Click here to load reader
Upload
chus-saborido
View
225
Download
10
Embed Size (px)
DESCRIPTION
actividades con motivo do día do libro
Citation preview
No CEIP de Figueiroa abril é o mes adicado aos libros e farémolo cos se-
guintes actos:
28 de abril de 2011 na biblioteca:
MARATÓN DE LECTURA
Alumnos e alumnas de 3º a 6º . Lectura colectiva do libro MEMORIAS
DUN NENO LABREGO.
CAMBIAMOS LECTURAS
Intercambio de lecturas entre os cursos do Primeiro Ciclo.
SABEMOS LER
Lecturas dos de Ed. Infantil de 5 anos para os seus compañeiros de 4
anos.
ENTREGA DE MARCAPÁXINAS E FOLLETO INFORMATIVO.
Semana do libro. Do 26 ao 29 de abril
¿ E TI QUE LIBRO SALVARÍAS ?
Durante esta semana cada aula decidirá que libro salvaría se soamente se
puideran quedar con ún. Coas súas propostas faremos unha exposición.
AÍ VEÑEN OS NOSOS CONTACONTOS
Interpretación de contos e poemas para os máis pequenos do cole a cargo
de grupos de alumnos e alumnas
Durante todo o mes de abril.
CONCURSA CON NÓS
ED. INFANTIL E 1º CICLO DE EP Debuxa ao teu personaxe favorito.
2º E 3º CICLO DE ED. PRIMARIA Fai unha adiviña sobre o personaxe
dos contos que máis che guste.
CONCURSA CON NÓS
Ola amigos e amigas:
Quero convidarvos a un novo concurso para os nenos e nenas
de terceiro a sexto. Pensade no voso personaxe favorito dos
contos ou dos libros que vos gustan. Ten que ser un protago-
nista famoso que todos poidamos coñecer. Agora pensade
como o describiríades sen dicir quen é e facede unha ADI-
VIÑA.
Usa a imaxinación e a creatividade e dálle moitas voltas ata
que quede ben formada. Logo escríbea con boa letra, pon o
teu nome e curso e por detrás a resposta, é dicir, o nome do
personaxe que a adiviña esconde. Haberá un premio por cur-
so e publicaremos as mellores.
Anímate e participa que non é moito esforzo. Boa Pascua.
BIBLIOTECA DO CEIP FIGUEIROA
Abril mes dos libros
CONCURSA CON NÓS
Ola familias:
Son Carola e quérovos convidar a participar nun concurso arredor
dos libros. ¿ Cal é o teu personaxe favorito dos con-
tos ? Hai miles onde escoller pero seguro que ti tes un preferido, o que
máis che gusta, o que máis queres.
Pois ben, durante estas vacacións debúxao como ti o ves. Usa a
técnica e o formato que queiras e despois de Pascua tráeo ao colexio.
Faremos una exposición e os cinco máis bonitos recibirán un aga-
sallo.
Ah! Non te esquezas de poñerlle o teu nome e o curso para que
todos e todas vexan quen foi o autor ou a autora. Boa pascua a tod@s.
BIBLIOTECA do CEIP Figueiroa
Abril, mes dos libros.