Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
O Monte Pindo, na Costa da Morte, coñecido como o Olimpo Celta pola súa similitude co de Grecia, está cheo de lendas. A máis popular é a que conta como as rocas foron talladas polos seus antigos habitantes. Propoñémosche unha viaxe no tempo para coñecer os vestixios desta cultura ancestral, a súa historia, ritos e lendas, a través dunha das artes de maior tradición e simboloxía en Galicia, a cerámica.
3 DÍAS (3 días - 2 noites)
208 KM
5 CONCELLOSSada, A Coruña, Carnota, Muros, Porto do Son.
CERÁMICA DO ANTIGO OLIMPO CELTA
a
cb
de
f
g
Carnota
Muros
Porto do Son
Sada
A Coruña
a. Cerámicas O Castro de Sargadelosb. Parque Escultórico e Rosa dos Ventos (Torre de Hércules)c. Terralume d. Monte Pindoe. Nacho Porto f. Manuel Figueirasg. Castro de Baroña
A través da visita á súa planta de produción en O Castro (Sada), coñecerás como se fabrica e representa a simboloxía celta e da nosa cultura nun dos emblemas da cerámica galega, Sargadelos.Tamén poderás visitar o Museo Carlos Maside, que alberga unha importante colección de plástica galega contemporánea.
Datos de interese: O Castro de Samoedo, s/n, 15168 Sada, A Coruña. Tlfn 981 620 937. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/ceramicas-o-castro-de-sargadelosDistancia ao seguinte punto de visita: 21 km
CERÁMICAS O CASTRO SARGADELOS
DÍA 1a
Cerámica do Antigo Olimpo Celta
Pola tarde, completarás o día cunha visita ao taller de Terralume, onde poderás realizar un taller participativo de cerámica artística, ou, se o prefires, Susana poderache acompañar nunha Ruta da Cerámica pola cidade da Coruña e os seus arredores, onde ensinarache todos os segredos da cerámica contemporánea.
Datos de interese: C/Sinforiano López, 28 A Coruña. Tlfn 649 232 996. Información máis detallada: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/terralumeDuración aproximada da visita: 2 - 3 horasDistancia ao seguinte punto de visita: 105 km
DÍA 2
TERRALUME
PARQUE ESCULTÓRICO E ROSA DOS VENTOS (TORRE DE HÉRCULES )
Na cidade da Coruña debes coñecer o Parque escultórico da Torre de Breogán e a súa Rosa dos Ventos, un mosaico de figuras e símbolos que narran aventuras e costumes do celtismo. Ademais, se decides facer esta ruta en fin de semana, podes contar coa axuda dun acompañante especial, o guerreiro celta Mil Espaine, anotándote previamente ás visitas guiadas gratuítas que o Concello da Coruña organiza todos os sábados.
Datos de interese: Avda. de Navarra, s/n. 15002 A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/parque-escultorico-e-rosa-dos-ventos-torre-de-hercules
Percorrido orientativo: Exterior Torre de Hércules e parque escultórico.Duración aproximada da visita: 1 hora e mediaDistancia ao seguinte punto de visita: 4 km
c
b.
Cerámica do Antigo Olimpo Celta
87
Datos de interese: Cornido 20, 15293 Carnota, A Coruña. Teléfonos 981 762 500 // 616 744 132. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/nacho-portoDuración aproximada da visita: 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 20 km
Ao día seguinte, xa coñecido e cruzado o Ara Solis, estarás preparado para coñecer a Costa da Morte, o Finisterrae onde antigos camiñantes celtas chegaban de toda Europa ao lugar onde o Sol morría cada día para renacer unha nova vida de luz.
DÍA 3
NACHO PORTO
Envolvido neste ambiente máxico propoñémosche coñecer o simbólico universo mitológico e creativo de Nacho Porto, no que descubrirás a arte desde unha visión moi persoal e, ao mesmo tempo, universal. O bestiario, de ata 4 xeracións, atesoura premios de artesanía contemporánea. Desde o idílico e artístico ata o máis elemental ou tecnolóxico, todo neste artista sorprenderache.
Parada obrigada é o Monte Pindo, onde, desde A Moa, o punto máis alto, hai unhas vistas cara ao Océano dunha máxica contorna natural; acompañarante os guerreiros pétreos que o defenden e os restos das antigas fortalezas, desde as cales se vixiaba o Fin do Mundo.
Datos de interese: Carretera C-550, s/n, 15293 Carnota, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/monte-pindoDistancia ao seguinte punto de visita: 11 km
MONTE PINDO
e
d.
Cerámica do Antigo Olimpo Celta
Datos de interese: Campo das Cortes s/n, 15250 Muros, A Coruña. Tlfn 607 210 488. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/construyendo-lo-cotidiano/manuel-figueirasDuración aproximada da visita: 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 47 km
Por último, da man de Manuel Filgueiras, poderás coñecer nunha contorna rural privilexiada a arte dunha cerámica singular, caracterizada polas súas vidriados de tipo oriental, para os que Manuel emprega materiais de orixe local como as cinzas e o po do granito.
MANUEL FILGUEIRAS
E, se aínda che queda tempo, propoñémosche que acabes a túa viaxe achegándote a vivir a posta de sol desde o impresionante Castro costeiro da Idade de Ferro de Baroña. Unha experiencia única!
CASTRO DE BAROÑA
f.
g.
Datos de interese: Porto do Son, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/el-mar-y-sus-oficios/porto-do-son-e-o-museo-da-memoria-marineira-marea
Cerámica do Antigo Olimpo Celta