78

Chorimas xuño 09

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista Chorimas xuño 09

Citation preview

Page 1: Chorimas xuño 09
Page 2: Chorimas xuño 09

o EDITORIAL...................................................................3

• ESCOLA UNESCO.....................................................4-7

• ORIENTACIÓN.............................................................8

• CELEBRACIÓNS NO CENTRO..............................9-16

• CONCURSO NO MUSEO............................................17

• SAÍDAS CULTURAIS............................................18-30

• RECUNCHO LITERARIO......................................31-51

• BIBLIOTECA..........................................................52-59

• ENGLISH PAGE.....................................................60-62

• MÚSICA..................................................................63-67

• DEPORTES.............................................................68-73

• PASATEMPOS............................................................74

• RECOMENDACIÓNS LITERARIAS.........................75

• CONTRAPORTADA...................................................76

Page 3: Chorimas xuño 09

EDITORIAL Imaxinemos que un habitante doutro planeta, unha especie de nen@ das estrelas, chega a Monte Porreiro coa misión de estudar como é a escola no noso Planeta. Se se achegase ao noso colexio, se entrase no espazo do vestíbulo, atoparíase cunha mestura de obxectos, de sons, de murais, de exposicións, de “seres”; a realidade que configura o mundo diverso, multicultural, colorista e integrador que é a nosa Escola. Habería moitos aspectos que este extraterrestre podería analizar para chegar a entendernos. Algúns lle contarían que eses obxectos con ilustracións e palabras que esperan nos expositores, os libros, encerran mundos imaxinarios de medo, amor, aventuras, que nos fan soñar espertos e nos ensinan; que no noso centro se percorren todos eses mundos; que existe un lugar, a Biblioteca, que é o santuario onde se mima o grande tesouro da literatura. O noso visitante podería apreciar o colexio coma un lugar onde convivimos diferentes culturas, onde nos esforzamos por coñecernos mellor e aceptarnos tal como somos, onde queremos que todas as culturas sexan visibles; por iso lle contaríamos que celebramos unha Xogoolimpiada Intercultural o curso pasado, pola que foi premiada a profesora Yolanda Álvarez, e todos nós a través de ela. Tamén lle poderíamos contar que este curso celebramos no centro o Día Internacional do Pobo Xitano. Mesmo, se pasase algún tempo connosco, podería vivir algunha experiencias que lle explicarían como somos os galeg@s: o Magosto, o Nadal, o Entroido, os Maios. O cariño que lle temos aos noso maiores, polo que afianzamos as visitas dos avós e avoas e invitamos as familias a ler con nós. Claro que se o noso extraterrestre tivese máis poderes e puidese acceder aos nosos pensamentos, axiña había ver que a gran ilusión de to@s os que constituimos o CEP Marcos da Portela é medrar na mellora da educación. Mellora que tivo sempre como guía na súa profesión Ángel Martínez, quen agora se xubila, e ao que agora temos que agradecer as súas ensinanzas ao longo destes anos e desexar o mellor nesta nova etapa. Entón, se recibísemos a visita dun extraterrestre no colexio, seguro que tiraría esta conclusión: esta escola é un lugar diferente, é unha Escola Viva.

Page 4: Chorimas xuño 09

Escolas UNESCO

Este ano o noso cole pasou a formar parte da rede de escolas UNESCO. Colaboramos cos outros centros na elaboración dun libro que ten como tema Que é para ti a PAZ? Estes son algúns dos traballos.

1ºC

Page 5: Chorimas xuño 09

DÍA DA NON VIOLENCIA

Page 6: Chorimas xuño 09

CÓMIC

A vida de

Page 7: Chorimas xuño 09

Alumnado de 6ºB

NOVE DE CADA DEZ CONSUMIDORES OPINAN QUE

REFORZA A AMIZADE,

EVITA A INXUSTIZA,

COMBATE OS MALOS

TRATOS,

IMPIDE A

DISCRIMINACIÓN,

FOMENTA A DIVERSIÓN,

DIFICULTA A APARICIÓN

DE CONFLITOS,

FACILITA A COMUNICACIÓN

E CREA LAZOS DE

IGUALDADE

O UN RESTANTE

NON A PROBOU AÍNDA

Page 8: Chorimas xuño 09
Page 9: Chorimas xuño 09

O festival de entroido encheu de colorido o salón de actos e permitiunos un ano máis gozar desta festa tan divertida para o alumnado e como non para todo o profesorado que rematou o festival co “corazón partío” Pero sen deixar atrás as nais da ANPA que , con moito humor fixeron unha parodia sobre o amor seguindo o tema do salón do libro.

Page 10: Chorimas xuño 09

Page 11: Chorimas xuño 09

LECTURA COAS NAIS

Os mellores contos, os máis

saudables, son, precisamente, os que

lles contan os pais, nais, as avoas e

avós. Este curso no segundo e terceiro

trimestre contamos coa colaboración

de nais que compartiron con nós a

ilusión pola lectura.

Ler en voz alta é un acto intenso de comunicación

persoal, o lector entrégase á palabra e comunícaa

ao que a escoita co desexo de compartir,

contaxiar, seducir e ilusionar.

Recitar poesía, ler un conto ou narrar unha

historia , é unha práctica que se está perdendo; por iso nós, desde o

centro, levamos a cabo a actividade “nais e

pais lectores”; e que proporcionou a ese

tempo de lectura todo un mundo de

matices que convén seguir practicando.

Grazas a todas polo voso tempo e

dedicación!

Page 12: Chorimas xuño 09

Día internacional do pobo xitano

O día 16 de abril celebramos no noso centro o día internacional do pobo

xitano. Unha ocasión para promover un maior achegamento e visibilidade

dos xitanos e xitanas na

sociedade e unha data

importante para afianzar

os compromisos

institucionais que se

foron creando nos

últimos años, para que a

causa xitana non se

estanque e continúe.

As familias que se

achegaron ao centro

coñeceron máis de cerca

as aulas, a sala de

mestres , a biblioteca e

participaron nos actos

organizados coa colaboración do Secretariado Xitano, que dirixiu a

exposición e propuxo unha representación co alumnado de etnia xitana.

Día internacional do pobo xitano

Page 13: Chorimas xuño 09

Visita dos avós

"O encontro entre dúas xeracións axuda a lograr un dos

grandes obxectivos da educación que é o de aprender a vivir

xuntos e poder compartir as experiencias vividas”.

Page 14: Chorimas xuño 09

A pasión que transmiten os avós e avoas é moi importante na

tarefa educativa,e por iso nós desde aquí queremos dar as

grazas a todos e todas pola maxia que lograron crear e

esperamos seguir coa iniciativa nos vindeiros anos.

Visita dos avós

Page 15: Chorimas xuño 09

A comunidade escolar do CEP Marcos da Portela estivo de noraboa co

resultado obtido na Praza da Ferrería. O fermoso maio e a gran coroa

proclamáronse gañadoras de tres das categorías do Concurso de

Maios, onde obtiveron ademais o premio especial desta edición 2009.

O premio especial é o principal galardón do certame, e aínda que non

ten dotación económica , a figura representativa do maio outórgase

pola suma das puntuacións obtidas por cada grupo nas catro categorías

do certame ("maios", "cantigas", "interpretación" e "coroas"). Un

resultado merecido ao esforzo realizado por todas e todos os que

participaron nesa tarefa laboriosa e que tanto tempo e esforzo

requeriu.

Page 16: Chorimas xuño 09
Page 17: Chorimas xuño 09

A alumna Andrea González obtivo o primeiro premio de poesía no concurso

escolar Emilia Estévez. Como agasallo realizou unha viaxe en compañía da

súa nai e dos outros nenos e nenas premiados . Almorzaron todos xuntos nun

restaurante en Pontevedra para, finalmente, recoller no Museo de

Pontevedra o importe en metálico de noventa euros .

Os seus compañeiros e compañeiras de sexto B , sentímonos solidarios con

ela , pois foi realmente un premio merecido en recoñecemento a tantas

horas de dedicación e esforzo .

Page 18: Chorimas xuño 09

Un ano máis participamos no Salón

do Libro Infantil e Xuvenil de

Pontevedra que se celebrou no Pazo

da Cultura do 1 de febreiro ao 15 de

marzo de 2009.

Para a conmemoración desta

efeméride especial dedicada ao amor e

na que se amplía o calendario de

actividades, o Salón rendeu homenaxe á escritora pontevedresa Fina

Casalderrey, pola súa traxectoria profesional e humana dedicada con afán á

promoción da lectura entre os máis pequenos. Nós quixemos sumarnos a esa

homenaxe coa participación dun grupo de nenas de terceiro que lle dedicaron

uns bicos de prata e a lectura dun poema escrito por Isabel Pazos

Ademais un grupo de alumnos e alumnas participou nas actividades de

contadores de historias para primaria que resultou realmente fantastica.

Salón do libro

Page 19: Chorimas xuño 09

SAÍDAS

1ºA

Page 20: Chorimas xuño 09

E EDUCACIÓN VIAL

Coa finalidade de coñecer mellor as normas de circulación ,

favorecer o correcto uso das normas de tráfico, e previr os posibles

accidentes, a

Policía Local

puxo en marcha

unha campaña

de información

para o alumnado

de quinto curso.

A primeira

lección comezou co visionado dun video e unha charla coloquio co

policía que nos explicou o que debemos e non debemos facer.

Posteriormente, o vintesete de abril, achegámonos ao parque de

Mollabao para conducir os

“Karts” e as bicis e facer alí

unha demostración do

aprendido.

Alumnado 5ºB

Page 21: Chorimas xuño 09

COÑECE A CIDADE

O día 14 de maio , 5ºA e 5ºB asistimos en Pontevedra, á ruta “COÑECE A CIDADE”. Unha

monitora ensinounos o máis importante do casco antigo de Pontevedra que foi declarado

conxunto histórico artístico en 1.951. Eu aprendín moito, como por exemplo:

A Igrexa da Virxe Peregrina, que ten forma de vieira, é o símbolo dos peregrinos e está

relacionada co camiño portugués a Santiago. O almirante Méndez Núñez deulle a esta igrexa

unha cuncha enorme na que agora poñen a auga bendita.

A continuación a Praza da Ferrería que se diferenza doutras polos seus soportais. Alí

antigamente traballaban os ferreiros poñéndolle ferraduras aos cabalos entre outras cousas.

Pegada a ela, a Praza da Estrela, coa casa das caras. Xunto a Igrexa de San Francisco, os

xardíns de Castro Sampedro onde se atopa unha fonte que antes estaba no centro da praza

da Ferrería. En San Francisco gárdanse varios sarcófagos

como o do almirante do mar e poeta medieval Paio Gómez

Chariño. Rúa abaixo atopamos a Praza da Leña, co museo

de Pontevedra ao fronte. a Praza da Verdura e a Praza

de Méndez Núñez, navegante que tiña nesta praza a súa

casa e na que está a estatua de Valle Inclán en homenaxe

ás tertulias literarias que ocorrían alí.

Seguindo pola rúa Real , chegamos ata a praza do Teucro

en honor a un heroe grego que chegou ás nosas costas e

fundou a cidade de Pontevedra.

Xunto ao Teatro Principal, a casa das Campás, lugar de

xuntanza e trapicheo dos piratas, entre os que cabe citar ao famoso Benito Soto e, detrás ,

a “ Praza das Cinco Calles” onde está a casa na que viviu o escritor Valle Inclán.

A Basílica de Santa María a Maior, co Cristo ao que os mariñeiros lle pedían sorte cando

saían ao mar e o cruceiro, que estaba antes na Ponte do Burgo.

Rematamos o percorrido na Alameda coas ruinas de Santo Domingo e unha estatua

recordando aos mortos na batalla de Ponte San Paio.

Ese día pasámolo realmente xenial e aprendemos unha morea de cousas da nosa cidade!

Antía e Nerea Sanmartín 5ºB

Page 22: Chorimas xuño 09

O día 21 de abril o alumnado de 5º e 6º curso foi en autobús a unha obra de teatro no

Centro Social Caixanova. A obra titulábase Marco Polo e a compañía de teatro que a

puxo en escena chamábase Teloncillo. Tres personaxes contaban a historia do mozo

Marco Polo que naceu en Venecia arredor do ano 1250. Sendo case un neno , con quince

anos nada máis, acompañou a seu pai Nicolás e ao seu tío Mateo ás terras do Gran

Khan, do que chegou a ser, pasados os anos, embaixador. Na súa misión percorreu case

toda Asia. Din que esa viaxe tamén lle abriu a imaxinación porque, ao regresar ,contou

tantas historias que moitos pensaron que non podían ser verdade .

Nas viaxes adquiriu coñecementos , historias , sabedoría e abriu unha fronteira entre

Oriente e Occidente.

A min pareceume moi interesante polas viaxes que fixo , os descubrimentos e os xogos

aos que xogaban, pero o que máis me gustou foi cando nos contaba a fabulosa

civilización chinesa cos seus avances científicos e técnicos.

TEATRO

Page 23: Chorimas xuño 09

4

Page 24: Chorimas xuño 09
Page 25: Chorimas xuño 09
Page 26: Chorimas xuño 09

Excursión de terceiro MONDARIZ - CASTELO DE VILASOBROSO - CASTRO DE TROÑA

Page 27: Chorimas xuño 09

PAULA CAMIÑA , 3ºA

Page 28: Chorimas xuño 09

Ás sete e media da mañá, saímos do colexio con moita marcha. O primeiro día

estivemos moito tempo en autobús. Cantamos cancións, falamos, escoitamos aos

profesores... Contáronnos cousas moi interesantes sobre o que íamos divisando polas

ventás. Despois de horas de viaxe, chegamos a Segovia; onde vimos o acueducto

(tremendamente grande), o Alcázar (ao que subimos) e o Palacio da Granxa que ten

uns xardíns impresionantes. Estivemos un par de horas dando voltas por Segovia e,

despois, volvemos ao autobús. Máis viaxe, máis cancións e máis charla. Sobre as

nove e media chegamos ao hotel en Madrid, que era moi vistoso e elegante.

Esperamos moito tempo no hall mentres nos organizábamos, os profesores falaban

cos recepcionistas e nos entregaban as chaves das habitacións. Subimos ás

habitacións, a maioría nos duchamos e baixamos a cear a un restaurante que había

nunha praza do hotel. Ao acabar de cear, saímos á praza e xogamos un pouco.

Regresamos ao hotel, colocamos as nosas cousas nas habitacións e fomos durmir.

O segundo día espertáronnos ás sete e media da mañá e saímos a dar unha volta por

Madrid, Vimos o Congreso dos Deputados (que estaba cheo de gardas), a fonte de

Neptuno, que era preciosa; o Palacio de Oriente... E fomos ao “ZooAquarium” de

Madrid, que estaba cerca do parque de atraccións. Vimos moitos animais: coñecidos e

curiosos, grandes e pequenos, ovíparos e mamíferos... Tamén un espectáculo de

golfiños (que, por certo, facíano moi ben). Cando saímos estabamos moi emocionados

porque nos tocaba ir ao... ¡PARQUE DE ATRACCIÓNS! A maioría estabamos moi

nerviosos; tiñamos ganas de montar en todo. Chegamos ao parque e fomos a un

“buffet” libre que, por sorpresa, ¡Estaba pechado! Estabamos decepcionados porque

pensabamos que iamos perder tempo esperando a que abrise; pero saíu unha moza e

díxonos que pasásemos. Comemos alí; e, logo, montamos nas atraccións: o barco

vikingo, a noria, os rápidos, unha barca que caía por unha fervenza, a casa do terror,

os toros de auga, os tragaperras, as balsas de auga, unha especie de barco con

cousas como o “Hollywood” e uns cepelíns para ver o parque dende arriba. Ás oito

volvemos ao hotel; duchámonos, vestímonos e baixamos a cear. Xogamos na praciña

e fomos durmir. Ao terceiro día estivemos en Aranjuez mirando o palacio , que por

certo é moi grande , moi lindo , con moita historia e arte .A guía explicaba moi ben e

felicitounos polo noso comportamento.

Page 29: Chorimas xuño 09

. Tamén fomos a Toledo e entramos na sinagoga de Santa María la Blanca. Estaba

chea de cadros moi belos e con algunha que outra mensaxe difícil de captar. A maioría

eran de persoas. Visitamos o Alcázar que é moi voluminoso, orixinal e maxestoso.

Volvemos ao hotel, duchámonos... e fomos cear. Fixemos unha cea de gala á que

asistimos coas nosas mellores roupas e na que empregamos os nosos mellores

modais. En realidade era un concurso para saber quen era máis elegante pero, como

todos nos comportamos moi ben, gañamos todos o premio: as felicitacións dos

profesores.

O cuarto e último día, espertamos, recollemos as cousas dos armarios, metémolas

nas maletas e baixamos a almorzar. Logo marchamos ao Parque do Retiro. Case

todos nos sentamos nuns bancos que tiñan resina e saímos co cu pegañento!

Volvemos ao hotel a buscar as maletas e saímos a fóra a esperar ao autobús.

Mentres non viña cantamos “O Cuco” e “O Verdegaio”. Cando chegou, fomos ao

Escorial e a Ávila, onde subimos ás murallas pero, que pena! Estaban en obras.

Demos unha volta por alí e volvemos ao autobús. Paramos a comer dous bocadillos e

unha mazá e, logo, fomos ao coche. Non chegamos ata case as dúas da mañá.

Namentres, no autobús non houbo máis que festa, festa e, sobre todo, festa. Cando

baixamos do autobús corremos xunto aos nosos pais que estaban agardando no

colexio. E así foi; unha viaxe de catro días resumida . Iso si: non se pode describir con

palabras o que se sente ao estar alí.

Judith Ortigueira Viaño ,6ºC

Page 30: Chorimas xuño 09

A saída realizada co alumnado de quinto curso,

tivo un percorrido moi interesante que nos

permitiu coñecer directamente ríos, rías,

illas,cabos, dunas móbiles, vexetación e algunha

fauna que non coñeciamos.

Saímos cara a Rianxo ás nove da mañá . Ao

chegar, comezamos a visita polo peirao, a

capela de San Bartolomeu o Pazo Martelo (que

agora é a Biblioteca) e a igrexa de Santa

Comba. Seguimos pola Rúa de Abaixo na que

estaban as casas onde viviron os escritores

Castelao e Dieste,..

Un pouco máis adiante atopamos , a praza de

Castelao, centro de reunión dos veciños, que ten unha alameda preciosa co nome de Rianxo feito

con plantas. As árbores non son álamos senón carballos centenarios( “árbores dos deuses”). Alí

está o concello, a casa da cultura, o Museo do Mar, antes a Casa do Coxo (antiga botica) e a

Igrexa da Virxe de Guadalupe.

Por último fomos polo paseo da Ribeira no que había bustos dos escritores e tamén de Rosalía de

Castro e unha fonte preciosa da Rianxeira en honor á Virxe de Guadalupe e á muller traballadora

de Rianxo. Compramos algunhas cousiñas e logo dirixímonos cara o monte da Curota. Dende o

seu miradoiro vimos por un lado a ría de Arousa e polo outro a ría de Muros e Noia.

Pola tarde achegámonos ata as dunas de Corrubedo, zona actualmente protexida para manter a

súa conservación, tanto polas dunas coma pola

flora e a fauna.

A última parada realizámola no dolmen de

Axeitos,monumento funerario megalítico,

levantado en época neolítica.Orixinariamente

estaba cuberto de terra, o que lle proporcionaba

aspecto de cova, pero hoxe está descuberto

como pode apreciarse na foto.

Nerea Sanmartín 5ºB

Page 31: Chorimas xuño 09

FEITIZO PARA TER UN BO DÍA

Unha folla da planta encantada da raíña das fadas, po de trasnos do rei das serpes, catro pétalos de margarida, un dente de león e un pouco de cor. Isto mestúrase todo e convértese en xabón. Lávaste con el e dis as palabras máxicas PLIQUITIFADA ABRACADABRA. E así virás ao cole encantada. Emma Barros, 5ºB

FEITIZO MÁXICO PARA QUERER VIR AO COLE Catro gotas do sangue do corazón do teu ser querido. Dous anacos do queixo da lúa para darlle sabor ao feitizo. Sete apertas do teu amigo mais lonxevo. Dez pétalos do teu xardín E por último cen gramos de cariño e paciencia, Mestúrase todo nun frasco grande e dinse as palabras máxicas: SACATAPINA, SACATAPANA , ao cole irei con Ana. Ivana 5ºB

FEITIZOS

FEITIZO PARA VOAR Un paxaro desplumado pega as plumas a ambos lados; busca un gato namorado e sobe rápido ao tellado . Cita as palabras do mago , días sen pensar en nada e voarás coma unha fada. Carla Martínez 5ºB

Page 32: Chorimas xuño 09

Na cidade de Kansas, aló onde Cristo perdeu as zapatillas, aínda existía un poboado

indio que ficaba escondido entre as árbores e que non aparecía nin nos mapas. Ese

pobo era Hauhai.

Segundo o xefe da tribo,”Touro recostado”, que como o seu nome indica pasaba o

día na “poltrona”, o nome do pobo proviña de tempos moi remotos, cando a xente tiña

o costume de levar a cara moi pintada e o pelo…cada un como podía.

Naquel poboado vivía un indio ao que todos lle chamaban Tristón, porque sempre

andaba triste.Tristón era moi peculiar, de longas coletas, pernas delgadas,nariz longo

e arredondado e sempre ía vestido cun taparrabos que o que se di tapar tapar…non

tapaba nada. Realmente non se podía dicir que fose un tipo guapo. Quizais esa era a

razón pola que ficaba solteiro.

Os amigos de Tristón andaban moi preocupados e dicíanlle que debería buscar unha

moza coa que compartir as súas mágoas, para que así a alegría lle voltase de novo.

Así que un bo día, decidiron invocar os espíritos do amor para que lles botasen unha

man.

Pernacansa e Vacilón, que así era como se chamaban os amigos, comezaron co

ritual unha noite de lúa chea, á beira do lume.

-Invocamos os deuses Cabeza Aplastada e Manitú Ruidoso para que nos axuden a

topar unha moza fermosa…!

Miña nai , que susto levaron cando tal cousa dixeron!.No medio do fume apareceron

dúas caras moi feas que daban tal arrepío que comezaron a tremer ata para pedir

axuda.

Cando o fume se foi disipando, unha moza loira e fermosa foise vislumbrando.

-Miña nai , isto non pode ser real. Mesmo me deixa sen respiración!-dixo Pernacansa

-É unha deusa! , -engadiu Vacilón.

Os dous amigos achegáronse moito ata tocala para asegurárense que era de carne e

óso.

-Ei, dixo ela, menos tocar , que son real. Eu era unha moza do reino dos homes, pero

os deuses tíñanme castigada por teimuda e presumida. Agora déronme unha

segunda oportunidade. Que queredes de min?

-Eu quería divorciarme e casar contigo -dixo Vacilón sen dubidalo

CONTO

Page 33: Chorimas xuño 09

- Non lle fagas caso - afirmou o seu amigo , colléndoo pola caluga.Nós, o único

que desexamos é que o noso amigo Tristón sexa feliz.

Teigrida, que así se chamaba ela, escoitou a petición daqueles homes e disposta a

botarlles unha man , dirixiuse á tenda onde estaba Tristón.

Nada máis vela exclamou:

- Válanme os deuses! Que moza fermosa!

A cara de Tristón acendeuse coa mirada de Teigrida e as súas fazulas parecían

carbóns acendidos. Ata mesmo comezou a sorrir dunha maneira que os amigos que o

observaban atentamente , mesmo pensaron que estaba a soñar esperto.

Ela, lentamente, achegouse e pousou un bico suave na súa meixela. A cara de

Tristón cambiara. Incluso agora tamén el parecía guapo.

O tempo foi pasando e a relación entre eles foi cada día máis forte. Falaban,

paseaban, traballaban…todo o facían xuntos. Ata que por fin decidiron casar e ter

fillos. Tristón deixou de ser unha persoa triste e converteuse nun home alegre e

divertido que viviu moi feliz coa súa familia no medio daquel mundo para nós

descoñecido.

… Ai, o amor fai cousas imposibles!

Vanesa Froiz 6ºA

CONTO

Page 34: Chorimas xuño 09

O xirasol e as margaridas

Era unha vez un xirasol que nacera nun campo de margaridas.

Aínda que non tiña a mesma cor, el non se sentía diferente pois as

margaridas aceptábano e queríano. Certo día chegaron noticias

de que o sol e a lúa se ían xuntar para formar un eclipse. Ás

margaridas non lle preocupaba , pero o xirasol, tan pronto se

enteirou, comezou a tremer co medo. Estaba moi asustado pois

pensaba que o ceo quedaría escuro e el nunca soportara a

escuridade. As margaridas, preocupadas por el, interesáronse polo

seu problema e prometeron axudalo.

No instante en que o sol e a lúa se xuntaron para darse un bico,

o campo enteiro de margaridas achegouse ao xirasol. Así ,

protexido co abrazo das súas amigas, non tivo nin frío nin medo.

Cando o eclipse pasou, as margaridas soltáronse , volvendo ao

seu lugar.

O xirasol , comprendeu a sorte que tivera por ter nacido

rodeado das margaridas e , agradecido, bailou para elas a danza

do sol.

JUAN 6ºB

Page 35: Chorimas xuño 09

ALICIA 3ºB

Page 36: Chorimas xuño 09

O XIRASOL QUE TIÑA FRÍO

Había unha vez un xirasol que vivía nun xardín.Un día de

inverno nevado e frío, o xirasol comezou a tremer.A dona da casa ,

vendo que se movía tanto, colleuno nunha maceta e levouno

para a casa.

Colocouno nun recuncho do salón e pensou que alí estaría

contento; Pero vendo que seguía con frío , mandou chamar ao seu

amigo o xardineiro , que lle aconsellou lle puxese un abrigo.

Pasada a noite , o xirasol comezaba a murcharse e a pobre muller

non daba atopado o remedio para solucionar o problema.Pensou

entón que tal vez se sentira só e colocoulle unha margarida ao

seu lado.A margarida estirou ben as súas follas e collendo un pulo

, achegouse e deulle un bico tenro e doce .De súpeto o xirasol mudou

a cor, e entrou definitivamente en calor.

Estefanía Barreiro

CONTO

Page 37: Chorimas xuño 09
Page 38: Chorimas xuño 09

.

RECUNCHO POÉTICO

Días curtos, noites longas, traen o outono, chuvias e pombas. Os castiñeiros espidos, amosan ledos o frío do outono, que chega moi cedo. Que veo amarelo! Os raios do sol visitan o ceo e tráenlle calor. Xa chega o outono, que feliz estou! Trae consigo o vento, que axiña arribou. Ana Oubiña. 5ºB

No outono, caen as follas

das árbores do meu soño , No outono!

No outono,

baila o vento, O sol quéntanos lento…

No outono!

No outono as árbores xa non teñen follas,

As pombas choran bágoas tolas.

No outono!

No outono as árbores sofren o abandono,

quedan soas no seu trono. No outono!

Andrea G. e Alex 6ºB

Page 39: Chorimas xuño 09

RECUNCHO POÉTICO

Outono

Ao comezar o outono o chan cóbrese de follas a chuvia tingue as rúas

e enchen o ceo as gaivotas.

Os pintores coas súas cores pintan fermosas paisaxes. Verdes, ocres e amarelos

cobren este frío val..

Camiños de follas secas que tapizan todo o chan; alfombras da natureza

que pouco durarán.

Cando remata o outono o inverno chega xa,

coas súas folerpas brancas de tristeza invadirá.

Tamara León Palacios. 6ºB.

Page 40: Chorimas xuño 09

POEMA DE AMOR Tendidos na herba mollada. un mozo e unha moza comen amoras, cambian miradas, como os paxaros cambian o seu voo. Tendidos nun leito de nubes, unha avoa e un avó comen estrelas, cambian aloumiños, como as abellas cambian de flor. Tendidos nun lindo poema, unha vogal e unha consoante comen palabras, cambian cantigas, como os escritores cambian de liña.

Page 41: Chorimas xuño 09

6º C

Chega o outono e con el as “cabazas namoradas” coas súas mellores galas poñen fin ás romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.” Tempos difíciles para buscar parella, de aí a necesidade de poñer estes anuncios para que todos e todas colaboredes.

Cabaza florida busca compaña con

fins serios. Gustaríalle ter moita

descendencia.Non dispón de vivenda

propia, pero é moi leda, lista e

agradable. Interesados contactar

con “Leira da esquerda s/n”.

Cabaza seria e recatada busca noivo

para casar. Xa ten listo o traxe e

maila dote. Urxe celebrar a boda canto

antes. Interesados achegarse a:

[email protected]

Cabaza festeira busca parella

para gozar. Gústalle a marcha e

bailar ata a madrugada. Prefire

a cidade ao campo.

Interesados contactar con:

[email protected]

Page 42: Chorimas xuño 09

Poemas de ríos

Na beira do río atopei un veleiro, navega ás présas ata un esteiro. Un peixe o persigue aletea moi forte, o malo é que o peixe é bastante torpe. Nada que te nada, perseguindo o veleiro, nada o peixiño, polo mesmo carreiro. Por fín o veleiro chegou ao seu fin e o peixe xa canso púxose a durmir. Carla Martínez. 5B

O río ten frío, o sol vaille cantar unha nana curtiña que o vai acompañar. O río ten medo e a lúa di: palabras fermosas que o fan rir. O río ten sono, non pode durmir; o ruído das augas non o deixan vivir. O río ten sona, polos afluentes ten , é bonito por dentro , e por fóra tamén

Santiago Prieto. 5ºB

Page 43: Chorimas xuño 09

En Pontevedra imos ter unha praia fluvial. A auga é doce. Non se poden tirar papeis, latas nin restos de comida.Teño ganas de que chegue o verán para ir alí e bañarme.

David 2ºC

Page 44: Chorimas xuño 09

Sara Martínez 6ºC

MAR

Mar de sentimentos,

de esperanza,

de medo.

Mar soñador,

fermoso,

espéndido.

Mar que salta,

mar que vive,

mar que chora.

Mar risoño.

Mar tolo.

¡ Mar de todos !

VENTO

Se o vento

asubía no outono,

canta que canta.

Se o vento

escoita ao merlo,

baila que baila.

Se o vento

sorrí no campo,

brinca que brinca

Se o vento

pasea na rúa,

xoga que xoga.

Se o vento

mira cara ao ceo,

soña que soña

Page 45: Chorimas xuño 09

A gata gatiña é moi divertida, cantando no mar e brincando no chan. A gata gatiña é moi presumida, cos beizos pintados está bonitiña. A gata gatiña é moi melosiña, namora a todos cos seus grandes ollos. A gata gatiña é moi larpeiriña, come ratos e tamén sardiñas. 3ºC

Nieves Sánchez, 3ºC

Nefertari Gómez, 3ºC

Ivana Rodríguez , 3ºC

Sara Rial, 3ºC

Ilustración de Noemí López

Page 46: Chorimas xuño 09

Carta a un descoñecido

Page 47: Chorimas xuño 09
Page 48: Chorimas xuño 09

RECEITA DE ESPAGUETES CON TOMATE

Page 49: Chorimas xuño 09

Marina Amestoy 4º A

Page 50: Chorimas xuño 09
Page 51: Chorimas xuño 09
Page 52: Chorimas xuño 09
Page 53: Chorimas xuño 09
Page 54: Chorimas xuño 09

1.- Dar exemplo: as nais e os pais sodes un modelo de lectura. Lede diante dos vosos fillos e gozade lendo. 2.- Escoitar: nas preguntas dos vosos fillos e fillas está o camiño para seguir aprendendo. 3.- Compartir: o pracer da lectura contáxiase lendo xuntos. 4.- Propoñer: é mellor suxerir que impoñer. Evitemos tratar a lectura como unha obriga.

5.- Acompañar: o apoio da familia é necesario. Non os deixemos sós cando aparentemente saben ler. 6.- Ser constantes: todos os días hai que reservar un tempo para a lectura. 7.- Respectar: os lectores teñen dereito a elixir. É importante coñecer os seus gustos e saber como evolucionan.

8.- Pedir consello: o colexio, a biblioteca, as librarías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita. 9.- Estimular: calquer situación pode proporcionarnos motivos para achegarse aos libros. 10.- Organizarse: axudémoslles a organizarse: O seu tiempo, a súa biblioteca...

BIBLIOTECA

Page 55: Chorimas xuño 09

Expositor adicado a Andersen Alumnos/as de 6ºA na Biblioteca

Lecturas para os avós Lectura compartida:

alumn@ primeiro - alumn@ sexto

Contos de ida e volta: EE II Os Campos & CEP Marcos da Portela

Page 56: Chorimas xuño 09

A partir da descrición do personaxe extraída dun relato de humor, propónselle ao alumnado que debuxe as caricaturas deste personaxe . ROBIN é un trasno frautista, non mide máis que a altura dunha man aberta e ten as orellas longas e puntiagudas. Anda sempre cun traxe verde feito pola súa madriña Habetrot e unhas zapatillas máxicas capaces de camiñar sobre o mar ou o vento. …. Leva a frauta nunha bolsa de coiro pendurada do cinto para que non se lle perda ao camiñar dun lado a outro. Se o atopas, fai o seu retrato e entrégao na biblioteca. GRAZAS!

Page 57: Chorimas xuño 09

Desde o colexio queremos agradecer a colaboración de todas as nais que interviñeron no decorado e ambientación do escenario do salón de actos , do que a propia ilustradora quedou marabillada.

Marga Barros, Rosario Sande, Silvia Diéguez, Mónica Vahamonde, Eva Casas, Asun Vilas, Margarita Solla , María Lores, Chelo Vidal , Lupe Cendón.

A visita da ilustradora Noemí López converteu o noso colexio nunha galería de arte . Tomando como modelo as súas ilustracións, modificando cores, e utilizando diversas técnicas, conseguimos unha importante aportación de toda a comunidade escolar.

Page 58: Chorimas xuño 09

Can simpático e algo traste. Boa compaña e fidelidade aseguradas . Razón: Rúa das Porcas Porquiñas, s/n.

Casiña de portas abertas, cen por cen acolledora. Lugar ideal para atoparse a un mesmo. Dirixirse á Avenida Podesvir cando queiras, nº 3. Entrar sen chamar.

Músico talentoso, experto en melodías ledas. Consultar currículum na Escola de Briador.

Amiga paciente e ben disposta, capaz de “facer o indio” só por arrincar un sorriso. Preguntar a Ke-tumba Ke-tamba por Patidifusa.

Page 59: Chorimas xuño 09
Page 60: Chorimas xuño 09

O encontro con Paula Carballeira

Os encontros con autores son unha ferramenta habitual de promoción da lectura.

Mediante o biblioboletín coñecemos un pouco a súa biografía , levamos a cabo as

propostas didácticas que deseña a biblioteca escolar e realizamos as actividades

programadas para todos os niveis. Finalmente preparamos a escenificación dalgún

libro de teatro, poema, relato ou conto. Así o alumnado séntese máis cercano á

escritora a través dos libros que escenifican ou preparan para a visita da autora. ,

A ambientación do salón de actos foi realizada por un grupo de nais que elaboraron un

gran mural no que os protagonistas foron os referidos ao seu libro Olo Iepu-Iepu .

A mellor avaliación é a realizada polo alumnado no mural dos libros seleccionados .Nun

taboleiro que levaba por título “ecos na carballeira” , os nenos e nenas colocaron unhas

landras de cores en cada libro lido.

Visita da autora

Page 61: Chorimas xuño 09

Buscade un momento de

tranquilidade, para estar cos vosos fillos meterse nos libros, na música, ou para ler unha poesía. .. vós decidiredes cando e

onde,...

“MOCHILAS VIAXEIRAS” é unha actividade que poñemos a camiñar dende a Biblioteca Escolar co fin de que podades compartir cos vosos fillos e fillas o desfrute dos diferentes tipos de lectura e servirlles así de referente na adquisición do hábito lector:

Se ti les, eles len

Mochilas viaxeiras nos terceiros e nos sextos

A mochila viaxeira irá de

a . Coidade do contido da mochila viaxeira, pensade que estará viaxando durante todo o curso pola totalidade das casas da clase.

Page 62: Chorimas xuño 09

MONSTERS IN LOVE

I´M DIVORCED.

Alumnado de 5º e 6º

WE GOT MARRIED !

ME TOO!

WHERE´S MY GIRLFRIEND ?

WHERE´S MY

I LOVE YOU !

Page 63: Chorimas xuño 09

Baltar Morgade, 6ºC

I´m a little mouse. I´ve got Knives and forks. I haven´t got a house. I´m handsome and good. My hair is grey. My body isn´t blue. I like milk and cheese. I like fish and “tails”. UMMM!... Do you like me? 6º

Page 64: Chorimas xuño 09

I like playing basketball, playing basketball, playing basketball. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do.

I like rollerblading, rollerblading, rollerblading. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do.

I like watching TV, watching TV, watching TV. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do.

I like canoeing, canoeing, canoeing. Do you like it, like it, like it, too ?

I like swimming, swimming, swimming. Do you like it, like it, like it, too ?

I like horse riding, horse riding, horse riding. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do.

Yes, I do, do, do.

Yes, I do, do, do.

Page 65: Chorimas xuño 09

CLASE ESPECIAL DE VIOLÍN

No mes de maio tivemos dous

profes especiais en clase de Música:

Alex Arosa e Melisa Cabanelas.

Os dous están aprendendo a tocar o

violín. Trouxeron á clase o seu

violín. Explicáronnos moi ben como

se chaman as partes e como se fai

para afinar.

Alex díxonos que se pode tocar de dúas formas: de “pizzicato” que é

peliscando as cordas co dedo; ou rasgando co arco, que está feito de crin de

cabalo.

Tamén tocaron unhas pezas musicais e logo propuxéronnos un xogo e

puidemos tocar nós o violín.

A tod@s nos gustou

moito a clase,

fixérono moi ben, a

profesora felicitounos

e nós démoslle un

grande aplauso.

¡Noraboa!

2ªA

Page 66: Chorimas xuño 09

MÚSICA

As excursións que facemos no cole son todas moi divertidas, pero as mellores adoitan ser as de música. Vouvos contar como foron algunhas delas. Os do terceiro ciclo asistimos ao auditorio Caixanova ao concerto das formas musicais, no que a través de distintas pezas nos ensinaron como se estructura unha obra (alguns compañeiros ata saíron ao escenario). Tamén tivemos ocasión de bailar nun taller de danza no Salón do Libro e de rir cunha obra de teatro na que os protagonistas cantaban. A verdade é que o pasamos moi ben en todas elas. Os do segundo ciclo visitaron Caixanova para saber das agrupacións instrumentais da música tradicional galega (cuartetos, quintetos, murgas, etc), e tamén foron a unha obra de teatro na que se interpretaban pezas musicais titulada “Os músicos de Bremen”. E aquí, no noso centro, tampouco faltou a música nas diversas festas e celebracións: Nadal, día da Paz, Entroido, Maios, Letras Galegas, visita de Paula Carballeira... Como vedes, no CEP Marcos da Portela vivimos a música!

Tamara 6ºB

Page 67: Chorimas xuño 09

COMPOSICIÓN DUNHA PEZA MUSICAL

Primeiro, creamos unha parte á que lle chamamos A. Para iso, comezamos por facer un ritmo con corcheas, negras, ... Despois puxémoslle a melodía probando coa frauta que notas ían mellor. Sempre procurando non dar saltos moi grandes nas notas.

Logo, para completar, inventamos a parte B da mesma forma que a A.

A continuación creamos a nosa peza musical, é dicir, decidimos como a iamos ordenar, que pontes lle iamos poñer, como sería a introdución, etc. Ao fin, a nosa forma é esta:

Por último, engadimos un obstinato e decidimos como se tocaría o final ou coda. Tamén fixemos a partitura coa estrutura musical enteira. Sara e Lorena 6º C

Page 68: Chorimas xuño 09

O RETORNO DE PEER GYNT O COMPOSITOR: Edward Grieg (1843-1907) Foi un compositor noruegués que naceu nuha familia de músicos. Recibiu educación musical no Conservatorio de Leipzig, un dos máis importantes de Europa. Aos 20 anos comezou a interesarse pola música folclórica do seu país. Ten dúas composicións importantes: “O concerto para piano” e “As suites de Peer Gynt”. Casou coa súa prima Nina Hagerup, unha famosa cantante. Viaxou con frecuencia ao estranxeiro e coñeceu a grandes músicos da súa época. A OBRA: Peer Gynt Peer Gynt é un rapaz noruegués moi trasto e moi aventureiro. Viaxa por moitos países e por onde pasa arma conflitos. Ao final regresa a Noruega por ver a súa nai. Este é o momento da nosa audición. É unha música descritiva, xa que case se sente a tormenta no mar. A nós fíxonos pensar nas viaxes actuais dos caiucos dende África ata as costas españolas. INSTRUMENTOS: Os raios: Pratos Os tronos: Timbais Os lóstregos: Frautas As ondas: Trompas e trombóns A calma: Vento-madeira suave Victor López e Jesús Fernández 5º

Page 69: Chorimas xuño 09
Page 70: Chorimas xuño 09

DEPORTES Neste curso 2008/09 organizáronse dende a coordinación de deportes diferentes xornadas nas que quixemos seguir apostando pola promoción da actividade física como medio de goce colectivo e de adquisición de hábitos saudables.

Xogos tradicionais, xogos deportivos adaptados e deportes alternativos formaron parte dun proxecto de toda a comunidade escolar, sendo parte importante das diferentes celebracións, festas e tempos de lecer.

Page 71: Chorimas xuño 09

Intentouse con isto seguir a liña de traballo de anos anteriores sabendo da boa acollida entre alumnado e profesorado. A colaboración de todos na organización e bo desenvolvemento das actividades programadas fixo posible o éxito de todas elas, valorando de maneira positiva a posta en práctica de proxectos deste tipo. CELEBRACIÓN DO MAGOSTO A tradición popular e o xogo xuntáronse durante unha xornada lúdico-festiva na que toda a nosa comunidade escolar foi partícipe. Este ano démoslle ao elemento principal da festa, a castaña, a posibilidade de formar parte do xantar e do xogar. Primeiro porque segue sendo a protagonista da merenda máis desexada por nenos e maiores, e segundo, porque foi obxectivo a conseguir nas probas de habilidade que vos presentamos a continuación. A COLLEITA Os rapaces e rapazas víronse na obriga de recoller todas as castañas que puidesen, xa que serían estas as que o mestre Ángel botaría nas grellas. Sabían que cantas máis pillasen máis xantarían.

Page 72: Chorimas xuño 09

A CASTAÑA POR DETRÁS Adaptación con éxito do popular xogo con canción. A castaña serviu de reclamo para que grandes e pequenos bailasen e cantasen ó son dunha coñecida canción.

A ESCALADA Outra maneira boa de lles facer acadar os froitos que máis tarde paparían foi convertelos por un intre en escaladores na procura do cumio. No alto das nosas lombas atoparían a recompensa.

Page 73: Chorimas xuño 09

CAMPIONATO DE FLOORBAL O floorball como deporte alternativo e organizado a través dun campionato de centro serviu como actividade “paralela” á propia dos rapaces durante o seu tempo de lecer, o recreo. Trátase da versión escolar do hockey utilizando materiais adaptados ás idades e ás características do noso alumnado. Ao ser un deporte pouco usual, tivo unha boísima aceptación por parte de todos os grupos. Organizamos aos alumnos/as nunha liguiña de encontros separados por niveis, Os campións de cada un deles tivo que enfrontarse nunha superfinal co equipo de mestres. Temos que recoñecer que foron encontros de gran igualdade , aínda que ao final cumpriuse o refrán de que “ a experiencia é un grao” .

SUPERCAMPIÓNS

Page 74: Chorimas xuño 09

RESULTADOS

2º CURSO

FOGO

4º CURSO VELOCI- RAPTORES

5º CURSO 10

INVENCI- BLES

3º CURSO LAPAS

Page 75: Chorimas xuño 09

Tentamos formar persoas activas e críticas capaces de apreciar as vantaxes de manter unha vida saudable. A práctica habitual de exercicio e a adquisición duns correctos hábitos posturais reportarannos benestar e equilibrio interno, favorecendo que afrontemos con optimismo e actitude positiva as situacións cotiás.

¡ VIVIDE ACTIVAMENTE!

6º CURSO GLOSES

Page 76: Chorimas xuño 09

QUE NOME RECIBE A CONTADORA MÁXICA ?

Trabalínguate sen medo : Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe; quéixome de quen o vende, Que non mo deixa de balde.

XOGO PARA BOTAR A SORTES

Barrabís, barrabás, ti quedas e ti vas.

Cristina Fontán e Paula Pardo, 2ºB

ADIVIÑA "Un pratiño de noces que pola noite se espallan e polo día se esconden"

Page 77: Chorimas xuño 09

1º CICLO Alcántara, Ricardo: “Óscar tiene frío” . Ed. Alfaguara Aliaga,Roberto : “Croco”. Ed. OQO Alonso, Tareixa: “Soldadito de chumbo” Ed. Kalandraka Bruno, Pep: “Libro de contar” Ed OQO Janeiro, Almudena: “Contos en cantos” Ed. OQO Letria, José Jorge : “Animais fantásticos”. Ed. Kalandraka Maddern, Eric : “Una vaca en el tejado”. Ed. Blume Moure, Teresa: “Mamá, ti si que me entendes” Ed Galaxia

¿¿¿ “pK Ungerer, Tomi: “ Ningún bico para mamá “Ed. Xerais 2º CICLO Aliaga, Roberto: “A boneca e a castañeira” Ed. OQO Casalderrey, Fina : “Xela volveuse vampira !!” Ed. Baía Coll, Africa : “As flores de neve e o raposiño” Brosquil edicións Diterlizzi, Tony – Black, Holly: “Las crónicas de Spiderwick” .Ediciones B Funke, Cornelia: “El misterioso caballero sin nombre” Ediciones B Osés, Beatriz: “El secreto del oso hormiguero” Ed. Factoría K Piquemal, Michel – Delpeuch, Régis : “ 20 cuentos de los por qués” Ed. Oniro Riddell, Chris : “Ottoline y la gata Amarilla” Ed Edelvives Rivera Ferner, Marta : “Unha perla para Camila Brosquil edicións Singer Hunt, Elizabeth : “ A la caza del dinosaurio asesino”. Ed. S.M. Troshinsky : “El domador de sueños” Ed. Kókinos 3º CICLO Abril, Paco : “La pregunta del cuco” Ed. Everest Baredes, Carla : “Preguntas que poñen os pelos de punta” Ed. Cumio Calzada, Gorka : “Picasso el cubista” Ed. El rompecabezas. Col. Sabelotod@s Docampo, Xavier: “Adelaida, Henrique e demais familia” Ed. Galaxia Farias, Juan : “Algúns nenos, tres cans e mais cousas”. Ed. Oxford Fonte, Ramiro:: “ Xardín do pasatempo” Ed. Tambre. Col “Ala Delta” Honrado, Alexandre : “O soño de Xela” Ed OQO Tyldesley, Joyce : “El mundo secreto de Tutankhamón y los faraones” Ed. Everest LER EN FAMILIA Benedetti, Mario: “Vivir adrede” Ed. Alfaguara. Cali, Davide: “El enemigo” Ed. S.M. Cobos, Serxio : “ Para cantar e bailar” Ed. Cumio Serres, Alain : “ Yo seré los ojos de la tierra”. Ed. Edelvives Televisión: “Página 2”TV2 , Libro aberto (programa de libros na TVG). Revista: “Muy interesante junior”

Xuño, 2009

Queres coñecer máis libros amigos para gozar con eles este verán? Consulta esta lista e escolle.

Page 78: Chorimas xuño 09