28
Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS E SE SINALAN DIVERSOS ASPECTOS RELACIONADOS CON CONCURSOS XERAIS DE TRASLADOS DE ÁMBITO AUTONÓMICO NOS CORPOS DE CATEDRÁTICOS E PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO, ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, PROFESORES DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS, PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL, MESTRES DE TALLER DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, MESTRES, INSPECTORES AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA E INSPECTORES DE EDUCACIÓN. Coa finalidade de clarificar o máximo posible o procedemento de participación no concurso e os criterios que se van a utilizar na baremación, dítanse as seguintes instrucións: SOLICITUDES Os participantes no concurso xeral de traslados do ano 2012 que non obtiveron destino no mesmo poderán acceder á solicitude anterior. Esta solicitude poderá ter modificacións derivadas de: - Retiráronse as peticións incorrectas por carecer dos requisitos para obter prazas bilingües. - Retiráronse as prazas das unitarias e centros suprimidos. - Retiráronse as peticións de centros non incluídos no anexo do corpo correspondente. (Por exemplo, o profesorado do corpo de profesores de ensino secundario non poden solicitar centros do anexo referido ás escolas oficiais de idiomas) - Retiráronse as peticións de prazas da ESO ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo nunha praza dos códigos 021, 022, 023, 024, 025, 027, 028, 067, ou estivera suprimido dunha delas. - Adecuación das peticións a un máximo de 300, polo que estarán suprimidas aquelas que excederan de 300. No concurso autonómico podense realizar 500 peticións no corpo de mestres e 400 peticións nos restantes corpos

CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS E SE SINALAN DIVERSOS ASPECTOS RELACIONADOS CON CONCURSOS XERAIS DE TRASLADOS DE ÁMBITO AUTONÓMICO NOS CORPOS DE CATEDRÁTICOS E PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO, ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, PROFESORES DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS, PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL, MESTRES DE TALLER DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, MESTRES, INSPECTORES AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA E INSPECTORES DE EDUCACIÓN. Coa finalidade de clarificar o máximo posible o procedemento de participación no concurso e os criterios que se van a utilizar na baremación, dítanse as seguintes instrucións:

SOLICITUDES

Os participantes no concurso xeral de traslados do ano 2012 que non obtiveron destino no

mesmo poderán acceder á solicitude anterior. Esta solicitude poderá ter modificacións derivadas

de:

- Retiráronse as peticións incorrectas por carecer dos requisitos para obter prazas

bilingües.

- Retiráronse as prazas das unitarias e centros suprimidos.

- Retiráronse as peticións de centros non incluídos no anexo do corpo correspondente.

(Por exemplo, o profesorado do corpo de profesores de ensino secundario non poden

solicitar centros do anexo referido ás escolas oficiais de idiomas)

- Retiráronse as peticións de prazas da ESO ao persoal do corpo de mestres que non

teña destino definitivo nunha praza dos códigos 021, 022, 023, 024, 025, 027, 028, 067,

ou estivera suprimido dunha delas.

- Adecuación das peticións a un máximo de 300, polo que estarán suprimidas aquelas que

excederan de 300. No concurso autonómico podense realizar 500 peticións no corpo de

mestres e 400 peticións nos restantes corpos

Page 2: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Nas novas solicitudes a aplicación informática non permitirá:

- Solicitar códigos erróneos de centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Cubrir incorrectamente o apartado de vernáculo nos centros da Comunidade Autónoma

de Galicia.

- Cando se solicite unha praza bilingüe advertirá que se desexamos solicitar tamén o

mesmo centro sen bilingüismo debemos repetir o código do centro sen cumprimentar a

casilla referida ao bilingüismo.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DOS MÉRITOS ALEGADOS

Deberá terse moi en conta que os méritos deberán xustificarse correctamente no prazo de

solicitudes. A base vixésima da convocatoria do concurso establece que “Non serán tidos en

conta aqueles méritos alegados que non fosen debidamente xustificados no prazo de solicitudes

establecido na base vixésimosegunda”.

VACANTES

Ofértanse neste concurso:

- As previstas no momento da convocatoria

- As que se produzan por xubilación forzosa por cumprimento dos 70 anos de idade ata o

31 de agosto de 2014.

- As que se produzan ata o 31 de decembro de 2013.

- As que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa

Page 3: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

- As que resulten da resolución dos concursos de traslados de adultos e de orientación

educativa

A convocatoria destas prazas vacantes está condicionada a que o se funcionamento estea

previsto na planificación xeral educativa.

ESPECIALIDADE DE “PRIMARIA”

De conformidade co establecido na disposición adicional cuarta do Real decreto 1364/2010, do

29 de outubro, todo o persoal docente do corpo de mestres que fose funcionario de carreira o 31

de outubro de 2010 está habilitado na especialidade de “primaria”. Polo tanto todos poden e os

participantes forzosos deben participar por esta especialidade para prazas da nosa comunidade

autónoma.

De conformidade co apartado quinto da Orde do 10 de xaneiro de 2012 pola que se establece o

procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo

de mestres, a especialidade de educación primaria será recoñecida de oficio pola Administración

educativa ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en posesión dunha

das titulacións que para esta especialidade se determinan no anexo do Real decreto 1594/2011,

do 4 de novembro.

FORMA DE DEREITO PREFERENTE A CENTRO

Para exercer o dereito preferente a centro ,a persoa interesada deberá poñer na terceira folla da

solicitude o código do centro no que exerce o dereito preferente. Na mesma folla, marcará cunha

X o suposto polo que exerce o dereito preferente a centro e consignará, tamén na mesma folla,

en tipo de praza a especialidade ou especialidades das que é titular, ou para as que está

habilitado, priorizando estas coas combinacións posibles de vernáculo (V), bilingüismo (B) e

itinerancia (I). Para estes efectos, poderá repetir a mesma especialidade todas as veces que

sexan necesarias, ata as 40 combinacións que, como máximo, poden efectuarse.

Page 4: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

A aplicación informática que resolve o concurso de traslados combinará o centro de dereito

preferente coas prioridades explicitadas en tipo de praza, polo que o persoal concursante que

exerza o dereito preferente a centro non deberá incluír este centro na páxina 7 da instancia, na

que se fan as solicitudes.

A aplicación informática non permitirá incluír o centro de dereito preferente nas peticións.

FORMA DE EXERCER O DEREITO PREFERENTE A LOCALIDADE

O persoal docente do corpo de mestres exercerá este dereito preferente con carácter forzoso á

localidade na que estaba situado o seu centro de destino, no suposto de que exista outro ou

outros centros na localidade; de non ser así, participará á localidade na que teña recoñecido o

dereito preferente como consecuencia da escolarización do alumnado. Pode participar con

carácter voluntario a unha ou máis localidades da zona do seu ámbito, podendo, neste

suposto, priorizar no punto de peticións estas localidades sobre as que lle acredita o

dereito.

O restante profesorado poderá exercer o dereito preferente á localidade onde tivo o último

destino definitivo.

Para exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa, a persoa interesada deberá

formalizar na cuarta folla da instancia o código da localidade e, e é o caso, da zona na que

exerce o dereito preferente. Na mesma folla, marcará cunha X o suposto polo que exerce este

dereito e consignará, tamén na mesma folla, en tipo de praza a especialidade ou especialidades

das que é titular ou para as que está habilitado, priorizando estas coas combinacións posibles de

vernáculo (V), bilingüismo (B) e itinerancia (I). Para estes efectos poderá repetir a mesma

especialidade todas as veces que sexan necesarias, ata as 40 combinacións que, como máximo,

poden efectuarse.

Page 5: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

O persoal docente que exerza este dereito preferente deberá, na páxina 7 da instancia, nos

recadros de centro ou localidade, especificar por orde de prioridade os códigos dos centros ou

localidades nos que exercen este dereito, especificando no recadro correspondente referido a

tipo de praza, as siglas DPL, que significan dereito preferente a localidade. Nestes casos, en tipo

de praza non se porá o código da especialidade.

Se exerce o dereito preferente a localidade, a aplicación informática obrigará a que, polo

menos, na primeira petición se consigne DPL e non o código da especialidade.

Todas as peticións correspondentes á localidade ou zona na que se exerce o dereito preferente

virán consignadas por bloques homoxéneos, de tal xeito que todas as peticións de centros dunha

mesma localidade deben vir correlativas, sen que se poida repetir dúas veces un bloque

correspondente a unha mesma localidade.

A aplicación informática que resolve o concurso incluirá como DPL os centros non solicitados

que pertenzan á localidade na que é preceptivo solicitar o dereito preferente e os das localidades

nas que se solicitase algún centro. Se hai algunha localidade da zona na que o interesado ou

interesada non solicitou ningún centro, a aplicación informática non incluirá os centros desta.

Unha vez realizadas peticións de carácter voluntario, non poderán solicitarse posteriormente

centros nos que se pretenda exercer o dereito preferente. A aparición da primeira petición con

código de especialidade distinto de “DPL” provocará que se consideren fóra do dereito preferente

esta e todas as peticións restantes.

A aplicación informática que resolve o concurso de traslados combinará as táboas das páxinas 4

e 7 da instancia, dando prioridade á localidade sobre a especialidade, pero á especialidade

sobre o centro.

Page 6: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Exemplo:

a) Táboa de especialidades + vernáculos + bilingües + itinerantes

TIPO DE PRAZA 1 TIPO DE PRAZA 2

Cod.

Espec.

vernáculo BIL ITIN Cod.

Espec.

vernáculo BIL ITIN

590001 A 0 0 590002 B 2 0

b) Táboa de peticións a centro ou localidade.

Petición do participante Comentarios

C1 DPL Centro pertencente á localidade 2

C2 DPL Centro pertencente á localidade 2

L1 DPL

Estas dúas táboas darán lugar ao seguinte conxunto de peticións voluntarias:

C1 590001 A 0 0

C2 590001 A 0 0

C1 590002 B 2 0

C2 590002 B 2 0

L1 590001 A 0 0

L1 590002 B 2 0

PERSOAL FUNCIONARIO EN PRÁCTICAS

Page 7: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

O persoal funcionario en prácticas está obrigado a participar no concurso e farao con cero

puntos.

DEREITO DE CONCORRENCIA

O dereito de concorrencia soamente pode exercerse polo persoal participante como voluntario

con destino definitivo.

A concorrencia poderá ser exercida por docentes do mesmo corpo coas seguintes excepcións:

. 511 + 590

. 512 + 592

. 513 + 595

FORMA DE PARTICIPACIÓN

A instancia farase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt

Para alegar novos méritos que non estean na aplicación de persoal farase no enderezo web

www.edu.xunta.es/datospersoais. A través deste enderezo poderá xerar unha folla de alegacións

introducidas que deberá presentar xunto coa documentación xustificativa e a instancia que se

xera no enderezo anteriormente citado, é dicir, www.edu.xunta.es/cxt.

Deberá terse en conta que neste concurso computase os servizos prestados como

persoal interino docente como se fosen prestados como funcionario de carreira.

Page 8: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Neste concurso os méritos de carácter subxectivo recollidos nos puntos 6.1.e 6.3 do baremo

deberán remitirse por separado á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago

de Compostela, rúa de Besada, San Lázaro, 107, código postal 15703.

O persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de

2010(DOG do 16), e de 3 de novembro de 2011 (DOG do 15 de novembro), ou pola Orde do 24

de outubro de 2012, concorrerá coa puntuación que nestes apartados, 6.1 e 6.3 lle foi outorgada

pola comisión de avaliación, podendo presentar para a súa consideración novos méritos sempre

que estean perfeccionados con posterioridade ao remate do prazo de solicitude da última

convocatoria en que participou. Sen prexuízo do anterior, con carácter excepcional, o persoal

interesado poderá renunciar á puntuación nalgún destes apartados e presentar novamente todos

os méritos para a súa baremación pola comisión avaliadora. Resáltase que o persoal docente

que non se acolla a baremación dos apartados 6.1 e 6.3 partirá de puntuación cero nos

mesmos, debendo presentar novamente toda a documentación xustificativa dos méritos

alegados para unha nova baremación.

Tamén é posible que teñamos méritos xa validados na aplicación informática de datos persoais

pero que non nos son baremados. Se discrepamos desta baremación, debemos facelo constar

na instancia, na folla correspondente, relacionando todos aqueles méritos que non nos son

baremados e entendemos que deben selo, ou que non son baremados por unha epígrafe e

cremos que deben selo por outro.

Se se descoñece a nota que se obtivo na oposición ou no concurso-oposición deixarase en

branco.

POSIBILIDADE DE ACOLLERSE A NON TER PUNTUACIÓN

O persoal participante forzoso que nunca obtivo o seu primeiro destino definitivo poderá

acollerse a non ter puntuación no concurso, e marcar esta opción na folla de baremación que

aparece na instancia de solicitude. Neste caso, participará no concurso unicamente coa

Page 9: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

puntuación que corresponda polo punto 1.1.2 e 1.2.1 do baremo que se publica como anexo XIV

da orde de convocatoria.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude iniciase o próximo 5 de novembro de 2013 e remata o 21 de novembro de

2013, ambos incluídos.

NÚMERO DE PETICIÓNS MÁXIMAS QUE PODEN REALIZARSE

O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder

de 500 ou de 400 segundo o corpo de participación.. Estas poderán ser a centros e/ou

localidades.

RECLAMACIÓNS E RENUNCIAS

A resolución provisional dos concursos será aproximadamente sobre finais de febreiro do ano

2014.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Deberá ter en conta que os criterios de baremacións que se van a expoñer non vinculan o

persoal concursante. Se vostede non está conforme cos criterios de baremación, deberá facelo

constar na súa solicitude e posteriormente reclamar na resolución provisional, coa finalidade de

que lle quede aberta a vía de recurso administrativo e/ou contencioso-administrativo.

Page 10: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Apartado 1.1.1.- Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario

con destino definitivo no centro desde o que concursa.

a) A modificación máis relevante para os corpos de secundaria é que agora se puntúa

desde o centro e anteriormente era desde a praza. Isto implica que o cambio de praza dentro do propio centro non interrompe a permanencia.

b) Unicamente se puntuarán os servizos prestados no corpo ou corpos aos que

corresponda a vacante. Isto implica que un mestre que estivera destinado no primeiro e segundo curso da ESO, que accedese ao corpo de profesores de ensino secundario e quedase destinado no mesmo centro como PES, non se lle puntuarán como permanencia ininterrompida os anos que estivese no centro como mestre.

c) A excedencia por coidado de fillos, fillas e familiares e a situación de servizos especiais

non interrompe a permanencia. Polo tanto, o tempo transcorrido nestas situacións é computable como permanencia no centro desde o que se concursa.

d) Non teñen puntuación nesta epígrafe o persoal docente que concurse desde outras

situacións administrativas distintas das do punto anterior (en particular excedencia voluntaria por interese particular ou excedencia voluntaria por incompatibilidade).

e) Agora este punto non se puntúa ata o 31 de agosto de 2014 senón ata o día de remate

do prazo de solicitudes, este incluído.

f) Aquelas persoas que participen desde a situación de destino provisional por supresión

da praza ou posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, por perder o seu

destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por provir da situación

de excedencia forzosa, ou os que participen como desprazados por falta de horario

puntuaráselles a permanencia ininterrompida desde o centro definitivo inmediatamente

anterior ao que perderon, computaráselles como servizos prestados neste os anos que

estiveron con destino provisional en calquera centro despois da perda do destino

definitivo.

Se o centro inmediatamente anterior tamén se obtivese despois dunha supresión,

desprazamento por falta de horario ou por perda do destino polas causas mencionadas

concursarase, para os efectos deste punto, desde o centro inmediatamente anterior

volveranse a acumular, se fose o caso, o servizos prestados con carácter provisional.

Page 11: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Resulta prudente que de forma especial, o persoal docente que concurse e se encontre neste suposto f) verifique que a aplicación informática lle está baremando correctamente.

g) Aquelas persoas que participen desde o primeiro destino definitivo obtido despois da supresión ou dos restantes supostos mencionados de perda de destino participarán, para os efectos de puntuación nesta epígrafe desde o centro de destino definitivo inmediatamente anterior.

Apartado 1.1.2.- Por cada ano como persoal funcionario en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación.

a) As situacións de excedencia por coidado de fillos, fillas e familiares e servizos especiais non interrompen o tempo de provisional. Polo tanto, as persoas sen destino definitivo que concursen desde esas situacións terán puntuación nesta epígrafe.

b) O tempo de provisional computarase desde o día da toma de posesión como funcionario

de carreira ou desde o reingreso ao servizo activo, se é o caso, ata o día do remate do prazo de solicitudes, este incluído. Ademais, puntúanse os servizos prestados como funcionario interino.

c) Aquelas persoas que participen desde a situación de destino provisional por supresión

da praza ou posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, por perder o seu

destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por provir da situación

de excedencia forzosa, non terán puntuación por esta epígrafe posto que os servizos

prestados como provisional despois da perda do destino puntuaranse no apartado 1.1.1.

como se foran servizos prestados con carácter definitivo.

d) Aquelas persoas que participen desde a situación de destino provisional por supresión da praza ou posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, e este fora o primeiro destino definitivo, terán por esta epígrafe a puntuación que lles corresponda polo tempo de servizos prestados con carácter provisional con anterioridade á obtención do primeiro destino definitivo.

e) Aquelas persoas que participen con carácter voluntario desde o seu primeiro

destino definitivo obtido por concurso levarán neste apartado a puntuación que lles corresponda polos servizos prestados como provisional como funcionario antes de obter o destino definitivo. Esta puntuación será compatible coa puntuación do apartado 1.1.1.

Page 12: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Apartado 1.1.3.- Por cada ano como persoal funcionario na praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.

a) Procederá asignar puntuación polo epígrafe 1.1.3 aos participantes que se encontren

nas seguintes situacións:

- Os que participen no concurso con destino definitivo en praza, posto ou centro de

especial dificultade.

- Os que participen no concurso conforme ao epígrafe 1.1.2 e durante o tempo de

provisionalidade estiveran nunha praza, posto ou centro de especial dificultade.

b) Neste apartado unicamente puntuaranse os servizos prestados como funcionario de

carreira e interino

c) Unicamente se puntuarán os servizos prestados no corpo ou corpos aos que

corresponda a vacante.

d) Cando se prestan os servizos con carácter definitivo, non se puntúan os anos que se

estivese en situación de servizos especiais, en comisión de servizos fóra do centro, en

licenza por estudos, ou supostos análogos que impliquen que non se prestou servizos

no centro, pero non interrompe a posibilidade de computar servizos anteriores. Por

exemplo: a unha persoa que teña destino definitivo no ano 2007, que estea en comisión

de servizos noutro centro no ano 2008, e que se reincorpore no 2009, non se lle

computaría o ano 2008 pero si o ano 2007.

e) Cando se teña destino definitivo nun centro que non ten o carácter de especial

dificultade e se está en comisión de servizos noutro centro que si é de especial

dificultade, levarase por esta epígrafe a puntuación que corresponda polos anos de

servizo ininterrompidos que se leven prestando no centro de especial dificultade.

Page 13: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

f) É posible acumular períodos de provisional con períodos de definitivo, se se obtivo

destino definitivo no mesmo centro no que se tiña destino provisional, sen solución de

continuidade.

g) Puntúase ata a data de remate do prazo de solicitudes.

h) Teñen puntuación por esta epígrafe, coas condicións establecidas, os servizos

prestados nos centros que figuran nos anexos da orde do 18 de outubro de 2010 (DOG

do 28- corrección de erros no DOG do 19 de novembro de 2010), pola que se

establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade

Autónoma de Galicia.

i) De conformidade coa disposición transitoria da citada Orde do 18 de outubro de 2010

puntuaríanse como de difícil desempeño os servizos prestados nos centros relacionados

na Orde do 24 de outubro de 1990 (agora derrogada), ata o 31 de agosto de 2010 (non

ata a data de remate de solicitudes), sempre que se concurse desde un deses centros e

non estea incluído nos anexos da nova Orde do 2010.

Apartado 1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados na situación de servizo activo como persoal funcionario no corpo ou corpos aos que corresponda a vacante.

a) Nesta epígrafe puntúanse os servizos como persoal funcionario de carreira e interino no corpo polo que se concursa.

b) Este punto puntúase en calquera modalidade de participación. Polo tanto, incluso

participando desde a situación de excedencia voluntaria.

c) O tempo transcorrido en situación de excedencia por coidado de fillos, fillas e familiares e servizos especiais computa por esta epígrafe.

d) Compútase o tempo como funcionario de carreira ata a data de remate do prazo de

solicitudes, este incluído.

Page 14: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Apartado 2.- PERTENZA AOS CORPOS DE CATEDRÁTICOS

Puntúanse 5,0000 puntos por ser funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino

secundario, catedráticos de música e artes escénicas, catedráticos de escolas oficiais de idiomas

e de artes plásticas e deseño.

a) Non é necesario estar en situación de servizo activo. Polo tanto todos os catedráticos

terán esta puntuación aínda que participen desde a excedencia ou participen por outro

corpo. Por exemplo: tería esta puntuación unha persoa que participara no concurso polo

corpo de mestres e fose catedrático en situación de excedencia ou en servizo activo.

b) Soamente se ten unha puntuación de 5,0000 aínda que se sexa catedrático en máis dun

corpo ou no mesmo corpo e se teña máis dunha especialidade.

c) Resulta irrelevante o tempo de servizos prestados como catedrático para estes efectos.

Tense a mesma puntuación. Precisamente unha das novidades da nova normativa do

concurso é que non se puntúa a antigüidade como persoal funcionario no corpo de

catedráticos.

Apartado 3.1.2.- POLO TÍTULO UNIVERSITARIO OFICIAL DE MASTER DISTINTO DO RIQUIRIDO PARA O INGRESO Á FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE, PARA CUXA OBTENCIÓN SE ESIXIRÁN, POLO MENOS, 60 CRÉDITOS.

a) Téñense en conta soamente os másteres oficiais (só os hai a partir do ano 2005)

b) Non se baremará por este apartado ningún título de máster esixido para ingreso á

función pública docente, aínda que a persoa non o necesitase ou no corpo non se esixa; como por exemplo, para acceder ao corpo de mestres.

Page 15: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

c) Non se teñen en conta no baremo os máster non oficiais, que se puntuarán no apartado de formación.

d) Igual que no punto 3.1.1, soamente se barema un máster.

e) Puntúanse tamén os títulos obtidos no estranxeiro. Neste caso deberán ter a

correspondente homologación. Apartado 3.1.3.- POLO RECOÑECEMENTO DE SUFICIENCIA INVESTIGADORA QUE PERMITA OBTER O CERTIFICADO-DIPLOMA ACREDITATIVO DE ESTUDOS AVANZADOS.

a) Este mérito non se baremará cando se alegue o título de doutor. É dicir, é incompatible con ter puntuación no punto 3.1.1.

b) Non é necesario ter o título acreditativo dos estudos avanzados. É suficiente coa suficiencia investigadora.

c) Polo tanto, ao que acredite suficiencia investigadora e tamén o DEA non se lle puntuará dúas veces.

Apartado 3.1.4.- POR OBTER PREMIO EXTRAORDINARIO NO DOUTORAMENTO, NA LICENCIATURA OU GRAO OU, NO CASO DAS TITULACIÓNS OUTORGADAS POLOS CONSERVATORIOS SUPERIORES DE MÚSICA, POLA MENCIÓN HONORÍFICA NO GRAO SUPERIOR.

a) Soamente se puntúa un premio extraordinario ou unha mención honorífica.

Apartado 3.2.1.- TÍTULO UNIVERSITARIO OFICIAL DE GRAO.

No título oficial de grao non hai primeiro e segundo ciclo.

Apartado 3.2.2.- POLA SEGUNDA E RESTANTES DIPLOMATURAS, ENXEÑERÍAS TÉCNICAS, ARQUITECTURAS TÉCNICAS OU TÍTULOS DECLARADOS LEGALMENTE

Page 16: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

EQUIVALENTES E POLOS ESTUDOS CORRESPONDENTES AO PRIMEIRO CICLO DUNHA LICENCIATURA, ARQUITECTURA OU ENXEÑERÍA.

a) No caso do persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por este punto, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente.

b) No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este

punto, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fosen necesarios superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

c) Non se entenderá como unha titulación do primeiro ciclo a superación dalgún dos

cursos de adaptación.

d) Pode puntuarse máis dunha segunda diplomatura.

e) Enténdese por primeiro ciclo os tres primeiros anos dunha carreira.

f) Para que se puntúe un primeiro ciclo é necesario que se teñan superado todas as materias ou créditos conducentes para a obtención de ditos títulos ou ciclos. Puntuarase aínda no suposto de que haxa algunha materia validada.

g) Non se considera unha nova diplomatura a obtención dunha nova especialidade

dentro do mesmo título. Se hai expedición de título baremarase unha segunda diplomatura.

a) Puntúanse tamén os títulos obtidos no estranxeiro. Neste caso deberán ter a

correspondente homologación. Apartado 3.2.3.- TITULACIÓNS DE SEGUNDO CICLO.

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.

a) No caso do persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, os estudos desta natureza que sexan necesarios superar (primeiro ciclo, segundo ciclo, o, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

b) Pode puntuarse máis dun segundo ciclo.

Page 17: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

c) Puntúanse tamén os títulos obtidos no estranxeiro. Neste caso, deberán ter a correspondente homologación.

d) Non se considera unha nova titulación e, polo tanto, un segundo ciclo, a obtención

dunha nova especialidade dentro do mesmo título. Se houbese expedición de título, baremarase o segundo ciclo.

Apartado 3.3.- TITULACIÓNS DE ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL E DA FORMACIÓN PROFESIONAL. As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e superiores de música e danza e escolas de arte, así como as de formación profesional, en caso de non ser alegadas como requisito para ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non fosen necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:

o Por cada título profesional de música ou danza: 1,5000 puntos o Por cada certificación de nivel C2 do Consello de Europa: 4 puntos

o Por cada certificación de nivel C1 do Consello de Europa: 3 puntos.

o Por cada certificación de nivel B2 do Consello de Europa: 2 puntos.

o Por cada certificación de nivel B1 do Consello de Europa: 1 puntos

o Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de formación

profesional ou equivalente: 2,0000 puntos

o Por cada título de técnico superior deportivo: 2,0000 puntos.

a) O certificado de aptitude e o ciclo superior son equivalentes ao nivel avanzado nas

escolas oficiais de idiomas. Ambos os dous son equivalentes ao B2

b) O certificado do ciclo elemental e o ciclo inicial son equivalentes á certificación do nivel intermedio nas escolas oficiais de idiomas. Ambos os dous son equivalentes ao B1.

c) Soamente se puntuarán as certificacións expedidas polas Escolas Oficiais de Idiomas.

d) O título de técnico especialista é equivalente ao título de técnico superior tanto na formación profesional como nas ensinanzas de artes plásticas e deseño.

Page 18: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

e) O título de técnico superior deportivo ten que ser un título correspondente ás ensinanzas deportivas recollidas no Capítulo VII da LOE.

f) Para valorar as titulación de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, Técnico

Deportivo superior ou Técnico Superior de Formación Profesional ou equivalente, deberá presentarse certificación académica na que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención de ditos títulos.

Apartado 4.1.- POR CADA ANO COMO DIRECTOR/A DE CENTROS PÚBLICOS DOCENTES, EN CENTROS DE PROFESORES E RECURSOS OU INSTITUCIÓNS ANÁLOGAS ESTABLECIDAS POLAS ADMINISTRACIÓNS EDUCATIVAS NAS SÚAS CONVOCATORIAS ESPECÍFICAS, ASÍ COMO DIRECTOR/A DE AGRUPACIÓNS DE LINGUA E CULTURA ESPAÑOLAS.

a) Valorarán os cargos desempeñados como persoal funcionario de carreira e como persoal interino, sempre que se teña o nomeamento correspondente.

b) Cando se desempeñe simultaneamente máis dun cargo deste punto, ou cun dos

relacionados no 4.2, ou 4.3, 6.4 ou 6.6 só se puntuará un deles e elixírase o que outorgue máis puntuación ao participante.

c) Os cargos non están relacionados co corpo ao que corresponda a vacante. Polo tanto, a

modo de exemplo, unha dirección dun centro de educación infantil e primaria sería puntuable a un funcionario que concurse polo corpo de profesores de ensino secundario.

d) Non se puntúa ser responsable de centros de menos de tres unidades.

e) Non é necesario estar desempeñando un cargo actualmente para ter puntuación por esta epígrafe.

f) Como para todos os puntos do baremo, puntúanse os méritos ata o día que remata o

prazo de solicitudes, este incluído.

Page 19: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Apartado 4.2.- POR CADA ANO COMO VICEDIRECTOR/A, SUBDIRECTOR/A, XEFE DE ESTUDOS, SECRETARIO/A E ASIMILADOS EN CENTROS PÚBLICOS DOCENTES.

a) Valoraranse os cargos desempeñados como funcionario de carreira e como funcionario interino.

b) Cando se desempeñe simultaneamente máis de un cargo deste punto, ou cun dos relacionados no 4.1 ou 4.3, 6.4 ou 6.6 só se puntuará un deles e elixírase o que lle outorgue máis puntuación ao participante.

c) Os cargos non están relacionados co corpo ao que corresponda a vacante. Polo tanto, a modo de exemplo, unha xefatura de estudos dun centro de educación infantil e primaria puntuaríaselle a un funcionario que concurse polo corpo de profesores de ensino secundario.

d) Son puntuables:

o A vicedirección

o A subdirección

o A xefatura de estudos

o A xefatura de estudos de nocturno

o A xefatura de estudos de adultos

o A xefatura de estudos de primaria

o A xefatura de estudos de secundaria

o A xefatura de estudos de extensión

o A xefatura de estudos de sección de formación profesional

o A xefatura de estudos de extensión de EOI

o A xefatura de estudos adxunta

o Delegado ou delegada da xefatura de estudos de instituto de bacharelato ou similares en Comunidades Autónomas.

Page 20: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

o Director/a-xefe/a de estudios de sección delegada

o Dirección de Sección Filial

o Dirección de centro oficial de Patronato de Ensinanza Media.

o Secretario ou secretaria

o Secretario ou secretaria adxunto

o Xefatura de Residencia

o Administrador ou administradora en centros de formación profesional.

o Profesora ou profesor delegado no caso da Sección de Formación Profesional.

o A vicesecretaría

e) Non é necesario estar desempeñando un cargo actualmente para ter puntuación por este apartado.

f) Coma por todos os puntos do baremo puntúanse os méritos ata o día que remata o

prazo de solicitudes, este incluído. Apartado 4.3.- Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, coordinador de centro plurilingüe, coordinador de sección bilingüe, coordinador de auxiliares de conversa, responsable/coordinador do equipo de activadades complementarias e extraescolares, responsable das dinamizacións das TIC, de biblioteca, da convivencia escolar, da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesor/a de formación permanente, asesor/a siega, asesor/a da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercido a partir da entrada en vigor da LOE:

g) Valoraranse os cargos desempeñados como persoal funcionario de carreira e como persoal funcionario interino.

Page 21: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

h) Cando se desempeñe simultaneamente máis de un cargo deste punto, ou cun dos relacionados no 4.1 ou 4.2, 6.4 ou 6.6 só se puntuará un deles e elixírase o que lle outorgue máis puntuación ao participante.

i) Os cargos non están relacionados co corpo ao que corresponda a vacante. Polo tanto, a

modo de exemplo, unha coordinación de ciclo de primaria sería puntuable ao persoal funcionario que concurse polo corpo de profesores de ensino secundario.

j) Teñen puntuación por este apartado:

o Os coordinadores ou coordinadoras de ciclo o Os coordinadores ou coordinadoras do proxecto Abalar

o Coordinador do centro plurilingüe

o Coordinador de sección bilingüe

o Coordinador de auxiliares de conversa

o Responsable/coordinador do equipo de actividades complementarias e

extraescolares.

o O persoal responsable das dinamizacións das TC.

o O persoal responsable das bibliotecas.

o O persoal responsable da convivencia escolar.

o O persoal responsable da mellora da calidade educativa.

o O persoal responsable de programas internacionais.

o Os coordinadores ou coordinadoras dos equipos de normalización e dinamización lingüística (DA segunda do Decreto 124/2007).

o Os coordinadores ou coordinadoras dos equipos de dinamización da lingua

galega (DA cuarta do Decreto 79/2010, do 20 de maio).

o Titores ou titoras de grupos de alumnos, a partir do 23 de maio de 2006.

o Titor ou titora de ciclo formativo, a partir do 23 de maio de 2006

Page 22: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

o Titor ou titora de FCT a partir do 23 de maio de 2006.

o Xefatura de departamento de normalización lingüística.

o Xefatura do departamento de orientación

o Xefatura do departamento de actividades complementarias e extraescolares

o Xefatura de departamento didáctico (de materia)

o Coordinador ou coordinadora de formación en centros de traballo

o Xefaturas de departamento específicas da Escola de Arte Dramático

o Coordinador ou coordinadora de cada especialidade de Estudos superiores de deseño

o Xefatura de departamento de cada idioma nas EOI

o Xefatura de departamento de instrumento nos Conservatorios

o Coordinadores ou coordinadoras de áreas en bacharelato.

o Os asesores ou asesoras dos centros de formación e recursos

o Os asesores ou asesoras da Consellería Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria.

o Os asesores ou asesoras SIEGA

o As direccións dos equipos psicopedagóxicos de apoio

o As direccións dos equipos de orientación específica

k) Para puntuar por esta epígrafe, non é necesario estar desempeñando o cargo

actualmente. Apartado 5.1.- ACTIVIDADES DE FORMACIÓN SUPERADAS

Page 23: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

a) A normativa anterior facía referencia a cursos superados. Agora pasase ao termo máis amplo de “actividades de formación”.

b) As actividades non teñen que estar relacionadas coa especialidade pola que se

concursa senón con calquera das especialidades do corpo ao que pertenza o funcionario ou funcionaria.

c) Puntúanse as actividades superadas que estiveran organizadas por:

o A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

o O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou as consellerías de Educación

das restantes comunidades autónomas.

o Institucións sen ánimo de lucro sempre que as actividades estean homologadas

ou recoñecidas por administracións educativas.

o As universidades (sen necesidade de que estean homologadas ou recoñecidas)

a) Son actividades de formación:

o os cursos

o seminarios permanentes

o grupos de traballo

o proxectos de formación

o congresos

o xornadas

o mesas redondas

o outros similares

b) Non son puntuables por este apartado as actividades equiparables ás de formación permanente, como son:

o Proxectos de investigación.

Page 24: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

o Actividades de innovación educativa

o Participación en programas europeos: Sócrates, Leonardo da Vinci, Interreg, visitas Cedefop, etc.

o Titulacións universitarias

o Titorías en prácticas

c) En ningún caso se recoñecen como formación permanente do profesorado os cursos

conducentes á obtención dunha titulación académica. .

d) As actividades de formación poderán ser presenciais ou a distancia.

e) A Orde de convocatoria do concurso non distingue entre universidades públicas e privadas, polo que se computarán as actividades das dúas.

f) A persoa coordinadora dun proxecto de formación no propio centro, dun grupo de traballo

ou dun seminario permanente é un asistente ao curso, e puntuarase por esta epígrafe.

g) O titor dunha actividade de formación a distancia é unha persoa que imparte o curso. Non

puntúa nesta epígrafe.

h) Os coordinadores dunha actividade son asistentes dende o 12 de abril de 2007 e a Orde

do 14 de maio de 2013. Os coordinadores anteriores á dita data non son asistentes, sen prexuízo de que teñan outra certificación. Asemade, os coordinadores dos cursos non son relatores. Para iso terían que traer outro certificado e entre as horas de relator e de coordinador non se pode superar o tempo de duración da actividade. Esta certificación pode ser única.

i) Non se puntuarán actividades de formación que non estean rematadas na data de

finalización do prazo de solicitudes. En consecuencia, non se puntúan actividades de formación en curso, aínda que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes estea a piques de rematar.

j) Puntuaranse os cursos de especialización para a obtención dunha especialidade no corpo

de mestres.

k) Puntúanse os títulos propios das universidades.

Page 25: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

l) Puntúanse os máster non oficiais das universidades e os cursos de posgrao.

m) Puntúanse 0,1000 puntos por cada 10 horas de formación. Para estes efectos sumaranse

as horas de todas as actividades non puntuándose o resto de número de horas inferior a 10.

n) Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito

equivale a 10 horas.

o) En caso de discrepancia entre créditos e horas da actividade de formación darase valor ás horas.

p) Puntuaranse os cursos convocados pola Dirección Xeral de Política Lingüística e a Secretaria Xeral de Política Lingüística (acordo Consello da Xunta de Galicia do 27 de xullo de 2006)

q) Puntúanse os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego ou as súas validacións.

Non se baremarán simultaneamente os cursos de iniciación e perfeccionamento e as súas validacións.

r) Os Celgas non teñen baremación.

Apartado 5.2.- POLA IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO INDICADAS NA SUBEPÍGRAFE 5.1.

a) Puntúanse as actividades da subepígrafe anterior, a 5.1., só que agora teñen que ser horas de relator.

b) Enténdese como relator o titor dos cursos a distancia.

c) Cando as actividades veñan expresadas en créditos entenderase que cada crédito

equivale a 10 horas.

d) En caso de discrepancia entre os créditos e as horas, daráselles valor ás horas.

e) Puntúanse 0,100 puntos por cada 3 horas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, e non se puntuarán o resto de número de horas inferior a 3.

Page 26: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Apartado 5.3.- POR CADA ESPECIALIDADE DA QUE SEXA TITULAR CORRESPONDENTE AO CORPO POLO QUE SE CONCURSA E DISTINTA Á DE INGRESO NESTE, ADQUIRIDA A TRAVÉS DO PROCEDEMENTO DE ADQUISICIÓN DE NOVAS ESPECIALIDADES PREVISTOS NOS REAIS DECRETOS 850/1993, DO 4 DE XUÑO, 334/2004, DO 27 DE FEBREIRO E 276/2007, DO 23 DE FEBREIRO.

a) Só se puntúa ser titular dunha especialidade distinta da de ingreso se se obtivo por un dos procedementos de adquisición de nova especialidade que se citan.

b) Ten que ser unha especialidade correspondente ao corpo polo que se concursa. Por exemplo, a unha persoa que concursa polo corpo de mestres non se lle puntuaría unha especialidade que obtivera no corpo de profesores de ensino secundario.

c) Para estes efectos teranse en conta a relación de corpos de catedráticos que para os

efectos de participación o fan polo corpo de profesores correspondente.

d) Non se puntúan, en consecuencia, as especialidades obtidas mediante procedementos de habilitación ou por outros procedementos de adquisición de especialidade (titulación ou experencia)

e) Non se puntúan, en consecuencia, as especialidades obtidas mediante desdobramentos (Real Decreto 1635/1995)

Apartado 6.1, 6.2 e 6.3.- Publicacións, premios ou participación en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación e méritos artísticos e literarios. En relación coa puntuación dos apartados 6.1, 6.2 e 6.3 non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de asignaturas de carreira, mestrado ou doutourado, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola comisión baremadora do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010. Apartado 6.4.- POR CADA ANO DE SERVIZO DESEMPEÑANDO POSTOS NA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA DE NIVEL DE COMPLEMENTO DE DESTINO IGUAL OU SUPERIOR AO ASIGNADO AO CORPO POLO QUE SE CONCURSA.

a) Non se puntúan estes servizos, se fosen prestados con anterioridade ao acceso á condición de funcionario docente.

Page 27: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

b) Non se puntúa o desempeño destes postos en consellerías que non sexan a de Educación e Ordenación Universitaria, ministerio ou consellerías de Educación doutras comunidades autónomas.

c) Non se puntúan neste punto as asesorías.

d) Cando se desempeñe simultaneamente máis dun cargo deste punto, ou cun dos relacionados no 4.1 ou 4.2, 4.3 ou 6.6 só se puntuará un deles e elixírase o que outorgue máis puntuación ao participante.

e) Neste apartado puntúase o posto de Asesor técnico docente no estranxeiro.

Apartado 6.5.- POR CADA CONVOCATORIA NA QUE SE ACTUASE EFECTIVAMENTE COMO MEMBRO DOS TRIBUNAIS DOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS DE INGRESO OU ACCESO AOS CORPOS DOCENTES AOS QUE SE REFIRE A LOE. Por este subpunto unicamente se valorará o formar parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real Decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE 2 de marzo) a) Non é suficiente con saír como membro do tribunal no sorteo. É preciso constituír

tribunal e actuar.

b) A participación na comisión de selección non implica unha nova actuación noutro tribunal para os efectos de baremo.

c) A presidencia do tribunal está incluída na baremación como un membro máis.

d) Aínda que é difícil, é posible nun mesmo ano actuar en dous tribunais. A puntuación é por cada convocatoria e non por ano, polo que podería pasar que un mesmo ano se resolvesen ou se realizasen dúas convocatorias.

e) Non se puntúa formar parte de tribunais de acceso ou ingreso en corpos que non sexan

os contemplados na LOE, aínda que sexan docentes. Por exemplo, non se puntúa formar parte dos tribunais para seleccionar ao profesorado dependente da consellería de Pesca.

f) Puntúanse tamén as convocatorias de acceso. Polo tanto, teñen puntuación os membros

dos tribunais que participaron no acceso aos corpos de catedráticos.

g) A puntuación é a partir do ano 2007.

Page 28: CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E … · 2019-11-21 · Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela CIRCULAR 11/2013, DA DIRECCIÓN XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela www.edu.xunta.es

Apartado 6.6.- POR CADA CURSO DE TITORIZACIÓN DAS PRÁCTICAS DO TÍTULO UNIVERSITARIO OFICIAL DE MASTER PARA ACREDITAR A FORMACIÓN PEDAGÓXICA E DIDÁCTICA ESIXIDA PARA EXERCER A DOCENCIA EN DETERMINADAS ENSINANZAS DO SISTEMA EDUCATIVO, ASÍ COMO POLA TITORIZACIÓN DAS PRÁCTICAS PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS UNIVERSITARIOS DE GRAO.

a) Ten que ser unha titorización das prácticas do título oficial do máster para acreditar a formación pedagóxica e didáctica.

b) Polo tanto, non se puntúa a titorización da formación anterior ao establecemento deste máster. Por exemplo, do alumnado do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP), ou do título profesional de especialización didáctica, ou do certificado de cualificación pedagóxica ou dos estudos de profesor de educación xeral básica ou de mestre.

c) Cando se desempeñe simultaneamente máis dun cargo deste punto, ou xunto con un

dos relacionados no 4.1., 4.2, 4.3 ou 6.4 só se puntuará un deles e elixírase o que outorgue máis puntuación ao participante.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013 O director xeral de Centros e Recursos Humanos José Manuel Pinal Rodríguez