no mes de maio As Letras Galegas.

Por iso, dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas

bibliotecas doutros centros da Mariña, como en cursos pasados (“Lembrando o

pasado”,“Unha primavera de poemas” e “De aqueles contos… novos finais),

propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:

“O REFRANEIRO DE CERVO A VIVEIRO”

Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E

POPULAR.

A tradición oral transmite valores que explican a importancia e a necesidade que

ten o home

de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios

estilos de vida e outros distintos.

Trátase de fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a,

traballando sobre os diferentes refráns que coñecen, para despois pensar nun en

concreto e a ser posible que se utilice na nosa zona.

Por iso enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o

acompañedes dunha ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres

(collage, debuxo, manualidades…).

Cada ano vides presentando traballos ben bonitos !!!

O traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data límite o xoves, 16

de abril; cos mesmos faremos unha exposición no colexio e na semana do 12 ao 15

de maio, unha exposición conxunta de todos os centros participantes, na Sala de

Usos Múltiples do Concello de Viveiro. Esta exposición contará con actuacións

variadas dos alumnos e alumnas dos centros e poderá ser visitada polas familias.

Grazas pola vosa colaboración.