36
www.orecantodeleo.org Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXVIII - Nº 29 | Curso Escolar 2013/2014

CEIBE 2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista Escolar do CEIP "A Lama"

Citation preview

Page 1: CEIBE 2014

www.orecantodeleo.org

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXVIII - Nº 29 | Curso Escolar 2013/2014

Page 2: CEIBE 2014

LIM

IAR

LIM

IAR

U n ano máis, e xa van 28, chega ás túas mans a Revista Escolar CEIBE, co firme propósito de ir un pouco máis aló do que a prio-

ri che pode ofrecer unha publicación des-tas características. Dun xeito intencionado imos cambiando os nosos contidos, para dar a coñecer as experiencias que podemos considerar que tiveron máis peso durante este ano aca-démico. Se o ano pasado incorporáramos por pri-meira vez uns poucos audiovisuais, neste número queremos que cada artigo non sexa máis que o portal de entrada a ou-tros recursos que se foron elaborando na escola (non sempre se conseguiu). O equipo docente está cada vez máis sensibilizado na importancia que teñen hoxe en días as novas tecnoloxías, e im-pulsados por este pensamento, fómonos animando todos pouco a pouco a experi-mentar neste tipo de creacións. Coma sempre, perdoade os erros e que non teña cabida todo. Xa sabedes que calquera suxestión que consideres oportuna podédesnola facer chegar ao enderezo electrónico:

[email protected]

Page 3: CEIBE 2014

SUMARIO

4 O RECANTO DE LEO De promoción polo Día das Bibliotecas Escolares| | Xa temos e-Readers! | 23 de Abril: Día do Libro |

8 O LABORATORIO DA COMUNICACIÓN BOTA A ANDAR “A ESCALEIRA” | gañadores do concurso “Nós tamén creamos” e Premio Olloboi á Mellor Fotografía | “RANILDA” | nova curta de animación creada polos nosos cativos |

12 PDI: RÍOS E PRAIAS EN BOAS MANS Voz Natura | De maior quero ser ecoloxista | Efectos e consecuencias dos incen-dios sobre os ríos | Entrevistamos a Antonio: axente forestal da Lama | Vai polo río | Buscando pegadas | Os Panchos: que non se pode facer en ríos e praias? | Parque Natural de Corrubedo | E fomos mariscar | A Mar de Limpo: presentación e anuncio |

30 LETRAS GALEGAS Este ano homenaxeamos a... Xosé María Díaz Castro

32 EXCURSIÓN A PUNTA CARREIRÓN Despedimos o curso 2013/2014

Page 4: CEIBE 2014

4 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

O RECANTO DE LEO DE PROMOCIÓN POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

C ada curso, dende hai 4, queremos conmemo-rar o Día das Bibliotecas Escolares, cunha serie de actividades que a poñan en valor.

Entre esas actividades están “Decobiblio” e “Que é unha biblioteca para ti?”. Para esta última escollemos un tipo de xénero lite-rario (xa pasamos polo cómic e a poesía) que sexa o punto de partida común para que cada aula, coa súa creatividade nos achegue a este recurso educativo

de tanta valía. O formato anuncio foi a proposta para esta ocasión, e os nenos e nenas de infantil quixeron estar acom-pañados polos seus familiares.

«E LANZÁRONSE A FACER UN SPOT PUBLICI-TARIO PARA O BLOG...»

A implicación foi unha agradable sorpresa para pro-fes e nenos.

Page 5: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 5

XA TEMOS e-READERS!

A Consellería de Educación, dentro do seu Plan Lía, convocou hai dous cursos o proxec-to E_LBE, para a dotación de e–readers (dispositivos para instalar libros electróni-

cos) para a Biblioteca Escolar. Este curso tocounos a nós entrar no Proxecto, e cos fondos recibidos, máis un pequeno esforzo do centro puidéronse adquirir 5 unidades. Para comezar a por en funcionamento o seu emprés-tito pensamos que sería interesante probar cun gru-po de alumnos e escollemos aos Voluntarios da Bi-blioteca. Estes puideron gozar deles nun empréstito de 15 días para probar o seu funcionamento, e iniciarse na lec-tura electrónica. A nosa intención é que para o vindeiro curso, os li-bros electrónicos vaian nas Mochilas Viaxeiras, e to-da a comunidade educativa poda dispor deles, con

lecturas para os nenos, pero tamén para o resto da familia. Isto requirirá a compra doutras unidades para com-pletar a dotación. As familias que queiran participar da experiencia deberán asinar un compromiso para facerse respon-sables dos pormenores que poidan acontecer duran-te o período de empréstito.

Page 6: CEIBE 2014

6 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Este ano, para conmemorar o Día do Libro tivemos unha semana cargada de actos. Como xa ven sendo habitual: “Cóntoche un conto” e “Cámbiocho por un conto?” foron dúas das activida-des fixas na programación. Nesta ocasión, os voluntarios da Biblioteca prepara-ron unhas lecturas, que por mor do tempo tiveron que facer en distintos recunchos da escola. As familias envorcáronse coma sempre coa activida-de de creación e hoxe podemos gozar na Biblioteca dunha exposición moi interesante deses traballos: poesías, ilustracións, contos, banda deseñada... Fo-ron algunhas das opcións escollidas.

Caligrama 3D elaborado por Marcela de 6º de primaria

Page 7: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 7

Outra das actividades foi un Rastro Solidario de Li-bros. Dende hai anos gardabamos os fondos proce-dentes do expurgo da Biblioteca, libros que por di-versos motivos non teñen cabida na nosa. Puxémoslles un prezo simbólico, e a recadación des-tinarémola a asociación local “Río Barbeira” que se encarga do coidado da contorna deste afluente do río Verduxo.

Tamén nos visitou Ignacio Vilariño, co que tivemos unha sesión de contacontos moi divertida. Ata sacou un Timple Canario para acompañar unhas historias, e fíxonos cantar con el. Pero todas estas actividades as podedes seguir no noso blog:

www.orecantodeleo.org

Page 8: CEIBE 2014

8 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

A ESCALEIRA, curta gañadora do concurso “Nós tamén creamos”

P racticamente o último día do curso pa-sado coñecemos a nova de que os alum-nos de 1º de primaria do cole, quedaran gañadores no concurso “Nós tamén cre-

amos”. A Secretaría Xeral de Política Lingüística convo-counos o día 13 de novembro de 2013, para a entrega de premio que tivo lugar no Museo Pe-dagóxico de Galicia (MUPEGA). O conselleiro de educación, Jesús Vázquez Abad, presidiu o acto de entrega, durante o que se proxectaron as outras curtas premiadas.

Premios “Olloboi”

T amén participamos con esta curta no Festival Audiovisual Galego Olloboi que organiza a Asociación “Marearte”.

O noso traballo estivo nomeado nas categorías de Me-llor Traballo, Mellor Fotografía e Mellor Banda Sono-ra. Finalmente levouse o premio Olloboi Fotoxénico, qu-e como din as bases do concurso e o “o máis estético, con mellor imaxe, fotografía, efectos, o máis bonito de ver, con máis estilo, con máis arte, o máis vi-sual.”

O LABORATORIO DA COMUNICACIÓN BOTA A ANDAR

Page 9: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 9

Nomeados en Olloboi Dj e Olloboi Zamburrioi

RANILDA, novo traballo de animación

E ste ano tamén quixemos parti-cipar no concurso “Nós tamén creamos”, e para iso escolle-mos o conto Ranilda, de Mar

Pavón (a mesma autora da Vella Lulu-la). Con tanto traballo no colexio, foise retrasando a produción, e finalmente rematamos cando o prazo de entrega xa se esgotara. Pero o importante é que Ranilda xa es-tá aquí, que aprendemos novas técni-cas e que durante o proceso nenos e profesores pasárono de medo. Como hai tempo que vos queremos

contar como o facemos, este ano fi-xemos un Making Off que poderedes ver a continuación da curta. A presentación da historia, a súa adaptación e elaboración do guión, as primeiras probas con novos mate-riais para as personaxes, a confec-ción do escenario no Laboratorio, a animación, a dobraxe... son as dis-tintas fases polas que temos pasado. E tamén está presente a parte didác-tica, na que aproveitamos para dar a coñecer outros contidos que terán que ver coa competencia dixital e a cultura audiovisual.

Making off

Page 10: CEIBE 2014

10 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

Page 11: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 11

“RANILDA”

Adaptación cinematográfica do libro “RANILDA” de OQOeditora

Texto de Mar Pavón

Ilustracións de Chloé Rémiat

O máis fascinante desta actividade é ver como se implican nenos e nenas que en outros ámbitos esco-lares pasan practicamente inadvertidos. A ilusión que xera nos actores implicados e incom-parable con outras actividades experimentadas. Pensamos que o darlles estas oportunidades na es-cola deixará neles un recordo que gardarán para sempre na súa memoria.

Page 12: CEIBE 2014

12 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO OU CÓMO TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS CONTANDO COA BIBLIOTECA ES-COLAR COMO CENTRO DE RECURSOS AO SERVIZO DO CURRÍCULO

D urante este curso escolar 2013/2014 vimos de desenvolver o noso 4º Proxecto Documental Integrado (PDI) de centro. Aín-da que pareza que xa está completamente rodado, é xusto dicir que ao profesorado suponlle un gran esforzo extra, por

mor do cambio metodolóxico que debe implantar. Durante estes anos se sucederon na nosa escola actividades de forma-ción para os docentes en distintos ámbitos, especialmente no tocante ás novas tecnoloxías (TICs). Entre outras actividades, no Grupo de Traballo, PDI: Que é e que non é?, debatemos de que xeito poderiamos organizar mellor o noso proxecto, en que medida se ven implicadas as distintas áreas nunha actividade cun claro carácter transversal, en que nos pode afectar a nova lei educativa que entra en funcionamento... Do que non cabe dúbida é que nunha sociedade como a actual, tan tecnoloxizada, a Alfabetización Informacional (ALFIN) e Mediática a

Page 13: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 13

de ser unha das principais preocupacións do profesor do século XXI.

“As TICs viñeron para quedarse, non están de paso!” Está na nosa responsabilidade o incluílas eficiente-mente no currículo.

Nas seguintes páxinas poderás ver de que xeito foron traballando nas distintas aulas. Presentámosvos actividades que se enmarcan dentro das fases pola que pasa o Proxecto:

1º Motivación 2º Procura e tratamento da información

3º Exposición do aprendido

Page 14: CEIBE 2014

14 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

O PDI que desenvolvemos este ano titulouse...

A nosa escola leva no Programa Voz Natura moitos anos. Cada curso propoñen un tema a

traballar nas aulas, e este ano tocáballe a quenda aos ríos e ás praias. Coma sempre, cada ciclo concretou un pouco máis a temática, centrándose en as-pectos menos amplos, e enfocando, dende un traballo de investigación documental, a temática escollida. Deste xeito conseguimos relacionar a nosa programación con esta iniciativa ecolóxica, de concienciación, formativa e de posta en práctica. Xa temos feita a solicitude para seguir no programa o vindeiro ano, no que tocará traballar a horta ecolóxica.

Page 15: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 15

O 30 de xaneiro conmemórase a Xornada Es-colar pola Paz e a Non Violencia. A nosa escola decidiu hai 4 anos relacionar

todas as conmemoracións que puideramos, coa te-mática do proxecto documental. Ademais comezamos a organizar tamén un Mercado Solidario, cos traballos de artesanía feitos en clase. Os cartos recadados entréganselle a unha asociación ou ONG que teña que ver coa temática traballada. Desta volta escollemos á Asociación “Vai polo río” de Pontevedra, polo seu labor de coidado, limpeza e

divulgación da riqueza ecolóxica do río dos Gafos, que desemboca no mesmo final do río Lérez. Durante toda a preparación fomos fotografando as intervencións para poder preparar este Time Lapse que conta como banda sonora a canción de Pablo Díaz: O Ecoloxista.

De maior quero ser ecoloxista Aproveitando este traballo, compuxéronse na aula de música dúas estrofas máis que complementan ás orixinais. Podédelas consultar no seguinte enlace ao blog:

www.orecantodeleo.org

XORNADA ESCOLAR POLA PAZ

Page 16: CEIBE 2014

16 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

H oxe fomos ao monte Barbudo en Ponte Cal-delas. Vimos o monte queimado e algunhas plan-

tas e árbores nacendo. Antonio, o Axente Forestal, ensinounos que se pon palla para que cando chova a cinza non vaia parar ao río. Tamén nos explicou outras formas de parar a cinza: cordóns de vexetación, estacadas verticais e hori-zontais. A chuvia agrava os efectos dos incendios. Se chove despois dun incendio, a cinza e outros resi-duos que quedan van parar aos ríos. Toda esa contaminación que leva a auga pode matar moitos seres vivos. A contaminación non só está producida polos incen-dios, senón tamén polas persoas, cando tiramos cousas no chan e coa chuvia e o vento van a parar os ríos.

3º de Primaria

EFECTOS E CONSECUENCIAS DOS INCENDIOS SOBRE OS RÍOS

2º ciclo de primaria

Page 17: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 17

O alumnado de 2º ciclo de Primaria quixo cen-trar a súa atención nos efectos que o incendio no monte Barbudo (a uns 4 kilómetros da es-

cola) puido ter no río e no ecosistema local.

Para isto comezaron por se por en contacto con An-tonio Membrives, axente forestal da zona, que os guiou polos distintos espazos afectados e lles foi ex-

plicando como se foi estendendo o lume, que me-dios se empregaron, como afectou á vexetación e á

fauna da zona...

Unha das cousas máis importantes que observaron foron os actuais traballos de rexeneración e conser-

vación que se están a desenvolver.

Todo isto quedou recollido no seguinte traballo:

Incendios, efectos e consecuencias

Page 18: CEIBE 2014

18 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

A ntonio Membrives non é un Axente Forestal nada convencional. Ademais de ser un namorado da natureza e

levar tantos anos loitando profesionalmente pola conservación dos nosos bosques, ten unha inquedan-za pedagóxica moi grande, o que se ve reflectido no

HOXE ENTREVISTAMOS A... seu labor divulgativo cos nenos da escola. Como xa lle escoitamos dicir moitas veces “a pri-meira fase da prevención de incendios comeza aquí, na escola”, educando e concienciando aos máis novos do valor do que temos e dos riscos que corremos con determinadas imprudencias.

Entrevista para CEIBE

Page 19: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 19

“Queremos agradecerlle especialmente a Antonio esa

dedicación que nos ten, porque sempre fai un oco para nós, e por que contaxia aos nosos nenos ese

amor que ten pola natureza.”

Page 20: CEIBE 2014

20 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

VISITÁRONNOS OS ECOLOXISTAS DE VAI POLO RÍO

C omo xa contaramos en páxinas anteriores a Xornada Escolar pola Paz organizamos un mercado solidario e os cartos destinámolos á asociación pontevedresa “Vai polo río”.

Puidemos gozar dunha magnífica charla na bibliote-ca, onde 3 dos seus compoñentes: Pablo Carro, Amancio Castro e Ramón Laxe, nos contaron en que consiste o seu labor. Outra das sorpresas que nos deron foi a de que van aproveitar os cartos que lles entregamos para facer a edición do cartaz “Tesouros Biolóxicos do Río Ga-fos II”. Para a súa presentación queren contar con nós e fa-cela na escola o vindeiro curso. Por suposto que aceptamos a proposta!

www.vaipolorio.org

Page 21: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 21

BUSCANDO PEGADAS Educación Infantil

U nha actividade moi interesante foi esta que desenvolveron os rapaces de educación in-fantil.

Observando os areais xunto aos ríos e as praias, in-vestigaron sobre as pegadas que hai neles e qué ani-mais estarían detrás das mesmas. Durante uns meses, e coa lupa na man, estiveron pescudando en documentais, libros e internet, pro-curando curiosidades deses animais: por exemplo que as gaivotas eliminan o sal da auga que beben do mar a través das súas bágoas. Logo aprenderon uns versos que recitaron acompa-ñados das mascotas que elaboraran das distintas es-pecies traballadas. Estade ben atentos, que ao final do libro hai xogo!

(Clic aquí ou na imaxe)

Page 22: CEIBE 2014

22 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

S eguindo a liña do ano anterior os nenos de in-fantil de 3 e 4 anos produciron unha pequena curta de animación en Stop Motion.

Panchita e Pancho son un tanto “despistados” e fan cousas que non están moi ben, pero xa están estes pícaros para lles explicar como se fan as cousas.

Pancho e Panchita

OS PANCHOS Infantil de 3 e 4 anos

Page 23: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 23

Ofrecémosvos nestas imaxes distintos momentos da produción, que foi o noso primeiro contacto coa ar-xila polimérica. Non foi a primeira experiencia de animación para todos, pois o curso pasado xa elaboraran un anuncio para explicar a reciclaxe. A curta formou parte dos materiais que empregaron na fase de presentación do PDI.

“Aprender significa emocionar”

Dr. Francisco Mora Profesor de Fisiología Humana en la Facultad de

Medicina de la Universidad Complutense de Madrid

Page 24: CEIBE 2014

24 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

N o vértice da península da Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia, no muni-cipio coruñés de Ribeira, encóntrase o Parque Natural de Corrubedo.

Este Parque ten unha extensión de case 1000 hec-táreas e nel pódense ver praias, un sistema dunar, unha marisma e as lagoas de Vixán e Carregal. A principal atracción do Parque é a GRAN DUNA MÓBIL, única en Galicia, que ten unha extensión

PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO 3º ciclo de primaria

de 1 Km de lonxitude, 250 m de anchura e unha altura de 20 metros.

Tamén son de grande interese as LAGOAS. A lagoa de auga doce, de Vixán, está situada no extremo sur do Parque Natural e está separada do mar por un cordón dunar. A lagoa salobre, de Carregal, mantén a comunica-ción co mar e por iso as súas augas teñen maior salinidade.

Page 25: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 25

O alumnado de 3º ciclo de primaria, mon-tou unha exposición con láminas, maque-tas de animais, cunchas e obxectos, e unha recompilación exhaustiva de infor-

mación. Na fase de exposición o resto da escola pasou a visitala, e foron os nenos e nenas deste ciclo os encargados de facer de guías. Máis adiante tamén viñeron as súas familias para escoitar de primeira man o aprendido. Parabéns por ese traballo tan completo!

Imaxes da exposición

A praia do Parque Natural, en realidade son cinco praias consecutivas que en total teñen unha lonxi-tude de catro km. Por outra banda, a situación xeográfica do Parque e a variedade de hábitats permiten unha elevada diversidade faunística. Destaca a gran variedade de anfibios e réptiles, como por exemplo, a cobra de Colar, o esgonzo común, o tritón verde ou o sa-po de esporas e aves acuáticas como as anátidas, o pernileiro común, o corvo mariño ou a píllara. Por último tamén debemos destacar a riqueza e diversidade da flora no Parque Natural. Atopamos plantas adaptadas á aridez como o feo de praia ou o cardo mariño e plantas acuáticas como os xuncos ou carrizos.

Sabela 6º de Primaria

Page 26: CEIBE 2014

26 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

FOMOS MARISCAR Á PRAIA DE LOURIDO Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria

E n que mellores mans se atopan as nosas pra-ias que nas das mariscadoras? Fomos a coñe-cer o seu traballo, as ferramentas, as captu-ras, o proceso de limpeza, as mareas...

Na praia de Lourido, en Poio, estaban esperando por nós e sen case ter tempo para baixar do autobús, fomos mariscar. Había que facelo antes de que subi-ra a marea! Descubrimos que baixo a area mollada, se a move-mos un pouquiño, hai moita vida e que non toda é para o noso cubiño... Hai que estar atento aos tama-ños, ás especies, á época de captura e mesmo ter en conta se xa collemos moito ese día; xa que non po-

Page 27: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 27

demos coller todo o que queiramos! Sorprendémonos coa dificultade do seu traballo, moitas horas á bei-ra do mar sen saber se haberá ou non haberá marisco que levar. Aínda que como traballan en equipo, na confraría de Lourido sem-pre hai que facer. Unha das cousas que tamén realizan estas mulleres do mar é limpar as nosas costas e manter o equilibrio do ecosistema que en elas se desenvolve. Aínda co cheiro a mar no nariz, ao regresar ao cole comezamos este traballo sobre elas.

As mariscadoras Pero... e nos ríos? Pois nos ríos atopamos aos pescadores dos que tamén quixemos saber máis!

Os pescadores

Page 28: CEIBE 2014

28 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

A MAR DE LIMPO 1º ciclo de Primaria

D ende 1º ciclo de primaria chégannos unha serie de traballos que xuntaron baixo o títu-lo: “A Mar de Limpo”.

Un deles é un libro moi grande (por tamaño e conti-dos) que podedes visitar aquí en PDF. Tamén temos un vídeo no que estes alumnos lles ex-plican aos seus compañeiros os contidos que elabora-ron.

Vídeo da presentación

Page 29: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 29

Ríos e praias en boas mans

Outros dos materiais que nos achegan son dous vídeos: un en forma-to anuncio e outro coas tomas falsas. De seguro que se divertiron moito facéndoo. Nós sabemos que as profes si...

Tomas falsas

“Foi unha gran experiencia para eles que tomaron moita conciencia do importante que é coidar a nosa contorna, e que a man do home pode facer moi boas cou-sas, pero tamén moito dano ao ecosiste-ma.”

Page 30: CEIBE 2014

30 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano programamos as activida-des para os días previos.

A figura homenaxeada foi Xosé María Días Castro. Nas aulas traballaron a efeméride e a biografía do autor, e preparáronse poesías, tanto de creación propia coma do autor. Aproveitando o bo sabor de boca que nos deixara o rastro de libros, quixemos facer un acto na rúa que consistiu na lectura pública de poesías e dalgúns da-

Page 31: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 31

tos importantes do homenaxeado. O noso alumnado foi pasando polo espazo de in-tervencións para poder dar lectura as súas poesí-as, que outros se ían encargando de colgar nun tendal instalado para a ocasión. Estes traballos quedaron dispoñibles para que os veciños os levaran para as súas casas.

“A experiencia de saír á rúa gustounos tanto que promete-

mos repetir...”

Page 32: CEIBE 2014

32 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

EXCURSIÓN A PUNTA CARREIRÓN DESPEDÍMONOS DO CURSO...

O mércores, 11 de xuño fomos todo o cole de excursión á Illa de Arousa. O obxectivo no era outro que pasar unha

xornada lúdica nun espazo que tivera relación co noso Proxecto, e ben que o conseguimos. Punta Carreirón, é un espazo natural protexido, que está incluído no Parque Nacional “Illas Atlán-ticas”, no extremo sur da illa.

Do máis especial que ten é o seren un lugar de parada e descanso para numerosas aves migrato-rias, xunto co Complexo Intermareal Umia - O Grove. Os cativos puideron gozar da experiencia de mon-tar en Kayak que vos amosamos no seguinte ví-deo:

Excursión á Illa de Arousa

Page 33: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 33

EXCURSIÓN Á PRAIA DE PUNTA CARREIRÓN Onte, mércores 11 de xuño, fomos á praia de Punta Carreirón. Nadei cos meus amigos e pasei-no moi ben. Collín moitos mexillóns, aínda que estudei que nos se pode facer. Montei en kaiak cos monitores e os outros nenos. A praia estaba limpa, aínda que non tanto como debería estar.

Alí 2º de Primaria

Page 34: CEIBE 2014

34 REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014]

KEVIN 2º de PRIMARIA

Page 35: CEIBE 2014

REVISTA ESCOLAR CEIBE [2014] 35

ESTA REVISTA ESCOLAR “CEIBE” EDITOUNA O

EQUIPO DE DINAMIZACION LINGUISTICA DO CEIP “A LAMA”

COORDINADOR

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

MEMBROS DO EQUIPO 2013/2014

Ed. Infantil | Cristina Campos Pérez

1º Ciclo | Teresa Couto Paz, Susana López Lombao e Manuel Viéitez de la Fuente

2º Ciclo | Luísa Cancelas Lemos

3º Ciclo | Mónica Fernández Vidal e Rubén Vázquez Martínez

DESEÑO, TEXTOS, MAQUETACIÓN e NAVEGACIÓN

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

Cristina Campos Pérez

FOTOGRAFÍA

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

Cristina Campos Pérez

Teresa Couto

Andrea Lafuente Garrido

Ana Isabel Loureiro

VÍDEOS e PDFs

Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez

Cristina Campos Pérez

Teresa Couto Paz

Tania Rivas García

Susana López Lombao

Irian Blanco Babarro

Marta Couso Carballude

Luisa Cancelas Lemos

Ana Isabel Loureiro López

TRABALLOS ESCOLARES

Alumnos de Infantil e Primaria do CEIP “A LAMA”

LABORATORIO DA COMUNICACION CEIP “A LAMA” - www.orecantodeleo.org

´

´ ´ ¨

Page 36: CEIBE 2014

Aqueles marabillosos anos...Aqueles marabillosos anos...