1
ario ario ario ario abecedario actuario acuario adversario agrario anuario arbolario bestiario bibliotecario calendario diccionario herbario Do “Diccionario de la Rima” da editorial EDICOMUNICACIÓN. O mundo dicionario segue a sorprenderme. Flipante! Un dicionario para poetas…Teñen que buscar as palabras pola terminación. Os poetas… A poesía…Xa se sabe. A noz é o comezo de todo. Ui! Non estou certo! Que é o primeiro a noz ou a nogueira ? A landra ou o carballo? A castaña ou o castiñeiro? Non só hai que pensar en rillar hai que darlle voltas aos miolos… ao cerebro. Na biblioteca había unha metáfora sobre a nosa cabeza envolta en tules de celofán cun poema. Dígovolo porque seguro que non reparastes nela . Facedes tanto ruído… andades tan ás carreiras, que non escoitades a música e a poesía do silencio. Malpocados! Pois os silencios e as metáforas son ferramenta de poetas. Nas paredes das escaleiras botamos musgo, toxos e xestas para que as vosas árbores medrasen fortes e con ambiente forestal . Agora arrecende a verde, a branco e a amarelo e isto é, cando menos, un sopro de aire fresco metafórico-sinestésico. Que vos preste! Seguide traendo as vosas fotos debaixo das vosas árbores e cos vosos textos. Repito vosas intencionadamente. Cuestión de ritmo, e o ritmo tamén é cousa de poetas. O voso monte das paredes ten variedade e rarezas. Coas fotos das vosas árbores imos facer un libro. “O ARBOLARIO DA DOBLADA” e xa temos bosque e monte dabondo con nenas e nenos e mestras … e … onde están os mestres, por certo? Temos historias preciosas como a do QUERCUS FORTIS IN SÉCULA. A algunhas fotos fáltalles texto. Non sexades langráns! Agora hai que poboalo de bechos e animais para o que imos facer entre todos un “ANIMALARIO DO BOSQUE” en galego en inglés e en castelán que inclúa debuxos, pegadas e descricións dos animais que escollamos cada clase ordeados alfabeticamente. E como vai o herbario? E o abano das cores do outono? RATO

carta3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

cartas rato

Citation preview

Page 1: carta3

arioarioarioario abecedario actuario acuario

adversario agrario anuario arbolario bestiario

bibliotecario calendario diccionario herbario

Do “Diccionario de la Rima” da editorial EDICOMUNICACIÓN. O mundo dicionario segue a sorprenderme. Flipante! Un dicionario para poetas…Teñen que buscar as palabras pola terminación. Os poetas… A poesía…Xa se sabe.

A noz é o comezo de todo. Ui! Non estou certo! Que é o primeiro a noz ou a nogueira ? A landra ou o carballo? A castaña ou o castiñeiro? Non só hai que pensar en rillar hai que darlle voltas aos miolos… ao cerebro.

Na biblioteca había unha metáfora sobre a nosa cabeza envolta en tules de celofán cun poema. Dígovolo porque seguro que non reparastes nela . Facedes tanto ruído… andades tan ás carreiras, que non escoitades a música e a poesía do silencio. Malpocados! Pois os silencios e as metáforas son ferramenta de poetas. Nas paredes das escaleiras botamos musgo, toxos e xestas para que as vosas árbores medrasen fortes e con ambiente forestal . Agora arrecende a verde, a branco e a amarelo e isto é, cando menos, un sopro de aire fresco metafórico-sinestésico. Que vos preste!

Seguide traendo as vosas fotos debaixo das vosas árbores e cos vosos textos. Repito vosas intencionadamente. Cuestión de ritmo, e o ritmo tamén é cousa de poetas. O voso monte das paredes ten variedade e rarezas.

Coas fotos das vosas árbores imos facer un libro. “O ARBOLARIO DA

DOBLADA” e xa temos bosque e monte dabondo con nenas e nenos e mestras … e … onde están os mestres, por certo? Temos historias preciosas como a do QUERCUS FORTIS IN SÉCULA. A algunhas fotos fáltalles texto. Non sexades langráns!

Agora hai que poboalo de bechos e animais para o que imos facer entre todos un “ANIMALARIO

DO BOSQUE” en galego en inglés e en castelán que inclúa debuxos, pegadas e descricións dos animais que escollamos cada clase ordeados alfabeticamente. E como vai o herbario? E o abano das cores do outono?

RATO