78
divulgacion cientifica Charlas de

Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

divulgacioncientifica

Charlas de

Page 2: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

divulgacioncientifica

Charlas de

Page 3: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

33

Divulgación científica para estudantado de 4º de ESO, bacharelato e formación profesional A Universidade de Vigo ofrece aos centros de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia un total de 64 charlas de divulgación científica, coas que busca achegar ao alumnado preuniversitario un amplo abano de temas científico-tecnolóxicos, de humanidades, arte ou de ciencias xurídicas e sociais e da saúde, de modo que o alumnado pode participar no desenvolvemento dunha clase universitaria cun contido docente adaptado ao seu nivel educativo.

As charlas, dunha hora aproximada de duración, realízanse no propio centro escolar en modalidade virtual e son impartidas por profesorado da Universidade de Vigo.

Para solicitar estas sesións hai que cumprimentar o formulario electrónico no que o centro indicará a charla e varias datas posibles para realizala. Unha vez a Universidade reciba o formulario poñerase en contacto co centro para concretar a data na que será realizada a actividade.

Os centros educativos poderán solicitar as charlas durante todo o ano, e estas celebraranse entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de cada curso académico. Para atender ao maior número de centros, cada un poderá solicitar un máximo de tres sesións divulgativas.

Link ao formulario: https://forms.gle/XwVZKGs5y5mu7Gju8

Page 4: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

4

1.1 Xenética: mutación e diversidade1.2 Deseño sen deseñador en caracois mariños 1.3 Que é iso da crise de polinización?1.4 O tictac da vida ou como funciona

o teu reloxo biolóxico1.5 As lampreas: aventuras e desventuras

dunha viaxe de ida e volta 1.6 Contaminación 1.7 #cambioglobal 1.8 Paleontoloxía en e dende Galicia 1.9 Hai cambio climático na miña localidade?

Historia do clima na Terra1.10 A ciencia no sector agroalimentario1.11 Restauración de espazos afectados

por explotacións mineiras1.12 O escándalo das emisións

en motores diésel (dieselgate)1.13 Explotación de recursos minerais

en Galicia/España1.14 O biomaterial do futuro1.15 O uso de indicadores nos ríos

1.Ciencias da natureza

1.16 Deseñando iPLANTS1.17 As matemáticas da covid-19

Page 5: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

5

1.1

Armando Caballero RúaCatedrático de universidadeDepartamento de Bioquímica, Xenética e InmunoloxíaFacultade de Bioloxía

O obxectivo desta charla é explicar algúns conceptos básicos do ámbito da xenética. Resúmense algúns conceptos sobre a herdanza e a reprodución, facendo énfase na mutación. Descríbese a importancia da mutación na evolución e na diversidade xenética das poboacións. Tamén se explican algunhas das aplicacións da análise das mutacións: cuantificación do risco de extinción das especies, xenética forense, detección dos xenes que afectan ás enfermidades humanas etc.

Ciencias da naturezaXenética: mutación e diversidade

Page 6: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

6

Emilio Rolán ÁlvarezCatedrático de universidadeDepartamento de Bioquímica, Xenética e InmunoloxíaFacultade de Bioloxía

Os organismos vivos presentan na natureza unha diversidade asombrosa e moi diversa de formas e de cores; e os caracois mariños representan un bo exemplo diso. Durante séculos o ser humano atribuíu a citada diversidade, ante a ineficacia das explicacións científicas existentes, ao deseño dun creador situado á marxe da natureza. Con todo, o mecanismo de selección natural proposto por Darwin e Wallace cambiou esa situación de forma dramática e, simultaneamente, conferiu á bioloxía un status de ciencia maior por dereito propio. Na actualidade, a maioría de formas observadas na natureza pódese explicar mediante o devandito mecanismo e, polo tanto, coñecer como funciona resulta un aspecto clave da nosa formación humanista.

Ciencias da naturezaDeseño sen deseñador en caracois mariños

1.2

Page 7: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

7

Luis Navarro EtxeberríaProfesor titularDepartamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo Facultade de Bioloxía

Con frecuencia recibimos información relativa á crise de polinización. Nesta charla explicarase a importancia destes organismos para a vida no planeta, describiranse as causas do declive nesta importante interacción biolóxica e daranse algunhas solucións para evitar a perda destes axentes clave para que se produza un funcionamento correcto dos ecosistemas do planeta.

Ciencias da naturezaQue é iso da crise de polinización?1.3

Page 8: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

8

Jesús Manuel Míguez MiramontesProfesor titularDepartamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde. Área de Fisioloxía Facultade de Bioloxía

Todo na vida é rítmico. No ser humano e nos animais percibímolo na actividade, no soño, na alimentación, nas células sanguíneas, na actividade cerebral, no metabolismo..., manifestándose en distintos niveis dependendo da complexidade estrutural e funcional do organismo. A maior parte destes ritmos organízanse sobre a base de ciclos diarios xerados por reloxos biolóxicos internos, onde o reloxo circadiano é o máis coñecido. Esta presentación trata de reflectir a importancia do devandito reloxo na medida do tempo que se usa para regular a nosa fisioloxía e comportamento, así como descifrar a maquinaria molecular do reloxo, o tictac responsable dos nosos ritmos. Por último, expoñeranse exemplos de como se altera o sistema circadiano e as súas consecuencias sobre o organismo.

Ciencias da naturezaO tictac da vida ou como funciona o teu reloxo biolóxico

1.4

Page 9: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

9

Manuel Ángel Pombal DiegoProfesor titularDepartamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da SaúdeFacultade de Bioloxía

Na charla «As lampreas: aventuras e desventuras dunha viaxe de ida e volta», entre outras cousas, describiranse as principais características destes apaixonantes animais facendo unha «viaxe evolutiva». Ao mesmo tempo, comentaranse as diferentes fases do seu curioso e particular ciclo de vida, o cal nos levará de viaxe desde o río ata o mar, con posterior regreso ao río. Logo, viaxaremos polas diferentes artes de pesca utilizadas en Galicia para capturar estes curiosos animais. Finalmente, faremos unha pequena «viaxe científica», salientando algunhas das aplicacións e dos resultados obtidos ao utilizar as lampreas como modelo na experimentación con animais. Comentaranse aspectos curiosos sobre a bioloxía e a ecoloxía destas, e utilizarase unha presentación con imaxes para ilustrar a charla.

Ciencias da naturezaAs lampreas: aventuras e desventuras dunha viaxe de ida e volta

1.5

Page 10: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

10

M.ª Fuencisla Mariño CallejoProfesora titularDepartamento de Ecoloxía e Bioloxía AnimalFacultade de Bioloxía

A contaminación actualmente é un problema global que afecta a distintos medios ou seres de diferentes características. A evidencia da crecente contaminación, xunto coa poboación cada vez mellor informada, fai que este tema sexa motivo de preocupación e un dos que esperta maior interese na actualidade. Nesta charla faise un repaso xeral da historia da contaminación xunto a unha visión dos contaminantes, o seu efecto e o seu posible remedio.

Ciencias da naturezaContaminación1.6

Page 11: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

11

Alexandre Martínez Schönemann e Cristina Fernández GonzálezPersoal investigador posdoutoralDepartamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do TerritorioFacultade de Ciencias do Mar

Sabemos de verdade que é o cambio global? Sabemos sobre que falan os medios de comunicación cando din «quecemento global, aumento de gases de efecto invernadoiro ou microplásticos?» O noso obxectivo é dar a coñecer, cientificamente falando, como entender o cambio global. Centrarémonos no cambio climático e na contaminación por plásticos, dous bloques temáticos tremendamente recorrentes na actualidade, tanto na ciencia coma no noso día a día. Desenvolveremos un pensamento crítico baseado nun método científico que nos amose como destripar a información froito dos avances científicos chegada a nós en moitos casos a través dun «teléfono estragado» e aprenderemos a poñer en dúbida a información dispoñible. Esta é a mellor ferramenta que nos achegan as universidades.

Ciencias da natureza#cambioglobal 1.7

Page 12: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

12

José Bienvenido Díez FerrerProfesor titularDepartamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do TerritorioFacultade de Ciencias do Mar

O obxectivo desta charla é mostrarlle ao alumnado de instituto o que é a paleontoloxía e o seu significado. Aínda que en Galicia non son abundantes os xacementos fósiles, demostraremos que os existentes son importantes e que as achegas das investigacións galegas foron moi relevantes. Por último, móstrase a actividade que as persoas investigadoras da Universidade de Vigo están a desenvolver neste campo.

Ciencias da naturezaPaleontoloxía en e dende Galicia 1.8

Page 13: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

13

Anxo MenaInvestigador posdoutoralDepartamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do TerritorioFacultade de Ciencias do Mar

Para poder falar de como nos está a afectar o cambio climático cómpre coñecer como é o clima e como funciona o sistema climático da Terra. Na charla explícase como é o clima de Galicia e da península ibérica a través de datos de proximidade. Unha vez que coñecemos o clima desa zona, temos que ver como foron e como afectaron os cambios climáticos da Terra, tanto a Galicia e á península ibérica coma á Terra no seu conxunto. Ademais, na charla faise referencia aos principais científicos que axudaron a coñecer o funcionamento do sistema climático no pasado, grandes descoñecidos para o público xeral.

Ciencias da naturezaHai cambio climático na miña localidade? Historia do clima na Terra

1.9

Page 14: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

14

1.10Elena Martínez Carballo Gil Garrote Velasco Juan Carlos Nóvoa Muñoz Sidonia Martínez Suárez María José Pérez Álvarez

Profesorado titular Departamentos de Nutrición e Bromatoloxía, Enxeñaría Química, Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo e Enxeñaría Química, Departamento de Bioloxía funcional e ciencias da saúdeFacultade de Ciencias

O obxectivo é ofrecer charlas divulgativas nas que se trate o papel da investigación científica no sector agroalimentario. A Facultade de Ciencias conta na actualidade con recoñecido prestixio internacional no ámbito agroalimentario, concretamente a clasificación de Shanghai volveu recoñecer a investigación que lidera a Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo por terceiro ano consecutivo. Ademais, a especialización do campus de Ourense no Campus da Auga evidencia a necesidade de darlle un valor fundamental á auga como eixe central de toda a nosa oferta de charlas científico-divulgativas que podemos impartir. Estas charlas estarían impartidas por expertos/as nas áreas de investigación: análise de mostras (biolóxicas, ambientais e alimentarias), bioloxía, ciencia e tecnoloxía dos alimentos, microbioloxía e química.

Ciencias da naturezaA ciencia no sector agroalimentario

Page 15: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

15

1.11María Araújo FernándezProfesora contratada doutoraDepartamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteFacultade de Ciencias

O obxectivo da charla é explicar o proceso de recuperación dos espazos nos que se realizou explotación de recursos mineiros. No momento en que se decide deixar de explotar un recurso mineiro é obrigatoria a restauración do oco, devolvéndolle ao espazo o seu valor medioambiental ou ofertando un servizo que poida ser gozado pola poboación.

Ciencias da naturezaRestauración de espazos afectados por explotacións mineiras

Page 16: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

16

1.12David Patiño VilasProfesor titular Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Recentemente o escándalo das emisións nos motores diésel converteuse nunha das principais causas da morte prematura desta tecnoloxía no campo da automoción. Nesta charla explícase en detalle o modo no que os principais fabricantes se saltaban as normas, como os descubriron e de que xeito todo isto repercutiu na sobreestimación dos efectos negativos dos motores diésel fronte aos de gasolina.

Ciencias da naturezaO escándalo das emisións en motores diésel (dieselgate)

Page 17: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

17

1.13José Santiago Pozo AntonioInvestigador posdoutoralDepartamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O obxectivo desta charla é tratar desde unha perspectiva xeral o tema da minaría en Galicia dentro do contexto español. A industria dedicada á extracción e ao procesamento dos recursos minerais recibe o nome de minaría. Os recursos minerais son os que se explotan con algún fin; así podemos falar de explotacións de minerais metálicos, minerais industriais, rochas ornamentais, áridos para a construción e incluso substancias enerxéticas para xerar enerxía.

Ciencias da naturezaExplotación de recursos minerais en Galicia/España

Page 18: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

18

1.14Juan Picos Martín Profesor Contratado DoutorÓscar González Prieto Profesor AsociadoDepartamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría Forestal

As árbores mediante a fotosíntese captan CO2 da atmosfera e con el fabrican o material que vai revolucionar o futuro. Levámola usando toda a historia pero nestes tempos ameazados polo cambio climático e a contaminación polo plástico, a innovación vai permitir facer aplicar a madeira, procedente da xestión forestal sostible, como nunca se ten soñado: Pódense construír rañaceos de madeira? É posible vestir prendas de madeira? Pode a madeira ser transparente? Pódese comer a madeira? É posible “escaiolar” un brazo con madeira? ¿Pódense facer partes de coches e avión de madeira?

Ciencias da naturezaO biomaterial do futuro

Page 19: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

19

1.15Xana Álvarez BermúdezProfesora Axudante Doutora Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría Forestal

Os ecosistemas acuáticos están cada día máis afectados polas nosas actividades diarias. A produción de residuos, verteduras, a agricultura, a gandería, etc., son actividades que producen grandes impactos sobre os ríos. Por esta razón, coñecer o estado no que se atopan é fundamental para poder tomar medidas e reducir os impactos que se xeran coas nosas actividades cotiás. Utilizar bioindicadores é unha ferramenta útil para conseguir este obxectivo. Coñecer que especies habitan os nosos ríos, a densidade na que están presentes, tamén saber as variacións de temperatura, pH, etc. que temos nestas augas, así como avaliar o estado no que se atopa a vexetación próxima ao río é información fundamental para coñecer en que estado se atopan os ríos e, en segundo lugar, poder tomar decisións sobre a súa protección, mellora e conservación. Aquí veremos como facer todas estas análises utilizando unha sonda multiparamétrica, coñecendo técnicas de pesca sen morte para avaliar o estado de certas especies e aplicando diferentes índices.

Ciencias da naturezaO uso de indicadores nos ríos

Page 20: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

20

1.16Pedro Pablo Gallego VeigasProfesor titular de universidadeDepartamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do SoloFacultade de Bioloxía

A humanidade emprega as plantas desde a súa orixe, aínda que a agricultura comezou hai aproximadamente 12 000 anos. Desde entón, as plantas «domesticáronse»; primeiro, sen coñecer os fundamentos nos que se baseaban; posteriormente, mediante a mellora xenética clásica e, finalmente, con enxeñaría xenética. Na actualidade, a combinación de ferramentas biotecnolóxicas e de machine learning favorecen que se optimice este proceso e permita deseñar iPLANTS á carta. Na charla, moi amena, revísanse todos estes aspectos e os logros achegados na Universidade de Vigo polo noso grupo de investigación.

Ciencias da natureza

Deseñando iPLANTS

Page 21: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

21

1.17Iván Area CarracedoProfesor titular de universidade Departamento de Matemática Aplicada IIEscola de Enxeñaría de Aeronáutica e do Espazo

A recente pandemia da covid-19 puxo enriba da mesa a importancia de determinados modelos epidemiolóxicos que permiten explicar a evolución dunha enfermidade. É altamente recomendable para o alumnado de primeiro e de segundo de bacharelato pola relación entre distintos campos e pola revisión de conceptos propios de materias deses cursos. O 4 de marzo de 2020, conxuntamente con outros investigadores, advertiu da imposibilidade de realizar as eleccións galegas o día 5 de abril, pois segundo o seu modelo matemático coincidiría co número máximo de persoas novas infectadas pola covid-19. Durante a pandemia, realizou distintas simulacións para predicir o avance da enfermidade en Galicia, formando parte do conxunto de científicos que asesorou o goberno galego.

Ciencias da natureza

As matemáticas da covid-19

Page 22: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

22

2.1 Física re-recreativa

2.2 Química, zurda ou destra?

2.3 Un día coa química

2.4 Nanociencia e nanotecnoloxía

2.fIsica equImica

Page 23: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

23

Benito Vázquez DorríoCatedrático de universidadeDepartamento de Física AplicadaEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O obxectivo desta charla é realizar un achegamento lúdico á física. A física é un referente para comprender a ciencia e a tecnoloxía actual. Entre as estratexias empregadas para facer máis atractiva a súa aprendizaxe están as actividades manipulativas. Nestas, a comprensión de procesos naturais realízase a través da experimentación con materiais e obxectos cotiáns de baixo custo.

Física e química

Física re-recreativa2.1

Page 24: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

24

José Lorenzo Alonso GómezProfesor titular interinoDepartamento de Química OrgánicaFacultade de Química

Ao igual que as persoas, as moléculas poden ser zurdas ou destras. Ao longo deste encontro tentaremos descubrir en conxunto como saber se unha molécula ten esta propiedade ou non, e cal pode ser a repercusión. Para iso xogaremos coas nosas mans e pés. Ademais, descubriremos como coa axuda dos nosos propios sentidos somos quen de determinar se unha molécula é zurda ou destra.

Física e químicaQuímica, zurda ou destra?2.2

Page 25: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

25

Sandra Bolaño García Soledad García FontánProfesoras titulares de universidade Departamento de Química Inorgánica Facultade de Química

O desenvolvemento da química e de todos os procesos relacionados con ela permitiu mellorar a calidade de vida das persoas. A química está presente en todo o que nos rodea: nos plásticos, nos procesos de purificación e de desinfección da auga, na roupa, na enerxía, na medicina, na agricultura etc. A química ofrécenos infinitas posibilidades nos procesos cotiáns. No noso día a día, sen ser conscientes diso, calquera situación está relacionada coa química.

Física e químicaUn día coa química2.3

Page 26: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

26

Juan Pablo Hervés BelosoCatedrático de UniversidadeIsabel PastorizaProfesora titularDepartamento de Química Física

A nanociencia é un dos campos en auxe da investigación científico-tecnolóxica. Nesta charla preténdese introducir ao alumnado de educación secundaria nos retos actuais desta disciplina e nas ferramentas empregadas para acadalos. Farase fincapé en que a nanociencia usa os coñecementos da química e da física para sintetizar e caracterizar diferentes tipos de nanoestruturas. Unha vez obtidas estas estruturas, aplícanse a diferentes campos da ciencia como a química, a física, a biomedicina, etc. Por último, comentarase a investigación en nanociencia que se está a desenvolver na Universidade de Vigo.

Física e química

Nanociencia e Nanotecnoloxía 2.4

Page 27: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

27

3.1 Que se fai na informática industrial?

3.2 Intelixencia artificial de peto

3.3 Materiais intelixentes e outras aplicacións

3.4 Aplicacións da termografía infravermella

3.5 Minaría espacial:Un reto ou unha realidade

3.6 Seguridade en dispositivos móbiles

3.7 Internet das cousas (IoT)

3.8 A telefonía móbil e o seu camiño cara ao 5G

3.9 Tecnoloxía láser aplicada á conservación do patrimonio construído

3.10 Incendios forestais de sexta xeración e as ferramentas tecnolóxicas para previlos

3.11 Obtención de biodiésel a partir de algas

3.tecnoloxia

Page 28: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

28

Manuel Pérez Cota Catedrático de escola universitaria Departamento de Informática Escola de Enxeñaría Industrial Escola Superior de Enxeñaría Informática

O obxectivo desta charla é dar a coñecer os principais avances na informática industrial, desde a utilización dos computadores ata a impresión 3D, facendo ver como é posible que se deseñe calquera cousa utilizando unha computadora e seguindo o seu proceso ata que se fabrica con control por computadora. Entender o marabilloso mundo da programación para sistemas industriais de control, visión artificial, internet das cousas (IoT), robots, etc.

TecnoloxíaQue se fai na informática industrial?3.1

Page 29: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

29

Manuel Vilares Ferro Catedrático de universidade Departamento de InformáticaEscola Superior de Enxeñaría Informática

A miúdo asociamos os desenvolvementos en IA cunha complexidade só ao alcance de especialistas. Esas vistosas aplicacións, que emulan elegantemente o comportamento humano, semellan sempre obra de avezados especialistas que nos relegan ao papel de simples usuarios/as máis ou menos aventaxados/as. Pero isto quizais non sexa máis ca unha impresión. No caso da intelixencia natural uns sinxelos principios bastan para lanzarnos á aventura de sentirnos algo máis ca simples espectadores/as neste apaixonante teatro de futuro. Despexaremos a dúbida construíndo de maneira interactiva e partindo de cero unha sinxela contorna de IA capaz de resolver problemas comunmente asociados ao concepto de «intelixencia». Ao alcance do noso teclado teremos a xestión de xogos, a resolución de ecuacións e enigmas, o cálculo simbólico ou a propia comprensión da linguaxe. Unha rápida e refrescante inmersión tecnolóxica.

TecnoloxíaIntelixencia artificial de peto 3.2

Page 30: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

30

Raúl Figueroa Martínez Profesor axudante doutor Departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e ConstruciónEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O obxectivo desta charla é dar a coñecer as características dos materiais intelixentes e as súas aplicacións.Un material intelixente (smart material) é o que posúe unha ou máis propiedades modificables de maneira significativa e controladas por un estímulo externo (tales como tensión mecánica, temperatura, humidade, pH ou campos eléctricos ou magnéticos) de maneira reversible. Na presentación falaremos sobre estes materiais con detalle.

TecnoloxíaMateriais intelixentes e outras aplicacións

3.3

Page 31: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

31

Iván Garrido González Investigador predoutoral Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Am-bienteEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O obxectivo desta charla é dar a coñecer ao alumnado as aplicacións da termografía infravermella.A termografía infravermella é unha técnica que permite calcular e determinar, utilizando cámaras termográficas que captan a radiación infravermella do espectro electromagnético, temperaturas a distancia con exactitude e sen necesidade de contacto físico co obxecto que se vai estudar. As aplicacións enerxéticas e medioambientais desta técnica son múltiples.

TecnoloxíaAplicacións da termografía infravermella

3.4

Page 32: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

32

María Araújo Alonso Profesora contratada doutoraEnxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Nesta charla presentarase unha das liñas de investigación en que a comunidade científica vencellada á enxeñaría de minas está a investir diñeiro e tempo. Amosarase a necesidade de buscar reservas fóra do noso planeta e as diversas posibilidades atopadas noutros corpos menores do sistema solar. Veremos como tecnoloxías diferentes ás comunmente empregadas na extracción a ceo aberto ou de xeito subterráneo están a deseñarse nestas misións espaciais.

TecnoloxíaMinaría espacial: un reto ou unha realidade

3.5

Page 33: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

33

Cristina López BravoProfesora titular de universidadeDepartamento de Enxeñaría TelemáticaEscola de Enxeñaría de Telecomunicación

Nesta charla trátase a seguridade en dispositivos móbiles (teléfonos e tabletas), cada vez máis presentes nas nosas vidas tanto no ámbito persoal coma no ámbito de traballo. En primeiro lugar, analízanse cales son as principais vulnerabilidades (a través de exemplos reais) que afectan aos dispositivos móbiles para logo expoñer as medidas adoptadas co fin de mitigar estas vulnerabilidades e así dispor de dispositivos máis seguros. As medidas van desde a correcta configuración dos equipos ata a concienciación dos usuarios/as, pasando polo deseño e pola programación de aplicacións seguras.

TecnoloxíaSeguridade en dispositivos móbiles3.6

Page 34: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

34

Rebeca Díaz RedondoProfesora titular de universidadeDepartamento de Enxeñaría TelemáticaEscola de Enxeñaría de Telecomunicación

Nesta charla trátase a interconexión de pequenos dispositivos que traballan de maneira cooperativa para proporcionar solucións en diferentes ámbitos, desde o sector industrial (tradicionalmente máis tecnolóxico) ao agrícola/gandeiro (sector primario), as súas implicacións para a transformación de sectores tradicionais, os retos de investigación tratados e o futuro desta tecnoloxía. IoT conecta os teus dispositivos a internet ou a outros aparellos para que poidan realizar novas funcións. Refírese aos miles de millóns de dispositivos físicos en todo o mundo que agora están conectados, colleitando e compartindo datos. Grazas ás redes sen fíos e ao baixo custo dos novos procesadores é posible que case calquera cousa, desde unha aspiradora intelixente ata un vehículo autónomo, forme parte da IoT. Isto agrega un nivel de intelixencia dixital aos dispositivos que lles permite comunicar datos en tempo real sen a participación dun ser humano.

TecnoloxíaInternet das cousas (IoT)3.7

Page 35: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

35

Íñigo Cuíñas GómezCatedrático de universidadeDepartamento de Teoría do Sinal e ComunicaciónsEscola de Enxeñaría de Telecomunicación

Nesta charla trátase a orixe da telefonía móbil, a súa impresionante evolución nun curto espazo de tempo e o seu futuro inmediato: o 5G. Esta quinta xeración será a base tecnolóxica dos desenvolvementos da internet das cousas (IoT), con vehículos automatizados ou casas conectadas ás cidades intelixentes. A tecnoloxía 5G está chea de potencial. Coa rede 5G poderemos descargar unha película no noso teléfono intelixente en menos de tres segundos; o noso coche será capaz de detectar e navegar automaticamente salvando os obstáculos do camiño; os/as médicos/as poderán realizar procedementos cirúrxicos complexos utilizando robots de forma remota; as cidades serán capaces de recompilar información en tempo real omnipresente sobre o tráfico, o tempo e a delincuencia, por poñer algúns exemplos.

TecnoloxíaA telefonía móbil e o seu camiño cara ao 5G

3.8

Page 36: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

36

José Santiago Pozo AntonioInvestigador posdoutoralDepartamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O obxectivo desta charla é darlle a coñecer ao alumnado a aplicación das tecnoloxías láser na conservación do patrimonio. A aplicación da tecnoloxía láser para extraer pátinas, costras e tintas en obxectos pertencentes ao patrimonio cultural presentou nos últimos anos un grande avance. A avaliación da aplicación do láser ten que realizarse sempre desde un punto de vista dual; terase en conta o nivel de extracción obtido pero tamén é fundamental a caracterización dos efectos provocados nos substratos, sexa rocha, pinturas, etc.

TecnoloxíaTecnoloxía láser aplicada á conservación do patrimonio construído

3.9

Page 37: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

37

Juan Picos MartínProfesor Contratado Doutor Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría Forestal

Os/As especialistas da loita contra o lume e a defensa do medio natural coinciden: a forma en que arden os bosques cambiou. Nos últimos anos veñen sucedendo en diferentes partes do planeta grandes vagas de incendios que baten récords (Chile, California, Galicia-Portugal, Grecia, Bolivia, Australia). O cambio climático, a intensidade e duración de períodos secos e o abandono rural en países desenvolvidos están detrás deste cambio.A actividade explicará por que suceden e como son. Analizarase como se poden previr e combater, abordando especialmente o emprego de ferramentas tecnolóxicas (Teledetección con satélites, emprego de sensores láser, drons, novos equipos de extinción e protección).A sesión pódese complementar cunha práctica de uso de imaxes de satélite se se dispón de tempo adicional e unha aula informática con acceso a internet.

TecnoloxíaIncendios forestais de sexta xeración e as ferramentas tecnolóxicas para previlos

3.10

Page 38: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

38

Xana Álvarez BermúdezProfesora Axudante Doutora Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría Forestal

Algunhas especies de microalgas están a proliferar de forma desmesurada nos ríos, rompendo o equilibrio do ecosistema e afectando a outras especies. Algunhas destas microalgas son tóxicas e poden causar danos na fauna e no ser humano. Por esta razón é necesario tomar medidas e tratar de reducir a produción destas algas. Para iso, técnicas de recolección das algas foron deseñadas. Deste xeito, cando se producen os coñecidos “blooms” das microalgas, estas poden ser recollidas do medio acuático para reducir o seu impacto sobre o mesmo. Aquí volve xurdir unha cuestión; que podemos facer coa biomasa recollida nos ríos? Neste estudo analízase a viabilidade das devanditas algas para a obtención de biodiésel. Un estudo innovador no sentido de que se pode reducir o impacto ambiental que certos problemas de contaminación xeran no ecosistema, á vez que se obtén unha enerxía limpa a partir das algas reducindo, deste xeito, o residuo final xerado, e por tanto, mitigando o impacto final sobre o ecosistema acuático e sobre o medio ambiente.

TecnoloxíaObtención de biodiésel a partir de algas

3.11

Page 39: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

39

4.1 Que estudan os/as economistas?

4.2 O PIB: a magnitude estrelados/as macroeconomistas

4.3 Economía circular e novos modelos de negocio

4.4 Economía circular: alén da reciclaxe

4.5 Economía para todos e todas

4.6 Economía de mercado

4.7 Controller:o/a ex-malo da película

4.economia

Page 40: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

40

Eduardo L. Giménez Profesor titular de universidadeDepartamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

As/Os economistas estudan a evolución da bolsa, do diñeiro e da produción, pero tamén estudan por que casan as parellas, a razón pola que os proxenitores lles eliximos un nome aos nosos fillos/as (e non outro), por que o alumnado copia nos exames, ou por que cruzamos os semáforos en vermello. Antes de empezar a estudar economía, nesta charla explícase que é o que estudan as/os economistas e cales son os diferentes enfoques adoptados para entender a realidade económica.

Economía Que estudan as/os economistas?4.1

Page 41: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

41

Eduardo L. Giménez Profesor titular de universidadeDepartamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O produto interior bruto (PIB) é a magnitude que empregan as/os economistas para medir a produción dun país, para estudar a evolución dos prezos, para estudar as flutuacións e os ciclos económicos e tamén para estudar o crecemento dos países. Nesta charla explícase que é o PIB, como se calcula, que tipos de PIB existen e como empregan as/os economistas esta variable para estudar ciclos económicos e crecemento económico.

Economía O PIB: a magnitude estrela dos/as macroeconomistas

4.2

Page 42: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

42

Pilar Piñeiro García Profesora contratada doutora Departamento de Organización de Empresas e Márketing Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A economía circular é un modelo produtivo cuxo obxectivo é que o valor dos produtos, materiais e recursos se manteña na economía durante o maior tempo posible e no que se reduza ao mínimo a xeración de residuos. Para conseguilo cómpre ir alén dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e avanzar cara aos 9R (repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar e recuperar enerxía). Trátase de pasar dun modelo de produción lineal (producir-usar-tirar) a un modelo de produción circular. Nesta charla presentaranse, a través de numerosos exemplos, os conceptos básicos de economía circular e os principais modelos de negocio baseados neste novo modelo produtivo.

Economía Economía circular e novos modelos de negocio

4.3

Page 43: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

43

Pilar Piñeiro García Profesora contratada doutora Departamento de Organización de Empresas e Márketing Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Para conseguir o modelo produtivo da economía circular cómpre ir alén dos 3R (reducir, reutilizar e reciclar) e avanzar cara aos 9R (repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar e recuperar enerxía).

Neste contexto suscítase un relatorio-obradoiro co obxectivo de que cada asistente sexa quen de:

• Identificar boas prácticas de economía circular na súa vida diaria e/ou no instituto que xa se estean a levar a cabo.

• Propoñer boas prácticas de economía circular que poderían adoptar na súa vida diaria e/ou no instituto.

Economía Economía circular: alén da reciclaxe4.4

Page 44: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

44

Alberto VaqueroProfesor titular de universidade Departamento de Economía Aplicada Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

O obxectivo desta sesión é achegarlle a economía á sociedade a través dunha serie de exemplos cotiáns que poñan en evidencia a importancia do coñecemento económico. Nesta charla tratarase a presenza da economía no día a día e como tomamos decisións económicas que nos condicionarán tanto a nosa vida presente coma futura. Será un obradoiro eminentemente práctico que permitirá coñecer con maior detalle a transcendencia da economía tanto individual coma colectivamente.

Economía Economía para todos e todas 4.5

Page 45: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

45

Nemesio Pereira Lorenzo Profesor asociado Departamento de Fundamentos da Análise Económica Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

O obxectivo desta charla é explicar os conceptos básicos do funcionamento da economía de mercado na súa vertente de microeconomía coa participación dos distintos axentes participantes no mercado, as persoas consumidoras, as empresas e o sector público. Tamén se tratará o punto de vista da macroeconomía coas variables fundamentais como a inflación, o desemprego ou o crecemento económico. O obxectivo é achegar estes conceptos para espertar a curiosidade entre o alumnado de 4º da ESO, bacharelato e de FP.

Economía

Economía de mercado4.6

Page 46: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

46

Ernesto López ValeirasProfesor contratado doutorDepartamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Pensaches algunha vez como establecen os prezos de venda as grandes cadeas internacionais de moda? Como se calculan e controlan os custos de fabricar un coche eléctrico ou un satélite espacial? Sabes quen ten moito que dicir no proceso de internacionalización dunha coñecida marca de cervexa? A ver se adiviñas cal é o perfil directivo de xestión de empresas máis buscado e mellor retribuído na actualidade (e, seguramente, nos vindeiros anos).A resposta a todas estas preguntas é única: controller de xestión. Nesta charla faremos un repaso ao sorprendente traballo destas persoas superprofesionais que desenvolven un labor clave no éxito das empresas.

Economía Controller: o/a ex-malo/a da película

4.7

Page 47: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

47

5.1 Patrimonio cultural e turismo

5.2 Da mente á pantallaou como facer un videoxogo

5.3 Como axudar a mellorar a sustentabilidade global hackeando a sociedade?

5.4 Comunicación e dereitos humanos

5.5 E-innovación. A innovación na era dixital

5.6 Márketing 4.0: a mercadotecnia na era dixital

5.cienciassociais

Page 48: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

48

Fátima Braña ReyProfesora contratada doutoraDepartamento de Análise e Intervención PsicosocioeducativaFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Desde finais do século xx asistimos á explosión dos traballos en educación patrimonial ao tempo que a turística toca Galicia con maior intensidade. As campañas para difundir o Camiño de Santiago, a idea de Galicia calidade, en que lugar deixan o noso patrimonio cultural? O obxectivo desta charla é responder estas preguntas sobre a xestión turística en Galicia.

Ciencias sociaisPatrimonio cultural e turismo5.1

Page 49: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

49

Beatriz Legerén LagoProfesora contratada doutora interinaDepartamento de Comunicación Audiovisual e PublicidadeFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Escoitar, observar e investigar. Como deseñador/a de videoxogos debes traballar desde distintos puntos de vista: desde a psicoloxía á arte, da programación ao cine, desde a fantasía ata os esbozos. Non existe a fórmula perfecta para deseñar un videoxogo, pero debes ter en mente os catro elementos necesarios para crealo: historia, estética, mecánicas e tecnoloxía. Ademais, o deseño do xogo é un proceso a través do cal un deseñador/a ou un equipo crea un xogo para ser xogado. Equipo de produción/xestión, equipo de deseño, equipo de arte, equipo de programación de forma coordinada e seguindo un proceso deben conseguir que unha idea se converta nun proxecto.

Ciencias sociaisDa mente á pantalla ou como facer un videoxogo

5.2

Page 50: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

50

Enrique José Varela ÁlvarezProfesor contratado doutorDepartamento de Socioloxía, Ciencia Políticae da Administración e FilosofíaFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

O obxectivo desta charla é tratar conceptos clave da sociedade actual. Partindo dunha pregunta complexa, introdúcese o concepto de hackeo, moi próximo á cultura milénica e posmilénica, vinculando a tecnoloxía coa ética, co obxectivo de reprogramar un mundo mellor a través do compromiso da máis nova cidadanía no contexto das urxencias actuais (climáticas, de xénero, migracións, posverdade).

Ciencias sociaisComo axudar a mellorar a sustentabilidade global hackeando a sociedade?

5.3

Page 51: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

51

Renata Canevari ModernelPDI-B doutorandaDepartamento de Psicoloxía Evolutiva e ComunicaciónFacultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Nesta charla divulgativa falarase dos dereitos humanos (DD HH). Que son? Como xurdiron e que intentan garantir? Tamén se falará da Axenda 2030 e dos 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS). Continuará a charla con algunhas ferramentas para informar as/os participantes: enlaces, proxectos, pautas (voluntariado, formación etc.) e finalizará cunha dinámica curta para terminar a sesión seguida dunha reflexión sobre o visto.

Ciencias sociaisComunicación e dereitos humanos 5.4

Page 52: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

52

Emilio García RosellóProfesor contratado doutorDepartamento de InformáticaEscola Universitaria de Estudos Empresariais

Por que é diferente e disruptiva a innovación na era dixital? Por que innovar pasou de ser unha opción a ser unha necesidade para as empresas? Cales son os motores desta nova e-innovación? Esta charla trata esta temática analizando os novos patróns de innovación e os seus novos axentes como a intelixencia artificial, o big data, a nube, a impresión 3D, o vehículo autónomo e moitas outras cousas, sempre de xeito ameno, con casos reais e para todos os públicos.

Ciencias sociaisE-innovación. A innovación na era dixital

5.5

Charla exclusivamente en modalidade presencial

Page 53: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

53

Emilio García RosellóProfesor contratado doutorDepartamento de InformáticaEscola Universitaria de Estudos Empresariais

Coa transformación dixital e coa hiperconectividade na que a sociedade está inmersa, a mercadotecnia tradicional está deixando paso a outra diferente, moito máis bidireccional, social e omnicanal; que integra o dixital non como unha tecnoloxía senón como un elemento que xa forma parte esencial das nosas vidas. Este márketing debe integrar o feito de que compramos conectados, os fenómenos como as redes sociais, a aceleración dos ciclos de innovación, a importancia crecente da experiencia de uso como elemento de diferenciación ou as esixencias de omnicanalidade do cliente/a, tanto no B2C coma no B2B. Isto é o que se trata nesta charla, de xeito moi ameno e con moitos exemplos de casos reais.

Ciencias sociaisMárketing 4.0: o márketing na era dixital

5.6

Charla exclusivamente en modalidade presencial

Page 54: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

54

6.1 Proceso penal de menores

6.2 Proceso ante o tribunal do xurado

6.3 Que me pode pasar se infrinxo a lei?

6.4 O fenónemo criminal desde o punto de vista do dereito penale da criminoloxía

6.5 Podo publicar unha foto dun amigoou amiga en redes sociais?

6.6 Que debo saber se traballo no meu tempo libre, por exemplo, nunha pizzaría ou como repartidor/oraou rider?

6.7 Traballo e redes sociais

6.cienciasXuridicas

Page 55: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

55

Pablo Grande SearaProfesor contratado doutorDepartamento de Dereito PúblicoFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

O obxecto desta charla é explicar as particularidades do proceso penal de menores vixente na actualidade en España. Céntrase en aspectos tales como o ámbito de aplicación e a competencia dos xulgados de menores: os principios que o rexen, as posibilidades de conciliación e de reparación á vítima, as medidas cautelares que se poden adoptar, en particular, a detención do/a menor e como debe actuar a policía cun/cunha menor detido/a , así como os aspectos máis relevantes da súa tramitación.

Ciencias xurídicasProceso penal de menores6.1

Page 56: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

56

Pablo Grande SearaProfesor contratado doutorDepartamento de Dereito PúblicoFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

O obxecto desta charla é explicar as particularidades do proceso ante o tribunal do xurado vixente a día de hoxe en España. Céntrase en aspectos tales como o ámbito de aplicación e a competencia; os principios que o rexen; o procedemento de selección dos membros do citado tribunal e as funcións dos membros do xurado, en particular, a emisión do veredicto.

Ciencias xurídicasProceso ante o tribunal do xurado6.2

Page 57: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

57

Roberto O. Bustillo BoladoProfesor titular de Dereito AdministrativoDepartamento de Dereito PúblicoFacultade de Dereito

Consumir drogas na vía pública, ameazar ou pegar a alguén, copiar nun exame, acosar un compañeiro/a na clase, compartir con amizades fotos ou vídeos privados enviadas pola túa/teu «ex», conducir baixo os efectos do alcohol, aparcar en dobre fila, espiar o teléfono intelixente da túa parella…Son ilegais todas esas condutas? Unhas si, sempre; outras pode que si, pode que non, depende das circunstancias. Onde está a fronteira entre o legal e o ilegal? Podo ir ao cárcere por realizar algunha desas condutas? Por algunhas delas si.O obxectivo desta charla divulgativa é aprenderlle ao estudantado o que é unha norma xurídica, cales son as distintas consecuencias (indemnizacións civís, sancións administrativas, sancións penais…) que poden derivarse da súa infracción e con iso coñecer mellor os seus dereitos e deberes como persoas integrantes dunha sociedade.

Ciencias xurídicasQue me pode pasar se infrinxo a lei?6.3

Page 58: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

58

Virxilio Rodríguez VázquezProfesor contratado doutorDepartamento de Dereito PúblicoFacultade de Dereito

Acotío escoitamos e vemos nos medios de comunicación noticias sobre crimes contra a vida das persoas, contra a súa liberdade ou a súa saúde. Tamén sobre corrupción e delitos económicos, entre moitos outros. O fenómeno criminal constitúe un argumento habitual de películas, series e documentais. Pero sabemos realmente o que é un crime? E sobre todo, coñecemos os instrumentos dos que dispoñemos como sociedade para afrontalo? O obxectivo desta presentación é explicar as funcións e os fins de dúas ramas das ciencias penais como son o dereito penal e a criminoloxía. A partir da introdución a estas disciplinas, á súa metodoloxía e linguaxe, pretendemos arredarnos dunha visión sensacionalista e achegarnos dende un punto de vista técnico a iso que chamamos «crime».

Ciencias xurídicasO fenómeno criminal desde o punto de vista do dereito penal e da criminoloxía

6.4

Page 59: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

59

Susana Álvarez GonzálezProfesora contratada doutoraDepartamento de Dereito PrivadoFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Esta charla pretende achegar o alumnado ao dereito á protección de datos persoais e ás obrigas e dereitos existentes na materia a través dunha pregunta práctica.

Ciencias xurídicasPodo publicar unha foto dun amigo ou amiga en redes sociais?

6.5

Page 60: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

60

Marta Fernández PrietoProfesora titularFrancisca Fernández ProlProfesora titularDepartamento de Dereito Público EspecialFacultade de Dereito

Esta charla pretende mostrar os dereitos e as obrigas básicas da relación laboral que calquera persoa traballadora debería coñecer e esixir. Algúns mozos e mozas maiores de 16 anos compatibilizan os seus estudos con empregos a tempo parcial para obter un diñeiro extra para os seus gastos. En ocasións, empregos precarios nos que non se respectan os dereitos laborais mínimos que garanten o noso ordenamento xurídico.

Ciencias xurídicasQue debo saber se traballo no meu tempo libre, por exemplo, nunha pizzaría ou como repartidor/ora ou rider?

6.6

Page 61: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

61

Marta Fernández PrietoProfesora titularFrancisca Fernández ProlProfesora titularDepartamento de Dereito Público EspecialFacultade de Dereito

Co auxe das novas tecnoloxías e de internet, o que publicamos nas redes sociais convértenos en personaxes públicos, tamén como traballadoras/es ou candidatas/os a un emprego. As empresas poden acceder a información no noso perfil ou imaxe virtual, que pode condicionar o acceso a un traballo ou á súa perda. Así mesmo, o uso indebido das redes sociais no traballo pode derivar en conflitos laborais, mesmo no despedimento da persoa traballadora.

Ciencias xurídicasTraballo e redes sociais6.7

Page 62: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

62

7.1 Zoonoses no medio rural e urbano de Galicia

7.benestare saude

Page 63: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

63

M.ª Cristina Arias FernándezCatedrática de universidadeDepartamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da SaúdeFacultade de Bioloxía

O obxectivo da charla é aproximar o alumnado ao concepto de zoonose. As zoonoses defínense como calquera enfermidade ou infección transmisible entre os animais e as persoas. Os mecanismos de transmisión son moi variados e en ocasións complexos. Pódense agrupar en zoonoses non alimentarias e zoonoses alimentarias. Nos últimos anos, asistiuse a un incremento do número de casos dalgunhas zoonoses. Entre as posibles causas están a globalización, cun aumento exponencial do tráfico internacional e, polo tanto, unha maior facilidade de difusión de enfermidades transmisibles e a urxencia de novas enfermidades e riscos descoñecidos. Debido a que Galicia, por diversos factores, é unha zona proclive á presenza de zoonoses, o noso grupo investigador realiza de forma continuada estudos epidemiolóxicos da distribución das zoonoses que nos poden afectar de forma máis directa e que se exporán na charla.

Benestar e saúdeZoonoses no medio rural e urbano de Galicia

7.1

Page 64: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

64

8.1 A muller na antigüidade grega

8.2 Conservación da arte urbana(street art)

8.arte ehistoria

Page 65: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

65

Susana Reboreda MorilloProfesora titular de universidadeDepartamento de Historia, Arte e XeografíaFacultade de Historia

O obxectivo é mostrar o contexto sociocultural das mulleres na antigüidade grega, en concreto a ateniense. Coñecer as súas funcións, nunha sociedade patriarcal que tiña a súa base teórica nos cidadáns, homes, maiores de 18 anos, nacidos dun proxenitor ateniense e que desenvolvían un papel primordial na política e na guerra. Na práctica, as mulleres resultaban imprescindibles, non só para a preservación do sistema senón para a transmisión dos valores.

 

   

Arte e historiaA muller na antigüidade grega8.1

Page 66: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

66

Enrique Alonso VillarInvestigador predoutoralDepartamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio AmbienteEscola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O feito de considerar o graffiti como acto vandálico cambiou notablemente nos últimos anos. O interese histórico-artístico dos bens inmobles nos que se realiza a pintada será a clave para determinar esta distinción. Nesta charla fálase das últimas técnicas utilizadas para extraer as tintas, pasando por técnicas láser e biolóxicas, sen esquecer a necesidade de respectar o noso patrimonio construído. Ademais, falaremos das últimas preocupacións no ámbito europeo centradas na conservación dos murais constitutivos da actual arte urbana (street art).

 

   

Arte e historiaConservación da arte urbana (street art)

8.2

Page 67: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

67

9.1 Linguas e xestos: desafío nos estudosda linguaxe e a comunicación

9.2 A comunicación xestual e as linguas de signos

9.3 O estudo das linguas e literaturas no mundo contemporáneo

9.4 A dama do pé de cabra:unha lenda popular desde a Idade Media ata os nosos días

9.5 Do literario ao visual:as linguas estranxeiraspara analizar a arte

9.6 Xogando a inventar palabras:os neoloxismos na lingua galega

9.7 Cinco claves para unha comunicación eficaz

9.8 Éntrache nunha lingua e sáeche pola outra

9.9 Accesibilidade universal á cultura

9.lingua, lingüisticae literatura

Page 68: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

68

Inmaculada C. Báez MonteroProfesora titular de universidadeDepartamento de Lingua EspañolaFacultade de Filoloxía e Tradución

Na presentación explicaraselle aos /ás asistentes a repercusión do estudo da xestualidade na comunicación, nos estudos sobre as linguas e nas linguas orais.Tamén se incidirá nas características das linguas visoxestuais, as linguas das comunidades xordas.

 

   

Lingua, lingüística e literaturaLinguas e xestos: desafío nos estudos da linguaxe e a comunicación

9.1

Page 69: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

69

María del Carmen Cabeza PereiroProfesora titular de universidadeDepartamento de Tradución e LingüísticaFacultade de Filoloxía e Tradución

Esta charla trata sobre a xestualidade nas súas diferentes dimensións, empezando por unha introdución á linguaxe corporal e destacando a importancia dos xestos. Farase tamén unha introdución ás modalidades da comunicación humana: oral-auditiva (fálase coa boca e compréndese a través do oído) e xestual-visual (articúlase cos xestos e interprétase a través da vista). Isto conduciranos para rematar cunha presentación das linguas de signos, en particular as linguas de signos que utilizan as persoas xordas.

 

   

Lingua, lingüística e literaturaA comunicación xestual e as linguas de signos

9.2

Page 70: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

70

Joaquín Sueiro JustelCatedrático de escola universitarioDepartamento de Lingua EspañolaFacultade de Filoloxía e Tradución

Presentaráselle ao alumnado unha panorámica do estudo das linguas e das literaturas e resaltaranse as diferentes perspectivas coas que se piden tratar. Desde os enfoques filolóxicos e a formación que lle dan ao estudantado do século XXI ata os conectados con outros ámbitos de saber (sociolingüística, psicolingüística, neurolingüística, lingüística forense, lingüística computacional, lingüística aplicada, etc.).

 

   

Lingua, lingüística e literaturaO estudo das linguas e literaturas no mundo contemporáneo

9.3

Page 71: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

71

Burghard BaltruschProfesor titular de universidadeDepartamento de Filoloxía GalegaFacultade de Filoloxía e Tradución

A dama do pé de cabra é unha lenda popular medieval galego-portuguesa cuxa primeira versión data do século XIII e describe o encontro/desencontro entre os valores culturais do paganismo, dunha concepción máxica da realidade e do cristianismo. A lenda viviu unha profunda mudanza na súa versión romántica portuguesa, que é a máis coñecida hoxe en día. Con todo, as recepcións modernas no século XX en Portugal, tanto literarias coma nas artes plásticas, rescatan a versión medieval e o seu potencial para unha lectura desde perspectivas de comparación das culturas galega e portuguesa, e incluso feministas. A charla quere ofrecer unha viaxe panorámica e intermedial a través das diferentes versións e levar o alumnado a debater as concepcións históricas pagá, máxica e cristiá do xénero, ademais de relacionalas co seu contexto cultural inmediato.

 

   

Lingua, lingüística e literaturaA dama do pé de cabra: unha lenda popular desde a Idade Media ata os nosos días

9.4

Page 72: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

72

Jorge Luis Bueno AlonsoProfesor titular de universidadeDepartamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e AlemáFacultade de Filoloxía e Tradución

Dentro dos estudos de linguas estranxeiras, aínda que haxa certa especialización entre a lingua inglesa e a súa literatura, non se pode renunciar á súa faceta de analizar a literatura, o cine. Non podemos entender a lingua sen analizar o que os textos din e como o din; non podemos comprender o texto literario sen fixarnos na expresión lingüística e como a lingua constrúe as mensaxes con mecanismos lingüísticos. Ambas aproximacións son imprescindibles para interpretar o que hai nos textos, pois dalgún lugar deles e da súa linguaxe, sexa sinxelo ou máis experimental, sexa impreso, oral ou na súa vertente visual, xorde sempre a enerxía do significado. De ver o que hai debaixo da palabra, dos textos, en todas as súas variantes ten ido sempre isto da filoloxía, aínda que agora leve diversas etiquetas.

 

   

Lingua, lingüística e literaturaDo literario ao visual: as linguas estranxeiras para analizar a arte

9.5

Charla exclusivamente en modalidade presencial

Page 73: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

73

Alexandre Rodríguez GuerraProfesor titular de universidadeDepartamento de Filoloxía Galega e LatinaFacultade de Filoloxía e Tradución

Desde hai máis de dúas décadas na Universidade de Vigo contamos co Observatorio de Neoloxía da Lingua Galega e, grazas ao seu labor, coñecemos de primeira man cara a onde camiñan as novas formacións léxicas da lingua galega esencialmente xornalísticas. Os principais obxectivos desta charla son tres: (i) aproveitaremos para explicar as principais características desas neoformacións; (ii) enxergaremos as diferentes dificultades que presenta o traballo neolóxico; e (iii) comprobaremos, sempre desde unha aproximación moi práctica, cal é a saúde neolóxica de que goza, xa en pleno século xxi, a lingua galega.

 

   

Lingua, lingüística e literaturaXogando a inventar palabras: os neoloxismos na lingua galega

9.6

Page 74: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

74

Inmaculada Anaya RevueltaProfesora titular de universidadeDepartamento de Lingua EspañolaFacultade de Filoloxía e Tradución

O obxectivo xeral desta charla é explicarlle ao alumnado de secundaria, Bacharelato e FP a importancia da comunicación como elemento esencial nas relacións sociais. En concreto, nesta clase científico-divulgativa presentaranse cinco claves para mellorar a comunicación oral.

Lingua, lingüística e literaturaCinco claves para unha comunicación eficaz

9.7

Page 75: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

75

Lara Domínguez AraújoProfesora asociadaDepartamento de Tradución e LingüísticaFacultade de Tradución e Interpretación

Na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo formáronse profesionais que agora traballan de tradutores de videoxogos, de intérpretes na Unión Europea ou na dirección do equipo lingüístico de galego de Google. Nesta charla presentaremos en que consiste o traballo de tradución e interpretación e as distintas modalidades e contextos nos que se emprega, así como o que di a ciencia sobre as destrezas que se precisan para levala a cabo e os paralelismos con outras actividades de gran concentración e coordinación. Para rematar, faremos unha pequena actividade de interpretación simultánea de murmurio na que o alumnado leve á práctica o título da charla e consiga que o que lle digamos «lle entre nunha lingua e lle saia pola outra».

Lingua, lingüística e literaturaÉntrache nunha lingua e sáeche pola outra

9.8

Page 76: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

76

Lourdes LorenzoProfesora titularDepartamento de Tradución e LingüísticaFacultade de Tradución e Interpretación

(Subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e lectura fácil para persoas con discapacidade cognitiva).A charla ten o obxectivo de achegar o alumnado preuniversitario á noción de accesibilidade universal á cultura e á educación a través dunha panorámica dos avances tecnolóxicos que facilitan o acceso das persoas xordas, cegas, con discapacidade cognitiva, inmigrantes ou persoas maiores aos medios audiovisuais. Na procura da accesibilidade universal combínanse os achados das enxeñarías (soporte lóxico de audiodescrición para persoas cegas, por exemplo) e das ciencias da saúde (estudo das necesidades destes colectivos partindo das características da xordeira, por exemplo) coas ciencias humanísticas e sociais (deseños de protocolos e normas para adaptar os textos, normas UNE 153010, 153020, 153101 e 153102).

Lingua, lingüística e literaturaAccesibilidade universal á cultura9.9

Page 77: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

77

Deseño: Área de Imaxe. Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais

Fotografías: Pexels, Unsplash e Adobe stock

Page 78: Charlas de divulgacion cientifica...Historia do clima na Terra 1.10 A ciencia no sector agroalimentario 1.11 Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras 1.12 O escándalo

78