68
Revista de Creación Literaria e Cultura. Número 12 ESPECIAL PAPEL DE COLOR CIDADES DO MUNDO

Casa da Gramática 12

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista do IES Virxe do mar

Citation preview

Page 1: Casa da Gramática 12

Revista de Creación Literaria e Cultura. Número 12

ESPECIAL PAPEL DE COLORCIDADES DO MUNDO

Page 2: Casa da Gramática 12

PORTADA:

"Connotacións", Acrílico sobre papel. Ricardo de Barreiro

RICARDO DE BARREIRO nace en Merelle (Lousame) no ano 1974, aínda

que vive en Noia dende hai anos. Formado na Escola de Artes e Oficios

"Mestre Mateo" de Santiago de Compostela, as súas manifestacións

artísticas non se limitan a un só campo. Pintor, actor e narrador

profesional, contador de memorables historias ante o público ou a través

das emisoras Onda Cero e Radiovoz, o seu rostro é tamén coñecido polos

espectadores da TVG xa que participa como contador de contos nos

programas "Esto é noticia" e"Luar", e como actor nas series "Rías Baixas"

e "Galicia Exprés".

As súas inquedanzas culturais lévano a participar no Colectivo Artístico

"Sacou" (1999), ilustrando a súa revista "A Caramuxa" e a colaborar coa

Revista Casa da Gramática creando unha serie de ilustracións

expresamente para os números seis e oito.

Dende o ano 1997 vén expoñendo o seu traballo pictórico en distintas

salas de Galiza. A modo de exemplo destacaremos aquí as coleccións

tituladas "Dende o Modernismo ata o Cubismo irónico" (1997), "O Baile

dos Recordos" (1998), "Colección Acibeche" (1999), "A Tinta da Vida

(entre o paranoico e o crítico)" (2000), ademais de varias exposicións

colectivas.

Reseñaremos especialmente a interesante "Colección Acibeche", na que

Ricardo de Barreiro logrou xuntar pintura, literatura e interpretación, coa

colaboración de outros membros do Colectivo Sacou, do que na

actualidade se atopa desvinculado.

Page 3: Casa da Gramática 12

3

Presentación

Casa da Gramática nº 12

Habitantes da CASA:

Atópome contenta, síntome ben e esa felicidade deséxoa compartir con vós porque me invade

hoxe unha dobre emoción: a primeira é que o especial Papel de Color está dedicado ás Cidades do

mundo e considerando a importancia das vivendas nelas, sexan de lonxe ou de preto, para unha casa

sempre é motivo de orgullo, un sentimento de cosmopolitismo altamente gratificante e en realidade,

observaredes que aquí dentro están refundadas cidades ben coñecidas para o voso disfrute. A outra

circunstancia ten que ver co número do meu frontispicio: 12. Con todos vós dentro cheguei ó díxito que

raia coa perfección e co perdurable, o da ducia, que arelo sexa privilexio de todos nós cara á

posteridade polo labor que levamos desenvolvido en tantas páxinas compartidas. Porque, habitantes

da CASA, ¿reparastes na circunstancia que rodea nas nosas vidas o dodecanario representante da orde

universal? Para que o comprobedes, eis uns poucos exemplos que van do prosaico ó poético, do terreal

ó divino, da realidade á fábula: doce son os meses do ano, as horas do mediodía, os signos zodiacais, os

Apóstolos, doce as tribus de Israel, os cabaleiros da Táboa Redonda, os Pares de Francia, os estados

etruscos, os lictores instituídos por Rómulo, as táboas da lexislación romana, doce os do patíbulo, as

cartas de cada pau da baralla, os homes sen piedade... doce os números de CASA DA GRAMÁTICA.

M. Alvear Arroyo

Page 4: Casa da Gramática 12

Verbas de despedida

Micaela Alvear Arroyo

4

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Observo con inquietude como caen unha tras

outra as follas das árbores. Podo sentir case o

seu cheiro, incluso cando, como agora, a ventá

se atopa pechada. Case sempre permanece así,

pecha. Non se abre máis que nos días nos que

sae ese vaporiño do chan que fai parecer que o

monte queima. Agora boto de menos aquelas

noites de verán nas que durmía enriba da cama,

coa mesma ventá, aberta, e vía como bailaba o

seu vals a cortina e sentía como ese airiño ceibe

enchía os meus pulmóns e explotaba no meu

corazón facéndose notar en todo o corpo. Agora

ese mesmo aire pesa e fáiseme tan difícil

convencelo de que entre que ás veces

olvídaseme respirar. Entón pita a chismirolo ese

que teño ó lado (como se do can que nunca tiven

se tratase) e vén correndo a Ignacia a poñerme o

aquel na boca.

A Ignacia é unha muller vella. Leva connosco

máis do que podo recordar. Uns din que veu da

Arxentina, que emigrara cos pais alí. Outros din

que non é filla de ninguén, que ela é a súa

mesma nai, que naceu da terra ó caerlle unha

bágoa á lúa que fecundou unha pedra preciosa

que se lle esvara a Deus do peto. Gústame

pensar na segunda opción, que dende logo é a

mellor, pero sei de certo que a verdadeira é a

primeira. Os seus cabelos son longos e máis

brancos cá espuma do mar, o corpo vese esvelto

pese ó paso dos anos. Cada tarde le para min o

xornal e cóntame as novas do pobo. Ese é o

mellor momento do día, aínda que ela

monopoliza o diálogo, eu síntome dentro del,

acenándolle cando podo. Gústaríame poderlle

dicir que xa era hora de que o Tono casase ou de

que cambiase o alcalde, pero o único que podo

facer é pensar, e acenar.

Hai algúns meses que deixei de utiliza-las

cordas, os médicos din que é o mellor, que

"cantos menos esforzos faga máis durará".

Cando llo soltou así á miña nai deume ganas de

cuspirlle na cara . "¿Durará?" Hei, que eu non

son un deterxente nin un rolo de papel do baño.

Pero ó pensar ben o que iso significaba non me

quedaron ganas de máis nada que non fose

pecha-los ollos e deixa-la mente en branco.

Pero voltemos á ventá. Xa chegou o outono. O

ceo está cuberto e dentro de pouco comezará a

chover.

O carteiro aparece trala esquina da rúa. Leva o

impermeable cor limón. Semella canso.

Metodicamente entra en cada un dos portais e

tendas. Tarda varios minutos en saír da

carnicería. Lévome fixando que dende hai uns

días sempre é así. Chámame a atención, quizais

porque non hai moito máis que ver dende onde

estou. Entra, e tras un anaco sae cunha luceciña

nos ollos que antes non tiña. A Ignacia

contoume que ten un romance coa dependenta

(unha muller que non cheguei a coñecer, pero

que, segundo di, é máis gorda que un barril de

viño), porque, por certo, o carteiro é viúvo. Hai xa

Page 5: Casa da Gramática 12

5

Casa da Gramática nº 12

anos que a súa muller se suicidou, tirouse pola

ventá ¿sabes?, din que foi porque se volveu tola

e veu no baleiro da altura o trampolín que a

levaría a un xardín cheo de gardenias e

carreolas, topándose traxicamente cun de

cicutas. Chamouche antes de tempo. Pero ti xa o

sabes.

Nun descoido unha carta escapa e queda

tendida no chan. El non se da conta e segue o

seu percorrido. Podo imaxina-lo que di: vai

dirixida a unha familia, unha carta de desaloxo

por impago do aluguer do piso, de cincuenta

metros cadrados, un quinto, sen ascensor e cun

cheiro continuo que provén da fábrica veciña.

Sete persoas forman a familia: o pai é peón e a

nai traballa na mesma empresa de calzados que

cada día lle mancha as ventás. Foron moitos

gastos co comezo do curso e houbo que mercar

uns zapatóns novos para Henrique, o máis

pequecho dos irmáns. Todas as facturas se

xuntaron e non había cartos cos que pagalas.

Pero a carta caeu, non chegará ó seu

destinatario e a familia reunirá os cartos antes

de que os boten. Ás veces o destino vese

interrompido por pequenos acontecementos

que cambian o curso dunha vida.

Agora si que chove. As gotiñas de auga

chámanme pola ventá. A cada anaco petan máis

forte e insistentemente, pero eu non vou saír

igual. A xente maior corre. Os cativos disfrutan

mollándose ata que as súas nais, histéricas, os

obrigan a resgardarse xunto a elas. Pero saben

que é demasiado tarde porque ese neno xa se

namorou da chuvia e ata que perda esa fantasía,

imaxinación, que só os nenos posúen, terá que

tomar leite con mel máis dunha vez.

Escoito o vento que me fala nunha lingua que

non entendo. Semella estar cantando o máis

anxelical coro unha polifonía profana composta

para min. Ás veces para sen avisar e tan só

queda a auga que xa comezou a atasca-los

sumidoiros, formando pequenas piscinas nas

que se bañan as follas desprendidas das

árbores. Fan circuliños que desaparecen como

suspiros que saen dos beizos dunha muller que

espera polo amigo que nunca ha de chegar.

O sol deixa paso á lúa que dominará o ceo

mentres as estrelas o salpiquen. ¿Cres que se

sopro voarán converténdose en fugaces? Tal vez

se pousen nos tellados das casas, nos bancos

das rúas e nos gabáns das persoas. Cubrirán o

mar, os ríos e os lagos, os montes, as chairas e as

mesetas.

Para de chover e o xordo caer das gotas que

pingan dos beirados dos tellados martélame na

cabeza. Todo está cheo de silencio.

E agora pódesme abrazar. Lévame xa, que estou

canso...

Dominga J. Lago Lago

Page 6: Casa da Gramática 12

6

Sen rumbo

Felipe Dosil

"A honestidade non é unha virtude, é unha obriga."

Andrés Calamaro

Salta o sangue quente

a borbotóns,

de ferida aberta, sen cura

do meu corazón.

Entremézclase, imprégnase e revólvese

entre os dedos da desilusión.

Esvara e cae triste, lento

sobre os rotos papeis tirados no chan.

Papeis cheos de palabras, rimas, versos,

desfeitos, vellos e esquecidos no fondo do mar.

Papeis que gardan poemas que recitados tras a despedida

só valen para lembrar o mal que mo fixeches pasar.

Salta o sangue frío.

Salta lento. Xa cicatriza a ferida.

Ferida curada ao son da verdade

e aberta ao ritmo das túas mentiras.

Xa é hora de asinar e tirar ao mar este poema.

Xa é hora de poñer rumbo á miña vida.

Nunca máis teu.

Por nunca.

Disipáronse as penumbras.

Xa lle vexo o rumbo á miña vida.

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Page 7: Casa da Gramática 12

7

Poema

Olga Rodríguez del Río

Non quero que termes da miña man,

non quero que me fales de futuro.

Quero que vexas que as palabras son palabras,

que o teu mirar torna co tempo,

que o amor pérdese en estacións,

que os bicos non saben a nada...

e que non quero morrer sin que saibas

que a vida non está da túa parte,

que o camiño ata o meu corazón

está trabado por bágoas do pasado,

un pasado que é un recordo,

un recordo que é un anhelo,

un anhelo que é morrer.

Casa da Gramática nº 12

Page 8: Casa da Gramática 12

Relato

Iria Lago

Para mexar de pé tendo clítoris.-

No membro erguido dun neno aboia cabalo, era Na cela

vén o dioivo ¿qué beleza terá durmir núa e mollada?

ÁMOTE

muso de longo cabelo

(inmigras na Guaira) e o meu inmenso amor sae positivo,

a devolver na declaración da renda.

A Joan.

I. E. S. Virxe do Mar de Noia8

Page 9: Casa da Gramática 12

9

Poema

Ramón Blanco

Non sei vós,

pero eu maxino como chega a casa de madrugada

melancólica e borracha,

subindo as escaleiras con demora

e na boca

o boceto dunha patética risa de mapoula.

Logo virá o ritual do último cigarro

harmonizado ca "Patética" de Beethoven

(sempre é bo recorrer ós clásicos)

e quitará os pendentes

como se extirpase un tumor.

Despois de espi-la súa altiva figura

a imaxe e semellanza dunha carátide

(neste punto, acaricio o papel

mesmamente como se fosen os seus peitos

-xa sabedes das miñas digresións neorrománticas-)

meteráse na cama,

afundindo na marea etílica da súa fermosura.

Finalmente fechará os ollos

pra desplomar sobre a noite todo o olvido

igual que eu os fecho agora

coma quen non quere recordala.

25 de Abril, ´01

Casa da Gramática nº 12

Page 10: Casa da Gramática 12

Dominga J. Lago Lago

Page 11: Casa da Gramática 12

11

Caldo con nata

Conde d Paço Tristaô

Adícolle esta heterodoxa cunca de nata e caldo

a Ramón Blanco, excelso poeta e amigo, coa

esperanza de que siga "ferindo trepidan-

temente a aurora" co seu canto por moitos anos

máis (e eu escoitándoo). Igualmente, vaia para

dous poetas que ámbolos dous (Moncho e máis

eu) apreciamos de corazón: Añón e Avilés.

a) Axentes do cambio: os "Embusteiros"

"[Nas mitoloxías], o personaxe do "embusteiro"

pode ser creativo (coma outra forma do heroe

cultural) ou subversiva. Maliciosos, astutos e con

sentido do humor, en moitos casos os

embusteiros posúen o don de pasar de animal a

persoa e viceversa.

Na costa norteamericana do Pacífico

considerase ao corvo coma o descubridor do

lume. Este animal é, amais, o embusteiro que

vence aos inimigos da humanidade, papel que

noutras rexións do continente desempeñan o

coiote, a lebre, e a araña, e entre os indios

planos a figura chamada "o Ancián", ou "Ancián

Coiote". Estes embusteiros cósmicos cumpren

unha importante tarefa: afirmar a liberdade do

espírito humano. Loitan polo dereito da

humanidade a asumir o papel semellante ao dos

deuses de refacer o mundo.

O potencial ambiguo do embusteiro ponse de

manifesto en numerosos mitos de Oceanía.

Maui, por exemplo, fracasa ao tentar penentrar á

Deusa durmida dos Infernos, para así dominar á

morte. O paxaro que o acompaña na súa

empresa estala en gargalladas ante a cómica

situación e esperta á deusa, que mata ao intruso.

A diferencia destes transformistas e bromistas

c ó s m i c o s , o s e m b u s t e i r o s a n i m a i s

personalizados do folclore africano (a lebre, a

araña, a tartaruga) fan alarde en moitos casos de

facultade de inventiva, polo xeral con éxito, coa

fin de molestar e confundir aos ricos e poderosos

das súas sociedades imxinarias e subvertir a

orde social.

En África, a tarefa da subversión soe recaer

sobor do deus embusteiro máis coñecido, Eshu,

o equivalente de Loki na mitoloxía norueguesa e

de Kitsune, o que cambia de forma, na

xaponesa. Eshu é un bromista ao que lle encanta

frustrar a vontade de deuses e homes. No

panteón grego, este tipo está representado por

Hermes, o tramposo, ladrón e trapalleiro e que,

ao igual que Eshu, e tamén mensaxeiro dos

Deuses".

b) Unha lenda mongola: A queima do libro

amarelo

"O libro amarelo da adivinación pertencía a un

rei, e as súas páxinas invariablemente

descubríanlle ao culpable de calquera delito. O

rei tiña unha filla moi fermosa, á que mantiña

agachada, e os seus criados sabían que se

revelaban a identidade da rapaza a un

Casa da Gramática nº 12

Page 12: Casa da Gramática 12

Olga Rodríguez del Río

descoñecido, o libro delataríaos e serían

castigados. Pra confundir ao libro, Tevne cavou

un profundo buraco no chan, no que introduciu a

unha criada da princesa. Enriba acendeu unha

fogueira, e colocou unha cacerola con auga.

Colleu un cacho dun tubo de ferro, envolveu o

seu extremo con algodón e atravesou con el a

cacerola para poder falar coa muller que tiña no

burato, á quen lle preguntou cómo podería

recoñecer á princesa; trala resposta, deixouna

libre. Cando Tevne recoñeceu a princesa entre

varias rapazas parecidas e con vestidos

similares, o rei enfadouse moito, mais viuse na

obriga de concederlle a súa man. Despois, ao

consultar ao libro, enterouse de que quen lle

dera a información ao mozo era "un home con cú

de terra, o corpo de lume, os pulmóns de auga e

un tubo de ferro por cordas vocais". Incapaz de

resolver o enigma, o rei perdeu a súa confianza

no libro e queimouno. As ovellas chuparon as

cinzas, e así adquiriron poderes de adiviñación".

(Fonte: "MITOLOXÍA, Guía Ilustrada os mitos do

mundo" Ed. Debate, pax. 28-29 e 109)

A) Un dragón

"(...)-Hoxe por fín descifrei a clave!!

Conseguino!!

Como ben sabes, lector, estas viaxes astrais non

están desprovistas de grandes perigos (tanto

físicos coma espirituais) e de horrores para os

non iniciados; manexar incorrectamente a

clavícula dos Sete Selos pode (en mans

inexpertas) afundir ao incauto nos negros

abismos sen fondo da tolería; se a dose inxerida

de herbas ziqquim non é a exacta, a viaxe

rematará moito antes de comezar... . Mas insisto:

ti ben sabes dos perigos, lector, dos perigos aos

que me expoño por ti..."

(seguen varias páxinas ilexibles, e cubertas de

sangue avellentada)

"... a sala non ten comparanza posible con

ningunha do noso mundo habitual; nela, as leis

da perspectiva e do espacio-tempo non rixen, e

tan só unha persoa completamente tola tentaría

buscarlle unha orde a este caos. Tampouco está

iluminada (nin hai nada que se lle pareza á lus;

as formas imaxínanse, dalgún xeito inexplicable

imprímense na cabeza e xa non nos

abandonan).

No centro, no que parece un trono dunha

xeometría estraña e perversa, atópase sentada a

inmensa figura do dragón, que parece durmir ou

soñar; namentras, dos rincóns máis escuros da

sala vai fluíndo unha música desacougante

(mezcla de sonidos de flautas primordiais,

tambores e axóuxeres); aos pés do trono

materialízanse as pantasmas sen forma de 33

dimensións innombrables, bailan, arrican os

seus ollos e deposítanos aos pés do seu señor; o

dragón esperta: os seus brillantes ollos

amarelos destilan gotas de ironía e crueldade, e

regueiros de sangue, que esvaran por toda a súa

face e manchan as vistosas e abigarradas sedas,

peles e terciopelos multicores que cubren as

súas faccións; coma se de xoias carísimas se

tratase, leva as orellas, o nariz e as escams

carregadas de versos, que brillan con lus

azulada. Arredor do pescozo, un colar: "Deben

amarse sobre todo / os mórbidos placeres da

corrupción / atopar o corpo que sinte como

desexa..."; coma cinto: "Sentía pasa-los días

coma camións de gaseosas no reparto: /

azarosa harmonía de cristais" .

A voz atrona coma cen soles estoupando: "Eu

fun, eu son, eu serei. Xa existía cando a

humanidade era moza, e me acochaba no

escuro pensamento dos réptiles; agora moro

nos homes: éstes cebánme ben... . Cando morra

o último destes, o meu trono inmortal, (máis alto

có Altar de Pérgamo) e burilado en mortais

corazons, arderá nas estrelas en lume

inextinguible".

E a criatura mirou para min, e dixome: "Vai e

dille aos homes: non vos abandonarei.

Buscádeme nalgúns de vós..."

-Agarda!! Ti quen es?

(...)

I. E. S. Virxe do Mar de Noia12

Page 13: Casa da Gramática 12

13

B) O Avatar da Blusa Amarela

O 14 de Abril de 1930, o maior poeta de tódolos

tempos, Vladimir Maiakovski "pechaba o

incidente" atravesando cunha bala o seu

corazón. Así (e cuns versos) despedíase o

vocingleiro-xefe do futurismo ruso; o xenial

cantor dos 150 millóns ("A TODOS!! / A TODOS!! /

A TODOS!! / A todos os que xa non aturan máis! /

Saíde / e marchade xuntos!") deixaba sós ao

mundo e á revolución. Agora, neste mundo máis

frío e baleiro, tan só resoa o eco dos seus versos

fortes e musculosos, da súa "bofetada ao gusto

burgués". 150 millóns de homes, afundidos na

miseria deste "Mar de Pan sen alma nen

corazón" no que vivimos, berran con el e

connosco.

Como un regalo persoal, o poeta deixoume unha

caixiña lacada. Non tiña cousas de moito valor:

unha flauta feita de vértebras, algunhas

verdades, a fouce e o martelo, unha blusa

amarela. Reliquias medievais deste avatar de

todo o que é nobre e fermoso.

Casa da Gramática nº 12

J. Ramón Castro

Page 14: Casa da Gramática 12

14

Á miña nai

Verónica Núñez López

Cando atraco neste sinalado porto da miña vida,

percátome de quen me dou o alento

co que iniciei tan longa travesía.

Descubro que fuches ti,

Ti, a brisa mainiña que sempre me achega a bo porto,

o indulxente trebón que me reconduce ó sendeiro proveitoso

gobernando coa túa sabia man o meu desviado temón.

Ti, fiel sentinela que montas garda nesta inestable proa

preservando con garras a tranquilidade do meu sono;

a insaciable compañeira de fatigas

que semella unha fonte de inesgotable fortaleza.

Ti, que sempre estás aí,

que fas teus os meus naufraxios.

Ti, que nunca me dá-la espalda.

Queira Deus xamais nos afaste a temible treboada.

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Page 15: Casa da Gramática 12

15

Casa da Gramática nº 11

Ti

Aïsha

Voas

cal dragóns de xade branco

sobre as nubes de lirios dourados.

Soñas

con espertar a semente

que arde como mapoula.

Vives

é vida de forzas ocultas

unidas por un fío de seda.

Sentes

como pétalo que cae do ceo

sobre a fresca auga.

Miras

con rochas perdidas na area

hacia un abismo infinito.

Tocas

arrastrando os muros sobre as carnes

e as plumas rozan as estradas da vida.

Casa da Gramática nº 12

Page 16: Casa da Gramática 12

Dominga J. Lago Lago

Page 17: Casa da Gramática 12

17

Pastor (1986-2000)

Óscar Sendón

Hoxe é día de enterro.

Puxen en liña a tódolos personaxes que me inventei ó longo dos anos, ós de papel e ós de aire, a tódolos

habitantes de Xalundes, ós poucos veciños de Setembro; e chameinos e canteilles a súa sentencia. Coa

cabeza submisa, calados, mollados, un a un, de costas á luz, con paso quedo perdéronse. A xustiza

nunca se entendeu a si mesma.

Os condenados cavaron cadanseu nicho e deitáronse na terra recén violada; así palada a palada funlles

tapando o corpo gaseoso ata que a terra recuperou a virxinidade; ou polo menos o sangue sólido da

identidade perdida.

Cando todos fitaban o olvido sentei perto da árbore que preside o meu cemiterio, e si, é certo que negra

é a cor dos soños, se cadra por iso son negros os novos habitantes de Xalundes, negros son os veciños

de Setembro; a nova Xalundes, o novo Setembro. Olvidar non é posible. O segredo de Xalundes, os

camiños a Setembro movíanse nos seus ollos; morría; fitoume de novo e estaba orgulloso de morrer coa

cadea posta, coma nunca quixen que vivise, coma nunca ninguén debe vivir. Morreu pensando que

gañara, que gañaramos; ou polo menos é como eu penso (ou quero) que fosen as cousas; porque así é

como morrería en Xalundes, loitando, encadeado ó pasado que nunca é tan malo se se fixo o apropiado,

se se fixo o apropiado.

Hoxe enterro ó primeiro confidente, que leva ás costas máis palabras das que nunca dixen, ese que

escoitou a un neno falar de cousas que non entendía e calaba, escoitaba e quería facer saber, ¿saber?

Coa cadeira desfeita e as patas traseiras atrofiadas ergueu medio corpo e ladrou a miña chegada; en

Xalundes entraba un can e déitase contra unha parede a esperar, a esperar a que alguén lle acariñe as

orellas e lle conte historias sobre coches e homes estraños, sobre futbolistas e cubiños de xeo;

ultimamente sobre mulleres mortas, sobre musas decapitadas.

PASTOR (23-12-2000)

Falece de morte asistida despois dunha semana sen ser quen de erguerse, pero mantendo o brillo nos

ollos e o gusto polos aloumiños.

Posiblemente sexa o mellor amigo que terei nunca.

Se crese en Deus rezaría algo; se crese na xente rezaría algo.

O seu silencio foi a sinfonía do meu mundo.

Á MEMORIA DO MEU COMPAÑEIRO.

Casa da Gramática nº 12

Page 18: Casa da Gramática 12

18

Poemas

Antía

1

Que ben arrecenden

os cemiterios

tralo día de defuntos.

No país dos Mortos

semella primavera

(primavera de mañáns xiadas).

O doce arrecendo

dinos que hai vida

(a morrer)

nos fríos e santos campos.

Rulas voan sobre as débiles

chamas das candeas.

Quizais pola noite

unha parella de namorados

camiñe antre as flores,

marcando o chan

cos seus pés nus

de carne.

2

Escura andoriña

quen tivera as túas ás

pra no ceo poder voar,

quen tivera a túa negra cor

pra na noite se poder acochar.

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Page 19: Casa da Gramática 12

PA

PE

L D

E C

OLO

R

CID

AD

ES D

O M

UN

DO

Natalia A

xeito

s

A vila chega ao río do esteiro por un cantón sober dunha

muralla, e por unha rambla báixase ao peirao. A vila é unha

presada de casas brancas, unhas dacabalo doutras, cercada

dun contén de ladrillo roxo no que se cortan tres portas mui ben

arqueadas, e do curuto da morea de terrados e tellados sae unha

torre vermella que é o alminar da mezquita. Nunha parte e

noutra abren as figueiras sober das paredes, e botan ás rúas

estreitiñas as súas ponlas de grandes follas.

O País de Bolanda, Álvaro Cunqueiro

Bea Suárez

Page 20: Casa da Gramática 12

Unha cidade no corazón

do Sahara

Xerardo Agrafoxo

Para o viaxeiro cada cidade amada ten unha cor identificativa e senlleira. A lexendaria e indostánica Jaipur conserva nas fachadas dos seus pazos a tonalidade rosa pálido das súas montañas protectoras do enfebrecido monzón. A inigualable Marraquech ten a pel avermellada ferinte da terra do seu oasis envolvente. San Cristóbal de la Casas e branca como Hydra e Hammamet. Trinidade ten a cor amarela limón das súas rúas tropicais. O barrio musulmán de Mostar presenta a indeleble cor da destrucción e a guerra. Cores definibles dun estado de ánimo e unha axitada vida desenvolvida a través do tempo e o espacio.Para o viaxeiro tamén hai cidades que a soa evocación do seu nome produce a doce sensación dunha existencia repleta de recordos e fantasías. Kórkula transpórtanos á infancia do croata Marco Polo e as súas intrépidas viaxes cara o imperio de Kublai Kan marcando a Ruta da Seda. Cuernavaca e Oaxaca aínda conservan o recendo da época precolombina e as pegadas de Hernán Cortés e Malcom Lowry baixo un volcán mexicano. Os sonoros nomes de Asúan e Komombo lévanos aos tempos da colonización africana, como Taroudant ou Tatatouine. Nomes cunha entonación escintilante e doadas reminiscencias históricas e culturais.Outras cidades teñen asociada a súa existencia a dificultade de acceder a elas polos camiños da xeografía. Cidades míticas da conca do Urubamba, o leito do Nilo ou o interior da alta meseta africana que provocaron a morte de cobizosos exploradores que desexaban apreixalas. Coñecidas polas referencias de navegantes e conquistadores, xa pertencen ao marabilloso mundo da imaxinación: Alamut, Tombuctú e Tenochtitlán. Lugares esmorecidos e atrapados polo devastador e inexorable tempo. Son cidades case invisibles como Troia, Afrodisias ou a

incomparable Efeso. Existe unha cidade no corazón do deserto do Sáhara que reúne estas tres condicións para ser considerada como unha cidade soñada. Evocadora dun pasado histórico, imposible de visitar e reverberada cunha única cor sensual e atraente. Toda ela tamizada cunha sinfonía de tonalidades azul pastel turquesa que lle confire unha rara espectacularidade no medio do deserto abraiante e cruel. Unha cidade absorvente de lendas que se remontan aos primeiros tempos do Islam, e un nome de suave pronunciación, tan suave como as ascendentes ruelas que, salferidas de acougo e tranquilidade, conducen ao viaxeiro ata o vixiante minarete da súa mezquita.Convertido o Islam nunha relixión onde a cuestión do poder era un asunto de vida e morte, xa que, a diferencia do cristianismo, o ámbito político e doutrinal eran inseparables e quen controlaba a autoridade espiritual tamén conservaba o poder político e militar, a morte de Mahoma será transcendental para o mundo musulmán nun momento no que o gran obxectivo do profeta e os seus sucesores era o de rematar co estado de guerra permanente entre as tribus árabes, condición necesaria para conseguir a cohesión de toda a comunidade para levar adiante o ambicioso proxecto da yihah ou guerra santa.As desputas xurdidas tralo pasamento do profeta fundador impedirían en gran medida consolidar este obxectivo ao dividirse a comunidade crente en dúas ramas principais. A chiíta, que restrinxe o dereito de sucesión ao Califato aos descendentes de Fátima - a filla de Mahoma- e do seu home Alí, cuarto califa. E a corrente sunnita, que amplía o dereito a todos os membros da tribu do profeta, os Qurasch.Unha terceira vía xurdiría no ventre do Islam con posterioridade, o Jariyismo, no que conflúen descontentos de todo tipo e que se unen como

Page 21: Casa da Gramática 12

oposición tanto aos sunnitas como aos chiítas. A súa ideoloxía relixiosa afirma que a auténtica palabra revelada están o Corán. Co paso do tempo, o jariyismo evolucionaría cara outras correntes de interpretación doutrinal, como o ibadismo - nome do seu inspirador Abdallah al-Ibadi -, a única que subsiste na actualidade. Basean a súa doutrina no perfecto coñecemento do Corán, de tal xeito que só Alá pode xulgar e, por tanto, ostentan unha tolerancia relixiosa nada frecuente nestes días.Cohesionados polas persecucións relixiosas a que foron sometidos e unidos polo puritanismo que exhibe a súa relixión interiorizada con Alá e a observancia estricta co seu libro sagrado, os ibaditas viven como refuxiados no corazón do gran deserto sahariano. Impermeables as influencias integristas actuais, alonxados dos asentamentos humanos máis importantes do Sáhara e alleos á vida moderna.A súa cidade relixiosa máis emblemática está fortemente protexida por unha sólida muralla con catro portas que miran ao fondo dun val de palmeiras dactileiras e dunas ondeantes. Só unha das catro portas permanece aberta durante o día. Construída sobre a ladeira dun outeiro rochoso, as súas ruelas - estreitas e apretadas para defenderse do sol e o vento

- encarámanse ata o cumio máis elevado a modo dun labirinto de saída desacougante. A entrada na cidade resulta imposible para o viaxeiro occidental, contaminante e alleo aos costumes e hábitos relixiosos da comunidade ibadita. A non ser que manteña estrictamente unha serie de regras, impostas ao chamar repetitivamente á aldaba da porta principal. Debe vestirse cun pantalón longo e unha camisa ocultadora dos brazos. Durante a visita non se pode beber, comer ou fumar. Debese gardar un respectuoso silencio.O viaxeiro non musulmán debe ir acompañado dunha persoa da comunidade que lle marcará o camiño tortuoso da engaiolante subida á mezquita azul que, evidentemente, non se pode fotografar nin visitar. As fotografías están prohibidas en toda a cidade prohibida destes calvinistas relixiosos ancorados no tempo e no confín da ruta máis meridional das caravanas que saen en dirección a Tamanraset e Tassill Najjer.A muralla de adobe con diferentes tonalidades envolve coma un acaparador abano ás casas, despostas asimetricamente e desordeadamente en torno a unha planificación urbanística xurdida a carón do cumio abrupto aproveitado como asentamento privilexiado e dominante. As vivendas

Page 22: Casa da Gramática 12

conservan a uniformidade dunha cor cálida e vibrante de tonalidades azuladas - para rexeitar ás moscas - que semellan un caleidoscopio de cores rechamantes e diferentes. As casas sempre están pechadas polo día para evitar que as mulleres sexan sorprendidas sen os veos. Un corredor interior en zigzag e un biombo as protexe das visitas inoportunas. De noite todas as portas están abertas.Na praza principal, alongada e irregular, a xeito dun abigarrado zoco, existe un curioso mercado semanal (menos o venres) de subasta de productos e controlado polo imán da mezquita. Os homes sentados sobre unha beirarrúa perimetral asisten ao desfile dunhas mercancías que se van mostrando, a partir das cinco da tarde, por toda a praza na dirección das agullas dun reloxo árabe. Subástanse antigas ánforas de barro, telas multicolores, decorativas latas de pimentón coa estela do minarete da Giralda, radios vellas, killims, quincallería barata, espellos e outras cousas que aparecen polo mercado sen saber a súa orixe e utilidade. Un mercado único, no interior da alcazaba dun inmenso oasis, para decorar unhas casas espidas e brancas no seu interior.

As mulleres pasean pola rúas sen amosar máis que un ollo. Van completamente cubertas da cabeza aos pés cunha túnica branca. Semellam pantasmas no medio da multitude colorida dos visitantes e o tráfico de vendedores que se observa na praza de entrada á fortaleza e no zoco. Na pequena mezquita rezan nun espacio diferente ao dos homes e a penas teñen relación coa actividade artesanal que se desenvolve no interior da medina encalada e amurallada con catro portas dispostas estratexicamente. Nas pequenas tendas de tradición familiar pódese mercar xoias de prata, alfombras bereberes, cerámica finamente decorada, eficaces remedios de menciñeiros, artesanía de coiro e da lá, especias saborosas, suxerente khol e a henna para o cabelo de reflexos agarimosos.Esta cidade santa dos ibaditas ou mozabitas - polo nome do val M'Za onde se asenta- conserva dous cimiterios ancestrais a carón da poliédrica muralla. Ao estar prohibidas as inscricións, as tumbas presentan como sinais identificativos unhas sinxelas vaixelas de barro colocadas pola familia do defunto. A visión dos camposantos austeros e severos, ofrecen un contraste acusado coas delicadas cores das vivendas perfumadas e que abraian a pupila do viaxeiro emocionado pola medina sabiamente

Page 23: Casa da Gramática 12

emprazada, como unha auténtica kasbah en forma de media lúa árabe inclinada, controlando todo o vasto horizonte do val mozabita e inspirador da meniña urbanística de Le Corbousier.Aquí viven os ibaditas, descendentes de árabes beduínos nómadas, loitando dende hai máis de mil anos contra o deserto, e organizando a súa vida en total aillamento do Islam oficial e dos estados musulmáns modernos. Cando algún membro desta cidade santa comete unha mala acción todos os habitantes da comunidade o ignoran. Non lle dirixen a palabra e debe marcharse. O Estado que os acobilla sempre deixou que viviran ao seu estilo nómada do deserto.O viaxeiro namorado desta cidade santa e prohibida, ateigada dunha cor azul pastel turquesa única no mundo e cun nome evocador dun pasado remoto e ancestral, debe confesar que nunca estivo nela - aínda que puidera estar - pero a imaxina a través dun gran e espectacular poster que viu un día nunha parada do metro no arrabalde musulmán do Barbés parisino. Carecía de referencias identificativas do seu nome e notable emprazamento. Unha imaxe tan espectacular como silenciosa. Pero pensa que se chama Beni Isguén e se en verdade existe, como din

os viaxeiros que puideron chegar ata ela e acceder ao seu interior, atópase no corazón do Sáhara alxeriano.

Page 24: Casa da Gramática 12

Nena con sandías. Acrílico. 50x61Paula Paradela

Page 25: Casa da Gramática 12

Totum Bonum

Lola Arxóns

Había unha vez un rei ao que aborrecían mortalmente as guerras cos viciños e as demais tarefas propias dun monarca. Así que o noso rei, Fernando II de Galiza, entretíñase fundando vilas e outorgando Foros e Cartas Pueblas, que é como, se dixeramos, cando agora inauguran encoros, cidades da cultura e coliseos os gobernantes e gobernantiños desexosos de que o seu nome quede inscrito a perpetuidade. Total, que o noso Fernando II de Galiza e León, despois de inaugurar Padrón e Ribadavia en 1166, un 9 de abril de 1168 (¡xa choveu!) pensou que non estaría nada mal edificar un burgo que lle servise de porto a Compostela que, como todo o mundo sabe, ten de todo pero alí non hai praia.Á nova vila e porto chamaralle Totum Bonum e aínda que o nome pareceulle a Fernando moi xeitosiño e axeitado, pouco sabía el o que ían facer coa súa recén estreada xoia da coroa oitocentos anos máis tarde.Totum Bonum (Todo Bo) será durante moitísimos anos o porto de Compostela, tal como cantaran Os Tamara, e a el chegarán viaxeiros, mercadorías, e peregrinos adoecidos por gañar o xubileo compostelán que é como dicir borrón e conta nova. Aos vilegos, aínda que protestóns ás veces, non lles doe irse facerlles a guerra aos árabes cando os señores así llo demandan, que para iso son señores e os demais os seus vasalos. Fachendosos do seu escudo, no que campea Noé na súa arca, coa súa pombiña pacífica e o seu corvo covardica, os totumbonenses non dubidan en engadirlle as cadeas e a media lúa, símbolos da conquista de Sevilla, até daquela en mans dos infieis.Os totumbonenses deberon portarse ben porque os seguintes reis mímanos dándolles postos de traballo fixos e outorgándolles a exclusiva en Galiza xunto cos pontevedreses, -que tamén eran boa xente- da fabricación do saín da sardiña, negocio

multimillonario da época.Reis, señores e arcebispos desvívense por deixar a súa pegada para a posteridade e mandan facer fortalezas, igrexas, pazos, hospitais, escolas (cada obra coa súa placa conmemorativa, como é de rigor) e até unha muralla altísima para protexer a Totum Bonum e aos seus habitantes dos feroces inimigos e invasores de distinta calaña, que intentan conquistar a vila como é a súa obrigación.E así, entre unhas cousas e outras, chega Totum Bonum ás portas do século XX sendo unha vila bonitiña, traballadora, labrega e mariñeira, de comerciantes amables e honrados e conservando a beleza e o carácter que sempre se admirou en moitos quilómetros á redonda. Totum Bonum será país máis que vila. Totum Bonum, país de alegría.Durante os primeiros anos do século XX, a vila do noso conto é "a pequena Compostela" que ten o que lle falta á capital galega: mar.¡Daba gloria ver aqueles barcos cargados de berberecho que chegaban até o peirao do Marqués! E aínda que a muralla magnífica que rodeaba e protexía a vila fora derrubada había anos, aínda se conservaban as casiñas de pedra e soportais do Curro, do Cantón, as casonas da Rúa do Comercio, os robustos pazos señoriais, as rúas empedradas, as praciñas apacíbeis coas súas fontes.Despois Totum Bonum ábrese e xorden como da chisteira dun mago os asombrosos xardíns para solaz de señoritos e amas de cría, con magnífico Palco da Música onde escoitar as virtuosas interpretacións da Banda nas mañás de domingo, coa presencia amable do maior artista autóctono, Felipe de Castro, ao que lle cabía toda a Arte na cabeza. E como non todo vai ser pasalo ben, no ano 1928 os que mandan deciden que Totum Bonum vai ter un Instituto para que os que así o queiran deixen as pestanas facéndose homes e mulleres de proveito.

Page 26: Casa da Gramática 12

En fin, Totum Bonum vive feliz. Pero éche ben certo que todo o bo se acaba e nunca mellor dito. Chegan os anos 60, que traen á nosa vila os pelos longos, os Beatles, o Centro de Información e Turismo, a radio de transitores, a televisión, o cemento, o asfalto e a especulación inmobiliaria. Nunha palabra, o progreso.Sen remedio vai caendo todo aquello que facía de Totum Bonum unha cidade única. Sen autoridades municipais que a defendan durante estes últimos corenta anos, a fermosa vila doutro tempo ve como baixo a piqueta dos que din ser máis intelixentes que os seus antepasados, pero que miden o seu coeficiente intelectual polo volume da súa carteira, van desaparecendo todos os edificios e rúas da "pequena Compostela" para deixar paso a uns edefesios con vocación de barrio suburbial madrileño.Onde había pedra agora vai haber azulexos de cuarto de baño. Onde había madeira, agora aluminio que é máis moderno e máis práctico e non hai que pintar. Ás rúas de pedra bótaselles asfalto, para que os coches non fagan ruído e non desfagan as rodas, que van moi caras. As fermosísimas esquinas da rúa do Comercio sucumben para deixar paso a construccións inenarrábeis. Por todas partes érguense monumentos ao mal gusto, debido seguramente a que un virus maligno acabou co sentido común e da harmonía de autoridades, arquitectos e constructores. E os que mandan, mandan: "¡Que é iso de ter unha ponte con varandas de pedra! ¡Que as quiten, que ancheen a ponte, que teñen que pasar os camións, os autobuses e os domingueiros que van comer a tortilla a Testal e a Boa! ¡Que tiren ese Hospital Medieval do Espírito Santo, que non fai máis que estorbar, que os coches hai que aparcalos, ¿ou queredes que veñamos tomar os viños andando máis de cen metros? ¡Ah, de paso que lle poñan azulexos brancos e marróns aos paseos da Alameda, como os de Elxe, que palmeiras xa as temos! ¿Non ven que as señoritas luxan os zapatos coa terra? ¡Serán incultos e atrasados estes

totumbonenses!"Todo en aras do progreso e ao que proteste dáselle co progreso na cara. "Nada de conservar o pasado case milenario. Iso xa o fai Santiago, que ademais queda só a 35 quilómetros e o que queira ver pedras que vaia alá. O noso é o moderno, edificios de cemento, de moitos pisos, cantos máis mellor, e non importa que oculten a vista de San Martiño. Total, para a xente que vai á misa...E se as casas antergas caen, pois estupendo. Así faranse outras novas tan modernas e supermegaguais que serán a envexa de propios e estraños.""¡Que veñan os turistas a ver o Unicentro, o Banco Pastor, o anexo do Instituto Virxe do Mar, a urbanización da Alameda, a marabillosa Rúa de Galicia, a fantástica vista dos Malecóns, a portentosa visión de Noia desde o Campo das Rodas, coas súas medianeiras cheas de anuncios de coloríns..! ¡Que admiren os forasteiros a lama e o lixo que adornan o noso río e o Peirao do Marqués! ¡Que ninguén perda de ver a Rúa dos Besteiros, que está moi céntrica e queda moi enxebre coas súas pedras de canteira e as súas silveiras, que máis que rúa parece corredoira de carro e é lugar idílico para admirar distintas especies de... lixo!"As autoridades da vila afánanse día a día de dotar a Totum Bonum de máis e máis "atractivos" e non cellan nin por un instante en ter a ría emporcada, casas que caen a cachos, rúas que son vertedoiros, San Martiño afogado polo fume dos coches, a Casa Reitoral chea de pintadas, as deliciosas praciñas convertidas en aparcadoiros, os antergos escudos nobiliarios ocultos por trinques inverosímiles... ¡Pobre Totum Bonum! ¡Que pouco sabía Fernando II as animaladas que verías! Se o soubera, daquela quizais te bautizaría co nome de Noia e non co de Todo Bo. Nota: Para ver como era Noia a autora recomenda ver a colección de fotografías publicada no número 3 de Casa da Gramática e desexa que esquezan por un momento aquilo de que as comparacións son odiosas.

Page 27: Casa da Gramática 12

Venezia 1949

Gabriel Salceda

"¡Signore! ¡Signore!". A voz do camareiro fíxoo deter, apreixar os ollos coas pálpebras e ollar cara atrás coa mirada entre desconcertada e perdida. Agardou a que o mozo chegara onda el, alongou a man co ricto serio e a mente ausente e prendeu a gorra de pequenos cadros asentindo coa cabeza varias veces sen dicir nada. Axustou na cabeza aquela inseparable prenda e sentiu pechar a porta do Harry's Bar, sito no 1323 ó oeste da piazza S. Marco, mentres a luz intermitente dun farol a piques de esgotar a súa vida deixaba ler o rótulo da emblemática rúa: Vallaresso. Levaba unhas horas na cidade chea de lembranzas de outrora e o regreso ó elegante Harry's era un rito co que debía cumprir e, malia que xa nada era como entón, foi moi ben recibido naquela casa onde tivo tempo para beber, cear e mesmo sorprender ós clientes preparando a súa especialidade, o Montgomery, un invento que o fixera popular, moitos anos antes naquel mesmo recinto e que consistía na fórmula maxistral "quince a un", a saber, quince medidas de xenebra por unha de martini... Pasaran moitos anos...Mentres camiñaba sen perder a compostura, a rectitude nin toda a consciencia meteu as mans nos petos porque a noite viña fresca e dentro tropezou cun mangado de papeis que gardaban artigos para a prensa e a libreta na que, pola parte de diante, tan só escribira as primeiras palabras dun proxecto de novela que procuraría facer, se as forzas non o abandoaban, para homenaxear a Venezia e que repetía, entre dentes, ós poucos: "Partiron dúas horas antes do mencer e, ó principio, non houbo necesidade de crebar o xeo do canal porque xa o fixeran os outros botes ó precedelos...". Pola parte de atrás do caderno tomara notas doutra idea coa que levaba tempo: un relato con outro mar ó fondo, como o de Galicia que coñecera anos antes ou similar o de Cuba, que ós dous lles tiña moita lei; unha parábola

no mar protagonizada por alguén que se chamaría Santiago, nome que tamén lle lembraba, indistintamente, ó Caribe e ó Fisterre. Ernest andaba ó xeito na noite silente, silandeira, e un gato miañando á beira fíxolle pensar que os gatos en Venezia estaban indefectiblemente vencellados ás pombas, "aves sucias que serán no futuro un problema e que existen para as fotografías dos turistas", -pensou. " E o pobre amigo Ezra di que cando morra quere que o soterren aquí, ¿gustaralle San Michele? ¡Seguro que vai ter emporcallada a diario a lousa por culpa destas aves! Pobre Ezra, metido nun psiquiátrico desde hai cinco anos do que xa veremos se sae vivo. A guerra acabou con el, e con todos nós. Venezia tamén semella un cárcere-manicomio, labiríntico: tantas pontes que levan a ningures entre rúas estreitas que nunca acabas por coñecer, que semellan mudar de recanto en recanto... Lembro a Ezra e ós demais amigos dunha xeración perdida como lle chamou Gertrude; Gertrude Stein, ¡canto a boto de menos desde hai tres anos!; pasámolo ben en Paris, na casa que compartía co irmán e con Alice Toklas que, con seguridade, aínda seguirá por alí. E John, Dos Passos, o home caleidoscópico de Chicago co que compartín a terra bélica de España e o seu noroeste que tanto lle gustou; nunha das cartas lembro terlle escrito: "despois de estar en Santiago non deberías deixar de ir a Noia a gastar uns dólares..."; teño ganas de volver falar con el deste asunto e contarlle de alí...Con tanto pazo deserto e abandoado imaxino reunir ós que quedamos nun deles, sempre me gustou Ca' Foscari, para reafirmar na lagoa, á beira do canal, que continuamos a ser a xeración do gin e do jazz, e beber negronis e campari e contra a tardiña marchar á illa de San Giorgio ou á Guidecca e lembrar os parlamentos de Francis Scott; e mentres atravesamos as augas da lagoa mirar cara ó Pazo Ducal ou a Ponte

Page 28: Casa da Gramática 12

dos Suspiros e reafirmar que Francis Scott Fitzgerald foi o máis grande narrador e incomprendido guionista que, paradoxos da vida, foi morrer a Hollywood... E fariamos del e de Zelda Sayre, -¡foi tan triste o final de Zelda! unha das rapazas douradas, o ano pasado, -un panexírico lendo os parágrafos favoritos de Suave é a noite e de O gran Gatsby... Estas ilusións de vello non pasan de ser tan só eso; por estas ruelas desertas intúo que as regras da vida son duras abondo e os castigos extraordinariamente

severos; intúo que nesta cidade hai que ser un tipo duro para que reparen en ti e creo que o mellor lugar para que o ser humano morra é o mar, ou nunha auga coma esta de tons tan mudables, nunha lagoa senlleira coma esta chaira absorbente e flotar para sempre na góndola ou na barca cando da vida escapan irremediablemente os amigos e un vai quedando só, moi só, á beira da Serenissima".

Concha Sabucedo. Venezia. Tinta sobre papel.

Page 29: Casa da Gramática 12

Sevilla, a esplendorosa

Xoán X. Mariño

Á alborada, como tódolos días, o berro gutural do almuaicín chamou á oración desde o minarete da mesquita maior da cidade, pero nesta ocasión non me sobresaltou, como á primeira vez, nin me espertou, como no sucesivo, porque esta noite non puiden concilia-lo sono, ó igual cós meus compañeiros. O temor púxome a boca reseca e o corpo aterido xa que estou empapado dunha suor fría que me ten a tremar: Miro ós meus paisanos e véxoos silenciosos, estarrecidos non polo frío senón polo pavor que infunden os defensores da cidade que, desesperados polo cerco, realizan continuos e feroces ataques contra as nosas posicións. No último, hai menos dun mes e que durou un día enteiro, a penas conseguimos salva-lo acampamento da carga asañada, destemida e arrolladora dos mahometanos. Nel perdeu a vida, xunto a unha morea de cántabros e asturianos e algúns outros galegos, Xoán Caamaño, o primeiro morto noiés dos que participamos nesta campaña na que está empeñada non só a gloria do rei don Fernando, o terceiro de tal nome, senón tamén o futuro do Reino, porque se remata triunfalmente terase conquistado a cidade máis grande e próspera do mundo e un botín imaxinado por todos como fabuloso. E se fracasa, o monarca ficará a mercede dos grandes señores, entre os que é especialmente temible o belicoso e conspirador Pelay Pérez Correa, Mestre da Orde de Santiago, quen se lle amosou favorable na crise sucesoria que permitiu a don Fernando acceder á coroa de Castela, antes de herdar a de León, pero que coa mesma facilidade se lle pode poñer en contra coas súas formidables hostes e unirse ós Lara e ós Haro, tradicionais enimigos do rei e xuntar un exército superior ó del. Sabémolo todos e mailo propio soberano, que conseguiu aglutinar a tódolos restantes nobres e mobilizar ós grandes Concellos coas súas milicias, baixo a promesa de grandes riquezas, que de non conseguir lle serán

demandadas en forma de feudos e privilexios sobre os territorios de realengo, por aventurarse nunha empresa considerada por todos como imposible. Miro agora a cidade e o labor que imos acometer paréceme cada vez máis sobrehumano. As luces, aínda acesas, enchen toda a inmensa extensión que teño frente de min, alumeando as casas habitadas, segundo se di, por trescentas mil almas, que comparadas coas mil da miña vila e os menos de vinte milleiros que viven en Santiago, sendo como é a capital do noso Reino de Galicia, fanme parecer esta poboación unha urbe monstruosa, que a través de intrincados arrabaldos, se achega a nós como se fosen tentáculos dos que de súpeto xorden cabalgadas terribles que arrasan as nosas fortificacións máis adiantadas e incluso levan a morte ó corazón das nosas posicións, como na ocasión na que chegaron ó cerne do campamento da Tablada, poñendo en grave perigo a vida do mesmísimo rei, que salvado milagrosamente, desde entón, entre a soldadesca, dise que está unxido da protección divina e non será extrano que de terminar felizmente a empresa sexa adorado polo seu pobo e elevado ós altares polas xeracións futuras.Agora miro ós meus camaradas, os seus rostros comenzan a entreverse co clarexar do día. Fronte a min está Pero Caamaño, irmán daquel noiés morto no asalto ó noso campamento, ambos magníficos mariñeiros, pero sen preparación para o combate, de maneira que o superviviente sabe que a de hoxe pode se-la súa última xornada: onte mesmo o monarca en persoa achegouse a nós para nos encomendar unha misión trascendental para o éxito da campaña, a ruptura da ponte de Triana, pola que os defensores da cidade se abastecen, facendo inútil o asedio. Na arenga o rei expresouse na nosa lingua, non en van el mesmo naceu na zona galega de Zamora e se criou en Compostela co seu pai Afonso, o oitavo dese mesmo

Page 30: Casa da Gramática 12

nome en Galicia e León, pero que os casteláns se empeñan en chamar "o noveno" porque eles tiveron outro co seu mesmo número, aínda que o noso endexamais foi rei seu, de maneira que o actual príncipe herdeiro, de nome tamén Afonso será o nono de ambos reinos, mais os de Castela, que ó fin farán as crónicas denominarano "décimo" e probablemente tamén "o Sabio" pola súa reputación de coñecedor de disciplinas tan difíciles como as Leis e a Historia, sobre as que hai séculos non se escribe nada, ou materias, como o xadrez, sobre as que nunca se publicou cousa algunha. Con el está agora Fernán Mariño, que saíu de Noia no noso barco e combateu con nós no río que os mouros chaman Guadalquivir ata que a súa sona de hábil versificador chegou ó príncipe e desde o nadal xa o ten consigo como cronista para que lle rexistre as fazañas. Así anda o noso escritor de tenda en tenda preguntando e documentándose sobre as súas campañas de conquista en Murcia, en Xaén e, acompañando ó seu pai, en Córdoba e Alcalá de Guadaira. Onte veunos saudar de paso que recollía o discurso do actual monarca, no que nos explicou como toda Cristiandade tén postos os seus ollos en nós, pois en tódolos séculos transcurridos desde o gran Aleixandre e os emperadores romanos non se acometera a conquista dunha cidade de tanta importancia como Sevilla; tal proeza superará, xa que logo, ás de Carlomagno frente a xermanos e lombardos, ás de Godofredo de Boullón ou Ricardo Corazón de León en Terra Santa e aínda ás dos propios musulmáns, cuias conquistas, segundo don Fernando, non teñen máis mérito có de chegar ó acordo cos antigos gobernantes de distintos reinos xa en declive para integrarse no novo imperio islámico, sen ser quen de someter pola forza a ningunha gran cidade; de feito, cando o intentaron con Constantinopla fracasaron estrepitosamente.

Lembrounos o monarca especialmente ós noieses e pontevedreses como xa no pasado nos distiguira co privilexio de producir e comerciar coa preciada graxa de saín por outros favores que lle fixeramos; máis enardecidamente, o rei noso señor, animounos a non desfalecer frente á que sabemos será furiosa resistencia dos islamistas, que prantexarán a vida ou morte. Mais tamén foi testemuña Fernán Mariño do ofrecemento real non só de rico botín e popiedades na cidade senón, fundamentalmente, de converternos a tódolos que participemos no asalto sen recuar, en nobres de título, con tódolos privilexios que eso supón, entre os que non é o máis pequeno a exención de impostos. Antes de retirarse o cronista co séquito real departeu longamente con Felipe de Agrafoxo, a quen quere introducir na Corte polas súas habilidades artísticas que el e todos nós, certamente, cosideramos excepcionais. Este noiés uniuse a nós cando fixemos escala en Lisboa, onde se atopaba por mandado do seu pai, un coengo natural da Pontenafonso, que temeroso de perde-lo seu cargo catedralicio polas recentes disposicións

Alcázares de Sevilla

Salón de Embaixadores. Alcázares de Sevilla

Page 31: Casa da Gramática 12

papais a prol do celibato eclesiástico mandouno a Portugal para facer estudios de Leis, pero o tal Felipe, farto xa de agardar a que se acabara de poñer en marcha a universidade que o monarca luso leva querendo crear alí xa vai para varios anos, adicouse á escultura, aproveitando as cualidades herdadas do seu avó, Alberte de Gasamáns, un mestre canteiro de Sta. María de Roo que logo de construír, hai xa oitenta anos, o convento de Sta. Tasia por terras de Outes e o claustro de Toxosoutos, traballou, segundo nos revelou o neto, no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago,tallando nel os apóstolos, algúns profetas e o arco do Xuízo Final cos seus xustos e réprobos, anxos e demos, figuras que non desmerecen das realizadas alí mesmo polo célebre Mestre Mateo baixo cuia dirección executou o noiés as súas e que o descendente non se cansou de admirar mentres residiu co pai ata que este decidiu sacalo de onda si. Xunto con el animouse a vir o seu amigo o pintor bragantino Diego da Silva, atraído polas posibilidades que ofrece á súa arte, bastante despreciada na corte portuguesa, unha gran cidade, a máis próspera de todo o Mediterráneo desde que Constantinopla foi arrasada a principios de século polos cobizosos cruzados que se dirixían segundo crían todos a rescata-lo Santo Sepulcro pero que á vista das riquezas da capital imperial decidiron saqueala e, esquecendo a sagrada misión que os conducira alí, regresar inmediatamente ós seus lugares de orixe para disfrutar do producto da súa rapiña, ouro, prata e brillantes en proporcións fabulosas, sen arriscarse a perdelo fronte ás murallas de S. Xoán de Acre. Desde entón Sevilla centraliza todo o comercio entre Oriente e Occidente, converténdose nun porto esplendoroso ó que Venecia, moi beneficiada pola decadencia bizantina, apenas fai competencia. A perspectiva de obter riquezas en cantidades inconmensurables é, polo tanto, moi grande para todos nós, agás para ambos artistas. Eles só semellan ver na cidade un gran campo aberto para exhibi-las súas habelencias coa gubia e o pincel. Diego soña con inmesos muros brancos para encher de frescos, paredes das que pendurar táboas ó temple, retratos de cabaleiros, damas, infantes e infantas e ricoshomes comerciantes coas súas donas, fillos e fillas, moitos chegados aquí desde Pisa, Xénova, Barcelona, Burdeos, Amberes, Hamburgo e outros lugares de Europa ó amparo do rei Yusuf II, sabedor de que a prosperidade do comercio significa a riqueza da cidade. E así o pintor portugués foi xuntando centos de bocetos con personaxes e episodios bíblicos:

Profetas, Patriarcas, Apóstolos, Bautistas, Magdalenas, Anunciacións, Epifanías, Adoracións de pastores,... para o cal nos utiliza ós noieses como modelos. A mín, que sempre me ve escribindo representoume coma un evanxelista, ó primeiro como S. Xoán, logo, atendendo ó meu rogo, cun león, como S. Marcos, santo da miña devoción; a Rui Pérez, o da rúa da Laxe, pintouno como a S. Pedro e a Nuno Freire, o da Corredoira, como S. Xosé. A veces divírtese pintándonos como deuses paganos, pero de forma moi curiosa: un día que estabamos celebrando as festas de Noia, represontounos en forma de Bacanal, coas tazas de viño na man e a Sancho Enríquez, o da rúa dos Besteiros, no medio cuns pámpanos na testa, cal Dionisio borracho; noutra ocasión, cando o noso ferreiro Alonso Guillelmes estaba batendo nunha armadura, captouno como Vulcano na súa fragua co ciumento Apolo por alí; a Xoán Núñez da Ponte pintouno co seu casco e a súa espada igual ca se fose o deus Marte, a Domingos Andrade, o da Carnicería, como o emperador Barbarroxa co seu gran mostacho teutón. Outras veces retrátanos tal como somos: ó toneleiro García

Xiralda

Page 32: Casa da Gramática 12

Osorio repartindo auga nun portal, ó cociñeiro Lope Romero, fritindo uns ovos; pero tamén fai representacións de moito empaque para os nobres, que lle pagan ben por ser plasmados en medio de grandes cacerías ou fastuosos banquetes. A el arrimáronse os irmáns Dacosta para aprender a pintar e coa intención de practicar pídennos ós compañeiros pousar para eles e nós, a cambio, solicitámoslles que nos pinten os escudos que usamos, coa finalidade de identificarnos no combate, porque o casco cóbrenos os rostros, costume que se está xeralizando desde que o rei Afonso, o oitavo de Castela, houbo de perecer abatido polos seus propios soldados na batalla das Navas de Tolosa, alí, no fragor da loita, véndose en trance de morte, tivo que quitarse o helmo e dar grandes berros para poder ser recoñecido. Desde entón tódolos combatentes acoden a este sistema de identificación que os artistas noieses levan a cabo moi amablemente para nós: ó meu irmán Martín Eáns debuxáronlle dúas elegantes flores de lis, a min díxenlles que ademais me engadiran unhas ondas do mar en referencia ó noso segundo apelido, Mariño, a

Afonso Lobeira fíxéronlle dous lobos cun luceiro, a Bieito Losada, que quería unha lousa, pintáronlle tamén dous lagartos debaixo, para que non fose un deseño demasiado simple, e gorentáronlle. E agora veñen tamén tódolos nobres onda eles, debecendo porque lles fagan escaques, roeles, castelos, barras, cruces,...e hai quen lles ofrece sustanciosas sumas por que lle ilustren o escudo con todo tipo de combinacións de aguias, leóns ou dragóns, que despois trasladan á pedra para enseñorea-las súas casas, como xa veñen facendo moitos por Castela, Navarra, Aragón e aínda entre os francos e xerma-nos.Felipe de Agrafoxo, pola súa parte non paraba de facer modelos de xeso, pensando en tódalas imaxes de escultura que lle ían demandar en canto fose tomada a cidade: santos e santas, anxos, mártires e personaxes bíblicas, agardando encher con eles tódalas novas, igrexas, abadías, conventos, capelas e ata catedral que se van construír e mesquitas que se van cristianizar. Sen embargo, dun tempo a esta parte, parou de traballar neles, preocupado pola súa calidade. Todos lle aseguramos que o fundamental das súas esculturas é o que simbolizan e o que nos achegan á divinidade, que o seu aspecto non ten a máis mínima importancia, ben ó contrario, a súa maior ou menor beleza non pode distraer do seu significado. Pero el segue cismando desde o día no que, no transcurso dunha operación de castigo, fomos parar á antiga poboación de Itálica, cuias ruínas en verdade o cautivaron, tal como se en lugar de observa-los vestixios dunha vella civilización descubrise un mundo novo. Un retrato de corpo enteiro, que segundo unha inscrición ó pé corresponde ó emperador Traxano e un busto certamente magnífico de Adriano, vestido cunha coiraza de requintado detallismo chamaron de xeito poderoso a súa atención, pero particularmente ficou hinoptizado por unha, para nós pecaminosa, mais para el fascinante, estatua espida de Venus que o noso artista salvou "in extremis", como el mesmo soe dicir, das mans dun frade dominico que fóra de si e armado dunha bandarria quería reducir a anacos. Tróuxoas consigo para o campamento e alí viunas un comerciante florentino que negocia con camafeos e esmaltes e comentoulle que en Roma conservábanse centos de pezas dese tipo e que os papas e mailos caudillos militares que defenden a Cidade Eterna gostan de retratarse con lorigas, como os antigos xenerais romanos, ou togados como os senadores, ou con coroas de loureiro e incluso a cabalo como algúns dos máis importantes césares. Desde entón, o

Aguador de Sevilla. Velázquez

Page 33: Casa da Gramática 12

“Quixera que istes versos fosen canción de chuvia que cai mainiñamente na outonada sóbor das follas murchas, cando os campos se esconden entr'a brétema, i-o paisaxe se viste de tristura i-o vento tolaineiro na carballeira funga,.....”

(do libro Oraciós campesiñas)

ELADIO RODRÍGUEZ (1864-1949)

LETRAS GALEGAS 2001

Page 34: Casa da Gramática 12

“Son chegadol-os tempos en que fai falla sumar todol-os esforzos e todol-os valementos.A nosa obra será eso. Abrirlle a porta a cantos teñan condiciós para sentarse a tomal-o soln'esta humilde solaina da literatura da nosa terra. Coidamos cumprir d'esta maneira un deber de galegos verdadeiros, e temos por seguro que así faremos unha labor de sinceira Irmandade onde queipan todos. ¡Terra a nosa! ¡Fala a nosa!”

(do artigo “Coa porta aberta” en El Noroeste, 10-IX-1918)

Page 35: Casa da Gramática 12
Page 36: Casa da Gramática 12

Eladio Rodríguez (2º pola esquerda), de pé xunto con menbros da RAG, entre osque figuraban Castelao e Vilar Ponte.

“Que si algún día na xigantesca cume da groria te ves liberta; si estonces dormes sono de pedra, todos teus fillos que hoxe te alentan diranche á voces... ¡GALICIA ESPERTA!

(Do poema “¡Galicia, esperta!”)

“Nos versos de Rodríguez González achamos sempre métrica correita, lingua esmerada. En Folerpas, a carón disas características, podemos rexistrar realismo para os detalles materiás, idealismo na representación da mentalidade campesiña. A espresión abonda en tópicos. Hai variedade de temas. Moitos alegados rexionalistas, que son prosa versificada...”

(Ricardo Carballo Calero)

Page 37: Casa da Gramática 12

noso escultor matina acepta-la sustanciosa oferta que o marchante lle fixo polos mármores e viaxar a Italia a coñecer e estudia-los monumentos antigos, os retratos imperiais e os herois da Historia Troiana, obsesionado coa beleza sublime que el ve neles.Quen xa marchou foi o escritor Fernán Mariño, co compromiso de ser fiel notario da promesa rexia e de lembrar ás xeneracións vindeiras a heroica participación noiesa na conquista de Sevilla, pero aínda fican con nós outros dous xograres: o meu propio irmán, Martín Eáns, que dentro dunhas horas pilotará a nave coa que remontaremo-lo Betis, a quen todos recoñecen, ademais dunhas notables habilidades coa pluma, un agudo inxenio, como o que demostrou cando se lle ocorreu chantar dous grandes postes no río co fin de evita-lo fogo grecisco que os defensores lanzan en balsas contra nós e que ó intentar arrancar, perderon os infieis a súa mellor galera,. O outro xograr chámase Pero da Ponte a quen alcumamos "Asturias" por ter pasado alí máis de vinte anos, cazando osos para vende-las súas peles, traballando nas minas, arando bancadas incribles, domando cabalos... para logo establecerse en Ovieu, onde casou cunha fermosa asturiana de falar melodioso con quen tivo tres cativos que trouxo consigo de regreso a Noia, lugar no que ficará ata a súa morte, se non perece hoxe con todos nós, escribindo extraordinarias cantigas de amigo, de amor e, sobre todo, de escarnio, despelexando nelas sen piedade a traidores, avaros e déspotas, motivo polo que os poderosos rexeitan os seus cánticos e non gustan dos seus versos; segundo contan, foi a persecución dun caudillo militar de Ferrol, ó servicio do conde de Betanzos que se sentiu aldraxado o que o fixo marchar da terra, ata a morte do magnate. O único nobre con quen ten boas relacións é co pontevedrés Paio Gómez Chariño, señor de Rianxo e Pontevedra, pero tamén trobador, polo que

entablaron amizade hai moitos anos, xa antes de refuxiarse en Asturias, nunha romaría na Carballeira de San Xusto, segundo conta o noso poeta. É por el, por estar ó mando da flota galega, por quen soubemos, logo da partida do rei onte a noite, por qué se decidiu para o hoxe o ataque á ponte de Triana: dentro de seis meses expira o período excepcional de un ano, que os grandes nobres lle concederon, ademais do que xa estaban obrigados de poñer ó seu servicio as súas hostes, a cambio do rico botín que o monarca lles prometeu, máis tamén remata o prazo de un ano durante o cal, o rei de Granada, Muhamad ibn al-Ahmar al Nasr, como vasalo seu, ten o deber de poñer a disposición do rei cincocentos xinetes, continxente indispensable, pola súa rapidez e maniobrabilidade, para facer frente ós ataques que a cabalería sevillana fai por sorpresa e os seus intentos de corta-las nosas liñas de aprovisionamento ou de roubarno-lo gando. Lapso de medio ano que o Consello do rei estimou necesario para que sexa eficaz o sitio da cidade e os habitantes se rindan pola fame. Desde a chegada do bo tempo, o pasado mes de marzo, estabase agardando o día adecuado para pecha-lo cerco: a ruptura da ponte de Triana e o momento sinalado parece ser hoxe, porque segundo os astrónomos reais vaise levanta-lo vento pola mañá con forza suficiente para impulsa-las nosas naves coa potencia precisa para creba-las grosas cadeas de ferro que reforzan a ponte, unha pasarela de madeira sobre barcas amarradas unhas a outras pola que os defensores se suministran a cotío facendo inútil a extratexia do asedio.O plan de ataque consiste, segundo nos explicou Ramón Bonifaz, o marsellés organizador da flota, que moitos dan por futuro almirante da mariña castelá -leonesa, en lanzar a toda velocidade unha nao contra a cadea que asegura a ponte para tronzala e a continuación, unha segunda nao fenderá a ponte de barcas. Para a primeira misión escolleu á nave noiesa, que irá capitaneada por Paio Gómez Chariño, e para a segunda, a unha nave de Avilés, na que irá o propio Ramón Bonifaz, quen ademais seleccionou os homes que participarán na operación: os dez mariñeiros de Noia, A Coruña e Baiona máis expertos en manexa-las velas para saca-lo máximo rendemento da forza do vento, os doce mellores remeiros para ciar en redondo e ficar no lugar a defende-la posición e, finalmente, sete besteiros, nove arqueiros e vinte infanzóns para resistir frente á que sabemos será repentina e furiosa reacción almohade desde a fortaleza de Triana, na marxe dereita do río; outros tantos homes, no outro barco,

Alcázares de Sevilla. Patio das Doncelas

Page 38: Casa da Gramática 12

farán o mesmo frente ó continxente que saia da cidade, na beira esquerda, entramentras non cheguen os reforzos da pé e da cabalo que o propio rei e mailo príncipe dirixirán inmediatamente na nosa axuda. A operación semella sinxela, pero precisou antes elimina-la flota sarracena, incluíndo unha audaz e exitosa acción contra as súas atarazanas que os privou de reconstruí-las naves que ían perdendo nos combates que se prolongaron durante seis meses desde que arrivamos aquí en agosto, así como agarda-la presencia dos reforzos traídos polo príncipe don Afonso, necesarios para defende-los campamentos e as comunicacións, mentres o rei acode no noso auxilio no río, maniobra que os sitiados poderían intentar, dado o aguerrido e númeroso do seu exército, que de forza-las nosas liñas conseguiría recupera-las súas comunicacións co resto do mundo árabe e rompe-lo cerco que restablecer significaría comenzar desde o principio e xa non lle queda ó monarca tempo para tal cousa. E doada non o será en absoluto, pois a acometida, ademais de necesitar fortuna para que o vento sopre de popa e non amaine no momento máis inoportuno, será sumamente arriscada: antes de chegar á Torre do Ouro, chamada así polos azulexos dourados que a fan rebrillar de forma deslumbrante ó intenso sol andaluz, de onde parten as cadeas que se unen a outra xemelga ó outro lado do río e que é mester tronzar, haberá que pasar por entre as torres barbacanas de Abdelaziz e da Prata que protexen o acceso á ponte, e desde as que nos van acribillar a frechazos, sendo especialmente temibles os dardos empeñolados, que eu pensaba que eran dardos envenenados, pero seica se trata de frechas con plumas que as fan máis certeiras, mentres nos caerá unha chuvia de proxectís arroxados desde catapultas cuio número descoñecemos e rezaremos por que ningunha das xigantescas lanzas impulsadas con terrible potencia desde béstas de torno dispostas todo ó longo da nosa traxectoria, non acaden a liña de flotación de ningún dos nosos navíos, porque as tremendas vías de auga que poden abrir no casco do buque fariannos afundir irremediablemente.Á miña dereita están dous dos remeiros escollidos, Enrique Romero e Nuno Dacosta; o primeiro é de Matasueiro e como tódolos naturais de Outes canta marabillosamente. O segundo é de Orellán, na parroquia de Baroña, e trouxo consigo a súa gaita, a compañeira permanente dos alalás, xotas e mui-ñeiras coas que o vozarrón do outro nos aleda o corazón todo este tempo que levamos fóra da terra, cando os laios do seu fol non nos fan asomar ós

ollos bágoas de saudade ós galegos, polo que creo que ningún de nós ficará aquí por moitas propiedades que o rei nos outorgue na cidade. Penso que máis ou menos todos nós venderémo-lo lote que nos toque en sorte e co producto retornaremos a Galicia a montar algún negocio. Cantarín e gaiteiro fixéronse inseparables e queren montar xuntos unha taberna en Noia, ademais de comprometerse para casar ós seus respectivos fillos. O único que me consta non querer volver é Guillerme Suárez, "o Trancho," que se namorou dunha moza sevillana noutra ocasión na que estivo aquí. Conta que a coñeceu traballando no mesón do seu pai, un xudeo chamado Salomón ben Zadok e quedou prendado da súa beleza. Facéndolle as beiras conseguiu os seus favores sen que a familia se molestase, polo contrario, amosouse favorable ó entendemento e o noiés chegou a propoñerlle matrimonio, plan frustrado polo enrarecimento das relacións entre castelán-leoneses e musulmáns que culminou coa guerra aberta e o abandono apresurado da cidade por parte dos cristiáns hai un par de anos. Xunto co "Trancho," tamén se viu obrigado a partir da cidade outro navegante noiés que facía aquí negocios cos xenoveses instalados no "barrio da mar," Alonso Fiaño, levando consigo á súa esposa Elisabetta Ronchetti, filla do cónsul italiano. En Noia, agora encargada da panadería familiar na rúa da Pescadería, coñecémola por Sabela Ronquete e a través dela sabemos da beleza de Sevilla e da forma de vida leda e desenfadada dos seus habitantes. A dicir dela, un dos barrios máis fermosos é o de Santa Cruz, que a pesar dos séculos de dominio mouro aínda conserva o seu antigo nome de época goda; é este un intrincado conxunto de rúas situadas ó pé das murallas do Alcázar no que en cada calexa, os balcóns das casas rebordan de caraveis, xeranios e hortensias, cada tapia de xazmíns, rosais e chuchameles, cada portal de macetas con flores de todas clases, formas e tons que ademais de dar colorido a cada rincón, inundan o ambiente de prefumes sutís unhas veces, intensos outras, que se continúan polos xardíns califais, unha auténtica cidade formada por parques de exuberante vexetación repletos de fontes, estanques tapizados de nenúfares, surtidores que enchen de frescor os cálidos días sevillanos, pontellas por riba das canles polas que navegan barcas con namorados, labirintos de azulexería, avenidas polas que circulan carrozas tiradas por cabalos, glorietas con árbores exóticas e bancos, en cada unha de cuias esquinas é doado caer presa da ensoñación arrolado polas pombas e o suave canto dos paxaros. En cambio recordaba o barrio da

Page 39: Casa da Gramática 12

Macarena moito máis animado, repleto de xente cantando e bailando durante todo o día, facendo gala dunha personalidade humorística e imaxinativa que desborda alegría en cada rincón. Alonso Fiaño, pola súa parte prefire falar da monumentalidade da súa mesquita maior, cuio número de naves non sobarda á de Córdoba, pero cun minarete moitísimo máis espectacular, sen haber unha sóa torre no mundo que se lle poida comparar: sesenta brazas tén de altura e polo seu interior soben reis e raíñas a cabalo, porque non tén escaleira, senón unha rampla continua en forma de caracol e sobre a torre hai un edículo de oito brazas de alto con catro mazáns acanaladas, de bronce, enriba, unha encima de outra de maior a menor e tendo cada unha das doce acanaladuras da primeira cinco palmos de ancho, polo que houbo que anchea-la porta de cidade cando a trouxeron e cando o sol dá nela resplandece ferindo na vista, como agora que estamos fronte a ela podemos comprobar, a pesar da distancia e de aínda empezar a abri-lo día. Lembraba tamén ó seu pé o patio dos Laranxos precedendo ás salas de oración, un patio porticado con característicos arcos de ferradura apuntados, unha fonte no medio na que os musulmáns fan as ablucións para purificarse antes de entrar no edificio, rodeada de laranxeiras que dán uns froitos vizosos pero insípidos.A non moita distancia da mesquita están os Alcázares reais, dos que Alonso Fiaño só puido dar testimonio das altas e robustas murallas que o rodean,tan inexpugnables coma as da mesma cidade, pero a súa muller puido acceder a eles en diferentes ocasións, acompañando ó seu pai, o cónsul xenovés. Describíaos como enormes pazos separados por grandes xardíns que se extendan ata o río, ós que se penetra a través da impresionante Porta dos Leóns para chegar a o Patio da Montería, tralo que está o Mexuar, sala de administración de Xustiza e logo o Patio das Doncelas flanqueado de pórticos con arcos lobulados en torno ó que se abren o Salón Real, de paredes recubertas de alicatados de barro vidriado que forman polígonos ou estrelas con arregro a leis xeométricas severísimas, e mailo Salón de Embaixadores, cuberto por unha cúpula de lacería rodeada de mocárabes dourados. Tras eles rodeando o Patio das Bonecas ábrense as dependencias privadas, nas que tamén puido entrar Sabela Ronquete invitada por algunha princesa moura, estancias de exquisita elegancia cuias paredes están revestidas de arabescos que se unen unha e outra vez, producindo o efecto de decoración abigarrada e cromática, froito dun inesgotable esforzo creativo, ó

que suceden habitacións de fantásticos artesonados, fermosos azulexos e paredes recubertas de ricos tapices. Os xardíns dispóñense, se damos creto á súa memoria, en distintas terrazas cruzadas por avenidas sombreadas de palmeiras, nos que de novo arrecende o aroma lene e penetrante á vez de laranxos, limoeiros, arraiáns, xazmíns, acacias e cipreses arrolados polo murmullo da auga brotando de fontes e surtidores intercalados entre os corredores xeomé-tricos de buxo.Hoxe é o 3 de maio de ano do Señor de 1248, festividade da santa Cruz. Xa é día claro e o vento empeza a levantar. Comenzamos a embarcar rumbo á ponte de Triana. Dentro de seis meses espero ver todo eso que me relataron e que tan fascinante parece, cos meus propios ollos.

Patio dos Laranxos e Xiralda

Page 40: Casa da Gramática 12

A deusa atlántica

(Paseo literario pola cidade da Coruña)

Teresa Seara

Cos zapatos lustrosos amencín na Coruña, e os ollos confundidos polas luces da albadacoidaron que te viran nos xardíns recostada

nunha varanda, soño parvo como eu supuña.Miro Villar, Ausencias pretéritas (1992)

Conta a lenda que aló en tempos remotos, Breogán, fillo de Brath, atravesou o océano e veu dar a un punto da costa galega semellante a un penedo alongado entre as augas. Así decidiu establecerse no mesmo lugar onde, tras unha dura e cruenta batalla, Hércules lograra rabenar as tres cabezas do xigante Xerión antes de enterralo ó pé duns cantís escarpados sobre os que logo erixiría unha torre conmemorativa. Baixo esta construcción repousan tamén os restos de Ith, fillo de Breogán, que atopou prematuramente a morte en Irlanda e foi traído á terra patria para o seu definitivo repouso. Séculos máis tarde, os romanos converten esta torre nun faro, vixía para os navegantes e fonte de luz para unha vila que medrou ata ser a actual cidade da Coruña. Aínda hoxe, á hora incerta do solpor, a chama do faro ilumina os recónditos cantís que rodean a súa figura, os mesmos penedos que, fronte por fronte coa que foi Prisión Provincial, constitúen a zona máis agreste de Adormideiras. Este entorno, sobre todo o coñecido popularmente co nome de Campo da Rata, foi lugar de sacrificio durante o período da guerra civil pois era alí onde se adoitaba pasear ós sublevados, tal e como recolle Manuel Rivas na súa novela O lapis do carpinteiro:

No cárcere da Coruña había centos de presos. Todo parecía funcionar dun xeito organizado, máis

industrial. Mesmo as sacas da noite. Levábanos andando ao Campo da Rata, na beira do mar. As veces, durante as descargas, as aspas de luz do Faro de Hércules facían resplandecer aos fusilados que levaban camisa branca. O mar bruaba nos cantís de Punta Herminia a San Amaro como unha vaca entolecida nas fiestras das manxadoiras baleiras. Despois de cada descarga, sentíase un silencio d e l a i o h u m a n o . A t a q u e recomenzaba a ladaíña da vaca

1tola .

Durante os anos de represión, escribirase co sangue dos paseados unha páxina espeluznante na historia dunha cidade que destacara antano por ser lugar de acubillo -nalgúns casos mesmo póstumo- para persoeiros fundamentais da nosa cultura. Así, moi preto dos campos ermos de Adormideiras, no veciño cemiterio de Santo Amaro, sobrancean os túmulos de Curros Enríquez e Pondal a carón do sinxelo enterramento de Murguía. Todos eles son habitantes perpétuos desta urbe atlántica que os acolleu en certos períodos da súa existencia ou lles proporciona o repouso necesario na súa morte. Mais non só volvían á Coruña despois do pasamento -caso de Curros- pois paseando polas ruelas desta vila -que medra desproporcionada nos últimos tempos- pódense reencontrar os ecos doutras existencias. Nos recantos creados para o disfrute perdura aínda a alma dos que os percorreron: Porta de Aires, Campo da Leña, Praza da Fariña... que evocan os pasos de

1 Cfr. Rivas, Manuel, O lapis do carpinteiro, Xerais, Vigo, 1998, p. 53.

Page 41: Casa da Gramática 12

Rosalía de Castro e Murguía durante o curto período que viviron na Coruña; Juana de Vega, a última morada de Pondal; a rúa Tabernas enclave da casa familiar de Emilia Pardo Bazán e sé da Real Academia Galega desde a súa creación.... e tantos outros. Case todos eles, circundan a parte máis antiga da vila: a denominada como Cidade Vella que adoece dun especial encanto reflectido por Xosé Manuel Martínez Oca en Diario de inverno:

Regreso do paseo polo dique de abrigo, na caída da noitiña, o pensamento felizmente vacío e inactivo, a sensación dun cansazo doce no corpo, os ollos aínda alagados no abaneo dos barcos na auga tranquila do porto.Cruzo a praza da Fariña e as derradeiras follas dos plátanos caen espaciadas ó meu paso en espirais de vagar, nun vals invernizo que rematará en lama e podre entre a terra e os mirtos dos canteiros cheos

2de barolo .

Sen embargo, a luz milenaria do faro non chega ata unha casa de pedra que, sita no lugar de Rego de Auga, albergou, case en segredo, a constitución das Irmandades da Fala en 1916. Neste movemento, xermolo e raíz do nacionalismo entendido á maneira moderna, estaban implicados intelectuais vidos de moitos puntos do país e tamén coruñeses de orixe como os irmáns Vilar Ponte ou o propio Anxel Casal, director da editorial Nós. Todos eles disfrutaron dunha época da cidade esplendorosa pois, nas súas casas de galería, nas vellas rúas empedradas e en todos os espacios urbanos era posible traballar a prol dunha arela común: a de erguer a nosa voz. Pronto se vería esta coutada polo fragor da guerra, pero, mentres, aumentaba a esperanza de acadar unha liberdade completa na aprobación en plebiscito do Estatuto de Autonomía. Por esa época, A Coruña era un espacio de encontro, un ser vivo que, como no retrato que fará dela Xavier Seoane, amosaba o seu carácter máis fondamente mariño, co van cinxido por dúas faixas de auga:

co teu corpo deitado sobre as augasvaras a elexía secreta das túas dársenasno corazón dos días que fuxironcomo perdidas naves

a medida que os anos van pasandocontemplo a túa vidreira escintilantede gaivotas e mastrosfuxindo dos peiraos desbandada

3de longas singraduras e perdidas viaxes .

O florecemento do espírito nacionalista víuse interrompido de maneira brusca polo comezo da guerra civil. Deste xeito, fóronse mudando os aromas tradicionais da cidade: a marusía do porto, o peixe fresco, os productos do campo ateigando os mercados e todas as fragancias que axudan ó personaxe de Misia -protagonista de En salvaxe compaña de Manuel Rivas- a rememorar a urbe herculina: “Ou un día entretíñame percorrendo a miña Coruña en forma de arrecendos. Os doces de La Gran Antilla, as follas de bacallao de La Tacita de Oro, as especias de Bernardino Sánchez, os cafés

4Siboney, os chocolates de La Fe Coruñesa” . Todos eles deixan paso ó olor acre da pólvora e o medo, solapando así tamén o doce perfume da esperanza.Despois da guerra, a cidade inicia a súa etapa máis moderna. Vinculada ó traballo dos que van ocupando lentamente os seus espacios. A casualidade reunirá na Coruña, durante a década dos cincuenta, a creadores da altura de Antón Avilés de Taramancos, Urbano Lugrís e Manuel Álvarez Torneiro que comezan a dar os primeiros pasos literarios nese momento. Mais, non será ata a década dos oitenta cando se logre instaurar unha vida cultural intensa nas rúas coruñesas. Coa creación do grupo poético “De amor e desamor” -composto por dez escritores que se encontran na cidade- os espacios comunais (pubs, prazas, tabernas...) abriranse ó verso de Miguel Anxo Fernán-Vello, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Miguel Mato ou Xulio Valcárcel, entre outros,

5e mesmo serán lugar para a creación . Sen embargo, non se restrixe a estes nomes a lista de escritores que percorren hoxe en día o espacio urbano desta cidade aberta ó mar, pois tamén os narradores Martínez Oca

2 Cfr. Martínez Oca, Xosé Manuel, Diario de inverno, Bahía, A Coruña, 1994, p. 97.

3 Cfr. Seoane, Xavier, Os bosques acendidos (1976-78) recollido en Don do horizonte,

Espiral Maior, A Coruña, 1999, p. 14.4 Cfr. Rivas, Manuel, En salvaxe compaña, Xerais, Vigo, 1993, p. 65.

5 É o caso do célebre café "A Barra", sito enfronte do edificio onde se constituíron as Irmandades da Fala.

Page 42: Casa da Gramática 12

e Fernández Ferreiro, o dramaturgo Manuel Lourenzo, e os poetas Manuel María, Luísa Villalta, Yolanda Castaño, Luz Pozo Garza, Estíbaliz Espinosa ou Emma Pedreira Lombardía comparten a veciñanza nesta cidade. Mesmo o selo editorial máis importante dos últimos anos está encravado nas rúas coruñesas, trátase de Espiral Maior que xorde en 1991 para dar cabida a obras fundamentais da nosa poesía. Todos estes nomes e iniciativas trazan as páxinas culturais máis recentes e tratan de modificar a dimensión literaria dunha cidade que revive sen presas malia amosarse cada vez máis reacia a defender a súa propia e tradicional identidade. Non se entende, porén, o espírito da Coruña sen acudir ás pegadas que a literatura galega lle foi imprimindo e así, a Casa de Rosalía, o túmulo de Pondal, ou o monumento de Asorey en homenaxe a Curros forman parte da paisaxe humana desta urbe atlantista e milenaria, da “cuncha nacarada” que seduciu co

seu engado a Hércules e a Deusa Atlántica que namorou a Breogán. Ou, en palabras de Henrique Rabuñal

Arrolada por un mar milenario e por aquel vento, eterno e incómodo, que lembrará Picasso cabalgando polos rueiros, preñada dunha luz mutante e morriñenta, cimentada nos mitos e nas lendas que ligan a historia local coa continental, estrangulada por dúas bahías que a insularizan, poboada e se cadra logo deserta e logo despois volta a poboar, criada no realengo e por iso rexia e señorial, áncora pétrea da Galiza de sempre, A Coruña segue soñando

6para que a soñemos .

1 Cfr. Rabuñal, Henrique, A Coruña na historia, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1999, p. 5.

Page 43: Casa da Gramática 12

Casiñas de cores. Acrílico. 50x61Paula Paradela

Page 44: Casa da Gramática 12

Marraquech. A perla do Sur

Pedro García Vidal

A Mari Carmen e Xerardo, inmellorables guías por terras de Marrocos.

Hai cidades que "venden" fachadismo, escapara-tismo en pedra, formigón ou cristal, que atraen en base a unha arquitectura ou un urbanismo suxerente. En Marraquech iso ocupa un lugar secundario. Nesta cidade marroquí, a coñecida como perla do sur, son as xentes, o elemento humano, a vida, en definitiva, o elemento atraínte: bereberes e musulmáns, mescolanza de culturas, universo de xentes concentradas arredor deste embigo de África.Importantísimo polo de atracción da parte meridional de Marrocos -a comprendida entre o Atlas e o Sahara -, emprazada no centro dun inmenso palmar na chaira de Haouz, preto dos cumes do Alto Atlas recubertos de branca neve tanto en inverno como en primavera, Marraquech é a grande metrópole bereber (millón e medio de habitantes ) que, sen embargo, conserva en toda a súa pureza orixinal, a estructura medieval da época da súa fundación.Ó igual que sucede nas cidades occidentais, é a parte antiga da urbe o obxecto de atención para o viaxeiro curioso. A Medina, a antiga cidade amurallada, recolle dentro dela toda a alma da cidade, a verdadeira esencia vital dun espacio froito de séculos de historia.Marraquech acolle ó visitante baixo a luz dun sol luminoso que se proxecta sobre as arquitecturas desprendendo un variado cromatismo, que dada a súa tonalidade predominante lle otorga o calificativo de cidade vermella. Ó fondo, nos altos cumes das montañas do Atlas, reluce un branco de neve, mentres no horizonte se recorta a figura escura das palmeras e as torres de Deus apuntan rectas hacia un ceo azul limpo de nubes. Unha muralla roxiza de máis de 20 quilómetros recolle a cidade antiga nun

abrazo protector.

A praza de Xemaá el Fná. Un espectáculo vitalPero en Marraquech un lugar atrae sobre todos os demais, un espacio que semella toda África, unha praza esencia de prazas, un ágora, punto de converxencia, lugar de representación teatral, espacio aberto e plural: a praza de Xemaá el Fná.A praza é unha grande explanada aberta á entrada da Medina. Paradóxicamente, este lugar onde a vida se manifesta por riba de todo o material, coñécese co nome de "reunión dos mortos". A razón é que neste lugar, en lonxanos tempos, se exhibían as cabezas cortadas dos reos executados por lei.Sinala Juan Goytisolo escritor que forma xa parte da paisaxe da praza, sentado na terraza dun bar contemplando o transcorrer do tempo mentres degusta un té con herbaboa que para facilitar o primeiro contacto con este microcosmos africano, pode o viaxeiro subir no solpor á terraza florida dalgún café "cando o sol incendia a paisaxe urbana e é posible atalaiar no seu esplendor a ubicua improvisación da súa festa".Aceptada a suxerencia, subimos á terraza do café de France, un dos establecementos que se asentan nos tellados planos das casas que bordean a praza. No fondo, a Kutubia mostra altiva a súa arquitectura. É este o símbolo de Marraquech e o seu fito referencial visible desde calquera lugar. Asemade, este singular minarete simboliza a relación cultural entre España e Marrocos por servir de modelo para a Xiralda de Sevilla, cando os musulmáns eran donos do Mediterráneo. Na praza o espectáculo é inesquecible. Desde a inmellorable atalaia, sentados ante un té con menta, observamos abraiados como todo vai cobrando vida a medida que a tarde se vai pintando de rosa. Semella que alí todo é posible, un lugar de vida, de agora e de

Page 45: Casa da Gramática 12

antes, de sempre. Balbordo, excitación, movemento, maxia, misterio, un escaparate que un contempla mudo esquecendo a tiranía do tempo. Un halo de misterio invade ó viaxeiro cando a mescolanza de luz, cor, sons e texturas, inunda o seu ser; nese intre, o feitizo de Marraquech conquista a súa alma e o tempo semella retroceder. De súpeto, augadores, contadores de contos, malabaristas, vendedores de todo, encantadores de serpes, saltimbanquis, desfilan ante os incrédulos ollos do espectador nun escaparate único. Toda África aparece concentrada neste lugar e as horas pasan sen un decatarse.Logo desta aproximación primeira, ó día seguinte sumerxímonos en tan soberbio decorado convertidos nuns máis da bulideira praza; uns activos espectadores como tantos outros que deambulan nun territorio que ofrece unha incontable variedade de miradas a elexir. Camiñar paseniño, sen reloxio, seguindo o deambular do xentío, perdidos nun maremagnun de aromas, sensacións, imaxes, sonoridades,...Trashumar de corro en corro dos múltiples que se forman e se disolven continuamente como bandadas de paxaros. No centro dun deles, un home azul do deserto conta as propiedades das súas herbas sanadoiras e as súas pócimas para a virilidade. Mais alá, un contador de contos relata historias que manteñen inmóbiles ós seus absortos espectadores. Moi preto, uns encantadores de serpes tocan as súas frautas ante as perigosas cóbregas ergueitas. Ó seu carón un vidente le o futuro a quen o desexe. Un grupo de equilibristas configuran unha torre humana nun lado da praza, noutro extremo ten lugar un combate de boxeo. Saltimbanquis, tambores, chillidos de mono, pregóns de médicos e herbolarios, frautas e panderetas, todo destinado a seducir a unha masa sempre disposta. Arredor da praza, como delimitándoa, nuns postos do máis rudimentario, apiladas en pequenas

montañas, as laranxas dan unha nota de corido ó bordo espacial. Cando a praza se baleira, e bailaríns, tambores, rapsodas, frautistas, se van, novos puntos de encontro e reunión acollen ó persoal. Cociñas ambulantes, local comercial portátil, negocio reducido á súa máis simple expresión. Todo listo para a cea. Cheiros de frituras e potaxe, comino, té con herbaboa, que excitan o apetito do camiñante e diríxeno ós banquillos do tenderete. Caldeiros fumeantes de harira, sarténs listas para a fritura, montañas pringosas de dátiles, cestillas de froita, pirámides de améndoas, cuncas de olivas,....A praza de Xemaá el Fná á morte da tarde convértese nun xigantesco restaurante ó aire libre.

Os zocos. Un salto atrás no tempoDesde a praza, un sinfín de corredores tecen unha maraña de sendas. Ó seu traveso, incontables tendas e talleres artesanais ofrecen mercadorías de todo tipo. Son os zocos ó abrigo do ardente sol. En moitos casos trátese de rúas cubertas con teito de canas por cuios ocos se colan haces de luz dando un aspecto case máxico ó lugar. A fotografía é aquí inevitable. Con frecuencia estamos ante rúas especializadas: aquí o zoco dos follalateiros, alá o dos tintoreiros, logo o dos ferreiros, carpinteiros….Cada un cunha cor, un aroma e un son característico; en todos unha paisaxe inesquecible. Por este animado laberinto circulan ríos de xentes á satisfacción das súas necesidades vitais. Xente que merca e xente que vende, xente que vai e xente que vén, xente que traballa e que vive. Récuas de borricos cargados de cestos transitan entre as persoas, dando a veces a sensación de non poder superar a estreitez do calexón. O que máis atrae é o universo de pequenas tendas onde se atopa de todo: teas dos máis variados tipos, obxectos de latón,

Zoco dos follalateiros. A especialización por rúas é unha dascaracterísticas que atraen dos zocos. Cada un cunha cor,un aroma, e un son característico.

A Praza de Xemaá el Fná á morte da tarde convértese nunxigantesco restaurante ó aire libre.

Page 46: Casa da Gramática 12

alfombras infinitas,…e os establecementos de venda de especies, tendas de especial atractivo polo agasallo de cores, e aromas, que para sempre se gravan na memoria.Mentres deambulamos polas rúas, un decátase do diferente concepto de vida entre musulmáns e cristiáns que vai ter reflexo nas cidades. O musulmán vive hacia o interior, e a casa resume esa concepción relixiosa. Son casas modestas cara ó exterior, casas sen a penas ventás e cunha sinxela porta, sempre pechadas a cal e canto, gardando con celo un interior de frescos patios centrais arredor dos que se articula a vivenda. A cidade islámica é por iso unha cidade secreta, unha cidade recollida no interior das humildes paredes que tapian un laberinto de rúas e calexóns, a veces sen saída. A intimidade é algo propio da vida desta cultura. Seguramente sexa ese misterio o que acrecenta a nosa curiosidade.

Morre a tarde en Marraquech e volvemos á nosa cita puntual coa praza de Xemaá el Fná. O sol trala Kutubia resalta o verde escuro do palmeral. Ocre das casas. Atmosfera vermella. Ó lonxe, o Atlas recorta o seu poder en picachos dun branco inmaculado. Sérvennos un té nuns vasiños de cristal a rebosar de follas de menta. Engadimos sucre en cantidade suficiente para endozar a infusión. Aspiramos profundamente a súa fragancia e engulimos o contido en pequenos e espaciados grolos. Mentres, a voz do muecín chamando á oración conquista o aire, e a maxia de Marraquech instálase para sempre na nosa memoria.

Zoco dos tintoreiros. Explosión de cor nos fíos e tecidoscolgados que cobren a rúa.

Os feixes de luz coándose a través dos teitos de cana nos zocos, inundan a atmosfera de maxia.

A Kutubia. Este singular miranete é o símbolo de Marraqueche o seu fito referencial básico visible dende toda a cidade.

Page 47: Casa da Gramática 12

A promesa realizada era unha cuestión de natureza ineludible. Sobre a imaxe dun núcleo urbano debía trazar as súas impresións para o suplemento que unha revista de prestixio publicaría sobre as cidades. Na semana indicada, un paquete postal perfectamente engalanado chegou ao seu domicilio. No remite podía lerse o nome da persoa que conseguira o seu compromiso. Nunha marxe a sor-prendente anotación sobre o contido no interior do envío: UNHA ACUARELA DE MANHATTAN, es-cribíralle a pintora para inspirar o traballo no suplemento adicado ás cidades. Catro palabras que o deixaron desconcertado. ¿ Cómo podía realizar a súa aportación se nunca estivera en Nova Iorque ?Co paquete nas mans non deixou de cavilar no asunto herdado pola conversa que tivera unhas semanas antes nun café coa excelsa pintora e membro do consello de redacción da devandita revista. Sumido nestas preocupacións, tratou de buscarlle unha doada solución ao problema e pensou na posibilidade de realizar un traballo alternativo, é dicir, sobre o fondo da posiblemente fermosa acuarela imaxinar a cidade por dentro. Analizar o seu ventre. O seu complexo mundo urbano a partir dun libro que lera de Robert D. Kaplan sobre o cosmopolitismo das grandes cidades americanas vencellado ao fenómeno das migracións. Intentar unha exploración polo mundo da droga e a violencia que estaba a abrollar de modo imparable nos seus suburbios máis marxinais. Un enfoque social tan de moda últimamente baixo unha visión aséptica e nada comprometida. No medio, un lixeiro toque progresista citando a Woody Allen, Paul Auster ou a mesma estatua da Liberdade, sempre tan recurrida. A punto de desfacerse con torpeza das engalanaduras do prezado paquete, que contiña aquela explícita e desacougante anotación, imaxinou outro manhattan máis suxerente e sensual. Unha pequena cidade

enclavada no medio dun val de extraordinaria beleza e integrado con harmonía na literaria e histórica comarca da Toscana. Un vello burgo medieval que descubrira un día ao pasar da comarca do Chianti ao val do Elsa para visitar a casa de Bocaccio en Certaldo. Dispois dunha semana de estancia nun congreso en Perugia, decidira realizar un curto percorrido turístico visitando algúns dos lugares que lle quedaran pendentes doutras visitas a Italia. En Sansepolcro quedou marabillado pola exquisita e meditada Resurrección de Piero della Francesca. En Monterrigioni contemplou con admiración a intacta muralla que inspirara a Dante para trazar a súa tráxica visión do Inferno. As suxestivas ruínas do mosteiro gótico-cisterciense de San Galgano deixárono enmudecido. Visións e turbacións aumentadas cando, na lonxanía dun val de terras ondeantes, divisou unha vila de cores ocres e terrosos sabiamente disposta ao redor dun outeiro sobresaínte que amosaba fachendoso cara o ceo a esvelteza de trece torres cadrangulares que competían simbó-licamente coa mesma cidade de Nova Iorque. Un auténtico manhattan medieval erguido, por mor das rivalidades nobiliarias e o esplendor comercial da época, no corazón máis sensible da península italiana.Co paquete que protexía á imprevista acuarela de Manhattan a punto de desenvolverse das súas ataduras, que se amosaban rexas e compricadas de superar, sen dúbida polo valor inestimable da pintura, lembrou a orixe do repentino encontro con aquel recinto histórico encaramado no cumio dun sobrio montículo que dominaba un val caracterizado pola diversidade de cultivos e a suavidade das súas terras. Co rostro iluminado, tamén recordou a aventura sufrida de maneira case irreal no interior do recinto histórico.O autobús procedente de San Galgano adentrouse na

Unha acuarela de Manhattan

Xerardo Agrafoxo

Page 48: Casa da Gramática 12

parte máis profunda do serpeante val e aproximouse ás intactas murallas da vila que para a súa desventura quedaron atrás cando o coche de liña continuou pola estrada de Certaldo, onde el tiña unha cita cun compañeiro do congreso. A espectacular visión da vila, cinguida dun mar de alciprestes e mirasoles que se proxectaban cara o ceo como a verticalidade das fachendosas torres, produciulle unha emoción violenta. A imposibilidade de deterse a carón da imponente muralla, que apreciara sólida e fendida nalgún punto para trazar as portas de acceso, deixouno abatido. Na localización inmediata da casa natal de Giovanni Bocaccio, onde debía atoparse con Luca que traballaba de restaurador no museo da vila, non deixou de agoniarse pola amarga vivencia experimentada. Noutras viaxes deixara de visitar lugares que el non apreciara como importantes e que ao regreso descubrira, a través das lecturas e as conversas con outros compañeiros navegantes, como sitios de obrigada e inesquecible parada. Nesta situación anímica o pequeno cumio fortificado do autor do Decamerón deixouno indiferente.O amable toscano informaríalle que a vila contem-plada, sen que o autobús detivera o seu traxecto polo angosto val, bordeado por unha galería de viñedos e oliveiras, constituírase durante a Idade Media nun punto de encontro dos peregrinos que camiñaban ata Roma pola vella calzada empedrada que logo se prolongaba pola vía Apia ata o adriático peirao de Brindisi. Estaba considerada como un dos lugares máis fermosos de Italia e gozaba dunha certa tranquilidade ao absorver Siena e Florencia a maior parte dos turistas que cada ano visitaban a Toscana. Tamén lle explicou que se convertira en fonte de inspiración de directores de cine e novelistas que, como E.M. Forster e Elisabeth Von Arnim, ambientaran as súas memorables obras no interior do recinto amurallado. Emocionado polo relato atemperado de Luca e a imaxe do intuído desde o autobús que o trasladara ata Certaldo, aceptou visitar a ansiada vila aquela mesma noite cando o amigo restaurador lle ofreceu esta posibilidade. Pensaba na inmediatez daquela peregrinación improvisada, xurdida na complicidade dunha acolledora noite de verán, cando o paquete postal coa enervante acuarela de Manhattan estaba a punto de descubrirse coa reproducción dun mundo urbano tan alleo ás súas preferencias viaxeiras. Pero, antes de que os indiferentes rañaceos novaiorquinos soterrasen o recordo inesquecible do descubremento dunha nova cidade, única e impredicible, a

lembranza das palabras de Luca detiveron a fría observación do cadro a punto de desvelarse. Nunca imaxinara que aquel outeiro protexido por unha muralla, que o cinguía en todo o perímetro asimétrico seguindo a curva máis elevada das ladeiras, puidese resultar tan gratificante. Configurado a modo dun estilizado óvalo atravesado no seu eixo maior por unha ascendente rúa alada de nobres mansións, a vila amosaba na súa parte central dúas prazas de construcción irregular e de monumentalidade abraiante. Nunha delas, con-vertida en lugar de encontro e animación, un pozo hexagonal erguido sobre un apreciable pedestal de cinco chanzos conferíalle ao entorno triangular un encanto familiar só comparable ao visto na Venecia máis íntima. As súas casas elevadas e a diferentes alturas, coas súas fachadas cubertas de macizos floridos e adornadas con fiestras xemelgas, con-trastaban coa sobriedade do seu enlousado medieval. Na outra praza, situada xusto ao lado e tamén atravesada pola vía principal que descendía cara ao norde, destacaba maxestosa a Colexiata románica cos seus sobrios rosetóns e a escada que a proxec-taba por enriba dos edificios circundantes. No trazado sabiamente disposto con naturalidade polos arquitectos medievais, o pazo do Popolo e o da Podestá rivalizaban coas súas impoñentes torres cadrangulares que sobresaían na paisaxe do val.Despois do entenrecedor paseo polas recunchos máis aillados dos diferentes arrabaldes, que no silencio da noite transformaban a atarefada vida turística da vila nun acougo apreciable, camiñaron en solitario polas ruelas máis estreitas ata dar co sendeiro empinado que remataba na porta da entrada á Rocca, a vella fortaleza que lle servira de defensa durante as loitas internobiliarias que mancharan de sangue o hermético entramado urbano, disposto a ambos lados da rúa que a xeito dunha espiña de peixe dividía á pequena cidade en dúas áreas perfectamente homoxéneas e integradas no complexo amuradado. O castelo medieval ancorado na parte máis sobresaínte do outeiro excepcional estaba misteriosamente aberto. No interior, a calma estendíase coma o aroma dunha flor recente polo gran patio central e as torres despostas nos vértices máis prominentes procurándolle un gran valor defensivo. Por unha escaleira espiral accederon ata a torre central para divisar o val acendido e a vila situada aos seus pés. Dende a Rocca o vello burgo medieval semellaba un antergo manhattan antes de tempo, coas súas trece torres dirixidas con ostentosa harmonía e calculada ingravidez cara a noite

Page 49: Casa da Gramática 12

estrelada. As mansións alumeadas descendían gradualmente cos seus tellados avermellados ata sobrepasar os muros exteriores do recinto. Cando se despuxeron a descender con preguizosa lentitude pola pronunciada escada, Luca esvarou nun dos últimos banzos e atopouse cos brazos protectores do seu compañeiro que o recibiu entre o seu corpo cunha naturalidade nada afectada. Emocionados pola suavidade apracible do contemplado con delectación imprevisible dende a torre da fortaleza e coas miradas das súas meniñas desconcertadas e desexosas, atopáronse encerellados sobre a herba quente do amplo e irregular patio, adornado pola erecta silueta de dous delgados alciprestes, que os acolleu no seu interior como se fose unha buguina chea de segredos. Sorprendidos pola voluptuosidade dos seus rostros, visible no estalido das súas deformadas e expandidas bocas que adiantaron os movementos máis cobizosos, deixáronse levar pola luxuria do solpor enfeitizador. Entre silencios e xemidos, os corpos ríxidos e impetuosos, sacudidos por uns abalos inconfundibles, transformáronse radicalmente cando un contundente e estremecedor éxtase os deixou fláccidos e relaxados baixo o esceario envolvente do manhattan toscano.No recordo daquela noite chea de misterio e

sensualidade, desfíxose das últimas engalanaduras do paquete postal que contiña unha acuarela de Manhattan. Ao instante quedou atrapado pola visión do cadro que tiña ante os seus sorprendidos ollos. Era unha magnífica pintura na que se recreaba de maneira sensible e colorista a atraente vila toscana coas súas vaidosas torres, erguidas e concupiscentes, desafiando o urbanismo contemporáneo. Mer-gullado na contemplación do vello burgo medieval captado cunha habelenciosa man mestra, descubriu insospeitadamente que a ilustre pintora xa estivera noutra época no cativador manhattan italiano. Quizais tamén ela gozara dunha máxica experiencia amorosa de recordos imborrables. Unha noite de pracer correspondido e endexamais contada. Unha acuarela delatadora. Quizais ao realizar o cadro sentiuse baixo o influxo do síndrome de Stendhal, o enigmático malestar que afecta ás persoas demasiado sensibles ante tanta sobredose de beleza divisada. En calquera caso, na apracible observación da espléndida acuarela apreciabase que os seus lúcidos ollos grandes, brancos e negros, deixáronse impresionar pola incomparable, doce, agarimosa e lasciva San Gimignano.

Concha Sabucedo. San Gimignano. Acuarela.

Page 50: Casa da Gramática 12
Page 51: Casa da Gramática 12

19

Retábulo para "A derradeira lizón do mestre"

(A. D. Castelao)

Maxi Olariaga

Para Xosé Agrelo Hermo. Mestre.

Fai anos que soterrei ós meus pais. A cotío vou

pola súa casa onde non se moveu un só papel.

Carme coida dela. Todo está tal cal era. Só faltan

eles. Estiven de visita fai unha semana.

Sentíame mal e retireime alí a meditar un par de

días. Benditos sexan por me deixaren ise refuxio

onde esquece-lo medo. Curei a saudade sentado

ó piano... lembraba a miña nai alí, comigo ó seu

carón. Decía que a mitade do piano era meu e a

outra mitade era dela. Entón aprendíame a tocar

e o meu riso brincaba sobor das teclas pintado de

branco e negro e fuxía polas crebas que hai antre

elas ata chegar á sonoridade dos aramios que

garda o piano nos adentros onde bule a súa vida.

A derradeira noite que pasei alí ocurreume algo

extraordinario. Estaba a repasar un libro de

Castelao. Era un libro grande editado en rústica

no que soio había dibuxos de Daniel. Eu lembro

de toda a vida ise libro na biblioteca a carón de

un máis luxoso sobre Picasso. Repasei un por un

os dibuxos á calor da lareira e lembro que pensei

como podóa haber xente ten vil que chegara a

queimar libros. Cando cheguei á páxina na que

Castelao retrata "A derradeira lizón do Mestre" a

anguria quedou a vivir en min e por un intre

sentín que viña de dar un paso atrás na miña

recuperación. Pero había algo máis. Un sobre

cosido con fío á folla, agrisado polo paso do

tempo. Brincou meu corazón eleutrizado pola

sospeita de que viña de achar un tesouro... un

dos meus sonos incumpridos. Abrino paseniño

coma debeu abrir Noé a porta da Arca. Dentro

que ía a haber? Unha carta. Ista carta que na súa

prega tiña dúas follas belidamente conservadas

de xacinto roxo. Ista carta.

Meus benqueridos alumnos: Agora sei, nista

noite de vrao, por que gustaba tanto de estar

convosco. Porque amaba tervos ó meu redor cos

ollos espentenexados trala pegada do meu xiz na

pizarra... tralo meu ponteiro no mapa. É día vinte

do mes de Santiago e, contra todo aquilo que vos

teño ensinado, fai frío, xea dun xeito que

endexamais sentín no vrao.

Non dou cadra certa de onde estou pro coido que

na planta baixa de algures... cicais do Concello

porque a travese dun ventanuco, como

Montecristo en If, vese lonxe o mar ó mesmo

nivel dos meus ollos; non vexo o mar

exactamente senón a escuma branca que de

cando en vez alumea co luar para saudar ós

mariñeiros... e quizaves nista longa noite a min

tamén. Estou a cavilar si hei de vos contar coma

vin dar eiquí cando vós coidades que antontes

saín para miña terra de Celanova a pasar cos

meus istes días de lecer. Que será de vós... e dos

vosos, meus filliños..!

Aínda non chegaramos ós outos de San Xusto

cando atopamos con xente armada, vestida de

azur e coiros negros. Saíronos ó paso. Xa vos

teño falado deles nalgunha ocasión... os das

frechas roxas no peto da camisa. Fixéronos apear

das selas das bestas. Ó señor Xan que viña

comigo de compañía ata Urdilde, ó señor Xan,

Casa da Gramática nº 12

Page 52: Casa da Gramática 12

digo, levárono alén da carretera e perdino de

vista na arboreda. Dispois ouvín unha voces

alteradas e logo un tiro... non, dous tiros; vin voar

despavoridos dous melros e unha nube de

bolboretas envolvidas no fume da pólvora

queimada. Logo voltaron prá carretera pero o

señor Xan non viña con eles.

-Que facemos co Mestre? Preguntou un dos

catro.

A un deles eu coñézoo e vós tamén. Mirei para el

por amparo. El olloume de abaixo arriba coma si

nunca me vira denantes e dixo.

-O mestre vai de volta a Vila. Queren falar con el .

Levádeo!

Un home da miña idade e mais un mozo duns

vinte anos colléronme polos brazos, sentáronme

no cabalo e anoáronme as mans por debaixo da

batalla da sela.

-Imos contigo á Vila... dixo o mozo. Tiña o pelo

moi negro, mouro, cheo de crema da que usa don

Xacinto o crego. El chámalle fixador. Non pasaba

dos vinte anos e relocíanlle as febillas prateadas

no atalaxe de coiro escuro do que penduraba

unha pistola non moi grande. O máis vello, ó

montar, dixo: Arreando!

Así baixamos á Vila. Sen máis falar. Chegamos

coa anoitecida i-entón cegáronme os ollos cun

pano suxo e húmido. Polos andares... polas

aromas, vin en pensar como vos dixen, que estou

nos baixos do Concello pro nono sei de certo.

Denantes de chegar a iste cuarto leváronme a

falar cun home. Eu seguía cego pero xuraría que

era novo, culto. Non era da Vila... falaba español

pro certamente era galego.

-Así que tú eres el maestro.

-Pois... si señor, respondinlle aterrado pola

escuridade.

-Quitadle ese trapo de la cara!

Así o fixeron e puiden velo. Era tal como eu

maxinara. E tiña unha gafas negras que

ocultaban o seu ollar. Parecía recén saído dun

baño, afeitado e coa pel brilante e aromosa que

dá a loción dos barbeiros. Deulle unhas voltas a

uns papeis que tiña sobor da mesa.

-Así que... de Celanova... Lugo?

-Si señor. (Non fun quen de decirlle que

Celanova está en Ourense). Estaba morto,

mortiño de medo, meus fillos. Un medo non

doado de explicar porque non che doe nada nin

ninguén che está facer dano. E como unha fiura

na i-alma rachada por un cravo de prata. Ata

creo que aquel home... bon..., dábame respeto!

-Y que hace Usted aquí? Acaso no hay escuelas

en Lugo? Porque, si no las hay, ahora con el

nuevo orden nosotros las pondremos.

-... eso está moi ben, señor.

-Pues claro que está bien! Lo que está mal es que

al frente de esas escuelas estén maestros rojos,

protestantes o judíos y hasta quizá marxistas... o

republicanos de mierda como usted!

Eu sentín un desmaio e dispois un golpe forte

nas costas, un culatazo quizaves e un...

"Responde, contéstale al oficial!"

-Eu..., non son nada diso, señor.

-Qué dices? Habla en cristiano! No entiendo esa

jerga vuestra... Cristiano..., en cristiano! Que has

dicho?

-Que no soy protestante, señor.

-Pero sí rojo o marxista... o no?

-Pues no, señor..., creo que no.

-Con que no, eh? Es esta tu letra? E amosoume o

papel do dictado derradeiro que vos mandei

facer. Lembrádesvos? O do Quixote. O episodio

dos muiños de vento.

-Conteste! Estas notas al pie de la página y estas

por detrás... acaso no son de su puño y letra?

-Si, señor.

-Aquí dices que hay que hacerle entender a los

chiquillos que eran gigantes, que ni por un

momento creyesen que lo que el Quijote tenía a

su vista eran molinos... Bien, explíquemelo a mí

porque a un niño es muy fácil engañarle...

explíquese...

-Explicar..., que, señor?

-Me estás llamando imbécil? E deu un puñazo

terribel sobor da mesa. Eu encarteime porque

dista volta o culatazo nas costas foi moito máis

forte.

-Eu..., nono insulto, señor.

-Háblame en cristiano..., cristiano, coño!

I. E. S. Virxe do Mar de Noia20

Page 53: Casa da Gramática 12

21

-Si señor.

-Bien. Explícate!

-Son molinos, señor. Pero los niños deben ser

Quijotes. Es la única ocasión que tienen para

serlo y deben creer que ven gigantes. Deben

enfrentarse a ellos porque..., porque si no lo

hacen, pues..., ellos acabarán con su inocencia.

-Inocencia? Inocencia, dices? Acaso la inocencia

se mantiene con mentiras? A los niños hay que

decirles la verdad. La verdad, profesor. Y la

verdad es que son molinos y la verdad es que el

Quijote estaba loco! Loco!; o es que el profesor no

leyó el Quijote..?

-Pues sí, señor. (Eu cáseque non podía xa falar.

Nada do meu corpo obedecía ó meu espíritu.

Souben naquel intre o que era a morte pola

escisión que percibía antre o corpo e a i-alma).

-Bien... dime como empieza...

-Cómo empieza qué, señor..?

-Joder de Dios! Que va a ser? El Quijote..! No eres

Maestro?

-Pues..., En un lugar de la Mancha de cuyo

nombre no quiero acordarme, no ha mucho

tiempo que vivía...

-Basta, basta ya! Sólo faltaba que no lo supiera!

-También se como acaba, señor.

-Decateime de que viña de descir algo

inconvinte. El quitou as gafas negras e

pousounas lenemente na mesa. Entón vinlle

aqueles xeos grises acochados tralas pálbebras

onde, de súpeto, puxéronse a bailar dúas

violetas nun mar marelo.

-Como acaba? Como acaba? Bramou cheo de

carraxe.

-Oís a este desgraciado... como acaba? E

escomenzou a botar gargalladas e con el os catro

ou cinco que con nós estaban no despacho.

Pegou outro sonoro puñazo sobor da mesa.

-Escúchame bien, imbécil. A quién cojones le

importa como acaba! Aquí estamos hablando de

que los rojos decís que son gigantes y los cató

licos decimos que son molinos. Y Cervantes...

Cervantes dice que son molinos y tu dices que

son gigantes... lo has entendido? Esto quiere

decir-e saíu de detrás da mesa, sacou da cincha

a pistola e, xúrovolo, meus fillos, púxome o cano

na testa antre as cellas- quiere decir que tú eres

un mal maestro y que por ello educas mal a tus

alumnos. En la nueva España habrá buenos

maestros y buenos alumnos y de los rojos,

protestantes y republicanos como tú nadie se

acordará nin en tu puto pueblo de Lugo.

Lleváoslo, lleváoslo de aquí antes de que lo deje

tieso... fuera! Fuera de aquí!

Cáseque me arrastraron ata a porta. Eu

desfalecera, meus probiños. Xa cando saía,

berrou:

-Maestro -díxome a unha coarta da miña

faciana- son gigantes o son molinos?

Eu nin puiden ergue-la testa pero cos ollos fixos

no charol das súas botas onde se refreixaba o

medo, respondín...

-Xigantes, meu señor..., xigantes.

-Está bien. Gigantes. Está bien. Así sea.

Voltaron a me venda-los ollos e aquí me tendes.

Fai unha horiña o señor Ricardo o sereno,

tróuxome un pouco de borona, un anaco de

queixo e un netiño de ribeiro. Tamén istes

papeis. Si podo heillos dar para que vos

cheguen, meus fillos. Estou a mirar polo

ventanuco as brancas escumas que escriben

sobor das ondas do mar a historia dos homes

guiadas pola man de Poseidón. Teño que deixar

de escribir. Non teño máis papel e parece que

ven xente. Será o señor Ricardo. Por el mándovo-

la carta. Cando miréde-lo mar lembrádevos de

min e, se vos decatades, veredes como un Deus

escrebe sobor del. As escumas son as palabras...

non esquezades nunca ista noite...

Poderíavos contar o que aquilo siñificou na miña

vida. O que aquel achado espertou ou durmeu

dentro de min. Pero prefiro que pechéde-los

ollos e soñedes por un intre que isto sucedeuvos

a vós mesmos. Entón cada quen coñecerá

cáseque todo o segredo da súa vida. Do seu

úneco e silandeiro pasar por iste mundo. Todo

está escrito na escuma. Nas escumas do mar.

Noia. Febreiro. 2001.

NOTA: Casa da Gramática, respectou a ortografía e gramática

do autor.

Casa da Gramática nº 12

Page 54: Casa da Gramática 12

22

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

M. Alvear Arroyo

Page 55: Casa da Gramática 12

23

Sansón

Ramón Carredano

O río baixaba a pulos polos pequenos

abanqueiros, entre ameneiros brancos,

espadanas que abaneaban ó son da corrente

e outos salgueiros, firmes e rexos coma

soldados que formaran en dobre ringleira ó

paso do xeneral, ata chegar ó remanso

ancho e profundo onde parecía tomar folgos

antes de seguir o seu sempre igual camiño.

Era aquí onde Sansón reinaba por dereito

propio, rei e prisioneiro á vez. O seu propio

tamaño era o que lle impedía saír do seu

reino. Rio abaixo o calado era escasísimo e, ó

mesmo tempo, era incapaz de escalar as

fervenzas que lle impedían o paso río arriba.

Sansón era a troita máis coñecida polo

pescadores da bisbarra, que xuraban non ter

visto nunca un animal de semellante tamaño,

e en todos aniñaba a cobiza por conquistar

un trofeo da categoría de Sansón.

Pero Sansón, coñecía de lonxe tódolos trucos

dos pescadores, aprendidos en moitos anos

de desconfianzas, de loitar de pillo a pillo,

con centos de canas e de cebos, de deixar en

ridículo ós máis experimentados troiteiros,

que non puideran con el.

¡Que ben lle quedaba o nome que os seus

propios inimigos lle puxeran! Sansón.

Grande, forte e astuto, como heroe bíblico,

vencedor en cen batallas, e coma el, coas

feridas dos combates levadas coa fachenda

dos gañadores.

Pouco a pouco, as mellores canas, foron

abandonando a imposible caza de Sansón, a

quen só visitaban de vagar, por aquelo de se

había sorte.

Pero Don Ramiro non se deu por vencido. Don

Ramiro era, con moito, o mellor pescador de

troitas que pisara aquela bisbarra en cen

anos. Don Ramiro non era un pescador. Don

Ramiro elevaba o deporte da pesca á

categoría da arte. ¡Como voaban aquelas

moscas na punta do sedal da cana de Don

Ramiro! Como subían e baixaban, como se

detiñan un instantiño no ar, aletexando, para

emprender de novo o seu voo inquedo, ou

tranquilo, agora rasante, agora dando

pulos... Como conseguía poñer a culleriña no

lugar preciso entre aquelas dúas pedras onde

a corrente era máis forte. Como controlaba o

impulso dado á cana para contrarrestar a

forza do vento...

Todo o que sabía Don Ramiro do río e das

troitas, que non era pouco, aprendérao do

seu pai, quen sabía todo o que había que

saber, e que adicou a súa vida a traspasarlle

os seus coñecementos ó seu fillo; non en van,

en canto naceu o rapaz, o primeiro que fixo

foi lavalo no río que discorría a carón da casa,

Casa da Gramática nº 12

Page 56: Casa da Gramática 12

24

para que o primeiro que coñecera aquel

corpiño feble fora a súa auga fría, inqueda e

fuxidía.

Non coñeceu aquel neno máis xoguete que a

cana de pescar, e os seus amigos de infancia

foron as miñocas, os grilos, os besbellos...

Non lle importou marchar a estudiar para o

Seminario a Santiago, pois foi teima da avoa

toda a vida que aquel rapaz tiña que ser cura,

sempre e cando nos veráns lle deixasen botar

o día no río. E así, mentras seu pai se adicaba

ás cousas terrenais, máis ben sería dicir

acuáticas, do neno, a avoa preocupouse de

asuntos menos prosísticos.

Foi a avoa quen correu con tódolos gastos,

quen lle mercou a maleta e mais as mudas

novas para que non dera vergoña no

seminario, foi ela a que pagou o internado, e

mercoulle tódolos libros que lle fixeron falta

sin chorar nin un patacón, con tal de que o

seu neto saíra cura.

-Pero cando sexas cura- decíalle a Ramiriño-

has de dicir moitas misas pola miña alma,

¿non si?

-Si - contestáballe o rapaz moi serio. Pero no

verán hei de ir ó río.

-Se estudias e aprobas, todo o verán será

para ti só. Para que fagas con el o que

queiras. Ti estudia, faite cura, e non che

faltará nada do que eu che poida dar.

Fixo a carreira arreo, somentes matinando

nos veráns libres para adicarse ó seu, que

eran as troitas e non as almas. Mentras outros

seminaristas tiñan problemas coa castidade

que roía no seu corpo xove, e desesperá-

banse por non soñar con mozas, fundíndose

na oración e no sacrificio do cilicio, as únicas

humidades coas que soñaba Ramiro eran as

do río, alfa e omega do seu mundo.

Con outros compañeiros seminaristas

afeccionados á pesca, pasaba horas falando

de ríos de troitas, de cebos, de canas e de

carretes. Nos veráns, visitábanse uns ós

outros para comprobar a certeza da fama que

tal río tiña de troiteiro, ou aprender a técnica

que Fulano dicía que lle daba tan bos

resultados.

Cando o destinaron a unha parroquia, o

primeiro que preguntou foi se había un río

troiteiro nos arredores. Na sacristía trababan

amizade os obxectos litúrxicos coas caixas

de anzós e as boliñas de chumbo, os ciriais

coas canas, e as casullas cos impermeables.

Non era estraño que chegara tarde a dicir

misa por mor da pesca, nin que lle comera

algo ó Credo que era moi longo ou o Evanxeo

do día, para rematar antes e voltar a onde

debía estar. ¡Cantas veces tiña misado coas

botas de auga postas para non perder tempo!

-Tamén San Pedro era pescador, e foi o mellor

amigo do Noso Señor. Decíalle ó escandali-

zado sacristán.

-Pero San Pedro non chegaba tarde á misa.

Sobre todo cando foi cura -contestáballe o

vello campaneiro, en cuxa casa vivía o crego,

e a quen en realidade quería coma se fose o

seu fillo.

Un día, Don Ramiro atopouse con Sansón, e

dende entón convertéronse en rivais ben

merecedores un do doutro. Para o crego non

houbo máis troitas nas que pensar que en

Sansón, e toda a súa cobiza se volcou nela.

Se Don Ramiro coñecía tódalas trampas,

Sansón sabía a maneira de evitalas. Tódalas

intentonas de Don Ramiro fracasaron.

Sansón sempre gañaba a partida e Don

Ramiro voltaba aldraxado para a casa.

Intentárao todo. A miñoca, o grilo, o besbello,

a mosca, a pluma, a culleriña..., pola mañá, ó

mediodía, ó serán, ó solpor... chovendo

ventando, con sol, con nubes... Nada. Sansón

gañaba sempre. Ás veces parecía que se

lanzaba decidido sobre o cebo que Don

Ramiro deixara caer no momento xusto, no

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Page 57: Casa da Gramática 12

25

sitio xusto, coa forza xusta..., e o corazón do

crego batíalle con máis forza no peito, mais,

de súpeto, Sansón reviráballe o cu ó engano

con un ar despectivo, tremendamente

magoante para o ego de Don Ramiro. Outras

veces choutaba ó redor do sedal como

dicíndolle ó seu contrincante: “Xa sei que

estás aí, non é preciso que te agoches”.

Canso das pullas dos outros pescadores, Don

Ramiro cambiou de táctica. Agora non ía de

pesca. Agora adicaba as horas de pesca a

coñecer mellor a Sansón. Pasaba o día á beira

do remanso estudiando os costumes da

troita, os seus máis insinigficantes

movementos, as súas manías, onde se

agochaba cando presentía perigo, como lle

gostaba xogar nadando contra a corrente

cando o río viña cheo, cales eran as horas

preferidas para se alimentar, cal era a súa

comida preferida. Ás veces ficaban fitando

un para o outro sen dicir palabra coma dous

xogadores de xadrez diante do taboleiro,

agardando polo erro do contrincante.

Un día de chuvia e vento, Don Ramiro atacou

de novo. Paseniño, paseniño, achegouse ós

dominios de Sansón como un raposo ó

galiñeiro. Hoxe ía usar unha vella culleriña

que seu pai lle regalara sendo el un neno, e

que gardaba con moito agarimo. O vento

arremuiñaba os ramallos das beiras e

tumbaba os bicos das árbores. A chuvia case

escurecía a outra beira do río, Don Ramiro,

estaba pingando. As rachas de vento, facían

casi imposible o manexo da culleriña

pasándose ás veces, e quedándose outras.

Era imposible pescar naquelas condicións,

pero xa que estaba alí... Un forte refachón

levou a culleriña de Don Ramiro para onde

quixo, acabando pendurada dun ramallo na

outra beira. Aquilo poñía moi serio ó crego,

pois coidaba que era un atentado contra a

súa pericia de pescador. O cebo penduraba

dunha silveira, morto dentro da auga,

mentras Don Ramiro percuraba liberar o

sedal prisioneiro. Non quixera perder aquel

recordo do seu pai.

De súpeto, un fortísimo tirón liberou o liñó

que inda levaba unha folliña de silveira

enredada. A folla percorría entolecida a

extensión da poza mentras Don Ramiro,

coma endiañado, cobraba dun sedal que non

ofrecía resistencia. A folliña viña correndo

cara a onde el estaba. Cunha pequena

trabada, Don Ramiro atopouse con Sansón

choutando por enriba da herba mollada do

prado, na busca do osíxeno que lle faltaba.

Meu Deus, que troita. Digna dun rei.

Merecedora de figurar no libro Guinness das

troitas. Era Sansón, o xigante das troitas.

O crego, con todo o agarimo, liberou o animal

da brinca que o amolaba, e miráronse ós ollos

uns segundos, peixe e pescador.

-Gracias por devolverme a culleriña -díxolle

o crego-. Era un recordo do meu pai. E

despois dun longo suspiro, dixo:- Así non

vale, ¿verdade Sansón? Propóñoche un trato:

ti non llo contes a ningunha troita, e eu non

llo contarei a ningún pescador. E pousando

un bico nos beizos mollados da que agora xa

tiña por amiga, ceibou a Sansón no río cun

“ave et vale”.

Non sei se Sansón e Don Ramiro gardaron o

seu común segredo. Fíome máis de Sansón

que de Don Ramiro, porque os pescadores e

os cazadores son moi mentireiros, e das

troitas nunca oín nada. Do que si estou

seguro é de que Don Ramiro non voltou

visitar a Sansón levando unha cana na man.

Casa da Gramática nº 12

Page 58: Casa da Gramática 12

José Andrés Rodríguez Lago

Page 59: Casa da Gramática 12

27

Pregón de apertura da

VII Semana Cultural

Alfonso Costa

Maio florido, primavera incerta; danzan os

días sobre o calendario e hoxe é xornada de

xúbilo. Todos estamos arelantes de participar

nunha festa cultural.

Pero, antes de nada, abramos o grande libro

da memoria para gozo do noso espírito.

Invistamos cada minuto na búsqueda doutras

emocións desterrando calquera signo de

aburrimento.

O teatro, a música, o deporte, os contos, os

xogos tradicionais, conferencias, libros, etc.,

etc... todo un mundo marabilloso que esta

semana teremos ó noso alcance.

Noia semella unha balsa de pedra ancorada

entre brétemas atlánticas e o lodo da

ignorancia obstaculiza unha nova singra-

dura. Pero nós non somos xente que vive dos

recordos de outrora, necesitamos vibrar a

cada instante, calquera esforzo é

pouco para arrastrar esa ilusión e darlle pulo

a fin de que os ventos cálidos a leven mar

adentro e así navegue polos océanos do

descubrimento, disfrutando do vaivén das

ondas, respirando o arrecendo mariñeiro,

acostumándonos á dureza da vida para

enfrontar grandes desafíos.

Non só de pan vive o home, precisamos

furgar no cerne do pensamento para

decatármonos de que aínda non somos

ninguén, de que o mundo está composto de

partículas e nós somos unha ínfima parte

dese macrocosmos que nos habita.

A nosa mente é un diamante en bruto que

necesita ser traballado cada día e o noso

corpo unha estructura molecular de carne e

óso que fai posible a nosa existencia.

Participar da festa dos sentidos é integrarse

coa natureza, iluminar a vida coas vibracións

do corazón, asimilando que a sensibilidade é

un don que nun principio todos posuímos,

aínda que algúns pensen que só é patrimonio

dos máis febles.

Soñar, inventar escenas do absurdo,

bambearse dun fío invisible, durmir sobre

unha nube viaxeira, dialogar co silencio,

habitar as paisaxes da imaxinación,

descobrir que moitas veces non somos máis

que sombras deshabitadas que se moven

polos escenarios da metáfora.

Advertir que os espellos reflicten un rostro

semellante ó noso que se move e vive noutra

dimensión incitándonos a participar do xogo.

A baixada do pano e os aplausos non

significan que a función teña rematado. É o

tránsito a outro estadio para volver pasar

unha folla máis do grande libro do saber.

Para a construcción do mundo precisouse

dun armazón sólido capaz de soportar a

Casa da Gramática nº 12

Page 60: Casa da Gramática 12

28

diversidade de conceptos.

Sábese que o aire está formado por osíxeno,

nitróxeno e outros gases, ademais dunhas

moléculas invisibles que flotan polo espacio.

Dende o principio dos tempos entendiá-

monos polo boca a boca, é dicir, pola fala, e

fumos poñendo nome ás cousas e a todo o

que nos arrodeaba. Había días nos que pola

atmosfera transitaban nubes máis pesadas

do normal e alguén descubriu que estaban

empreñadas de palabras.

¿Como apreixalas? Non foi necesario

reclamar a presencia dun xigante para que as

atrapara coas súas grandes mans.

Certo día un neno xogaba cun artiluxio feito

con pétalas de mapoula; a cometa voaba e

voaba; o cativo, canso de correr polo campo,

decidiu tirar do cordel para que o inxenio

baixara. A sorpresa foi enorme: a cometa

estaba chea de minúculos grafismos

descoñecidos para o rapaz. Este quedou

perplexo polo estraño descubrimento e

preguntábase que era aquelo que vivía no

aire e ficaba atrapado no seu xoguete voador.

Como sempre, cando tiña dúbidas, corría a

contarllo a seu avó; el sabía moitas cousas do

mundo exterior.

Ó ver aquela colección de garabatos, o

ancián recoñeceu no intre que eran as súas

letras, as que usaba a diario para falar cos

animais e as cousas que existían ó seu redor.

“Avó, ¿que facemos con elas?” “Non as tires,

gárdaas unha caixiña. Lembra: estas liñas

ondulantes son letras e vas necesitalas

durante toda a túa vida para comunicarte.

Colle esta folla branca e ordénaas sobre ela;

imos ver, primeiro esa que tes á túa esquerda,

é o A; colle a outra, a de cor azul, é o E;

aquelotra que está distraída é o I...”

E así o raparigo foi compoñendo un divertido

crebatestas ó que lle puxeron por nome

abecedario.

¿Non é marabilloso beber da fonte da

palabra? Esa necesidade de sede que nos vai

purificar o pensamento. Esa ansiedade de

navegar o caudal do coñecemento, descu-

brindo en cada brazada unha experiencia

nova que nos vai instruír con paso firme polos

derroteiros do mundo presente e do futuro.

Non é necesario que racionemos as palabras

por medo a quedármonos estériles; nin moito

menos, pois as letras non se esgotan nunca,

nacen e florecen cada día para seguiren

flotando ó noso redor, e seren alimanto para

o noso espírito.

Pechemos os ollos e deixemos que a música

nos invada; non é preciso coñecer o

pentagrama nin saber como se escreben as

notas musicais. A música é sublime.

A enorme caracola dos sons énchese de

vibracións para que a través do fío máxico

chegue ata nós con fidelidade exquisita

motivando cada latexo, punzando a nosa

sensibilidade co engado dunha fermosa

melodía.

A música é, sen dúbida, unhas das artes máis

fascinantes; transfórmanos, converténdonos

en adictos ás súas fluctuacións, derrubando

os muros do inmobilismo mental e

procurándonos un estado de ánimo

exultante.

Viaxar polas paisaxes descoñecidas, camiñar

por lugares sen fronteiras, deixándonos levar

polo pulo da inconsciencia. Inventar fábulas,

desempoeirar os prebes máxicos, transmutar

a mentira en verdade, abrir as ventás da

imaxinación para que entren e saian os

soños; reinventar historias... Todo un mundo

que nos acompañou na nosa infancia e, día

tras día, foinos alimentado a memoria para

que nunca reneguemos de ser nenos.

O paso dos anos vainos endurecendo coma

se fose necesario para enfrontar a

convivencia humana. Nese afán de queimar

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Page 61: Casa da Gramática 12
Page 62: Casa da Gramática 12

etapas perdemos moito de nós mesmos e

tantas veces permitimos que a sociedade nos

transforme en seres amorfos, acomodaticios,

cun disfrute monocromo que tan a miúdo

monopoliza a nosa existencia.

Voltar á infancia, escoitar aqueles contos que

a nosa nai nos relataba antes de durmir, e

hoxe volven por boca e arte destes

simpáticos personaxes que lles dan vida, os

contacontos.

Soñabamos con voar, con ver pasar o río ó

noso carón; apalpabamos esa ilusión,

convencidos de que eramos habitantes desa

fábula e, cando retornabamos á realidade,

parecíanos tan insulsa que mirabamos o ceo

buscando ós amigos que conviviran

connosco nesa festa da inocencia.

Volverse cómodos ás veces non é bo. “MENS

SANA IN CORPORE SANO”. Os animais, as

plantas, a natureza enteira todo o que nos

rodea, móvese: a Terra, os planetas, o sol, a

choiva, todo... ¿e nós? seguimos sendo os

únicos habitantes do universo que menos

exercitamos esa lei da supervivencia. Andar,

correr, vivir o deporte en toda a súa

magnitude, proporciona ós nosos pulmóns

vitalidade. Os músculos precisan dese

exercicio diario para que as articulacións non

se oxiden e non debemos esperar a que os

anos nos convertan en vultos cansos porque

logo buscaremos de recuperar ese tempo

perdido lanzándonos a gastar as baldosas do

paseo, de arriba para abaixo, botando a

lingua de fóra.

Por iso o deporte con moderación é un seguro

de vida, un xogo de movimentos que nos

axuda a fortalecer o espírito para enfrontar

desilusións e algo máis que a vida nos vai

ofrecer.

Eu amo o deporte e a música; gozo dunha boa

obra de teatro e lembro con nostalxia aqueles

días baixo os soportais do Curro, xogando ás

bolichas.

Todos os seres estamos capacitados para

amar, para adquirir coñecementos, para

educarse na alegría e na dor. Cada individuo

posúe unhas calidades que deberían aflorar

e que deberiamos protexer da contamina-

ción, nunca esgotando as nosas lembranzas

da infancia para que o futuro as faga

realidade.

A mocidade ilústrase a través da vida e dos

libros, buscando neles a chave que abrirá o

pórtico da sabedoría.

Quen sabe se entre estes rapaces están os

renovadores dunha arte nova, universal.

Quen sabe se polas veas desta mocidade

circula a esencia artística da pintura, do

debuxo, da escultura, etc.

Para descubrir todo este misterio é necesario

e urxente que a este Instituto Virxe do Mar,

suban a bordo especialistas nestas materias

e aprendan ós xoves a descubrir eses

mundos interiores onde habitan outros

impulsos capaces de cambiar a Historia da

Arte. Dende aquí, coa miña palabra, reclamo

o Bacharelato de Artes que ben o merecen

esta vila e este Instituto, pioneiro en formar

grandes personalidades, para que procreen

por este inmenso país que é o Universo.

Xa non pensemos na terra como unha esfera

que xira arredor do sol. Temos que ampliar os

límites. O Cosmos é infinitamente grande

como para perdernos nel. A ciencia aínda se

nutre de papiñas e durme no berce do

ignorado.

Pero seguimos camiñando con paso de

xigante e moi axiña imos descubrir outros

mundos, outras maneiras de supervivencia.

E aí estaremos nós, vós e os vosos fillos

viaxando polas autoestrads interestelares.

Pero o máis marabilloso é viaxar coa

imaxinación. O pensamento non recoñece

fronteiras en nun segundo podemos

I. E. S. Virxe do Mar de Noia30

Page 63: Casa da Gramática 12

percorrer unha distancia a mil anos luz.

Sigo a dicir que Noia é berce de artistas. Nos

meus anos mozos tiven que marchar a

Barcelona para poder debuxar e pintar.

Necesitaba respirar a Arte e Noia adoecía por

falta de medios para educar a calquera

espírito creativo.

Debemos seguir intentándoo, reclamando e

convencendo ós que teñen na súa man o

poder de dar, para que no presente e no

futuro os xoves con ambicións artísticas non

teñan que emigrar a outras cidades por non

teren alimento para o espírito aquí, na nosa

casa.

O mundo non pertence exclusivamente ós

políticos. É de todos e se eles están aí é

porque nós o quixemos. Son moi

afeccionados a prometer e moitas veces non

cumpren. Deben saber que existen outros

seres sensibles que detestan a política, sexa

da cor que sexa, e aman a Arte, as Ciencias, a

Gramática, a Investigación, as Humani-

dades... e soñan con edificar un mundo

diferente, onde as guerras e a miseria sexan

un pesadelo e a paz unha grande árbore que

entre todos axudemos a medrar.

Noia debe guindar pola borda o lastre que

acumula cos anos e romper as amarras que o

suxeitan, para voar ó máis alto como noutras

tempos nos que a nosa vila foi o centro da

cultura. “Noia: buena villa, gentil pueblo y de

los de mayor antigüedad de Galicia”, dicía

Alberto Campero en 1821.

Estas pedras milenarias que ennobrecen o

noso pobo fican atónitas pola nosa

indiferencia e piden ó ceo que aínda que

sexa alguén con poderes máxicos a erga a

ese cume granítico do que nunca debeu

baixar.

É moito de agradecer a todas as persoas a

institucións que promoven a cultura na nosa

vila e, especialmente, ó Instituto Virxe do Mar

por fletar un pequeno e valiosísimo navío ó

que chaman Casa da Gramática.

É de louvar este intento de potenciar a

sensibilidade de todos. Leva xa varias

singraduras nas que teñen viaxado homes e

mulleres gravadores, pintores, poetas,

pensadores... Todo un elenco de luxo que fai

posible que a navegación sexa máis

pracenteira e a cultura noiesa se beneficie

deste magnífico regalo que é a revista que

aquí se fai.

Ogallá que esta Semana dedicada á festa da

Cultura que hoxe se inaugura sexa o principio

de todo e non un simulacro de boas

intencións.

2001 é unha boa data e unha excelente

ocasión para viaxar na nave do futuro na

procura do coñecemento.

E dende aquí, a miña palabra convértoa nun

berro para espertar a conciencia de todos.

Aínda é posible recuperar e revivir unha

Noela, unha Noia creativa. É un deber de

cada un de nós erixila nunha das máis

fermosas imaxes da xeografía universal,

idealizala como unha fermosa muller que

posúe todos os atributos dunha Deusa.

Noia, 14 de Maio de 2001.

Casa da Gramática nº 1231

Page 64: Casa da Gramática 12

Andrés García Rosende

Page 65: Casa da Gramática 12

Poemas

Manuel Lôpez Rodrigues

1

Maldito seja para sempre o silêncio

ou as salas de café sem música

e com flores enriba

da barra.

Agatunham com desesperaçom

os cables de luz eléctrico

polas paredes de madeira

escura.

A tristeza nom fai mal de coraçom

se nom umha pequena moléstia

na parte superior do estômago.

Agatunha o silêncio polos braços

até escaldar muito profundamente.

Amigos som aqueles que racham o silêncio;

os camareiros-zombis-robô

que metem o disco compacto

e já temos música, entre as flores

da barra

ou além da irrealidade.

2

Eu digo barricada

porque tenho em mente

o feito

de nom ficar pousado

em qualquer

cidade.

Barricada pode significar muitas cousas

por exemplo:

olho a janela

e nom há vizinhos

fora.

Assim seja:

nos dias de chuva intensa

na Galiza

falham as emissons

(polo vento também)

e é impossível olhar nengum programa

televisivo.

Casa da Gramática nº 1232

Page 66: Casa da Gramática 12

CASA DA GRAMÁTICA AGRADECE A COLABORACIÓN PRESTADA

PARA A EDICIÓN DESTE NÚMERO A:

Ricardo de Barreiro pola creación da portada e as ilustracións de Papel de Color.

Paula Paradela, Santiago de Compostela 1968.

Licenciada en Historia da Arte, Paula é unha xove pintora e ilustradora que leva feitas

varias exposicións en Galiza. Ao mesmo tempo colabora de xeito permanente co

Departamento de Educación do Concello de Santiago, e imparte clases de pintura

na Biblioteca Nova 33, e no seu propio estudio en Compostela.

Colectivo SACOU.

Colaboradores do ESPECIAL PAPEL DE COLOR, adicado a "Cidades do Mundo", dos que todos os

traballos son inéditos e creados para a revista.

Agradecementos

EDITA

DATANÚMERO

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Maio 200112

DIRECTORA ARTÍSTICA

COORDINADORES

ILUSTRACIÓN DA PORTADA

DESEÑO PUNTO DE LECTURA

MAQUETACIÓN E IMPRESIÓN

Concha Sabucedo

Xavier Castro e Lola Arxóns

Ricardo de Barreiro

Axeitos

Grafinoia, S.L. - Impresión Dixital

33

I. E. S. Virxe do Mar de Noia

Page 67: Casa da Gramática 12

Presentación

Verbas da despedida. Micaela Alvear Arroyo

Sen rumbo. Felipe Dosil

Poema. Olga Rodríguez del Río

Relato. Iria Lago

Poema. Ramón Blanco

Caldo con nata. Conde d Paço Tristaô

Á miña nai. Verónica Núñez López

Ti. Aïsha

Pastor (1986-2000). Óscar Sendón

Poemas. Antía

Retábulo para "A derradeira lizón do mestre" (Castelao).Maxi Olariaga

Sansón. Ramón Carredano

Pregón de apertura da VII Semana Cultural. Alfonso Costa

Poemas. Manuel Lôpez Rodrigues

Agradecementos.

3

4

6

7

8

9

11

14

15

17

18

19

23

27

32

33

Índice

PAPEL DE COLOR

Unha cidade no corazón do Sahara. Xerardo Agrafoxo.

Totum Bonum. Lola Arxóns.

Venezia 1949. Gabriel Salceda.

Sevilla, a esplendorosa. Xoán X. Mariño.

A deusa atlántica (Paseo literario pola cidade da Coruña). Teresa Seara.

Marraquech, a perla do sur. Pedro García Vidal.

Unha acuarela de Manhattan.

Ilustracións da portada e contraportada: Ricardo de Barreiro

Xerardo Agrafoxo.

Page 68: Casa da Gramática 12

IES Virxe do Mar. 1955

AVOA

(...)

Cóntame de novo os alcumes e as historias

os perfís da xeografía que habitamos e nos posúe

a terra desde Noia nun mar que non existe

que inventamos

Baixemos avoa ó malecón ver morrer os peixes e o mar

Portosín Boa polo Obre Testal os nomes desta historia

da que nazo San Bernardo e o pasado a Rasa

baixemos da Corredoira a San Martiño e dame a man

coas unllas rosa e os rastros da acetona

As augas calan torpes nas marxes do Traba

(...)

Arden, Ana Romaní.