36
30 Ceip Concepción López Rey A Rasela

Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

Nº 30

Ceip Concepción López Rey

A Rasela

Page 2: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

SumarioCONTIDOS PÁXINA

Editorial 3

Desde a....... “ aula de Inglés” 4,9

O Nadal no colexio 10-11

Novo “ espazo infantil “.. 12

Un “ gran bocata “ .. 13

Charla sobre Educación vial 14

A Paz ........... 15

Saímos de Excursión... 16

O Entroido 17-18

Carreira Solidaria 19

Día da árbore 20

Os maios .... 21

Letras Galegas 22,28

A amizade 29

Nós,........ tamén traballamos... 30,32

Últimas novas 33

Ceip Concepción López Rey 2

Page 3: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

EditorialAgora que o curso está chegando ao seu fin sae, coma sempre, a nosa revista.

Está elaborada por todos e cada un de nós para deixar unha pegada máis neste centro. Aquí hai

información de todo o ano académico e da maior parte das celebracións deste último ano para

nós, os de sexto.

Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar

as túas bases intelectuais é triste, pero sabemos que nos queda moito por experimentar e temos

gañas de facelo, a pesar de que estes seis anos sempre irán nos nosos corazóns. E así

poderemos enriquecer máis os nosos coñecementos e aprender cousas novas para así ter un bo

futuro.

Esperamos que todo o noso traballo sexa do voso agrado e vos goste.

Por último gustarianos agradecer aos profesores a súa axuda, o seu apoio e as súas ensinanzas

de todos estes cursos con eles.

Ata .............. sempre................ e moito ánimo para os que nos seguen....

=================================

====

Ceip Concepción López Rey 3

Page 4: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Desde a... clase de Inglés: Hallowen, Magosto, San andrés,.....

Ao mirar atrás lembrando momentos estelares na vida do noso cole, o CEIP Concepción López

Rey, ao longo deste ano podemos salientar varias actividades encamiñadas a celebrar diferentes festas

cun enfoque tanto educativo como lúdico e a compartir un bo rato todos xuntos.

HALLOWEEN

O día 31 de outubro celebramos HALLOWEEN, festa celta de orixe anglosaxona pero que

hoxe en día celébrase por tódalas partes do mundo. Para ampliar os nosos coñecementos, este ano

exploramos a cultura doutro país que tamén comparte a celebración dos mortos, México. No Día dos

Mortos en México se celebra a época de Halloween con moito fincapé na imaxe da calavera e do

esqueleto, das tumbas e dos crucifixos como símbolos da calidade transitoria da vida. Representan os

espiritos dos humáns reflictindo o oficio de cadaquén, e ata os espiritos dos animais!

Ceip Concepción López Rey 4

Page 5: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Polo tanto, as caretas que elaboraron en 4º e 6º eran de calavera decoradas de mil maneiras e

elaboramos un mural sobre o tema. Disfrazámonos todos pola tarde e cada grupo fixo a súa actuación

cantando unha canción de Halloween en inglés.

Os alumnos de Infantil encandeáronnos coa súa rendición de " 1, 2, 3 Pumpkins (1,2,3 Calabazas)"

Os de 1º e 2º cantaron e bailaron a canción da graciosa bruxa "Winnie the Witch" co seu gato Wilbur.

Aos de 4º e 6º tocoulles cantar de xeito moi sinistro "There are Ghosts at Halloween" (Hai "Pantasmas

en Halloween)".

Despois, para repoñer forzas e levantar a alma tomamos palomitas dabondo e algún refresco.

Ceip Concepción López Rey 5

Page 6: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Elaboramos un mural terrorífico no hall do cole no que predominaban os morcegos, arañas, pantasmas,

e calaveras e o máis chamativo de todo era....A MESA DAS CABAZAS!

GUY FAWKES

En todo o Reino Unido o día 5 de novembro coñécese como GUY FAWKES ou BONFIRE NIGHT,

(a Noite das fogueiras). No cole, os alumnos de 4º e 6º aprenderon un pouco sobre a orixe desta festa e

de como se festexa. Data do século XVII conmemorando o descubrimento dunha conspiración que

planeou un grupo de católicos para voar con pólvora o Parlamento protestante de Londres co rei

dentro. O líder do grupo era o pobre Guy Fawkes quen pagou moi caro por intentar levar a cabo tan

arriscado proxecto!

Hai varias maneiras moi populares para lembrar tal enigmática historia. Cada barrio da cidade ou cada

aldea constrúe unha fogueira enorme, metén enriba unha boneca de palla (que representa o desgraciado

Guy Fawkes), préndenlle lume e despois empregan a borralla para asar chourizo, patacas, e outros

manxares típicos da festa. Acompañando a fogueira hai festas de foguetes por todas partes.

Ceip Concepción López Rey 6

Page 7: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Os alumnos descubriron diferentes matices desta festa a través dunha presentación no encerado dixital ,

aprendendo un pouco sobre a Historia e as tradicións e despois plasmaron as súas impresións nun

mural sobre o tema.

MAGOSTO

No mes de novembro participamos todos, como non, na festa da castaña, cada grupo do cole

compartindo cos compañeiros unhas variadas manualidades e actuacións.

Os alumnos de Infantil engaioláronnos cun par de cancións moi traballadas, " Que Vivan as Castañas!"

e "Froitos do Outono", levando ao redor do pescozo uns colares preciosos feitos de castañas.

Os maiores de 1º, 2º e 3º ciclo participaron nunha actuación imitando un concurso de televisión. O reto

era descubrir o sentido dalgunhas palabras relacionadas co Magosto pero que ao mellor xa caeron en

desuso. Compartímolo convosco .......................

Ceip Concepción López Rey 7

Page 8: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

1.Que é unha castaña folga ou boleca?

a) unha castaña oca

b) unha castaña azul furada

c) unha castaña china

2. Que é unha castaña do canizo ou maia?

a)unha castaña que se colle na malla?

b) unha castaña seca

c) unha castaña moi dura para comer

3. Que é un degaro ou destelo?

a) unha castaña que sae do ourizo sen casca

b) ourizo a cal lle caen os picos

c) castaña que se solta espontaneamente do ourizo

4. Que é un zoncho?

a) unha castaña cocida coa pel

b) unha castaña cadrada

Ceip Concepción López Rey 8

Page 9: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

c) castaña que se recolle co poncho

5.Que é un bullo?

a)castaña que se come crú

b) castaña pisada polos raposos

c) castaña asada sen casca

6. Que é un bullote?

a) castaña asada con casca

b) castaña pisada polos xabaríns

c)castaña con leite

7. Que é unha castaña do leite?

a)unha castaña verde

b)unha castaña con leite

c)unha castaña que sae co leite da vaca

8. Que é unha candea?

a) a flor do castiñeiro

b) un adorno do Nadal

c) unha lámpada

Tamén gozamos dunha actuación musical dos alumnos de 1º e 2º de moito ritmo e percusión coa

colaboración de Raúl , de 6º , quen leu o poema : "A Castaña no Souto da Araña". Cada alumno, cun

instrumento diferente, levou a percusión como acompañamento.

Elaboramos un mural aproveitando a natureza que temos ao redor de nós, prensamos follas de

castañeiro e pegámolas nun fondo pintado coas preciosas cores do outono.

Rematamos todo comendo castañas asadas no forno da cociña do cole. Grazas Lucía!

Ceip Concepción López Rey 9

Page 10: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

O DÍA DE SAN ANDRÉS

Co gallo de descubrir un pouco máis sobre a cultura británica, neste caso específico a escocesa,

celebramos o día de San Andrés, día que se festexa en Escocia con moito orgullo.

San Andrés é o patrón de Escocia. Segundo a historia levaron o seu cadáver a Escocia e ao partir da

súa presenza nesa terra obrou varios miragres incluíndo a vitoria en importantes loitas contra os

ingleses. Por iso tomárono como patrón de Escocia e o símbolo da cruz de San Andrés converteuse na

bandeira de Escocia.

Cada 30 de novembro, os homes visten a famosa saia escocesa “kilt”, tocan a gaita para que todo o

mundo poida cantar e bailar. O prato forte é o “Haggis”, prato nacional que se serve con puré de

pataca e nabo. O Haggis ten certo parecido co butelo, pero o recheo está feito a base de ovella.

Mestúranse todas as vísceras picadiñas da ovella con avea e especias e métese todo dentro dun saco

que tradicionalmente é a pel do estómago do animal. Todos os rapaces e as rapazas quixeron probar un

cachiño, algúns máis ca outros e o premio despois foi poder gozar dun anaquiño de “Tablet”, un doce

típico de Escocia de leite condensada, azucre e manteiga. MOI doce! Tamén aprendimos un baile

escocés para ir gastando algunhas das calorías da comida!

A PASCUA

No Reino Unido , nos días anteriores ao Domingo de Pascua, é moi habitual ver as costas dos outeiros

ou dos parques cheos de actividade, familias enteiras xogando xuntas ao xogo dos óvos. Consiste en

botar os ovos por unha costa/rampa e ver como van dando voltas e voltas mentres van baixando pola

costa ata chegar á meta. Así o fixemos tamén no colexio CLR. Pintamos os ovos cocidos de cores

chamativas, dividímonos en equipos e na rampa que hai entrando desde a rúa ao patio do cole, fixemos

as típicas carreiras dos ovos de Pascua. Con moita tensión e adrenalina no aire, pasamos da 1ª rolda, á

semi final e á final.

Os de Infantil tamén disfrutaron dun xogo no que tiñan que ir na procura dos ovos agochados e ...canta

alegría cada vez que aparecía un ovo...de chocolate por suposto!

Ceip Concepción López Rey 10

Page 11: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

O NadalO día 20 de decembro celebramos, coma cada ano, o festival de nadal.

Ó longo da última semana estivemos con tódolos preparativos finais: demos xa forma ás

actuacións que ensaiamos con moito esmero ao longo do último mes e medio no período de lecer para

non interrumpir para nada as clases, preparamos decorados, puxemos o “Belén”, decoramos tamén o

local social para a ocasión,....

Ese día, pola mañá, preparamos os últimos detalles para a celebración, ensaiando para

perfeccionar o espectáculo, comprobando que non faltara nada,.....

Logo foron chegando os pais, nais,avós, irmáns... do alumnado que se reuniu no local social do

Ceip Concepción López Rey 11

Page 12: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

centro. Nese intre comezou o festival.

Primeiro, actuaron os nenos de educación infantil que, coa vestimenta apropiada, fermosos

todos eles, cantaron tres cancións: unha foi unha panxoliña galega, outra cantada en inglés e da outra

os temas pincipais eran o nadal e as súas comidas típicas.

Logo, tocaron e cantaron os nenos que van ás actividades extraescolares organizadas pola ANPA.

Despois, os nenos de 1º, 2º, 4º e 6º fixemos un musical sobre unha “unidade musical de emerxencias”.

Cómico, con música a esgalla. Canto gozamos !!!!

Por último, os pais, dos alumnos foron tomar café de confraternidade cos propios profes a unha

das salas mentras intercambiaban opinións, inquedanzas, suxerencias, ...

Nese momento, nós saímos ao patio e xogamos un pouco.

Ao final as familias fóronse e parte do alumnado tamén posto que eses días houbo un virus no

colexio e aínda non nos tiñamos recuperado de todo .

Foi moi divertido aínda que ese día non foi o que mellor o fixemos porque , moitos de nós,

aínda arrastrabamos problemas gripais, cansanzo,...

Ceip Concepción López Rey 12

Page 13: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

“Novo Espazo infantil....”

En Baleira abriuse un novo parque infantil para todos os nenos e nenas de Baleira en especial para os

máis pequenos para que disfruten dun novo lugar de lecer cos seus pais, avós ,amigos,.....Por ser a

praza un lugar estratéxico e céntrico, fai que fora un gran acerto a súa instalación.

Achegouse alí ,no Nadal , Papá Noel, para facer as delicias de tódolos nenos e de todas a nenas alí

presentes,....... presentou o parque, trouxo agasallos... e estivo on todos nós un bo anaco,......................

pediunos que foramos bos, que traballaramos ben, e que , si así o faciamos, volvería o vindeiro ano.

Así que........... “ A PORTARSE BEN “......

Ceip Concepción López Rey 13

Page 14: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

¡ Un gran bocata !!!!!.........

No actual curso solicitamos á Consellaria de Educacion a inclusión no “Plan Proxecta”, plan

que contempla moitas versións ligadas á formación no seu amplo sentido.......En concreto ,nós,

solicitamos aquilo que máis nos interesaba e se adaptaba ás nosas circunstancias , que era a sección

Alimenta-T ben. A mesma abrangue tres modalidades : consumo de leite,consumo de froita e consumo

de peixe, co fin de profundizar nas boas prácticas destes alimentos.....................

Asi pois, trátase de ensinar aos nenos a comer froita, verdura e peixe a diario...como

complementos imprescindibles na nosa dieta ....Ó noso colexio viñeron dúas rapazas a ensinarnos a

comer peixe de diferentes maneiras .Chamáronnos, baixamos ao comedor e alí estaban as rapazas que

nos explicaron o que tiñamos que facer , os beneficios que nos aporta o peixe ......Cando remataron

propuxéronnos uns xogos adaptados ao que estaban a falar e pasámolo moi ben...... Por último

déronnos un anaco de pan e despois , nós debiamos elexir duns ingredientes que colocaran nunha mesa

para facer un nutrido “bocata” baixo o lema “ PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA” ...........

co que despedimos a xornada formativa e amena.

Ceip Concepción López Rey 14

Page 15: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Charla sobre .......” Educación Vial “O día 16/01/14 propúxonos o concello, instancia da sección de tráfico da garda civil unha

charla informativa sobre a educación vial ,algo de gran inportancia , como asi se nos amosou, dada a

situación de emerxencias acontecidas nos últimos anos e que levan, en moitos casos , ata a mortes

inesperadas e moitas delas poderían ser evitables se todos puxeramos os cinco sentidiños......

A charla do centro socio-cultural estivo ben ,pero o garda que no lo amosou tiña que habelo

preparado mellor. Estaba basada nunhas imaxes e nun vídeo no que nos ensinaba o perigo de dar

paseos pola noite sen chaleco reflectante ,As boas prácticas para os conductores así como para

circulación dos ciclistas e os propios peóns . As imaxes íannos ensinando sinais de tráfico e o garda

íanos dicindo o que significa cada unha .A pesares de que o garda o podía facer mellor e explicar

máis, a miña opinión é que todos aprendemos moito sobre as sinais de tráfico, os perigos nas estradas,

precaucións necesarias,....... Cando rematou a charla agasalláronnos cun chaleco reflectante a cada

un........................... En fin,..... FOI APROVEITABLE .....

Ceip Concepción López Rey 15

Page 16: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

A PAZCada 30 de Xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz. A Asamblea Xeral decretou que ese día se

dedicara a reforzar os ideais da paz en tódalas nacións e pobos do mundo.

O Día Internacional da Paz foi establecido en 1981 pola resolucion 36/67 da Asamblea Xeral

das Nacións Unidas para que coincidira ca sesión de apertura da mesma,que se celebra anualmente o

terceiro martes de Xaneiro.O Día da Paz conmomerouse por primeira vez en Xaneiro de 1982.

En 2001,a Asamblea Xeral aprobou por unanimidade a resolución 55/282 que estableceu o 30

de Xaneiro como un dia da PAZ e da non violencia a nivel mundial.

No noso colexio celebrámolo facendo diversas actuacións ó longo da xornada..........Os de

infantil cantaron e bailaron dúas cancións: aínda que ao principio tiñan vergoña , logo fóronse

soltando........Os de primeiro e segundo bailaron e cantaron unha canción. Ó empezar había moito

cachondeo xa que faltaba María, unha das bailarinas, aínda que axiña lle buscaron substituta coa profe

Bego ................

Por último, pero non menos importante, os de sexto recitaron unhas frases e seguido íanse

colocando para bailar e cantar unha canción en inglés.

Todos levabamos unha pañoeleta azul ................................

Ceip Concepción López Rey 16

Page 17: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Saída ....... “ Excursión “....O día 23 de xaneiro fixemos unha excursión a Lugo programada con antelación para visitar os

seguintes lugares: Begonte, o teatro Gustavo Freire e o centro comercial As Termas.

En Begonte observamos o seu impresionante Belén no cal hai: figuras que se moven, auga,

tormentas...........Pola súa tradición e importancia, aspiran, tanto o propio concello de Begonte coma o

responsable do centro cultural a que sexa declarada como festa de interés turístico. Nelo están

traballando actualmente.

Non me gustou o frío que facía e o espazo era moi pequeño.

Contén un anexo ou “sala” adicada a resaltar lugares famosos de Lugo como a muralla, a súa catedral,

etc....................

No teatro de Lugo Gustavo Freire asistimos a representación dunha obra de teatro en inglés

titulada “Time Travellers” ou o que é o mesmo “Viaxeiros do Tempo”.

A sala estaba repleta de xente, a maior parte eran nenos de moitos colexios. A obra foi moi entretida e

nela tiñamos que interactuar contestando ás preguntas que nos facían. Esta actividade xa se traballara

no centro con antelación, co cal xa sabiamos de que ía e por iso se facía aínda máis amena.

Logo fomos ao centro comercial As Termas : comemos no “McDonals” e ao acabar fomos de compras

ás tendas dese centro.

Ceip Concepción López Rey 17

Page 18: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

A maior parte das tendas son de roupa e nelas podes encontrar prendas e accesorios para todas as

idades.

Pero tamén hai tendas de alimentación, de animais, de lambetadas, xoiarías, perfumerías, etc.

Ademais hai cines e restaurantes.

Pasámolo moi ben e divertímonos moito, ademais, foi moi educativo porque tivemos a oportunidade de

practicar e comprender mellor o inglés.

O EntroidoO Entroido é unha celebración que ten lugar xusto antes da semana santa e cambia de día cada

ano en función de cando se celebre, posto que o entroido se festexa corenta días antes que a mesma.

A orixe da súa celebración parece probable das festas paganas coma as que se realizaba en

honor a Baco, o deus do viño, e as lupercales romanas.

Hai lugares onde o Entroido é máis famoso coma os de Río de Janeiro, Santa Cruz de Tenerife,

Venecia e México.

En Galicia o lugar máis famoso polos seus Entroidos e polos seus incribles disfraces de cigarróns é

Verín.

No noso colexio fixemos unha pequena celebración:

Primeiro fixemos os disfraces.

Logo, baixamos e ensinámolos para que nos fixeran fotos. Cada curso levaban os seus disfraces:

Ceip Concepción López Rey 18

Page 19: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

educación infantil ían de paiasos, 1º e 2º de cigarróns e 3º, 4º e 6º de máscaras.

Despois, cada curso fixo un pequeño espectáculo musical.

Fomos comer e había un estupendo cocido galego: chourizo, grelos, patacas... de postre había orellas e

a cociñeira deunos lambetadas que as repartiron Alba, Alejandra, Sandra e Pablo.

E por último saímos ao patio e abrimos as piñatas que , por suposto ,estaban cheas de lambetadas.

Gustounos moito e pasámolo xenial tanto ese día coma os anteriores facendo os nosos propios

disfraces , e ensaiando unha e outra vez – nos periodos de lecer – para conseguir coordinar unha

actuación para nós moi importante.

Ó rematar fomos para as clases, collemos o que tiñamos e fómonos para a casa a gozar duns merecidos

días de descanso.

Ceip Concepción López Rey 19

Page 20: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Carreira SolidariaO pasado 23 de marzo no concello de Baleira tivo lugar unha carreira solidaria contra o cancro

patrocinada por Marzo Saúde.

A carreira comezou ás 10 da mañá.

Nela había varias categorías nas cales, se querías participar só tiñas que levar un quilo de comida non

perecedeira que ía destinada ao Banco de Alimentos de Lugo.Tamén había outras actividades coma a

andaina de 10 km na que para participar debías pagar 7 €, ou as carreiras de 10 e 20 km nas que tiñas

que pagar 10 €.

As carreiras saían de Baleira ata Castroverde, onde se celebrou unha comida ás 14:00 h pola que tiñas

que pagar 17 € por comensal.

Tódolos fondos ían destinados á Asociación Española contra o cancro.

Ás 17:00 h celebrouse unha master class de pilates no pavillón do colexio de Castroverde. No mesmo,

ás 18:30 h tivo , lugar outra master class de zumba.

Tanto para a ida coma para a volta había autobuses e botellas de auga de balde.

Ese día no pavillón do colexio de Baleira había persoas apuntándose ás carreiras por categorías.

Pero, para a andaina ou as outras dúas carreiras xa había que estar apuntado, porque había seguro.

Todos levaban camisetas nas que poñían o número e a categoría. Nas carreiras por categorías tódolos

participantes gañaban medallas e unha bolsa con diferentes obxectos.

Ademais, o noso colexio, coma outro colaborador , tamén foi agasallado.

En definitiva, foi unha carreira moi divertida na que todos gañaban.

Ceip Concepción López Rey 20

Page 21: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Día da ÁrboreMás de 10.000 alumnos de 97 centros participaron no programa do día da árbore e da auga.A

institución repartiu e laureles e facilitou materiais didácticos, concretamente o conto``O tesouro da

Terra do Miño`` ademais dunha guía para os profesores .Os nenos bautizaron os exemplares e

ocupáronse de regalos.

Nós celebramos este día o 24 de marzo a pesar de que pretendiamos prantalo o 21 de marzo pero non

poidemos debido á treboada.Buscamos un sitio para prantar ,colleron un sacho e fixeron un furado e

prantamos a árbore. Unha vez colocado, votámoslle algo de terra por as veiras, é tamen puxemos un

pau gordo ao carón da árbore .Unha vez preparado todo , regámolo e fixémonos duás fotos .Rematado

isto,continuamos ca nosa rutina diaria.Sinceramen a min paréceme que o día da árbore é un día para

festexar no só as árbores senón tamén todas as prantas e o medio ambiente e tódos os bosques.Ademais

prantando árbores aumentaría toda a produtividade.

Ceip Concepción López Rey 21

Page 22: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

“Os maios”

A festa dos Maios é unha celebración propia da primavera que se celebra en Maio.

Esta celebración é para agradecer o redecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de

ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza...........................................................

Debido a que este ano, o Concello de Baleira , decidiu celebrar esta festa, o día 7 de maio, mércores,

viñeron dúas persoas para ensinarnos cancións e bailes típicos, tamén tocamos instrumentos coñecidos

e , incluso, algúns totalmente descoñecidos para nós..... O baile máis típico é o bolero que consiste en

dar pasiños curtos coa túa parella ao ritmo da música. Pasámolo moi ben,.... e , nos días seguintes

seguimos nós sós practicando....

O posterior sábado 10 de maio ás 19:00 no Centro Sociocultural de Baleira fixemos a

representación oficial dos Maios ao redor dunha árbore decorada con frores,fentos,etc..........................

no que tamén puideron participar nenos que non veñen ao colexio,.....tamén cantaron e tocaron as

persoas da agrupación músical “ SON DE CORES “.

Ceip Concepción López Rey 22

Page 23: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Letras galegas

Ceip Concepción López Rey 23

Page 24: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 24

Page 25: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 25

Page 26: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 26

Page 27: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 27

Page 28: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 28

Page 29: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

A Amizade

A amizade é algo moi importante e se queres ter amigos debes respetalos, axudalos, querelos e

Ceip Concepción López Rey 29

Page 30: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

apoialos para que non deixen de selo.

Do mesmo xeito eles deberían corresponder ás túas accións. Nunca podes tratalos mal,

menosprecialos, desoílos,....e, moito menos, ...... traicionalos.

Se ti o fas probablemente deixen de ser teus amigos pero, ademais, tamén debes ter en conta

que eles che poden facer a ti o mesmo.

As “pelexas” , discusións,..... poden ser frecuentes pero iso non quere dicir que non te

aprecien,... queiran,...ou que o que nese momento digan ou fagan o queiran facer, puido ser un mal

momento, un momento de tensión,........Nese intre, non debes botarlle máis leña ó lume. Se se

enfadan, todo o contrario, debes procurar extinguilo, e se ti comezas a pelexa debes intentar

controlalo,...... unha reflexión a tempo é moi importante.

En definitiva, a amizade é algo moi bonito

que non debemos romper e que temos que procurar

manter o maior tempo posible. Porque a amizade é

un tipo de amor que se demostra cada día , cada

momento da nosa vida, e todos temos que saber que

algo tan sinxelo coma dar unha aperta , como pedir disculpas, como amosar un ... “perdón” ....., é unha

gran mostra de amor e de amizade e de vida en positivo.........

Ceip Concepción López Rey 30

Page 31: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 31

Page 32: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 32

Page 33: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Nós,... tamén traballamos ...

Ceip Concepción López Rey 33

Page 34: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

ÚLTIMAS NOVASE. Infantil : O pasado mércores, 28 de maio, o alumnado de Educación Infantil acompañado da

súa titora Encarna e dalgúns pais desprazáronse ata Lugo para ir ao auditorio Gustavo Freire e ver, en vivo e en directo, a representación de títeres: “Lume” posta en escea polo grupo de teatro Babaluva. Rematado o espectáculo foron comer ao centro comercial : “As Termas” onde degustaron un saboroso menú e gozaron dos xogos infantís . Voltaron para as súas casas cansos de tanto xogar. A viaxe de volta fixérona nun prácido soño….!!!!.

Tentarán repetir a experiencia o vindeiro curso.

A ver se o conseguen !!!!!

E. Primaria: O último día de clase, é dicir, o venres 20 de xuño, realizaremos a desexada excursión fin de curso á praia. Por nós poderiamos irmos hoxe mesmo, xa que temos todo preparado dende hai tempo: bañadores, chanclas, toalla, crema solar…. O malo é que o tempo non axuda nada. A ver se para daquela se “compón” e podemos gozar dun magnífico día de sol para podermos poñer a remollo.

OXALÁ !!!

Ceip Concepción López Rey 34

Page 35: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ceip Concepción López Rey 35

Page 36: Ceip Concepción López Rey€¦ · nós, os de sexto. Ó saber que nunca vas volver vivir estes marabillosos anos no colexio que che axudou a formar as túas bases intelectuais é

A Rasela Curso 2013/14

Ata sempre .....................

“Amiguiños”.....

Ceip Concepción López Rey 36