8
CARVALHO CALERO LETRAS GALEGAS 2020 EN TEMPOS DE PANDEMIA ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A PARTIR DO VÍDEO DO IES DE ARZÚA

CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

CARVALHO

CALERO LETRAS GALEGAS 2020 EN TEMPOS DE PANDEMIA

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A PARTIR DO VÍDEO DO IES DE ARZÚA

Page 2: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

Enlace do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms

A) Antes de ver o vídeo

1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de

2020: Carvalho Calero?

2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

Bernardo Maiz no xornal Praza “A dirección actual da RAG

entendeu que Carvalho Calero era un xigante intelectual e

que non podía ser mantido no ostracismo”?

https://praza.gal/cultura/a-direccion-actual-da-rag-entendeu-que-carvalho-calero-e-un-xigante-intelectual-e-que-non-podia-ser-mantido-no-ostracismo

B) Despois de ver o vídeo

1.- Carvalho biográfico

- No vídeo, aparecen detalles da vida de Carvalho Calero que o

marcaron para sempre. Poderías dicir a que momento do vídeo

nos referimos? Quen están a falar e que é o que din? A

continuación, consulta a wikipedia e contrasta a información:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carballo_Calero

Con que outros datos da wikipedia relativos a esa época podes

ampliar a información mencionada no vídeo?

Page 3: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

2.- Carvalho literario

- En que momento do vídeo aparecen os dous fragmentos de

dúas obras moi significativas na traxectoria de Carvalho? Podes

anotar os títulos destas obras e a cronoloxía? Busca na rede

información fiábel que amplíe a información. Non esquezas

mencionar as fontes onde consultaches.

- Le os dous fragmentos destas dúas obras que saen no vídeo.

Están escritos na grafía na que escribiu Carvalho Calero o

Galego a partir dos anos 80.

Non é tarefa difícil. Só tes que aplicar estas regras:

- G / j: lense como o ‘x’

- Nh: ñ

- Lh:ll

- Ss:s

- ç: z

Page 4: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

Como pudemos

viver? (...)

As bocas das metralhetas

apontando-nos. A censura

postal —fatídico agoireiro—

lendo as nossas entranhas.

Os sacristaos passando lista

às portas das igrejas. Nos cafés,

os contertúlios anotando

as nossas reacçons perante

as notícias do rádio.(...)

Na escola, os nossos filhos aprendendo

a condenar-nos, a

desprezar-nos, a

denunciar-nos, a falarem na língua

com que insultados fomos e julgados

réprobos, e na qual foi estendida

a acta que nos levou

ao paredom, ao cárcere, ao desterro;

a língua com que nos indultarom

para nos reinserir arrependidos

no mundo que quigéramos

substituir. (…)

Page 5: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

Como o carro do Presidente das Cortes, avariado, obstruía o

caminho, cruzamos a fronteira a pé. Às seis da manhá, 5 de

Fevereiro de 1939, o Presidente da República e os seus

acompanhantes saíramos de La Vajol. Os saúdos dos carabineiros

foram os derradeiros honores que Azaña recebeu em território

espanhol como Chefe de Estado. Alcançamos assi Las Illas. La Vajol

é umha aldeia espanhola. Las Illas é umha aldeia francesa. Mas

esses nomes nom som franceses nem espanhóis. A toponímia catalá

domina a ambos os lados da linha divisória. Segundo dizia Castelao,

as palavras, como os paxaros, voam por riba das fronteiras.

-Relaciona o contexto histórico que aparece nos textos cos

aspectos temáticos de cada un.

-Relaciona o poema coa canción de Dios que te crew. A que se

refere na canción con ‘somos herdeiros dunha dictura

cultural contra o noso’?

-Que quere dicir o último enunciado: “Segundo dizia Castelao,

as palavras, como os paxaros, voam por riba das

fronteiras.”?

Page 6: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

3.- Carvalho lingüista

- No vídeo aparece tamén mencionada a concepción lingüística que tiña Carvalho Calero a respecto da lingua galega. El acreditaba en que, ao igual que o español está conformado por variedades (Español peninsular, español de América, etc.), o galego formaba parte dun sistema máis amplo: o galego-portugués. Nese sentido, defendía que a nosa lingua era unha variante, con marca de identidade propia, vinculada ao resto de países do mundo que se expresan en portugués dentro da comunidade lusófona.

Anota nun mapamundi os países que pertencen á lusofonía.

- Na última parte do vídeo, aparece un poema de Carvalho Calero musicado por unha cantora angolana, Aline Frazao. Falamos dunha artista de renome mundial que ten participado na iniciativa de Cantos na maré, un festival da canción do mundo lusófono que se organiza todos os anos en Pontevedra. Fai unha proba lendo primeiro a letra do poema e a continuación, volta escoitar o vídeo para ver se chegas a entender a canción e como ela se comunica co xornalista galego. Anota a túa impresión e as diferencias que observas de pronuncia. Que din exactamente Aline e o xornalista?

Page 7: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador

Maria Siléncio

Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.

Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.

A tua angúria fala con olladas.

Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?

¿Polo dia non vives?

¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

Maria Siléncio, sempre dura e muda...

¿Cál é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos

fluen rios de sono.

Pero ti sempre dura e desvelada,

batida polo vento, no peirán...

Maria Siléncio, eu roubaria

no ceu

a estrela de mel,

na água

a estrela de prata,

pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,

darei-che a flor da lua.

Maria do Mar, ¿qué barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lua fria?

O sol é un porco-espiño disfarzado.

No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,

darei-cho eu, raiolante e mollado.

¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!

¿A qué afogado esperas,

Maria da Sombriza Espranza?

Maria Siléncio, ¿agardas a tua voz?

¿As ondas do mar levado roubaron-cha?

De chúvia e vento vestida,

Maria Siléncio, calada...

Page 8: CARVALHO CALERO...2020/05/04  · 1 Sabías algo do autor homenaxeado nas letras galegas de 2020: Carvalho Calero? 2 Que che suxire a seguinte afirmación por parte do historiador