Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Colección PillotaColección Cucaina
Literaturainfantil e xuvenil
2017
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 1 9/1/17 11:04
Índice:
Colección Pillota . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
Colección Cucaina . . . . . . . . . . . . . . 10
20172017
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 2 9/1/17 11:04
Literatura infantil e xuvenilLiteratura infantil e xuvenil
As coleccións Pillota e Cucaina reúnen unha serie
de lecturas caracterizadas pola súa calidade
literaria, pola súa atractiva presentación formal
e pola excelencia das súas abundantes ilustracións.
En ambas as series conviven autores do Estado español e
estranxeiros de relevo, ben sexa nos seus textos orixinais,
en coidadas traducións ou en deliciosas e esmeradas
adaptacións.
En Pillota e Cucaina publícanse relatos de escritores
como David McKee, Oscar Wilde, Charles Dickens, Jules
Verne, H. C. Andersen, que, ao tempo que nos conmoven
coa beleza das súas historias, nos proporcionan sabias
leccións sobre a natureza do ser humano.
La necesidade de sermos solidarios e de aprendermos a
confiar en nós mesmos son mensaxes habituais nunhas
coleccións nas que poden atoparse atractivas mostras de
todos os xéneros literarios: o misterio e a intriga dos relatos
policiais, a comicidade e o desenfado dos contos de humor,
os prodixios da ciencia ficción, o terror das historias de
pantasmas, as marabillas dos contos de fadas…
Estas coleccións alicérzanse sobre o que constitúe a esencia
da literatura: unha atención preferente á linguaxe e unhas
historias cativadoras que amplíen os horizontes dos pequenos
lectores, os axuden a se entenderen a si mesmos, fagan que
vivan outras vidas para cambiar a súa e descubran outros
mundos para mellorar o seu. Pillota e Cucaina aspiran,
por riba de todo, a fomentar o pracer da lectura e a estimular
a imaxinación e a fantasía. Asemade, propóñense invitar á
reflexión sobre o lido, contribuír a educar o gusto literario de
nenas e nenos e ampliar a súa bagaxe lingüística.
A
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 3 9/1/17 11:04
4
colección Pillota vai destinada aos nenos
e ás nenas que se inician na lectura. De aí
que os textos estean escritos nunha linguaxe
sinxela, teñan unha extensión limitada e se
compoñan nunha letra de xeneroso tamaño.
Para que a lectura sexa dobremente pracenteira,
os libros contan cun gran número de ilustracións
de artistas de sona internacional.
Todos os volumes conteñen unha sección de
actividades coas que se pretende que os pequenos
lectores:
• Afiancen a comprensión da historia.
• Capten os valores que encerra o libro.
• Desenvolvan a capacidade de creación a partir
de suxestións que nacen do relato. As abundantes ilustracións en corson obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 4 9/1/17 11:04
5
Todos os volumes contancunha guía didáctica
O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.
Todas as actividades pretendenafianzar a comprensión do relatoe teñen unha orientación lúdica.
1. Sisto Seis CeasInga Moore
ISBN: 978-84-682-1034-6
2. A ladroa de bágoasCarol Ann Duffy
ISBN: 978-84-682-1033-9
3. Os meus amigos os piratasMelinda Long
ISBN: 978-84-682-1061-2
4. ElmerDavid McKee
ISBN: 978-84-682-1091-9
5. O soldadiño de chumboH. C. Andersen
ISBN: 978-84-682-1190-9
6. O peto máxicoRoberto Piumini
ISBN: 978-84-682-1092-6
7. Noiteboa de pantasmasCharles Dickens
ISBN: 978-84-682-1157-2
8. CobrelúasÉric Puybaret
ISBN: 978-84-682-1191-6
9. Rafa a garza e Fonsoo raposoLaurence Tichit
ISBN: 978-84-682-1437-5
10. O castelo do BaralleteMalachy Doyle
ISBN: 978-84-682-1438-2
11. Todos para un e un paratodosBrigitte Weninger
ISBN: 978-84-682-1439-9
12. Os conquistadoresDavid McKee
ISBN: 978-84-682-1440-5
13. Non me gusta ler!Rita Marshall
ISBN: 978-84-682-1441-2
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 5 9/1/17 11:04
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación, tolerancia.
1. Sisto Seis CeasInga MooreIlustracións de Inga Moore
O pillabán gato Sisto pertence a seisamos, vive en seis casas e cada díacea seis veces. Como cada un dosseus amos cre que o gato é de seue só de seu, a vida de Sisto é unhaauténtica bicoca… até que un díacolle un arrefriado e o veterinariodescobre a argallada…!
Desde 6 anos Conto de humor
40 páxinas ISBN: 978-84-682-1034-6
2. A ladroa de bágoasCarol Ann DuffyIlustracións de Nicoletta Ceccoli
Cada noite, entre a hora da cea e ade irse deitar, a invisible ladroa debágoas bota un saco prateado aolombo, diríxese a todas as casasonde oe unha nena ou un nenochorar, róuballes as bágoas eméteas no seu saco. Pero, que faicon todas as bágoas que amorea noseu invisible saco? E por queaprecia, sobre todo, as bágoas dosnenos que choran de tristura?
Desde 6 anos Conto fantástico
48 páxinas ISBN: 978-84-682-1033-9
Valores: Creatividade, imaxinación,responsabilidade, solidariedade.
3. Os meus amigos ospiratas
Melinda LongIlustracións de David Shannon
O pequeno Breixo vive a aventura dasúa vida o día que os piratas deBarbatrenzada lle piden axuda parasoterrar o seu tesouro. A bordo dobarco pirata, Breixo pásao comanunca: aprende a divertida linguaxedos bucaneiros, imita os seus rudosmodos e come só o que lle peta senque ninguén lle rife. Pero cando xadecidiu converterse en pirata, algoocorre que fai que mude deopinión…
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, creatividade, criterio propio,diversidade, valentia.
Desde 6 anos Conto de aventuras
48 páxinas ISBN: 978-84-682-1061-2
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 6 9/1/17 11:04
7
4. ElmerDavid McKeeIlustracións de David McKee
Elmer non é un elefante calquera.A súa pel é de remendos de moitascores: son amarelos, azuis,encarnados, verdes, rosas, negros…Canso de ser diferente, un día Elmerdecide pintarse de cor gris efacerlles unha broma aos demaiselefantes, e todos rebentan coa risacoa ocorrencia de Elmer. E é queElmer non só ten a pel de cores,senón que é o elefante máisdivertido e enxeñoso de todaa manda.
Desde 6 anos Conto de humor
40 páxinas ISBN: 978-84-682-1091-9
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, creatividade, criterio propio,diversidade, imaxinación.
5. O soldadiño de chumboH. C. AndersenIlustracións de Gianni De Conno
Unha noite máxica en que osxoguetes cobran vida, un soldadiñode chumbo namóraseperdidamente dunha bailarina feitade retallos de papel. Pero amaldición dun trasgo malévolointerrompe ese idilio apenasiniciado e provoca que o soldadiñopase por unha sarta de penalidades.Conseguirá o valente soldadiñosuperalas? Logrará que o seu amorpola fermosa bailarina sexacorrespondido?
Desde 6 anos Conto moral
48 páxinas ISBN: 978-84-682-1190-9
Valores: Diversidade, imaxinación,responsabilidade, valentía.
6. O peto máxicoRoberto PiuminiIlustracións de Anna Laura Cantone
Nesta colección de contoscoñeceremos a historia dun piratabondadoso e a dun príncipemalcriado, a de dous pés que nonparan de amolar o seu dono e a doinxenuo inventor que devece porvoar… Uns contos están narrados enprosa e outros en verso, uns sonhumorísticos e outros marabillosos…Pero todos eles teñen algo encomún: a defensa de valores moraiscomo a xenerosidade, a gratitude,a solidariedade, a tolerancia e adiversidade.
Desde 8 anos Contos morais
112 páxinas ISBN: 978-84-682-1092-6
Valores: Compañeirismo, confianza,constancia, creatividade, criterio propio,diversidade, xenerosidade, imaxinación,xustiza, ecoloxía, solidariedade,responsabilidade, tolerancia, valentía.
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 7 9/1/17 11:04
9. Rafa a garzae Fonso o raposo
Laurence TichitIlustracións de Éric Puybaret
Rafa a garza e Fonso o raposo sonveciños, pero non son amigos.Parece natural, porque son tandiferentes! A Fonso gústalle cociñar,coidar da horta e bañarse napiscina; a Rafa, en cambio, non llegusta a auga, encántallearrandearse e aborrece a cociña. Adicir verdade, Fonso e Rafa son moidiferentes para seren amigos... Ben,polo menos iso é o que din eles...
Valores: Amizade, compañeirismo,criterio propio, diversidade,xenerosidade, tolerancia.
Desde 6 anos Fábula
40 páxinas ISBN: 978-84-682-1437-5
21. CobrelúasÉric PuybaretIlustracións de Éric Puybaret
Nino é un rapaz con sorte. Acabande nomealo Cobrelúas, o oficio coque sempre soñou. En diante, cadanoite terá que tapar unha parte dalúa para que a vexamos devalar earregoar. Por desgraza, Nino perdea pastilla que lle permitirá voar atéo seu lugar de traballo! Daquela, oshabitantes da localidade decidenbotarlle unha man, e é así comonos aprenden que nada resultaimposible cando traballamos engrupo e unimos esforzos.
Desde 6 anos Conto fantástico e solidario
48 páxinas ISBN: 978-84-682-1191-6
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, creatividade,xenerosidade, imaxinación,responsabilidade, solidariedade.
7. Noiteboade pantasmas
Charles DickensAdaptación de José María Pérez ZúñigaIlustracións de Patrick Benson
O vello Ebenezer Scrooge é untúzaro e un egoísta incorrixible queexplota o seu empregado e nuncapensa nos demais. Pero unhaNoiteboa aparécenselle variaspantasmas que lle fan entender queo mundo está cheo de persoas queprecisan a súa axuda e o seuafecto…, e o corazón do velloavarento muda para sempre.
Desde 8 anos Relato fantástico e moral
80 páxinas ISBN: 978-84-682-1157-2
Valores: Amizade, confianza,constancia, creatividade, xenerosidade,imaxinación, xustiza, responsabilidade,solidariedade.
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 8 9/1/17 11:04
9
11. Todos para une un para todos
Brigitte WeningerIlustracións de Eve Tharlet
Aínda que o rato Torcuato tendificultades para camiñar, un bo díaemprende unha viaxe para coñecero mundo. Polo camiño bate cunhatoupa cegarata pero de aguzadoolfacto, cunha ra xorda pero áxil,cun cachourizo medorento perocunha boa protección... E todosacordan unirse e axudarse os unsaos outros para conseguir o que sepropoñen.
Desde 6 anos Conto de animais
40 páxinas ISBN: 978-84-682-1439-9
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,diversidade, xenerosidade, solidariedade,tolerancia, valentía.
12. Os ConquistadoresDavid McKeeIlustracións de David McKee
Tras conquistar medio mundo,o xeneral dun país moi poderosodecide apoderarse dun pequenoterritorio. Pero cando as tropas doxeneral o invaden, os seushabitantes convidan os soldados aosseus fogares e apréndenlles os seuscostumes. De alí en diante, todocambiará no país dosconquistadores… David McKee,o famoso autor de Elmer, ridiculizaneste conto a belicosidade eproponnos un mundo baseado nadiversidade e a irmandade entre ospobos.
Desde 6 anos Conto moral
40 páxinas ISBN: 978-84-682-1440-5
Valores: Amizade, compañeirismo,criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación, xustiza,responsabilidade, tolerancia, valentía.
13. Non me gusta ler!Rita MarshallIlustracións de Etienne Delessert
A Vítor Castelao non lle gusta ler, enada nin ninguén logra convencelode que ler é divertido. Mais, certodía, o rapaz abre un libro de malagana e descobre que as palabrasque ten escritas encerran un mundomarabilloso… que vai cobrandovida diante dos seus abraiados ollos.A aventura e uns personaxesfantásticos engaiolan até tal punto asúa imaxinación que, desde aquela,nada nin ninguén consegueconvencelo de que… deixe de ler.
Valores: Creatividade, imaxinación,responsabilidade.
Desde 6 anos Conto fantástico
48 páxinas ISBN: 978-84-682-1441-2
Valores: Creatividade, diversidade,imaxinación.
10. O castelo do BaralleteMalachy DoyleIlustracións de Paul Hess
O avó de Miguel, FantasioBardalleiro, é un home moidivertido que emprega unhalinguaxe con palabras que elmesmo inventa. A que lle chama oenxeñoso Bardalleiro «chafacholas»?E que son as «cachadedas»?Miguel terá que aprender a marchasforzadas a orixinal fala do seu avó sequere salvar do «queimaquepela»o castelo do Barallete.
Desde 6 anos Conto de enxeño
40 páxinas ISBN: 978-84-682-1438-2
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 9 9/1/17 11:04
10
OO texto literario está composto cunha letra facilmente lexible.
As abundantes ilustracións en cor son obra de prestixiosos
ilustradores nacionais e estranxeiros.
A nota léxica está redactada con gran sinxeleza e claridade.
As actividades ofrécense como complemento da lectura e
estrutúranse en tres apartados:
• En «Comprensión» ou «Argumento» repásanse os episodios
ou as situacións claves que fan progresar a acción.
• En «Comentario» e «Expresión» vaise alén da comprensión
superficial da obra, e, en función da idade á que se destina
cada lectura, reflexiónase sobre personaxes, temas, valores
éticos etc.
• En «Creación» e «Expresión» propóñense toda unha serie de
actividades creativas arredor da obra: composición de textos
escritos, debates, dramatizacións etc.
Todos os volumes contan cunha guía didáctica.
20172017Colección CucainaColección CucainaAs actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 10 9/1/17 11:04
Colección Cucaina
1. A voz dos soñose outros contos prodixiososHugh Lupton
ISBN: 978-84-682-1062-9
2. O Xigante egoístae outros contosOscar Wilde
ISBN: 978-84-682-1104-6
3. Fábulas de EsopoJerry Pinkney
ISBN: 978-84-682-1133-6
4. Conto de NadalCharles Dickens
ISBN: 978-84-682-1071-1
5. Mitos gregosMaria Angelidou
ISBN: 978-84-682-1049-0
6. Un tirón no raboMary Hoffman
ISBN: 978-84-682-1268-5
7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custosoWilliam Irish
ISBN: 978-84-316-2941-0
8. Relatos de monstrosSteven Zorn
ISBN: 978-84-682-1266-1
9. Grandes esperanzasCharles Dickens
ISBN: 978-84-682-1275-3
10. Robinson CrusoeDaniel Defoe
ISBN: 978-84-682-1299-9
11. O corcovadoe outros contos de «As mil eunha noites»
ISBN: 978-84-682-1302-6
12. O misterio dos bailarínsPenca de PrataArthur Conan Doyle
ISBN: 978-84-682-1300-2
13. Relatos de pantasmasSteven Zorn
ISBN: 978-84-682-1301-9
14. Oliver TwistCharles Dickens
ISBN: 978-84-682-1298-2
15. Miguel StrogoffJules Verne
ISBN: 978-84-682-1442-9
18. As viaxes de GulliverJonathan Swift
ISBN: 978-84-682-1643-0
19. Amigos robotsIsaac Asimov
ISBN: 978-84-682-1589-1
20. O mago de OzH. C. Andersen
ISBN: 978-84-682-1571-6
O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.
As abundantes ilustracións en corson obra de prestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.
As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 11 9/1/17 11:04
Colección Cucaina
4. Conto de NadalCharles DickensAdaptación de Pablo Antón PascualIlustracións de Christian Birmingham
Ao vello avarento Ebenezer Scroogeaparécenselle unha noite catroespectros que fan que recapacitesobre a súa conduta e que lleamosan o sinistro futuro que terá seteima no seu egoísmo. Con esteconmovedor relato, Dickenspropúxose remover as concienciasdos seus lectores e convencelos danecesidade de seren bondadosos ede practicaren a caridade nunmundo inxusto.
Desde 11 anos Relato moral e de fantasía
112 páxinas ISBN: 978-84-682-1071-1
Valores: Amizade, confianza,constancia, xenerosidade, imaxinación,xustiza, responsabilidade, solidariedade.
5. Mitos gregosMaria AngelidouAdaptación de Miguel TristánIlustracións de Svetlin
Toda a maxia e a beleza damitoloxía aparecen reflectidas noscatorce mitos gregos destaantoloxía, que foron recreados concativadora amenidade. O libroexplica, entre outras historias,a loita de Teseo contra o Minotauro,a lenda da caixa de Pandora,o desafortunado voo de Ícaro, aviaxe de Orfeo aos infernos e aastucia do cabalo de madeira coque Ulises puxo fin á guerra deTroia.
Valores: Confianza, constancia,creatividade, criterio propio,xenerosidade, imaxinación, xustiza,responsabilidade, solidariedade,valentía.
Desde 11 anos Relatos mitolóxicos
128 páxinas ISBN: 978-84-682-1049-0
1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos
Hugh LuptonIlustracións de Niamh Sharkey
Como pode ver un cego con máisclaridade que un cazador? É posibleque chovan moletes e que os peixesnaden entre a herba dos bosques?As cativadoras historias deste libroadvírtennos contra as persoascontiñeiras, suxírennos que confiarnos soños non sempre resultadesatinado, e apréndennos queo máis sabio é quen ve cos ollosda mente… e do corazón.
Valores: Amizade, confianza,constancia, creatividade, criterio propio,diversidade, xenerosidade, honradez,imaxinación, ecoloxía, responsabilidade,solidariedade, tolerancia.
Desde 8 anos Contos fantásticos
80 páxinas ISBN: 978-84-682-1062-9
2. O Xigante egoístae outros contos
Oscar WildeIlustracións de P. J. Lynch
Este libro reúne os contos máisfermosos e conmovedores de OscarWilde, os seus relatos máis dotadosde valores morais. Os protagonistasdestes contos alcanzan a felicidadee o amor cando, renunciando aoegoísmo, se mostran amables exenerosos e se preocupan polo bendos demais.
Valores: Amizade, confianza,creatividade, xenerosidade, honradez,responsabilidade, solidariedade.
Desde 9 anos Contos morais e fantásticos
104 páxinas ISBN: 978-84-682-1104-6
3. Fábulas de EsopoJerry PinkneyIlustracións de Jerry Pinkney
Neste fermoso libro escolmáronsesesenta fábulas de Esopo, un xéneroe un autor imitados sen descanso. Asúa permanente popularidade noné de estrañar, pois cada relatodepara unha sorpresa: un muiñeiroe seu fillo deciden levar un burro aolombo, un lobo disfrázase cunha pelde ovella, unha gansa pon ovos deouro, un sapoconcho gáñalle aunha lebre nunha carreira…
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,xenerosidade, honradez, imaxinación,xustiza, responsabilidade, solidariedade.
Desde 9 anos Contos morais e fábulas
128 páxinas ISBN: 978-84-682-1133-6
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 12 9/1/17 11:04
Colección Cucaina
6. Un tirón no raboMary HoffmanIlustracións de Jan Ormerod
Que acontece cando un lobocomellón pretende papar a ovellamáis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diantedun caranguexo? Neste libroreúnense once divertidas historiasde animais, nas que o lectordescubrirá que se un se pasa delisto, é demasiado cobizoso ou secomporta coma un farfallán, podesaír bastante malparado.
Valores: Amizade, confianza,creatividade, criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación,responsabilidade, valentía.
Desde 8 anos Fábulas e contos de animais
112 páxinas ISBN: 978-84-682-1268-5
7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custoso
William IrishIlustracións de Rubén Pellejero
A intriga, a emoción e o suspenseatrapan o lector desde a primeira áúltima liña destes dous magníficosrelatos policiais. No primeiro delesviviremos a aventura dunverdadeiro «aprendiz de detective».O humor negro de Un roubo moicustoso, en troques, culmina nunarrepiante desenlace.
Valores: Amizade, compañeirismo,constancia, criterio propio, honradez,xustiza, responsabilidade, valentía.
Desde 10 anos Misterio e humor negro
128 páxinas ISBN: 978-84-316-2941-0
8. Relatos de monstrosSteven ZornIlustracións de John Bradley
Polas páxinas deste libro espreitantoda clase de monstros: unmarabilloso dragón, uns enredantestrasnos, a criatura do doutorFrankenstein, un temiblelobishome… Os seis relatos quenarran as súas aparicións farán quearrepíes de medo, que te divirtas,que te emociones, pero, sobre todo,con eles aprenderás que non todosos monstros son tan espantosos nintan daniños como os pintan. A queesperas para descubrilo?
Valores: Confianza, constancia,creatividade, criterio propio, diversidade,xenerosidade, imaxinación,responsabilidade, tolerancia, valentía.
Desde 10 anos Terror, humor e fantasía
104 páxinas ISBN: 978-84-682-1266-1
9. Grandes esperanzasCharles DickensAdaptación de José María Pérez ZuñigaIlustracións de Iassen Ghiuselev
O orfo Pip namórase de Estella,unha ermosa rapaza que vive cunhaexcéntrica anciá. Para conquistar asúa amada, Pip decide convertersenun cabalero e arredarse da súahumilde familia. Esa cega ambiciónlévao a desdeñar a todos aquelesque o queren de verdade e a sedeixar humillar polos que odesprezan, o cal fai que se sintaculpable e descubra, ao cabo, que osegredo da felicidade reside nos bossentimentos.
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, xenerosidade,honradez, xustiza, responsabilidade.
Desde 11 anos Aventuras e formación
224 páxinas ISBN: 978-84-682-1275-3
10. Robinson CrusoeDaniel DefoeAdaptación de Eduardo AlonsoIlustracións de Robert Ingpen
Dominado pola ambición e o afánde aventuras, o mozo RobinsonCrusoe abandona o seu fogarpaterno e, tras superar unha seriede perigosas aventuras einfortunios, naufraga nunha illadeserta. Para sobrevivir na illa edominar unha natureza hostil,Crusoe verase obrigado a avivar oenxeño e a desenvolver múltiplesdestrezas.
Valores: Amizade, confianza,constancia, creatividade, criterio propio,xenerosidade, honradez, tolerancia,valentía.
Desde 11 anos Novela de aventuras
144 páxinas ISBN: 978-84-682-1299-9
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 13 9/1/17 11:04
Colección Cucaina
14
13. Relatos de pantasmasSteven ZornIlustracións de John Bradley
Un viaxeiro comparte o camarotedun barco cun morto vivente… Unrapaz orfo recibe a visita de dúaspantasmas de curta idade que nonpretenden outra cousa que salvarllea vida… Atrévete a entrar nomundo misterioso e fantástico dosoito contos deste libro. En cadaunha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.
Valores: Creatividade, criterio propio,imaxinación, solidariedade, valentía.
Desde 9 anos Misterio, terror e humor
96 páxinas ISBN: 978-84-682-1301-9
14. Oliver TwistCharles DickensAdaptación de Pablo Antón PascualIlustracións de Christian Birmingham
Esta conmovedora novela narra asdesventuras de Oliver Twist, unrapaz que medra nun refuxio demendigos e que sofre incontablespenalidades cando se une, sensabelo, a una banda de garduños.Cun hábil manexo da intriga e omisterio, Dickens traza un retratosatírico dunha sociedade incapaz decomprender que só o amor podevencer os peores instintos humanos.
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,xenerosidade, honradez, xustiza,responsabilidade, solidariedade,valentía.
Desde 11 anos Novela realista e moral
168 páxinas ISBN: 978-84-682-1298-2
15. Miguel StrogoffJules VerneAdaptación de José María Pérez ZúñigaIlustracións de Javier Serrano
O capitán Miguel Strogoff realizaunha longa e perigosa viaxe polaestepa siberiana para previro gobernador de Irkutsk contrao traidor Iván Ogareff, que se alioucos invasores tártaros. Polo camiño,o correo do tsar é capturadoe cegado cun sabre incandescentepolo inimigo. Así a todo, o tesón deStrogoff e a axuda da nova Nadiapermiten que o heroe escape,se enfronte con Ogareff e deteñaa invasión tártara.
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,xenerosidade, honradez, xustiza,responsabilidade, solidariedade,valentía.
Desde 11 anos Novela de aventuras
176 páxinas ISBN: 978-84-682-1442-9
12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata
Arthur Conan DoyleIlustracións de Tha
A capacidade de observación e otalento dedutivo de SherlockHolmes relocen nestes dous relatossubxugantes. En O misterio dosbailaríns, o famoso detective resolveun intrigante asasinato grazas aoenxeñoso desciframento duncriptograma, mentres que en Pencade Prata Holmes ten que empregartoda a súa perspicacia paradesbotar as probas que acusano presunto culpable e identificaro verdadeiro asasino.
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, creatividade,criterio propio, honradez, imaxinación,xustiza, responsabilidade, valentía.
Desde 10 anos Relatos policiais
128 páxinas ISBN: 978-84-682-1300-2
11. O corcovadoe outros contos de «As mil eunha noites»
AnónimoIlustracións de Michael Foreman
Nestes dez contos de As mil e unhanoites, as anécdotas máis divertidase as fábulas máis formativasconviven con historias tanfantásticas como a do home quegardaba na súa bolsa toda unhacidade, o corcovado que morreucatro veces e ao fin resucitou, oavarento que o perdeu todo pormor dos seus zapatos e o leñadorque tornou rico ao grito de «Ábrete,sésamo!».
Valores: Creatividade, criterio propio,diversidade, honradez, imaxinación,xustiza, valentía.
Desde 10 anos Aventuras, fantasía e humor
128 páxinas ISBN: 978-84-682-1302-6
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 14 9/1/17 11:04
Colección Cucaina
18. As viaxes de GulliverJonathan SwiftAdaptación de Martin JenkinsIlustracións de Chris Riddell
Tras naufragar na illa de Liliput,o doutor Lemuel Gulliver coñeceos seus diminutos e mesquiñoshabitantes, capaces de declararllea guerra ao país veciño ao nonpoñerse de acordo sobre comoescachar os ovos. Nas viaxessucesivas, Gulliver convive conoutros personaxes extraordinarios,a través dos cales satiriza, conhumor e enxeño incomparables,os defectos da sociedade e dos sereshumanos.
Valores: Amizade, confianza,creatividade, criterio propio, diversidade,xenerosidade, honradez, imaxinación,xustiza, responsabilidade, tolerancia,valentía.
Desde 11 anos Aventuras, fantasía e sátira social
160 páxinas ISBN: 978-84-682-1643-0
19. Amigos robotsIsaac AsimovIlustracións de David Shannon
Nos dous relatos deste libro, Asimovdescríbenos unha sociedade futurana cal os robots se converten enservidores dos seres humanos emesmo chegan a suplir as súascarencias afectivas. Tal é o caso deRobbie, un dos contos máis tenrosque escribiu o autor, e tamén deSally, relato no que uns cochesdotados de intelixencia defendeno seu dono do ataque dunsmalfeitores.
Valores: Amizade, confianza,creatividade, criterio propio, honradez,imaxinación, xustiza, ecoloxía,responsabilidade, solidariedade,tolerancia.
Desde 10 anos Ciencia ficción
96 páxinas ISBN: 978-84-682-1589-1
20. O mago de OzL. Frank BaumAdaptación de Germán VivesIlustracións de Robert Ingpen
Da man da pequena Dorothy,Baum lévanos de viaxe ao máxicoreino de Oz, onde as bruxas batallancoas fadas e o máis insólito é posible.Unha sucesión de emocionantesaventuras e personaxes inesqueciblesapréndennos que todos os nosossoños poden facerse realidadese loitamos por eles con ilusióne esforzo.
Valores: Amizade, compañeirismo,confianza, constancia, criterio propio,diversidade, xenerosidade, honradez,imaxinación, xustiza, solidariedade,valentía.
Desde 9 anos Fantasía e aventura
160 páxinas ISBN: 978-84-682-1571-6
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 15 9/1/17 16:59
C101616
www.vicensvives.es
Por mercar en vicensvivesonline.com, 5% de desconto e envíogratuíto de libros e materiais de papel.
Lite_Primaria_2017_GAL.indd 16 9/1/17 11:04