Upload
paco-suarez
View
218
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Revisa do Equipo de Normalización do galego do IES de Cotobade
Citation preview
1
IES DE COTOBADE Nº 12
CURSO 2011 - 12
CARTAFOL
Cabazas e Samaín
Polo San Martiño pións as camiño
Magosto
e xogos tradicionais
Facendo hip-hop en galego
Salón do libro
175 anos de Rosalía de Castro
3
ÍNDICE Fotos cursos 2
Indice 3
Letras Galegas, Valentín Paz Andrade 4
Letras galegas e Correlingua 2012 5
O noso blog, código QR e o calendario 6
Samaín 7
Polo San Martiño peóns ao camiño 8
Proceso de elaboración dun cesto con asa 9
Magosto e xogos tradicionais 10
Campionato galego de campo a través 11
A Carballeira de San Xusto 12
Concurso creativo-literario SMs 13
O entroidiño 2012 14,15
Postres de entroido 16
Caretas de entroido 17
Competicións deportivas Cotobade vs Forcarei 18
Facendo Hip-Hop en galego 19,20
Salón do libro 21
Homenaxe Gonzalo Jar e Díaz Pardo 22
175 anos de Rosalía e Radio Cotovía 23
Balbinos e Pachíns de Cotobade 24
O termómetro da lingua 25
Viños franceses e galegos 26
Fotos cursos 27
4
A Real Academia Galega decidiu ho-
menaxear ao pontevedrés Valentín Paz An-
drade co día das Letras galegas.
Avogado, xornalista, poeta, home de
empresa e persoa vinculada á política gale-
guista, personalidade multifacética, Valentín
Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 - Vigo
1987) fixo de Galicia a súa tarefa.
Licenciouse en Dereito pola Universi-
dade de Santiago de Compostela (1921) e
participou na creación en Vigo do xornal Ga-
licia (1922), do que foi director.
En Vigo exerce a avogacía, facéndose
cargo do asesoramento da Sociedade de Ar-
madores de Bouzas (1927) e colaborando na
revista Industrias Pesqueras.
Durante a segunda
República participou nas
iniciativas galeguistas,
sendo un dos catro
membros do Seminario
de Estudos Galegos que
en 1931 redactou o ante-
proxecto de Estatuto de
Galiza. Tras o alzamento
militar foi desterrado a
Verín, onde comezou a escribir poemas en
galego.
Foi un dos fundadores de Pescanova
(1960) e da Feira
Mundial da Pesca de
Vigo (1973). Paz An-
drade foi membro da
Real Academia Gale-
ga e senador pola pro-
vincia de Pontevedra
como independente
da Candidatura De-
mocrática Gale-
ga.Valentín Paz Andrade, unha personaxe
fundamental para entender a historia de Gali-
cia no século vinte, finou na cidade de Vigo
un 19 de maio de 1987 e foi soterrado no
panteón familiar en Lérez, Pontevedra.
Letras galegas 2012
Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899—Vigo 1987)
Obra:
Valentín Paz Andrade cultivou as nosas letras con paixón e fíxoo
en diversos xéneros. En prosa escribiu ensaio literario, económi-
co, histórico e de temas pesqueiros. No plano literario conta cunha
novela Soldado da morte e varios libros de poesía: Pranto matri-
cial (1955); Sementeira do vento (1968); Cen chaves de sombra
(1979); Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986)
Cantos do desterro branco (1937); Sangue na neve: Etopeia da
serra (1937); Cantos da aguia e do lobo (1937); Canto do pobo
disperso (1955); Canto reuncial de Galiza (1980); Áurea ora de
Galiza (1984); Canto en catro ao conde de Andrade (1985); Poe-
mas soltos (1937-1984) e mais textos fragmentarios de Canto do
liño e da la (1937-1939) e Os sete salmos da remigración (1955).
Ademais da súa faceta como escritos salientan as numerosas con-
ferencias e a publicación de diversos artigos en xornais e revistas.
5
Alumnos de 3º da ESO conmemorando as
Letras Galegas 2012
As nosas parroquias non podían faltar á cita
O cartaz que fixemos
lucía así de fermoso
polas rúas de Pontevedra
Hai moitas maneiras de
comunicarse.
Felicidades á fotógrafa!!
Orgullosos do noso, ORGULLOSOS DO GALEGO!!!
Amosamos
as mellores
Verbas !!!
6
O Equipo de normalización da lingua galega do IES de Cotobade dáse a
coñecer a través da internet A comezos deste curso 2012 decidimos meternos de cheo no mundo dixital e para iso
construímos un blog que xa todos coñecedes. Se aínda hai algún despistado que non o visi-
t o u s a b e d e q u e o n o s o e n d e r e z o n a a r a ñ e i r a é : h t t p : / /
equipodenormalizacionlinguisticaiesdecotobade.blogaliza.org/ e que a través del podedes:
Como non, visitaranos e de paso coñecer as actividades que desenvolvemos ao lon-
go do curso
Compartir as novas cos vosos colegas a través de
Felicitar aos vosos compañeiros e compañeiras
Visionar vídeos, fotografías, presentacións, ...
Coñecer as novas máis interesantes
Escribir e colgar as vosas creacións
Ler a lingua de noso na internet
Sentir emocións inesquecibles
Escoitar música, da boa
Namorarvos de….
Ah! e mesmo podedes comentar todo o que queirades.
E como non, o pracer de facelo EN GALEGO!!!
Non o dubides e fai aquí clic!!! ou escanea o noso código QR
Cento setenta e un días de vida escolar
Baixo o lema “Anota o día en galego, o
galego ten futuro, convídao”, comezamos a
andar no 2011.
Desde o EDLg quixemos así, presentar-
nos ao profesorado, ao alumnado e ao persoal
de administración e servizos do IES de Coto-
bade, cunha proposta útil e visible para todo
o ano.
Entre os nosos obxectivos estaban: pro-
porcionar unha ferramenta útil para o curso;
poder ver de vez como ía ser o ano para po-
der planificar actividades, exames…; poten-
ciar os usos escritos e orais da lingua galega,
ademais de facer visible deste xeito ao gale-
go.
Desexamos que vos fose de utilidade.
7
SAMAÍN 2011
Un total de trinta e cinco cabazas parti-
ciparon no concurso “Cabazas do país deco-
radas con elemen-
tos naturais, edi-
ción 2011” celebra-
do no IES de Coto-
bade. O concurso
inscríbese dentro
das actividades rea-
lizadas no centro
para a recuperación
do Samaín desde o
Equipo de Dinami-
zación da Lingua
Galega e os Depar-
tamentos de Inglés,
Francés e Plástica.
Este foi o cartel con que vos convida-
mos a participar.
Despois de facer o reconto de votos o
xurado do IES de Cotobade, constituído po-
los alumnos do centro, decidiu por maioría
outorgar os premios ás seguintes cabazas do
país:
Cabaza nº 1: Premio á “Cabaza Máis
Terrorífica 2011” presentada por 4º da ESO
presentada por Jessica Marcial Fentanes, Fan-
ny Bourdón Fernández, Laura Corral Tenorio
e Sergio Bouzas Antes de 4º ESO.
Cabaza nº 28: Premio á “Cabaza Máis
Orixinal 2011” presentada por Ángela
Fernández Sobral - 2º ESO A
Cabaza nº 20: Premio á “Cabaza Máis
Traballada 2011” presentada por Alberto
Ventín Rodríguez - 2º ESO B
Cabaza nº 18: Premio á “Cabaza Máis
Graciosa 2011” presentada por María García
Campañó - 4º da ESO
“Cabaza Máis Terrorífica 2011” “Cabaza Máis Orixinal 2011”
“Cabaza Máis Traballada 2011” “Cabaza Máis Graciosa 2011”
8
POLO SAN MARTIÑO TOMPOS AO
CAMIÑO
No mes de novembro comezamos a baliar o
trompo.
Este ano desde o EDLg do IES de Cotobade
quixemos sumarnos á iniciativa da rede gale-
ga do Xogo Tradicional, Brinquedia. E así o
día 11 de novembro, por certo o 11 do 11 do
11, no tempo de recreo á 12:45
horas contribuímos a facer tre-
mer a terra, puxemos a rodar os
nosos trompos tras lanzalos con
enerxía ben suxeitos coa bara-
za.
Unha activi-
dade diverti-
da coa que
pretendemos
recuperar un
dos xogos tradicionais máis
coñecidos ao que de seguro
moitos dos vosos pais e
avós xogaron tardes entei-
ras. Na nosa convocatoria
participaron tanto alumnos
coma alumnas e debido á
participación quixemos estender o xogo a to-
dos os recreos deste
curso a través da activi-
dade “O cesto dos
trompos”. Aproveita-
mos a ocasión para
agradecer a Dona Emé-
rita Iglesias Iglesias,
cesteira de Mosteiro,
pola súa xenerosidade
ao facernos un cesto
branco no que levamos os nosos trompos, sen
nos esquecer de María Iglesias de 3º A que
serviu de ponte coa súa avoa.
Xa sabedes que o “Cesto dos trompos” está á
vosa disposición e que para empregalo só te-
des que ir á conserxaría e perdirllo a Mónica,
pero tedes que comprometervos a dúas cousi-
ñas, a saber: a) manter as regras do xogo e b)
devolver o cesto ao seu lugar despois de xo-
gar tal e como o collestes.
9
Elaborar un cesto non semella ta-
refa doada, seguriño! Desde o EDLg
quixemos saber máis e para iso fixemos
traballar a María Laredo de 3º ESO A
que se puxo en contacto coa súa avoa e
tróuxonos este texto a modo de recei-
ta sobre como elaborar un cesto. Vela-
quí o tedes:
Primeiro recóllense pólas de car-
ballos pequenas, quéntanse no lume e
córtanse en laminas. Tamén hai que re-
coller vimbios, salgueiro…
Téñense que poñer a remollar en
auga para que o entrelazalos, ao facer
o cesto, non se rompan.
Ao ter feito isto colócanse unhas
cantas láminas, dependendo do tamaño
do cesto, cunha forma parecida ao as-
terisco. Despois vanse entrelazando os
vimbios así:
Cóllense dous vimbios e póñense
un por encima dunha lamina e o outro
por debaixo desa mesma lamina. Des-
pois o que está por encima pasase por
debaixo da seguinte lamina e o que es-
taba por abaixo por encima e así suce-
sivamente.
O ter o fondo do cesto co tamaño
que se desexa dóbranse aos poucos as
láminas cara arriba, átanse cun cordel
e métense en auga durante un determi-
nado tempo.
A continuación repítese o proceso
dos vimbios. Cando teñamos a altura
que queiramos rematámolo cunha forma
determinada.
Por certo, quero transmitirlle o
meu agradecemento persoal e o do
Equipo de Normalización da lingua gale-
ga do IES de Cotobade á miña avoa por
ter feito este cesto tan ben. Un biqui-
ño e graciñas.
E velaquí tedes o cesto que con
tanto agarimo elaborou a miña avoa
Emérita. Como podedes ver é moi feitu-
quiño e sae ben nas fotos, ademais de
servir para gardar os trompos. Boniti-
ño, útil e asequible.
Proceso de elaboración dun cesto con asa
María Alonso Laredo, 3º ESO A
10
Con olor a castañas e moitas ganas de
xogar o xoves 10 de novembro fixemos o ma-
gosto no centro.
O alumnado organizouse por quendas e
todos participaron en todo: xogar ás bolas, ás
chapas, tirar da corda, saltar á corda, correr
detrás do aro, botar a bailar ao trompo, coller
o pano ou xogar á petanca foron algunhas das
actividades, ademais de por suposto comer
castañas.
Queremos agradecer a colaboración do
concello de Cotobade que enviou a dous ope-
rarios para asaren as castañas e tamén o Co-
ordinador do Deporte Galego que nos em-
prestou un caixón cheo de xogos tradicionais.
Foi unha xornada divertida e gorentosa.
MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS
11
Como xa vén sendo tradición no noso centro,
o alumnado de 1º e 2º da ESO acudiu á cita
anual en Soutelo de Montes para participar
no Campionato galego de campo a través.
Este ano o tempo non acompañou e a
data inicial 2 de decembro tivo que adiarse
ata o 20 de xaneiro por mor da meteoroloxía.
E así cun frío intenso fomos ata Soutelo para
participarmos nas categoría Infantil e Cadete
aínda que ao final da xornada subiu a tempe-
ratura e mesmo saíu o sol.
Os alumnos de Cotobade quedaron ben
clasificados, cómpre salientar o primeiro pos-
to de Noelia Domatos Suárez e os dous ter-
ceiros de Mari Carmen Gómez Neira e Jose
Ojea. Laura Barros e Iago di Di-Silvestro fo-
ron cuartos e Ilyá Morozov quinto.
Despois de tanto correr ao final houbo
un merecido chocolate para repoñer forzas.
Os profesores Salvador, Mario e Paco acom-
pañaron aos rapaces ata Soutelo.
O pasado venres 1 de xuño os gañado-
res recibiron as medallas na Carballeira de
San Xusto,
Campionato de campo a través no circuito da Magdalena.
Os alumnos do IES de Cotobade acadan un primeiro e dous terceiros postos nas
diferentes categorías
13
O xoves 9 de febreiro de 2012 reuniu-
se o xurado do I Concurso creativo-literario
de SMs en galego 2012 para elixir aos gaña-
dores do certame.
O xurado estivo composto por María
Pichel Lois, lectora e Concelleira de Turismo
e Promoción Económica en representación
do Concello de Cotobade; Ana María Ferrei-
ro Gómez, nai lectora en representación das
nais e pais do centro; Nuria Bouzas Antas
alumna lectora pertencente ao Club de lectura
do IES de Cotobade representando ao alum-
nado; Mónica Costas González, conserxe lec-
tora; Rosa García Otero coordinadora-lectora
do Club de lectura do IES de Cotobade e re-
presentante da Biblioteca do centro e Francis-
co Xosé Suárez Benito coordinador-lector do
Equipo de dinamización da lingua galega do
IES de Cotobade.
Tras unha difícil deliberación e ante a
enorme calidade dos traballos participantes, o
xurado do concurso decidiu outorgar un ter-
ceiro premio ex aequo. A entrega de premios
realizouse nunha data especial, o 14 de fe-
breiro e os premiados foron:
Primeiro premio: Álvaro Búa Fontán
de 2º ESO A
Segundo premio: Noelia Suárez Do-
matos de 2º ESO A
Terceiro premio ex aequo: Carla Rey
Suárez 3º ESO A e Alexandra Leboso Fran-
cisco de 1º ESO B
O número total de traballos presenta-
do foi de vinte e cada un dos participantes
que non acadaron un dos catro premios ante-
riores recibiu un gorentoso agasallo pola súa
colaboración.
O xurado quere agradecer a participa-
ción a todos os alumnos que se presentaron e
felicitar a grande calidade lírica das súas
mensaxes, ademais da orixinalidade á hora de
crear as abreviaturas. Animádevos a partici-
para o ano que vén.
I CONCURSO CREATIVO-LITERARIO
“SMs DÍA DOS NAMORADOS” IES DE COTOBADE
18
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS 2012 COTOBADE vs FORCAREI
O 29 de febrero de 2012 celebráronse no IES
de Cotobade as Competicións deportivas anuais contra
o IES Chano Piñeiro de Forcarei.
Na primeira xornada as rapazas foron as prota-
gonistas das diferentes modalidades deportivas.
Os resultados foron estes:
Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Proba Cultural (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 1)
Voleibol (Cotobade – 1 – Forcarei – 0)
Baloncesto (Cotobade – 14 – Forcarei – 14)
Balonmán (Cotobade – 7 – Forcarei – 0)
Fútbol (Cotobade – 4 – Forcarei – 1)
O venres 2 de marzo participaron os rapaces.
Os algarismos das probas masculinas foron:
Bádminton (Cotobade – 5 – Forcarei – 0)
Xadrez (Cotobade – 1 – Forcarei – 1)
Proba Cultural (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Tenis de mesa (Cotobade – 0 – Forcarei – 2)
Voleibol (Cotobade – 75 – Forcarei – 48)
Baloncesto (Cotobade – 18 – Forcarei – 6)
Balonmán (Cotobade – 4 – Forcarei – 5)
Fútbol (Cotobade – 3 – Forcarei – 2)
Os resultados parciais foron:
Competicións femininas: Cotobade 4 – Forcarei 2
Competicións masculinas: Cotobade 5 – Forcarei 4
O resultado final: Cotobade 9 – Forcarei 6
Desde o IES de Cotobade e da revista Cartafol,
queremos agradecer ao IES Chano Piñeiro pola súa
participación nas xornadas e convidámolos a vir o
vindeiro ano.
19
A rapeira viguesa Aíd Alonso estivo no noso
centro impartindo un obradoiro de Hip-hop. Baixo o
título Facendo Hip Hop en galego o EDLg do Ies de
Cotobade quixo acercar a cultura hip hop nos seus
diversos xeitos de expresión: baile breakdance, mú-
sica rap e pintura grafiti.
O obxectivo non foi outro máis ca divertise,
descubrir esta cultura e promover o uso do galego
vencellándoo coa diversión e o ocio.
A actividade desenvolveuse en tres obradoi-
ros impartidos por un equipo de mozos que repre-
sentan cada elemento da cultura hip hop: rap, grafiti
e breakdance.
O obradoiro de rap e rimas foi unha das par-
tes máis activas. A través da interpretación de varias
pezas e unha pequena explicación da métrica e rit-
mo do rap, os asistentes a actividade foron familia-
rizándose coa música. A partir de aí crearon unha
canción entre todos e finalmente a cantárona. Im-
partiu esta sección a rapeira Aíd, que ademais das
rimas, foinos explicando ao longo do obradoiro a
historia do hip hop.
No obradoiro de baile. Mesturáronse diversos
estilos con bastante ritmo e movementos acrobáti-
cos, gustou moito e houbo abondo interese e partici-
pación por parte do alumnado asistente. Ensaiando
varios pasos e atrevéndose a participar sen vergonza
ningunha.
No obradoiro de grafiti aprendemos outra
forma de expresarnos, ao igual que nas rimas ou no
baile. O grafiti converterase nun xeito de expresión
e nun tipo de arte que pode alcanzar altos niveis,
non se trata de facer pintadas. Tamén tivemos a
oportunidade de coller un spray e probar a pintar
algo.
A lembranza da actividade quedou plasmada
na entrada do centro.
Desde o Equipo de normalización agardamos
que actividade fose do voso agrado e que gozásedes
do tempo de hip-hop.
A Rapeira Aíd estivo en Cotobade facendo Hip Hop en galego
21
12+1
Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolveuse en Pontevedra unha nova edición do Salón
do Libro Infantil e Xuvenil. E nós estivemos alí.
Este ano fomos ao teatro e asistimmos a dúas
representacións. 1º e 4º viron Escola de Menciñei-
ros e 2º e 3º Pelos na lingua. A obra que máis gus-
tou ao noso alumnado foi a segunda, divertida repre-
sentación que reflexiona sobre os prexuízos lingüís-
ticos sobre a lingua galga.
O tema do Salón do Libro este ano foi 12 + 1,
as supersticións, de onde veñen estas crenzas, na
importancia dos números nos contos, na boa e mala
sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se
trasladan á literatura infantil.
O autor homenaxeado de 2012 foi Paco
Martín, escritor e mestre nado en Lugo en 1940 e
cunha grande traxectoria de publicacións e premios.
O seu primeiro libro, Muxicas no espello, apareceu
en 1971. Publicou despois as novelas No cadeixo
(1976) e E agora cun ceo de lama (1981) e o volume
de relatos Dende a muralla (1990).
22
O alumnado do IES de Cotobade visitou o busto de Gonzalo Jar Couselo, curmán do profesor Antonio Jar Ramos, para renderlle a nosa homenaxe
particular e lembrarnos así do noso Anntonio que se xubilou o ano pasado. María de 4º ESO leu un texto de recoñecemento polo labor deste gale-
guista a prol da lingua e da cultura galega. Este será o noso lugar de encontro cando veñamos a Pontevedra para lembrar o noso compromiso coa
lingua galega. Un pobo, unha patria, unha lingua.
O alumnado do IES de Cotobade visi-
tou o busto de Gonzalo Jar Couselo, curmán
do profesor Antonio Jar Ramos, para render-
lle a nosa homenaxe particular e lembrarnos
así do noso Anntonio que se xubilou o ano
pasado.
María de 4º ESO leu un texto de reco-
ñecemento polo labor deste galeguista a
prol da lingua e da cultura galega. Este será
o noso lugar de encontro cando veñamos a
Pontevedra para lembrar o noso compromiso
coa lingua galega. Un pobo, unha patria,
unha lingua.
HOMENAXE EN PONTEVEDRA A GONZALO JAR
Morreu o conservador libertario Isaac Díaz Pardo
Dun xeito discreto deixounos un
home que viviu sempre así, humilde e
xenerosamente na rebotica da cultura, tra-
ballando a reo polo seu ideal, Galiza. Díaz
Pardo sempre lembraba que o seu traballo
era por e para ela, e fíxoo fielmente dentro
e tamén fóra dela.
Galiza queda orfa unha vez máis dun
home bo e xeneroso; dun home con com-
promiso sincero; dunha discreta fortaleza;
dunha mirada ao Máis alá; dun artista total;
dun arquitecto de soños; dun mestre; dun
pontífice do galeguismo; dun testemuño
que recollemos; dun home, tamén, inxusta-
mente tratado; dun exemplo e referente
inesquecíbel e indispensábel para a nosa
Terra e o noso ideal Galiza.
Cheo de tristura cando pasei por di-
ante da tenda de Sargadelos na rúa Oliva,
en Pontevedra, e nin unha mínima nota do
seu pasamento, nin tan sequera na súa web.
Desagradecidos.
Don Isaac Díaz Pardo. Descanse en paz.
Francisco Xosé Suárez Benito
23
A AELG (asociación de escritores en lingua galega) promoveu o 24 de febreiro unha serie de
actos organizados por concellos e asociación culturais para celebrar o Día de
Rosalía de Castro, no que se conmemora o 175 aniversario do seu nacemento.
No noso centro quixemos lembrar esta data facendo o noso primerio programa
de radio, aquí vos deixamos un anaco do guión:
175 Anos de Rosalía de Castro e primeiro programa
de Radio Cotovía en Cotobade
GUIÓN: DÍA 24-03-12
CONTROL: DISCO Brath. Corte 9 O nubeiro
de pé 03:48
LOCUTOR 1: Bos días a todas e a todos.
Radio Cotovía inicia unha nova andaina po-
las ondas do patio do instituto. Para facervos
pasar un rato agradable durante o tempo de
recreo e contarvos algunhas cousas que pa-
san polo mundo.
CONTROL sube música a primeiro plano
LOCUTOR 1: Pois si estades escoitando
ben, Radio Cotovía. Con este nome comeza-
mos a nosa andaina radiofónica á espera de
escoller outro nome. E comezamos as nosas
emisións nunha data sinalada, non si?....
LOCUTORA 2: Pois si,.... hoxe día 24 de
febreiro é o día no que naceu Rosalía de
Castro, a nosa escritora máis universal.
LOCUTORA 3: En fin !! a Cervantes da lite-
ratura galega
LOCUTORA 2: Se o queres dicir así. Pois
si...
LOCUTORA 1: Non vos ensarilledes co te-
ma. Resumindo que hoxe a Asociación de
Escritores en Lingua Galega quere celebrar
por todo o país unha serie de actos organi-
zados por concellos e asociación culturais
para celebrar o Día de Rosalía de Castro, no
que se conmemora o 175 aniversario do na-
cemento da nosa autora.
LOCUTORA 2: Carafio!! que ben falas eu
non o diría mellor.
LOCUTORA 1: Deixémonos de andrómenas
e comecemos o noso programas e nada me-
llor que facelo que escoitando a voz dun
clásico, Amancio Prada que interpret un poe-
ma moi coñecido de Cantares Gallegos.
CONTROL: AMANCIO PRADA Corte 5 Co-
mo chove miudiño 04:34
[…]
24
50 Anos de Memorias dun Neno labrego
Pachíns e Balbinos de Cotobade
Este ano celébrase o 50 aniversario da publicación se Memorias dun neno labre-
go, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces). Os rapaces e rapazas sentíronse identi-
ficados coas historias de Balbino e Pachín, xa que no noso centro hai moito alumnado
que vive nas aldeas do Concello de Cotobade, fundamentalmente rural.
Fixemos un traballo no que recollemos o nome das parroquias dos rapaces e dos
seus cans, podedes consultalo no noso blog.
A PACHÍN IN MEMORIAM
Este é o noso Pacchín particular, un canciño que se achegou á nosa porta e quixo entrar a
saudarnos. Contounos moitas cousas terribles do mal que o están a pasar os cans abandona-
dos. Eles non o farían.
Tristemente o noso Pachín faleceu atropelado na estrada de Cotobade ao igual que outros
moitos cans anónimos que cada día morren sen que ninguén se lembre deles.
Issac Díaz Pardo debuxou a
portada das memorias de
Balbino. E acolleu a Neira
Vilas na súa casa cando
retornou a Galicia
25
TERMÓMETRO DA LINGUA NO IES DE COTOBADE
O GALEGO EN COTOBADE GOZA DE BOA SAÚDE
"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"
Os soños na gaiola,
Manuel María
26
VIÑOS FRANCESES E GALEGOS
O viño
O viño branco é meu primo,
e o tinto é meu parente,
non hai festiña no ano,
que non vexa á miña xente.
Estribilo:
Era o viño, miña nai, era o viño;
era o viño que a min me gustaba;
era o viño, miña nai, era o viño,
era o viño que me emborrachaba;
era o viño, miña nai, era o viño,
era o viño mezclado coa caña.
Cando te encontras conmigo,
non queres decirme nada;
pra decirme que che gusto,
tes que mollar a palabra.
A culpa non che foi miña,
cando caín na silveira,
que foi da tiña Rosiña,
por plantala tanto á veira.
Non foi soio na silveira,
tamén na porta da casa;
pensaches que estaba aberta,
e esnafraches toda a cara.
Mira se che son bon home,
que me gusta perdoare;
o mal que me fai o viño,
polo ben que a min me sabe.
Letra da canción O viño do CD
Unha terra, un pobo, unha fala, do grupo
Saraibas. Primeiro disco deste grupo edita-
do no ano 1980
O alumnado de francés realizou un traballo de investigación sobre a enoloxía en Espa-
ña e Francia. Facendo especial referencia ás variedades vitivinícolas de Galicia que teñen
máis similitude cos viños franceses.
À votre santé!!! Á vosa saúde !!!
-Ó bo taberneiro
denantes de vender o viño bautizao primeiro
-Mentres que auga teña o Miño
no Ribeiro non faltara o viño
-Nin ola sin touciño,
nin xantar sin viño
27
3º ESO A
3º ESO B
4º ESO
Que teñades moita sorte e seguide sendo tan
felices e tan alegres, non deixedes de falar...