Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Catálogo de literatura infantil e xuvenil
2017
Presentación 3
Infantil 7
SERIE AMARELA 7
SERIE MORADA 11
SERIE LARANXA 15
Infantil/Xuvenil 19
SERIE AZUL 19
Xuvenil 23
Web e Redes sociais 27
Temas e valores 28
Índice de títulos 30
Índice
Moitos libros foron publicados, e lidos, desde que a editorial Santillana, hai máis de 30 anos, achegase a mellor literatura ás escolas para ofrecer unha inesquecible colección que nos permitiu convivir con títulos e con personaxes que chegaron a formar parte das nosas vidas.
Grazas a eles, e á tarefa conxunta de grandes profesionais do sector editorial e educativo, foi posible que miles de nenos e mozos tivesen as súas primeiras experiencias lectoras e vivisen indescritibles e fantásti-cas aventuras.
Sobre estes sólidos fundamentos constrúese , o novo selo de literatura infantil e xuvenil de Santillana/Obradoiro. Un proxecto que aposta pola calidade literaria e o compromiso, a inclusión, a diversión, a reflexión, a creación e a recreación de universos imaxinarios.
Comezamos un ilusionante proxecto. Nesta etapa, viviremos sucesos que pasarán á historia e, en moitos casos, servirán de inspiración para grandes relatos que serán contados coma sempre, e tamén coma nun-ca, grazas á aparición de novas narrativas, soportes e formas de rela-cionarse coa lectura e cos demais lectores. Relatos que terán cabida no noso catálogo, en que, ademais de autores e ilustradores consagrados, daremos voz a novos talentos do panorama literario infantil e xuvenil.
Convidámosvos a viaxar por esta nova colección que ofrece obras, xé-neros e temáticas para os lectores de hoxe e de mañá. Esperamos que nenos, mozos, profesores e familias encontren o libro que buscan, o que desexan, o que foi escrito para eles.
Equipo Oqueleo
Son
54
Hé
cto
r C
aja
rav
ille
Pa
ula
Ca
rba
lle
ira
Mic
ha
el
En
de
Ro
ald
Da
hl
Ma
ría
Ca
no
sa
Xo
an
Ba
ba
rro
54
mantén un fondo de clásicos da litera-tura infantil e xuvenil e abre o catálogo aos novos talentos.
Os mellores autores en galego e os autores in-ternacionais máis destacados traducidos, per-sonaxes entrañables e títulos inesquecibles, aos que se irán sumando todas as novidades co máis actual da creación literaria en galego.
Ma
nu
el
Nú
ñe
z S
ing
ala
Glo
ria
Sá
nc
he
z
Ma
ric
a C
am
po
Xa
bie
r P
. Do
Ca
mp
o
Su
san
E. H
into
n
76
76
InfantilO lector que xogaO neno nesta idade non é tanto un lector senón un es-pectador que xoga. Participa do mundo fantástico que le e alí encóntrase con retos propios do seu universo. Enfróntase a medos, desexos, alegrías, desde a distan-cia segura que lle permite observalos mentres aprende a manexalos, tal e como fai cando xoga no seu día a día.
O lector que xoga coñece ben en que consiste o marco dunha historia, e avanza paulatinamente en aspectos como a fluidez, a comprensión e a posibilidade de vi-sualizar a trama na súa mente.
O libroComo o lector probablemente estea investindo aínda a súa enerxía en perfeccionar a lectura como proceso de decodificación, necesita libros que sexan breves, áxiles, divertidos e cargados de sentido, que formen unha ponte entre as primeiras lecturas e as que están por vir.
Estes libros teñen unha gran cantidade de imaxes que apoian o texto. A estrutura dos enunciados é simple e os parágrafos adoitan ser breves.
SERIE AMARELA [+6]
98
Infantil
Ilustradora: Teresa Bellón
ISBN: 978-84-16834-97-6
N.º de páxinas: 48
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Creatividade, fantasía
Valores: Liberdade, responsabilidade
A vaca dixo muaGloria Sánchez
As vogais desapareceron das palabras, dos libros… A xente non se entende, por iso todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada.
Unha historia de letras e de bicos. O apego e as palabras van da man.
98
SERIE AMARELA
Un baúl cheo de piratasAna Rossetti
No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro.
Abre a porta do baúl, vive coma un pirata e suca os mares do Sur.
Ilustrador: Alfonso Gómez
ISBN: 978-84-16834-00-6
N.º de páxinas: 64
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, fantasía
Valores: Amizade, convivencia
Nube de neveXabier P. DoCampo
Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol?
Acompaña a Oria nesta aventura e aprende a canda ela a amar e a respectar a natureza.
Ilustrador: Xosé Cobas
ISBN: 978-84-16834-60-0
N.º de páxinas: 48
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Ecoloxía, creatividade
Valores: Responsabilidade, convivencia
1110
1110
InfantilO lector como protagonistaO lector desta idade ten a necesidade de verse reflecti-do nos personaxes valentes, capaces e autosuficientes que sempre encontran algunha maneira enxeñosa de resolver os conflitos. As historias adoitan suceder nun mundo máis organizado e menos ambiguo e perigoso ca o real para permitir as fuxidas e as aventuras ás que moitas veces se enfrontan os personaxes.
A esta idade, len con máis fluidez e son quen de se co-rrixir a si mesmos se notan que se equivocan. Contan cun vocabulario máis amplo, len textos máis extensos e utilizan a lectura como ferramenta de aprendizaxe. Imitan os hábitos de lectura dos que os rodean. Isto é de especial importancia, xa que é tamén nesta idade cando algúns lectores comezan a tomar certa distancia dos libros.
O libroAventuras, humor e personaxes emprendedores e autosuficientes inundan as páxinas dos libros desta serie. As historias conteñen moita acción, os enuncia-dos adoitan ser máis complexos, pero os parágrafos seguen sendo breves.
Os lectores serán partícipes de grandes aventuras, so-merxeranse en mundos incribles, rirán ás gargalladas, pasarán medo…
SERIE MORADA [+8]
1312
Infantil
Bruxa e familiaPaula Carballeira
Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que queren coñecelo.
As pequenas grandes cousas nas que nin reparamos ás veces agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea, con toda a súa complexidade e beleza.
Ilustradora: Lucía Cobo
ISBN: 978-84-16834-36-5
N.º de páxinas: 136
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Ecoloxía, fantasía
Valores: Autoestima, respecto
O que nunca che contaronMaría Canosa e Kike Gómez
Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? Miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás mirar ao teu redor do mesmo xeito.
Seis historias que che abrirán os ollos e as portas da maxia e da ilusión, coma o mellor dos cofres dos tesouros.
Ilustrador: Dani Padrón
ISBN: 978-84-16834-80-8
N.º de páxinas: 96
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Ecoloxía, fantasía
Valores: Entendemento, paz
1312
SERIE MORADA
A bruxiña da sorteConcha Blanco
Lúa, a bruxiña da sorte, chega ao escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, o reloxo espertador que adora as historias dos libros; de Mina, a bolboreta única da súa especie que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, o cabaliño do demo namorado. Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños.
A satisfacción é inmensa cando se consegue un obxectivo despois de salvar atrancos.
Ilustrador: Xosé Cobas
ISBN: 978-84-16834-02-0
N.º de páxinas: 104
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, fantasía
Valores: Amizade, bondade
Dez piratasGloria Sánchez
Eran dez piratas, os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios, que saíron do peirao un día en busca dun tesouro. Pero polo camiño, un detrás doutro van desaparecendo ata que só queda...
Rimas cheas de humor e enxeño que nos mostran o lado máis cómico da poesía.
Ilustradora: Montse Gisbert
ISBN: 978-84-16834-01-3
N.º de páxinas: 80
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Poesía
Temas: Aventura, humor
Valores: Compañeirismo, responsabilidade
1514
1514
InfantilO lector independenteO lector desta idade xa sabe ler, non só en silencio com-prendendo o que le, senón que pode utilizar a lectura para diversos fins, investigar palabras que non coñece e axustar o seu ritmo e as súas estratexias de lectura de-pendendo do texto a que lle estea dedicando atención. É quen de ler textos máis longos e complicados estru-turalmente, visualizar a trama sen axuda de imaxes e recoñecer e seguir certas sutilezas dos textos.
Le sobre temas, personaxes e lugares que xa non lle son familiares e empeza a desenvolver tamén un inte-rese especial en asuntos sociais e culturais. Isto abre a porta a unha gran cantidade de material de lectura que antes quedaba fóra do seu alcance.
O libroAparecen tramas cheas de intriga, personaxes extrava-gantes, experiencias de crecemento e tamén de moito humor. Libros emocionantes que manterán moitos lec-tores en vela.
SERIE LARANXA [+10]
1716
Infantil
KibukoXavier Estévez
Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo.
Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan…
Unha historia de misterio e de amizade que transporta o lector a un mundo de fantasía.
Ilustración de cuberta: Elena Hormiga
ISBN: 978-84-16834-38-9
N.º de páxinas: 136
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Fantasía, imaxinación
Valores: Autoestima, familia
Hilario e os tres medosXoán Babarro
Medo aos médicos, medo aos compañeiros, medo a ela mesma… Son os tres pesadelos cos que se ten que enfrontar Abeba.
Para tal misión, conta coa tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola. E que papel desempeñará Hilario?
O acoso escolar, a amizade, o afecto, a morte… Mergúllate nesta historia e visita as terras de Ibias para coñecer a orixe do bastón dunha meteoróloga.
Ilustración de cuberta: Iria Fafián
ISBN: 978-84-16834-20-4
N.º de páxinas: 128
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Acoso escolar, imaxinación
Valores: Amizade, autoestima
1716
SERIE LARANXA
O NicolasiñoGoscinny-Sempé
O Nicolasiño pásao en grande no colexio cos seus amigos Alcestes, Agnan, Eudes, Clotario, Godofredo, Rufo, Xoaquín e Maxencio. Sempre está disposto a armar leas. Pero non todo vai ser felicidade: achégase o día da entrega das notas!
A diversión está garantida co Nicolasiño.
Ilustrador: Sempé
ISBN: 978-84-16834-03-7
N.º de páxinas: 216
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, humor
Valores: Amizade, convivencia
As vacacións do NicolasiñoGoscinny-Sempé
Nicolás e os seus compañeiros sobreviviron ao curso escolar e felices e contentos sepáranse para iniciar as vacacións. Incluso, contra todo prognóstico, Nicolás foi merecedor dun premio: o da Elocuencia.
Vive co Nicolasiño unhas delirantes vacacións cheas de sorpresas!
Ilustrador: Sempé
ISBN: 978-84-16834-04-4
N.º de páxinas: 216
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, humor
Valores: Amizade, convivencia
Os recreos do NicolasiñoGoscinny-Sempé
A Nicolás e aos seus amigos o son da campá cando chega a hora do recreo sóalles a música celestial. E é que por fin poden poñer en práctica todo o que lles pasou pola cabeza durante a clase. No patio do colexio pelexan, comen bolos, xogan ao fútbol... Todo sería perfecto se non fose polo seu vixilante «o Caldolimpo»!
Sae ao recreo e prepárate para vivir toda clase de aventuras.
Ilustrador: Sempé
ISBN: 978-84-16834-20-4
N.º de páxinas: 192
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, humor
Valores: Amizade, convivencia
1918
1918
Infantil/XuvenilO lector que reflexionaSomerxidos na adolescencia, os lectores afianzan certas habilidades lectoras. Non obstante, o máis fascinante desta etapa é que, ademais de poderen transmitir unha visión obxectiva do que len, comezan a formar unha opi-nión persoal sobre o que se le e a encontrar argumentos que o xustifiquen.
As lecturas que realicen a partir deste momento non só serán un mero entretemento, senón que lles servirán de pretexto para reflexionar e para tomar unha postu-ra ante o que sucede non unicamente no libro, senón no mundo.
O libroOs libros falan de inxustizas sociais, conflitos bélicos, situacións moralmente complexas. A razón de que estes temas abunden é que os adolescentes están ávidos de se desenvolver e de experimentar moito do que hai no mundo que os arrodea. Os libros deben satisfacer este desexo de saír ao mundo e de entendelo, de poder nave-gar por universos fantásticos; por iso, ofrecemos unhas lecturas desafiantes que fan que o lector sempre volva á literatura como actividade de lecer.
SERIE AZUL [+12]
2120
Infantil/Xuvenil
E Xoel aprendeu a voarMarica Campo
Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos de andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén a intriga ata o final.
A confrontación coa realidade para descubrir que a vida é un voo en que debemos elixir entre caer pola inercia ou bater as ás.
Ilustración de cuberta: Laura Pérez
ISBN: 978-84-16834-06-8
N.º de páxinas: 244
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Desenvolvemento persoal, misterio
Valores: Familia, hábitos saudables
O Bosque PálidoJaureguizar
Os pais de Lidia envíana a Illa Fog, un illote sempre cuberto de néboa onde viven coma no século xviii, para que mellore o seu inglés. Malia o cariño que lle demostra a súa familia de acollida, axiña sospeita que Illa Fog pode agochar algo escuro. Coa axuda de William, o enigmático fillo do seu anfitrión, intentará desentrañar o misterio desa sociedade.
O Bosque Pálido amosa que a forza do amor pode superar o rexeitamento ao diferente e mesmo a morte.
Ilustración de cuberta: Xulia Vicente
ISBN: 978-84-16834-27-3
N.º de páxinas: 192
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Fantasía, misterio
Valores: Amor, valentía
2120
SERIE AZUL
O ferreiro da lúa chea M.ª Isabel Molina
Malia o noviño que é, Iago de Lavalle domina os segredos da forxa e dos metais, pero oponse ás prácticas supersticiosas do seu gremio, os ferreiros. Como castigo por tal actitude, obrígano a peregrinar ata Santiago de Compostela. A aventura, o amor e o perigo serán só algúns dos seus compañeiros de viaxe.
Novela histórica, ambientada na Idade Media, que foi galardoada co Premio CCEI.
Ilustración de cuberta: Carlos Cubeiro
ISBN: 978-84-16834-07-5
N.º de páxinas: 176
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, realismo
Valores: Responsabilidade, xustiza
MatildaRoald Dahl
Matilda é unha lectora empedernida con tan só cinco anos. Sensible e intelixente, admírana todos agás os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, ten poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e empeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull.
«Meu pai cría que todos os nenos posúen unha brasa. Pero alguén debe acender o lume. E unha vez acendido, é de vital importancia que se manteña vivo e que non se apague nunca». Tessa Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
ISBN: 978-84-16834-05-1
N.º de páxinas: 288
Formato: 13,5 x 20
Xénero: Narrativa
Temas: Fantasía, humor
Valores: Convivencia, familia
2322
2322
O lector que buscaSe algo distingue os mozos lectores é a busca constan-te do que os fai únicos, así como do que os prepare para asumir maior independencia e responsabilidade. Buscan textos que respondan aos seus intereses e ás súas inquietudes, que os reten tanto intelectual coma emocionalmente e que estimulen as habilidades que desenvolveron.
O libroOs libros dirixidos a este público deben coidar dous as-pectos fundamentais: a diversidade da forma e a cali-dade dos contidos. Isto reflíctese na complexidade das tramas, na amplitude da linguaxe, nas sutilezas das for-mas retóricas e na intención dos textos.
Neste apartado conviven as obras clásicas con historias máis lixeiras, o compromiso social co livián. A nosa se-lección ten algo que ofrecer tanto ao lector consumado coma ao que se asoma ao mundo da literatura.
XUVENIL [+14]
2524
Xuvenil
O segredo da casa de FormosoHéctor Cajaraville
David é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey que viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, para asinar os documentos de venda da casa da familia.
A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: Galicia, a familia, o misterio da «casa de Formoso» e o amor.
Unha historia de sentimentos, pescudas, confidencias e revelacións que desemboca no achado máis transcendental: o que nos dá as claves para descubrirnos a nós mesmos.
ISBN: 978-84-16834-43-3
N.º de páxinas: 224
Formato: 14 x 21,5
Xénero: Narrativa
Temas: Misterio, realismo
Valores: Convivencia, xustiza
Noite de temporalManuel Núñez Singala
A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra acontecementos daquela noite. As reaccións da tripulación e da pasaxe e a heroica actuación dos habitantes da costa constitúen un impresionante exemplo de entrega, solidariedade e valentía. Porque só fronte aos auténticos desafíos somos quen de descubrir de que substancia están feitas as persoas.
Unha emocionante novela baseada en feitos reais.
ISBN: 978-84-16834-54-9
N.º de páxinas: 136
Formato: 14 x 21,5
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, realismo
Valores: Compañeirismo, solidariedade
A historia interminableMichael Ende
A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreiu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, e xuntos dar forma a unha das grandes creacións da literatura de todos os tempos.
ISBN: 978-8416834-10-5
N.º de páxinas: 544
Formato: 14 x 21,5
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, fantasía
Valores: Amizade, liberdade
Cuberta en
preparación
2524
O contador de estrelasJaureguizar
Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando á nai nunha base do Servizo Antilumes. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o do incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.
O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.
ISBN: 978-84-16834-12-9
N.º de páxinas: 176
Formato: 14 x 21,5
Xénero: Narrativa
Temas: Amor, misterio
Valores: Respecto, valentía
Momo Michael Ende
Unha novela única sobre a importancia da amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo.
«Porque o tempo é vida. E a vida reside no corazón».
ISBN: 978-84-16834-09-9
N.º de páxinas: 296
Formato: 14 x 21,5
Xénero: Narrativa
Temas: Aventura, fantasía
Valores: Liberdade, paz
RebeldesSusan E. Hinton
Ninguén dixo que a vida fose fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten as cousas controladas. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, amigos de verdade, que farían calquera cousa por el. E no que respecta aos socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, como o son el mesmo e os seus amigos), sempre están dispostos a crear problemas. Pero unha noite alguén leva todo isto demasiado lonxe e o mundo de Ponyboy cambia de xeito inesperado…
ISBN: 978-84-16834-08-2
N.º de páxinas: 208
Formato: 14 x 21,5
Xénero: Narrativa
Temas: Crítica social, realismo
Valores: Compañeirismo, xustiza
2726
2726
Web e Redes sociais
A través de www.oqueleo.com pódese acceder ao catá-logo completo e a unha ampla oferta de recursos como:
Guías de actividades.
Fichas de todos os libros do noso catálogo.
Recomendacións de lecturas por áreas e temas.
Buscador avanzado para te axudar a encontrar o li-bro perfecto.
www.oqueleo.com nace coa vontade de ser un espazo común para que os lectores se sintan membros dun colectivo numeroso, entusiasta e cómplice que lles per-mita afirmar que non estamos sós, que somos moitos.
potenciará o contacto permanente cos lecto-res e cos mediadores (docentes, libreiros e familia) a través dos seus perfís en Facebook e en Twitter. Estas Redes sociais permitirán compartir experiencias, reco-mendacións de lectura… En definitiva, afirmalos como membros activos dunha comunidade lectora.
2928
Temas e valores
Am
iza
de
Ac
oso
esc
ola
r
Am
or
Au
toe
stim
a
Av
en
tura
Bo
nd
ad
e
Co
mp
añ
eir
ism
o
Co
nv
ive
nc
ia
Cre
ati
vid
ad
e
Crí
tic
a s
oc
ial
De
sen
vo
lve
me
nto
pe
rso
al
SERIE AMARELA
A vaca dixo mua
Nube de neve
Un baúl cheo de piratas
SERIE MORADA
Bruxa e familia
O que nunca che contaron
A bruxiña da sorte
Dez piratas
SERIE LARANXA
Hilario e os tres medos
Kibuko
O Nicolasiño
As vacacións do Nicolasiño
Os recreos do Nicolasiño
SERIE AZUL
O Bosque Pálido
E Xoel aprendeu a voar
Matilda
O ferreiro da lúa chea
XUVENIL
O segredo da casa de Formoso
Noite de temporal
A historia interminable
Momo
O contador de estrelas
Rebeldes
2928
Há
bit
os
sau
da
ble
s
Hu
mo
r
Ima
xin
ac
ión
Lib
erd
ad
e
Mis
teri
o
Pa
z
Re
ali
smo
Re
spe
cto
Re
spo
nsa
bil
ida
de
So
lid
ari
ed
ad
e
Va
len
tía
Ec
olo
xía
Xu
stiz
a
En
ten
de
me
nto
Fa
mil
ia
Fa
nta
sía
Índice de títulos
31
SERIE AMARELA
A vaca dixo mua, Gloria Sánchez ........................ 8
Nube de neve, Xabier P. DoCampo ...................... 9
Un baúl cheo de piratas, Ana Rossetti ............... 9
SERIE MORADA
Bruxa e familia, Paula Carballeira .................... 12
O que nunca che contaron, María Canosa e Kike Gómez ............................ 12
A bruxiña da sorte, Concha Blanco .................. 13
Dez piratas, Gloria Sánchez ................................ 13
SERIE LARANXA
Hilario e os tres medos, Xoán Babarro ............. 16
Kibuko, Xavier Estévez ......................................... 16
O Nicolasiño, Goscinny-Sempé ...........................17
As vacacións do Nicolasiño, Goscinny-Sempé .................................................17
Os recreos do Nicolasiño, Goscinny-Sempé .................................................17
SERIE AZUL
O Bosque Pálido, Jaureguizar .............................20
E Xoel aprendeu a voar, Marica Campo ..........20
Matilda, Roald Dahl .............................................. 21
O ferreiro da lúa chea, M.ª Isabel Molina ........ 21
XUVENIL
O segredo da casa de Formoso, Héctor Cajaraville ..............................................24
Noite de temporal, Manuel Núñez Singala ......................................24
A historia interminable, Michael Ende ............24
Momo, Michael Ende .............................................25
O contador de estrelas, Jaureguizar ................25
Rebeldes, Susan E. Hinton ...................................25
Delegacións
A CoruñaCentro de Negocios «Mans»Polígono PocomacoParcela D-22 – Local 5515190 Mesoiro (A Coruña)Tel.: 981 08 17 66Fax: 981 08 11 03
LugoTel.: 982 21 91 20
OurenseTel.: 988 22 74 73 Fax: 988 22 93 97
VigoTel.: 986 41 48 22 Fax: 986 41 35 73
Somos o que lemos